fotopoemario

77
Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística. Fotografías cedidas pola Asociación Sagres de Aguiño.

Upload: calcetin5

Post on 23-Jun-2015

1.134 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Fotopoemario

Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística.Fotografías cedidas pola Asociación Sagres de Aguiño.

Page 2: Fotopoemario

DENDE O COLEXIO PÚBLICO DE AGUIÑO O NOSO AGRADECEMENTO

Á ASOCIACIÓN CULTURAL “SAGRES” POLAS FOTOGRAFÍAS DA PARROQUIA DE AGUIÑO E DA SÚA XENTE DO MAR, QUE ILUSTRAN ESTE FOTOEMARIO.

CURSO 2009-2010.

Page 3: Fotopoemario

Na mar, olas salgadas, cabeleiras

verdenevadas, ledas como vidro

liso, suave e frío, ou vento duro.

(Aquilino Iglesias Alvariño)

Page 4: Fotopoemario

Como umo oásis branco era o meu díaNele secretamente eu navegavaUnicamente o vento me seguía.

(Sophia de Mello )

Page 5: Fotopoemario

Chove fóra. Nas pozas

Aboia a luz do gas.

Na lameira da rúa

Entérrase un cantar.

Mariñeiros de Amberes,

De Cork e Rotterdam…

O acordeón borracho

Fala inglés, alemán…

Na folla do coitelo

Foxe a luz cal no mar.

(Armado Carballo)

Page 6: Fotopoemario

E a orla branca foi de ilha em continente,Clareou, correndo, até o fin do mundo,E viu-se a terra enteira, de repente,Surgir, redonda, do azul profundo.

(Fernando Pessoa)

Page 7: Fotopoemario

Dende o pequeño peiraodas lindas casas en fíanas bravas embarcaciónspolan bocan viciñacacadan o mar abertoque en Coitelada se inicia onde pescarán merluzas, ollomoles e sardiñas.

Mugardeses vide a minnunha dorna de alegríae levádeme convoscopolas ondas verdelila.

(Dictinio del Castillo-Elejabeytia)

Page 8: Fotopoemario

O céu, a terra, o vento sossegado...as ondas, que se estendem pola areia...os peixes, que no mar o sono enfreia...o nocturno silêncio repousado...

(Luis de Camões)

Page 9: Fotopoemario

A través do teu corazão passou em barcoQue não pára de seguir sem ti o seu caminho.

(Sophia de Mello)

Page 10: Fotopoemario

Ai, meu amor, dame o percebeai deses que andas apañando,ai eu douche o meu corazón,ai par que mo vaias gardando.

(Cantiga Mariñeira)

Page 11: Fotopoemario

Eu tambén não sei o que é o mar.Aguardo a madrugada, impaciente,os pes descalços na areia.

(Eugénio de Andrade)

Page 12: Fotopoemario

A arte do mariñeiroévos moi enmarañadaporque como anda con redessempre se encontra enredado.

(Cantiga Mariñeira)

Page 13: Fotopoemario

Filla da ría de ArousaSomo-las tres de Rianxo:“Picariño”, “Coma Ti”,“Anduriña” máis “Rosario”.Unha raiola de solAbonda para alegrarnos.

Mariñeiros,Levádenos a Cambados.Contra do vento e a escumaIremos dando bandazosE seguiremos a Sálvora,A Corrubedo e o faro.

¡Mariñeiros,Levádenos a Corrubedo!

(Dictinio del Castillo-Elejabeytia)

Page 14: Fotopoemario

Entre o teu rostro e o marninguem deseja ser neve.

(Eugénio de Andrade)

Page 15: Fotopoemario

No tempo tristeiro da inverníaas ondas do mar escachaban pesadamentecontra as costas.

Poesía Céltiga (Inverno – S. XI)

Page 16: Fotopoemario

Ollade diante de vós, cara o Nordés,ó mar arrufado, rico en fauna.A moradía das focas, ledas e brillantes,está en preamar.

Poesía Céltiga (Tristos Líricos – S.XIII)

Page 17: Fotopoemario

Preamarese baixamarestívenascoñézoas ben.

( Poesía Céltiga (S.X)

Page 18: Fotopoemario

Teño un barco alá no pensamento

traballando en horas de nostalxias,

a sol imaxinado e a arrecendo

de azuis madeiras e esperanzas.

Unha escuma emprestada de salseiros

faille cóxegas de amante polas bandas.

¡Meu barquiño, capaz de cen alentos,

Amarrado para sempre nesta praia!

(Ana Mª Fdez)

Page 19: Fotopoemario

¡Da xenio contemplara superficie do mar, a defensa dos benaventurados!No prateado país do Surnaves e carros corren á teima.

Poesía Céltiga (A illa dos Benabenturados – S. VIII)

Page 20: Fotopoemario

Gosto de ver quando a luz 'scaseia...Se acaso eu amo a vastidaõ do mar,É quando ollo outro mar d'areia.

(Teixeira de Pascoaes)

Page 21: Fotopoemario

Illa do amor, eu lémbrote

de pinos colmada e de gueivotas,

arrombada de vento e de mareas,

con cinco tombas, cinco buraquiños

mirando, ollos valdeiros, cara ó ceo.

Fálovos duns homes

que xa nin cinza son,

e cinco leitos, cinco caramuxos,

que o mar ten apreixados docemente.

Eu pregunto qué foi

das súas cinco voces, dos seus soños,

dos seus cantos de amor nas carballeiras

Qué foi tamén das sombras que pasaban

tecendo a súa historia nos solpores.

¿Cómo eran os seus berro

no calado cristal da noite morna?

(Celso Emilio Ferreiro)

Page 22: Fotopoemario

Mas se em vós, ondas, mora a piedadelevai tambén as lágrimas que choro,pois asim me levais a causa delas.

(Luís de Camões)

Page 23: Fotopoemario

De todos os cantos do mundoAmo com um amor mais forte e mais profundoAquela praia extasiada e nua,Oonde me uni ao mar, ao vento e á lua.

(Sophia de Mello )

Page 24: Fotopoemario

Por eso de derretían,

cal si foran de manteiga,

diante delas os rapaces,

os rapaciños da festa,

os mariñeiros do mare

que donde á Virxe viñeran

porque a Virxen os salvara

de naufragar na tormenta.

Mais se salvaron no mare

non se salvarán na terra,

mariñeiros, mariñeiros,

que aquí tamén hai tormentas

que afogan corasonsiños

sin que lle vallan ofertas,

que oie a Virxe aos que se afogan

do mar entre as ondas feras,

mais non oie ós namorados

que de afogarse se alegran.

(Rosalía de Castro)

Page 25: Fotopoemario

E tí vives no mundo, terra miña,berce da miña estirpe,Galicia, dóce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño…

(Celso Emilio Ferreiro)

Page 26: Fotopoemario

Corazón!Latexa aquelas armonías

porque xa vai chegar!O qué...?

Xa vai chegar

(Manuel Antonio)

Page 27: Fotopoemario

Vai polo mar coma unha gaivota,vai polo mar.Leva un bico un murmurio de escumas,coma un cantar.

Vai polo mar buscando camiños,vai polo mar;Lendo os poemas que fai o vento,cando hai luar.

Meu barquiño grande,ledo e lixeirocando nel me atopo,¡son mariñeiro!

(Ana Mª Fdez)

Page 28: Fotopoemario

O vento ven cheo de loito lonxanánPolo camiño tortovan batendo coas trebas

uns pasos estranos.

(Manuel Antonio)

Page 29: Fotopoemario

Alalá rezador do silenzoe da dor cicelada no arAlalá das imaxes perdidas

polo ronsel que nos deixaronos sentimentos mortos a chorar.

(Manuel Antonio)

Hoxe está de festa o home raro donodo calendario dos días pensativos

que vive aqueles díascada Inverno e cada Outono

e non viven nada máis.

Page 30: Fotopoemario

Beira do marUn silenzo de brétema

é o enterro da tarde fracasada.

(Manuel Antonio)

Page 31: Fotopoemario

A nosa Virxe do Carmeten unha torre no marpara ve-los mariñeiroscando saen para o mar.

(Cantiga Mariñeira)

Page 32: Fotopoemario

Virxe do Carme valeme,que estou no medio do mare non hai barqueiro que reme.

(Cantiga Mariñeira)

Page 33: Fotopoemario

Os berros dos mazaricosrachan as sedas do mar,no carro das mouras nubesvén do sur o temporal.

Nas barras e nos peiraosrompen as oulas cristadasde lóstregos azuadosdas estrelas afogadas.

Púxose o ceo de loitopolos que van afogar.As centellas como trallasbaten no lombo do mar.

(Armado Carballo)

Page 34: Fotopoemario

Nosa señora do Carmevai indo pola ribeiracollendo cuncha por cunchae metendo na faltriqueira.

(Cantiga Mariñeira)

Page 35: Fotopoemario

Nosa Señora do Carmedevolveme o que perdín:perdín á miña naiciñana ribeira de Marín.

(Cantiga Mariñeira)

Page 36: Fotopoemario

Trouxo o vento unha vocee a voce unha inquedanza.

(Manuel Antonio)

Page 37: Fotopoemario

Cruzo Arousa coas rapazasEnriqueta, Marga e Finadende o Grove a Santa Euxenianunha dorna branca e lila.

Todo vai ben a baborA estribor, mellor aíndae tráenme no peneiriño¿Qué máis desexar na vida?

Xa sabedes, volvoretas,onde por min preguntar:a dreita de Vilanova,logo á esquerda e máis alá.

( Dictinio del Castillo-Elejabeytia)

Page 38: Fotopoemario

Eu hei de ir ó mar pescar,hei de pescar un peixiño;qen caza sempre recibeun abrazo ou un biquiño.

(Cantiga Mariñeira)

Page 39: Fotopoemario

Alén das horasponse a sordina da alba

nos beizos do silenzoe volve o tono menor da choivaNo marco da lúa

Fórase esvaíndo o retrato dunha noiva.

(Manuel Antonio)

Page 40: Fotopoemario

O silenzo das pedrasentrebadas e podres

Hai uns pasos que pasanpara que na noite pesen.

(Manuel Antonio)

Page 41: Fotopoemario

¡Chorar, chorar, mentres o barco rompecontra o solpor da noite!

A túa pipa non verán meus ollosfomegar máis;nin o teu riso, para sempre inmensoabrente na mar.Lume che din, cinza me queda. ¡Cinza,Capitán!

Soia a sirea do teu barcoToda a eternidá.Fume nos ollos, area fríaNas miñas maus.E en boca que perdín, a longa pipaFumando a miña vida, capitán.

( Xosé Mª Díaz Castro)

Page 42: Fotopoemario

Carpinteiro faime un barcoda casca dunha cebola,para pasea-las nenasde Cespón a Taragoña.

(Cantiga Mariñeira)

Page 43: Fotopoemario

Onde arde a memoriaUn verso a falarDun vento de seda.Es ti quen pasa.O tempo que queda.

(Gonzalo Navaza)

Page 44: Fotopoemario

Sei que será aquíaquí sobre a peldelgada do océano

sobreo ventre dunha dorna,sobre

a néboa silandeira destas praias

(Antonio Piñeiro)

Page 45: Fotopoemario

Veñen os pescadores

saltando os tombos,

deixando risa e pranto

no mar máis fondo.

Veñen os pescadores

buscando a praia,

o sol brilla na escuma

coma unha alfaia.

Veñen os pescadores,

xorden da néboa,

coma fantasmas mudos

por ve-la terra.

(Ana Mª Fdez)

Page 46: Fotopoemario

Duascentas apertas de ameixabeixo de paibícame nai

O mar oblicuo.

(X.L. Marqués)

Page 47: Fotopoemario

¿Qué atopariamos se lle désemos a volta ó mar,que semella unha lámina escamoteada?

(X.L. Marqués)

Page 48: Fotopoemario

El navegar, navegabanunha dorna mariñeira;nos ollos sempre un relanzode escumas cantaroleirasno corazón – Ai, Dios Santo!

(Álvarez Blázquez)

Page 49: Fotopoemario

O mar reza as súas foulascomo rosarios brancosa carón da túa cruz de luz inmóbilna noite exeonllado.

(Amado Carballo)

Page 50: Fotopoemario

¡Quen dera se nao senlleiran-aquel mar non presentidodas ja mergulladas terras!

(Fermín Bouza Brey)

Page 51: Fotopoemario

Dígoche adiós dende o barco

que a lonxanas terra vai.

Dígoche adiós dende as Cíes

que están preñadas de mar.

Adiós nas ondas que pasan,

adiós nas ondas que pasan

adiós na luz de funchal,

espello da lúa chea,

paradiso terreal.

(Celso Emilio Ferreiro)

Page 52: Fotopoemario

O sol era un paxaro tristeque se pousaba no penol.

( Manuel Antonio)

Page 53: Fotopoemario

A frescura do marde súpeto mistúrasecoa ternura do ar.

(Curros Enríquez)

Page 54: Fotopoemario

Nunha noite de galerna os ventos atoparáncomo unha cruz, teu cadávernas mans viúdas do mar.

(Amado Carballo)

Page 55: Fotopoemario

Hai lóstregos de espranzana lonxitú do mare comenza a alboradanun céltico cantar.

(Amado Carballo)

Page 56: Fotopoemario

Os roxos aturuxosacenderon no lonxe,lumeiradas de sanguenos cabezos dos montes.

(Amado Carballo)

Page 57: Fotopoemario

Veñen e van, pralá, pracá, sumisasas escumas do mar,cubrindo coas súas rendas ós rochedos.

(Celso Emilio Ferreiro)

Page 58: Fotopoemario

Iste é o mar das ondas manseliñas,dos boscos silandeiros de abelaiñas.

(Celso Emilio Ferreiro)

Page 59: Fotopoemario

Os bos e xenerosoa nosa voz entenden,e con arroubo atendeno noso rouco son,mais só os ignorantes,e feridos e duros,imbéciles e escurosnon os entenden, non.

(Eduardo Pondal)

Page 60: Fotopoemario

Benchegado ao porto,mariñeiros,a cabalo das ondasdo mar onde â Galiza marxinadaatoparía o seu mellor camiño.

(Paz Andrade)

Page 61: Fotopoemario

Cabaleiro do mar, fun cabaleirodun castelo de estrelas desvalidasentre cachóns de amémonas perdidasentre cinzas que afloran no salseiro.

(Alexandre Nerium)

Page 62: Fotopoemario

Toda a espranza do mundo, para Galicia.Galicia sen vosoutros é pequena.

(Méndez Ferrín)

Page 63: Fotopoemario

Beira do marUn silenzo de brétema

é o enterro da tarde fracasadaInconcretamentes

teño unha voce Eue a onda infinda

amiganterepétema.

(Manuel Antonio)

Page 64: Fotopoemario

Redeiras

Ato As miñas ganas Ao teu desexoCada día.

(Paco Souto)

Page 65: Fotopoemario

Galegos, sede fortes,prontos a grandes feitos;aparellade os peitosa glorioso afán;fillos dos nobres celtas,fortes e peregrinos,loitade polos destinos,dos eidos de Breogán.

(Eduardo Pondal)

Page 66: Fotopoemario

O chapapoteque escurece a miña praiao teu silencio.

(Fernán Fernández)

Page 67: Fotopoemario

Unha gamela nova, toda verde,

co teu nome tan guapo no costado,

¡ondas caramiñás da miña vida!

Ti sola, miña brava mariñeira,

namorada, remabas cara o sol.

( Aquilino Iglesias Alvariño)

Page 68: Fotopoemario

Bótome ao marnegro de esperanzaEuropa ou morte.

(Fernán Fernández)

Page 69: Fotopoemario

Pasei a ría de Arousa

nunha barquiña de vela,

non vin cousa máis bonita,

nin quero volver a vela.

(Cantiga Mariñeira)

Page 70: Fotopoemario

Veño de cose-la rede

sentadiña na ribera

xa me agarda miña nai

co caldiño na lareira.

(Cantiga Mariñeira)

Page 71: Fotopoemario

¡Ao mar! ¡Ao mar!Da embarcación no peitoas sístoles e diástoles dos embolosacompasan o son da túa ledicia

¡Ao mar! ¡Ao mar!

Un lene vento arpeirozoa en cordas e paus con demorae rípalle as guedellasás xugadas de pipa do navío

¡Ao mar! ¡Ao mar!

(Eduardo Blanco Amor)

Page 72: Fotopoemario

Benchegadas ao porto,

mariñeiros,

a cavalo das ondas

do mar onde á Galiza marxinada

atoparía o seu mellor camiño.

(Valentín Paz Andrade)

Page 73: Fotopoemario

Aquela barca tola

ben a miro pasar,

arrola que te arrola,

como un berce no mar.

(Fermín Bouza Brey)

Page 74: Fotopoemario

Indo polo mar abaixo

o vento rachoume a vela;

miña Virxe da Lanzada

dáme o pano para ella.

(Cantiga Mariñeira)

Page 75: Fotopoemario

Ehí veñen os mariñeiros

de traballar á escurada,

rapaciñas de ribeira,

terlle a cama preparada.

(Cantiga Mariñeira)

Page 76: Fotopoemario

Os de Noia son bos mozos,

os de Muros baloqueiros,

os de Fisterra morenos,

os do Son bos mariñeiros.

(Cantiga Mariñeira)

Page 77: Fotopoemario

E armaremos unha rede de ronseles

para recobrar as saudades

co seu viaxe feito

polos oucéanos do noso corazón.

(Manuel Antonio)