libro fiestas sada 2016 - concello de sada fiestas sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha...

16
SADA 2 0 1 6

Upload: lymien

Post on 30-Sep-2018

223 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

S A D A

2 0 1 6

Page 2: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

3

Saudado Alcalde

,

Chega o mes de Agosto e con él as festas, tempos nos que resulta inevitable lembrar o pasado e re-cordar celebracións precedentes ata onde chega a memoria. Sada cambiou co paso dos anos e sen dúbida as súas festas tamén.

Hoxe en día téntase abrir o máximo posible o espazo de lecer a todas as idades e gustos. É unha tarefa complicada e require de esforzo e enxeño pois non é doado satisfacer a todo o mundo, pero dende logo a vontade de facelo existe.

Dende o Concello de Sada ofrécese un calendario festivo amplo que vai moi-to máis alá da semana de festas. Empezou coas festas do Carme, continuou coa Feira Modernista e déixanos para agosto concertos, orquestras, música na rúa, festas gastronómicas e moitas outras actividades que confiamos se-xan do agrado da nosa xente e das moitas persoas que nos visitan.

Aproveito a ocasión para felicitarlle as festas a toda a xente que escolle Sada neste verán, sexan sadenses ou veñan doutras localidades. Coido que é unha boa oportunidade para gozar do noso Concello, do seu litoral, da súa ría, da súa gastronomía e da hospitalidade das súas xentes.

Gocemos das festas e gocemos de Sada. Tentemos facelas mellor cada ano coa intención de que nos sirvan para coller forzas de cara aos retos do futuro.

Felices festas!!

Óscar Benito Portela FernándezAlcalde de Sada

Page 3: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

12 agosto.................................................... pax. 25ROCK & ROLL - Now I am + Morgen + REINCIDENTES

13 agosto............................................ pax. 31 / pax. 37II OPEN VOLEI PRAIA / XVII TORNEO DE PETANCA CIDADE DE SADA

Día en Familia / FURIOUS MONKEY HOUSE / Noite de Estrelas

14 agosto.................................................... pax. 43VI MILLA DE SAN ROQUE / Encontro Folclórico / FESTIVAL FOLK

15 agosto “Santa María”..................................... pax. 47

Polifonía Coral / Pregón / AMIZADES / Concerto NACHA POP + Ruta 77

16 agosto “San Roque”....................................... pax. 51

FESTA DOS MAIORES / Concerto da Banda Municipal / Gallaecia Small Band

CONCERTO INDIE: The Trunks + Triángulo de Amor Bizarro + La Habitación Roja

17 agosto “San Mamede”.................................... pax. 55 / pax. 59“II UrbanFeel” / Festa Infantil / IV Torneo de Fútbol “Festas de San Roque”

Orquestra NEW YORK

18 agosto ....................................................... pax. 65

GRAN SARDIÑADA / Gastrorock / Orquestra ACHÉ / FOGOS ARTIFICIAIS

20 e 21 agosto .......................................... pax. 69MESTURA SHOPPING / IX Travesía a Nado e III Open de Bandeiras

XVI Torneo Xuvenil Raio Sadense / III XUNTANZA “Eres de Sada si”

Edita: Concello de SadaImprime: Gráficas Ocero. Portada e ilustraciones: Luis GalánDEPÓSITO LEGAL: C 1425-2016 7

Indice

As bandeiras utilizadas no deseno deste librocorresponden o Codigo Internacional de Bandeiras.

Page 4: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

Queridos veciños e veciñas,

Hai exactamente un ano tiven a primeira oportunidade de dirixirme a todos vos como Concelleiro de Cultura do Concello de Sada e estes días, afrontando xa a segunda etapa, non deixo de abraiarme do rápido que pasou todo.

É ben certo que son moitos os que nos visitan exclusivamente no mes de agosto e que as festas destes días son as mais agardadas e relevantes de todo o ano, pero non é menos certo que as celebracións sucédense constantemente ó longo dos doce meses dun xeito vertixinoso. Tanto, que case poderíamos dicir que Sada está permanentemente de festa.

Esa precisamente é a imaxe que queremos transmitir, a dun pobo acolledor, en-tusiasta e vitalista. Un pobo onde a gastronomía, o paseo, o deporte, a diversión e o obrigado descanso conviven e danse a man. Un pobo, Sada, onde veñas cando veñas sempre atoparás algo atractivo do que poder gozar.

Xuntos vivimos unha espectacular noite de San Xoán que algúns lembraremos sempre para, tres semanas despois, homenaxear como se merecen ós nosos mari-ñeiros e á súa Virxe do Carme. Xuntos tamén fixemos crecer a Feira Modernista, na que este ano destes todo un exemplo de participación e compromiso.

Fáltanos unha última gran cita para poñer o broche de ouro a este verán enchendo as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara-do con cariño moitos momentos festivos para que todo o mundo atope neles o seu recordo inesquecible.

Buscámolo todos xuntos?

Felices festas!!

Marcos Villar LópezConcelleiro de Cultura e Praias

11

Saudado Concelleiro de Cultura

,do Concelleiro de Culturado Concelleiro de Cultura

Page 5: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

Hola queridos amigos,

Ya están aquí como cada año nuestras Fiestas Patronales, celebraciones en las que honramos a Santa María , San Roque y San Mamed. Tres muestras de humanidad y valores que han perdurado en el tiempo a lo largo de los siglos y que, en años como los que vivimos, están más vigentes que nunca.

Ellos, que siempre han sido consecuentes con su proyecto de vida, son un ejemplo de las cualidades que redundan en beneficio de la sociedad actual. La convivencia, la tolerancia, la capacidad para salvar las diferencias y aceptar puntos de vista diferentes de los propios, son valores que hemos heredado de nuestros ancestros y que con cariño debemos transmitir a los que nos sucedan.

En estos días de festejos debemos acordarnos también de todos aquellos que ya no están a nuestro lado pero cuyas vivencias permanecerán para siempre en nuestro recuerdo. Sus seres queridos han de sentir también nuestro apoyo pues sufren especialmente su ausencia en fechas tan señaladas.

Son días para disfrutar en familia y reforzar los lazos que nos unen. Celebre-mos unidos en armonía unas Fiestas Patronales que llenarán nuestras casas de alegría y de convivencia pacífica con los que nos visitan, transmitiendo una imagen acogedora de nuestra querida y bonita villa de Sada.

Un saludo

Joaquín Varela LamelaPárroco de Sada

15

Saudado Parroco

,

Page 6: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

19

Arantza VillarActriz

Saudada Pregoeira

,

Queridos veciños!

Vivín en Sada ata os 14 anos, no barrio mariñeiro da Tenencia, no edificio da Xefa. Quen me ía dicir que 25 anos despois de marchar volvería para abrir estas festas compartindo protagonismo co Alcalde, e que o Alcalde ía ser Beni, o meu veciño e amigo da infancia con quen tantas horas de xogos compartín. E tamén con Marcos, o Concelleiro de Cultura, de quen aínda conservo as nosas primeiras fotos xuntos na escola de Florita, can-do tiñamos 4 anos e todos pensaban que eramos curmáns. Hoxe compartimos non só as vivencias dunha infancia en común, senón sobre todo a ilusión por un futuro esperanzador.

Eu que subín por primeira vez a un escenario na “Soci”, estou especialmente or-gullosa de que me chamasen para darvos esta benvida por ser actriz. Aquí apren-dín a dar berros ben dados para que se escoitasen ata no Martillo, a improvisar calquera escusa convincente cando algún coñecido me vía saíndo do Curruncho, a transformarme en personaxes distintos para cada un dos tres días do entroido, a maquillarme para participar no enterro da sardiña e a cantar para a misa do Carme que se celebra na lonxa cada mes de xullo. Pero se hoxe estou especial-mente feliz, é porque estou comprobando que non todos os tempos pasados foron mellores, porque temos un presente ilusionante para vivir xuntos e catro días de festa por diante.

Enchamos as rúas, durmamos pouco, bailemos toda a noite e todo o día e apro-veitemos para celebrar as amistades que naceron nesta preciosa vila e permanecerán para sempre!

Felices Festas Patronais!

Page 7: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

V E RA NO2 0 1 6

25

12 Agosto (Venres)

22:30 - 02:30 h. ROCK & ROLL

22:30 - NOW I AM23:30 - MORGEN00:30 - Reincidentes

Esta noite está claramente dedicada

ó rock&roll, cunha das bandas máis

destacadas do panorama nacional

e cun directo potente e enérxico:

REINCIDENTES.

A Carpa Acendida asistirá a un

concerto espectacular da banda sevi-

llana, que contará, para “abrir boca”,

cos coruñeses MORGEN, avalados

polo 1º premio conseguido no cer-

tame II Batalla de Bandas SadaRock.

E como artista invitado unha banda

local cun estilo musical que encaixa

perfectamente coa forza e a potencia

de son que require esta noite: os sa-

denses NOW I AM.

Entrada gratuíta. Carpa Acendida.

Page 8: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

31

2 0 1 6S A D A

13 Agosto (Sábado)10:00 h. II OPEN VOLEI PRAIA

18:00 h. XVII TORNEO DE PETANCA “CIDADE DE SADA”

A praia das Delicias converterase nun recinto deportivo para reeditar o exi-toso “Open de Volei-Praia” iniciado o pasado ano. Dende as 10:00h. as pare-llas de deportistas esforzaranse sobre o areal sadense para acadar o mellor resultado posible.Unha cita para gozar da praia e do deporte dun xeito diferente e espectacu-lar, rodeado dun entorno natural fermoso e das comodidades que ofrece a praia urbana, a oferta hostaleira e a área recreativa do Curruncho.

Este torneo é unha das citas recreativas de maior tradición do noso verán, congre-gando a participación de veciños e veciñas que practican esta actividade durante todo o ano. O torneo que leva o nome da cidade organizarase, como é habitual, na cancha de pe-tanca do Paseo Marítimo de Sada, a carón das pistas deportivas. Un bo momento para compartir entre amigos e conservar unha tradición deportiva importante e que crea un bonito espazo de con-vivencia entre distintas xeracións.Haberá entrega de premios para os participantes.

Page 9: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

37

13 Agosto (Sábado)“DÍA EN FAMILIA”

18:00 h. XOGOS. Para todos os públicos. No entorno da Carpa Acendida.

20:00 h. MAXIA. Espectáculo de ilusionismo para pequenos e maiores.

21:00 h. FURIOUS MONKEY HOUSE

22:30 h. CHOCOLATE CON CHURROS

23:00 h. NOITE DE ESTRELAS

Programamos unha tarde de actividades pensadas para un público infantil e familiar con xogos, maxia, unha chocolatada… e un broche musical a cargo dos xovencísimos Furious Monkey House.Esta banda viguesa está sendo un dos descubrimentos musicais da tempada, e ofrecerán o seu desenfadado concerto dentro da Carpa Acendida guiados polo seu furioso mono e con entrada gratuíta. Pero o plan non rematará ahí: a noite do 13 de agosto presenta as mellores características para poder levar a cabo unha observación do ceo nocturno e asistir á “choiva de estrelas fugaces” que se da a esta altura do ano arredor da constelación das Perseidas. Os “Amigos de Jaítos” recordarán a figura deste astrónomo sadense reeditando a tradicional observación das coñecidas como “lágrimas de San Lourenzo”. Ademais, poderase observar a lúa con telescopios, e haberá dous planetas en posición perfecta para ser observados.

Despois de bailar cos “Furious” colle forzase quédate a pasar a noite baixo as estrelas.

Os “Amigos de Jaítos” recordan a figura do astrónomo sadense e nos achegan os segredos do universo. Haberá telescopios a disposición do público.

V E RA NO2 0 1 6

Page 10: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

43

2 0 1 6S A D A

14 Agosto (Domingo)10:30 h. “VI MILLA DE SAN ROQUE”

17:00 - 20:00 h.XVI ENCONTRO FOLCLÓRICO A Meda do Castro. Inaugurarase cun pasacalles que arrancará ás 16:30h. da Praza de San

Roque. Nesta edición contarase coa participación de 5 agrupacións: A.C. Osorio Gutiérrez

Lorenza (Lugo); A.C. Argazo (Baldaio); Cantareiras Algarabía (Valdoviño); Rancho

Regional Lavradeiras de Carreço (Viana do Castelo); A.C.D. A Meda do Castro (Sada).

23:00 - 03:00 h.

FESTIVAL FOLK.

Nova edición dunha carreira atlética urbana nunha desas distancias que xa están ligadas á maior tradición e á épica atlética. Cita de interese a nivel galego.Participa activamente apuntándote nesta webwww.carreirasgalegas.com

23:00 - Tonecho Castelos / Pablo Esqueira

00:00 - Coanhadeira

01:30 - Banda das Crechas

Page 11: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

47

15 Agosto (Luns)10:30 h. XXI CONCURSO PESCA INFANTIL “Pescamar”

23:00 h. RUTA 77 + NACHA POP

16:00 h. IV TORNEO DE XADREZ“SAN ENROQUE”

11:00 h. DIANAS e ALBORADAS.

12:30 h. MISA CANTADA a cargo da Coral A Lembranza de Sada.

21:00 h. Pregón. A cargo de Arantza Villar.

19:00 h. CONCERTO DE POLIFONÍA CORAL

21:15 h. Concerto de AMIZADES

Inscricións en Pescamar Sada: 981 62 23 80.Unha cita clásica das Festas de Verán, organizada, como sempre, no porto de Sada e con diferentes premios para os participantes.

Concerto para todos os públicos na praza IRMÁNS SUÁREZ PICALLO.

Pavillón municipal de As Mariñas. Entrada libre.

Coa participación de: Coral A Lembranza de Sada, Coro Municipal Agra das Arcas, Coro Galego de Santa Comba de Veigue, Coral San Martiño de Meirás e Coral Instrumental da Sociedade de Sada.

V E RA NO2 0 1 6

Page 12: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

51

2 0 1 6S A D A

16 Agosto (Martes)

18:00 h. FESTA DOS MAIORES. Nos xardíns do Paseo Marítimo.

22:30 h. Orquestra “GALLAECIA SMALL BAND”

20:00 h. CONCERTO DA BANDA MUNICIPAL DE SADA

11:00 h. DIANAS e ALBORADAS.Pasacalles a cargo da Banda Municipal de Sada

12:30 h. MISA CANTADA a cargo da Coral Municipal Agra das Arcas.Procesión con acompañamento da Banda Municipal de Sada.

19:00 h. SHOW A LEMBRANZA. Aberto ó publico en xeral.

Pequena merenda de agradecemento e homenaxe á figura dos nosos veciños e veciñas de maior experiencia vital. (Imprescindible asistir con invitación)

Baile de verán no que ofrecemos a oportunidade única para gozar da boa música e dunha verbena como as de toda a vida: ritmos latinos, boleros, chachachás, mambos, rock&roll... farán as delicias dos amantes da boa festa.

Poñédevos guapos e guapas para estar á altura dunha banda cálida e moi elegante... a Gallaecia Small Band.

22:30 h. CONCERTO INDIE Na praza IRMÁNS SUÁREZ PICALLO.

The TrunksTriángulo de Amor BizarroLa Habitación Roja

Page 13: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

55

17 Agosto (Mércores)

V E RA NO2 0 1 6

17:00 h. FESTA INFANTIL

20:00 h. Torneo de Fútbol afeccionado “Festas de San Roque”

11:00 h. DIANAS e ALBORADAS.

12:30 h. MISA CANTADA a cargo da Coral Instrumental da Sociedad Recreativa, Cultural y Deportiva de Sada.

Inchables, festa da escuma e outros. No Paseo Marítimo de Sada, con entrada gratuíta para que a nosa xente máis pequena goce dunha tarde de verán lúdica e inesquecible.

No campo de fútbol de As Mariñas-Andrés Pena.

CARNOEDO C.F. vs SP. SADA

22:30 h. Verbena coa GRAN Orquestra NEW YORKNa praza IRMÁNS SUÁREZ PICALLO.

Page 14: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

59

2 0 1 6S A D A

17 Agosto

11:30-13:30h. OBRADOIROS E CONCURSOS:11:00-14:00h. e 17:00 a 22:00h.MERCADILLO “URBANSADA”.11:00-12:30 OBRADOIRO DE SKATE na zona da Carpa Acendida.11:30-13:00 OBRADOIRO DE “DANZA BBOYING”. Obradoiro de iniciación, Zona da Carpa Acendida, coa cía. Break-Inclán (Santiago de Compostela).11:30-13:00 OBRADOIRO DE FREESTYLE PATÍN. Dende as pistas polideportivas do Paseo Maríti-mo, co Clube Brigantium Coruña.12:30-13:30 OBRADOIRO DE MALABARES den-de a zona da Carpa Acendida.11:30-22:00 “I SADAGRAFF”: nas pistas polide-portivas e ó longo de todo o día, debuxaranse os proxectos gañadores do concurso de gra" iti.13:00-13:30 RUTA PATINAXE FREESTYLE POLO PASEO MARÍTIMO. Participación aberta. Únete a nós e móvete sobre rodas.

16:00 - 22:00h. EXHIBICIÓNS (zona Carpa Acendida e xardíns do Paseo Marítimo):16:00 - SKATE LIBRE: ofreceremos varias horas en mini rampas e diversos módulos para gozar do skate.18:00 - EXHIBICIÓN DE MALABARES, con Borja Dorado. 19:00 - “ENGORÍLATE!!” CONCURSO SKATE: Con premios para os mellores trucos.Presentado por Adrián Aldao.21:00 - EXHIBICIÓN DE FREESTYLE PATÍN, con Matías Yáñez, do Clube Brigantium.21:30 - BREAKDANCE: exhibición e estrea do novo show da compañía BREAK-INCLÁN.

22:00 - 03:00 h. CONCERTOS (Carpa Acendida):22:00 a 22:45 h. - SIN CITY DEVILS.23:00 a 23:45 h. - EL MONSTRUO.23:45 a 00:00 h. - ESPECTÁCULO DE ACROBACIA AÉREA. SUE MORENO.00:15 a 01:15 h. - TRUE MOUNTAINS.01:15 a 01:30 h. - ESPECTÁCULO DE ACROBACIA AÉREA. SUE MORENO.01:30 a 03:00 h. - KURT BAKER COMBO.

11:30 - 03:00 h.

II urbanfeel sada.

Page 15: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

65

18 Agosto (Xoves)

V E RA NO2 0 1 6

13:00 - 02:00 h. Festival GASTROROCK

18:00 - 00:00 h.

GRAN SARDIÑADA POPULAR

11:00 h. DIANAS e ALBORADAS.

Oferta de variadas elaboracións gastronómicas de establecementos hostaleiros de Sada acompañadas por unha programación de actuacións musicais, dende o mediodía ata a madrugada.

Como xa é tradición celebramos a Sardiñada popular no Curruncho.

22:30 h. Magnífica verbena coa Orquestra ACHÉ

00:30 h. FOGOS ARTIFICIAISDisfrutaremos como todos os anos un momento especial con amigos e familia observando o precioso espectáculo pirotécnico que terá lugar na zona da Praia Nova.

Na praza IRMÁNS SUÁREZ PICALLO.Haberá un pequeno descanso ás 00:15 para o lanzamento pirotécnico.

Page 16: Libro fiestas Sada 2016 - Concello de Sada fiestas Sada 2016... · as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos prepara- ... CHOCOLATE CON CHURROS 23:00

69

20 e 21 Agosto (Sábado e Domingo)

20 Agosto (Sábado)

16:30 h. IX Travesía a Nado eIII Open de Bandeiras Sada.

18:00 h. XVI TORNEO XUVENIL RAYO SADENSE.Dende o campo de fútbol de As Mariñas - Andrés Pena.

10:00 - 00:00 h. III XUNTANZA “Eres de Sada si...”

10:30 - 21:00 h. MESTURA SHOPPING

2 0 1 6S A D A

Trátase dunha festa do comercio sadense organizada para poñer de manifesto a cantidade e calidade dos produtos e servizos ofertados polo noso tecido empresarial. Compras, obradoiros, sorteos, agasallos, música,

danza... todo isto e moito máis é o que se poderá atopar o público que se achegue ata a Carpa Acendida ó longo desta fin de semana.

Celébrase no Curruncho a 3ª edición deste encontro de iniciativa popular no que se compartirá comida e actividades de animación organizadas para as dife-rentes peñas.Contará cun concurso de tortillas e discoteca móvil para pechar a noite.

Dende a Praia Nova. Inscricións na web:http://salvamentosada.jimdo.com/

Sábado 20. Animación musical a cargo da agrupación folclórica A Meda do Castro.21:00h. Concerto: AS LENS. Domingo 21. Animación musical a cargo da agrupación folclórica “Nova Troula”.20:00h. Danza: Actuacións das escolas de danza sadenses “Escola de Danza Carmen López” e “Sadanza”