tetractis 53

4
Ano V. Boletín nº 53 Depósito legal: C 2766-2006 Maio, 2011 www.tetractismonelos.blogspot.com T etractis é un boletín de divulgación matemática do Departamento de Matemáticas do IES Monelos (A Co- ruña). Naceu en outubro de 2006, ten periodicidade mensual e cada curso publícanse unha media de dez nú- meros. Cada un edítase en papel e formato electrónico e envíase por correo electrónico ao alumnado, ao profe- sorado e aos subscritores. Tamén se pode baixar da páxina web do IES Monelos. Desde o mes de novembro de 2009 Tetractis conver- teuse nun blog (www.tetractismonelos.blogspot.com). LOGOTIPO E CABECEIRA No primeiro número de Tetractis apareceron dous artigos nos que se explicaba o significado do logotipo e o nome do boletín. Os pitagóricos denominaban Te- tractis ao número triangular cuarto (o número 10, o número do universo), pois nel vían resumidas todas as di- mensións: punto, recta, plano e espazo (1+2+3+4=10). Por outra banda, as le- tras da cabeceira están formadas por unhas pezas chamadas pentaminós, que forman parte dunha familia xené- rica chamada poliminós. Poliminó é un grupo de cadrados unidos polos seus lados, de tal maneira que cada dous deles teñen polo menos un lado común. SECCIÓNS Os contidos de Tetractis están consti- tuídos por: Artigos do alumnado, resultado das ac- tividades das clases de matemáticas. Xeometría de papel, unha sección de papiroflexia da profesora Alicia Pedreira Mengotti. O caixón dos problemas, resultado dos numerosos concursos de resolución de pro- blemas nos que participa o alumnado do centro: Open matemático, Canguro mate- mático, Rally matemático sen fronteiras, Olimpíada de 2º ESO, Olimpíada de bacharelato... Novas e actividades no ámbito matemático: Feira Matemática, EsTalMat, Chocomates, Congresos de AGAPEMA, actividades e exposicións organizadas polo departamento. Arte e xeometría: con exposicións, fotografías ou obras de Tobia Ravà, Rob Gonsalves, Chema Madoz, Jo- sé María de Labra, Anatoly Fomenko, Istrán Orosz... Materiais diversos de creación propia: fichas de uso de calculadoras, carteis... ACTIVIDADES, PROXECTOS E EXPOSICIÓNS Desde o seu nacemento Tetractis promove a partici- pación en: Eventos: Día da Muller traballado- ra, Día π, 1000 grous para o pobo xa- ponés, Día da Ciencia na rúa, Feira Matemática, Semanas Matemáticas... Exposicións: Maurits Cornelis Es- cher, Juan Jacobo Durán Loriga, Ma- temáticas no Quixote, Puntos de vis- ta, Poliedros de Escher, A sección áu- rea nos peixes, O rostro humano das matemáticas, Matemáticos Galegos, A Muller innovadora na ciencia, Mulleres matemáticas, Matemáticas e narrati- va, Matemáticos no Euroencontro, Mo- saicos nazarís, Xeometría 3D... Seminarios permanentes: Arte, xeometría, Matemáticas e narrativa. Proxectos de investigación: A que estatura pode chegar unha persoa? Elaboracións de carteis: Cartel de Ma- ría Wonenburger para a exposición A Mu- ller innovadora na ciencia, O rostro humano das matemáticas, Mulleres matemáticas, Matemáticos Galegos, Monte de San Pedro: pura xeometría, Xeometría na cidade con Google Earth... Ademais Tetractis convoca o Certame de Matmonólogos, do que xa leva celebradas catro edicións.

Upload: g-t

Post on 13-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Número especial de Tetractis, boletín de divulgación matemática do IES Monelos (A Coruña), dedicado aá V Feira Matemática

TRANSCRIPT

Page 1: Tetractis 53

Ano V. Boletín nº 53 Depósito legal: C 2766-2006 Maio, 2011

www.tetractismonelos.blogspot.com

T etractis é un boletín de divulgación matemática do Departamento de Matemáticas do IES Monelos (A Co-ruña). Naceu en outubro de 2006, ten periodicidade mensual e cada curso publícanse unha media de dez nú-meros. Cada un edítase en papel e formato electrónico e envíase por correo electrónico ao alumnado, ao profe-sorado e aos subscritores. Tamén se pode baixar da páxina web do IES Monelos.

Desde o mes de novembro de 2009 Tetractis conver-teuse nun blog (www.tetractismonelos.blogspot.com).

LOGOTIPO E CABECEIRA No primeiro número de Tetractis

apareceron dous artigos nos que se explicaba o significado do logotipo e o nome do boletín.

Os pitagóricos denominaban Te-tractis ao número triangular cuarto (o número 10, o número do universo), pois nel vían resumidas todas as di-mensións: punto, recta, plano e espazo (1+2+3+4=10). Por outra banda, as le-tras da cabeceira están formadas por unhas pezas chamadas pentaminós, que forman parte dunha familia xené-rica chamada poliminós. Poliminó é un grupo de cadrados unidos polos seus lados, de tal maneira que cada dous deles teñen polo menos un lado común.

SECCIÓNS Os contidos de Tetractis están consti-

tuídos por: • Artigos do alumnado, resultado das ac-tividades das clases de matemáticas. • Xeometría de papel, unha sección de papiroflexia da profesora Alicia Pedreira Mengotti. • O caixón dos problemas, resultado dos numerosos concursos de resolución de pro-blemas nos que participa o alumnado do centro: Open matemático, Canguro mate-mático, Rally matemático sen fronteiras,

Olimpíada de 2º ESO, Olimpíada de bacharelato... • Novas e actividades no ámbito matemático: Feira Matemática, EsTalMat, Chocomates, Congresos de AGAPEMA, actividades e exposicións organizadas polo departamento. • Arte e xeometría: con exposicións, fotografías ou obras de Tobia Ravà, Rob Gonsalves, Chema Madoz, Jo-sé María de Labra, Anatoly Fomenko, Istrán Orosz... • Materiais diversos de creación propia: fichas de uso de calculadoras, carteis...

ACTIVIDADES, PROXECTOS E EXPOSICIÓNS Desde o seu nacemento Tetractis promove a partici-

pación en: • Eventos: Día da Muller traballado-ra, Día π, 1000 grous para o pobo xa-ponés, Día da Ciencia na rúa, Feira Matemática, Semanas Matemáticas... • Exposicións: Maurits Cornelis Es-cher, Juan Jacobo Durán Loriga, Ma-temáticas no Quixote, Puntos de vis-ta, Poliedros de Escher, A sección áu-rea nos peixes, O rostro humano das matemáticas, Matemáticos Galegos, A Muller innovadora na ciencia, Mulleres matemáticas, Matemáticas e narrati-va, Matemáticos no Euroencontro, Mo-saicos nazarís, Xeometría 3D... • Seminarios permanentes: Arte, xeometría, Matemáticas e narrativa. • Proxectos de investigación: A que

estatura pode chegar unha persoa? • Elaboracións de carteis: Cartel de Ma-ría Wonenburger para a exposición A Mu-ller innovadora na ciencia, O rostro humano das matemáticas, Mulleres matemáticas, Matemáticos Galegos, Monte de San Pedro: pura xeometría, Xeometría na cidade con Google Earth... Ademais Tetractis convoca o Certame de Matmonólogos, do que xa leva celebradas catro edicións.

Page 2: Tetractis 53

Tetractis 53 2 Maio, 2011

CATRO ACTIVIDADES DE ESTADÍSTICA E PROBABILIDADE PARA A FEIRA MATEMÁTICA

Page 3: Tetractis 53

Tetractis 53 3 Maio, 2011

Obxectos matemáticos cotiás

Unha actividade que ten por obxectivo: Estimular a observación de propiedades matemáticas nos obxectos da vida cotiá: no fogar, no deseño urbano e industrial, na arquitectura, na arte, na natureza…

Unha serie de carteis pa-ra analizar e comentar as propiedades dos obxectos que aparecen no noso con-torno.

Día π

U nha idea do físico Larry Shaw, xa que como sabedes nos países de fala inglesa, as datas escrébense: ano/mes/día e polo tanto o 14 de marzo será: 3/14 (o número π). Dúas actividades para celebrar o día π: • Are you in π, para ver se a túa data de nacemento está entre as ci-

fras de π, e en que posición se atopa. • π days, que calcula os días en cumpres un número enteiro de veces π.

Page 4: Tetractis 53

Tetractis 53 4 Maio, 2011

XEOMETRÍA DE PAPEL

DODEACEDRO RÓMBICO