patrimonio cutural muradan (i)- elixio vieites

44
1 REVISTA DIXITAL DE ARTE E CULTURA The Muros Times -Revista Dixital Muradana de Arte e Cultura- ESPECIAL DECEMBRO—2015 PATRIMONIO CULTURAL MURADAN (I) POR ELIXIO VIEITES CASTRO PEDRA DA PIA (ESTEIRO) FOTOGRAFIA: XAN MAIO

Upload: manuel-lago

Post on 25-Jul-2016

247 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Especial TMT Decembro-2015 - Elixio Vieites Castro

TRANSCRIPT

Page 1: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

1

REVISTA DIXITAL

DE ARTE E CULTURA

The Muros Times -Revista Dixital Muradana de Arte e Cultura-

ESPECIAL DECEMBRO—2015

PATRIMONIO CULTURAL

MURADAN (I)

POR

ELIXIO VIEITES CASTRO

PEDRA DA PIA (ESTEIRO)

FOTOGRAFIA: XAN MAIO

Page 2: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

2

Director: Jorge Lago Rama - Editor: Manuel Lago Álvarez

Difusión da Cultura—

Depósito legal : C2437-2013

The Muros Times

ESPECIAL DECEMBRO—2015

Carta do Director:

Benqueridos lectoras e lectores:

A Revista Dixital Muradana The Muros Times, pon na rede unha vez mais, unha edición es-

pecial, dedicada nesta ocasión ao Patrimonio Cultural Muradano, e faino da man dun gran

queredor de Muros: Elixio Vieites, un home nado no lugar de Ceilán (Outes) e casado cunha

muradana de Esteiro, e que namorado tamén das terras de Muros, leva anos percorrendo

canto curruncho ten o noso Concello buscando pór en valor o noso patrimonio cultural.

Elixio forma parte activa do proxecto cultural www.patrimoniogalego.net, que é un Sistema de Información Xeográfi-

ca (SIX) construído a partir de WordPress. O obxectivo deste proxecto é elaborar un Catálogo Social do Patrimonio

Cultural galego, estruturado por comarcas e concellos, pero no que tamén se pode recuperar a información por tipo

de ben cultural e por cronoloxía. Dentro deste meritorio proxecto, hai catalogadas 174 fichas de outros tantos ele-

mentos culturais do noso concello. Do amigo Elixio son 54; do muradano, Xokas Figueiras 113, e de Xosé Troiano,

6. O conxunto conforma unha introdución ao noso patrimonio facilitando datos sinxelos acerca del, así como a súa

localización xeográfica.

Dende os seus inicios, os muradanos promotores de TMT fixémonos o firme propósito de pór en valor, o arte, his-

toria, cultura e tradicións do noso Muros, e nese empeño seguimos e seguiremos porque Muros todo o merece. A

este número especial sobre o Patrimonio Cultural Muradano, seguirán outros, na medida en que contemos coa

colaboración de cantos co seu facer queiran con nós pór en valor a Muros e as súas xentes.

Vaia por diante, o noso agradecemento a Elixio Vieites, a Xocas Figueiras e a Xosé Troiano, e a outros moitos mu-

radanos comprometidos que axudan a The Muros Times a divulgar e pór a disposición de propios e alleos o noso

rico patrimonio cultural. Vaia por diante tamén, o noso rendido agradecemento ao Concello de Muros, e singular-

mente a súa Alcaldesa, pola total colaboración que presta a TMT.

Jorge Lago.

Page 3: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

3

Indice: Pedra da Pía Páx. 4

Pedrafita do Outeiro das Capas páx. 5

A Laxa Borrateira páx. 6-7

Petróglifo de Laxe das Rodas páx. 8

Pedra das Cruces do Campo da Ermida páx. 9

As “Patudas” de Santa Mariña páx. 10

Estela galaico-romana de Tal páx. 11

Castro de Santa Catalina páx. 12

Castro de Miraflores páx. 13

Castelo Vello de Serres páx. 14

A Garita de Monte Louro páx. 15

Camiño A Silvosa – A Laxe páx. 16

Calzada do Salto páx. 17

Peirao vello de Cabanas páx. 18

Peirao de Anido páx. 19

Os Pasais da Salina páx. 20

Conxunto de Solleiros páx. 21

Faro de Rebordiño páx. 22

Edificio do Cine París páx. 23

A Casa da Sociedade páx. 24

O Pedregal de Esteiro páx. 25

Monte Louro e Lagoa de Xarfas páx. 26-27

Humidal e enseada do río Rateira en Bornalle páx. 28

Santuario da Virxe do Camiño páx. 29

Pedra do Cadro páx. 30-31

Santa Mariña de Esteiro páx. 32

Capela da Madalena páx. 33

Cruceiro da Capela de Santa Cruz páx. 34

Campo de hórreos de Bornalle páx. 35

Hórreo na Rateira páx. 36

Fonte da Pontella do Maio páx. 37

Fonte de Uía páx. 38

Fonte de Solleiros páx. 39

Fonte da Virxe do Camiño páx. 40

Muíño de vento de Santa Catalina páx. 41

Cruceiro na Ribeira do Maio páx. 42

Fonte da Mexadoira páx. 43

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions

verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.

The Muros Times

Page 4: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

4

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo,

dolmen, pedrafita...),

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: O pedregal de Esteiro

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Pedra con pías e petróglifos. Está

situada á beira dun camiño antigo de subida ao cu-

me do monte, a 650 m. doutra pedra que está no

alto do pedregal e que se chama a Pedra do Cadro.

Pode ser unha pedra de límite, ou marco de couto,

pero a observación detida parece apuntar a que foi

utilizada en épocas distintas para moitos usos, in-

clusos relixiosos. Evidentemente as cruces apuntan

a unha cristianización dalgún culto anterior. Está

rodeada de inmensos batolitos do Pedregal de Es-

teiro, que forman coa erosión figuras moi recha-

mantes e numerosas covas. No traballo que se ex-

pón no Anuario Brigantino podemos ler que nos

poderiamos atopar ante un caso singular da litolo-

tría galega, un altar prehistórico sen alterar nos

seus elementos esenciais, nun lugar de paso cara

unha montaña de connotacións míticas

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Forestal

Código no Catálogo da Xunta: Pedra das Pías

Categoría do Ben: Non está inventariado

Referencias bibliográficas: http://

www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/05/30/e-

outra-santa-marina-mais-a-pedra-da-pia-de-esteiro/

http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/10/o-

pedregal-de-esteiro/ -

http://anuariobrigantino.betanzos.net/

AB2011PDF/2011%20041_056%20pedra%20da%

20pia_LESTON_TORRADO.pdf

Afeccións: Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Está ao lado dunha pista forestal, pero non pasan

moitos vehículos por ser un sitio de gran pendente

e escarpado.

Onde está localizado

Latitude: 42.8032137674

Lonxitude: -8.99308741093

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Pedra da Pía

Page 5: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

5

Pedrafita do Outeiro das Capas

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo,

dolmen, pedrafita...),

Concello: Muros / Muros (comarca)

Parroquia: Torea (San Xián)

Lugar: Riomao (Outeiro das Capas)

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: A pedrafita mide uns 2,5 metros de

altura e o diámetro da súa sección redondeada vai-

se reducindo coa altura. Ten dúas grandes pedras

de forma case esférica na súa base que parecen

ser elementos relacionados coa rocha principal. Nos

traballos arqueolóxicos de prospección levados a

cabo para a construción do parque eólico Pedregal-

Tremuzo, xuño do 2004, non indican a existencia

deste elemento, pois non está incluído no catálogo

de achados. A localización está moi cerca da con-

fluencia dos concellos de Muros, Outes e Mazaricos

polo que puido servir ao longo do tempo de fito de

demarcación dos seus terreos.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas: http://

catalogaciondepedrafitasdegali-

cia.blogspot.com.es/2014/03/mapa-das-pedrafitas-

de-galicia.html

Resultados da prospección arqueolóxica do parque

Pedregal- Tremuzo

(non se contempla a pedrafita)

http://digital.csic.es/bitstream/10261/5493/1/

CAPA20.pdf - pax 23 e 117

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Está a carón dun viravento e dentro do terreo do

parque eólico Pedregal-Tremuzo

Onde está localizada:

Latitude: 42.8456864547

Lonxitude: -9.00522172451

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Page 6: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

6

A Laxa Borrateira Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe

natural,

Concello: Muros

Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)

Lugar: Pedregal de Esteiro

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: A Laxa Borrateira atópase no pedre-

gal de Esteiro e está orientada ao poñente, dominan-

do a desembocadura do río Rateira en Bornalle, na

Abelleira. Trátase dunha gran laxe plana que forma

pías e conforma figuras froito da acusada erosión.

Pódense observar ao seu carón restos de muros que

xunto con outra laxe, parece que conforman un lugar

de forma rectangular. A poucos metros estaría a de-

nominada Casa ou Porta dos Xudíos, outro grupo de

pedras que teñen un pequeno paso por debaixo de-

las a modo de pequena cova e orientada tamén a

poñente.

A pedra ten moitas lendas entre as xentes dos luga-

res da Pendente e Trasdacosta da parroquia de San-

ta Mariña de Esteiro e son varias as versións que

describen a caída do cabalo de Santo Estevo e o

salto que deu ata o lugar onde hoxe se atopa a

igrexa parroquial da Abelleira, baixo a súa advoca-

ción. Outras afirman que o cabalo esvarou e como

consecuencia do accidente partes do corpo do santo

e a súa capa quedaron esparexidos polo penedo. A

xente chegou a identificar o lugar onde están os

xeonllos, os pés e as nádegas do santo mártir, e ata

o báculo que levaba con el. Outra característica da

pedra é que sobre ela nacen liques que dan á pedra

un ton avermellado que se identifica no folclore coa

sangue das feridas que se fixo o santo Estevo.

Outra variante describe a caída como consecuencia

de ser atacado o seu cabalo dende a “Casa dos Xu-

díos”, pedra anteriormente citada. Mª Aurora Lestón

e Milagros Torrado no seu traballo no Anuario Bri-

gantino sobre a “Pedra da Pía”, próxima a esta, su-

xiren que estaría relacionada coa Laxa Borrateira,

unha estaría orientada ao nacente e outra o poñente

e que podía considerarse a existencia dalgún tipo de

culto solar nestes lugares. O San Estevo de Abelleira

celébrase un 26 de decembro, data moi próxima ao

solsticio de inverno.

Ámbalas dúas pedras atópanse ao carón dun cami-

ño, que foi de uso habitual para chegar a este mon-

te, e estarían case equidistantes á Pedra do Cadro,

outra gran mole de granito de referencias míticas na

zona e de onde hai unha vista impresionante sobre a

ría de Muros-Noia ao dominar esta o cume deste

pedregal.

Outra referencia que apuntan as autoras do traballo

e que se evidencia unha cristianización dun rito que

se levaba a cabo na Laxa Borrateira e consistiría en

varear e golpear a pedra para obter un beneficio,

supoñen que sería un cambio na meteoroloxía, como

acontecía por exemplo no monte de Santa Mariña do

Barro, parroquia do concello da Baña onde se ían

“viralos ventos” e “repartir as choivas” ou en Fisterra,

cerca da capela de San Guillerme, a onde se acudía

en procesión a unha ara que está na contorna da

capela.

Froito da cristianización pode ser unha copla que se

Page 7: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

7

recolleu en Trasdacosta e que di:

“..non lle deades máis paus

a esa Laxa Borrateira,

que é o santiño Estevo da Abilleira”.

Máis ao oeste e ao lado da canle do Rateira, nunha

profunda valgada, estaría outra pedra con cruces

talladas “A Pedra das Cruces”, entre as tres pedras

formarían unha aliñación noroeste-sueste, nunha

distancia de apenas 3 km.

Na segunda foto está o que creo que é a Casa ou

Porta dos Xudíos, polas descricións atopadas sobre

a morfoloxía da pedra.

Nota: Na primeira páxina do traballo sobre a Pedra

da Pía, afírmase que segundo os mapas do Ministe-

rio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente a

distancias entre a Pedra da Pía e a Pedra do Cadro,

en liña recta, é de 2.284 metros. A distancia real en

liña recta e só de 635 metros, pódoo afirmar despois

de efectuar diferentes medidas no visor do mapa

Sixpac e mapas a escala da zona.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Referencias bibliográficas:

Lestón Mayo, Mª Aurora. Torrado Cespón , Mila-

gros . El altar rupestre de «A Pedra da Pía» (Esteiro,

Muros, Galicia). Anuario Brigantino. Nº 34. Ano 2011

Web

http://anuariobrigantino.betanzos.net/

AB2011PDF/2011%20041_056%20pedra%20da%

20pia_LESTON_TORRADO.pdf

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.80731083

Lonxitude: -9.0008148551

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Page 8: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

8

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro

Cronoloxía: Idade do Bronce,

Descrición: Os petróglifos están gravados nun

afloramento granítico ao remate dunha pequena

chaira, tendo boa visibilidade sobre a súa contorna.

O motivo principal son dúas espirais que xiran en

sentido contrario a unha da outra. Están rodeadas de

65 coviñas e teñen unhas medidas de 75 cm. na

maior e 67 na menor. Ten ao seu carón, pero de

moito menor tamaño, o gravado que foi interpretado

coma unha figura humana que intenta enlazar a un

cabalo.

Conta ademais con 7 circuliformes de distinto tama-

ño, o máis grande ten unha gran cova central en pro-

porción ao seu tamaño. Entre dúas destas figuras

circulares está a figura dun animal cunha lúa crecen-

te e o Sol ocúltándose. Na intervención levada a ca-

bo ano 2007, e fotografiando con luz artificial, atopá-

ronse tres cérvidos máis, gravados de maneira moi

esquemática e semellantes as outras dúas figuras

representadas.

Varios expertos relaciónan todo o conxunto cun lugar

de culto ao sol, outros autores interprétano como un

calendario ou unha mesa de ofrendas para conse-

guir boas colleitas ou vincúlano coa morte ou a fe-

cundidade. Tamén se teoríza coa posibilidade de

que sexa unha sinalización de lugares de pasto e de

paso de animais.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta: GA15053019

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Barciela Garrido, Pilar; Rey Seara, Eusebio (2000),

Xacementos arqueolóxicos de Galicia,

Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-484-

5. Criado Boado, Felipe. Fábregas Valcarce, Ra-

món. Los petroglifos como forma de apropiación del

espacio: Algunos ejemplos gallegos.

http://digital.csic.es/

bitstream/10261/74852/1/1994_TP_BradleyCriadoFa

bregas_Los%20petroglifos.pdf

Rey Castiñeiras,Josefa. Eiroa García Jorge J. Arte

de la edad del bronce: Los grabados rupestres de

Cova da Bruxa e Laxe das Rodas (Muros, A Coruña)

Actuación arqueológica y revisión interpretativa

Acceso ao traballo na dirección

web http://revistas.um.es/apa/article/view/178181

Gónzalez Gónzales Miguel Angel

El calendario lunisolar prehistórico de Laxe das Ro-

das http://goo.gl/4OzYAH

Ficha no catálogo do PXOM de Muros. 2010

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA004.PDF—pax. 3 do pdf

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7687774905

Lonxitude: -9.0781724453

Petróglifo de Laxe das Rodas

Page 9: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

9

Pedra das Cruces do Campo da Ermida

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo,

dolmen, pedrafita...),

Concello: Muros

Parroquia: Abelleira (San Estevo)

Lugar: Campo da Ermida . A Rateira

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Época Baixomedieval,

Descrición:

Segundo a información da ficha do catálogo do

pxom do concello de Muros do ano 2010, a Pedra

das Cruces é un batolito de 1,5 m. de ancho por

1,80 m. de altura que posiblemente foi desprazado

do seu emprazamento orixinal. Na súa cara sur ten

gravados alomenos 14 cruces (as que hai que enga-

dir tres posibles cruces de factura actual). A maior

parte son cruces latinas dun tamaño de 15 por 19

cm. e o suco ten unha anchura de 2 a 3 cm. Algun-

has semellan ter sido remarcada en tempos recen-

tes. Esta a carón da canle do río de San Lourenzo,

afluente do Rateira. Río arriba estaría a Ermida de

San Lourenzo, hoxe en día desaparecida.

A Pedra das Cruces ten certo parecido coa Pedra

da Pía, no Monte do Pedregal de Esteiro ao que se

refire o traballo de Mª Aurora Lestón Mayo e Mila-

gros Torrado Cespón, atopándose a 2,6 km ao No-

roeste, ao outro lado do pedregal abrupto de batoli-

tos que separan as parroquias de Santa Mariña de

Esteiro e San Estevo da Abelleira.

O folclore tamén recolle a existencia da Laxa Borra-

teira . Esta rocha é unha das referencias mitolóxicas

máis coñecida polos habitantes das poboacións da

Pendente, Trasdacosta, Tal e Abelleira, e practica-

mente todos os veciños coñecen algunha das diver-

sas versións da lenda que sitúa nestas paraxes a

San Estevo.

Propiedade: Pública

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta: GA15053045

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA007.PDF pax.

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Unha pista chegou a carón dela e parou mesmo a

uns metros enfronte. Ao seu redor hai restos de lixo

e está inzada de maleza na súa contorna.

Onde está localizada:

Latitude: 42.8239462088

Lonxitude: -9.0128955245

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Page 10: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

10

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe

natural,

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Ribeira do Maio. Praia de Parameán

Outra denominación do ben: Esteiro (Santa Ma-

riña)

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

Conta a lenda que Santa Mariña de Esteiro xurdiu

do mar e deixou as súas pegadas nunha rocha que

sobresae do mar en marea baixa, moi cerca da

praia de Parameán en Esteiro. A rocha na que es-

tán é unha veta de granito nun afloramento de es-

quisto metamórfico. Segundo os autores do pe-

queno libro sobre esta freguesía, Xosé Agrelo Her-

mo e F. Abeijón, pódese ver nesta lenda o mito clá-

sico de Venus, trasladado a este lugar. E moi coñe-

cida esta lenda entre a xente de Esteiro, sobre todo

na de idade máis vella. O mito conta que Venus,

segundo a mitoloxía latina (Afrodita segundo a gre-

ga), naceu da escuma do mar cerca de Chipre. Era

filla de Zeus e Dione. A haxiografía cristiá oficial

dinos que Mariña, filla dun sacerdote pagán, naceu

en Xinzo de Limia (Ourense), nos primeiros anos do

cristianismo, e de moi nena converteuse á fe cristiá.

Cando tiña quince anos quixo casar con ela o pre-

fecto romano Ovidio. Ao rexeitar a voda, denunciá-

rona por ser cristiá e torturárona, botárona a unha

fogueira e finalmente cortáronlle a cabeza. A súa

cabeza deu tres botes e xurdiron tres fontes

(tradición sacada de Santa Mariña de Allariz). Os

peregrinos que chegaban a Santiago, voltaban es-

tendendo a súa devoción polo camiño e a súa fama

chegou a moitos lugares, de tal maneira que en Ga-

licia hai cerca de 100 parroquias dedicadas a esta

Santa.

Propiedade: Pública

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Agrelo Hermo, Xosé. Abeijón Núñez Francisco . A

Freguesía de Santa Mariña de Esteiro. Cuadernos

Cruceiro do Rego nº 11. Ed. Toxosoutos ISBN 84-

96259-31-5, ano 2004.

Páxina do pxom do concello de Muros que recolle o

elemento de Interés Natural e Paisaxístico da

“Frecha areosa de Artón-Parameán” onde se atopa

a rocha.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA001.pdf

(páxina 31 de 31)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7913067383

Lonxitude: -8.97490739822

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

As “Patudas” de Santa Mariña

Page 11: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

11

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,

Concello: Muros

Parroquia: Tal (Santiago)

Lugar: Tal

Cronoloxía: Época Romana,

Descrición: Segundo a información do grupo

Murosarqueolóxico esta estela galaico-romana

(século II-III) apareceu no ano 2011 nun control ar-

queolóxico no entorno da casa reitoral de Tal, aínda

que os veciños xa sabían da súa existencia. Foi de-

positada no Museo das Peregrinacións en Santiago.

No mapa de situación sinalárase o lugar onde apa-

receu. A foto é de César Cándamo.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Dato descoñecido

Referencias bibliográficas:

Murosarqueolóxico Enlace onde podemos ver a es-

tela en 3D.

https://sketchfab.com/models/

b98413b8886a42cab4bfd05a807e3223

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Regular

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7866692655

Lonxitude: -9.00075316429

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Estela galaico-romana de Tal

Page 12: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

12

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Ida-

de do Ferro,

Concello: Muros - Parroquia: Tal (Santiago)

Lugar: Tal - Outra denominación do ben: O Cotri-

ño, Testas do Castro

Cronoloxía: Idade do Ferro,

Descrición: Emprázase aproveitando unha pe-

nínsula de acantilados cara o mar, que o rodea en

boa parte. As condicións naturais fan que a súa de-

fensa sexa boa, ademais dun doado control do terri-

torio da enseada da Ría Muros e Noia. A altura do

parapeto exterior está entre os 2 e 3 m. pola parte

que dá ás terras limítrofes é de 1 a 3 m. pola caída

ata a plataforma interior onde se ve como as defen-

sas, tanto a interior como a exterior, van perdendo

magnitude e vanse esmorecendo a medida que se

aproximan á liña de costa. Medidas N.S.: 110 m.,

L.W.: 125 m.. Non é visible o sistema de acceso a

croa do recinto pero debeu ser pola pista por onde

hoxe se accede a unha casa contruída dentro do

asentamento.

No interior da illa, moi cuberta de vexetación, non

se atoparon estruturas do castro, aínda que a illa

parece bordeaba, en algúns tramos por un parapeto

de terra. Diversas fontes apuntan a existencia nou-

tro tempos dunha capela, e algunha información

dos veciños din que a imaxe de Santa Catalina está

agora na parroquial de Tal. Non se fixeron escava-

cións arqueolóxicas.

Propiedade: Privada

Uso actual: AgrícolaResidencial

Código no Catálogo da Xunta: GA15053002

Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de

Bens Patrimoniais da Xunta

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA002.PDF

A Cultura Castrexa nos concellos de Outes, Muros

e Carnota; Xerardo Agrafoxo Pérez, Caderno: Cru-

ceiro do Rego, Noia 1991. ED.Sementeira S.A.

ISBN.:84-404-8580-8

Rey Castiñeiras Pepa, Estudio y Catalogación de

los castros de la provincia de la Coruña. Gallaecia 7

e 8. 1985, Mapa de pendentes

http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/

PENDENTES/Pendentes_0119A-0503.pdf

Voo Americano do 56

http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/

ORTO56/Orto56_0119A-0503.pdf

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Moi malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase en moi mal estado de conservación polas

continuas labores levadas a cabo nos terreos do

xacemento. “Unha recente casa e varios camiños

de monte que fenden os parapetos, así coma a par-

celación do castro en pequenas fincas, acabaron

por esmorecer parte das defensas”, así poñía no

seu libro X. Agrafoxo no 1991, hoxe (xullo do 2011)

hai que engadirlle un poste de cemento do alumea-

do público no medio do parapeto, na pista de entra-

da da casa que hai dentro.

Onde está localizado

Latitude: 42.7845905571

Lonxitude: -9.01433587074

Castro de Santa Catalina

Page 13: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

13

Castro de Miraflores

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Ida-

de do Ferro, Concello: Muros—Parroquia: Muros

( San Pedro) Lugar: Miraflores - Cronoloxía: Idade

do Ferro, Descrición: O emprazamento do castro

correspóndese aos asentamentos situados no me-

dio dunha pendente pois aproveita as últimas caídas

que fan os montes que delimitan os concellos de

Muros e Carnota. As ladeiras que miran ao mar, po-

la banda leste e norte son moi escarpadas e acusa-

das, mentres que polo sur e leste continúan en sua-

ve aumento cara o monte que se estende ata as

últimas casas de Miraflores. O seu emprazamento é

estratéxico ao estar cerca do mar e ao mesmo tem-

po a considerable altitude sobre el, permitíndolle un

bo control sobre do espazo e unha doada defensa.

Segundo Agrafoxo , conserva un só recinto, de im-

precisa delimitación, e a existencia de defensas arti-

ficiais soamente se pode verificar na banda da acró-

pole castrexa que dá ao sur e oeste. Nesta parte

obsérvanse numerosos penedos que reforzan o

asentamento e elévano con respecto as terras de

labor cun desnivel máximo duns 3 m. Pola banda

sur e do leste o estudo do sistema defensivo é máis

complicado. Non é doado o achegamento ao castro

e menos precisar as antigas entradas ao atoparse

completamente cuberto de maleza e pinos. Parte do

recinto debeu ser destruído ao estar nunha zona de

comunicación entre as terras baixas da costa e as

próximas que se atopan a máis altura. Tamén se

construíron casas cerca do castro e está a escaso

metros da banda norte do campo de futbol.

Propiedade: Privada Uso actual: Forestal

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Dato descoñecido

Referencias bibliográficas: Agrafoxo Pérez, Xe-

rardo. A cultura Castrexa nos concellos de Outes,

Muros e Canota. Cadernos Cruceiro do Rego nº5.

Publicacións Sementeira . Noia 1991. ISBN 84-404-

8580-8, Rey Castiñeira, P. Estudio y catalogación

de los castros de la provincia de la Coruña. Gallae-

cia 7 e 8 1985

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7799683303

Lonxitude: -9.06295895576

Page 14: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

14

Tipo de ben: Castelo,

Concello: Muros

Parroquia: Serres (San Xoán)

Lugar: O Castelo

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Época Altomedieval,

Descrición:

Segundo o PXOM de Muros, non foron detectados

materiais nin estruturas no perfil do terreo que xusti-

fique a existencia do elemento. Tamén a abundante

vexetación fai case imposible determinar o seu esta-

do e facer un estudo máis profundo. Xustifica un

área de cautela pola configuración topográfica na

teórica área de localización. O topónimo Castelo e a

existencia dunha ruta empedrada de grandes laxes

que sobe pola montaña e comunicaba con Carnota,

poden ser unhas boas bases que xustificarían a súa

existencia.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA008.pdf

(pax. 5)

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8108763524

Lonxitude: -9.05829191208

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Castelo Vello de Serres

Page 15: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

15

Tipo de ben: Castelo,

Concello: Muros / Muros (comarca)

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Restos da Garita de Monte Louro.

Posiblemente esté relacionada co Forte de Monte

Louro construído no ano 1520 por orden do arcebis-

po D. Alonso III de Fonseca para defender a ensea-

da de Louro dos ataques de piratas e invasores, e

que estaba considerado como o punto defensivo

máis importante de Muros.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

http://pindomarino.org/arquivos/

Informe_Memoria_Inventario_Pat_Cult_191208.pdf

(Pax. 24)

http://www.manuelgago.org/blog/

index.php/2012/04/20/os-secretos-de-monte-louro/

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Se se mantén o camiño aberto pódese chegar des-

pois de unha longa subida ao pico máis alto de Mon-

te Louro, onde está ubicada. Está todo entorno cheo

de maleza moi bravía.

Onde está localizado

Latitude: 42.7426314025

Lonxitude: -9.08217430115

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

A Garita de Monte Louro

Page 16: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

16

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,

Concello: Muros

Parroquia: Santa Mariña de Esteiro

Lugar: A Silvosa- A Laxe

Outra denominación do ben: A calzada da Silvo-

sa

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Camiño tradicional empedrado que

sobe dende a aldea da Silvosa e se ramifica en

dous. Un itinerario iría a aldea de A Laxe, perto do

Castelo de Esteiro, e outro subiría a penichán ata

chegar a Terelle e comunicaría coas aldeas da

“montaña”. Uníría os puntos máis cercanos entre a

costa e porto de Esteiro, e os concellos de Mazari-

cos e Dumbría. Polo que era usado para o inter-

cambio de mercancías, sobre todo peixe e fruta por

cereais (trigo, centeo e millo) entre o mar e a mon-

taña.

Propiedade: Pública

Uso actual: Infraestrutura

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Regular

Atópase en perigo nestes momentos?:

Por falta de un uso práctico, o camiño (a calzada)

está a perder a cuberta empedrada e non está a

ser reparada. A masiva presencia de motos e

quads acelera a súa degradación, pois as rodas

levantan as pedras e a auga das avenidas e a gran

pendente fan o resto. Sería necesario restrinxir o

paso destes vehículos e poñer en valor o seu traza-

do.

Onde está localizado

Latitude: 42.8367025413

Lonxitude: -8.98664474487

Camiño A Silvosa – A Laxe

Page 17: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

17

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,

Concello: Muros

Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)

Lugar: O Salto

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida, Época Baixomedieval,

Descrición:

Segundo o PXOM de Muros, este anaco de calzada

parece corresponder cun camiño medieval que per-

corría a media ladeira unha ruta cara a Muros e que

é citado por E. Ferreira Priegue no seu libro

“Camiños Medievais de Galicia”. Na actualidade

sería o tramo do Salto o único que se conserva. Os

veciños coñecían o lugar como A Calzada. Empe-

drado con grandes laxes ao xeito tradicional ten un-

ha anchura de 3 m.

Propiedade: Pública

Uso actual: Infraestrutura

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA009.pdf - (pax.8 )

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.7937158825

Lonxitude: -9.03474211693

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

A Calzada do Salto

Page 18: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

18

Tipo de ben: Porto, - Concello: Muros

Parroquia: Tal (Santiago) - Lugar: Cabanas

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Antiguo peirao de grandes perpia-

ños na parroquia de Tal, ao lado de outro máis mo-

derno. O último, no que atracan pequenas embarca-

cións, é o que sae na foto da páxina do catálogo de

Bens do PXOM do concello de Muros do ano 2010,

pero este parece moito máis anterior. Utilizado nou-

tro tempo para o desembarco de lanchas que traían

peixe, e sobre todo sardiñas, para as fábricas de sal-

gadura que tiñan ao seu carón e das cales aínda se

conservan as ruínas. Forma un conxunto etnográfico

protexido do concello de Muros.

Propiedade: Pública - Uso actual: Outros

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

Muros. Ronsel de Pedra. Espiral de mar. Deputación

da Coruña, Francisco X.Fernández Naval. Maribel

Longueira,ISBN 84-95950-42-1

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA015.PDF pax 22 do pdf

Afeccións: Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Está caendo de vello. Os embates do mar aínda non

poden cos grandes perpiaños, pero algún anaco está

cedendo e ten pequenos derrubes. Ao estar ao lado

de outro máis novo non se visualiza a necesidade de

arranxalo

Onde está localizado

Latitude: 42.7801651954

Lonxitude: -9.00122523308

Peirao vello de Cabanas

Page 19: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

19

Tipo de ben: Porto, - Concello: Muros

Parroquia: Serres (San Xoán)

Lugar: Anido - Cronoloxía: Século XIX,

Descrición: Antigo peirao utilizado para o des-

embarco e amarre das embarcación que noutro

tempo traían o peixe, sobre todo sardiñas, para a

industria conserveira e de salgadura dos fomenta-

dores cataláns. Nesta zona da ría, nas infraestrutu-

ras dun tempo en que o apoxeo deste tipo de indus-

trias estaba en alza, aínda se poden ver as embar-

cacións tradicionais facendo o seu mantemento e

usándoas como varadoiros . Como outros espalla-

dos pola ría, estes peiraos estaban feitos a base de

perpiaños de granito, que a modo de dique, interná-

banse no mar para buscar o calado necesario para

as embarcacións e poder realizar as tarefas nece-

sarias para a industria conserveira. No libro “Muros.

Ronsel de pedra, Espiral de mar” de Francisco F.

Fernández Naval e Maribel Longuiera , falando des-

te lugar de Anido podemos ler : “Aquí decidiu asen-

tar o seu almacén de salgado Venancio Romaní,

exemplo de mala administración e de ruína e, qui-

zais por amortecer a aceda lembranza da derrota,

nun agarimo da historia, o lugar onde varaban as

xeiteiras aínda é coñecido como enseada ou peirao

de Venancio”.

Propiedade: Pública—Uso actual: Equipamento

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Dato descoñecido

Referencias bibliográficas:

X.Fernández Naval, Francisco. Longueira, Maribel.

Muros:Ronsel de Pedra,Espiral de Mar

ED. Deputación Provincial da Coruña, ISBN 84-

95950-42-1. A Coruña 2003

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Onde está localizado: Latitude: 42.7856850372

Lonxitude: -9.05892491341

Peirao de Anido

Page 20: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

20

Tipo de ben: Ponte,

Concello: Muros / Muros (comarca)

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Reboredo

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XIX,

Descrición:

Os Pasais da Salina son os restos do que antes fora

unha ponte que formaba parte do percorrido do Ca-

miño Real que atravesaba o río Maior na parroquia

de Esteiro polo lugar de Reboredo, entre O Maio e

Solleiros. Durante séculos, o denominado “Camiño

Real” era a única comunicación terrestre da zona.

Entraba en Esteiro dende Mosteiro, na parroquia do

Freixo de Sabardes, no veciño concello de Outes, e

despois discorría por Uhía, A Devesa, O Maio, A

Salina e Solleiros. Saía de Esteiro polo Trobiscón,

collendo cara a Abelleira. O camiño neste punto só

estaba operativo cando a marea baixa o permitía. En

determinados momentos este camiño tiña servizo de

dilixencia, a máis famosa foi a de Belarmino de So-

lleiros, onde había unha “casa de postas”. As casas

de postas dispoñíanse nas principais poboacións ao

longo das liñas de correos e nas vías principais para

prover o fornezo de cabalos necesario para realizar

as viaxes. Moitas servían tamén de parada de dili-

xencias para viaxeiros.

Ao contrario do que se podería pensar, a Ponte da

Salina fíxose case ao mesmo que a ponte nova da

estrada que vai de Noia a Muros. A súa contratación

tivo lugar polo concello de Muros no ano 1895 e re-

matouse en 1896, tendo así o Camiño Real un punto

onde cruzar o río. No ano 1906 xa estaba operativa

a nova estrada cunha nova ponte uns centos de me-

tros máis abaixo. A consecuencia inmediata desta

construción foi o abandono e espolio de todo o que

se podía aproveitar da vella. Na actualidade só que-

dan unhas poucas pedras que formaban parte das

cepas e que non resultaba doada transportar polo

seu peso excesivo. O entorno foi acondicionado no

2011 e tamén se empedrou un tramo do que fora a

antiga vía de comunicación . Na foto secundaria da

ficha podemos ver a foto do cartel do proxecto coa

antiga ponte, antes de ser desmantelada.

Propiedade: Pública

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Dato descoñecido

Referencias bibliográficas:

Llovo Taboada, Santiago. Memoria salgada dun po-

bo. Deputación da Coruña. Ano 2013.

ISBN 978-84-9812-211-4

Agrelo Hermo, Xosé Abeijón Núñez. F. A Freguesía

de Santa Mariña de Esteiro. Cadernos Cruceiro do

Rego. Ed Toxosoutos ISBN 84-96259-31-5, ano

2004.

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7978489996

Lonxitude: -8.98195624352

Os Pasais da Salina

Page 21: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

21

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos

históricos, barrios, aldeas),

Concello: Muros—Parroquia: Esteiro (Sta Mari-

ña)

Lugar: Esteiro—Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Conxunto de vivendas tradicionais

que o PXOM de Muros do ano 2010 define como :

“Conxunto de edificacións en cantería con planta

rectangular con balcóns á fachada”. Este conxunto

salvouse da degradación da súa arquitectura tradi-

cional e a día de hoxe as casas están a ser rehabi-

litadas dunha maneira máis acorde as súas carac-

teríticas estruturais. O non estar situado preto da

costa e da vía de comunicación máis importante, a

estrada C-550 que substituíu ao Camiño Real que

comunicaba con Muros e Noia, puido ser a causa

da súa conservación. Por aquí pasaba este antigo

camiño e neste lugar había una “casa de posta”,

que eran os establecementos onde se facía o cam-

bio de cabalerías das carruaxes, coma a “dilixencia

de Belarmino” de principio do XX, que podemos ver

na foto secundaria da ficha. Algunhas destas casas

de posta tiñan pousada para os viaxeiros. As casas

están a ambos lados do camiño a teñen tellado a

dúas aguas e ventanas enrasada, algunhas delas

amosa fermosos balcóns de forxa e bo traballo de

mampostería e sillería de granito nos seus muros.

Propiedade: Privada—Uso actual: Residencial

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

Agrelo Hermo, Xosé. Abeijón Núñez, Francisco. A

freguesía de Santa Mariña de Esteiro, Cuadernos:

Cruceiro do Rego. Ed. Toxosoutos. 2004. ISBN: 84-

96259-31-5

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA012.pdf

(páxina 15 de 26)

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza:

Non

Está afectado por algunha

obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes

momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7942197439

Lonxitude: -8.98833990097

Conxunto de Solleiros

Page 22: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

22

Tipo de ben: Faro,

Concello: Muros

Parroquia: Muros (San Pedro)

Lugar: Punta Rebordiño

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XX,

Descrición: O Faro do Rebordiño situado na

punta do mesmo nome está a un quilómetro de

Muros, ao lado da estrada que vai cara a Carnota.

A súa construción non figurou nos proxectos do

primeiro Plan de Alumeado de Costas de España

e data dos primeiros de século. No 1902 aprobou-

se instalar unha luz fixa de cor vermella no cabo

Rebordillo para mellorar o balizamento da ría. O

edificio ten dúas plantas e forma de “U”, co eixo

paralelo á estrada. A torre de ferro de fundición

de 7 metros de altura, que remata nun balcón que

comunica co edificio e o torreón cilíndrico que al-

berga a linterna octogonal de cristais planos e

montantes. Foi inaugurado en 1909 e a día de

hoxe ten destellos vermellos cada sete segundos

con alcance nominal de 7 millas.

Propiedade: Pública

Uso actual: Equipamento

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo

da Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

http://guias.masmar.net/Faros/Galicia/D-

1786-Faro-de-Cabo-Rebordi%C3%B1o

http://

www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA013.pdf

(páxina 10 de 18)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7701242785

Lonxitude: -9.04834628105

Empregamos o sistema de coordenadas

WGS84

Faro de Rebordiño

Page 23: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

23

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de em-

presas, centros sociais...),

Concello: Muros

Parroquia: Muros (San Pedro)

Lugar: Muros

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XX,

Descrición: O edificio do cine París está cons-

truído ao estilo ecléctico e presenta na fachada ca-

tro grandes arcos rebaixados que conforman un

soportal que se adianta cara a rúa na que está si-

tuado. Sosteñen os arcos cinco columnas con ador-

nos en releves almofadados que se repiten nos ar-

cos. Debaixo das arcadas están as amplas portas

na parte central, para a entrada de público, unha

máis pequena no lado esquerdo, e unha ventá e a

billeteira no dereito. A segunda planta amosa unha

ringleira de ventás por todo a fronte da fachada, e

pola parte de arriba o muro remate en cornixa saín-

te no corpo central e resaltes redondeados e con

motivos de adornos modernistas, feitos a base de

morteiro, nos laterais.

Está abandonado e a espera de ser rehabilitado

como espazo cultural e que contaría con escenario

para representacións.

Propiedade: Pública

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

Ficha do Plan de Protección do Casco Histórico de

Muros do 2010

http://w.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/23632ca116.pdf - (páx.1)

http://www.quepasanacosta.com/?p=5228

Un dos proxectos ofertados para a rehabilitación

http://mm-arquitectura.com/?p=88

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado: Latitude: 42.7775901507

Lonxitude: -9.05977785587

Edificio do Cine París

Page 24: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

24

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, ar-

quivos, centros educativos...),

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña) - Lugar: Creo

Outra denominación do ben: Local Social Estei-

ro

Cronoloxía: Século XX,

Descrición: A casa da sociedade empezouse a

construír no verán de 1919 para ser o local da Pro-

tección Social Esteirana. O edificio, construído de

cachotería e cadeirado de granito, ten tellado a

dúas augas e fachada principal mirando ao leste

con tres portas. Na segunda planta ten un balcón

que ocupa todo a fronte da fachada ao que dan ou-

tras tres portas. Nas seguintes reformas acométen-

se reedificacións da casa ampliándoa polo sur en 8

metros de longo e 7 de ancho, con cinco luces na

planta baixa e seis na alta, seguindo as característi-

cas da xa edificada.

Foi comprada polo concello en época recente de

mans privadas, logo de ser usurpada durante a

guerra, e rehabilitada, funciona como Local Social

de Esteiro. A Sociedade “La protección Esteirana”

nace en 1915 para agrupar a agricultores e traballa-

dores e loitar por fins comúns e cooperativos. Du-

rante a Segunda República, pronunciaron discursos

nesta casa, xentes da categoría de Castelao, Suá-

rez Picallo, Álvaro de las Casas e Formoso Piñeiro.

En 1936 a casa da sociedade foi saqueada e oficial-

mente clausurada e o fascismo usouna como local

de represión: malleiras, cortes de pelo, e tomas de

aceite de ricino. Foi embargada en 1938 por falta de

pago á contribución industrial.

Propiedade: Pública

Uso actual: Equipamento

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

Agrelo Hermo, Xosé. Abeijón Núñez Francisco. “A

Freguesía de Santa Mariña de Esteiro”.Cuadernos

Cruceiro do Rego nº 11. ED. Toxosoutos 2004.ISBN

84-96259-31-5

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA012.pdf - (páxinas 21 de 26)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

A Casa da Sociedade

Page 25: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

25

Tipo de ben: Paisaxe natural,

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Esteiro

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Afloramento de granito de máis de

700 hectáreas que se alza próximo á costa e que

amosa a súa cara máis rexa dende a enseada de

Esteiro e polo val da aldea de Silvosa. De natureza

parecida ao macizo do Pindo, formaríase na fase

posterior da oroxénese herciniana da era primaria,

(hai 350 millóns de anos). Está formado por granito

de granodioritas vermellas de grandes cristais e

facilmente erosionable. Cheo de espazos, a modo

de pequenas covas entre os batolitos e de lugares

enigmáticos como a Pedra da Pía, inmensa rocha

cunha gran pía a xeito de trono, petróglifos, marcas

de termo e cruces de cristianización. Outros de

grande tradición como A pedra do Cadro, cunha

cavidade entre penedos preto dela, que ten na súa

entrada unha pedra cunha cruz gravada e tres covi-

ñas. A Pedra do Cadro representa, cos seus de 331

m. de altitude sobre o mar, unha inmellorable ata-

laia sobre a ría de Noia-Muros. O Bico do Castelo

Grande, fortaleza ou castelo medieval de vixilancia,

que se pode acceder pola calzada de A Laxe, ou

por Arestiño. Sinalar tamén o Pedregal do Pando e

A Pedra das Cruces, xunto o Campo da Ermida (da

que só quedan os restos) na zona da Abelleira,

máis concretamente no val do río Rateira; A Braña,

A Fonte de Pedro e A pedra dos Cabalos, chamada

así pois servía de refuxio polo seu tamaño e o abri-

go que facía. Hai unha aldea abandonada, Marse-

lle, con entrada por corredoira con carballos e que

tiña unha agra nun pequeno val, rodeado de monta-

ñas penedías, e que hoxe estase a converter en

selva. Pero a todo isto hai que engadir as formas

caprichosas que creou a erosión nas grandes pe-

dras e que sorprenden por calquera sitio que se

queira camiñar. Só hai unha ruta aberta, a da Pedra

do Cadro, que acaba no curuto da mesma pedra. O

demais é toxo bravo case inaccesible que nos priva

de descubrir máis sitios, non sendo os que quedan

cerca dos camiños e pistas que arrancan cerca das

aldeas da Silvosa, Riomao, Riomaior, Rateira, So-

lleiros e Terelle.

Propiedade: Comunal

Uso actual: Forestal

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Referencias bibliográficas:

http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/07/o-

castelo-de-esteiro-2/

http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/05/

pedra-das-pias/

http://www.manuelgago.org/blog/

index.php/2011/05/30/e-outra-santa-marina-mais-a-

pedra-da-pia-de-esteiro/

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA007.pdf pax 5,6,7 e 8 )

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8112069202

Lonxitude: -8.99531364441

O Pedregal de Esteiro

Page 26: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

26

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe

natural,

Concello: Muros

Parroquia: Santiago de Louro—Lugar: Louro

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: O Lugar de Interés Comunitario está

formado por unha fronte costeira de mar aberto, de

perto de 15 km. de lonxitude, limitada por Carnota e

o extremo noroccidental da ría de Noia e Muros, no

que alternan tramos de costa rochosa e baixíos co-

mo Os Forcados, Anguieiro e A Insua, parte dos ca-

les están propostos como Reserva Mariña de Intere-

se Pesqueiro . Tamén ten grandes praias de coios e

areais, incluíndo sistemas dunares ben conservados,

unha lagoa litoral e unha impresionante elevación

rochosa. Todos estos elementos conforman unha

área de gran beleza paisaxística e natural, en parti-

cular o complexo de barra litoral e as dunas. O Mon-

te Louro é un “inselberg” ou afloramento rochoso

illado constituído por granito de dúas micas, situado

no extremo sur do LIC, que se eleva abruptamente

sobre unha plataforma de abrasión ou rasa, ata unha

altura de 239 m. A área, foi cualificada Punto de In-

terese Xeolóxico (PIG C-116). Na punta desta penín-

sula está o Faro de monte Louro, e nos dous cumes

máis altos os restos da Capela da Madalena e un

punto de vixilancia, “A Garita”, que dan nomes os

seus respectivos outeiros . O pxom de Muros con-

templa dous petróglifos e un concheiro na zona de

“Os Mouros”, e a referencia de Rey Castiñeiras dun-

ha zona que pola toponimia (Os Profundos, Eira dos

Mouros…) podería albergar algún tipo de asenta-

mento ou abrigo. Tamén estivo en outro tempo, no

entorno do Faro, o Forte de Monte Louro, que fora

construído no ano 1520 por orden do arcebispo D.

Alonso III de Fonseca para defender a enseada de

Louro dos ataques de piratas e invasores, e que es-

taba considerado como o punto defensivo máis im-

Monte Louro e Lagoa de Xarfas

Page 27: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

27

portante de Muros, chegando a contar en algún tem-

po con dezaseis canóns.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Forestal

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Tradición oral: O folclore de Louro garda lem-

branza dunha vila afundida da que se escoitan as

campás e ademais sinala un grande burato na aba

do monte, coñecido como “Os profundos de Monte

Louro”, no que habería un tesouro custodiado por un

boi que brúa nas noites de temporal.

Neste conxunto dáse a dualidade que se repite no

imaxinario do pobo galego: lagoa-monte . Tamén a

construción da ermida da Madalena nun dos cumios

do monte, tendo ao pé os vestixios do asentamento

dos Abrigos de Monte Louro, poderían responder á

cristianización dun lugar de lendas ou rituais pa-

gáns.

Un refrán: A xente da zona sabía cando ía chover

polo tipo de sombreiro de néboa que se lle poñía a

Montelouro.

“Cando Montelouro ten touca, chuvia, ..moita ou

pouca”

Referencias bibliográficas:

As Montañas De Galicia, Enrique Vélez Barrio. Mª

Carme Pereiro Edicións Xerais de Galicia,S.A.

ISBN: 84-7507-763-5 - Webs

http://ruc.udc.es/bitstream/2183/8711/1/

CC39art3ocr.pdf - pax 3

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA004.pdf

(pax 13 e 15 para os petróglifos)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA008.pdf

(pax 9 e 11 para concheiros e abrigos)

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Onde está localizado: Latitude: 42.7453103278

Lonxitude: -9.08629417419

Page 28: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

28

Tipo de ben: Paisaxe natural,

Concello: Muros

Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)

Lugar: Bornalle

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: O río Rateira cos seus afluentes,

Amira, San Lourenzo, Maceira e o regueiros Mon-

delo e o da Canela, discorren polas parroquias de

Abelleira e Torea e verten as súas augas na praia

de Bornalle, onde se orixina un amplo esteiro. O

humidal está catalogado no pxom de Muros como

elemento de interese natural e paisaxístico e leva o

código 111062 de Humedais SIAM. Tamén aparece

no catálogo a enseada que se forma na súa

desembocadura en Bornalle que é zona de produ-

ción de moluscos e outros invertebrados mariños

na demarcación hidrográfica de Galicia-Costa co

código ES.014.NR.194.000.01.00

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA001.PDF (pax. 31 pdf)

Mapa dos humedais da provincia de Coruña

http://siam.cmati.xunta.es/c/document_library/

get_file?folderId=66091&name=DLFE-3605.pdf Zo-

na de Bornalle en Muros

Rexistro de Zonas protexidas Galicia-Costa

http://augasdegalicia.xunta.es/PHGC/PHGC-ES/

PHGC_Anejo_4_Registro_Zonas_Protegidas.pdf

(pax.35 pdf)

Humedais de Galicia

http://siam.cmati.xunta.es/mapa-de-humedais

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Onde está localizado: Latitude: 42.8022337382

Lonxitude: -9.01812314987

Humidal e enseada do río Rateira en Bornalle

Page 29: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

29

Tipo de ben: Igrexa,

Concello: Muros - Parroquia: Muros (San Pe-

dro)

Lugar: A Virxe do Camiño

Cronoloxía: Época Baixomedieval,

Descrición: Construción de estilo gótico mari-

ñeiro dos séculos XIV-XV. A igrexa ten unha nave

central con cuberta de madeira, dividida en catro

tramos por arcos dobrados apuntados de perfil rec-

tangular, ábsida de crucería e tellado a dúas aguas

recuberto de tella. Conta na fachada cunha porta

onde se ven arquivoltas de medio punto sobre co-

lumnas con xambas, e un rosetón. Adosados ao

muro meridional destacan especialmente os canzo-

rriños románicos. No Interior ten unha pía de már-

more blanco de Gregorio López, do século XVI, e

consérvanse exvotos de interese, algúns con re-

presentación gráfica nos que se narran aventuras

de caracter mariñeiro. Do teito colga unha reprodu-

ción dunha maxestuosa fragata. Pegado a esta

igrexa está o Antigo Hospital de Lazarados, decla-

rado Monumento Nacional.

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural

Referencias bibliográficas:

Francisco Pons-Sorolla y Arnau, arquitecto-

restaurador: sus intervenciones en Galicia (1945-

1985).USC. Tese de Doutoramento. Facultade de

Xeografía e Historia, Interesante informe de rehabi-

litación e planos en : (pax 61 a 63) do enlace

http://goo.gl/D1XhhJ

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA011.pdf —(pax 6)

(Das fotos do pxom de Muros, só unha, a do lateral

sur, pertence a esta igrexa. O campanario e facha-

da con frontón, son repetidas das de S. Estevo de

Abelleira da primeira páxina)

Afeccións: Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Onde está localizado: Latitude: 42.7827401329

Santuario da Virxe do Camiño

Page 30: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

30

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe

natural,

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Pedregal de Esteiro

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

A Pedra do Cadro é un inmenso batolito de granito

calcoalcalino que se alza no pedregal de Esteiro a

unha altitude de 365 metros, o que fai que dende

este lugar se teña unha ampla visión sobre a ría de

Muros-Noia. O nome deste penedo podería deberse

a característica da súa visión dende o mar e que

serviría para poder “cadrar”, xunto con outros mon-

tes, algunha posición para os mariñeiros que faena-

ban pola ría. Por outra banda segundo apuntan Mª

Aurora Lestón e Milagros Torrado no traballo sobre

o “Altar rupestre da Pedra da Pía” o nome “quadro”

podería suxerir un límite xeográfico un

“quadrifinium”, ou lugar onde se xuntan catro propie-

dades. Se temos en conta esta teoría, cara abaixo e

en dirección sur deste penedo, a unha distancia 40

m., hai unha cova entre dous batolitos onde se pode

ver unha cruz na súa entrada con coviñas talladas a

súa esquerda, que podería ser unha cruz de termo

ou restos dun lugar de ritos precristiáns e onde

tamén se atopa unha pedra con forma de muíño de

man e que evidencia que foi tallada para ese tipo de

usos. Dentro do mesmo pedregal podemos atopar a

“Pedra da Pía”, a 650 metros en liña recta ao sues-

te, no camiño de subida a este fito, que está inzada

de cruces e outros signos e letras, que tamén pode-

rían marcar algún límite de propiedade. Na Abellei-

ra, ao sueste da Pedra do Cadro, a carón do canle

do río de San Lourenzo e ao norte da Aldea da Ra-

teira, dentro da paraxe denominada Campo da Er-

mida, podemos atopar a Pedra das Cruces, outro

penedo con 14 cruces atribuídas a varias épocas e

catalogada nos Bens arqueolóxicos no Pxom do

concello de Muros, a unha distancia de 2.2 km. Os

tres fitos comporían unha liña recta de 2.8 km. e

Pedra do Cadro

Page 31: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

31

limitarían, ou santificarían, o pedregal en dirección

noroeste- sueste.

No traballo anteriormente citado podemos ler. .. “En

canto á súa denominación, é moi probable que pro-

ceda do latín quadro (praza, cadrado), xa que en-

contramos unha referencia baixo este nome nunha

carta do S. XIII conservada no tumbo do mosteiro

de Toxosoutos, na que podemos ler:

Ego Maria Petri dicta Canauenia vna cum filias

meas et omnis uox nostra vobis domno

Petro Martini, abbate monasterii Sancti Iusti de

Togis Altis, et omnis conuentus eiusdem

loci facio uobis et monasterio uestro kartam uendi-

tionis de hereditate nostra propria quam

habemus in tra Carnota in villa que uocitant Malou,

subtus monte Calu, discurrente

ribulo Malou, concurrentia Sancte Columbe de Car-

nota, et altera parte in alio loco ubi

dicitur Bornalio subtus monte Quadro ,discurrente

ribulo Boual,

secus litor maris Tamarensis, concurrencia Sancti

Stephani de Arino…

A autora desta carta expón nesta misiva a súa in-

tención de vender ao mosteiro de

Toxosoutos as súas posesións nas localidades de

Mallou ( concello de Carnota) e Bornalle, na parro-

quia da Abelleira, (concello de Muros). Tal e como

indica o texto, sitúa esta última propiedade ladeira

abaixo da Pedra do Cadro en Sancti Stephani de

Arino que vén sendo Santo Estevo da Abelleira.

Dentro das lendas populares podemos destacar a

que indica que dende esta pedra se podía divisar a

catedral de Santiago ata que un día foi fendida por

un raio, por iso a vemos dende a cara sur atravesa-

da por unha fenda que a percorre de arriba a

abaixo. Non moi lonxe do lugar está a Laxe Borra-

teira un lugar coa lenda da caída de San Estevo do

seu cabalo e na que aínda se poderían ver as mar-

cas das ferraduras en forma de pías.

Na foto da ficha podemos ver a pedra con xente

enriba dende a banda noroeste, que é dende se

aprecia máis a altura do penedo en referencia ao

terreo que a rodea. Na segunda foto a pedra cunha

cruz e cazoletas na porta dunha pequena cova, cita-

da anteriormente.

Propiedade: Comunal

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Dato descoñecido

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

http://anuariobrigantino.betanzos.net/

AB2011PDF/2011%20041_056%20pedra%20da%

20pia_LESTON_TORRADO.pdf

webs

Ruta a Pedra do Cadro

http://www.queverengalicia.com/2013/08/

senderismo-subida-pedra-do-cadro-en.html

http://roteirosgalegos.es/2011/09/esteiro-pedra-do-

cadro/

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8084600054

Lonxitude: -8.99669766426

Page 32: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

32

Tipo de ben: Ermida,

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Solleiros

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),

Descrición:

Pequena capela dunha nave e cuberta a dúas

aguas. De estilo neoclásico, aprécianse algúns ele-

mento románicos, reaproveitados probablemente

doutra obra anterior. Foi arranxada na década dos

sesenta do pasado século. A fachada é sinxela,

rematada nun frontón con pináculos, e ten unha

porta rectangular alintelada cunha pequena ventana

para dar luz ao interior. No interior ten tres arcos de

medio punto sobre piares cadrados acaroados que

sosteñen unha bóveda de canón, máis estreita no

altar maior. Posúe catro tallas de madeira: a virxe

das Dores, con manto de veludo; o Perpetuo Soco-

rro; a Purísima Concepción e Santo Antón; presidi-

das todas por Santa Mariña nunha ábsida chan sen

retablo. Forma un fermoso conxunto co cemiterio e

o campanario illado da igrexa, ao lado do que fora o

camiño real, e a uns setenta metros de distancia da

mesma. A igrexa honra, pois, a Santa Mariña, filla

dun sacerdote pagán, que poida que nacera en Xin-

zo de Limia. Foi mártir, degolada por non casar co

prefecto romano Olivio, e denunciada por cristiá.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

Agrelo Hermo, Xosé Abeijón Núñez. F. A Freguesía

de Santa Mariña de Esteiro.

Cadernos Cruceiro do Rego. Ed Toxosoutos ISBN

84-96259-31-5, ano 2004.

http://w.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA011.PDF—(pax 3 do pdf)

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado: Latitude: 42.7938103568

Lonxitude: -8.99105429649

Santa Mariña de Esteiro

Page 33: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

33

Capela da Madalena Tipo de ben: Ermida, - Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Monte Louro

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Restos da capela da Madalena que

hoxe en día se dá por desaparecida. Situada nun

dos cumes de monte Louro que leva o nome da

santa. Poucas referencias se atopan sobre a súa

construción e tamén da súa desaparición. Nunhas

notas de datas históricas de Muros do ano 1563

consta a existencia de tres ermidas, das que hoxe

en día xa non existe ningunha. Eran: a primeira no

illote de Santa Catalina en Tal; a segunda no illote

de Santo Antón en Laxeiras; e por último a ermida

da Madalena en Monte Louro. A estas tres ermidas

deixa en testamento, no mes de febreiro dese ano o

comerciante e veciño de Muros , Juan Gil (Ó Vello),

un real de prata. No documento do 19 de decembro

do 2008 “Elaboración inventario do patrimonio marí-

timo pesqueiro no ámbito das confrarías de pecado-

res de Muros, Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe” no-

mea, na pax. 25, os restos da de Santo Antón da

Creba, e a da Illa de Sta. Catalina (Tal) desapareci-

das tamén, pero esta xa non.

Propiedade: Descoñecida—Uso actual: Sen uso

Categoría do Ben: Non está inventariado

Referencias bibliográficas:

Para ler o informe antes citado das capelas

http://pindomarino.org/arquivos/

Informe_Memoria_Inventario_Pat_Cult_191208.pdf

Plano da ría de Muros e Noia de Pedro Teixeira de

1634 , vese a capela no alto de Monte Louro

http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/

teixeira.pdf (pax. 27)

Afeccións: Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi malo

Foi posible atopar os restos grazas a que o camiño

aos cumes de monte Louro están rozados, pero da-

do que é imposible buscar ao redor máis restos non

é doado determinar a natureza do achado. Os per-

piaños apuntan a unha factura igual aos das cape-

las do XVII.

Page 34: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

34

Tipo de ben: Cruceiro, - Concello: Muros

Parroquia: Muros

Lugar: Campo de Cortes

Outra denominación do ben: Cruceiro de Santa

Cruz

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: a plataforma do cruceiro é unha

rocha de granito que ten labrado trece chanzos.

Varal biselado e capitel en forma de prisma. A cruz

leva por unha cara á Virxe e por outra un Cristo cos

pés nas imaxes de San Xoán e a Virxe. No PXOM

do concello de Muros catalógase coma o Cruceiro

da Capela de Santa Cruz, pois antes había unha

capela con ese nome. Está preto da Capela de San

Marcos. Unha observación más minuciosa da ro-

cha en que está tallado fainos ver unhas coviñas

na rocha, comunicadas por unha canle gravada na

rocha. Todo o entorno parece suxirir que antes do

cruceiro podía haber algún petróglifo, dada a súa

orientación, semellante ao veciño da Laxe das Ro-

das a 1´5 km. en liña recta. Os chanzos do cruceiro

tapan unha pequena plataforma que sobresae polo

lateral esquerdo segundo subimos as escadas, que

puido quedar dos restos da outra obra. Ten moi

boa vista cara ao sur e divísase unha grande ex-

tensión de océano.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA016.pdf

pax. 24 do pdf

http://www.muros.es/ga/capillas.htm

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7641147001

Lonxitude: -9.059638381

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cruceiro da Capela de Santa Cruz

Page 35: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

35

Tipo de ben: Hórreo, Concello: Muros

Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)

Lugar: Bornalle

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: En Bornalle hai un bo exemplo dun

campo de hórreos. Hai construídos 22 elementos e

varían un pouco na tipoloxía. O modelo que sobre-

sae e o hórreo feito de pedra e elevado sobre seis

esteos individuais con tornarratos e servindo de

apoio aos linteis que soportan a cámara. Perpiaños

con abertura en horizontal, cuberta a dúas augas e

tella do país. Semellante acabado no penal que no

resto da cámara. No cume das sobrepenas do pin-

che do tellado, algúns teñen adornos, pero a maio-

ría vai sen el. Esta maneira de construír pódese

chamar “tipo Noia” e esténdese de Noia a Corcu-

bión.

Propiedade: Privada

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA020.pdf—(paxina 2 de 16)

Brigantium. Boletín Arqueolóxico e Histórico da Co-

ruña. Vol I, 1980, : UN EXEMPLO DE AGRUPA-

CION DE HORREOS: BORNALLE-ABELLEIRA,

CORUÑA-, por Begoña Bas López, p.195

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Onde está localizado:

Latitude: 42.8017968527

Lonxitude: -9.01433050632

Campo de hórreos de Bornalle

Page 36: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

36

Hórreo na Rateira

Tipo de ben: Hórreo,

Concello: Muros

Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)

Lugar: A Rateira

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

Hórreo feito de pedra e elevado sobre seis pés, que

foron desbastados de forma troncocónica. Os pés

non son iguais nas súas dimensións e dan ao hórreo

o aspecto de ser un dos máis antigos da aldea. Es-

tes serven de apoio aos linteis que sosteñen a cá-

mara, feita a base de perpiaños que deixan unha

pequena abertura en horizontal, para a súa airea-

ción, e van engarzados coas peza dos penais. Cu-

berta a dúas augas con tella do país. No cume das

sobrepenas do remate dos penais leva unha cruz de

pedra e un pináculo piramidal con base cilíndrica.

Propiedade: Privada

Uso actual: Agrícola

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8105516859

Lonxitude: -9.01641726494

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Page 37: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

37

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Maio, O

Outra denominación do ben: Fonte do Maio

Cronoloxía: Século XX,

Descrición:

Fonte de pedra situada en Esteiro, no barrio do

Maio, e que consta dun tronco central e unha gran

pía octogonal feita de bloques de granito. Cada lado

da pía está feito dun só bloque que ten adorno de

aresta, cerca da base, e borde redondeado e saínte

na parte superior para facer de pousadoiro. O tronco

central de catro lados con adorno de moldura ao

nivel dos canos e rematado en pequena cornixa co-

roada con forma piramidal estriada serve de base a

unha figura de copa. Cada lado do tronco cuadran-

gular ten un cano que verte polo medio de dúas ba-

rras de ferro que serven de apoio aos recipientes de

recoller auga. Segundo a placa que consta nun mu-

ro da contorna, foi feita polo canteiro alcumado “O

Neto de Reboredo “ en 1911 e sendo o alcalde

daquel ano D. José Romaní. Á fonte foi anovada no

2001, e fíxoselle unha homenaxe no 2011, no seu

centenario, o cal foi celebrado polos veciños con

diversos actos.

Propiedade: Pública

Uso actual: Equipamento

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

http://www.quepasanacosta.com/?p=10659

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA018.pdf—(pax.7 de 18)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7973924021

Lonxitude: -8.97480010986

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte da Pontella do Maio

Page 38: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

38

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: O Uía

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

A fonte presenta no seu corpo central bloques de

sillería de granito que lle dan aspecto de solidez,

remata por enriba a modo de frontón con adornos

en forma de semicírculos e unha cruz gravada no

medio. Deste corpo saen dous canos con abundan-

te auga, que cae nunha pía de pedra. Ten un pe-

queno espazo que a encadra, feito de muros de

mampostería e chan de lousas, con un pousadeiro

para para os recipientes de carretar a auga.

Propiedade: Pública

Uso actual: Equipamento

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA018.pdf

(pax. 12 de 18)

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.7893108567

Lonxitude: -8.9629688859

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte de Uía

Page 39: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

39

Tipo de ben: Fonte, - Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Solleiros

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XX,

Descrición: A fonte está feita a base de perpia-

ños cuadrangulares de granito. O de enriba, máis

estreito, fai as veces de remate e ten un pequeno

saínte nas arestas superiores. Na parte do medio

sae un cano, feito de pedra, que verte a auga sobre

unha canle que abastecía a un lavadoiro. Na esqui-

na dereita hai un pousadoiro para os recipientes de

recoller a auga, como as sellas, que eran erguidas

para colocalas na cabeza para o seu transporte.

Propiedade: Pública

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA018.PDF

(pax 10 do pdf)

Web coa ruta da Pedra do Cadro, que inclúe esta

fonte http://www.queverengalicia.com/2013/08/

senderismo-subida-pedra-do-cadro-en.html

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado: Latitude: 42.7947039194

Lonxitude: -8.98972928524

Fonte de Solleiros

Page 40: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

40

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Muros (San Pedro)

Lugar: A Virxe do Camiño

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

A fonte atópase na praciña que está xunto

á igrexa da Virxe do Camiño. Levántase

sobre un piar circular, rebaixado no corpo

central con adornos de pequenas pilastras,

e rematado en plataforma redonda. Encima

desta plataforma vai unha edícula de ca-

deirado de granito de tres caras con ador-

nos xeométricos en esquinas e na parte

superior. Aamosa unha cara de león no

centro de cada frontal. Na boca do animal

hai billas para dispensar a auga . Debaixo

delas o sobrante vai a un pequeno sumi-

doiro practicado na base circular.

Propiedade: Pública

Uso actual: Equipamento

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Dato descoñecido

Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7829684861

Lonxitude: -9.06561166048

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte da Virxe do Camiño

Page 41: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

41

Tipo de ben: Muíño, - Concello: Muros

Parroquia: Tal (Santiago)

Lugar: Tal

Outra denominación do ben: Muíño do Casuco

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

Muiño de vento preto do mar. Está dentro do asen-

tamento castrexo de Santa Catalina. É un dos pou-

cos deste tipo que conserva súa estrutura pétrea

en toda a ría de Muros e Noia. A singularidade que

o caracteriza consiste en que está pagado a coste

ao borde dun pequeno acantilado, fronte a illa de

Santa Catalina.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de

Bens Patrimoniais da Xunta

Referencias bibliográficas:

Muros. Ronsel de Pedra, Espiral de Mar. Dep. A

Coruña

Francisco X.Fernández Naval. Maribel Longueira

ISBN 84-95950-42-1, A Coruña2003

Nomeado na ficha do castro da Illa de Santa Cata-

lina

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA002.pdf- (pax. 3)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Non

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Só e posible ver a estrutura pétrea, que non está

en moi mal estado.

Onde está localizado:

Latitude: 42.7843740209

Lonxitude: -9.01387453079

Muíño de vento de Santa Catalina

Page 42: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

42

Tipo de ben: Cruceiro,

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Ribeira do Maio

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XX,

Descrición:

O cruceiro atópase nun xardín frente a vivenda e

capela de Portals en Esteiro. Composto por unha

plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedes-

tal achafranado, do que arranca un varal cuadran-

gular. Máis arriba, este ten arestas rebaixadas que

o tornan octogonal como adoita ser o acostumado

neste tipo de construcións. A parte superior remata

en capitel liso no que se levanta unha cruz cun pe-

queno pedestal e brazos con remates florenzados.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Onde está localizado

Latitude: 42.7919897323

Lonxitude: -8.97690832615

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cruceiro na Ribeira do Maio

Page 43: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

43

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Trión

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

O conxunto da fonte está nun espazo afundido á

beira da estrada que vai de Trión a antiga Igrexa

de Santa Mariña. O chan está recuberto de pedra e

accédese por unhas pequenas escadas. Foi remo-

delada fai uns anos e agora hai un pequeno banco

ao seu carón. O cano está colodado nun perpiaño

de granito e verte a auga nun sumidoiro enreixado.

A auga da fonte, segundo os veciños, ten a particu-

laridade de ser beneficiosa para a saúde.

Propiedade: Pública

Uso actual: Equipamento

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Dato descoñecido

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Onde está localizado:

Latitude: 42.7911567538

Lonxitude: -8.98866713047

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte da Mexadoira

Page 44: Patrimonio Cutural Muradan (I)- Elixio Vieites

44

COLABORA:

CONCELLO DE MUROS