olimpio arca

9
Olimpio Arca Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 18 de diciembre de 2012

Upload: asnosasletras

Post on 24-May-2015

135 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Olimpio arca

Olimpio Arca

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

martes 18 de diciembre de 2012

Page 2: Olimpio arca

O primeiro recordo corresponde aos carteis de “Votad al Estatuto de Galicia”. Había un cartel no portalón da casa dunha dona chamada Alicia e todos os nenos deveciamos por borrarlle o G. Sen embargo dous feitos magoaron fondamente o meu espíritu de neno: presenciar a brutal paliza que un mestre lle propinou a un compañeiro de once anos por negarse a cantar o “Cara al sol”. O mestre ben sabía que era fillo dun coñecido afiliado ao Frente Popular. Así mesmo, os domingos do 1937 e 38, unha panda de mozos dunha localidade veciña chegaban nunha furgoneta vestidos con uniforme e bandeiras fascistas e co grito “Arriba España”, brazo en alto, obrigaban aos veciños a corresponder co saúdo . Un deses domingos, a un mozo que ía á herba coa cesta e o fouciño, ocorréuselle, malpocado, erguer o fouciño. Se súpeto o coche dos fascistas freou e, como feras, colléreno e metérono na furgoneta. Apareceu días despois todo mazado.

Olimpio Arca

1. Supoñemos que as súas lembranzas da República sexan case nulas pero como lembra Vostede a Guerra Civil e as súas consecuencias posteriores? Houbo circunstancias devengadas destas vivencias persoais que o marcasen a nivel individual?

2. Vostede naceu na mesma vila en que dous insignes galeguistas “paseados” no 36 (Roberto Blanco Torres e Xoán Xesús González). Puideron influír estes dous viciños no seu compromiso posterior con Galiza, aínda que Vostede puider ter coñecemento deles máis tarde cós acontecementos?

O ensino foi para min unha fonda vocación. Dende os dezaoito anos, sempre puxen escola: no verán, na casa, aos rapaces da contorna; no inverno, clases nocturnas a mozos. Fun cofundador en Cuntis da Academia Lumen (1949); cofundador da Academia San Pelayo na Estrada (1961), con clases de bacharelato e maxisterio e impartín clases particulares fóra do horario oficial da escola pública. Ata 1970, o material didáctico, os libros, eran moi escasos e moitas veces antipedagóxicos e as condicións dos locais onde se impartía escola non eran os máis axeitados (ausencia de aseos). O ensino memorístico era característico do nacionalcatolicismo do Réxime. O mestre desfrutaba de consideración social, malia o soldo de miseria co que era retribuído. No ano 1975 comeza o desenvolvemento económico, orfo do necesario desenvolvemento intelectual. Melloran as escolas, os libros e o material didáctico resultan máis aceptables pero nas familias mingua a autoridade dos pais. Os alumnos, axudados por leis permisivas no rendemento escolar baixaron no proveito do estudo e o mestre, progresivamente, vai perdendo autoridade social.En resume, o labor docente atopa máis facilidades pero a receptividade do alumno é menor.

3. Sempre foi coñecido Vostede polo seu labor de MESTRE (en maiúsculas), mais podería decirnos se había grandes diferenzas entre o labor docente dos anos cincuenta e sesenta e o ensino durante a democracia?

Souben de Xoán Xesús González por miña nai, que mo puña de exemplo polo seu ascenso social (de canteiro a avogado), por mor dos estudos. De Blanco Torres tiven novas aos vinte anos. Penso que non influíron no meu pensamento.

martes 18 de diciembre de 2012

Page 3: Olimpio arca

O nacionalcatolicismo tiña o concepto do sexo coma un tabú e ordeou a separación de xéneros. Cando en Couso se nos entregan as dúas aulas nun mesmo edificio, pensei no absurdo da educación dos mesmos coñecementos en aulas distintas. Expoño a idea da integración á mestra, que o entende ben, pero teme á Administración. Entrevisteime co Inspector quen, coa lei na man, intenta disuadirme de tal idea. Pero como tiña eu certa ascendencia sobre aquel inspector (dúas fillas súas asistían ás miñas clases particulares), insistín pero, malia que el tamén compartía a miña idea, non estaba disposto a “quebrantar a lei”. Na terceira ou cuarta entrevista claudicou: “Alá ti, eu non sei nada”. Fixemos a unificación e o inspector non volveu facer visitas.

Olimpio Arca

4. Hai varios datos que nos indican o seu compromiso coa docencia e as inxustizas que nela había. Foi dura a súa loita por acadar unha escola unitaria de nenas e nenos a fins dos anos sesenta?

5. Outro do seu compromiso co ensino foi o de enfócalo cara a unha vertente máis práctica ca teórica como demostra a súa tendencia de sempre a fomentar as actividades. Supuña iso unha innovación na docencia da época ou máis ben unha corrente xa máis extendida?

Recordaba que de neno, na escola, sacáballe máis proveito ás excursións que ás ensinanzas na aula.No ano 1946, nas clases particulares substituía, ás veces, a clase por unha excursión na mesma aldea: os hórreos, os cabazos, as palleiras,… servían para a historia alimenticia da humanidade. A carballeira era un libro aberto de ciencias, etc. Comprobei os bos resultados e non me pareceu innovación senón unha forma leda do ensino. Non estaba extendida esta modalidade, de feito había compañeiros que me criticaban.

6. Nos seus primeiros tempos como docente este labor estaba bastante prestixiado socialmente. Que pensa Vostede na actualidade cando vemos que este labor carece abondo dese prestixio tan necesario?

Dixen antes que o desenvolvemento económico non veu parello co desenvolvemento cultural. Nunha sociedade onde impera o espíritu de que “vale quen ten”, o mestre perdeu o prestixio. Como mostra, un diálogo sostido alá no ano 93, na etapa final da miña docencia, cun alumno ao que eu trataba de inculcarlle a importancia do estudo na súa vida futura: “-Mestre, de que vale tanto estudo: ti cantos pisos tes? –Un- respondinlle.-Bo, meu pai non é mestre e ten tres…”

Obra de Olimpio Arca, “O Tren”

martes 18 de diciembre de 2012

Page 4: Olimpio arca

Tres horas seguidas de clase poden levar ao alumno ao desinterés pola materia ou ao cansanzo. Resulta necesario un descanso ledo: cantar, debuxar, imitar… como eu non sabía entoar e o debuxo dábaseme moi mal, pensei na lectura escenificada dun conto breve. Recordo que na lectura do diálogo do pastor co lobo para que non lle comera a ovelliña, moitos nenos de sete anos tiñan bágoas nos ollos. Así comecei: primeiro, lectura expresiva, segundo, diálogos entre alumnos, terceiro, escenificación.

Olimpio Arca

7. Desas actividades prácticas posibelmente a máis empregada por Vostede foi o teatro. Por que se decidiu por ese xénero dinamizador? Foi este aspecto o que máis satisfaccións lle supuxo? Foi este o xénero literario no que primeiro puxo a súa pluma?

8. E seguindo co teatro, sabemos que moitas das súas pezas ao final saíron do baúl para seren publicadas e daquela transmitidas a outras xeracións. Aínda quedan algunhas no baúl ou xa volveron todas a cobrar vida?

A maior satisfacción como docente foi xestionar e acadar para os nenos da zona de Vea a implantación da Segunda Etapa, oito anos antes da construción do edificio do colexio. Logo, no teatro a gran satisfacción foi saber que dúas obriñas de teatro escolar miñas estiveran nos andeis da Feira do Libro de Frankfurt.

9. Que lle supuxo maiores satisfaccións, os múltiples premios acadados polo seu labor docente e polas actividades desenvolvidas ou ver as súas obras teatrais postas en escena polo seu alumnado?

Só quedan no baúl uns cantos “esqueches” da conmemoración de distintas datas: a festa da árbore, o Día das Letras Galegas, o día do libro, o día da paz….

Olimpio Arca co alumnado de Literatura Galega do século XX e da actualidade no

IES Manuel García Barros.

martes 18 de diciembre de 2012

Page 5: Olimpio arca

Olimpio Arca

11. Outro dos xéneros que máis cultivou foi o ensaio. Que pretendeu vostede coa maior parte dos seus ensaios? Era vostede consciente ao escribir os ensaios que estaba a sacar á luz moita memoria histórica de personaxes e oficios abondo esquecidos dos seus pobos de nacemento e “adopción”?

O premio máis importante foi a concesión da Cruz da Orden de Alfonso X El Sabio, no ano 1977, por iniciativa do Ministerio de Educación e Ciencia. Mérito que me foi outorgado con tan só 49 anos, cando o normal é a súa concesión logo de toda unha vida adicada á educación, á docencia.Ao respecto da segunda pregunta, direivos que polo antigo camiño parello á rúa que leva o meu nome en Cuntis, ía ao muíño, ás troitas, ás clases de bacharelato,… así que, cando agora paso por aquel lugar, voltan os recordos infantís e vivencias inesquecibles.

12. Supoñemos que non se quererá mollar e ser “políticamente correcto” pero con todo imos preguntarllo: é Vostede de onde naceu ou de onde paceu?

13. Que está a escribir ou que lle queda por escribir? Hai algo que, ou sobre que, lle gustaría investigar e escribir?

Coa edición dos ensaios buscaba en exclusiva, elevar a autoestima dos lectores galegos.

Na actualidade comparto investigación co secretario da Fundación Terratermarum de Castrolandín, Cuntis, Mario Touceda para compoñer unha obra de teatro sobre unha voda celta. O noso desexo é representala unha noite de plenilunio na cima do castro.

Nunca fun politicamente correcto, pois teño no meu currículo o feito de desertar de concelleiro de educación do Concello da Estrada antes de mediar a lexislatura.Dixo Rilke que a patria do home era a súa infancia. Non sei eu cantos anos tería Rilke cando fixo esta afirmación. Na longa costa da vida, canto máis arriba estás, máis afloran as lembranzas da infancia, pero vas quedando só pola ausencia daqueles íntimos amigos. Agora, tes outros compañeiros que comparten unha existencia común. O corazón ten catro cavidades: dúas para a infancia, dúas para a vellez.

10. Supoñemos que de todos os premios acadados gardará gratos recordos pero con cal ou cales se quedaría e por que? Que sente unha persoa cando pasea, parrafea ou simplemente pasa por unha rúa que leva o seu nome?

Inauguración dunha rúa ao seu nome en Cuntis.

Fonte: La Voz de Galicia.

martes 18 de diciembre de 2012

Page 6: Olimpio arca

14. Foi quen de transmitir a afección por escribir, investigar… a achegados, alumnado?...

Sei de alumnos que fixeron os seus “pinitos” na literatura, e abofé que a máis dun lle picou algunha vez o verme da investigación.

Olimpio Arca

15. Vostede foi dos precursores do castro de Castro Landín. Agardaba daquela que este proxecto de recuperación acadase o recoñecemento actual?

Era socio de “Amigos dos castros de Cuntis”. Cando empezamos as xestións para a posta en valor do castro de Castrolandín houbo que asinar documentos coa Universidade, coa Xunta de Galicia, coa Comunidade Europea e, como eu era o máis vello do grupo, nomeáronme para comezar as xestións. Agora ben, todo o traballo para acadar o resultado actual débese ao labor do secretario da Fundación, Mario Touceda. Eu fun só un testaferro. Estou plenamente satisfeito dos riscos que houbo que afrontar e da resposta favorable dos donos dos terreos e do concello de Cuntis.

16. E para rematarmos, desde a voz da súa experiencia, como albisca o futuro da nosa cultura e do noso idioma? E o da xuventude actual nestes eidos?

Penso, espero, que a cultura galega seguirá unha liña ascendente. A lingua precisa dun cambio forte no pensamento dos galegos.

Olimpio Arca co alumnado de Literatura Galega do s. XX no IES Manuel Garcia

Barros.

martes 18 de diciembre de 2012

Page 7: Olimpio arca

CUESTIONARIO

martes 18 de diciembre de 2012

Page 8: Olimpio arca

A catedral de

SantiagoUn monumento

salientábel?

Manolo Rivas e a súa

obra

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

O lápis do carpinteiroUnha obra teatral?

Ramón Verea García e Alexander

Fleming

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Jorge Luis Borges. Hamlet, de

Shakespeare

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiros?

O mestre de Shunko. Shunko era

alumno dunha escola rural nos

Andes arxentinos. O autor da

novela Shunko é Jorge Ábalos

Un personaxe de ciencia-

ficción co que se identifique?

Los chicos del coro

Unha película de cine

A vida cotiá

Cal é a súa fonte de inspiración?

martes 18 de diciembre de 2012

Page 9: Olimpio arca

Ordear as fotografías da

miña vidaUn anceio por rea

lizar?

A numismática

Outro entretemento ademais da literatura?

Rural e montaña

media

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

A illa de Madeira e Cuntis

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?O voo do Plus Ultra, de

Ramón Franco

Un feito histórico?

Os galegos

expresándose todos

na súa lingua

Unha utopía?

O mosteiro de Ribas de Sil

Un lugar axeitado para a lectura?

Melódica, Unha noite na eira do trigo

Un tipo de música? Unha canción?

Non chego a tanto….

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

martes 18 de diciembre de 2012