elementos estruturais da novela
TRANSCRIPT
ELEMENTOS ESTRUTURAIS BÁSICOS DA NOVELA
A HISTORIA
É o asunto de que trata a
obra, os sucesos e leis que rexen o
seu transcurso.
NARRADOR
PROTAGONISTA:
Utiliza a 1ª persoa. O narrador e o
protagonista principal son a mesma persoa.
NARRADOR
TESTEMUÑA:
Dá conta co seu testemuño dos feitos
acaecidos. Usa a 1ª ou 3ª persoas.
NARRADOR
OMNISCIENTE:
Está fóra da historia. Conta en 3ª persoa
todo o que lles sucede aos personaxes; sabe todo deles, ata os más íntimos pensamentos.
NARRADOR
En 2ª persoa, cando o narrador se dirixe a
un “ti” ou a un “vós”.
Técnica epistolar.
PERSONAXES
Son os intérpretes da acción, situados nun
espazo e tempo determinados.
• Principais.• Secundarios
O ESPAZO
É o marco onde se desenvolve a
acción. Pode ser moi importante e marcar o rumbo
dos acontecementos.
Mesmo hai espazos simbólicos.
O TEMPOÉ a sucesión dos acontecementos na historia.
TEMPO EXTERNO
Época na que se sitúa a historia narrada. E a referencia a horas,
días, anos…
TEMPO INTERNO
Tempo do discurso: é a organización
narrativa da cronoloxía dos sucesos. Pode haber:
Analepses.Prolepses.
Elipses.Resumos.
ESTRUTURAClásica:Introdución- nó- desenlace, na orde cronolóxica.
In media res: Non segue a orde cronolóxica porque se inicia o relato cuns feitos para despois narrar o anterior e o posterior.
Flash-back (analepse ou salto atrás): coménzase co desenlace da acción e a continuación retómanse os feitos desde o comenzo ata ese desenlace.
MODOS DO DISCURSO
Narración: modo discursivo que representa sucesos e accións nos que está presente a temporalidade.
A descrición: enumera e representa espazos, obxectos, personaxes, emocións…. Pode ser obxectiva ou subxectiva.
O diálogo: representa as palabras que enuncian os personaxes. Pódese usar o estilo directo ou indirecto.