dossier de actividades sobre castros e castrexos

28
OS CASTROS Patricia Pena Barbeito

Upload: patricia-pena-barbeito

Post on 12-Jul-2015

527 views

Category:

Education


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

OS CASTROS

Patricia Pena Barbeito

Page 2: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

QUE É UN CASTRO?A NOSA DEFINICIÓN

CASTRO NO DICIONARIO

Page 3: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

ONDE ESTABAN SITUADOS?

Page 4: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Imos aprender a facer un plano.

Debuxa a planta dun barrio castrexo.

Unha casa grande con 6

cm de diámetro.

Unha máis pequena con

1,5 cm de radio.

Un pallar moi pequeniño

con 2 cm de diámetro.

Un forno fora da casa con

2 cm de alto e 1 de largo.

Debuxa rodeándoa un

muro como ti queiras.

Escribe aquí canto mide o

muro: ……………………..

Se para construir esta

casa necesitan 1.000

pedras, ¿cantas pedras

necesitarán para construir

7 casas?. ………………..

Se temos 8000 pedras,

¿cantas casas podemos

facer con elas?

…………………………....

Page 5: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Debuxa a túa casa castrexa seguindo a decripción:

As vivendas dos castros son máis ben pequenas, de forma arredondeada, con tellado de palla ou colmo. Nun principio construíanse con terra e ramallos, e máis tarde de pedra.

Dentro da vivenda hai unha lareira onde se facía lume para cociñar a comida e quentarse no inverno. Moitas veces tiñan tamén bancos de pedra adosados aos muros.

Coa chegada dos romanos comezan a facerse de forma máis rectangular e tamén se usan os tellados de tellas xa na última época.

Moitas casas teñen un vestíbulo de acceso ao interior e un forno nun lado formado por lousas.

Page 6: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

OS CASTROS SON CELTAS?Se ti foras un arqueólogo, que cousas que di

o vídeo poden ser discutibles? Cales

poderían ser certas?

Moito se ten falado de se os castros son celtas. Os

primeiros estudiosos dos castros fálannos dunha

poboación celta, e incluso os poetas: o himno galego, por

exemplo, nos fala dos celtas como os habitantes de

Galicia, e do seu xefe, Breogán.

Hoxe en día a teoría de que os habitantes dos castros, os

nosos antepasados, fosen todos de raza celta, está

completamente desbotada.

O que parece certo é que os primitivos castros foron obra

dos antigos poboadores de Galicia, e que os celtas

chegaron despois, uns cincocentos anos antes de Cristo,

mesturándose coa poboación que xa había antes.

Tamén parece ser certo que os celtas introduciron o ferro

e que, posiblemente, formasen a clase dominante e a

maioría dos gerreiros.

Busca no texto:

- Un adxectivo:

- Un determinante numeral.

- Un determinante artigo:

- Un verbo:

- Unha palabra aguda con til:

- Un nome propio.

- Unha falta de ortografía (RODÉAA EN VERMELLO):

Page 7: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

FAI UNHA LIÑA DO TEMPO E ORDEA OS SEGUINTES PERSONAXES SEGUNDO APARECEN NA HISTORIA.

castrexos, celtas, romanos, visigodos, musulmáns.

Page 8: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

A QUE SE ADICABAN OS CASTREXOS?Os habitantes dos castros adicábanse á agricultura e á gandería, á caza e á recolleita de froitos silvestres.

Cultivaban cereais, trigo e millo miúdo e outras plantas como chícharos e fabas. Recollían landras coas que facían unha especie de pan e outros froitos.

O gando estaba formado por ovellas, cabras, vacas, porcos e cabalos. Tamén practicaban a caza de cervos e xabaríns, e nos castros preto do mar ao marisqueo e á pesca.

Así a comida dos habitantes dos castros estaba formada por vexetais: landras, landras trigo miúdo, fabas, chícharos e froitos silvestres; carnes: de cabra, de ovella, porco e vaca; mariscos: ostras, ameixas, mexillóns,

lapas, ourizos…; peixes: ollomol, pescada, xurelos, xardas…Para beber, a parte da auga, facían unha especie de cervexa fermentando algún cereal. Algúns historiadores din

que bebían tamén viño.

- Busca dúas palabras agudas e explica porque levan ou non tilde.- Escribe tres substantivos, tres verbos e un adxectivo.- Completa o seguinte cadro resumo coas comidas dos castrexos.

Page 9: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Debuxa as persoas dos castros realizando os diferentes oficios aos que se adicaban.

Se o sector primario é a agricultura e a gandería, o secundario as fábricas e o terciario o comercio, a que sector se adican maioritariamente nos castros? Razoa a resposta.

Page 10: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Escribe que alimentos

tomaban en menor cantidade os castrexos

e que nutrientes. Levaban unha dieta

equilibrada e saudable?Razoa a resposta

Page 11: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Responde agora aos seguintesproblemas dun castro:

Un castrexo marchou de caza ás sete da mañá e regresou ás tres da tarde. Canto tempo estivo cazando?

As mulleres do Castro de Borneiro recolleron 12.435 grans de millo. En cada vasixa de barro pequena collen 99 grans de millo. Cantas vasixas necesitan?

No castro de Baroña atopáronse unha ducia de torques. Os investigadores din que debía de haber moitos máis, polo menos un cento. Cantos torques se perderon?

Page 12: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

OS MUIÑOS.O muíño é unha das mostras de arquitectura popular que máis abonda na paisaxe galega. Formaparte do conxunto de construcións dedicado á fabricación dun elemento básico da alimentación: opan. Deste xeito o muíño posúe un evidente valor no plano económico pero ademais, xoga unimportante papel nas relacións sociais da Galiciarural.A xeografía galega favorece a existencia dos muíños. A rede fluvial e as rías coas mareas permitiron a utilización da forza da auga na transformación de materias primas. En zonas moi batidas polos ventos podémonos atopar con muíños que utilizan esta enerxía para o seu funcionamento. A finalidade máis común desta construcción era moer o gran pero existen outros muíños con diversas utilidades: de aceite, de papel, de curtir as peles... Tamén podemos diferencialos atendendo á forza que permite a súa posta en funcionamento en manuais, hidráulicos, de vento ou outros que utilizan outros materiais.O muíño de man chairo ou naviforme é o primeiro muíño que coñecemos. Aparecen no Neolítico e están unidos aos labores agrícolas. Consistían nunha pedra cuadrangular e curva que se colocaba no chan e un cilindro ou rebolo que, movido coas mans, trituraba os cereais ou as landras contra a pedra. A fariña que se obtiña por este método era basta e de mala calidade. O muíño de man ou circular dise que chegou a Galicia coa romanización e empregouse, sen abandonar o anterior, na época castrexa. Consta de dúas rodas de pedra colocadas unha enriba da outra: a de abaixo é fixa e a superior móbil. Deste muíño podemos destacar dúas versións segundo a maneira en que se mova: - Á moa ou roda superior dáselle un movemento de vaivén por medio dun pao espetado nela. - A moa ten un movemento xiratorio que se lle imprime cun pao artellado con outro máis longo.

Page 13: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

FAI UN ESQUEMA DOS TIPOS DE MUIÑOS.

Page 14: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Escribe de que tipo é e como funciona o seguinte muíño castrexo.

Page 15: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Resolve agora os problemas que se poden

atopar os castrexos nos muiños.

Un castrexo moe 3 quilos de gran cada hora. Canto moe nun día? E nunha semana?

A familia castrexa composta por dous avós, o pai é a nai, tres fillos e as súasmulleres e cinco bebés recolleron 24 quilos de gran. Cantos gramos lle toca a

cada un?

Un barrio castrexo está formado por catro familias. Decidiron entre todos que a familia que é máis numeroa reciba dous tercios dos 36 quilos de cereais que

recolleron. Cantos quilos lles toca a esta familia? Canto teñen que repartirse o resto? A canto lles toca?

Page 16: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

A CERÁMICA NOS CASTROSPara gardar os distintos produtos que se cultivaban e facían nos castros construíanse cestos e cacharros de cerámica que tiñan un uso doméstico pero tamén funerario, cerimonial e ornamental. Na cociña usábase para preparar os alimentos, para comer e para beber e para gardar as provisións.A cerámica castrexa facíase a man ou ao torno ou á roda, aínda que predomina a feira á man. Nótanse en moitos casos os sinais de alisado e de espatulado; noutros as paredes exteriores das vasillas aparecen moito máis pulidas. Os perfís predominantes nas vasillas son os globulares ou esferoides. O máis habitual é que conten cunha ou máis asas.Os temas decorativos son comúns na plástica castrexa: incisións en forma de liñas oblicuas, horizontais ou verticais paralelas, ou ben compoñendo triángulos, así como estampacións enforma de espiña de peixe, eses ou figuracións entrelazadas (tipo trisquel), con figuras tipo cordóns, así como outros motivos ornamentais variados. A maior parte, porén, é lisa e nonleva decoración.A cerámica simultaneaba o seu uso ca cestería e a madeira. As pezas grandes servirían para gardar o gran ou outros alimentos e como depósito de líquidos; outras, para usos diversos no fogar ou na lareira, e as máis pequenas para comer e beber; tamén aparecen asadores (ou benescoadeiras ou "queixeiras"), pezas moi características polos furados que teñen no seu fondoe nas paredes. Os materiais eran locais e a fabricación tamén, en fornos pequenos.

Page 17: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Forno castrexo.Escríbelle unha carta a un amigoexplicándolle como se facía a cerámicacastrexa.

Page 18: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Decora a cerámica seguindo os exemplos:

Vasixa decorada con triángulos equiláteros e liñas

paralelas.

Vasixa decorada con eses e trisquéis.

Prato decorado con liñasperpendiculares e cordóns.

Por que pensas que non se conservan cestos ou pezas de madeira que usaban os castrexos? Razoa a túa resposta.

Page 19: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Decora a vasixa á maneira castrexa pero ao teu gusto.

Page 20: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Os tearesA condición dos solos ácidos de Galicia non permite que se conserven restos dos

tecidos pero si algúns dos instrumentos empregados na súa elaboración. As fontes escritas dinnos que os habitantes dos castros vestían de negro e levaban unha túnica

ata os pés (sagum) coa que durmían no chan, en leitos de palla.Os tecidos empregados eran de la ou liño.

No caso da lá limpábase a través do lavado e batido cunha vara para darlle maior soltura. Rematada a limpeza, procedíase ó seu desenguedellado cun peite metálico.Unha vez obtida e peiteada a fibra, colocábase nun pau aberto (roca) de onde se ía

sacando para enrolalo . O fío que resultaba ía enrodelándose no fuso para facer unha bobina. Para isto, o fuso

levaba na parte inferior unha peza (fusaiola) que co seu peso e forma lle facilitaba a tensión do fío, sostiña a fiada e mantiña a velocidade do xiro.

O tecido realizábase en teares verticais de madeira; deles consérvanse as pesas que tensaban os fíos.

-Busca un verbo en pasado.-Unha palabra esdrúxula.

- O verbo “facilitaba” escríbese com b. Por que? Escribe a norma de ortografía.- Escribe tres palabras da familia de limpar:

- Escribe un sinónimo de “leito”: - Na cadea de produción dos tecidos, cal é a meteria prima?

Page 21: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Ordea os pasos que se tiñan que dar para facer os tecidos:

- Peitear a la cun peite metálico--Limpar a lá baténdoa cun pau.

-Colocar o fío na roca.-Enreda o fío no fuso que tiña unhafusaiola para darlle peso e que fora

máis fácil traballar con el.- Tecido no tear.-Rapar a ovella.

Page 22: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

VESTIDOS CASTREXOS

Page 23: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

Esta fin de semana celébrase en Lugo o “Arde Lucus” unha festa na que se representa o proceso de

romanización dos castros e todo o mundo elixe ir vestido de castrexo ou de romano.

Escribe as provincias galegas e tres castros que haxa nelas.

Marca cunha cruz a cidade de Lugo.

Coloca os límites de Galicia.

Page 24: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

ORFEBRERÍA

Page 25: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

GUERREIROS E ARMAS

Page 26: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

METALÚRXICOS

Page 27: Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Page 28: Dossier de actividades sobre castros e castrexos

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

• http://es.calameo.com/read/001393949c6d7e3ae5754

• Os Bolechas queren saber... Como é un castro? Autor, Pepe Carreiro. Editorial: A nosa Terra.

• A Nosa Historia. Os habitantes dos Castros. Autor, Pepe Carreiro. Editorial a Nosa Terra.