Ø #oncellerÅa de #ultura co propËsito de conmemorar o $Åa das … · 2015. 5. 6. · Ø...

1

Upload: others

Post on 27-Jan-2021

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • A Concellería de Cultura, co propósito de conmemorar o Día das Letras Galegas, que se celebrará o vindeiro día 17 de maio, convoca o VI Certame literario e artístico de conformidade coas seguintes bases:PRIMEIRA.PoderáPoderá concorrer a este certame calquera persoa empadroada no Concello de Ro-deiro, segundo as modalidades, que presente textos inéditos escritos en lingua galega ou pinturas orixinais. O tema é libre. Non poderán participar no certame nin os cargos electivos nin o persoal dependente do Concello, independentemente da súa vinculación xurídica co mesmo, así como os seus familiares no primeiro grado de consanguinidade ou afinidade.SEGUNDA.As persoas participantes enviarán dous exemplares do texto, en folios mecanografa-dos por unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra 12. En relato curto, a exten-sión mínima será de 1 páxina e a máxima será de 5. En poesía, a extensión mínima será de 20 versos e a máxima será de 50. Só se poderá presentar un traballo por persoa en cada unha das modalidades.Os textos deberán remitirse antes do 15 de maio de 2015 ao seguinte enderezo: Bi-blioteca Municipal. Rúa A, 28 36530 Rodeiro, Pontevedra.TERCEIRA.Para garantir o anonimato, nos textos non poden aparecer os datos persoais dos au-tores nin a súa sinatura. Figurará un pseudónimo do autor ou autora. Os datos per-soais (nome, apelidos, idade, DNI, teléfono e enderezo postal e electrónico) introdu-ciranse nun sobre pechado. No exterior deste sobre figurará o pseudónimo, a cate-goría e o título do traballo.O sobre cos datos persoais e as dúas copias do texto introduciranse nun sobre máis grande. No remite deste sobre grande terá que marcarse claramente a modalidade.CUARTA.En cada modalidade establécense tres premios, consistentes en vales pola contía que se especifica para a adquisición de material didáctico e/ou cultural en establece-mentos de Rodeiro:1ª modalidade: relato curto. Poderá participar calquera persoa sen límite de idade.

    · 1º premio: 100 euros· 2º premio: 60 euros· 3º premio: 30 euros

    2ª modalidade: poesía. Poderán participar alumnos de Educación Primaria e Secundaria.· 1º premio: 100 euros· 2º premio: 60 euros· 3º premio: 30 euros

    3ª modalidade: pintura. Poderán participar alumnos de Educación Infantil e Primaria.3ª modalidade: pintura. Poderán participar alumnos de Educación Infantil e Primaria.· 1º premio: 100 euros· 2º premio: 60 euros· 3º premio: 30 euros

    Non obstante, todos os participantes recibirán un diploma pola participación no con-curso.QUINTA.O xurado estará presidido pola Concelleira de Cultura e dous representantes da co-munidade educativa e cultural de Rodeiro, actuando como secretario o administrati-vo do Centro Cultural, con voz e sen voto.SEXTA.A decisión do xurado anunciarase públicamente e os premios entregaranse nun acto público que se celebrará no Centro Cultural Municipal.SÉTIMA.A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas recollidas nestas bases, así como a aceptación da decisión do xurado designado, decisión que será inapelable