viaxe á palma

3
GRUPO DE SENDEIRISMO “O SOUTO DO VELLO” 10 ANIVERSARIO VIAXE A LA PALMA PROGRAMACIÓN: 1º DÍA (DOMINGO, 1 DE ABRIL DE 2012) Chegada ao aeroporto de Vigo ás 8:00 h para realizar a facturación da equipaxe e a recollida, se fose preciso, dos billetes. Saída dende o aeroporto de Vigo no vó das 8:55 h con dirección Madrid. Chegada a Madrid ás 10:00 h Vó Madrid-Palma ás 12:00 h e chegada ao aeroporto de Santa Cruz de La Palma ás 13:55 (hora local). Traslado en autobús dende o aeroporto até os apartamentos “La Caleta” situados en Los Cancajos Distribución dos apartamentos. Visita á piscina do hotel. 2º DÍA (LUNES, 2 DE ABRIL DE 2012) Ruta NACIENTES MARCOS Y CORDERO – LOS TILOS o Duración: 5 horas aprox. Traslado en autobús ao punto de partida na Casa do Monte. Seguiremos a levada de auga dende a Casa do Monte até os Nacientes de Marcos y Cordero Ruta representativa da rexión norte da illa con bosques de Laurisilva. Pasaremos por 13 túneles ata chegar ós nacentes onde emerxe a auga de entre as rochas. É imprescindible levar chuvasqueiro, lanterna e calcetíns de reposto Impresionantes acantilados e fermosas vistas. No descenso hacia Los Tilos faremos un alto para achegármonos ao mirador do “Espigón Atravesado” Ao final da ruta chegaremos ao centro de interpretación de Los Tilos onde nos recollerá o autobús. Traslado a Los Cancajos. 3º DÍA (MARTES, 3 DE ABRIL DE 2012) Ruta PICO DE LA NIEVE – ROQUE DE LOS MUCHACHOS o Duración: 5 horas e media aprox. Traslado en autobús ao punto de partida. Nesta ruta andaremos pola parte máis alta da illa con altitudes que superan os 2.000 m. Pode facer frío. As vistas hacia o antigo cráter que déu lugar á “Caldera de Taburiente” son excepcionais. Poderemos observar desniveis e acantilados de máis de 1.000 metros de caída. O sendeiro discurre polo borde do cráter e o terreo está formado por “lapilli”, un tipo de rocha volcánica moi común na illa. É imprescindible levar auga en abundancia xa que NON HAI ningunha fonte durante todo o percorrido. Chegada ao “Roque de los muchachos” onde poderemos ver a ubicación dos grandes telescopios astronómicos instalados alí. Imprescindible levar protección solar e cortaventos. O Roque é o punto de maior altitude da illa (2.426 m)

Upload: pepe-chandrexa

Post on 10-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Descrición das rutas na Palma

TRANSCRIPT

Page 1: Viaxe á Palma

GRUPO DE SENDEIRISMO “O SOUTO DO VELLO” 10 ANIVERSARIO

VIAXE A LA PALMA

PROGRAMACIÓN: 1º DÍA (DOMINGO, 1 DE ABRIL DE 2012) • Chegada ao aeroporto de Vigo ás 8:00 h para realizar a

facturación da equipaxe e a recollida, se fose preciso, dos billetes.

• Saída dende o aeroporto de Vigo no vó das 8:55 h con dirección Madrid.

• Chegada a Madrid ás 10:00 h • Vó Madrid-Palma ás 12:00 h e chegada ao aeroporto de Santa

Cruz de La Palma ás 13:55 (hora local). • Traslado en autobús dende o aeroporto até os apartamentos

“La Caleta” situados en Los Cancajos • Distribución dos apartamentos. • Visita á piscina do hotel. 2º DÍA (LUNES, 2 DE ABRIL DE 2012)

Ruta NACIENTES MARCOS Y CORDERO – LOS TILOS o Duración: 5 horas aprox.

• Traslado en autobús ao punto de partida na Casa do Monte. • Seguiremos a levada de auga dende a Casa do Monte até os

Nacientes de Marcos y Cordero • Ruta representativa da rexión norte da illa con bosques de

Laurisilva.

• Pasaremos por 13 túneles ata chegar ós nacentes onde emerxe a auga de entre as rochas.

• É imprescindible levar chuvasqueiro, lanterna e calcetíns de reposto

• Impresionantes acantilados e fermosas vistas. • No descenso hacia Los Tilos faremos un alto para

achegármonos ao mirador do “Espigón Atravesado” • Ao final da ruta chegaremos ao centro de interpretación de

Los Tilos onde nos recollerá o autobús. • Traslado a Los Cancajos. 3º DÍA (MARTES, 3 DE ABRIL DE 2012) Ruta PICO DE LA NIEVE – ROQUE DE LOS MUCHACHOS

o Duración: 5 horas e media aprox. • Traslado en autobús ao punto de partida. • Nesta ruta andaremos pola parte máis alta da illa con

altitudes que superan os 2.000 m. Pode facer frío. • As vistas hacia o antigo cráter que déu lugar á “Caldera de

Taburiente” son excepcionais. • Poderemos observar desniveis e acantilados de máis de 1.000

metros de caída. • O sendeiro discurre polo borde do cráter e o terreo está

formado por “lapilli”, un tipo de rocha volcánica moi común na illa.

• É imprescindible levar auga en abundancia xa que NON HAI ningunha fonte durante todo o percorrido.

• Chegada ao “Roque de los muchachos” onde poderemos ver a ubicación dos grandes telescopios astronómicos instalados alí.

• Imprescindible levar protección solar e cortaventos. • O Roque é o punto de maior altitude da illa (2.426 m)

Page 2: Viaxe á Palma

4º DÍA (MÉRCORES, 4 DE ABRIL DE 2012)

Ruta circular do MIRADOR DE LA CUMBRECITA o Duración: 2 horas aprox.

• Traslado en autobús ata o punto de partida dentro do Parque Nacional de la Caldera de Taburiente.

• Ruta de curto percorrido e moi doada de facer. • Despois da ruta desplazarémonos ata o centro de visitantes

do Parque onde poderemos aprender moito sobre a illa e as súas orixes.

• Trasladarémonos a vila de TAZCORTE para o xantar. • Despois do xantar faremos unha pequena parada en PUERTO

NAOS e en LOS CANARIOS. • Regreso aos apartamentos de Los Cancajos. 5º DÍA (XOVES, 5 DE ABRIL DE 2012)

Ruta LOS BRECITOS – BARRANCO DE LAS ANGUSTIAS o Duración: 6 horas aprox.

• Traslado en autobús ata o mirador de LOS BRECITOS (1.100 m)

• Ao final da estrada, xa no mirador, comezamos a ruta que nos adentrará na espectacular Caldera de Taburiente.

• A baixada é levadeira e relaxada, entre bosques de piñeiros canarios e fermosas vistas do interior da caldeira.

• Chegados á “Playa de Taburiente” os máis intrépidos poderán coller a ruta hacia a “Cascada de la Fondada” de 1,5 horas (ida e volta) con treitos bastante perigosos pero cun espectacular final, e os máis calurosos poderán darse un refrescante baño nas diferentes zonas de spa do río Taburiente.

• Despois do baño seguiremos a ruta baixando por “El Reventón” (menos mal que faremos baixando)

• Despois do Reventón entraremos no “Barranco de las Angustias” polo que discurre o cauce do río Taburiente. O nome fai honor á ruta.

• É necesario ter precaución durante todo o percorrido polo Barranco.

• Recomendable levar bañador. • Chegados ao final do Barranco, colleremos o autobús que nos

levará de volta aos apartamentos. 6º DÍA (VENRES, 6 DE ABRIL DE 2012)

Ruta de “LOS VOLCANES” o Duración: 5 horas aprox.

• Traslado en autobús ata o “Refugio de El Pilar”. • Sairemos desde un fabulos parque forestal en dirección

hacia o Pico Birigoyo. • A senda continúa pola cresta denominada “Cumbre Vieja”

camiñando sempre cara o sur da illa. • O sol vai ser un dos protagonistas principais desta ruta. A

súa presenza axudada pola negrura do terreo van poñer a proba a resistencia de máis de algún.

• Imprescindible auga a reo e obligatorio levar protección solar.

• Teremos unha boa recompesta na chegada a LOS CANARIOS pois visitaremos o “Bar Parada” famoso polos seus exquisitos almendrados.

• Tras a “harta” de almendrados, colleremos o bus para regreso ao hotel.

Page 3: Viaxe á Palma

7º DÍA (SÁBADO, 7 DE ABRIL DE 2012) • Día de libre disposición para todos os que queiran facer

algunha visita pola súa conta á capital Santa Cruz de La Palma (a 10 minutos en coche)

• Existen varias liñas de transporte público que conectan Los Cancajos e S/C La Palma así como con outras localidades da illa.

• Moi interesante a visita á “Calle Real”, ao Mercado de abastos e a zona do casco antigo de S/C de La Palma.

8º DÍA (DOMINGO, 8 DE ABRIL DE 2012) • Preparativos para a saída cara o aeroporto de La Palma. • É preciso estar no aeroporto ás 13:30 (hora local) • O vó La Palma – Madrid está previsto para as 14:35 h. • A chegada a Madrid está prevista para as 18:15 (hora

peninsular) • O vó Madrid – Vigo ten prevista a saída ás 19:55 polo que

será preciso estar atentos aos paneis de voos para verificar a porta de embarque.

• A chegada a Vigo está prevista para as 21:05 h. RECORDATORIO • Equipaxe de man: Atención ás normas de seguridade aérea

sobre cantidades de líquidos e outras sustancias que poden ser levadas na cabina do avión.

• Non debemos esquecer: o Protección solar. o Barra de cacao. o Bañador

o Chanclas o Chuvasqueiro o Lanterna o Roupa de abrigo para o sendeiro de alta montaña. o Cantimploras (recomendable capacidade 1 litro ou

máis) • Como nos apartamentos hay posibilidade de lavar roupa non é

preciso levar gran cantidade de equipaxe. RESUMO DE VOOS IDA • 01/04/12 VIGO – MADRID 08:55 – 10:00 • 01/04/12 MADRID – LA PALMA 12:00 – 13:55 REGRESO • 08/04/12 LA PALMA – MADRID 14:35 – 18:15 • 08/04/12 MADRID – VIGO 19:55 – 21:05