a viaxe de xan
DESCRIPTION
CONTO NO QUE XAN VIVE UNHA AVENTURA CON JOHHAN SEBASTIAN BACHTRANSCRIPT
A VIAXE DE XAN
I
Había unha vez un neno chamado Xan que vivía
en Vilalonga. Eran as vacacións de verán e os seus
pais e Xan ían ir de viaxe a Alemania a visitar
Eisenach, a cidade onde nacera Johann Sebastian
Bach, un músico moi importante.
Xan tiña un conto que lle regalaran, que era o seu conto favorito, e titulábase “Johann
Sebastian Bach e as pantasmas” e dicía así:
Érase unha vez que nunha cidade alemana chamada Eisenach
naceu un neno ao que lle puxeron por nome Johann
Sebastian Bach. Johann Sebastián vivía rodeado de música e
el tamén quixo ser músico, e xa dende moi pequeno aprendeu a
II
tocar o seu instrumento favorito, o órgano.
Enfrente da casa de Johann Sebastian había unha montaña e na cima desta había un
misterioso castelo. Johann Sebastian sempre o miraba e desexaba entrar nel pero
dáballe un pouco de medo.
Un día decidiu achegarse para ver si podía
visitalo. Canto mais preto estaba mais grande lle
parecía e mais medo lle daba, pero non se
acovardou e seguiu andando ata chegar a porta.
Botou a man ao picaporte e nese intre escoitou un son
terrorífico UHHH!, UHHH!, UHHH!, UHHH!, tan terrorífico que
escapou correndo sen mirar atrás.
III
Cando chegou a súa casa o corazón latexáballe a cen por hora, e estaba colorado
coma un tomate. Sentouse nunha cadeira e tratou de tranquilizarse. Esa noite soñou
con pantasmas que vivían no castelo e que non deixaban entrar a ninguén, e decidiu
que non volvería a acercarse a aquel lugar nunca mais. E así o fixo.
Pasados algúns anos e cando Johann Sebastian Bach xa era maior e era un
compositor moi importante decidiu escribir unha obra para órgano que lle dera moito
medo ás pantasmas que vivían no castelo, tanto como o que tivo el cando quixo
visitalo.
Escribiu a Tocata e fuga en re menor e empezou a tocala
no órgano da igrexa. As notas saíron polas ventás e
chegaron ao castelo.
IV
Dentro do castelo vivía a
familia de pantasmas e cando
escoitaron aquela música
empezaron a tremer de medo.
De onde saldría aquel son tan
terrorífico, pensaron, e
decidiron saír para ver de
onde viñan eses sons.
Foron voando, con moito coidadiño para que ninguén os vira, e chegaron ás ventás
da igrexa. Miraron sen entrar e entón viron a Johann Sebastian Bach tocando aquel
enorme instrumento, cheo de tubos que chegaban ata o ceo e con botóns e teclas
por todas partes.
V
Ao principio non coñeceron a Bach porque a igrexa estaba
bastante escura, pero cando entraron déronse conta de que
aquel home era o neno ao que eles asustaran cando foi ao
seu castelo.
Nese intre decidiron falarlle. Johann
Sebastian notou como alguén lle facía
cóxegas no oído e cando se volveu veu a toda a familia de
pantasmas. Levou un susto tremendo, pero rapidamente
coñeceu a aquelas pantasmas, xa que soñara con elas
aquela vez, cando era neno.
As pantasmas e Johann Sebastian empezaron a rir a carcajadas xa que nese intre
todos déronse conta de que non tiñan porque ter medo uns dos outros.
VI
A partires dese día
Johann Sebastian Bach ía
ao castelo sempre que
quería e as pantasmas
convidábano a merendar,
e as pantasmas ían a
igrexa, a escoitar a Bach
tocar o órgano, sempre
que querían e este logo
os invitaba tamén a
merendar. E dende entón foron amigos para sempre.
Este era o conto que mais lle gustaba ler a Xan, o lía tódolos días antes de acostarse, e agora
non podía crer a sorte que tiña, xa que os seus pais o levaban de viaxe a aquela cidade onde
estaba ese fantástico castelo.
VII
A noite antes de marchar soñou que coñecía ás pantasmas que vivían no castelo e que se
facían moi amigos.
VIII
Cando Xan chegou a Eisenach foi cos seus pais
a un hotel e cando entrou na súa habitación non
podía crer o que estaba vendo. Dende a ventá
víase a montaña co enorme castelo. Xan púxose
moi nervioso e decidiu que ao día seguinte o
visitaría.
E así o fixo, os seus pais deixárono ir so porque o castelo estaba moi cerca e non parecía haber
ningún perigo.
Xan chegou a porta, botou a man ao picaporte e nese intre
escoitou un son terrorífico UHHH!, UHHH!, UHHH!,
IX
UHHH!, tan terrorífico que escapou correndo sen mirar atrás.
Cando chegou ó hotel o corazón latexáballe a cen por hora. Xan sentouse e foi
tranquilizándose pouco a pouco. Entón deuse de conta de que lle pasara o mesmo que lle
sucedía, no seu conto favorito, a Johann Sebastian Bach.
Decidiu volver inmediatamente ao castelo, aínda que seguía
tendo medo, e cando chegou á porta e puxo a man no
picaporte empezou a escoitar eses sons que facían as
pantasmas, pero tapou as orellas, abriu a porta rapidamente e
entrou.
X
Cando as pantasmas se deron conta de que aquel neno estaba
dentro do castelo deixaron de ouvear e preguntáronlle se non
lles tiña medo e el contestou que non, que
estaba no castelo porque quería visitar
as pantasmas que eran amigas de Johann
Sebastian Bach, que era o seu compositor favorito.
Xan díxolles que coñecía a historia de como se fixeran amigas
de Bach e que el tamén quería ser amigo seu.
As pantasmas quedaron encantadas e invitaron a Xan a merendar.
Mentres Xan estivo en Eisenach tódalas tardes merendaba no
castelo e cando tivo que volver a Vilalonga estaba un pouco triste por
XI
ter que separarse das súas amigas, pero díxolles que cando fora maior
volvería a visitalas sempre que puidera.
E así o fixo.
E COLORÍN COLORADO ESTE CONTO ESTÁ REMATADO
Autora: Mercedes Rivera Rodríguez
PROXECTO “JOHANN SEBASTIAN BACH” Curso 2008-2009