unidade didáctica o globo vermello - capital cultural · unidade didÁctica o globo vermello luns...

15
UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos de Ed. Primaria. de 1 15

Upload: ngothuy

Post on 27-Jul-2018

233 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

UNIDADE DIDÁCTICA

O GLOBOVERMELLO

LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia)Alumnado de 3º a 6º cursos de Ed. Primaria.

� de �1 15

Page 2: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

1. INFORMACIÓN PARA OS/AS DOCENTES

A sesión “O GLOBO VERMELLO”, á que corresponde esta unidade didáctica, é a segunda das actividades do programa de DIDÁCTICOS AUDIOVISUAIS que neste curso 2016-2017 se pon en marcha dende a Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, a través do Auditorio de Galicia.

QUE TIPO DE CONTIDOS VEREMOS NESTE PROGRAMA DE DIDÁCTICOS AUDIOVISUAIS?

Os contidos deste proxecto serán de dous tipos:

Por unha banda teremos as sesións de cine, é dicir, as actividades de exhibición audiovisual nas que os centros de ensino se desprazan á sala Mozart. Estas sesións terán entre 60 e 75 minutos de duración.

Desta volta, a sesión O GLOBO VERMELLO terá lugar o luns 27 de marzo ás 11.00 h.

� de �2 15

Page 3: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

Por outra banda estarán as accións de mediación como acompañamento das sesións, nas que se inclúen as actividades previas nos centros de ensino. Estas actividades suporán un achegamento ao contido que días despois os nenos/as ou adolescentes visionarán na sesión correspondente. Terán entre 40 e 50 minutos de duración (unha clase de primaria, secundaria ou bacharelato) na que se tratarán contidos:

.- temáticos (que é o que imos ver? que conta a historia?)

.- de contextualización (cando se rodou esta historia? como? de onde veñen os personaxes? como se relaciona coa nosa realidade?)

.- técnicos (como se fixo esta peza? que recursos técnicos se utilizaron? música, montaxe, tipos de planos…)

CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA?

Os obxectivos do programa que poñemos en marcha poderían resumirse en:

Achegar contidos audiovisuais ao público escolar dende o punto de vista didáctico.

Poñer a disposición dos/das escolares e docentes pezas/producións fóra da dinámica mainstream de fácil consumo.

Crear hábito e disposición para o consumo de audiovisual deste tipo de produtos.

Establecer pontes entre o audiovisual e outras manifestacións artísticas como a música, o circo ou a creación escénica.

QUE NOS IMOS ATOPAR NESTA 2ª SESIÓN: “O GLOBO VERMELLO”?

A 2ª sesión na sala Mozart consistirá na proxección da mediometraxe de Albert Lamorisse “O globo vermello” (1956), cunha presentación por parte do coordinador do programa e unha actividade posterior de cinefórum infantil na que os alumnos/as, coa guía e as preguntas do coordinador, reflexionarán sobre algúns dos aspectos máis salientables do filme, o seu encaixe no contexto actual e na contorna social e cultural do alumnado e a súa relación con outras obras, como as que xa traballaron nos talleres previos nos centros de ensino.

� de �3 15

Page 4: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

QUE É “O GLOBO VERMELLO”?

“O globo vermello” é poesía feita imaxe. É a película máis coñecida do cineasta francés Albert Lamorisse, usada ademáis en multitude de contextos pedagóxicos polo seu incontestable valor educativo. Protagonizada polo fillo do propio director, Pascal (a súa filla Sabine tamén aparece brevemente, interpretando á nena go globo azul), “O globo vermello” é a historia dun neno e o seu fiel e peculiar amigo, un globo vermello que o acompañará por todos os seus espazos de referencia: a casa, a escola, as rúas de París…. “O globo vermello” é un canto á amizade que non mira de formas, cores nin convencións sociais, e tamén á fantasía e a imaxinación, coa que podemos construír outros mundos posibles.

……………………………………………………………………………………………………………………………………………

Título Orixinal: Le ballon rouge.Ano: 1956.Duración: 34 min.País: Francia.Xénero: Fantasía.Dirección: Albert Lamorisse.Guión: Albert Lamorisse.Música: Maurice Leroux.Fotografia: Edmon Séchan.Produción: Albert Lamorisse.Intérpretes: Pascal Lamorisse, Georges Sellier, Vladimir Popov, René Marion, Sabine Lamorisse.

Sinopse: Pascal, un neno de París, atopa un globo vermello que, inesperadamente, se convirte no seu amigo e compañeiro fiel. Ou quizais foi

o globo o que o atopou a el? Xuntos van a todos lados, e o globo logra acompañar ao seu amigo en todos os lugares e situacións, sexa na rúa, na

casa ou na escola. ……………………………………………………………………………………………………………………

� de �4 15

Page 5: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

QUE EXPERIMENTAREMOS NA SESIÓN “O GLOBO VERMELLO”?

A estrutura da actividade do luns 27 de marzo será como segue:

� de �5 15

O GLOBO VERMELLO

INTRODUCCIÓN (5 min.) Presentación da actividade e diálogo inicial cos nenos e nenas por parte do coordinador do programa e mediador das actividades nos centros. Preguntas básicas sobre o cine en xeral e introducción da película que imos ver.

PROXECCIÓN: O globo vermello (35 min.)

Proxección da peza máis famosa do director francés Albert Lamorisse, que supón o contido central da sesión, a través do cal se artellan o resto de actividades e contidos.

ROLDA DE PREGUNTAS / DEBATE (10 min.)

A actividade post-proxección terá formato de cinefórum infantil, e comezará cunha rolda de preguntas xerais sobre que lles pareceu a película, buscando acordos e desacordos que xeren debate entre os alumnos e alumnas dos distintos centros presentes na sala.

ACTIVIDADES SOBRE OS ASPECTOS E TEMÁTICAS QUE APARECEN NO FILME (20 min.)

A derradeira sección desta sesión estará apoiada por unha presentación audiovisual e nela, e ao pé das preguntas e cuestións que xurdiron no debate, trataremos aspectos específicos de análise fílmica (tipos de planos, uso da cor, guión…) e temát ica (que temas recur rente s aparecen) en “O globo vermello”.

Page 6: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

2. ACTIVIDADES PARA ANTES DA SESIÓN.

(Levaránse a cabo nos centros de ensino correspondentes impartidas polo mediador, previa organización do calendario de accións cos/coas docentes. Duración: 50 minutos)

ACTIVIDADE 1. Introducindo a Albert Lamorisse e “O globo vermello” (20 minutos aprox.)

Na primeira parte do taller nos centros de ensino introduciremos a sesión con información sobre:

. O director da peza que imos ver, Albert Lamorisse. Falaremos da súa vida e obra, veremos un fragmento doutra película súa: “Crin branca” (1953). Contextualización e argumento. Onde e cando se rodou a historia? Que conta?. Análise cinematográfica. Como se rodou a historia? Poñendo especial atención en 3 aspectos: nos TIPOS DE PLANOS, no USO DA COR e na FALTA DE TEXTO (subtítulos). Personaxes. Principais (Pascal, o globo vermello) e secundarios (o profesor, os veciños, os outros nenos)

O enlace a “O globo vermello” (non está subtitulado en español):

https://www.youtube.com/watch?v=E4-ez1Klfzo

O enlace ao trailer de “Crin branca”:

http://www.dailymotion.com/video/xye40w_trailer-crin-blanc-d-albert-lamorisse_shortfilms

� de �6 15

Page 7: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

ACTIVIDADE 2. Definindo a AMIZADE (15 minutos aprox.)

A temática principal da película sobre a que artellamos esta sesión é a AMIZADE, unha relación fantástica e orixinal entre un neno e un globo vermello que se entenden nun idioma sen palabras e viven xuntos todas as aventuras posibles.

Reflexionaremos entón sobre QUE É A AMIZADE. Que significa esta palabra? Poderiamos definir este concepto? A amizade dase só entre iguais?

Para isto valerémonos de 2 textos literarios:

1.- “Platero y yo”, Juan Ramón Jiménez. Cap. 43: “Amistad”.

“Nos entendemos bien. Yo lo dejo ir a su antojo, y él me lleva siempre a donde quiero.

Sabe Platero que, al llegar al pino de la Corona, me gusta acercarme a su tronco y acariciárselo, y mirar al cielo al través de su enorme y clara copa; sabe que me deleita la veredilla que va, entre céspedes, a la Fuente vieja; que es para mí una fiesta ver el río desde la colina de los pinos, evocadora, con su bosquecillo alto, de parajes clásicos. Como me adormile, seguro, sobre él, mi despertar se abre siempre a uno de tales amables espectáculos.

Yo trato a Platero cual si fuese un niño. Si el camino se torna fragoso y le pesa un poco, me bajo para aliviarlo. Lo beso, lo engaño, le hago rabiar... El comprende bien que lo quiero, y no me guarda rencor. Es tan igual a mí, tan diferente a los demás, que he llegado a creer que sueña mis propios sueños.”

� de �7 15

Page 8: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

2.- “O principiño”, Antoine De Saint-Exupéry. Cap. 21: “O Principiño e o raposo”.

“- Adeus - contestou o raposo -. Este é o meu segredo. É ben sinxelo. Consiste en que só se ve ben co corazón, porque o esencial é invisible aos ollos”.- O ensencial é invisible aos ollos - repetiu o Principiño, para lembrarse ben.- É o tempo que perdiches coa túa rosa o que a fai tan importante.”

� de �8 15

Page 9: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

ACTIVIDADE 3. Traballando a FANTASÍA (15 minutos aprox.)

Sen tratarse dunha película de animación, nin sequera dunha película específicamente para público infantil, “O globo vermello” presenta unha característica propia do cine fantástico: que elementos inanimados, neste caso os globos, adoptan actitudes humanas.

Ademáis, nesta película toda a relación entre Pascal e o seu amigo o globo dase sen palabras: non hai texto entre os dous pero aínda así como espectadores e espectadoras entendemos a súa relación.

Na última parte do taller, a través de xogos teatrais moi sinxelos por parellas, os nenos e nenas investigarán coas convencións da interpretación sen texto e da fantasía.

A través de 2 dinámicas:

CREMALLEIRA!

O punto de partida é pechar a boca cunha “cremalleira”. A dinámica será sen texto nin son. Un membro da parella dirá ao outro unha acción (o xogo pode ser o máis amplo ou acotado que se queira neste senso) que esta persoa terá que interpretar sen texto nin sons.

A persoa que elixiu a acción irá guiando aos compañeiros e compañeiras que vaian dicindo posibles respostas, para que o “actor/actriz” poida centrarse na súa interpretación.

COBRA VIDA.

Esta dinámica pode levarse a cabo en grupo. Tratarase, esta vez si é posible facelo con texto e son, de “construír” un personaxe só a través de 2 estratexias:

1.- Variación dos pesos do corpo.2.- Fíos exteriores.

EXEMPLO: Como interpretar un globo? Imaxinemos que temos un fío exterior que nos tira do centro da cabeza. O noso peso corporal está no noso centro e é moi lixeiro. A nosa forma de camiñar, manternos erguidos, colocar os brazos, etc. darán sensación de lixeireza só tendo en conta esas 2 estratexias.

� de �9 15

Page 10: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

3. ACTIVIDADES PARA DESPOIS DA SESIÓN.

(Para ser levadas a cabo na aula polos/polas docentes, tras asistir á proxección de O GLOBO VERMELLO)

ACTIVIDADE 1. Coñecendo a fondo O GLOBO VERMELLO.

Unha vez vista a mediometraxe “O globo vermello”, completa:

En que XÉNERO CINEMATOGRÁFICO encadrarías a película? Xustifica a túa resposta.

Pensa na RELACIÓN entre o globo vermello e Pascal, e o globo vermello e os outros nenos. Relaciona estes conceptos con un ou cos outros:

AVENTURAS CIENCIA FICCIÓN ROMÁNTICO TERROR

CINE NEGRO WESTERN FANTASÍA ANIMACIÓN

Pascal ten/fai sentir ao globo…

Os outros nenos teñen/fan sentir ao globo…

ABUSO

VERGOÑA

HONESTIDADE

AMIZADE

COMPLICIDADE

MALDADE

BONDADE

� de �10 15

Page 11: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

Cales dos elementos do cadro debe ter unha amizade verdadeira? Cales non? Por que? Xustifica a túa resposta.

Despois de ter visto no taller previo e na sesión na sala Mozart os aspectos referentes aos TIPOS DE PLANOS e USO DA COR na película, analiza:

.- Que tipo de plano é este? Por que Lamorisse, o director, o utiliza?

.- Podes destacar algo do USO DA COR?

.- E este, que tipo de plano é?

.- Ves diferencia entre este e o plano de arriba?

.- Para que se utiliza este tipo de plano?

.- Lembras por que e como o director da película utilizaba a cor?

.- Que poderías destacar neste plano?

� de �11 15

Page 12: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

Investiga! Albert Lamorisse foi un director moi importante, busca pola rede que DOUS PREMIOS DE CINE moi importantes a nivel mundial gañou “O globo

vermello” en 1956.

ACTIVIDADE 2. Investigando o espazo e o tempo de O GLOBO VERMELLO.

O ESPAZO: París!

Que sabes sobre a cidade de París? Algunha vez estiveches alí? Busca información sobre ela e completa estas cuestións:

.- Cantos habitantes ten?

.- Cal é o nome do seu alcalde ou alcaldesa? Onde naceu?

.- En que ano se fundou a cidade?

.- Pon nome a estes 4 monumentos importantes da cidade de París

1.- 2.- 3.- 4.-

��

� de �12 15

Page 13: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

O TEMPO: 1956!

Esta será unha tarefa de investigación.

Volvamos visionar os primeiros 10 minutos de “O globo vermello”. Ves as cousas moi diferentes a como son agora? Identifica diferencias con respecto a:

Isto ocorría en París. E aquí, en Galicia?

As persoas que gardan a memoria daquel tempo son as que agoran teñen entre 65 e 70 anos, e eran nenos e nenas no tempo de Pascal e o seu globo vermello.

Os nosos avós e avoas, tíos e tías, bisavós e bisavoas…

TAREFA: Senta cunha persoa maior que teñas na casa e pregúntalle por como eran todas esas cousas cando era neno ou nena. Despois escribe unha pequena redacción.

Atréveste a mergullarte no pasado?

NA PELÍCULA NA ACTUALIDADE

AS DIFERENCIAS

SON:

AS SEMELLANZAS

SON:

A forma de vestir

Os medios de transporte

O colexio

As rúas e os edificios

� de �13 15

Page 14: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

ACTIVIDADE 3. Cousas INVISIBLES, cousas IMPORTANTES.

Como xa estivemos vendo, “O globo vermello” fala básicamente de 2 cosas: da AMIZADE e do poder de FANTASÍA. Pero… Como son estas 2 cousas? Que forma teñen? Que cor?

Será certo, como tamén vimos que dicía o Principiño, que “o esencial é invisible aos ollos”?

XOGEMOS!

Enumeremos entre todos e todas cousas que son invisibles pero que sabemos que existen, como o cariño, a amizade, o amor ou xenerosidade.

Fagamos unha lista no encerado. PREGUNTAS:

.- Como sabemos que existen se son invisibles? Son todas positivas ou hai algunha negativa?

.- Elixamos 3 desas cousas da lista, despois de ordealas por orde de importancia.

.- Que pasaría se esas cousas non existiran, poderiamos vivir igual?

.- Que pasa se desaparecen as cousas que son importantes pero son invisibles?

Despois de reflexionar sobre isto, que cada alumno/a traia da casa un globo dunha cor e na aula, nunha cartulina do tamaño dun carnet máis ou menos, escriba a cousa inmaterial e invisible máis importante na súa opinión (a amizade da miña mellor amiga, o cariño do meu avó, a fidelidade do meu can…) nunha cara e na outra cara a seguinte inscrición:

ANÍMASTE A SEGUIR A CADEA? Que cousa invisible para os ollos é importante para ti?

Inflaremos os globos e sairemos ao patio a soltalos, compartindo desa maneira co mundo todas as cousas invisibles e importantes que temos.

Agardando que o globo se vaia desinflando e caia nas mans dalgunha persoa que siga a cadea.

� de �14 15

Page 15: Unidade Didáctica O GLOBO VERMELLO - Capital cultural · UNIDADE DIDÁCTICA O GLOBO VERMELLO LUNS 27 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado de 3º a 6º cursos

CONTACTO:

Diego Vázquez MeizosoTelf.: 646361471

Correo-e: [email protected]

� de �15 15