un filme de margarita ledo andiÓn

11
UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN WWW.NACION−FILM.GAL

Upload: others

Post on 30-Jul-2022

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

WWW.NACION−FILM.GAL

Page 2: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

…um sitio onde pousar a cabeçam.a.pina

SINOPSE1969: Nieves Lusquiños entra a traballar na fábrica de louza «Pontesa» aos 14 anos. Lembra o primeiro sobre coa paga semanal, un sobre beis, non moi grande que tén que entregar na casa pero que a fai sentirse importante. Aos 18 estrea vacacións co seu Diane6 amarelo e descapotábel, estrea reunións prohibidas, os gintonic en «Flope»… até que un día o patrón deixa de pagar. ¿Traballar sen cobrar? Iso nin falar. Non traballedes gratis, por favor. A la mierda!, exclama Nieves.

Page 3: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

A intimidade da historia de Nación é Nieves, personaxe-sibila, e un grupo de operarias no papel de pasadoras, que nos dan a ver o que representa a fin dunha época na que a muller accedera ao traballo industrial. A súa experiencia chéganos a través de vestixios, de sinais, de imaxes do corpo como arquivo de acontecementos, persoais e comunais, que colocan nas mans e traen para a gorxa batallas á desesperada para manter os postos de traballo. Máis os ecos dunha frase «tardámosche ben en ser nación!», co seu reverso na ruína das fábricas de louza, de téxtil, de conserva. As marcas que esa desaparición deixa no filme son inscricións de momentos de existencia, de voces que entran en conflito coa iconografía oficial das mulleres como obxectos de «quita e pon». Son accións que manteñen o non, que desafían o augurio, que se expresan en feminino, que atravesan a cerca. É o retorno aos anos felices que preservan algúns arquivos.

Page 4: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

Nieves é ela e todas as mulleres que, condenadas a volver «ao fogar», buscan unha saída diferente. A convivencia con Mónica de Nut, performer e precaria, fai emerxer un relato que transita memoria e imaxinario deica chegar a respirar coa película. A voz da esfinxe, destinada a abrir e a pechar o filme, desvíase da súa función e deixase arrastrar por un corpo que, en acto, libera os medos. A arquitectura sonora que compón Mercedes Peón, elemento substantivo da atmosfera de Nación, vai a compás de imaxes cuxa orixe, imperfección e formatos diferentes achégannos, nalgúns momentos, a un filme de familia e sempre ao latexo da sororidade.

Page 5: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

O Grupo de Empresas Álvarez, ao que pertence A Pontesa, referencia na que se engarza Nación, pecha en 2001 sen pagar salarios e indemnizacións. A inmobiliaria Subel adquire parte dos terreos das fábricas pero incumpre os acordos coas traballadoras que lle reclaman, desde hai anos, 2,5 millóns de euros.

O 28 de xaneiro de 2020 o xuízo ficou «visto para sentenza».

Page 6: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

INTENCIÓNSempre cualifico Nación como un filme da estirpe dos de «procura e descuberta», antipatriarcal, que trata do moito que tardamos as mulleres en sermos cidadás, non soamente en ter dereito a votar senón en acceder ao traballo asalariado e sermos independentes. En resumo, o moito que nos costa sermos Nación. Unha das fábricas que escollín é A Pontesa, porque cubre un período (1961-2001) que atravesa mudanzas políticas e do sistema capitalista; porque a louza, co téxtil e a conserva, é dicir, todo o que ten a ver coa coida e co vestido, son pólas moi representativas do acceso das mulleres ao traballo.

Page 7: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

Nación é un filme de non ficción e baixo orzamento que comecei custeando cos cartos dun premio e co que lle dou continuidade a unha liña de traballo que contribúe á construción dun novo canon para o cinema de xénero, canon que vai par alén das personaxes femininas como protagonistas e que aposta por traballar politicamente e con rexistros diversos a expresión fílmica. A nivel temático enfróntome coa fin do traballo industrial e coa muller como primeira afectada, a volver andar aqueles vieiros de regreso «ao fogar» canda as súas pantasmas seculares de histeria, silencio, expulsión do desexo.

Por iso Nación é filmar dende o corpo como arquivo de pequenos acontecementos, persoais e comunais; é filmar o vivido como índice, como vestixio, como memoria, nas marxes do relato patriarcal. Por iso o filme Nación enlaza imaxes que auto-rexistraron e rexistraron a acción e a fala das mulleres en diferentes épocas e situacións.

Page 8: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

Resignificar o material de arquivo desde o presente; traballar a inscrición de clase e feminista; pensar o cine sempre desde unha cultura e en versión orixinal... Nación é cine de procura, o real expresado a través dunha proposta autoral, o corpo que respira coa película; a restitución na esfera pública da muller forzada a encerrarse, outra volta, nun espazo velado. É peneirar na intimidade da Historia ate facernos con eses sinais que terman do Non.

Page 9: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

créditos

Guión e dirección: Margarita Ledo AndiónDirector de fotografía: Alberte BrancoMúsica: Mercedes PeónMontaxe: Marcos Flórez, numaxCon: Nieves Pérez Lusquiños, Manuela Nóvoa Pérez, Ester García Lorenzo, Carmen Portela Lusquiños e Carmen Álvarez Seoane, ex-traballadoras d’A Pontesa; Mónica Camaño, Mónica de Nut, Laura Martínez Iglesias, Xoana Pintos, Eva VeigaE a intervención de: Delfina Otero Lores, na rega do millo; Xosé Manuel Ollea, condutor do Diane6; Clara Sánchez Munín, dependenta de onbre; Traballadoras e traballadores de Cerámicas Do Castro-Sargadelos, SadaEva Veiga, Soño e Vértice: «Se vivo... » na súa vozRafa Lobelle, Cotodamina: «Foramos apañar berros...» na voz de mlaImprovisacióm vocal: Mónica de NutKeke Vilabelda, instalación na Granxa Tejeda, co apoio de Bernardo Tejeda e Luís MoscardóColaboración no guión: Mónica CamañoDocumentación: M. Soliña BarreiroSon: Sisco Lariño e Emilio García RivasAxudantía de dirección: Anxos Fazáns e Roi FernándezSegundos á dirección: Nacho Ozores e Ángel López GonzálezImaxes do xuízo: Xosé Manuel HermidaFoquista: Deirdre CanleAuxiliar de cámara: Yaiza Carreradit: Pedro Vilas e Sara HermoEléctrico: Miguel DovalMicrofonista: Chema SilvaProdución executiva: Margarita Ledo AndiónDirectora de produción: Olaia Ledo DíazXefa de produción: Silvia FuentesColaboración especial: Cipriano Jiménez CasasAxudantía de produción: Roi Fernández Fernández, Xana Ledo Díaz, Raquel Araújo e Eva DomínguezPosprodución de imaxe e dcp: Pablo Cayuela, numaxPosprodución de son: Emilio García Rivas, cinemarDirección financieira: Xosé Luís Ledo AndiónGráfica: Antonio Doñate, Laboratorio numax

arquivosLejos de los árboles, 1965-1970, Jacinto EstevaTalleres Alonarti, Sociedad La Artística, Ltda., 1928, José Giltve: «Navidades en Puentesampayo», 1962tvg: Pontesa, Telanosa, Odosa,Contenedor de feminismos: otts (Organización de Traballadoras e Traballadores do Salnés),1989Doli, Doli Doli... coas conserveiras. Rexistro de Traballo, 2010, Uqui PermuyAs Encrobas, 1977, Xosé CastroFondo Carlos Varela VeigaFondo fotográfico da Asociación Cultural «Santa María» de PontesampaioBiblioteca da Misión Biolóxica de GaliciaÁlbum familiar de María Vidal Rincónwww.dogrisaovioleta

agradecementosDaria Esteva, Javier Romero Fadrique, Xosé Manuel Ollea, Iria Varela Fernández, Lois Diéguez, Ramiro Ledo Cordeiro, Uqui Permuy, Xosé Castro, Rosa Orge Vidal, María Vidal Ricón, Miriam Miguélez -Biblioteca da Misión Biolóxica de Galicia, Chema Armada-cgai, Quico Obelleiro e Berta Campos Seoane, Luís Iglesias Pérez, Antón Lopo, «Alguén que respira», José Luis Vázquez: Cerámicas do Castro-Sargadelos, Lanas Maruja: Rafael del Río Viturro e Aurora Bolon Becerra, fundadores. Colaboración: Deuzimar Chaves CairesOnbre: Manolo Loimil, Itaipú Trade S.L.: Jesús Puentes, Grupo Nogar, Emilio Pérez, Pablo Ríos Crespo, Martín Barcala Blanco e Evaristo Sotelino Sotelino Porcelanas Arcadia: José Gómez González e Alfonso Alonso Avendaño,Granxa Tejeda: Bernardo Tejeda e Luis Moscardó, Charo Charoa, Familia Rial Otero Antonio Barreiro Lorenzo, José Luis López Carregal e Carlos Hernández García Estrella Cortegoso Otero, Consuelo e Dolores García Costa, Dolores Parra, Alejo Amoedo e Julio Alonso, Maos Innovación Social: Maria Abelleira Motse Fajardo, Maite Pena, Marcos Conde, cig-Pontevedra Xaime Varela, María Pereira, Manuel Puga, Luís de Milagros, Maruxa Ledo Arias, David Barro, Silvia Roca Bamonde Bar A Romana, Hotel San Luís David Trillo-Navieira Robinson da Lobeira, David López-Navieira Nautirfis, José Luis Aguilar, Carla Guzmán Losada, Montserrat Sala Álvarez Inmobiliaria Centro Inmobiliario, Galerías Vía Cambre Concello de Vilaboa agapi, Trípede

Subtítulos en inglés: Merce Martínez Lorenzo, Universidade de VigoRevisión: Anna Perkins

gravada enNoalla, Pontesampaio, A Insua, Arcade, Vilaboa, Santiago de Compostela, Illa Lobeira-Corcubión, O Castro de Samoedo-Sada, A Coruña, Castro de Rei-Terrachá

[A Carmen Fernández, Nós, p.c.g. e Luís Obelleiro, in memoriam]

Page 10: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

MARGARITA LEDO ANDIÓNEscritora e cineasta, é catedrática de comunicación audiovisual da usc. Da súa novela Porta Blindada (Edicións Xerais, vigo, 1990), devén a personaxe masculina de A cicatriz branca (Galicia-Argentina, 2012), a súa primeira película de ficción, un filme feminista que contou cunha axuda do icaa e do Instituto de la Mujer. Investigadora e autora de otras sobre cinema autoral como Cine de fotógrafos (gg, Barcelona, 2005), premio «Espais d’Art Contemporani» o de ensaios como El cuerpo y la cámara (Cátedra, Madrid, 2020), a súa vertente experimental está en curtas que forman parte da programación do Festival de cine periférico S8 (Illa, 2009; A auga branca, 2019) para alén de Cienfuegos, 1913 (2008) para a Feria del Libro de La Habana ou Groenlandia (2018) para o Festival de Poesía «Alguén que respira».

Entre outros festivais (DocsLisboa, Málaga, Babel...), en 2012 o de Douardenez, exhibe as longametraxes Santa Liberdade (Galicia-Brasil-Venezuela, 2004) e Liste, pronunciado Lister (Galicia, 2007) e no 2017 o festival internacional DocumentaMadrid dedícalle unha retrospectiva so a marca da utopía e as errancias do século xx.

No ámbito do cinema militante é produtora executiva de cccv, 2005, de Ramiro Ledo Cordeiro e autora de curtas como Lavacolla 1939 para o filme colectivo Hai que botalos! (2006). É autora, asemade, de obras de factura cultural e social coma a mediametraxe Apuntamentos para un filme (2012), incluída nos programas da Secretaría Xeral da Igualdade; Manuel María: «eu son fala e terra desta miña Terra» (2005/2016), ou a peza Bucle, para o libro-cd «Herdeiras» de Carmen Penim.

Dirixe o Grupo de Estudos Audiovisuais e a serie «Para unha historia do cinema en lingua galega», con tres volumes xa publicados pola editorial Galaxia: Marcas na Paisaxe, 2018; A foresta e as ás árbores, 2019; De illas e sereas, 2020. A súas liñas de pescuda traballan a produción e acceso a bens culturais dende a diversidade e as políticas de comunicación e as teorías feministas nos universos da creación e a expresión. Dirixe o proxecto de i+d+i Patrimonio Cultural Inmaterial: Para un programa europeo de subtitulado en linguas non-hexemónicas, que é continuación do que finalizou en 2015: Cara ao espazo dixital europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión orixinal. É Premio Nacional da Cultura Galega 2008 en Cine e Audiovisual, Premio Otero Pedrayo 2017 e membro da Real Academia Galega.

Imaxe: Xoxé Castro

Page 11: UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

UN FILME DE MARGARITA LEDO ANDIÓN

CON MÓNICA CAMAÑO, MÓNICA DE NUT, XOANA PINTOS E LAURA MARTÍNEZ IGLESIAS E AS EX-TRABALLADORAS D’A PONTESA NIEVES PÉREZ LUSQUIÑOS, MANUELA NÓVOA PÉREZ, ESTER GARCÍA LORENZO,

CARMEN PORTELA LUSQUIÑOS E CARMEN ÁLVAREZ SEOANE COLABORACIÓN ESPECIAL EVA VEIGA GUIÓN E DIRECCIÓN MARGARITA LEDO ANDIÓN DIRECTOR DE FOTOGRAFÍA ALBERTE BRANCO aec

MÚSICA MERCEDES PEÓN MONTAXE MARCOS FLÓREZ. LABORATORIO numax COLABORACIÓN NO GUIÓN MÓNICA CAMAÑO DOCUMENTACIÓN M. SOLIÑA BARREIRO SON SISCO LARIÑO E EMILIO GARCÍA RIVAS

AXUDANTÍA DE DIRECCIÓN ANXOS FAZÁNS E ROI FERNÁNDEZ FOQUISTA DEIRDRE CANLE PRODUCIÓN EXECUTIVA MARGARITA LEDO ANDIÓNDIRECTORA DE PRODUCIÓN OLAIA LEDO DÍAZ XEFA DE PRODUCIÓN SILVIA FUENTES

Cultura