revista quinsa xxii definitivo

56

Upload: fjsi69

Post on 11-Jul-2015

142 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Revista quinsa xxii definitivo
Page 2: Revista quinsa xxii definitivo
Page 3: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

ÍNDICE

IndIce ………………………………………………………………………………………………………………….. 2

edItorIal ……………………………………………………………………………..…………………………….. 3

entrevIstas a actUal dIrectora do centro ……………………...…………..…………..… 4

entrevIstas a antIGos dIrectores do centro ………………………..…………………….. 7

entrevIstas a antIGos/as alUMnos/as do centros ………………………..………….. 11

ProGraMas ………………..……………………………………………………………………………….……. 15

Mellores traballos ………………………………..…………………………………………………….. 18

Portadas de dIFrentes nÚMeros ……………………………………………………..……………. 40

notIcIas do centro…………………………. …………………………………………………………...…. 42

letras GaleGas do 2012 ……………………………………………………………………………..…. 45

notIcIas destacadas dos ÚltIMos 25 anos ………………………………………………...… 47

FotoGraFÍas das dIFerentes ProMocIÓns en 25 anos ……………………………...….. 50

2

Page 4: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

EDITORIAL

Esta edición especial da nosa revista Quinsa queremos adicala a todas e cada unha das persoas que formaron parte do noso centro. A todas elas: Mestres, alumnos/as, pais/nais … grazas por participar de 25 anos de historia.

O Equipo Directivo

Así eramos ...

así somos.

3

Page 5: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Entrevistas aos nosos directores

A qué idade comezou a ser profesor/a? Re-corda o seu primeiro día de clase? Exercín por primeira vez como mestra aos 28 anos. Claro que lembro o 1º día, ese día non se esquece, estaba moi nervosa e un pouco perdida pero rematei o día sabendo que esta profesión estaba feita para min. Cándo chegou ao noso colexio. Cántos anos estivo nel?.Estivo a gusto aquí? Che-guei ao colexio no curso 2008-09 Qué é o máis gratificante dos teus anos no ensino? Ate o momento na miña carreira como mestra o máis gratificante é ver co-mo os teus alumnos avanzan e no meu caso como mestra de infantil ver como crecen e evolucionan e saber que es partí-cipe deses logros. Si tivera que volver a elixir unha profe-sión elixiría esta? Por qué? Claro que volvería a ser mestra, quizais son un pou-co idealista, “happy” como algúns me defi-nen, pero creo que os mestres temos o po-der de cambiar as cousas, quizais un pouco o mundo, non podemos esquecer que quen están hoxe nas nosas aulas mañá serán quen nos gobernen. É difícil ser director dun colexio? Por qué?

Esta pregunta ten unha dobre resposta. Difícil? Non cando contas co apoio de toda a comunidade educativa, o problema é que non sempre é así e é entón cando aparecen as dificultades. Con qué problemas se enfronta un direc-tor? O primeiro problema es ti mesma porque non estás preparada para asumir as funcións da dirección dun centro. Nosoutros somos mestres, non somos con-tables, nin temos dirección de empresas, nin expertos en riscos laborais … e preten-den que asumamos todo tipo de responsa-bilidades sen unha preparación previa. Houbo algún recoñecemento por parte da Administración deste labor? Non teño ningún recoñecemento por parte da admi-nistración. O complementos económico é irrisorio e aparte diso non hai nada. Qué opina da Educación actual.? Hoxe en día todo o mundo entende de educación e non se valora a labor que realiza o docen-te. A pesar diso creo a educación é de máis calidade que cando eu estudei, os alumnos teñen máis protagonismo e existe unha educación individualizada e igualitaria. Creo na educación pública como está conci-

Estíbaliz Ibarretxe Martínez Directora curso 2011-12

4

Page 6: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Entrevistas aos nosos directores

bida actualmente, a pesares que como do-centes non nolo poñen fácil dende os dis-tintos estamentos. Qué prefire, aula e xiz ou despacho? Cando tiven que asumir o cargo de direc-tora díxenlles as miñas compañeiras que seguía a ser a súa compañeira de infantil, que circunstancialmente sería a cabeza visible do claustro. E así é como me sinto: sempre mestra antes que directora, sem-pre na aula antes que no despacho, aínda que xa que estamos o facemos con alegría. Recorda cal foi o momento máis difícil que lle tocou vivir aquí como director? E cal o mellor? Pois neste corto período de tempo aínda non tiven tempo para sen-tarme e valorar bos e malos momentos, pero imaxino que o farei. Aínda que si al-go teño que resaltar é ao meu equipo. Qué limitacións teñen os colexios? Sobre todo económicas as aportacións para mantemento dos espazos así como para materiais é moi xusta e nos tempos que corren máis, pois como vemos na actuali-dade si hai que recortar que mellor que en educación. Qué reformas urxentes cree que precisan a maioría dos colexios? Pois, patios cuber-tos, pavillóns, instalacións eléctricas, ca-bleado acceso a internet. Falando dos pais, qué papel debe xogar a familia na educación? Os pais xogan un

papel moi importante como colaboradores na educación dos seus fillos, cando os pais non se implican é máis difícil levar o no-so labor pero sabendo en todo momento cales son as funcións de cada un na esco-la. Ás veces os profesores se queixan de que se ven obrigados a suplir as funcións dos pais, Que opinión ten sobre o tema?. Ese prantexamento é erróneo porque un pro-fesor nunca pode nin debe suplir aos pais. Cando se fala de problemas de conviven-cia nas aulas, é para tanto? É moi diferen-te do que ocorría hai anos? Neste colexio non se dan problemas de convivencia, o ambiente entre o alumnado é armónico. Efectivamente hai conflitos menores pero como nenos que son e non teñen estra-texias suficientes para solucionar eses problemas, aí é cando entra a función do mestre, ensinarlles distintos mecanismos de resolución. Isto existiu sempre aínda que é certo que os valores sociais están en crises. Hai quén di que os alumnos de hoxe en día queren ser como Harry Potter, conse-guilo todo co menor esforzo. Coincide con esta opinión? Quizais llo poñemos todo demasiado fácil e non lles damos a opor-tunidade de valorar o que custan as co-usas. Seguen existindo dificultades en educación tales como o fracaso escolar .Cal é a súa opinión sobre este tema? O fracaso escolar

5

Page 7: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Entrevistas aos nosos directores

existiu sempre, só que agora tentamos que todos cheguen e tiramos deles, antes só estudaban os que” valían”. O mestre ten que educar en todos os sen-tidos ou limitarse a impartir coñecemen-tos? Quizais a impartir coñecementos pe-ro somos persoas e poñemos sentimentos non que facemos, é moi difícil non invo-lucrarte cando se trata de nenos cos que convives 5 horas diarias 270 días ao ano. Si puidera retroceder no tempo, volvería ao noso colexio? ¿Por qué? Cando che-guei ao colexio fai 4 anos viña coa idea de marcharme ao ano, dende entón pasa-ron moitas cousas, algunhas moi impor-tantes, coñecín a un grupo humano im-presionante que hoxe forma parte da mi-ña vida. Agora podo dicir que Quintela é o meu cole.

6

Page 8: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

ENTREVISTAs aos nosos directores

A qué idade comezou a ser profesor/a? Recorda o seu

primeiro día de clase? Tiña 20 anos aca-bados de cumprir. O primeiro día de clase foi na escola unitaria nº 1 do Viso. Ía cun pouco de medo xa que era unha escola con máis de 50 nenos ( as nenas ían a outra escola) entre os 6 e os 15 anos, algúns de-les máis altos ca min. Pero non houbo ningún problema. Daquela había máis respecto, educación e tamén máis medo. Cándo chegou ao noso colexio?. Cántos anos estivo nel?.Estivo a gusto aquí? Che-guei ao CEIP de QUINTELA o 01/09/1988 e xubileime o 31/08/2009. Foron 21 anos (deles 16 como director) moi a gusto, salvo momentos puntuais moi tristes (pasamento de compañeiros, de alumnos ou ex alumnos, roubos, etc) Qué é o máis gratificante dos seus anos no ensino? Ver como os alumnos que chega-ron á escola sen saber ler nin escribir, ho-xe son excelentes profesionais ( médicos, avogados, mestres..) e o máis importante. boas persoas. Si tivera que volver a elixir unha profe-sión elixiría esta? Por qué.? Si, para min non hai maior satisfacción que ver que un neno ao que lle ensinaches a coller o lapis para escribir o seu nome, hoxe é un exce-lente profesional e unha gran persoa.

Vostede cree que os seus alumnos o apre-cian? Iso teriades que preguntarllo a eles, pero podo dicir que manteño moi boas relacións coa maioría dos alumnos que atopo no meu camiñar por unha ou outra causa.. É difícil ser director dun colexio? Por qué?Con qué problemas se enfronta un direc-tor? Non si contas coa colaboración dos compañeiros, pais, institucións... Con qué problemas se enfronta un direc-tor? Nos 16 anos de director, o peor foi, por unha banda, a falta de dotación ( cando chegamos non había fotocopiadora, má-quina de escribir, etc) e por outra banda a incomprensión por parte dalgúns pais. Houbo algún recoñecemento por parte da Administración deste labor? Non. Qué recordos ten en xeral dos alumnos deste centro? Salvo moi contadas excep-cións, teño moi bos recordos de todos eles. Qué opina da Educación actual.? A verdade é que non moi boa. De feito vendo o que me agardaba co novo sistema foi o que me levou a xubilarme antes dos 65 anos. Qué prefire, aula e xiz ou despacho? A aula e o xiz, pero con libros e cadernos,

José Somoza, director do CEIP de Quintela no período 1993-2009

7

Page 9: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

ENTREVISTAs aos nosos directores

non con canóns, ordenadores, tabletas, etc, polo menos en educación primaria.. Recorda cal foi o momento máis difícil que lle tocou vivir aquí como director? E cal o mellor? O peor foi un accidente a porta do colexio, cando cremos que había unha nena debaixo dun coche sen freos. Tampouco é un bo recordo ir ao enterro dun alumno ou exalumno, dunha compañeira..

Qué limitacións teñen os colexios? No caso do noso colexio a falta de espazos e locais para a realización de distintas actividades.

Qué reformas urxentes cree que precisan a maioría dos colexios? No noso caso un te-llado novo, instalacións deportivas cuber-tas, acceso a persoas con minusvalías físi-cas, unha novoa instalación eléctrica..etc.

Falando dos pais, qué papel debe xogar a familia na educación? Na miña opinión, a educación deben dala os pais na casa e no seu entorno familiar e colaborar co colexio na formación dos seus fillos. Ás veces os profesores se queixan de que se ven obrigados a suplir as funcións dos pais, Que opinión ten sobre o tema?. Si so-mos mestres de educación primaria debe-mos ensinar e educar colaborando cos pais e si é preciso suplilos cando eles non están ou non poden. Cando a lei o permitía levei no meu coche a alumnos ao médico ou a

casa cando estaban doentes, perdían o au-tobús,etc, Sempre tiven en conta que traba-llaba con persoas, non co materiais ( co-ches, barcos, ladrillos...)

Cando se fala de problemas de convivencia nas aulas, é para tanto? É moi diferente do que ocorría hai anos? Penso que en pri-maria non, na ESO xa é outro cantar. An-tes había máis respecto e educación por parte dos alumnos e dos pais. Tamén pode que houbese máis medo ao castigo.

Cambiaron moito as normas de discipli-na? E os castigos? Creo que si tanto nas normas como nos castigos. Nin o de antes era todo malo, nin o de agora é todo bo. Tamén penso que hoxe fálase moito de de-reitos pero nada de deberes e obrigas.

Hai quén di que os alumnos de hoxe en día queren ser como Harry Potter, conseguilo todo co menor esforzo. Coincide con esta opinión? En parte si, pero creo que non debemos xeneralizar, aínda que hoxe para algúns ten máis méritos Belén Esteban que Pedro Duque , por exemplo.

Seguen existindo dificultades en educación tales como o fracaso escolar .Cal é a súa opinión sobre este tema? Quedamos agra-decidos por atender a nosa chamada e pola vosa colaboración un saúdo. ALUMNADO DO 3º CICLO DE PRIMARIA

8

Page 10: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

ENTREVISTAs aos nosos directores

Javier Núñez primeiro director do CEIP de QUINTELA.

A qué idade comezou a ser profesor/a? Recorda o seu pri-meiro día de clase? Antes de nada quixera felicitar a toda a

comunidade educativa do CEIP de Quintela, así como a tódolos veciños e veciñas desas fermosas parroquias que por varios moti-vos teño en tanta estima. Era moi novo, e o destino fixo que con 23 anos tivera que desprazarme a vila do Barco de Valdeorras onde me estreei como mestre con oposición. Antes traballei na “Cidade dos Muchachos” do recordado Padre Silva. Lémbrome que na miña clase esta-ban, entre outros, dous nenos que traba-llaban como trapecistas no “ Circo dos Mu-chachos”, foi unha experiencia única. Cándo chegou ao noso colexio. Cántos anos estivo nel?.Estivo a gusto aquí? Ó co-lexio de Quintela cheguei precisamente fai agora 25 anos xa que foi cando se inaugu-rou o centro.O primeiro ano tivemos moi-tos problemas,incluso non puidemos dar clases e houbo que desprazar aos nenos/as ao cole de Redondela. Algo difícil de en-tender, foron cousas da xente superinteli-xente que fixo o edificio sen antes adaptar as estradas para os autobuses. ¡Menuda coña!. Qué é o máis gratificante dos teus anos no ensino.Si tivera que volver a elixir unha profesión elixiría esta? Por qué.? Unha

profesión calquera, e a de mestre aínda máis, é gratificante se contas con vocación para exercela. Por iso, si volvera nacer non dubidaría en escoller o ensino como a miña forma de vida. É difícil ser director dun colexio? Por qué?Con qué problemas se enfronta un direc-tor? Todo depende do que se entenda por difícil. Si pos todo o teu interese e tódolos teus esforzos estarás contento contigo mesmo, iso é o importante, as dificultades son un reto para calquera, o esencial é fa-cer todo o posible por superalas. Houbo algún recoñecemento por parte da Administración deste labor? Non é unha profesión que destaque polos agradece-mentos das administracións. De tódolos xeitos” que mellor recoñecemento que o de tantos nenos /as que viches medrar e que humildemente colaboraches para tentar facer persoas con valores que tanto preci-sa a nosa sociedade” Qué recordos ten en xeral dos alumnos deste centro? Aínda que xa fai 25 anos, gardo moitos recordos. Destacaría o 1º “Entroido” coas comparsas escolares desfi-lando polas rúas de Quintela, ou o “ festi-val de fin de curso”, con espectáculos de todo tipo, moitos daqueles alumnos son hoxe músicos de afamadas orquestras. Qué opina da Educación actual.? Hoxe, os que xa temos unha idade, pode-

9

Page 11: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

ENTREVISTAs aos nosos directores

mos dicir que estamos orgullosos da cate-goría que alcanzou o ensino. Espero que todo aquilo polo que loitou tanta xente non se esnaquice coa desculpa da tan denostada crise. Qué prefire, aula e xiz ou despacho? A verdade é que coido que ninguén se sinte director. Son situacións puntuais na vida dun mestre que nunca pensa en abando-nar nin a aula nin o xiz, aínda que a súa pizarra non fose dixital. Recorda cal foi o momento máis difícil que lle tocou vivir aquí como director? E cal o mellor? Momentos agradables, aínda que foi pouco tempo, vivín un feixe deles. Todos os mo-mentos felices non fan esquecer para nada un suceso que nos marcou para sempre, cando nos deixaron nun terrible accidente os compañeiros Regina e Santi. Falando dos pais, qué papel debe xogar a familia na educación? Os pais e nais deben ser axentes activos no proceso educativo dos seus fillos/as. A dinámica educativa integra a mestres, pais/nais, fillos e a comunidade educativa no seu conxunto. A sintonía entre os dous ámbitos vitais do neno/a, ademais de xerar confianza entre nais/pais e mestres, estimulará a idea de cooperación entre as familias e os centros escolares para conseguir o desenvolve-mento e formación dos alumnos. Cambiaron moito as normas de disciplina? E os castigos? A autoridade dun mestre

amosase cando se logra a obediencia sen recorrer ao castigo. Esta autoridade depende da personalidade de quen a exerce. Se non existe unha boa conexión entre o mestre e o alumno, o ensino será moito máis difícil. Hai anos había situacións que xeraban moita violencia dentro das aulas, temos que pensar que os mestres de antes, aos que gardo un especial cariño,non contaban cos avances de hoxe, tendo un número esaxerado de alumnos e poucos medios.

Seguen existindo dificultades en educación tales como o fracaso escolar Cal é a súa opinión sobre este tema? Hoxe con tantos adiantos, pódese caer na tentación de apli-car a lei do mínimo esforzo. Fai anos a si-tuación era ben distinta xa que, como dicí-an os nosos avós “as dificultades agudizan o enxeño”. Moitas situacións de fracaso escolar veñen dadas pola falta de conexión entre familia e escola ou por utilizar indebidamente os modernos medios que están ao alcance de calquera neno/a.

Un saúdo para todos; mestres, alumnos, ANPA..., e felicitacións polo voso traballo que fai que este aniversario sexa motivo de or-gullo para todos os que compoñemos este mundo tan especial da EDUCACIÓN.

ALUMNADO DO 3º CICLO DE PRIMARIA

10

Page 12: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

ENTREVISTAS antigos alumnos

ENTREVISTA AOS EXALUMNOS DE QUINTELA Ana Belén Pazos Amoedo, Beatriz González, Julio Alexander Gonzá-lez Senra

Como recordas aqueles anos de escola? Ana Belén: De toda a EXB foron os meus mellores anos. Beatriz: Daquela non eramos moitos ne-nos, pero aínda así pasámolo moi ben, re-cordo que na nosa clase eramos tres rapa-zas e os demais eran rapaces. Julio Alexander: Foron uns anos moi agradables e divertidos, paseino moi ben. Das normas do cole,a que máis che custaba cumprir era… Ana Belén: Ningunha. Beatriz: Cando tiñamos que volver do re-creo. Julio Alexander: Cando volvía do recreo, porque quería quedar un pouco máis xo-gando. Realizabas excursións? Ana Belén: Si realizabamos excursións. Non tiñamos tantas saídas como agora. Había a excursión de convivencia ao final de curso e algunha saída máis ao longo do curso. Beatriz: Si, cada ano unha de fin de curso. Julio Alexander: Si realizabamos pero

poucas ou a min mo parecía. A que xogabas no recreo? Ana Belén: xogabamos á goma, á corda, á xustiza, á pita, á pelota… Beatriz: Xogabamos á pita, á corda e a ma-riquitiña Julio Alexander: A maioría das veces á pi-ta, senón ao fútbol. Cales eran as materias máis importantes? Ana Belén: Mate, Lengua, Naturales, Sociais, Galego… Beatriz: Matemáticas e Lengua. Julio Alexander: Todas eran importantes pero as que máis Matemáticas e Xeografía Había clase de galego? Ana Belén: Só dábamos en galego Lingua galega Beatriz: Si Julio Alexander: Si había Os mestres/as poñían deberes? Ana Belén: Algúns, non tantos como agora. Beatriz: Si de todas as materias. Julio Alexander: Si, poñían todos os días. Tes algún mal recordo do teu paso polo co-lexio? Ana Belén:Todo o contrario foron os meus

11

Page 13: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

ENTREVISTAS antigos alumnos

Beatriz: Non recordo ningún. Julio Alexander: Non como dixen na pri-meira pregunta foron uns anos moi di-vertidos. Que fixeches ao acabar a escolaridade no centro? Ana Belén: 5 anos de FP do grao de admi-nistrativo. Beatriz: Fun ao instituto e fixen 1º, 2º e 3º de BUP e despois o ciclo de grao superior de informática. Julio Alexander: Seguín estudando no ins-tituto. Mantés algunha relación de amizade de aqueles tempos? ¿Con quen? Ana Belén: Só dábamos en galego Lingua galega Beatriz: Si Julio Alexander: Si había Os mestres/as poñían deberes? Ana Belén: Algúns, non tantos como agora. Beatriz: Si de todas as materias. Julio Alexander: Si, poñían todos os días. Tes algún mal recordo do teu paso polo co-lexio? Ana Belén: Todo o contrario foron os meus mellores dous anos de toda a EXB. Beatriz: Non recordo ningún.

Julio Alexander: Non como dixen na pri-meira pregunta foron uns anos moi di-vertidos. Que fixeches ao acabar a escolaridade no centro? Julio Alexander: Seguín estudando no ins-tituto. Beatriz: Fun ao instituto e fixen 1º,2º e 3º de BUP e despois o ciclo de grao superior de informática. Ana Belén: 5 anos de FP do grao de admi-nistrativo. Mantés algunha relación de amizade de aqueles tempos? ¿Con quen? Ana Belén: Si, con moita xente.Algúns deles son: Ana Belén Gómez, Rosa Mª Otero, Ber-nardo, Rocío Tomé… Beatriz: Si, con Sonia, con Eva.. Julio Alexander: Si, coa maioría dos meus compañeiros de clase. Un recordo especial do teu paso polo cole-xio. Ana Belén: As saídas que facíamos a outros centros para xogar ao balonmán Beatriz: Un día que fomos visitar a fábrica de Coca Cola en Vigo. Julio Alexander: A parede do ximnasio, porque a última vez que fun ao cole aínda seguía pintada e foramos os meus compa-ñeiros e máis eu quen a pintaramos

12

Page 14: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Entrevistas aos nosos exalumnos/as

ANA Mª VILABOA GÓMEZ nai de Tamara Fenández Vilaboa Estudei no CEIP Quintela de 1987 ata 1988

NOELIA OTERO LOBATO curmá de Carla Andrés Otero Estudei no CEIP Quintela de 1998 ata 2007

MANUEL OTERO ALONSO pai de Manuel e Diana Otero Soliño. Estudei no CEIP Quintela de 1988 ata 1990

Como recordas aqueles anos de escola? ANA Mª: Fermosos, tiñamos clase de ma-ñá e de tarde. NOELIA: Entretidos e divertidos. MANUEL: Moi bonitos, íamos ao colexio andando cos compañeiros. Das normas do cole,a que máis che custaba cumprir era… ANA Mª: Levar sempre os deberes feitos. NOELIA: Levantarme cedo. MANUEL: Madrugar. Realizabas excursións? ANA Mª: Sí moitas, ademais da excursión de fin de curso. NOELIA: Sí, recordo moito unha excursión que fomos a panadería.

MANUEL: Sí, da que máis me lembro é o día que fomos a fábrica de conservas no mue-lle de Redondela. A que xogabas no recreo? ANA Mª: O baloncesto, a “pita” e a xogos tradicionais.. NOELIA: A xoaniña, a pais e nais, as pala-bras encadeadas... MANUEL: Normalmente xogaba ao fútbol. Cales eran as materias máis importantes? ANA Mª: Sociais e naturais, eran as máis tiña que estudar. NOELIA: Matemáticas, língua e coñecemen-to do medio. MANUEL: Matemáticas, sociais e naturais

Había clase de galego? ANA Mª: Sí, estudábamos a asignatura de

13

Page 15: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Entrevistas aos nosos exalumnos/as

galego pero o resto das materias as im-partían en castelán. NOELIA: Sí, había varias materias en lin-gua galega. MANUEL: Sí, lémbrome moito do meu mestre Manolo. Os mestres/as poñían deberes? ANA Mª: Sí, unha mestra dábanos clases de reforzo despois das clases. NOELIA: Sí, pero algúns días máis que ou-tros. MANUEL: Sí, pero menos que agora. Tes algún mal recordo do teu paso polo colexio? ANA Mª: Non , todos os meus recordos son moi bos. NOELIA: Cando rompín o brazo e non puiden escribir durante un ou dous me-ses. MANUEL: Non, todos os meus recordos son moi fermosos. Que fixeches ao acabar a escolaridade no centro? ANA Mª: Estudei FP, Xardín de Infancia. NOELIA: Fixen ESO e agora estou estudando o bacharelato de humanidade e sociais. MANUEL: Empecei a traballar de carpintei-ro. Mantés algunha relación de amizade de aqueles tempos? ¿Con quen? ANA Mª: Sí con Mayka, Tere, Amadeo, Dani, Iván e José. NOELIA: Sí, con todos os meus compañeiros

de clase. MANUEL: Sí, teño amizade cun compañeiro chamado Manuel Ulpiano. Un recordo especial do teu paso polo cole-xio. ANA Mª: A excursión de fin de curso, pa-seino moi ben aínda que tivéramos que mercar roupa xa que nós roubaron no autobús cando estábamos en Sevilla. NOELIA: A despedida de tódolos mestres/as cando fomos para a ESO. MANUEL: O recordo máis especial que teño foi a excursión de fin de curso cando via-xamos ata Oporto.

14

Page 16: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

programas

Ao longo destes 25 anos confeccionáronse diversos programas das festividades que se celebraban no centro docente.

15

Page 17: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

programas

16

Page 18: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

programas

17

Page 19: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa I

Quinsa II

Nesta sección presentamos unha escolma de diversos artigos da revista Quinsa ao longo destes 25 anos. Seguro que atopades algunha/ un coñecida/o.

18

Page 20: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa III

Un dos temas que se está a po-ñer máis de moda e que ten unha grandísima importancia é o tema da ecoloxía doméstica. En efecto, cando nos levanta-mos o primeiro que utilizamos é o cuarto de baño. Tódolos ele-mentos dun cuarto de baño utili-zan auga potable, o uso da cal dá como consecuencia enormes cantidades de augas residuais. Despois de usalo baño, a xente utiliza a mesa para facelo almor-zo cotián, que implica, ademáis do necesario consumo de ali-mentos, a inevitable producción de lixo.

Despertar confortable: É bo comeza-lo día des-pertándote nunha habitación cálida. A xente que ten calefacción pode acadar este clima co uso dun temporiza-dor. Non ter calefacción sería conveniente, porque se aforraría máis diñeiro e, por suposto, con-taminación.

O sistema wc: O seu depósito contén entre 10 e 15 litros de auga po-table, cantidade que se desper-dicia ó da cadea da cisterna. A maioría da xente non se decta que os resíduos que produce o retrete en particular e o baño en xeral: deterxentes,

xabróns, desinfectantes, cham-pús, etc… aumentan os efectos tóxicos sobre o medio ambiente. Dous xeitos de lava-los den-tes:

Lavarse os dentes é a actividade máis doada do mun-do. Pero se mentres nos lava-mos non pechámo-la billa, pode-mos chegar a gastar máis de 10 litros de auga por persoa. O se-gundo xeito consiste en utilizar unicamente a auga necesaria, pechando a billa cando non es-teamos a usa-la auga. ¿Algunha vez parámonos a pensar canta auga chega a despediciarse nu-nha familia media, nunha aldea, nunha vila, nunha cidade…?

Os cosméticos e a crueldade cos animais: Moitos animais utilízan-se para experimentos compro-bando o que lles pasa co efecto de productos como lacas, cremas, etc. Estes animais pa-san sofrimentos que non son

necesarios para a utilización humana.. “Sprays”: aerosoles e CFCs: As moléculas dos CFC’s siglas dos compostos químicos que conteñen cloroflurocarbonos e que se usan como propelentes nos aerosoles) móvense pola atmósfera e desgastan paseni-ñamente a capa de ozono, que nos protexe das radiacións sola-res, permitindo así a vida sobre a Terra. É conveniente, xa que logo, usar productos que non conteñan estes elementos quí-micos. Por outra banda, a maio-ría dos alimentos habituais per-xudican ó medio ambiente por causa dos seus envases. ¿Qué podemos facer? Deberíamos ter máis coidado con todo tipo de envases, co lixo, co vidrio, as pilas usadas, etc. En definitiva, se coidamos mellor a alimentación cousas naturais a pouco envasadas e temo coidado en non esparexe-lo lixo por calquera sitio, seguro que a nosa calidade de vida será moito mellor.

ECOLOXÍA DOMÉSTICA

19

Page 21: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa I V

20

Page 22: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa V Quinsa VI

21

Page 23: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa VII

22

Page 24: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa VIII Quinsa IX

23

Page 25: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa X

24

Page 26: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XI

25

Page 27: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XII

4º de Primaria

26

Page 28: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XIII

27

Page 29: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XIII

28

Page 30: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XIV

29

Page 31: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XV

30

Page 32: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XVI

31

Page 33: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XVII

32

Page 34: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XVII

33

Page 35: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XVIII

34

Page 36: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XVIII

35

Page 37: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XVIII

36

Page 38: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XIX

37

Page 39: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XIX

38

Page 40: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Selección de artigos das revistas anteriores

Quinsa XX Quinsa XXI

39

Page 41: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Portadas quinsa

Representamos neste apartado 20 portadas do que ten sido a nosa re-vista neste tempo. O primeiro número podedes velo na portada do presente número:

40

Page 42: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Portadas quinsa

41

Page 43: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

NOTICIAS do cole nestes anos

42

Page 44: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

NOTICIAS do cole nestes anos

43

Page 45: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

NOTICIAS do cole nestes anos

44

Page 46: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Letras galegas 2012

45

Page 47: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Letras galegas 2012

46

Page 48: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

NOTICIAS DO MUNDO NOS ÚLTIMOS 25 ANOS

Para situarnos no que ten acontecido no mundo nestes últimos 25 anos, deci-dimos facer unha selección de noticias e estas son as que resaltamos:

47

Page 49: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

NOTICIAS DO MUNDO NOS ÚLTIMOS 25 ANOS

48

Page 50: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

NOTICIAS DO MUNDO NOS ÚLTIMOS 25 ANOS

España gana o mundial de fútbol de Sudáfrica 2010

49

Page 51: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Promocións dos 25 anos

Curso 87/88

Curso 89/90

Curso 88/89

Curso 90/91

Curso 91/92 Curso 92/93

Nesta sección presentámosvos as fotografías das últimas 25 promocións. Ao mellor descubrides as vosas nais, pais, amigas, amigos, etc...

50

Page 52: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Promocións dos 25 anos

Curso 93/94 Curso 94/95

Curso 95/96 Curso 96/97

Curso 97/98 CURSO 98/99

51

Page 53: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Promocións dos 25 anos

Curso 99/00 Curso 00/01

Curso 01/02 Curso 02/03

Curso 03/04 Curso 04/05

52

Page 54: Revista quinsa xxii definitivo

QUINSA XXII

Promocións dos 25 anos

Curso 05/06 Curso 06/07

Curso 07/08 Curso 08/09

Curso 09/10 Curso 10/11

53

Page 55: Revista quinsa xxii definitivo
Page 56: Revista quinsa xxii definitivo