recitado dÍa das letras
DESCRIPTION
Selección de poemas de poetas galegas para conmemorar o Día das Letras e o Día da Muller.TRANSCRIPT
DÍA DAS LETRAS 09
RECITADO _ 2º ESO C
IES SAN MAMEDE
ROSALÍA DE CASTRO
Daquelas que cantan as pombas i as frorestodos din que teñen alma de muller.Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,¡ai!, ¿de que a terei?
Follas novas
ROSALÍA DE CASTRO
Xan vai coller leña ao monte,Xan vai a compoñer cestos,Xan vai a poda-las viñas,Xan vai a apaña-lo esterco,e leva o fol ó muíño,e trai o estrume ó cortello,e vai á fonte por augua,e vai á misa cos nenos,e fai o leito i o caldo...Xan, en fin, é un Xan completo,desos que a cada mullerlle conviña un polo menos.Pero cando un busca un Xan,Case sempre atopa un Pedro.
Follas novas
XOHANA TORRESPenélope Declara o oráculo:“Que á banda do solpor é mar de mortos,Incerta, última luz, non terás medo.
Que ramos de loureiro erguen rapazas.Que cor malva se decide o acio.
Que acades desas patrias a vindima.Que amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.Que un sumario de xerfa polos cons”.
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e pode ser de todos.¿A que tanto nobelo e tanta historia?
Eu tamén navegar”.Tempo de ría
Mª XOSÉ QUEIZÁNLingua amadameu señoríoÚnico territorio onde pisar.Fetichista da palabragozo contigoe me abastardo.Perversidaderaptotransporte.Inicio a cerimonia da profanación.Lingua con linguacorpo de signoscorpo de meu.Linguaúnico corpo que me pertence.
Metáfora da metáfora
Mª XOSÉ QUEIZÁNA amante nunca ten dentes postizosgraus no narizpelos nas coxasgorduras nos cadrís.Á amante nunca lle inchan os ollos ao durmir.O poeta ama a perfecciónnon te ama a ti.Es idealizaciónmitometáfora da metáfora.
De non seres perfecta como te amarían?
Metáfora da metáfora
MARICA CAMPOLapidadas
Como ovellas que van ao matadoirocamiñades a serdes lapidadasen reas, silenciosas e humilladas,baixo a mirada atenta do carneiro.
Que o voso sangue sexa o derradeiroa mollar esas terras magoadaspolo integrismo cruel, polas brigadasdunha fe que vos nega todo abeiro.
¡Maldita sexa a man que tira a pedra!¡Maldito na semente e no futuroo nome dos que erguen ese muro
sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedranai piadosa a cubrilas, nai que medraa reclamar a vida en berro puro!
Mulleres
EVA VEIGA
Coñezo un lugar –e non é lenda– onde as noitesnas que a lúa empreña,ós cans médralles o corazóne ouvean.
Paisaxes do baleiro
EVA VEIGAMeu avó dixo:─ Ide mirarse o mar sobe ou baixa.Contestáronlle:─ Vai en refluxo.Meu avó dixo:─ É hora de irse.A ciencia hoxe en día explicadun xeito moi positivoa influencia das mareasno corazón dos homes.Aínda así, o adeus é un estraño suceso.
Paisaxes do baleiro
XELA ARIAS
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.
Darío a diario
ANTÍA OTEROSoa
Hoxe xanto soae as gotas pinganno fregadeiro.
Hoxe non teño cartasde ninguén que demin se acorde.
Hoxe está grise os cans buscanabrigo no limiar da casa.
Hoxe morro asolagadano derradeiro sol de sete.
Hoxe os corvos son felicesporque a escuridadeenche Irlanda.
O son da xordeira
XELA ARIASA unidade componse.Da desorde.
Desordénome, amor,e dou co puntoúnicodo centro dos abrazos.
Abrazo a desorde das idease seique a unidade se compón.
A unidade componse.
Da desorde.Intempériome
ANA ROMANÍ
Pensar que ti estás tamén nesta noiteNa outra banda do silencioE agardar que esvare paseniño a lúaDos teus ollos ós meus beizosLatexando tremulamente no abismoFicaremos.
Palabra de marPalabra de mar
ANA ROMANÍ… Rosalía de Castro, Emily Dickinson, EdithSödergran …
Procuramos no fondo da entrañatódalas sombras da pantasma,o desterro da bruxa ...a soidade da princesa ...a derrota da amazona ...
Deixamos pegadas de sanguenas alleas terras da palabra.
Das últimas mareas
ANTÍA OTERO
Ollando o mar
De nenaasexaba mareas dende a fiestra.Hoxeplantaron eucaliptos.
O son da xordeira
ANA ROMANÍ
E coa palabrarecuperar os camiños,pórlle nome ó labirinto,navegalo.
Das últimas mareas