textos premiados día das letras galegas

26

Upload: ceip-atin

Post on 08-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Textos premiados no 1º Certame Literario convocado no CEIP Atín Cela (Mos, PO) con motivo de Día das Letras Galegas (2009)

TRANSCRIPT

Page 1: Textos premiados Día das Letras Galegas
Page 2: Textos premiados Día das Letras Galegas
Page 3: Textos premiados Día das Letras Galegas

Ao celebrarmos cada ano o Día das Letras Galegas recordamos que a

lingua propia é unha das máis fundamentais sinais de identidade que ten

unha comunidade. Esa lingua serviulle aos nosos devanceiros para nomear

o mundo que lles tocou vivir. Nos somos os depositarios dela para

pasárllela aos nosos fillos e fillas e somos responsables de coidala para

que sexa un instrumento de comunicación eficaz, prestixioso, sentido

como propio e que serva para desenvolverse en calquera circunstancias

do día a día.

A lingua propia non só serve para a comunicación coloquial ou para

transmitir coñecementos; tamén debe servir para soñar e inventar

facendo literatura na ansia de provocar sentimentos. Para darlle valor a

nosa lingua neste uso pareceunos conveniente convocar este 1º Certame

Literario aberto ao alumnado e familias.

Felicitamos á todos os participantes porque tódolos textos tiñan o seu

mérito, pero houbo que escoller. Esperamos que sigades participando en

convocatorias posteriores con tanto entusiasmo.

Moitas gracias a todos.

O Equipo de Normalización Lingüística

Page 4: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

Lara Rodríguez Costas

Foi premida no certame de narracións E

poemas organizado para celebrar o

Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 5: Textos premiados Día das Letras Galegas

Peter, o osiño xeneroso Había unha vez un osiño chamado Peter que vivía no Polo Atlántico cos seus pais. O osiño tiña unha morea de xoguetes e sempre os repartía co seus curmáns que eran moi pobres e case non tiñan par comer. Un deles chamábase Momo e outro Mico. Momo era o maior dos irmáns e era o que se daba conta da situación, sa que o máis pequeno sempre tiña a cabeza no aire. Pasaron os días e chegou o aniversario de Peter, que cumpría xa once anos. Todos os nenos acudiron a súa celebración e pasáronmo moi ben xogando todos xuntas á pita, ó escondite... Ata que chegou o momento da tarta. Peter estaba ilusionado por soprar as once candeas, xa era todo un home. Algo que tamén lle gustou a Peter foron tódolos regalos que recibiu; recibira xoguetes e xoguetes. Rematou o aniversario e tódolos nenos foron cas as súas casas menos os seus curmáns estaban felices xogando cos xoguetes novos se Peter. Peter, ó mirar que os seus curmáns estaban felices xogando con todos aqueles trebellos, decidiu regalarlles algúns dos que tiña , xa que eles apenas tiñan xoguetes que así podería estar máis contentos. Os curmáns quedaron moi agradecidos co xesta tan xeneroso de Peter. Tiñan moita sorte de telo como curmán. E colorín colorado, esta conto está rematado!

Lara Rodríguez Costas

Page 6: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

Olalla Rodríguez Groba

Foi premida no certame de narracións

E poemas organizado para celebrar o

Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 7: Textos premiados Día das Letras Galegas

A casa abandonada Hai cen anos unha familia feliz vivía nunca casa moi grande e bonita pero mudáronse a Francia e a casa dende aquel momento quedou abandonada. Pasaron os anos e chegamos ao 2009.

Un día,uns amigos chamados ,Linda, Violeta, Diana ,Dani, Tomás e Robert quedaron de ir a casa abandonada.

¿Imos a esa casa tan espantosa esta tarde?-dixo Linda;

-Si- murmurou Tomás.

Ao mediodía foron a casa abandonada.

Entraron alì e a casa estaba sucia.Linda estaba moi nerviosa.Oíase ruídos misteriosos.

De repente Linda desapareceu.

Dani correu a buscala por uns corredores moi longos Linda volveu a aparecer misteriosa

mente.

Marcharon de alí .Ao día seguinte volveron a casa e outra vez aí estaban os sons

misteriosos.

Violeta entrou ao dormitorio da casa e viu unha carta enriba dunha mesa. Chamou os

Seus amigos para que viñesen a habitación.Linda leu a carta en alto lentamente. Carta

Puña que había cen anos vivía nesta mesma casa un matrimonio feliz pero a muller

Foi asasinada polo seu marido e que o cadáver estaba na casa.

Olalla Rodríguez Groba

Page 8: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

Noelia Alonso Rodríguez

Foi premida no certame de narracións

E poemas organizado na celebración

do Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 9: Textos premiados Día das Letras Galegas

A María gústalle ser serea Érase unha vez unha nena chamada María. Sempre desexaba ser unha serea. Ela quería nadar no mar e non andar coma as persoas. Un día foi de compras e viu unha tenda moi rara e dixo: -Mamá, espera aquí vou a ver aquela tenda! – dixo María. Chegou e viu cousas fantásticas coma pócimas, unha bola de cristal e bebidas encantadas. Había unha señora cos ollos negros,o pelo negro e vestía moi rara, que lle preguntou: -Nena,coma te chamas? -Chámome María. E vostede?- contestou María. -Eu chámome Rosa- respondeulle a señora. -Que desexas María? – preguntou a señora. -Eu desexo… - respondeu indecisa. - desexo ser serea- Acabou por dicir. E a señora mesturou unha á de morcego, unha pata de cebra e un pouco de auga. Todo o meteu nunha cazola. -María, mete os dous pes- dixo a señora. A nena meteu os dous pes como lle dixo Rosa e a nena exclamou: -É… é… é… é unha cola de serea! -E a señora Rosa engadiu: -Bebe esta apócema, conducirate ata o mar. A nena bebeuna e foi ao mar. Estaba moi contenta de estar alí. Paseou polo mar e chegou á cidade dos sereos e sereas. Pasouno moi ben. Pero Rosa fíxolle chegar a súa mente unha mensaxe: “Volve ou te converteras e nunha burbulla”. María non puido ser convertida en burbullas. Así que volveu a ser convertida en humana. Cando saíu da tenda, a súa nai agardaba. Nunca esquecerá aquela historia.

Noelia Alonso Rodríguez

Page 10: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

Nerea Pérez Campos

Foi premida no certame de narracións

E poemas organizado para celebrar o

Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 11: Textos premiados Día das Letras Galegas

O Ponis e o grupo de rock

A cafetería de Poni Golosinas está a rebosar . Ninguén quere perder o concerto de

Poni Armonía .

-Teño unha idea ¡ -dixo de pronto Poni Volteretas - Como a todos nos gusta moito

a música. Por qué non formamos un grupo de rock?

-Oh , siiiii! Xenial! -dixo Poni Armonía .

-Be , pois necesitamos Ponis que toquen algún instrumento , que bailen ou

canten.

-A quen lle gustaría participar ? -dixo Poni Armonía.

-A min ! A min! -responden os Ponis .

- Poni Raio del Sol e Poni Volteretas, queredes ser vocalistas?

-E agora vai cantarvos Poni Start - dixo Poni Raio do Sol moi animada -Ten unha

voz marabillosa .

Todos podemos ser unha gran estrelas – canta Poni Raio do Sol -Se cremos nos

nosos soños os alcanzaremos.

Agora tócalle a Poni Volteretas, pero en canto soan as primeiras notas, déixase

levar pola música e empeza a dar voltas sen parar.

-Tes talento – dille Poni Armonía -Pero non seria mellor que tocases algún

instrumento?

-Vale! Xenial! –responde Poni Volteretas.

En canto Poni Esperanza sube ao escenario e empeza a tocar a guitarra. O publico

aplaude sen censar.

-Poni Volteretas, por favor, a guitarra no se colle así! Parece que vas a bailar con

ela. Temos que buscar outra cousa.

Poni Herba boa empeza a improvisar na batería. Non se lle da nada mal.

Poni Volteretas vai seguindo o ritmo a súa maneira e pensa que ela tamén podería

tocar.

-Poni Volteretas! As baquetas usanse para tocar non para ir bailando con elas na

man.

-Teño unha idea! -dixo Poni Raio do Sol- E se Poni Volteretas fai volteretas?

-Si! Xenial! -dixo Poni Volteretas.

Cando acabaron de facer o concerto estaban moi contentos porque o fixeron moi

ben.

Nerea Pérez Campos

Page 12: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

Sergio Domínguez Pérez

Foi premido no certame de narracións

E poemas organizado na celebración

do Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 13: Textos premiados Día das Letras Galegas

O can abandonado

Facía un bo anaco de tempo que xa anoitecera, co pixama posto, Pablo un

neno de dez anos preparábase para ir para a cama, cando de repente,

chaman a porta.

-¿Quén será?- preguntouse Pablo, cheo de curiosidade.

Entón abriu a porta, e quedou apampanado da sorpresa. Alguén lle

deixara un can moi simpático.

-¡É precioso! - dixo Pablo, colléndoo no colo.

-Notase que é un cachorro -díxolle o seu pai, mentres lle facía mil cariños

ao can.

-Na casa non quero cans- dixo a nai.

-¿Porqué?- protestaron Pablo e o seu pai o mesmo tempo.

-Pois...., porque..., tería que facerme cargo eu del- contestou a súa nai

moi seria

-Estas equivocada, seremos nós que no coidemos -repetíronlle unha e

outra vez, ata que a convenceron e o can quedou.

-Teremos que poñerlle un nome - dixo Pablo.

-Si- contestou o pai.

Despois de probar con moitos nomes decidiron chamarlle Tento, e o can

parecía que lle gustaba porque meneaba o rabo cada vez que o

chamaban.

Tento resultou ser un can formidable, xogaba co neno e co seu pai ata que

cansado se ía a durmir a súa cama que estaba ao lado da cama do neno.

Tento converteuse nun mais da familia e o seu traballo era dar aviso de

cando viña o peixeiro ou o panadeiro, ou cando viña Pedro o amigo de

Pablo a xogar, nese caso os ladridos eran moi seguidos por que se poñía

moi ledo, sabía que ía xogar a correr detrás da bici.

Tamén avisaba cando a súa irmá Laura se acercaba as escaleiras ou a

piscina, el sabía que corría un serio perigo.

Tento hoxe en día xa ten catro anos e están moi felices por habelo deixado

entrar na súa casa.

Sen lugar a dubidas ese foi un dos mellores días de Pablo, e como non,

tamén de Tento por dar con unha familia que o estimara tanto.

Sergio Domínguez Pérez

Page 14: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

Alexánder Represas Lago

Foi premido no certame de narracións E

poemas organizado para celebrar o

Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 15: Textos premiados Día das Letras Galegas

Monstro

Aquela mañá na cidade de Nova York, sen ninguén saber porqué,

unha cabeza de pedra atravesa o ceo a toda velocidade

estampándose no medio da rúa. Tras uns momentos, e despois

de disiparse o po que produciu a colisión, púidose establecer que

era a cabeza da Estatua da Liberdade.

Pasado un tempo, e sen pescudar as causas de tan peculiar

suceso, volveron a reconstruíla. Pero de repente e sen previo

aviso... zas! A cabeza volve a saír voando polos aires diante de

toda a xente presente, que non daba crédito o acontecido.

Entre todo o barullo, escoitase decir a un home:

-¡Eu non penso reconstruír a maldita cabeza outra vez!

Pero a volveron a reconstruír, pese as queixas de aquel home, e

outra vez pasou o mesmo. E volvese a escoitar:

-Eu xa non penso reconstruír máis isto. ¿Non vos dades conta

que parece que alguén nos está tomando o pelo?

Esgotados de que sempre pasara o mesmo, deixaron de

reconstruíla.

Uns meses despois, e provocando o pánico de todos o cidadáns

un monstro fai acto de presenza. Entón, danse conta de que el

era o causante das repetidas desaparicións da cabeza de pedra.

Utilizando todo o armamento dispoñible do exército, acaban coa

su vida e como solución o problema da estatua, disecárono e

puxérono no seu lugar.

Álexander Represas Lago

Page 16: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

Sergio Alonso Frasquet

Foi premido no certame de narracións

E poemas organizado para celebrar o

Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 17: Textos premiados Día das Letras Galegas

As andoriñas

Chegou a primavera.

Milleiros de andoriñas,

Alá polo ceo,

Brincaban polo mar.

Milleiros de andoriñas,

Alá polo marzal,

Voltaban ós seus niños,

Volvían o seu fogar.

Milleiros de andoriñas,

Alá polo marzal,

Bailaban muiñeiras,

Bailaban no luar.

Sergio Alonso Frasquet

Page 18: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

María Pérez Jiménez

Foi premida no certame de narracións

E poemas organizado para celebrar o

Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 19: Textos premiados Día das Letras Galegas

O meu avó cóntame a súa vida

O meu avó sempre me contaba cousas de cando el era pequeno

e vivía en Villaelgordo (Jaén). Contábame que el non ía á escola

e que tiña que ir a traballar gardando cabras e porcos. Unha vez

levárono a traballar a outro pobo e cada quince días tiña que ir

dende ese pobo ata a súa casa andando, uns oito kilómetros.

O meu avó tamén me falaba dalgúns sitios nos que estivo como

“El laoya”, que é un cortello onde gardaba as cabras; e de cousas

curiosas que eu non coñecía ou “las agüeras” que son unhas

cousas que se poñen ós burros no lombo para que leven a auga e

que a profe di que se chaman alforxas.

Ensinoume máis palabras como “el catre”, que é unha cama

antiga; “la farfolla”, que é o que se utilizaba para encher os

colchóns, e moitas cousas máis.

Eu admiro o meu avó porque sempre traballou e soubo sacar os

seus seis fillos adiante, un deles a miña nai; eu quéroo moito.

Tamén me di que a el chamábano “O Mineiro” porque o seu pai

era mineiro e sempre que viña de traballar collía un tirapedras

que levaba no peto de atrás do pantalón e tiraba ós farois, que

eran coma un prato cunha lámpada enriba, rompíaas e as

señoras dicían “¡Xa chegou o mineiro!”

Eu quéroo moito e admiro moito o meu avó de maior gustaríame

ser coma el.

María Pérez Jiménez

Page 20: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

María Ramilo Lorenzo

Foi premida no certame de narracións

E poemas organizado para celebrar o

Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 21: Textos premiados Día das Letras Galegas

O lume do monte de Herville

No monte do Castro de Herville vivían moitos animais ata que un día un home botou ó chan unha cabicha do

cigarro, esta prendeu lume e todo o monte ardeu.

Un astuto esquío miroulle á cara ó home e foi onda as súas amigas e amigos a contarllo. Todos estaban moi

enfadados e decidiron ir a contarllo a Laura, unha nena que era moi amiga dos animais, e que amaba a natureza.

Ela foi a xunta do home e preguntoulle:

- ¿Vostede fuma?

- Si- contestou o home - ¿pero a ti que che importa, nena?

- Nada- contestou - solo quería que soubera que o monte do Castro de Herville porque alguén tirou unha cabicha

- Eu non fun - díxolle o home.

- Os animais do monte non pensan o mesmo.

- E a min impórtacheme ben pouco - dixo o home con ton enfadado- e ademais os animais non falan.

- Mire señor , ¿quere que vaiamos a falar cos animais?

- Non falan, nena ¡Isto é produto da túa imaxinación!

- Non é certo, os animais si falan - dixo Laura

Laura dirixiuse ao monte onde os seus amigos a estaban esperando.

-¿Falache con el?- preguntou o esquío.

-¿Que che dixo? interesouse o moucho

- Tranquilos amigos, el díxome que os animais non falan ...

- Pero, si falamos- interrompeu a formiga

- Xa, xa llo dixen, aínda que non me creu, pero eu teño un plan.

- ¿Que plan? – preguntou o merlo.

- Mirade imos a ir onda el e ímoslle explicar o ocorrido para ver si así o comprende.

Todos emprenderon a marcha menos unha tímida formiga.

- Vamos Alfreda- dixéronlle todos.

- Non, eu non vou, teño medo – dixo cun fío de voz.

- Non teñas medo Alfreda, nos estamos contigo- dixo Laura.

- Pero, é que ¡non nos vai crer!

- Tranquila , falando esténdese a xente- díxolle o esquío

Por fin, emprenderon a marcha e chegaron onda o home que dixo enfadado:

- ¡Pero outra vez aquí, nena!

- Si – contestou Laura – pero non veño soa, veño cos meus amigos os animais .

- Estás tola nena.

- Pasade amigos – dixo Laura.

Os animais pasaron e o home quedou perplexo ao velos.

- ¡Non pode ser! – exclamou o home.

- Pois é – contestoulle Laura.

- Mire señor – dixo unha valente formiga – quedamos sen fogar porque vostede tirou onde non debía a cabicha.

- Si – dixo o esquío que o viras todo – mire, eu estaba escondida nunha árbore e vino todo.

- ¡Non é certo! – dixo o home.

- Si é certo, eu nunca minto .

- ¡Calmádevos! – dixo Laura - mire é moi sinxelo, temos probas de que foi vostede.

- Esta ben, fun eu, pero non quería facelo.

- Pois fíxoo – dixo o merlo que ata agora permanecera calado.

- Ben, pois para recompensar ós animais debería plantar árbores no monte para que volva a ser como era antes.

- Moi ben , mañá empezo, creo que todos ensinástesme a lección, de agora en diante serei máis responsable.

Ao día seguinte comezaron todos a plantar árbores.

Pasaron uns anos e as árbores creceron, a partir dese momento o home valorou máis a natureza e todos

aprenderon a respectala.

María Ramilo Lorenzo

Page 22: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

Marta Vieito Fernández

Foi premida no certame de narracións

E poemas organizado para celebrar o

Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 23: Textos premiados Día das Letras Galegas

Ausencias As veces os desexos nacen pequeniños, pero os segredos enmascarados saltan sen rumbo, sen piedade, salpican, chapotean e as veces incluso afogan. As veces buscamos e aínda sabendo que buscamos sen atopar seguimos e non paramos. "Seguiríate ata o fin do mundo" dixéronme un día e de súpeto vin a miña simple sombra en soidade, sen acompañantes. Son deses días que non pasa nada, deses que ninguén pasa por ti, nin ti pasas por ninguén porque voar xa non me fai dano, xa non me atemoriza a caída e tampouco a frustración, ¡que felicidade, poder navegar na miña ausencia! E estivemos aí, preto, moi preto, a penas a uns instantes de anos luz, onde Berlín aínda espera a verme e ti segues esperando, nesa burbulla, onde un día salpicamos pinguiñas de auga salgada. As veces pensaba que xa nada importaba, que máis lonxe ou máis preto de ti, sempre ía selo mesmo. Encargábanse da boa sorte os que paseaban o noso carón, repartindo flores amarelas e brancas. Foi entón cando suplicamos á nosa vida, un intre de soidadade, un intre de ilusión desa ilusión cun día naceu as escuras e de súpeto iluminou toda a nosa existencia. Saltaron as miñas bágoas como burbullas, flotando no aire da noite azul, a túa voz arrincándome a un camiño sen saída, a un lugar sen argumentos. Volvernos a encher e volvernos a baleirar, sensación de liberdade, liberdade efémera e pasaxeira, onde as voces tranquilas que falan no teu oído adormecen a túa inquedanza. Xa se foi o medo, xa non digo máis o que non quero oír, xa non esperes tremendo, lembrando, recuperemos as nosas ausencias.

Dna. Marta Vieito Fernández

Page 24: Textos premiados Día das Letras Galegas

1ºCertame Literario Letras Galegas 2009

Diploma

Mª Luz Pichel Alonso

Foi premida no certame de

narracións E poemas organizado

para celebrar o

Día das Letras Galegas

no

Ceip de Atín - Cela

Mos, a 15 de maio de 2009

Page 25: Textos premiados Día das Letras Galegas

A miña nena

A miña nena rapaza.

A miña nena guapa.

A miña nena boa.

Que se chama Digna.

A miña rapaza nena.

A miña rapaza bonita.

A miña rapaza grande.

Que é o tesouro máis grande.

Os seus doce anos.

Que son doce soles.

Que son raios de vida.

Que son os meus amores.

Dna. María da Luz Pichel Alonso

Page 26: Textos premiados Día das Letras Galegas