pv outubro 2013
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Outubro 2013 Outubro 2013
PalabrPalabr
aa
de de
VidaVida
PalabrPalabr
aa
de de
VidaVida
«A ninguén lle debades nada, fóra de amarvosuns a outros, porque o que ama
o próximo, ten cumprida a Lei.» (Rm 13, 8)
Nos versículos anteriores (Rm 13, 1-7) san Paulo falara
da débeda que temos para coa autoridade civil(obediencia, respecto, pago de impostos, etc.), esubliñaba que incluso a satisfacción desta débeda
debe estar movida polo amor.
En calquera caso, trátase dunha débeda facilmente
comprensible, pois no caso de incumprimento,
sufririamos as sancións previstas pola lei.
Partindo de aquí, pasa a falar doutra débeda
máis difícil de entender: a que, segundo
a consigna que nos deu Xesús,
temos ante calquera próximo noso:
O amor mutuo nas súas distintas expresións:
xenerosidade, urxencia, confianza, aprecio recíproco,
sinceridade, etc. (cf Rm 12, 9-12).
«A ninguén lle debades nada, fóra de amarvosuns a outros, porque o que amao próximo, ten cumprida a Lei.»
Esta Palabra de vida sublíñanos dúas cousas.
Ante todo, preséntanos o amor como unha débeda,é dicir, como algo ante o cal non
podemos quedar indiferentes, que non podemos pospoñer;como algo que nos empuxa, nos aprema, que non nos deixa
tranquilos mentres non a paguemos.
É como dicir que o amor mutuo non é un plus,froito da nosa xenerosidade, do que, en rigor,
poderiamos dispensarnos sen sufrir as sanciónsda lei positiva.
Esta palabra aprémanos a poñelo en práctica so pena de
traizoar a nosa dignidade de cristiáns, chamados por
Xesús a ser instrumentos do seu amor no mundo.
En segundo lugar, dinos que o amor mutuoé o motor, a alma e o fin ao que tenden
todos os mandamentos.
De aí que, se queremos cumprir ben a vontade de Deus,non nos poidamos contentar cunha observancia fría
e xurídica dos seus mandamentos,senón que haberá que ter sempre presente o fin,
que Deus nos propón a través deles.
Por exemplo, para vivir ben o sétimo mandamento non
poderemos limitarnos a non roubar, senón que nos teremos que
comprometer seriamente en eliminar as inxustizas sociais.
Só así demostraremos que amamos a noso semellante.
«A ninguén lle debades nada, fóra de amarvosuns a outros, porque o que amao próximo, ten cumprida a Lei.»
Daquela, como vivir a Palabra deste mes?
O tema do amor ao próximo que nos propón ten infinidade de
matices. Aquí fixarémonos sobre todo nun que nos parece
suxerido de modo especial polas palabras do texto.
Se, como di san Paulo, o amor mutuo é unha débeda,
haberá que ter un amor que sexa o primeiro
en amar como fixo Xesús connosco.
É dicir, será un amor que toma a iniciativa,
que non espera, que non da largas.
Actuemos así durante este mes.
Tratemos de ser os primeiros en amar a cada persoa
que nos encontramos, á que chamamos ou escribimos,
ou coa cal vivimos.
E que o noso amor sexa concreto, que saiba entender, previr,
que sexa paciente, confiado, perseverante e xeneroso.
Darémonos conta de que a nosa vida espiritual dará un salto de calidade, por non falar da ledicia que nos
ateigará o corazón!
Texto de Chiara Lubich, publicado en Ciudad Nueva, n. 258 (8-9/1990, p.9
Gráfica Anna Lollo en colaboración con don Placido D’Omina (Sicilia, Italia)
* * *
O comentario da Palabra de Vida tradúcese cada mes a 97 linguas e idiomas,
e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
Texto de Chiara Lubich, publicado en Ciudad Nueva, n. 258 (8-9/1990, p.9
Gráfica Anna Lollo en colaboración con don Placido D’Omina (Sicilia, Italia)
* * *
O comentario da Palabra de Vida tradúcese cada mes a 97 linguas e idiomas,
e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
«A ninguén lle debades nada, fóra de amarvosuns a outros, porque o que ama o próximo, ten cumprida a Lei » (Rm 13,
8).
«A ninguén lle debades nada, fóra de amarvosuns a outros, porque o que ama o próximo, ten cumprida a Lei » (Rm 13,
8).