programación xeral anual (p
TRANSCRIPT
Página 1 de 22
FILOSOFÍA
2021/2022
Página 2
INDICE
ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO
1. Datos xerais do departamento ..................................................................................3
2. Lexislación de referencia .................................................................................. ........3
3. Aspectos xerais da programación...............................................................................4-6
a. Contextualización
b. Referencia as directrices xerais fixada no P.Educativo
c. Referencia á incorporación das propostas da Memoria do curso anterior
d. Directrices para a avaliación inicial
e. Lingua na que se imparten as materias do Departamento
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE LOMCE
1. Contidos secuenciados e temporalizados…………..........................................................................7-8
2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares.....................9-11
a. Estándares de aprendizaxe
b. Grao mínimo de consecución
c. Peso na cualificación
d. Iinstrumentos de avaliación
e. Temas transversais
3. Metodoloxía didáctica........................................................................ ..............................................12-13
a. Estratexias metodolóxicas
b. Outras decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materias, recursos
4. Avaliación inicial…………………………………………………………………………………14
a. Procedemento para a avaliación inicial
b. Criterios para a acreditación de coñecementos previos, no seu caso. (Bacharelato)
5. Avaliación continua.......................................................................................................... ..............14-16
a. Procedemento para a avaliación continua
b. Instrumentos de avaliación e criterios de corrección de exames
6. Avaliación final............................................................................................................. ..................16
a. Quen debe ir á avaliación final?
b. En que consistirá a proba?
c. Como se elabora a cualificación final?
d. A avaliación final en caso de perda do dereito a avaliación continua?
7. Avaliación extraordianria................................................................................................... .............17
8. Materia pendente de cursos anteriores ....................................................................................... ....17
a. Plan de traballo
b. Prodedemento e instrumentos de avaliación
9. Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente………………..........................................17-18
a. Proceso de ensino
b. Práctica docente
10. Avaliación da programación didáctica......................................................................................... ....
11. Atención a diversidade.....................................................................................................................18-19
12. Actividades complementarias e extraescolares................................................................................20
13. Constancia de información ao alumnado.........................................................................................20
ANEXOS
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN ENSINO SEMIPRESENCIAL E NON PRESENCIAL...21-22
Página 3
ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO
1. DATOS DO DEPARTAMENTO
PROFESOR/A............... MATERIAS QUE IM-
PARTE
CURSOS GRUPOS
FLOR RODRÍGUEZ
LEMOS
Intr. ÉTICA 2º BAC A/B
PSICOLOXÍA 2º BAC A/B
FILOSOFÍA Bad1
FILOSOFÍA Bad2
PSICOLOXÍA Bad2
FILOSOFÍA 4º ESO A/B
SUSANA BURGO
RODRÍGUEZ
FILOSOFÍA 1º BAC A/B
FILOSOFÍA 2º BAC B
VALORES ÉTICOS 2ºESO B
Intr ANTROPOLOXÍA 1º BAC A-B
VALORES ÉTICOS 1º ESO A/B
VALORES ÉTICOS 2º ESO A/B
VALORES ÉTICOS 3º ESO A/B
VALORES ÉTICOS 4º ESO A/B
LEXISLACIÓN DE REFERENCIA. ETAPA: E.S.O.
LOMCE:
Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria
obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015-2016 para a
implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros
docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Página 4
ASPECTOS XERAIS
a. CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN
A presente programación elaborouse para ser impartida no IES “Río Cabe” na localidade de
Monforte de Lemos. Trátase dun centro público cuia titularidade pertence á Consellería de Edu-
cación e Ordenación Universitaria.
Foi construido nesta cidade no ano 1965, sendo o curso 1965-66 o primeiro ano do seu funcio-
namento, tiña unha capacidade de 400 alumnos. Estivo dependendo do Instituto masculino de
Lugo durante os dous primeiros anos do seu funcionamento.Entrou en funcionamento o edificio
actual no curso 1972.
O IES RÍO CABE sitúase en Monforte de Lemos, capital de comarca , que ten unha extensión de
943 Km. A extensión do concello é de 202 km2
O término municipal de Monforte situase nas chairas e depresións da Galicia centro-oriental. O
seu marco físico aparece definido por unha unidade fundamental: a depresión de Lemos que se
prolonga por Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober, Pobra do Brollón e Ribas de Sil, terras que con-
forman a denominada comarca do Val de Lemos.
A súa altitude é de 363 metros sobor do nivel do mar e está regado pola conca do río Cabe. O seu
clima encuádrase dentro do dominio oceánico-continantal, caracterizado por unha temperatura
media anual moderada, baixas precipitacións e unha considerable oscilación térmica.
A estación máis chuviosa é o outono e os veráns son secos e calurosos. As xeadas e as néboas
son moi fercuentes no inverno no val.
O último padrón danos unha cifra de 19.817 habitantes, dos cales 9.449 son homes e 10.368 mu-
lleres, cunha densidade de poboación de 99,09 habitantes por kilómetro cadrado. É a segunda
cidade en número de habitantes da provincia de Lugo por detrás da capital.
Os principais sectores ecónomicos son os servizos , agricultura e gandería.
As ensinanzas que na actualidade se poden cursar no centro son:
Página 5
b. REFERENCIA ÁS DIRECTRICES XERAIS FIXADAS NO PROXECTO EDUCATIVO
Para a elaboración da Programación Didáctica seguironse as instruccións indicadas pola Inspec-
ción Educativa.
Tiveronse como referencia os obxectivos xerais do centro e os obxectivos xerais da ESO e BAC.
Así mesmo síguense os principios metodolóxicos xerais recollidos no PE.
c. DIRECTRICES PARA A AVALIACIÓN INICIAL
A avaliación inicial desenvolverase nas primeiras semanas do curso académico. O seu obxectivo
é facilitar información sobre diversos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento
acerca das destrezas propias da materia e a detección de alumnado con posibles dificultades de
aprendizaxe ou con capacidades superiores á media do grupo.
Dita información servirá ó profesorado para programar as adaptacións necesarias, así coma as
actividades de reforzo ou ampliación se fose necesario.
O método para obter a devandita información será mediante a observación do alumnado na aula.
Página 6
d. LINGUA NA QUE SE IMPARTEN AS MATERIAS NO DEPARTAMENTO (D.
79/2010)
MATERIA ETAPA CURSOS LINGUA
INTRODUCIÓN Á ÉTICA BAC 2º BAC GALEGO/CASTELÁ
INTRODUCIÓN Á ANTRO-
POLOXÍA
BAC 1º BAC GALEGO/CASTELÁ
FILOSOFÍA 1º BAC 1º GALEGO/CASTELÁ
HISTORIA DA FILOSOFÍA BAC 2º GALEGO/CASTELÁ
PSICOLOXÍA BAC 2º GALEGO/CASTELÁ
VALORES ÉTICOS 1º CICLO 1º /2º ESO GALEGO/CASTELÁ
VALORES ÉTICOS 2º CICLO 3º /4ºESO GALEGO/CASTELÁ
FILOSOFÍA 2ºCICLO 4º ESO GALEGO/CASTELÁ
Página 7
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA LOMCE:
VALORES ÉTICOS. 3º ESO
CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS
Aval
UNIDADES DIDÁCTICAS Temporal Probas
aval Tema / U.D.
Blo-que
Contidos Mes Se-
sións
1ª
B4 BLOQUE 4: A XUSTIZA E A POLÍTICA
1
B4.1 A democracia como forma de goberno na que se plasman os principios éticos da DUDH
Out
4
NOV U.1
B4.2 O Estado de dereito.
B4.3 Léxico da unidade: democracia, cidadán/cidadá, soberanía, auto-nomía persoal, igualdade, xustiza, representatividade, etc.
B4.4 División de poderes. A proposta de Montesquieu e a súa función de control do Estado por parte da cidadanía.
B4.5 Deber moral da participación cidadá no exercicio da democracia.
B4.6 Riscos de democracias que violen os dereitos humanos
2
B4.7 A Constitución española: valores éticos nos que se fundamenta e conceptos preliminares que establece.
Nov/Dec
7 DEC U.2
B4.8 Dereitos e liberdades públicas fundamentais na Constitución
española.
B4.9 Adecuación da Constitución española aos principios éticos da DUDH
B4.10 Deberes cidadáns na Constitución española.
B4.11 Responsabilidade fiscal e principios reitores da política social e económica na Constitución española.
Página 8
Aval UNIDADES DIDÁCTICAS Temporal
Probas aval
Tema / U.D.
Blo-que
Contido Mes Se-
sións
2ª
B5
BLOQUE 5: OS VALORES ÉTICOS, O DEREITO, A DECLARA-CIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS (DUDH) E OUTROS TRATADOS INTERNACIONAIS SOBRE DEREITOS HUMANOS
3
B4.12 Estatuto de Autonomía de Galicia: título preliminar; título
primeiro, capítulos I e II. Xan/ Feb
6
FEB U.3
B4.13 Desenvolvemento histórico da Unión Europea (UE): obxectivos
e valores éticos en que se fundamenta, de acordo coa DUDH.
B4.14 Logros alcanzados pola UE en beneficio dos seus cidadáns e das súas cidadás.
4
B5.1 Relación entre ética e dereito.
Marz 4 ABR U.4
B5.2 Relación entre legalidade e lexitimidade.
B5.3 Xustificación das normas xurídicas.
B5.4 Convencionalismo dos sofistas
B5.5 Iusnaturalismo. Iusnaturalismo de Locke.
B5.6 Iuspositivismo de Kelsen.
Aval
UNIDADES DIDÁCTICAS Temporal
Probas ava
Tema / U.D.
Blo-que
Contido Mes Se-sión
s
3ª
B6 BLOQUE 6: OS VALORES ÉTICOS E A SÚA RELACIÓN COA
CIENCIA E A TECNOLOXÍA
5
B5.7 Elaboración da DUDH e creación da ONU. Circunstancias histó-ricas, obxectivos de ambos os acontecementos e papel da DUDH como código ético de conduta dos estados.
Abril 2 MAIO
U.5
B5.8 Estrutura da DUDH: os seus artigos e os tipos de dereito.
B5.9 Xeracións de dereitos e feitos históricos que influíron no seu
desenvolvemento.
B5.10 Problemas aos que se enfronta o exercicio dos dereitos civís e
políticos da DUDH.
6 B6.1 Necesidade de criterios éticos na investigación científica. Pro-greso científico-técnico e valores éticos. Maio 4
RELACIONAR ASPECTOS CURRICULARES PARA CADA UNIDADE
VER TABLAS PÁX 9 a 11
Página 9
1ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais
Tem
a/U
D Identif.
contidos Identif. criterios
Identific Estándar
Competencias clave
Estándares de aprendizaxe Grao míni-mo consec.
Peso Cualific.
Instrumentos
Temas transversais
Prob .esc.
Prob oral
Trab ind
Trab grup
Cad Cla
Rúb (2)
Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV
1
B4.1 B4.2 B4.3 B4.4
B4.1
VEB4.1.1.
CCL Fundamenta racionalmente e eticamente a elección da democracia como un sistema que está por riba doutras formas de goberno, polo feito de incorporar nos seus principios os valores éticos sinalados na DUDH.
100%
25%
X
X
X
X
VEB4.1.2.
CSC Define o concepto de "Estado de dereito" e establece a súa relación coa defensa dos valores éticos e cívicos na sociedade democrática. 80%% 15% X X X X
VEB4.1.3.
CSC CSIEE
Describe o significado dos seguintes conceptos e establece a relación entre eles: demo-cracia, cidadán/cidadá, soberanía, autonomía persoal, igualdade, xustiza, representativi-dade, etc.
100%
25% X X X X
VEB4.1.4. CCL
CSC
Explica a división de poderes proposta por Montesquieu e a función que desempeñan o poder lexislativo, o executivo e o xudicial no Estado democrático, como instrumento para evitar o monopolio do poder político e como medio que permite aos cidadáns e ás cida-dás o control do Estado.
50% 10% X X X X
B4.5 B4.6
B4.2
VEB4.2.1
CSC
Asume e explica o deber moral e civil que teñen os cidadáns e as cidadás de participar
activamente no exercicio da democracia, coa finalidade de que se respecten os valores
éticos e cívicos no seo do Estado
80%
15%
X
X
X
X
VEB4.2.2
CSC CSIEE
Define a magnitude dalgúns dos riscos que existen nos gobernos democráticos cando non se respectan os valores éticos da DUDH (dexeneración en demagoxia, ditadura das maio-rías, escasa participación cidadá, etc.) e formula posibles medidas para evitalos.
50%
10%
X
X
X
X
2
B4.7
B4.3
VEB4.3.1.
CCL
CSC
Identifica e aprecia os valores éticos máis salientables nos que se fundamenta a Constitu-ción española, e sinala a orixe da súa lexitimidade e a súa finalidade, mediante a lectura comprensiva e comentada do seu preámbulo
100%
50% X X X X
VEB4.3.2.
CCL
Describe os conceptos preliminares delimitados na Constitución española e a súa dimen-sión ética (nación española, pluralidade ideolóxica ou papel e funcións atribuídas ás Forzas Armadas), a través da lectura comprensiva e comentada dos artigos 1 ao 9.
50% 10%
B4.8
B4.4
VEB4.4.1.
CSC
Sinala e comenta a importancia dos "dereitos e as liberdades públicas fundamentais da
persoa" establecidos na Constitución: liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto; carácter
aconfesional do Estado; dereito á libre expresión de ideas e pensamentos; e dereito á
reunión política e á libre asociación, e os seus límites. 50%
10%
X
X
X
X
B4.9
B4.10 B4.11
B4.5.
VEB4.5.1.
CSC Coñece e aprecia na Constitución española a súa adecuación á DUDH, e sinala os valores éticos en que se fundamentan os dereitos e os deberes dos cidadáns e das cidadás, así como os principios reitores da política social e económica.
VEB4.5.2
CCL CSIEE
Explica e asume os deberes cidadáns que establece a Constitución, e ordénaos segundo a súa importancia, xustificando a orde elixida.
VEB4.5.3.
CSC
Achega razóns para xustificar a importancia que ten, para o bo funcionamento da demo-cracia, o feito de que os cidadáns as cidadás sexan conscientes non só dos seus dereitos, senón tamén das súas obrigas como un deber cívico, xurídico e ético.
80%
20%
X
X
X
X
VEB4.5.4.
CSC Recoñece a responsabilidade fiscal dos cidadáns e da cidadás, e a súa relación cos orza-mentos xerais do Estado como un deber ético que contribúe ao desenvolvemento do ben común.
50%
10% X X X X
VEB4.7.2.
CSC
Identifica e aprecia a importancia dos logros alcanzados pola UE e o beneficio que estes
supuxeron para a vida dos cidadáns e das cidadás (anulación de fronteiras e restricións
alfandegueiras, libre circulación de persoas e capitais, etc.), así como as obrigas adquiri-
das en diferentes ámbitos (económico, político, da seguridade e a paz, etc.).
Página 10
2ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais
Tem
a/U
D Identif.
contidos Identif. criterios
Identific Estándar
Competencias clave
Estándares de aprendizaxe Grao mínimo consec.
Peso Cualific.
Instrumentos
Temas transversais
Prob .esc.
Prob oral
Trab ind
Trab grup
Cad Cla
Rúb (2)
Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV
3
B4.12 B4.6
VEB4.6.1.
CAA CSC
Sinala e comenta, a través do traballo colaborativo, os elementos esenciais do Estatuto de autonomía de Galicia recollidos no seu título preliminar.
50% 50%
X
X
X
X
VEB4.6.2.
CCL Identifica e valora as características sinaladas no título I sobre o "poder galego".
VEB4.6.3.
CCL Identifica e valora as funcións e as características do Parlamento sinaladas no capítulo I, e da Xunta e a súa Presidencia, segundo o capítulo II.
B4.13 B4.14
B4.7
VEB.4.7-1. CCL Describe a integración económica e política da UE, o seu desenvolvemento
histórico desde 1951, os seus obxectivos e os valores éticos nos que se funda-menta, de acordo coa DUDH.
50% 50%
X
X
X
X
VEB4.7.2.
CSC Identifica e aprecia a importancia dos logros alcanzados pola UE e o beneficio
que estes supuxeron para a vida dos cidadáns e das cidadás (anulación de fron-
teiras e restricións alfandegueiras, libre circulación de persoas e capitais, etc.),
así como as obrigas adquiridas en diferentes ámbitos (económico, político, da
seguridade e a paz, etc.).
4
B5.1 B5.2.
B5.1.
VEB5.1.1.
CAA
CD
Busca e selecciona información en páxinas web, para identificar as diferenzas, semellanzas e vínculos existentes entre a Ética e o Dereito, e entre a legalidade e a lexitimidade, elaborando e presentando conclusións fundamentadas.
80%
30%
X
X
X
X
B5.3 B5.4 B5.4 B5.6
B5.2
VEB5.2.1. CD
CSC
Elabora en grupo unha presentación con soporte dixital sobre a teoría iusnatura-lista do dereito, o seu obxectivo e as súas características, identificando na teoría de Locke un exemplo desta no que se refire á orixe das leis xurídicas, a súa validez e as funcións que lle atribúe ao Estado.
50%
20%
X
X
X
X
VEB5.2.2.
CCEC
Destaca e valora, no pensamento sofista, a distinción entre "physis" e "nomos", describindo a súa contribución ao convencionalismo xurídico, e elabora conclu-sións argumentadas arredor deste tema.
50%
20%
X
X
X
X
VEB5.2.3.
CCEC
Analiza información sobre o positivismo xurídico de Kelsen, nomeadamente no relativo á validez das normas e dos criterios que utiliza, especialmente o de eficacia, e a relación que establece entre a ética e o dereito.
50%
20%
X X X X
VEB5.2.4.
CAA
CD
CSIEE
Recorre ao espírito emprendedor e á iniciativa persoal para elaborar unha pre-sentación con medios informáticos, en colaboración co grupo, comparando as tres teorías do dereito e explicando as súas conclusións. 25% 10% X X X X
Página 11
3ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais
Tem
a/U
D
Identif. contidos
Identif. criterios
Identific Estándar
Competencias clave
Estándares de aprendizaxe
Grao mí-nimo consec.
Peso Cualific.
Instrumentos
Temas transversais
Prob .esc.
Prob oral
Trab ind
Trab grup
Cad Cla
Rúb (2)
Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV
5
B5.7 B5.3
VEB5.3.1. CSC Explica a función da DUDH como un código ético recoñecido polos países inte-grantes da ONU, coa finalidade de promover a xustiza, a igualdade e a paz en todo o mundo.
80%
30%
X
X
X
X
VEB5.3.2. CAA
Contrasta información dos acontecementos históricos e políticos que orixinaron a DUDH, entre eles o uso das ideoloxías nacionalistas e racistas que defendían a superioridade duns homes sobre outros, chegando ao estremo do Holocausto xudeu, así como a discriminación e o exterminio de todas as persoas que non pertencesen a unha determinada etnia, a un modelo físico, a unha relixión, a unhas ideas políticas, etc.
VEB5.3.3 CCEC Sinala os obxectivos da creación da ONU e a data en que se asinou a DUDH, e valora a importancia deste feito para a historia da humanidade.
B5.8 B5.4
. VEB5.4.1.
CAA
CCL
Constrúe un esquema sobre a estrutura da DUDH, que se compón dun preámbu-lo e 30 artigos que poden clasificarse da seguinte maneira:
Os artigos 1 e 2 refírense aos dereitos inherentes a todas as persoas: a liberdade, a igualdade, a fraternidade e a non-discriminación.
Os artigos do 3 ao 11 refírense aos dereitos individuais.
Os artigos do 12 ao 17 establecen os dereitos do individuo en relación coa comu-nidade.
Os artigos do 18 ao 21 sinalan os dereitos e as liberdades políticas.
Os artigos do 22 ao 27 céntranse nos dereitos económicos, sociais e culturais.
Finalmente, os artigos do 28 ao 30 refírense á interpretación de todos eles, ás condicións necesarias para o seu exercicio e aos seus límites.
VEB5.4.2.
CCEC
CSC
CSIEE
Elabora unha campaña, en colaboración co grupo, coa finalidade de difundir a DUDH como fundamento do dereito e a democracia, no seu medio escolar, familiar e social.
30% 10% X X X X
B5.9 B5.5
VEB5.5.1
CCE
Describe os feitos máis influentes no desenvolvemento histórico dos dereitos humanos da primeira xeración (dereitos civís e políticos), da segunda xeración (económicos, sociais e culturais) e da terceira (dereitos dos pobos á solidarieda-de, ao desenvolvemento e á paz)
80%
30%
X
X
X
X
B5.10 B5.6
VEB5.6.1
CAA
CD
CSC
Investiga mediante información obtida en distintas fontes, sobre os problemas e os retos da aplicación da DUDH, no que se refire ao exercicio de dereitos civís (destacando os problemas relativos á intolerancia, a exclusión social, a discrimi-nación da muller, a violencia de xénero e a existencia de actitudes como a homo-fobia, o racismo, a xenofobia, o acoso laboral e escolar, etc.) e dos dereitos políticos (guerras, terrorismo, ditaduras, xenocidio, refuxiados/as políticos/as, etc.).
80%
30%
X
X
X
X
6
B6.1
B6.1
VEB6.1.1.
CAA
CD
CMCCT
CSC
Obtén e selecciona información, traballando en colaboración, dalgúns casos nos que a investigación científica e tecnolóxica non foi guiada nin é compatible cos valores éticos da DUDH, xerando impactos negativos nos ámbitos humano e ambiental, sinalando as causas.
80%
100%
X
X
X
X VEB6.1.2.
CCL
CMCCT
Diserta, colaborando en grupo, sobre a idea de progreso na ciencia e a súa relación cos valores éticos, o respecto á dignidade humana e o seu medio, e elabora e expón conclusións.
VEB6.1.3.
CCL
CMCCT
CSIEE
Selecciona e contrasta información, colaborando en grupo, sobre algunhas das ameazas da aplicación indiscriminada da ciencia e a tecnoloxía para o contorno ambiental e para a vida (explotación descontrolada dos recursos naturais, des-trución de hábitats, contaminación química e industrial, choiva ácida, cambio climático, desertificación, etc.).
Página 12
METODOLOXÍA DIDACTICA.
a) Metodoloxía específica da materia
A participación dos alumnos nas actividades da clase é absolutamente necesaria e favorece o
desenvolvemento dos obxectivos do curso dentro dun clima de confianza. Propoñemos iniciati-
vas e estratexias para fomentar a participación dirixidas a espertar o interese polo traballo en
grupo, axudar a compartir os coñecementos que posúen os alumnos sobre os temas, motivar a
cohesión e a convivencia diaria, traballar de maneira práctica –por tanto, aprender máis e me-
llor– os conceptos explicados e, por suposto, facer máis dinámica e divertida a tarefa de ensinar-
aprender. Nas actividades practícanse exhaustivamente os contidos comúns do currículo:
- Exposición de opinións e xuízos propios con argumentos razoados e capacidade para
aceptar as opinións dos outros.
- Práctica do diálogo como estratexia para abordar os conflitos de forma non violenta.
- Preparación e realización de debates sobre aspectos relevantes da realidade, cunha actitu-
de de compromiso para mellorala.
- Análise comparativa e avaliación crítica de informacións proporcionadas polos medios de
comunicación sobre un mesmo feito ou cuestión de actualidade.
A metodoloxía tratará de facilitar o traballo autónomo do alumno e provocar nel aprendizaxes
significativos. Partiremos de feitos concretos e vivencias próximas, co obxectivo de facilitar a
súa motivación; o que supón comezar polo entorno escolar, familiar e social no que se desenvol-
ve o noso alumnado
As actividades serán participativas e dinámicas, xa sexan estas individuais ( para desenrolar a súa
capacidade de iniciativa e autonomía persoal) xa sexan en grupo( xa que é esta una das capaci-
dades básicas da etapa) Como forma de traballo, teremos sempre presente:
- Utilización da prensa como instrumento de apoio,
- Análise de textos apropiados para cada actividade,
- Proposta de traballos que fomente a investigación a partires dos intereses suscitados po-
sibilitará o desenrolo progresivo da autonomía nos alumnos.
O desenvolvemento das experiencias de traballo na aula, desde unha fundamentación teórica aberta
e de síntese buscará a alternancia entre os dous grandes tipos de estratexias: expositiva e de
indagación. Estas estratexias materializaranse en técnicas como:
Os diálogos.
Os dilemas morais..
Os cuestionarios escritos.
Os cuestionarios orais.
Comentarios de distintos tipos de texto (orais, escritos e audiovisuais).
Página 13
A exposición oral.
O debate.
O coloquio.
A entrevista colectiva.
Os mapas de contido.
A investigación bibliográfica.
Os traballos de investigación.
Este tipo de traballo fai necesario un instrumento de apoio que permita a recollida documental e
posterior avaliación: o caderno de clase.
Secuenciación do Traballo na Aula
Ao inicio de cada Unidade Didáctica, o profesor fará unha introdución á mesma, que in-
cluirá os obxectivos a conseguir e comentará co grupo os coñecementos previos que po-
dan ter sobre a materia, para detectar as ideas preconcebidas e motivar e despertar interés
hacia o tema.
Explicación dos contidos conceptuais intercalando actividades de aprendizaxe (realiza-
ción de esquemas, mapas conceptuais, resolución de exercicios e casos prácticos). O pro-
fesor fará tamén tarefas de coordinación e orientación, prestando especial atención aos
alumnos/as que teñan máis dificultades e propondo en caso de ser necesario actividades
de reforzo ou ampliación.
Ao finalizar cada unidade didáctica, proporanse aos alumnos/as, se é o caso, a resolución
dalgunhas actividades que faciliten a mellor comprensión do tema e o seu estudo.
b) Materiais e recursos didácticos
APUNTES DO PROFESOR.
Non se dispón de ningún libro de texto, polo que o profesor proporcionará ao alumno apunta-
mentos para traballar as distintas unidades
CADERNO / ARCHIVADOR DE CLASE
Resulta absolutamente indispensable o caderno persoal de traballo onde o alumno toma as notas,
realiza as actividades e exercicios e utiliza como material para preparar as súas avaliacións.
OUTROS MATERIAIS
O Departamento dispón dalgúns libros e textos diversos, vídeos didácticos, películas e outros
materiais para completar a exposición dos diversos temas didácticos na práctica diaria da clase.
Página 14
As aulas están dotadas de ordenador con conexión a Internet, proxector e pantalla; recurso ao
que intentaremos sacar o máximo proveito.
AVALIACIÓN INICIAL
A avaliación inicial desenvolverase nas primeiras semanas do curso académico. O seu obxectivo
é facilitar información sobre diversos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento
acerca das destrezas propias da materia e a detección de alumnado con posibles dificultades de
aprendizaxe ou con capacidades superiores á media do grupo. Dita información servirá ó profe-
sorado para programar as adaptacións necesarias, así coma as actividades de reforzo ou amplia-
ción se fose necesario.
O método para obter a devandita información será mediante a observación do alumnado na aula.
AVALIACIÓN CONTINUA
a) Procedemento para a avaliación continua
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
Probas escritas
Farase unha proba ou máis por avaliación de carácter integrador de todos os
contidos.
Traballos individuais
Recensión de libros.
Traballos monográficos
Lectura e análise de textos.
Búsqueda información en internet
Elaboración de Murais
…etc
Traballos en grupo
Algunha das actividades da sección anterior poderían, se se dan as circuns-
tancias apropiadas, facerse en grupos de non máis de 3/4 persoas.
Caderno de Clase Caderno de clase no que o alumno anote os datos das explicacións, as activi-
dades e exercicios propostos
Observación e rexistro
A observación e seguimento do alumnado, realizarase centrándose nos se-
guintes aspectos:
Grado de traballo na aula ( ou fora dela, nas actividades comple-
mentarias e extraescolares), individual e colectivamente
O seu grado de participación
A súa coherencia nas exposicións dos traballos
O seu rigor sobre os contidos dos temas
O seu interese demostrado a través das dúbidas ou preguntas formu-
ladas
Página 15
Actividades de repaso e comprensión……..90%
Ao longo da avaliación o alumno realizará distintas actividades individuais e/ou en grupo para
comprobar o traballo diario e o grao de adquisición de coñecementos e habilidades correspon-
dentes as unidades do trimestre. Algunhas destas actividades poden ser:
o Comprensión oral e escrita de textos
o Definición de conceptos ou desenvolvemento de contidos
o Preguntas de sínteses
o Autoavaliación
o contidos sobre o temario impartido
o esquemas de temas
No seu momento e segundo sexa a natureza das actividades, o alumno será informado do seu
peso na nota final.
Non entregar as tarefas e os traballos no tempo acordado supoñerá unha cualificación de 0 pun-
tos nesa actividade.
Observación traballo diario na aula………10%
Na valoración das actividades terase en conta a observación sistemática da vida da aula, valo-
rando o grao de participación, o esforzo realizado, o interese e implicación nas tarefas diarias, os
intercambios e intervencións orais, as exposicións de informacións específicas, etc.
Cada falta sen xustificar na avaliación resta 0,2 ptos. Ata 1 pto
Cada falta de orde resta 0,5 ptos.
Probas escritas
O alumno que non acadase os obxetivos mínimos coas actividades sinaladas no apartado ante-
rior, deberá obrigatoriamente facer un exame que versará sobre os contidos e procedementos
correspondenters á avaliación. A cualificación deste exame será sobre 9
A esta proba escrita poderán tamén presentarse aqueles alumnos que desexen subir a nota acada-
da coas actividades.
Nota Avaliación: Resultará da suma dos conceptos sinalados anteriormente
O sistema de baremación aquí indicado non exclúe que o profesor o poida modificar lixeira-mente si se aprecian circunstancias que así o aconsellen, tales como poden ser o nivel inicial do/a alumno/a, as súas capacidades de aprendizaxe, desenvolvemento da programación, etc.
Página 16
c) Procedementos de recuperación :
Se o alumno no alcanza o mínimo esixible para aprobar a avaliación, terá dereito a un exame de
recuperación da mesma. Esta exame cualificarase sobre 10
AVALIACIÓN FINAL
a) Quen debe ir á avaliación final
Para superar a materia e Xuño, o alumno deberá obter como mínimo un 4 ao facer a media das
tres avaliación, sempre e cando non teña ningunha avaliación cunha cualificación inferior a 4..
De non ser así deberá ir ao exame final
b) En que consistirá a proba?
Este exame poderá ser de toda a materia ou só daquelas avaliacións que tiveran una cualificación
inferior a 4
O exame versará sobre os contidos impartidos en toda a avaliación ou avaliacións non supera-
das.
c) Como se elabora a cualificación final?
A cualificación calcularase do seguinte xeito:
- Se o exame final foi de todo o curso, a nota final será a obtida no devandito examen.
- Se o exame foi só dalgunha parte, farase a media da nota deste exame coas notas das ava-
liacións ou partes xa aprobadas, sempre e cando a cualificación desta proba non sexa in-
ferior a un 3
d) A avaliación final en caso de perda do dereito a avaliación continua?
Os alumnos/as perden o dereito a avaliación continua no caso de abandonar a asignatura, e neste
caso aplicarase o PROTOCOLO DE ABANDONO aprobado no centro e que figura no Proxecto
Educativo. Segundo este protocolo considérase abandono se:
O alumno/a non realiza as actividades ou traballos na clase, a pesar de ter actividades
axeitadas ó seu nivel de competencia curricular.
Non trae o material necesario para o normal desenvolvemento das actividades.
Entrega os exames en branco de forma reiterada.
Manifesta verbal e explicitamente o abandono da materia.
Houber absentismo escolar sen xustificación.
Actuación por parte do profesor:
O profesor informará ao titor da actitude do/a alumno/a na materia e tratará de falar cos
pais deste feito, explicándolles as consecuencias que dita actitude pode ter. Tamén se in-
formará a Xefatura de Estudos de tal circunstancia.
Página 17
Ao terceiro aviso do profesor considerase que xa hai abandono.
Ao final do curso realizarase un Exame Final da materia, que será fixado pola Xefatura de Estu-
dos. A esta proba deberá presentarse o alumno/a que perda o dereito á avaliación continua.
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA
Aqueles alumnos que non aproben a materia na convocatoria ordinaria, terán que presentarse ao
exame extraordinariode finaisde Xuño.. Os criterios de avaliación para este exame serán os
mesmos que para calquera outro que se realice durante o curso.
MATERIA PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES
Orientarase aos alumnos para a realización dun plan de actividades correspondente aos contidos
xerais establecidos na programación xeral. A cualificación mínima para superar as devanditas
actividades será un 5. En caso de non alcanzar esta cualificación o alumno terá dereito a un exa-
me para recuperar a materia. Dito exame cualificarase sobre 10. A comezo do curso o alumnado
será informado da data de entrega das actividades e do exame
AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E DA PRÁCTICA DOCENTE
a) Proceso de ensino
Proceso de ensino: 1 2 3 4
1.- O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado?
2.- Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreza a aprendizaxe?
3.- Conseguiuse motivar para conseguir a súa actividade intelectual e física?
4.- Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado?
5.- Contouse co apoio e implicación das familias no traballo do alumnado?
6.- Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado?
7.- Tomouse algunha medida curricular para atender al alumnado con NEAE?
8- Tomouse algunha medida organizativa para atender al alumnado con NEAE?
9.- Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado?
10.- Usáronse distintos instrumentos de avaliación?
11.- Dáse un peso real á observación do traballo na aula?
12.- Valorouse adecuadamente o traballo colaborativo do alumnado dentro do grupo?
Página 18
b) Práctica docente
Práctica docente: 1 2 3 4
1.- Como norma xeral fanase explicacións xerais para todo o alumnado
2.- Ofrécese a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa?
3.- Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade
4.- Elabóranse probas de avaliación de distinta dificultade para os alumnos con NEAE?
5.- Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar?
6.- Intercálase o traballo individual e en equipo?
5.- Poténcianse estratexias de animación á lectura e de comprensión e expresión oral?
6.- Incorpóranse ás TIC aos procesos de ensino - aprendizaxe
7.- Préstase atención aos temas transversais vinculados a cada estándar?
8.- Ofrécese ao alumnado de forma inmediata os resultados das pro-bas/exames,etc?
9.- Coméntase co alumnado os fallos máis significativos das probas /exames, etc?
10.- Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os seus fallos?
11.- Cal é o grao de implicación nas funcións de titoría e orientación do profeso-rado?
12.- Realizáronse as ACS propostas e aprobadas?
13.- As medidas de apoio, reforzo, etc establécense vinculadas aos estándares
14.- Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, amplia-ción,.. ?
AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
Trátase de verificar se o dispositivo pedagóxico empregado é adecuado e cales son os aspectos
en que se poderían presentar maiores conflitos: no nivel de profundidade dos contidos expostos
en cada nivel educativo, na idoneidade da secuenciación dos mesmos, no nivel de complexidade
dos mecanismos empregados no proceso de ensinanza-aprendizaxe: na efectividade das activida-
des e lecturas propostas, na idoneidade dos materiais curriculares empregados...
A través das reunións de departamento, iranse analizando estas cuestións e realizaranse as mo-
dificacións puntuais que se considere oportunas, neste mesmo curso sempre que for posíbel, ou
tomarase nota delas para reformalas de cara a próximos cursos.
Mecanismo de avaliación e modificación de programación didáctica Escala
(Indicadores de logro) 1 2 3 4
1.- Deseñáronse unidades didácticas ou temas a partir dos elementos do currículo?
2.- Secuenciáronse e temporalizáronse as unidades didácticas/temas/proxectos?
3.- O desenvolvemento da programación respondeu á secunciación e temporaliza-ción?
4.- Engadiuse algún contido non previsto á programación?
5.- Foi necesario eliminar algún aspecto da programación prevista?
6.- Secuenciáronse os estándares para cada unha das unidades/temas
7.- Fixouse un grao mínimo de consecución de cada estándar para superar a mate-
Página 19
ria?
8.- Asignouse a cada estándar o peso correspondente na cualificación ?
9.- Vinculouse cada estándar a un/varios instrumentos para a súa avaliación?
10.- Asociouse con cada estándar os temas transversais a desenvolver?
11.- Fixouse a estratexia metodolóxica común para todo o departamento?
12.- Estableceuse a secuencia habitual de traballo na aula?
13.- Son adecuados os materiais didácticos utilizados?
14.- O libro de texto é adecuado, atractivo e de fácil manipulación para o alumnado?
15.- Deseñouse un plan de avaliación inicial fixando as consecuencias da mesma?
16.- Elaborouse unha proba de avaliación inicial a partir dos estándares?
17.- Fixouse para o bacharelato un procedementos de acreditación de coñecementos previos?
18.- Establecéronse pautas xerais para a avaliación continua: probas, exames, etc.
19.- Establecéronse criterios para a recuperación dun exame e dunha avaliación
20.- Fixáronse criterios para a avaliación final?
21.- Establecéronse criterios para a avaliación extraordinaria?
22- Establecéronse criterios para o seguimento de materias pendentes?
23.- Fixáronse criterios para a avaliación desas materias pendentes?
24.- Elaboráronse os exames tendo en conta o valor de cada estándar?
25.- Definíronse programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos estándares?
26.- Leváronse a cabo as medidas específicas de atención ao alumnado con NEE?
27.- Leváronse a cabo as actividades complementarias e extraescolares previstas?
28.- Informouse ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e instrumentos?
29.- Informouse ás familias sobre os criterios de promoción? (Artº 21º, 5 do D.86/15)
30.- Seguiuse e revisouse a programación ao longo do curso
31.- Contribuíuse desde a materia ao plan de lectura do centro?
32.- Usáronse as TIC no desenvolvemento da materia?
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A atención a diversidade centrarase fundamentalemtne en tres aspectos:
Atención á diversidade na programación de actividades.
Atención á diversidade na metodoloxía.
Organización do grupo ou aula.
a) Atención á diversidade na programación de actividades
É importante propoñer actividades de distinto tipo, xa que non todos os alumnos aprenden coas
mesmas estratexias, coa mesma motivación, nin tan sequera coa mesma intensidade. Algunhas
destas actividades poden ser:
Actividades de repaso e recuperación para os alumnos que vaian máis atrasados.
Actividades de ampliación e profundización para os máis avantaxados.
Actividades nas que o alumno utilice diferentes estratexias (resolución de casos, debate,
análise de datos, lectura e estudo de noticias e artigos de opinión...).
Página 20
Actividades de investigación que favorecen o traballo autónomo e permiten a cada
alumno aplicar o ritmo e forma de traballo máis adecuados á súa características indivi-
duais.
Actividades individuais e grupales.
Atenderanse os intereses e motivacións persoais do alumno, permitindo que elixa entre
distintos temas para a realización de traballos de investigación
b) Atención á diversidade na metodoloxía
Adaptaranse os exemplos e casos prácticos á súa experiencia, á realidade cotiá que vive o
alumnado.
Partirase do nivel de desenvolvemento dos alumnos e das súas ideas previas.
Procurarase incrementar a súa motivación e curiosidade para cada un de témalos plan-
teados nas unidades didácticas.
Procurarase a participación de todos, creando un clima agradable e de respecto.
Abordaranse os contidos, sempre que sexa posible, desde diversos puntos de vista e de
distinta forma.
c) Organización do grupo ou aula
A disposición dos alumnos na aula dependerá da actividade que se estea realizando e, sobre todo,
das características dos alumnos (nivel de motivación, dificultades de atención, problemais de
audición ou visión, etc.).
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Poden programarse un número variado de actividades extraescolares. Por exemplo:
- Visitas as sedes de ONGs para coñecer as súas realizacións.
- Asistencia a Institucións como Concellos, Parlamentos, Xulgados, etc.
- Visitas a redaccións de periódicos ou televisións.
- Recorridos pola localidade ou a comarca para analizar a política ecolóxica que se segue
nelas.
- Asistencia a charlas, teatro, cine, etc.
CONSTANCIA E INFORMACIÓN AO ALUMNO
Tanto a programación como un extracto da mesma na que se recollerán os, obxectivos, contidos
e criterios de avaliación da mesma, estará disponible para a súa consulta na páxina web do Ins-
tituto.
Asemade ao comezo de curso o profesor informará ao alumno dos aspectos máis salientabes da
mesma, incidindo na metodoloxía e criterios de avaliación
Página 21
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN ENSINO SEMIPRESENCIAL:
1. APRENDIZAXES IMPRESCINDIBLES: referente aos estándares de aprendizaxe, con-
templados nas táboas das páxinas 9 a 11 , só se terán en conta aqueles estándares
que superen o grao mínimo de consecución do 50%
2. METODOLOXÍA: referente ao indicado nas páxinas 12-13, quedaría do seguinte xeito:
Desenvolvemento dos diferentes contidos das unidades didácticas na aula, diri-
xidos tanto aos alumnos presenciais como aos alumnos que estén conectados
telemáticamente
Dado que a clase efectuada por videoconferencia non ten a mesma impronta
que a clase presencial, para este alumnado aplicarase unha atención específica
usando para tal fin a Aula Virtual do centro. Nela quedarían colocados os dife-
rentes materiais que usarián de forma online para realizar as tarefas comple-
mentarias que lle indique o profesor.
Uso dunha conta de correo electrónico como medio principal de comunicación co
profesor
3. PROCEDEMENTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN: recollidos nas páxinas,14-15
quedarían do seguinte xeito:
Para o alumnado que asiste a clase presencialmente, non se contemplan modifi-
cacións ao recollido na programación.
Para o alumnado que asiste a clase por videoconferencia:
Conexión obrigatoria online coa clase e coa Aula Virtual do centro.
Realización dun exame do explicado e traballado de xeito online unha vez
volvan ao sistema presencial.
Actividades complementarias, traballos individuais e/ou en grupo tal como se
especifican na páxina 15
De non poder volver ao sistema presencial en tempo, realizarían, de ser o
caso, un exame por videoconferencia, exercicios ou traballos específicos a
través da Aula Virtual
Os criterios de cualificación e avaliación serán os mesmos que sinalamos
nas páxina 15 salvo que non se terá en conta a “observación do traballo na
aula” , polo que “as actividades de repaso e comprensión” suporán o 100%
da nota final.
Página 22
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN BACHARELATO NON PRESENCIAL
1. APRENDIZAXES IMPRESCINDIBEIS: referente aos estándares de aprendizaxe, con-
templados nas táboas das páxinas 9 a 11 , só se terán en conta aqueles estándares
que teñan como grado mínimo de consecución o 100%
2. METODOLOXÍA: : referente ao indicado na páxina 12-13 quedaría do seguinte xeito:
Desenvolvemento dos diferentes contidos das unidades didácticas usando a Au-
la Virtual e a videoconferencia.
Uso dunha conta de correo electrónico como medio de comunicación co profesor
Dado que a clase efectuada por videoconferencia non ten a mesma impronta
que a clase presencial, aplicariamos unha atención específica usando para tal fin
a Aula Virtual do centro. Nela quedarían colocados os diferentes materiais que
usarían de forma online para realizar as tarefas complementarias que lles indi-
que o professor
3. PROCEDEMENTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN: recollidos nas páxinas 16-19
quedarían do seguinte xeito:
.
Conexión obrigatoria online por videoconferência á classe e Aula Virtual
Realización das correspondentes probas escritas ou exames cando se permita a
presencialidade no centro.
De non poder volver ao sistema presencial en tempo, exercicios ou traballos es-
pecíficos a través da Aula Virtual
A Avaliación farase a través de atividades de reforzo, ampliación ou recupera-
ción e suporán o 100% da nota
En caso de non alcanzar os obxetivos mínimos o alumno para recuperar deberá
de repetir as atividades que se consideren non aptas
Proba extraordinaria de setembro: Se hai clases presenciais, exame escrito no
centro, da materia impartida seguindo as mesmas pautas indicadas na Progra-
mación do departamento. Se non hai clases presenciais, proba escrita online
usando o sistema de videoconferência ou Aula Virtual