programación de actividades - afundación · entrega de tapóns solidarios á fundación seur 4 de...

5
Día Mundial de Concienciación do Autismo 2014 Programación de actividades Federación Autismo Galicia O deporte ao alcance de todos 31 de marzo ás 12:00 no Multiusos Fontes do Sar, Santiago de Compostela Presentarase en rolda de prensa o proxecto de accesibilidade cognitiva para persoas con TEA en entornos sociais en Santiago de Compostela, co apoio da Concellería de Deportes e dos clubes composteláns Obradoiro CAB e do Santiago Futsal. Visita do Santiago Futsal ao CEE Duques de Lugo de ASPANAES 2 de abril ás 12:00 en Lamas de Abade, Santiago de Compostela Representantes e xogadores do clube de fútbol sala Santiago Futsal visitarán o centro de educación especial para nenos e nenas con TEA Duques de Lugo da asociación ASPANAES. A Coruña - Asociación ASPANAES Exposición fotográfica Retales de un Paseo 30 de marzo ao 13 de abril no centro Sociocultural José Saramago, Santiago de Compostela O fotógrafo Chano Amado Ogando expón a súa colección de fotografías Retales de un Paseo, con imaxes tomadas en distintas viaxes acompañado polos seus peluches solidarios amigos das persoas con autismo.

Upload: others

Post on 18-Jul-2020

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Programación de actividades - Afundación · Entrega de tapóns solidarios á Fundación SEUR 4 de abril no Centro de Día Castelo, Culleredo ASPANAES contribúe ao proxecto Tapones

Día Mundial de Concienciación do Autismo 2014

Programación de actividades Federación Autismo Galicia O deporte ao alcance de todos

31 de marzo ás 12:00 no Multiusos Fontes do Sar, Santiago de Compostela Presentarase en rolda de prensa o proxecto de accesibilidade cognitiva para persoas con TEA en entornos sociais en Santiago de Compostela, co apoio da Concellería de Deportes e dos clubes composteláns Obradoiro CAB e do Santiago Futsal. Visita do Santiago Futsal ao CEE Duques de Lugo de ASPANAES 2 de abril ás 12:00 en Lamas de Abade, Santiago de Compostela Representantes e xogadores do clube de fútbol sala Santiago Futsal visitarán o centro de educación especial para nenos e nenas con TEA Duques de Lugo da asociación ASPANAES.

A Coruña - Asociación ASPANAES Exposición fotográfica Retales de un Paseo 30 de marzo ao 13 de abril no centro Sociocultural José Saramago, Santiago de Compostela O fotógrafo Chano Amado Ogando expón a súa colección de fotografías Retales de un Paseo, con imaxes tomadas en distintas viaxes acompañado polos seus peluches solidarios amigos das persoas con autismo.

Page 2: Programación de actividades - Afundación · Entrega de tapóns solidarios á Fundación SEUR 4 de abril no Centro de Día Castelo, Culleredo ASPANAES contribúe ao proxecto Tapones

Concerto solidario 1 de abril ás 20:30 no Palacio da Ópera da Coruña A Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña presenta o seu programa Diálogos Sinfónicos co Jazz na quinta edición desta función benéfica, na que a recadación irá destinada á asociación ASPANAES. Iluminación da Torre de Hércules 1 de abril durante toda a noite na Coruña O Concello da Coruña únese á campaña internacional Light it up blue iluminando a Torre de Hércules de cor azul para chamar a atención da cidadanía sobre o autismo. Xornada de portas abertas 2 de abril durante todo o día nos centros de ASPANAES A asociación ASPANAES abre as súas portas ao público para que calquera persoa que o desexe poida achegarse a coñecer a realidade do autismo e o traballo que se desenvolve nos centros dedicados á atención deste colectivo. Entrega de tapóns solidarios á Fundación SEUR 4 de abril no Centro de Día Castelo, Culleredo ASPANAES contribúe ao proxecto Tapones para una Nueva Vida, unha iniciativa de recollida de tapóns da Fundación SEUR para sufragar os custos de tratamentos médicos ou ortopedia de nenos con problemas de saúde.

Pontevedra - Fundación Menela Acto conmemorativo 1 de abril ás 11:00 no salón de actos do Concello de Nigrán Conmemórase o Día Mundial de Concienciación do Autismo cun acto que incluirá a lectura dun manifesto, a proxección do corto Os Sextos Sentidos e a actuación da Orquestra Castro Navás, composta por persoas con autismo e sen autismo. Para finalizar, realizarase unha solta de globos azuis diante da Casa do Concello.

Page 3: Programación de actividades - Afundación · Entrega de tapóns solidarios á Fundación SEUR 4 de abril no Centro de Día Castelo, Culleredo ASPANAES contribúe ao proxecto Tapones

Visita ao MARCO 2 de abril ás 11:00 no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo Os escolares do centro de educación especial Menela realizarán un percorrido pola cidade de Vigo nun autobús turístico portando globos azuis ata chegar ao MARCO, onde visitarán a exposición Veraneantes e realizarán un obradoiro didáctico. A continuación, crearán un gran lazo cos seus nomes e palabras relacionadas co autismo e lerán un manifesto. Conferencias no Colexio Oficial de Médicos 3 de abril ás 18:00 na sede Comarcal de Vigo do Colexio de Médicos de Pontevedra Tarde de conferencias dedicadas aos trastornos do espectro do autismo: - Integración sensorial en persoas con trastorno do espectro do autismo, a cargo de Pilar Blázquez Ballesteros, terapeuta ocupacional do centro Os Bambáns de Vigo. - Situación actual dos trastornos do espectro do autismo, a cargo de

Óscar Blanco Barca, especialista en neuropediatría do Hospital Xeral de Vigo e profesor da Universidade de Santiago de Compostela.

Pontevedra - APACAF Acto conmemorativo e inauguración da nova aula sensorial 2 de abril ás 18:00 no centro A Braña, en Berres, A Estrada A asociación APACAF conmemorará este día cun acto institucional no que se realizará unha pancarta con fotos, mensaxes e tamén coas pegadas das mans dos usuarios do centro. Conxuntamente con este acto, inaugurarase unha nova aula dedicada á estimulación sensorial para axudar aos usuarios a mellorar súa integración sensorial.

Page 4: Programación de actividades - Afundación · Entrega de tapóns solidarios á Fundación SEUR 4 de abril no Centro de Día Castelo, Culleredo ASPANAES contribúe ao proxecto Tapones

Lugo - Capaces Lugo Mesa informativa 2 de abril durante todo o día na rúa San Marcos, Lugo Membros da asociación Capaces Lugo colocarán unha mesa na Rúa San Marcos (fronte á Deputación de Lugo) na que brindarán información e atenderán a todas aquelas persoas interesadas en coñecer a asociación e os trastornos do espectro do autismo. Colocación de globos azuis na Muralla de Lugo 2 de abril durante todo o día en Lugo Capaces Lugo adornará a Muralla da cidade con globos azuis para concienciar á sociedade sobre os trastornos do espectro do autismo. Paseo e lectura do manifesto 6 de abril ás 12:30 en Lugo Os membros e usuarios de Capaces Lugo percorrerán a Muralla da cidade portando unha pancarta e globos azuis. Finalizarán o seu percorrido fronte á Casa do Concello, onde un dos usuarios lerá un manifesto e soltarán os globos.

Confederación Autismo España Campaña ¿Qué sabes del autismo?

A Confederación Autismo España, en colaboración coas federacións rexionais, pon en marcha unha nova campaña para tratar de mellorar o coñecemento que a sociedade ten dos trastornos do espectro do autismo. Esta campaña, na que participan caras tan coñecidas como o músico e director de orquestra Luis Cobos, o presentador de Informativos Telecinco David Cantero e a actriz Nadia de Santiago; lánzase simultaneamente en todas as comunidades coincidindo coas celebracións do Día Mundial de Concienciación do Autismo e pretende facer reflexionar á sociedade acerca do descoñecemento que rodea estes trastornos.

Page 5: Programación de actividades - Afundación · Entrega de tapóns solidarios á Fundación SEUR 4 de abril no Centro de Día Castelo, Culleredo ASPANAES contribúe ao proxecto Tapones

Andrea Villarino Rúa (Área de Comunicación) [email protected] Telf: 981 589 365 / 651 844 750 www.autismogalicia.org