organización saída proxecto ríos decembro

4
ORGANIZACIÓN SAÍDA PROXECTO RÍOS (DECEMBRO 2013) Para levar a cabo as actividades de mostraxe formaremos tres grupos, cada un deles sera dirixido por un profesor (Macamen, Gerado e Adán). Os 13 alumnos de 1º Bacharelato irán con Adán, os 23 restantes de 4º da ESO repartiranse entre os outros dous profesores. Establecemos tres puntos de observación a nivel de tres pontes ao longo do tramo de estudo do río Valiñadares (500 metros): 1. Ponte da Pousada (100 m augas abaixo e 100 m augas arriba) 2. Ponte da avenida de Buenos Aires (50 m augas abaixo e 50 m augas arriba) 3. Ponte do Pasatempo (100 m. Augas abaixo e 100 m augas arriba) ACTIVIDADES DOS GRUPOS A) CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA 1. Realización dun esquema e toma de datos do curso do río neste punto. Para facelo débese observar a vexetación do bosque de ribera, as construcións que haxa, os campos de cultivo ou plantacións, as características do curso do río, o tipo de solo,...considerando as dúas marxes do río. Determinaranse como marxe esquerdo e dereito os que queden a esquerda e dereita do observador disposto a favor de corrente. 2. Estado do bosque de ribera. Aplicaremos o chamado índice QRISI baseado en tres parámetros: ESTRUTURA, CONTINUIDADE E CONECTIVIDADE. Para elo cubriremos a ficha ó efecto. 3. Comprobación das alteracións ás que está sometido o río neste tramo: usos do solo, impactos, desperdicios, colectores... Tamén temos fichas para recabar esta información.

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 02-Jul-2015

54 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Organización saída proxecto ríos decembro

ORGANIZACIÓN SAÍDA PROXECTO RÍOS (DECEMBRO 2013)

Para levar a cabo as actividades de mostraxe formaremos tres grupos, cada

un deles sera dirixido por un profesor (Macamen, Gerado e Adán).

Os 13 alumnos de 1º Bacharelato irán con Adán, os 23 restantes de 4º da

ESO repartiranse entre os outros dous profesores.

Establecemos tres puntos de observación a nivel de tres pontes ao longo do

tramo de estudo do río Valiñadares (500 metros):

1. Ponte da Pousada (100 m augas abaixo e 100 m augas arriba)

2. Ponte da avenida de Buenos Aires (50 m augas abaixo e 50 m augas

arriba)

3. Ponte do Pasatempo (100 m. Augas abaixo e 100 m augas arriba)

ACTIVIDADES DOS GRUPOS

A) CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA

1. Realización dun esquema e toma de datos do curso do río neste

punto. Para facelo débese observar a vexetación do bosque de

ribera, as construcións que haxa, os campos de cultivo ou

plantacións, as características do curso do río, o tipo de

solo,...considerando as dúas marxes do río. Determinaranse como

marxe esquerdo e dereito os que queden a esquerda e dereita do

observador disposto a favor de corrente.

2. Estado do bosque de ribera. Aplicaremos o chamado índice QRISI

baseado en tres parámetros: ESTRUTURA, CONTINUIDADE E

CONECTIVIDADE. Para elo cubriremos a ficha ó efecto.

3. Comprobación das alteracións ás que está sometido o río neste

tramo: usos do solo, impactos, desperdicios, colectores... Tamén

temos fichas para recabar esta información.

Page 2: Organización saída proxecto ríos decembro

4. Comprobación do hábitat neste tramo: substrato de fondo, sombra

de río, heteroxeneidade, cobertura vexetal acuática... Tamén

temos fichas ó efecto.

5. Observación e descrición de restos patrimoniais: muíños,

lavadoiros, nasas, canas de pescar, barcas...Con fichas para

cumplimentar.

6. Medición do caudal do río: para saber este datos necesitamos

coñecer a velocidade e a sección.

Velocidade: Nos poñeremos nunha marxe do río e contaremos

10 pasos (serán 10 m) a favor de corrente. Dende o punto de partida

soltaremos un corcho no río que teremos amarrado a unha corda e

tomaremos nota cun cronómetro do tempo empregado polo corcho en

percorrer os 10 metros. Repetiremos a operación 4 ou 5 veces e

calcularemos a velocidade media. Lembrade velocidade= espazo/

tempo.

Sección: para calculala precisamos coñecer o largo (ancho) e a

profundidade do río. Para saber a profundidade introduciremos no

punto medio do río un pau ou vara e mediremos coa cinta métrica a

lonxitude que quedou sumerxida. Para coñecer o largo (ancho) dous de

vos dispoñeranse a ambolas dúas marxe do río e coa cinta métrica

mediremos a lonxitude. A sección será o produto de ambos.

O caudal será o produto da velocidade pola sección.

B) CALIDADE FÍSICO-QUÍMICA

1) Temperatura: introduciremos o termómetro na auga e facemos a

medición.

Page 3: Organización saída proxecto ríos decembro

2) pH: botaremos a pastilla de pH no tubo de ensaio de 10 ml (grande)

con auga ata arriba. Axitamos, esperamos e comprobamos a medición

co papel de pH.

3) Nitratos: enchemos ata a metade o tubo de ensaio de 10 ml.

Introducimos a pastilla 1 de nitratos e axitamos. Despois duns

minutos engadimos a pastilla 2 e axitamos. Por último esperamos 5

minutos e comparamos coa escala colorimétrica.

4) Osíxeno disolto: Collemos unha mostra de auga no tubo pequeno.

Engadímoslle 2 pastillas para o osíxeno. Axitamos. Esperamos 5

minutos e comparamos coa escala colorimétrica.

5) Saturación de osíxeno: unha vez que temos o osíxeno disolto,

comparamos esta concentración coa temperatura e comprobamos na

táboa que temos ao efecto a saturación de osíxeno.

6) Transparencia: enchemos da auga do río o fondo dunha botella de

plástico e dispoñemos debaixo o disco Sacchi (turbidez). Anotamos a

medición. É importante facer a medición inmediatamente despois de

coller a auga para evitar a decantación.

C) CALIDADE BIOLÓXICA

1) Macroinvertebrados: capturaremos os macroinvertebrados cun

coador e depositarémolos en bandexas. Tomaremos mostras entre as

pedras, fondos areosos... dispoñendo a trampa en contra da corrente

e co lavado do follaxe que poida haber no río. Se é preciso

levaremonos as mostras ao laboratorio para unha observación

posterior. Debemos identificar as familias para poder calcular o

denimonado índice IBMWP que se basa nun código de cores.

Botaremos tamén as mangas de plancto para observar as mostras no

laboratorio.

Page 4: Organización saída proxecto ríos decembro

2) Biodiversidade: tomaremos nota das especies máis representativas no

tramo. Contaredes coa axuda do profesor. Sacaremos fotos aos

especímenes, se é preciso, para facilitar a súa identificación. Neste

momento pode ser interesante posuír prismáticos que nos permitan

avistar aves o lugares máis alonxados dos arredores do noso treito.

3) Especies invasoras: temos unha ficha identificativa coas especies

invasoras máis frecuentes e características.

NOTA IMPORTANTE: COMO PARA O ESTUDO FORON

ESTABLECIDOS DOUS PUNTOS DE MOSTRAXE (PONTE DA

POUSADA E PONTE DO PASATEMPO) SOMENTE ESTES GRUPOS

FARAN AS MEDICIÓNS DE PARÁMETROS QUÍMICOS E DE

MACROINVERTEBRADOS.

PARA QUE TODOS POIDAMOS VER COMO SE FAI O GRUPO DA

PONTE DA AVENIDA DE BUENOS AIRES UNHA VEZ QUE

REMATE O SEU TRABALLO SUBIRÁ ATA A PONTE DO

PASATEMPO. ASÍ MESMO, O GRUPO DA PONTE DA POUSADA

TOMARÁ MOSTRAS DA AUGA DO SEU TRAMO E DESPOIS DE

REMATAR O SEU TRABALLO SUBIRÁ TAMÉN Á PONTE DO

PASATEMPO. SERÁ AQUÍ ONDE REALIZAREMOS AS ANÁLISES

DE PARÁMETROS QUÍMICOS CONXUNTAMENTE TODOS OS

INTEGRANTES DOS GRUPOS.