pv decembro 2012
TRANSCRIPT
![Page 1: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/1.jpg)
Palabra de Vida
Decembro 2012
![Page 2: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/2.jpg)
«A cantos o recibiron,deulles o poder de seren fillos de Deus» (Xn 1,
12).
![Page 3: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/3.jpg)
Aquí está a gran novidade anunciada e dada por Xesúsá humanidade: a filiación divina, ser fillos de Deus por
graza.
![Page 4: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/4.jpg)
Como e a quen se lle dá esta graza? «A cantos o recibiron»e a cantos o reciban ao longo dos séculos.
![Page 5: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/5.jpg)
É necesario acollelo na fe e no amor,crendo en Xesús como o noso Salvador.
![Page 6: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/6.jpg)
Pero tratemos de comprender máis en profundidadeque significa ser fillo de Deus.
![Page 7: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/7.jpg)
Abonda con mirar a Xesús, o fillo de Deus, e á súa relación co Pai: Xesús rezaba a seu Pai como no «Noso Pai».
Para El, o Pai era «Abba», é dicir, o papá a quen El se dirixíacon palabras de infinita confianza e inmenso amor.
![Page 8: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/8.jpg)
Xa que viñera á terra por
nós,non lle bastou
con encontrarse
nesta condición
privilexiada.
![Page 9: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/9.jpg)
Ao morrer por nós, ao redimirnos, fíxonos fillos de Deus,irmáns e irmás seus, e deunos a nós tamén,
a través do Espírito Santo,a posibilidade de introducirnos no seo da Trindade.
![Page 10: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/10.jpg)
Deste modo, para nós tamén se fixo posibleesa invocación divina súa «¡Abba, Pai!» , é dicir, «papá, meu Pai»,
noso, con todo o que iso encerra: certeza da súa protección, seguridade, abandono ao seu amor, consolos divinos, forza,
ardor;ardor que nace no corazón de quen está seguro de ser amado.
![Page 11: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/11.jpg)
««A cantos o recibiron,deulles o poder de seren fillos de Deus».
![Page 12: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/12.jpg)
O que nos fai uncon Cristo, e con El
fillos no Fillo,é o bautismo
e a vida da grazaque provén del.
![Page 13: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/13.jpg)
Nesta pasaxe do Evanxeo hai, ademais, unha palabra que desvela tamén o dinamismo profundo desta «filiación» que hai que realizar día tras día. De feito, é necesario «ser fillos
de Deus».
![Page 14: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/14.jpg)
Chégase a ser, médrase como fillos de Deus, coa nosa correspondencia
ao seu don, vivindo a súa vontade que está toda concentrada no mandamento do amor: amor a Deus e amor aos próximos.
![Page 15: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/15.jpg)
Acoller a Xesús significa, de feito, recoñeceloen todos os nosos próximos. E eles tamén terán a posibilidade
de recoñecer a Xesús e crer nel se no noso amor por elesdescobren unha pegada, unha chispa do amor infinito do Pai.
![Page 16: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/16.jpg)
«A cantos o recibiron,deulles o poder de seren fillos de Deus».
![Page 17: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/17.jpg)
Neste mes no que lembramos especialmente o nacementode Xesús nesta terra, tratemos de acollernos
reciprocamente, vivindo e servindo ao mesmo Cristo os uns nos outros.
![Page 18: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/18.jpg)
E entón unha reciprocidadede amor, de coñecemento de
vida como a que vincula o fillo
co Pai no Espírito,instaurarase tamén
entre nós e o Paie sentiremos que cada vez
máis nos nosos beizos afloraa invocación de Xesús:
«Abba, Pai!».
![Page 19: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/19.jpg)
«A cantos o recibiron, deulles o poder de seren fillos de Deus».
““Palabra de Vida”Palabra de Vida”
Texto de: Chiara Lubich, Publicada en decembro de 1998.Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da
da prensa, radio, TV e vía internet. Pode verse tamén nas revista
“Ciudad Nueva” con experiencias vividas por cristiáns dende ela.
““Palabra de Vida”Palabra de Vida”
Texto de: Chiara Lubich, Publicada en decembro de 1998.Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da
da prensa, radio, TV e vía internet. Pode verse tamén nas revista
“Ciudad Nueva” con experiencias vividas por cristiáns dende ela.
![Page 20: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/20.jpg)
Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2012-13:
Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.
Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! E así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.
“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: [email protected]).
Sede felices. Feliz e evanxélico AÑO DA FE.
“Creo, Señor, pero aumenta a miña fe”.
![Page 21: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/21.jpg)
E en concreto, durante este mes, que vou facer para que o Plan Pastoral vaia adiante?
![Page 22: Pv decembro 2012](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022061509/556117e1d8b42a7c268b57a7/html5/thumbnails/22.jpg)