o teatro galego entre 1950 e 1976

17
O teatro galego entre 1950 e 1976 Ao comezar a década dos cincuenta e coincidindo co renovo literario marcado por Galaxia, o teatro galego ofrece achegas caracterizadas pola fuxida da realidade social e a instalación en tramas e conflitos de alcance universal, tinguidas dun certo pesimismo existencial e, en xeral, pouco apropiadas para a súa representación nun espazo escénico ao que era bastante improbábel que fosen ter acceso. Entre os autores do período podemos distinguir dúas fases: De 1950-1965 Cunqueiro Carvalho Calero Marinhas del Valle De 1965 a 1976 Euloxio Rodríguez Ruibal Manuel Lourenzo Roberto Vidal Bolaño

Upload: maria-sanchez

Post on 19-Jul-2015

250 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: O teatro galego entre 1950 e 1976

O teatro galego entre 1950 e 1976

• Ao comezar a década dos cincuenta e coincidindo co renovo literario marcado por Galaxia, o teatro galego ofrece achegas caracterizadas pola fuxida da realidade social e a instalación en tramas e conflitos de alcance universal, tinguidas dun certo pesimismo existencial e, en xeral, pouco apropiadas para a súa representación nun espazo escénico ao que era bastante improbábel que fosen ter acceso.

Entre os autores do período podemos distinguir dúas fases:

De 1950-1965 Cunqueiro Carvalho

Calero Marinhas

del Valle De 1965 a 1976

Euloxio Rodríguez Ruibal

Manuel Lourenzo

Roberto Vidal Bolaño

Page 2: O teatro galego entre 1950 e 1976

O teatro de corte existencialista

• Cunqueiro: Fiel a si mesmo, a súa obra dramática é un refundido de temáticas, personaxes e autores de literaturas e épocas moi diversas, desde o teatro clásico ao teatro isabelino, un teatro que foxe dos límites do xénero introducindo pasaxes de intenso lirismo, un teatro culto e denso.

O incerto señor don Hamlet

A noite vai coma un río

Pero que di ese papel de amor?

“ As gaivotas fuxiron da praia por vergoña de non saber molla-los pés nas ondas coma ti”. Lindo! E máis adiante: “Dono non son de min nas noites!”

Page 3: O teatro galego entre 1950 e 1976

O Hamlet de Cunqueiro

Hamlet recibe unha nova sorprendentehttp://es.slideshare.net/MaraSnchez6/hamlet-recibe-unha-nova-sorprendente-44413195

Page 4: O teatro galego entre 1950 e 1976

Un pouquiño dos mitos clásicos

• Hamlet como Edipo“Hamlet, en verdade vivimos

tan lonxe un do outro todos estes tempos, que somos máis un home e unha muller calquera que un fillo e unha nai. Nas sagas que nos cantaban de nenos, a min e a meus irmáns e ir´más, as nais tiñan dereito aos fillos entre nós, as estirpes reais, maritalmente.”

http://youtu.be/0MsZYUAFcxU

Page 5: O teatro galego entre 1950 e 1976

Un chisco de teatro isabelino...Hamlet como Hamlet.

“Sábe-lo que se preguntan as pantasmas cando se atopan? Pregúntanse: como podemos existir e non existir? Téntanse, apálpanse. A brétema será máis espesa aquí, onde foi o corazón.”

Page 6: O teatro galego entre 1950 e 1976

E un nadiña de teatro románticoOfelia

Escribiches, Hamlet, os amores nosos?

HamletOfelia, cotovía, axóuxere!

Os nosos amores non son unha historia. Son un sorrir. Eu cóllote da caluga, amósoche o fondo dun pozo mouro, dígoche: bebe sen medo, é Hamlet!, e ti sorrís e bícasme. A xente ía rir a callón, Ofelia, ollando como teu pai nos golpeaba co ábaco! Non, Ofelia, non son os amores nosos tan doces. Quero que os nosos amores non se representen nunca. Poderías entolear!

Page 7: O teatro galego entre 1950 e 1976

O incerto señor

http://www.youtube.com/watch?v=0MsZYUAFcxU

Page 8: O teatro galego entre 1950 e 1976

Unha obra sen mito

En A noite vai coma un río unha muller agarda ao amor nun tempo de guerra, en canto a vida lle pasa por diante sempre a agardar e sempre preguntando aos que foxen do conflito polo seu amor que nunca ha chegar. A traxedia devén do choque entre o anseio desesperado de amor e a profunda soidade á que se ve condenada. Puro lirismo.

Page 9: O teatro galego entre 1950 e 1976

Carvalho Calero

Erudito e estudoso da literatura, republicano represaliado e profesor afastado da función pública por xurar acatamento ao réxime, fai psicoloxismo, nun teatro cunha forte compoñente cultural e unha tonalidade escura que o aproxima do existencialismo e onde, a miúdo, se descobre a influencia do simbolismo.

Catro pezas: A sombra de Orfeu A farsa das zocas

http://es.slideshare.net/MaraSnchez6/notara-44413165A árbore O auto do prisioneiro

Page 10: O teatro galego entre 1950 e 1976

“Facer” teatro

Facer teatro no sentido integral do termo: escribir o texto, dirixilo, representalo, patrocinalo, difundilo... Os escritores son actores e directores e os actores son figurinistas e escenógrafos e moitos dos implicados arriscan cartos propios na aventura.

Page 11: O teatro galego entre 1950 e 1976

Jenaro Marinhas del ValleDramaturgo de inspiración social nalgunhas obras, presenta na meirande parte da súa obra textos nos que predomina o elemento simbólico e unha concepción tráxica da vida.

Vertente social.- A chave na portaA revolta

Vertente existencialista.- A revoltaA obrigaLoucura e morte de Peregrino

Vertente experimental.- O triángulo ateo

http://es.slideshare.net/MaraSnchez6/cando-pecha-a-noite-e-queda-a-cidade-escura-e-silandeira-sen-que-o-andar-de-xente-bate-nas-polidas-lousas-da-ra

Page 12: O teatro galego entre 1950 e 1976

O tempo da Mostra de Ribadavia e das compañías de teatro independente

Son os tempos heroicos á procura de novidades: nas fórmulas expresivas, nas plataformas de difusión, nos espectadores... Son os tempos do agromar de compañías de teatro experimental, amador, moi comprometido, que son hoxe consideradas pioneiras na historia sempre convulsa do noso teatro: Ditea, Artello, Teatro Popular Keizán, Teatro Circo, Antroido, Troula, Máscara 17...

Page 13: O teatro galego entre 1950 e 1976

Euloxio Rodríguez Ruibal

1ª etapa, de influencia cinematográfica:

Zardigot http://es.slideshare.net/MaraSnch

ez6/search_my_uploads?type=most+recent&new=&q=Zardigot

O cabodano2ª etapa,de cultivo da comedia:

Azos de esguelloUnha macana de

dote.3ª etapa, traxedia e alegoría:

Maremia (triloxía)

Page 14: O teatro galego entre 1950 e 1976

Manuel Lourenzo

Auténtico monstro das artes escénicas, dramaturgo, director e actor de teatro e TV, presenta tres temáticas predominantes:

O teatro mítico (revisións de pezas ou personaxes da historia do teatro universal)http://bvg.udc.es/videos_obra/liturxiadetebas.wmvRomaría ás covas do demoTraxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forcaElectraO teatro histórico (onde recrea personaxes históricas)XoanaO teatro experimental ou de reflexión social MagnetismoA estratexia

Page 15: O teatro galego entre 1950 e 1976

Roberto Vidal Bolaño

Teatro simbólico, de inspiración popular:Ladaiñas pola morte do meco

Page 16: O teatro galego entre 1950 e 1976

Roberto Vidal Bolaño

Teatro para a reflexión:Laudamuco, señor de ningures

Cochos

Saxo tenor

Page 17: O teatro galego entre 1950 e 1976

Roberto Vidal Bolaño

Letras Galegas 2013

http://es.slideshare.net/MaraSnchez6/biografa-literaria-de-vidal-bolao

Unha mostra : A burla do galo

https://www.youtube.com/watch?v=kMu9i3QBK40