o ceniciento irlandés

11
“BILLY BEG E O SEU TOURO” “O CENICIENTO IRLANDÉS" Había unha vez en Irlanda, un rei e unha raíña que tiñan un fillo chamado Billy Beg.

Upload: ratibron

Post on 25-Jun-2015

507 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

CONTO IRLANDÉS

TRANSCRIPT

Page 1: O ceniciento irlandés

“BILLY BEG E O SEU TOURO”“O CENICIENTO IRLANDÉS"

Había unha vez en Irlanda, un rei e unha raíña que tiñan un fillo chamado Billy Beg.

Page 2: O ceniciento irlandés

Un día a raíña regaloulle a Billy un touro. Un fatídico día a raíña faleceu, pero antes de morrer fíxolle prometer ao seu esposo que nunca separaría a Billy do seu touro, promesa que o rei aceptou sen reparos.

Page 3: O ceniciento irlandés

Ao cabo do un tempo o rei volveuse a casar. A nova raíña detestaba a Billy e ao seu touro. Como non atopou ningún xeito de separarlos, decidiu urdir un plan para matar ao animal. Prostrouse na cama simulando estar moi enferma e díxolle ao seu marido que a única solución a súa enfermidade era beber o sangue do touro de Billy. O rei non quería nin oír falar desa posibilidade, pero a súa esposa foi"empeorando" e finalmente decidiu que tiña que sacrificalo.

Page 4: O ceniciento irlandés

Cando Billy se decatou de que ían matar ao touro encheuse de tristeza pero o animal ao velo tan desanimando díxolle:

- "Non te preocupes por min, a raíña nunca probará nin unha pinga do meu sangue"

Ao día seguinte cando todo estaba preparado para a execución, xusto antes de que se levase a cabo, o touro díxolle a Billy:

- "Salta encima de min!

E escaparon en dirección ao bosque.

Page 5: O ceniciento irlandés

Alí o touro doulle a Billy unha servilleta que sempre lle daría comida e unha vara que ao golpeala tres veces converteríase nunha espada.

Sucedeu que o touro tivo que baterse en duelo con outros tres touros do lugar. Aos dous primeiros venceunos pero antes de ir loitar co terceiro díxolle a Billy:

- É imposible que gañe este combate. Se morro fai coas miñas tripas un cinto. Sempre que o leves serás invencible.

Page 6: O ceniciento irlandés

E efectivamente o touro morreu. Triste pola morte do seu touro, Billy camiñou apesadumbrado pola montaña ata que chegou ao castelo dun cabaleiro.

Page 7: O ceniciento irlandés

Pediu emprego e o cabaleiro díxolle que buscaba a alguén que se fixese cargo do seu rabaño só que había un "pequeno problema": ninguén que coide dos animais volve con vida porque un xigante que vai a ordeñar o rabaño mata sempre ao coidador.

Page 8: O ceniciento irlandés

O raparigo aceptou e á mañá seguinte foise ao horto a coidar do rabaño. Ao mediodía Billy oíu tres grandes e terribles ruxidos. Nada tan espantoso se escoitara antes en Irlanda! Viu que se achegaba un inmenso xigante. O mozo sacou a súa espada e derrotouno.

Page 9: O ceniciento irlandés

Ao volver ao castelo o cabaleiro, admirado pola súa proeza, propúxolle outro reto: a filla do rei vai ser devorada por un dragón de tres cabezas. Se hai algún opoñente que a salve poderá casar con ela.

Page 10: O ceniciento irlandés

Billy quixo salvar á princesa, da que se namorou nada máis vela.

Cando chegou o dragón sacou a súa espada e comezou unha apaixonante pelexa da que saíu vitorioso. Pero, xusto no momento da súa marcha, perdeu un dos seus zapatos.

Page 11: O ceniciento irlandés

Todo o reino falaba do misterioso home que derrotou ao dragón e perdeu un zapato. O rei decidiu que todos os habitantes do seu reino terían que ir a palacio a probarse o zapato co fin de descubrir quen era o seu propietario.

Chegou o día en que Billy tiña que ir a palacio e polo camiño atopou a un vagabundo co cal intercambiou as súas vestimentas. Ao chegar a palacio todo o mundo se burlaba do seu aspecto, pero cando se probou o zapato este encaixou perfectamente no seu pé.

E así foi como casou coa filla do rei e este colmouno de riquezas. A voda durou nove días, nove horas, nove minutos e nove segundos. (Recollido do dossier educativo do Auditorio de Galicia)