nutricion

43
A NUTRICIÓN A NUTRICIÓN Profesor: Adán Gonçalves Profesor: Adán Gonçalves

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 20-Jun-2015

342 views

Category:

Education


1 download

DESCRIPTION

Nutrición en animais e plantas. Aparellos implicados no proceso.

TRANSCRIPT

Page 1: Nutricion

A NUTRICIÓNA NUTRICIÓN

Profesor: Adán GonçalvesProfesor: Adán Gonçalves

Page 2: Nutricion

Saberías respostar as seguintes cuestións?Saberías respostar as seguintes cuestións?

1. Que entendes por nutrición? E por alimentación?

2. Que aparellos ou sistemas asocias a estes procesos?

3. Como obteñen os seres vivos a enerxía que precisan para vivir?

Page 3: Nutricion

1. 1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓNA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Todos os seres vivos precisan materia e enerxía para desenvolver as funcións vitais.

A nutriciónnutrición son o conxunto de procesos polos cales os organismos toman substancias do exterior e transformanas en materia propia e enerxía.

A alimentaciónalimentación é o proceso de tomar alimentos e está incluido dentro dos procesos da nutrición.

Os alimentosalimentos son as substancias que inxiren os seres vivos para obter materia e enerxía.

Os alimentos conteñen substancias máis simples chamadas nutrientesnutrientes que son incorporadas ás células.

Page 4: Nutricion

1. 1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓNA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Como xa comentamos no tema anterior poden existir dous tipos de

nutrición atendendo ás substancias que incorporan as células.

E así diferenciamos: Organismos autótrofosOrganismos autótrofos: p: producen a súa propia materia orgánica

(alimento) a partir de materia inorgánica que toman do medio. Como

dixemos, para facelo precisan enerxía, se esta enerxía é a do sol fálase de

autótrofos fotosintéticosautótrofos fotosintéticos (algunhas bacterias e todas as algas e vexetais). Organismos heterótrofosOrganismos heterótrofos: : aliméntanse doutros organismos ou dos seus

restos. Son os protozoos, os fungos, os animais e moitas bacterias.

Segundo os seus hábitos de alimentación poden ser: herbívoros,

carnívoros, omnívoros, filtradores, preeiros (=carroñeiros)...

Page 5: Nutricion

1.1. 1.1. Procesos da nutrición en animaisProcesos da nutrición en animais

Tras a alimentación (inxestión de alimentos): DixestiónDixestión: : transformación dos alimentos en nutrientes que pasan do

aparello dixestivo ao sangue que os transportará a todas as células.

Intercambio de gasesIntercambio de gases: : captación do O2 que se necesita para a respiración

celular e eliminación do CO2 producido neste proceso. Faino o aparello

respiratorio.

TransporteTransporte: : Os nutrientes e o O2 son levados cara as células e as

substancias de refugallo e o CO2 son recollidos para ser expulsalos fóra do

organismo. Realiza este proceso o aparello circulatorio. MetabolismoMetabolismo: : uso dos nutrientes dentro das células para obter enerxía e

construír estruturas. ExcreciónExcreción: : eliminacións dos refugallos. Faino o aparello excretor.

Page 6: Nutricion
Page 7: Nutricion

1.2. 1.2. Procesos da nutrición nas plantasProcesos da nutrición nas plantas

AbsorciónAbsorción de nutrientes inorgánicos (auga e sales) polas raíces. TransporteTransporte dos nutrientes inorgánicosinorgánicos a través dos vasos condutores dende as raíces a toda a planta. EvapotranspiraciónEvapotranspiración a través das follas, dunha boa parte da auga absorbida. Intercambio de gasesIntercambio de gases a través dos estomasestomas das follas. FotosínteseFotosíntese : de substancias inorgánicas a orgánicas. TransporteTransporte de substancias orgánicasorgánicas polos vasos condutores a toda a planta. Respiración celularRespiración celular, a planta obtén enerxía e materia propia a partir dos compostos formados na fotosíntese. Eliminación ou reaproveitamento de produtosEliminación ou reaproveitamento de produtos

Page 8: Nutricion
Page 9: Nutricion

2. 2. O PROCESO DIXESTIVO NOS ANIMAISO PROCESO DIXESTIVO NOS ANIMAIS

O proceso dixestivo é o conxunto de fenómenos que ocorren no aparello

dixestivo e que nos permiten captar o alimento e transformalo en

nutrientes (substancias útiles) para as células e expulsar os refugallos.

Fases do proceso dixestivo:Fases do proceso dixestivo:1. 1. InxestiónInxestión: toma do alimento do exterior.: toma do alimento do exterior.

2. 2. Dixestión:Dixestión: é a descomposición do alimento para obter os nutrientes. é a descomposición do alimento para obter os nutrientes.

3. 3. AbsorciónAbsorción: paso dos nutrientes dende o aparello dixestivo ata o : paso dos nutrientes dende o aparello dixestivo ata o

sangue para levalos a todas as células.sangue para levalos a todas as células.

4. 4. ExestiónExestión: eliminación dende o dixestivo da parte non dixerida do : eliminación dende o dixestivo da parte non dixerida do

alimento. Son transformados en feces e expulsados cara o exterior.alimento. Son transformados en feces e expulsados cara o exterior.

Page 10: Nutricion

Tipos de DixestiónTipos de Dixestión

A degradación do alimento a nutrientes pode suceder de dous xeitos: IntracelularIntracelular: : ocorre dentro das células. Característica de organismos

unicelulares e de pluricelulares simples (esponxas). ExtracelularExtracelular: : ocorre fóra das células no aparello dixestivo. É o tipo

máis habitual. Supón, normalmente dous procesos:

- Dixestión mecánica: desmenuzado do alimento por medio

de estruturas especializadas (p.e. Dentes).

- Dixestión química: unhas proteínas especias chamadas

enzimasenzimas permiten liberar os nutrientes do alimento.

Page 11: Nutricion

Por último, a maior parte dos animais realizan unha dixestión interna,

é dicir, os enzimas vértense no interior do aparello dixestivo.

Sen embargo, algúns animais, como os arácnidos, fan unha dixestión externa secretando as enzimas ao exterior antes de inxerir o

alimento.

Tipos de DixestiónTipos de Dixestión

Page 12: Nutricion

Tipos de Aparellos DixestivosTipos de Aparellos Dixestivos

Hai dous tipos: Cavidade gástricaCavidade gástrica: : espazo recuberto de células con un único

orificio que actúa de boca e ano. É típica dalgúns invertebrados como

as medusas e pólipos. Tubo dixestivoTubo dixestivo: : conduto de tamaño variable que comeza nunha

boca, por onde se toman os alimentos, e remata nun ano polo que se

expulsan os residuos. Ao longo deste tubo hai distintas rexións con

funcións específicas e adaptadas ao tipo de alimentación do animal.

Page 13: Nutricion
Page 14: Nutricion
Page 15: Nutricion

O proceso dixestivo dalgúns invertebradosO proceso dixestivo dalgúns invertebrados

As esponxasesponxas son filtradorasfiltradoras : fan pasar correntes de auga con partículas de alimento a través de poros das paredes do seu corpo. Nestes condutos atópanse os coanocitos coanocitos que recollen as partículas alimenticias e fan unha dixestión intracelulardixestión intracelular. Os celentéreos (medusas e pólipos)celentéreos (medusas e pólipos) capturan presas vivas cos tentáculos provistos de células con veleno (cnidoblastoscnidoblastos) que rodean a súa boca. A presa é introducida pola boca/ano cara a cavidade gastrovascular. A dixestióndixestión é extracelularextracelular.

EsponxaEsponxa Celentéreos- Medusas e póliposCelentéreos- Medusas e pólipos

Page 16: Nutricion

O proceso dixestivo dalgúns invertebradosO proceso dixestivo dalgúns invertebrados

A maioría dos moluscos moluscos posúen un tubo dixestivotubo dixestivo (con boca e ano xa separados) onde se produce a dixestión extracelulardixestión extracelular. Teñen un órgano, o hepatopancreas que produce enzimas dixestivoshepatopancreas que produce enzimas dixestivos. Algúns moluscos, como os bivalvos,bivalvos, son filtradoresfiltradores. Os artrópodosartrópodos teñen tamén un tubo dixestivo para realizar a tubo dixestivo para realizar a dixestión extracelulardixestión extracelular. Dependendo do tipo de artrópodo posúen distintos apéndices bucaisapéndices bucais, despois un esófagoesófago, un papo (buche)papo (buche) onde os alimentos mestúranse coa saliva e unha moega (molleja)moega (molleja) onde se trituran. Por último pasan ao intestinointestino e finalmente ao anoano.

ArtrópodosArtrópodosMoluscosMoluscos

Page 17: Nutricion

O proceso dixestivo nos vertebradosO proceso dixestivo nos vertebrados

Teñen unha dixestión extracelulardixestión extracelular que sucede nun tubo dixestivotubo dixestivo.

Hai variacións atendendo a alimentación, pero en xeral o aparello dixestivo dos vertebrados consta de: BocaBoca, onde ocorre a trituración (dentes) do alimento e a mestura coa saliva. Farinxe, esófago e estómagoFarinxe, esófago e estómago, onde se realiza a dixestión gástrica. Intestino delgadoIntestino delgado, onde finaliza a dixestión e se absorben a maioría dos nutrientes. Intestino grosoIntestino groso, onde se forman as feces.

Ademais ao longo do tubo hai glándulas anexas (salivares, páncreas, fígado...) que verten enzimas e outras substancias que contribúen á dixestión.

Page 18: Nutricion

O proceso dixestivo nos vertebradosO proceso dixestivo nos vertebrados

Page 19: Nutricion

3. 3. A RESPIRACIÓN NOS ANIMAISA RESPIRACIÓN NOS ANIMAISComo xa vimos no tema anterior, o proceso de respiración celular que sucede nas mitocondrias das células necesita osíxeno e produce dióxido de carbono.

O O2 cóllese do exterior, e a súa vez, o CO2, que é unha substancia tóxica para as células é expulsada fóra do organismo.

Este intercambio gasosointercambio gasoso (entra O2 e sae CO2) lévase a cabo grazas ao aparello respiratorioaparello respiratorio.

Hai moi distintos tipos de aparellos respiratorios, pero todos eles teñen rexións nas que se produce este intercambio gasoso chamadas superficies respiratoriassuperficies respiratorias.

Están superficies sempre cumpren que:

- Son delgadasdelgadas.

- Están húmidashúmidas.

- Posúen numerosos vasos sanguíneosnumerosos vasos sanguíneos.

Todo elo para facilitar o intercambio de gases.

Page 20: Nutricion

Respiración aérea- Respiración acuáticaRespiración aérea- Respiración acuática

No aireaire hai unha maior disponibilidade de osíxenomaior disponibilidade de osíxeno que na auga, sen embargo a exposición aérea secaexposición aérea seca as superficies respiratorias. Por iso os animais aéreos e acuáticos posúen distintas estruturas.

Os animais aéreosanimais aéreos soen ter as estruturas respiratorias no interiorestruturas respiratorias no interior do corpo para evitar a desecación.

Pola contra os animais acuáticosanimais acuáticos expoñen ao exteriorexpoñen ao exterior (á auga con O2) estas estruturas porque o principal problema que teñen é a menor cantidade de osíxeno.

Page 21: Nutricion

4. 4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAISTIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS

Os animais máis sinxelos (esponxas, medusas...) non teñen aparello

respiratorio, xa que fan o intercambio de gases a tarvés da

superficie do seu corpo.

Os que sí o posúen, téñeno adaptado ao medio no que viven e

asociado ao circulatorio (transporta os gases polo organismo).

Hai catro tipos de respiraciónnos animais: cutáneacutánea, branquialbranquial,

traquealtraqueal e pulmonarpulmonar.

Page 22: Nutricion

4. 4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAISTIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS

Respiración cutáneaRespiración cutánea: o intercambio de gases relízase a través da súa

pel, que é moi fina, sempre está húmida e ten numerosos vasos sanguíneos.

É típica de moitos vermes e nos anfibios complementa a respiración

pulmonar.

Page 23: Nutricion

4. 4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAISTIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS

Respiración branquialRespiración branquial: o intercambio realízase por medio de

branquiasbranquias, unha finas prolongacións da superficie do corpo a xeito de

láminas que están percorridas por numerosos vasos sanguíneos.

As branquias son características dos animais acuáticos animais acuáticos, e poden ser

externas (se saen cara o exterior) ou internas (se se atopan nunha

cavidade interna que comunica co exterior).

externas internas

Page 24: Nutricion

4. 4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAISTIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS

Respiración traquealRespiración traqueal: realízase a través de traqueastraqueas, uns condutos

arborescentes que chegan aos órganos do animal. Estos tubos ábrense

cara ao exterior por medio duns orificios chamados espiraculos ou espiraculos ou

estigmasestigmas.

O diámetro dos condutos diminúe cara o interior permitindo a chegada

do O2 ás células sen precisar un aparello circulatorio moi complexo.

Esta respiración e típica dos artrópodos terrestres (arácnidos, insectos

e mirápodos).

Page 25: Nutricion

4. 4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAISTIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS

Respiración pulmonarRespiración pulmonar: lévase a cabo mediante os pulmónspulmóns, que son

cavidades internas de paredes finas e húmidas e repletas de vasos

sanguíneos.

O aire entra pola boca e as fosas nasais e continúa pola farinxe, larinxe,

tráquea e bronquios (que entran xa nos pulmóns).

Mediante a inspiracióninspiración entra o aire e coa expiraciónexpiración sae, estos dous

movementos constitúen a ventilación pulmonar.ventilación pulmonar.

Page 26: Nutricion

Nos anfibiosanfibios os pulmóns son bolsas ocas; combinan esta respiración coa cutánea. En réptilesréptiles os pulmóns xa teñen maior superficie.En avesaves posúen unhas prolongacións chamadas sacos aereossacos aereos que aumentan motísimo esta superficie.Nos mamíferosmamíferos están recheos de numerosos sacos denominados alvéolosalvéolos xerando tamén moitísima superficie para o intercambio de gases.

4. 4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAISTIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS

Page 27: Nutricion

4. 4. TIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAISTIPOS DE RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS

Page 28: Nutricion

5. 5. TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS NOS TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS NOS ANIMAISANIMAIS

Os animais máis sinxelos non teñen aparello circulatorio, xa que os

nutrientes e o O2 chegan directamente a todas as células.

No resto, é este aparello o encargado do transporte e a recolleita do

CO2 e os refugallos resultantes do metabolismo.

O aparello circulatorio está formado por: Líquido de transporteLíquido de transporte: é o sangue sangue nos Vertebrados e vermes e a

hemolinfahemolinfa nos insectos. VasosVasos: son os condutos polos que circula o líquido. Nos Vertebrados

poden ser: arterias (saen do corazón), veas (chegan ao corazón) e

capilares (onde se produce o intercambio de gases, nutrientes e

refugallos; conectan arterias e veas).

Page 29: Nutricion

5. 5. TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS NOS TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS NOS ANIMAISANIMAIS

CorazónCorazón: órgano que bombea o sangue polos vasos.

Page 30: Nutricion

6. 6. TIPOS DE APARELLOS CIRCULATORIOS NOS TIPOS DE APARELLOS CIRCULATORIOS NOS ANIMAISANIMAIS

Hai dous tipos:

Aparello circulatorio aberto:Aparello circulatorio aberto: aparece en moluscos e artrópodos. Os vasos (condutos para a circulación) non forman un circuito pechado. O sangue ou a hemolinfa enchoupa as cavidades en contacto coas células, nelas realízase o intercambio de gases e nutrientes, e de aquí volve ao corazón a través duns orificios chamados ostiolosostiolos.

Aparello circulatorio pechado:Aparello circulatorio pechado: en anélidos, cefalópodos e vertebrados. O sangue circula sempre polo interior de vasos nun sistema pechado (saen do corazón e retornan a él). Hai dous tipos:

- SimpleSimple: aparece nos peixes. O sangue pasa só unha vez polo corazón. Circuito: Corazón-branquias (recolle o O2 e deixa o CO2)-resto do corpo (descarga o O2 e recolle o CO2)- Retorno ao corazón.

Page 31: Nutricion

Circulación abertaCirculación aberta

Circulación Circulación pechada simplepechada simple

Page 32: Nutricion

6. 6. TIPOS DE APARELLOS CIRCULATORIOS NOS TIPOS DE APARELLOS CIRCULATORIOS NOS ANIMAISANIMAIS

- Dobre:Dobre: no resto de vertebrados. O sangue pasa dúas veces polo corazón.

Ten dous circuitos, a circulación pulmonar ou menorcirculación pulmonar ou menor que se establece entre os pulmóns e o corazón; e a circulación xeral ou maiorcirculación xeral ou maior entre o corazón e o resto do corpo.

Circulación pechada dobreCirculación pechada dobre

Page 33: Nutricion

7. 7. A EXCRECIÓN NOS ANIMAISA EXCRECIÓN NOS ANIMAIS

O metabolismo celular orixina substancias de refugallo que son tóxicas edeben ser expulsadas fóra do organismo. Son substancias como o CO2, o amoníaco ou a urea.

O CO2 elimínase a través do respiratorio; o resto de refugallos son expulsados mediante o aparello excretor.

A excreción é o proceso polo que se recollen e se eliminan os refugallos procedentes do metabolismo.

Nos animais máis sinxelos (esponxas e celentéreos) non hai aparello excretor e verten directamente ao medio a través da superficie do seu corpo.

Nos insectos teñen uns tubos (túbulos de Malpighitúbulos de Malpighi) que verten ao intestino os refugallos.

Nos crustáceos hai unhas glándulas (glándulas verdesglándulas verdes) na base das antenas polas que os expulsan.

Page 34: Nutricion
Page 35: Nutricion

7. 7. A EXCRECIÓN NOS ANIMAISA EXCRECIÓN NOS ANIMAIS

Nos vertebrados hai distintos órganos, os máis importantes son os rilesriles que forman os ouriños que permiten a expulsión da urea.

Os ouriños formados nos riles saen polos uréteresuréteres que os levan a vexiga vexiga urinariaurinaria onde son almacenados. De aquí saen ao exterior pola uretrauretra.

Nos mamíferos, ademais dos riles outros órganos participan na excreción de diferentes substancias: glándulas sudoríparas, pulmóns …

Os réptiles e aves que beben auga salgada dispoñen de glándulas glándulas segregadoras do salsegregadoras do sal para eliminar o exceso.

Page 36: Nutricion

Aparello excretorAparello excretor

Page 37: Nutricion

8. 8. A NUTRICIÓN DAS PLANTASA NUTRICIÓN DAS PLANTAS

Os organismos unicelulares fotosintéticos toman os nutrientes directamente do medio externo.

As algas pluricelulares e carrizas, non teñen sistemas de transporte de nutrientes e precisan vivir en ambiente húmidos para tomar a través do toda a súa superficie as substancias que precisan.

As plantas superiores desenvolveron órganos especializados na nutrición: As raíces absorben a auga e os minerais. O talo sostén a planta e posúe condutos de transporte para o zume. As follas realizan a fotosíntese.

Page 38: Nutricion

8. 8. A NUTRICIÓN DAS PLANTASA NUTRICIÓN DAS PLANTAS

Absorción de nutrientesAbsorción de nutrientesÉ paso da auga e sales minerais dende as raíces cara o resto da planta e realízase a través dunhas finas prolongacións das raíces chamadas pelos absorbentespelos absorbentes.

O zume brutozume bruto (auga + sales minerais) é a materia prima para realizar a fotosíntese.

Transporte de zume brutoTransporte de zume brutoDende a raíz o zume bruto pasa aos vasos leñososvasos leñosos (formados por células mortas) que constitúen un tecido denominado xilemaxilema.

Estes vasos percorren o interior do talo e transportan o zume bruto ata as follas.

O ascenso débese a varios fenómenos: capilaridade, presión da auga na raíz, transpiración foliar...

Page 39: Nutricion

8. 8. A NUTRICIÓN DAS PLANTASA NUTRICIÓN DAS PLANTAS

Intercambio de gasesIntercambio de gasesPara realizar a fotosíntese precísase CO2 e prodúcese O2 que en parte é requerido na respiración e en parte libérase ao medio. Este intercambio de gases lévase a cabo a través dos estomas (unhas estruturas formadas principalmente por dúas células en forma de ril que deixan entre elas un orificio).

Page 40: Nutricion

8. 8. A NUTRICIÓN DAS PLANTASA NUTRICIÓN DAS PLANTAS

FotosínteseFotosínteseO zume bruto e o CO2 grazas a luz do sol captada pola clorofila dos cloroplastos, son transformados na fotosíntese en zume elaborado (materia orgánica) que será repartido por toda a planta e libérase O2.

A fotosíntese é imprescindible por: Produce osíxeno. Convirte a materia inorgánica en orgánica dispoñible para os demais seres vivos. Elimina o exceso de dióxido de carbono na atmosfera.

Transporte de zume elaboradoTransporte de zume elaboradoO zume elaborado vai dende as follas (principal órgano fotosintético) cara o resto da planta a través dos vasos liberianosvasos liberianos (formados por células vivas) que constitúen un tecido chamado floemafloema.

Page 41: Nutricion

8. 8. A NUTRICIÓN DAS PLANTASA NUTRICIÓN DAS PLANTAS

Metabolismo e respiración celularMetabolismo e respiración celularO zume elaborado chega a todas as células da planta e emprégase os nutrientes que contén para levar a cabo o metabolismo celular.

Unha parte dos nutrientes orgánicos son utilizados en reaccións anabólicas (precisan enerxía) para construir os propios compostos orgánicos da planta.

Outra parte dos nutrientes emprégase en reaccións catabólicas (liberan enerxía) que os rompen en moléculas máis sinxelas a través da respiración celular (necesítase O2), nas mitocondrias.

Excreción nas plantasExcreción nas plantasAs plantas non teñen aparello excretor porque as necesidade de excreción son mínimas. As plantas reutilizan a maior parte dos refugallos.

O CO2 e o O2 expúlsanse polos estomas e outros refugallos almacénanse nos vacúolos das células ou nos espazos entre elas.

Page 42: Nutricion

GRAZAS POR ATENDERMEGRAZAS POR ATENDERME

Page 43: Nutricion

Webgrafía Nutrición99quintos.blogspot.com

actividadredclase.blogspot.comanatomiafundauc.blogspot.com 

animalesdepredadore-s.blogspot.com www.animalesyanimales.com 

www.angelfire.com www.apyc.es

atinachilepro.bligoo.cl bachibiology.wordpress.com

biologiconcedos.blogspot.comwww.biologia.edu.ar 

biologiafotosdibujosimagenes.blogspot.com bioquimpao.blogspot.com 

cellulenumeriealtro.blogspot.com cienciaaldia.webnode.es

cienciasdejoseleg.blogspot.com www.clarionweb.es 

www.cobach-elr.com comohacerte.com

docentes.educacion.navarra.es e-ducativa.catedu.es 

elcuerpohumanoen.blogspot.com http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/traballando-con-ferramentas-google

-no-ies-de-teis: “A nutrición dos animais”-Ángela Oterohttp://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/traballando-con-ferramentas-google

-no-ies-de-teis: “Nutrición das plantas”-Aarón.www.fotosimagenes.org 

gavetasdemiescritorio.blogspot.com www.quimicaweb.net

www.lourdes-luengo.es www.mascotaclub.com

miatic1bg2.wikispaces.com html.rincondelvago.com 

http://www.slideshare.net/adaneco/os-invertebradoshttp://www.slideshare.net/adaneco/vertebrados-18869396

wikinaturaceibal.wikispaces.com www.wikipedia.org