novembro 2018 a chaira, en negro...

40
novembro 2018 nº 179 A Chaira, En Negro A Deputación e varios concellos súmanse á campaña que conmemora en toda Galicia o Día Internacional contra as violencias de xénero entre os días 16 e 25 Os rexidores dos cinco con- cellos da Serra do Xistral reuníronse para redactar un prego de actuacións necesa- rias para loitar contra os es- tragos económicos que está a causar o lobo. Os cinco presentaron as súas deman- das á concelleira de Medio Rural o pasado luns porque, como afirman, “non temos medios nin competencias para resolver esta situa- ción”. Pax. 28 Alcaldes da Serra do Xistral reuníronse para falar do lobo Novembro será un ano máis o mes da loita contra a violencia de xénero con disntas actua- cións dende diferentes colec- vos liderados pola Deputación Provincial, que se sumou xun- to a 28 concellos da provincia lucense á campaña galega En Negro contra as violencias, que se desenvolverá entre o 16 e o 25 deste mes. En Xermade, por exemplo, a campaña comezará o 16 coa inauguración dunha exposición e unha presentación literaria. O 19 iniciaranse os actos en Vilalba, onde haberá diferentes acvidades e a lectu- ra dun manifesto nun acto que nguirá a praza da Constución de negro. Pax. 4,14 e 19 A deputada provincial, na firma do protocolo de adhesión O concello de Vilalba está a estudar disntas opciones para poder ampliar o nivel de captación da auga da traí- da municipal para poder ga- ranr o servizo ao polígono industrial e tamén ao resto de usuarios parculares. Así o indicou o alcalde do Conce- llo, Agusn Baamonde quen indicou que xa se fixeron as solicitudes ante a Confede- ración Hidrogáfica do Miño- Sil para poder chegar aos 52 litros por segundo, o que ve- ñen sendo uns 4.500 metros cúbicos de auga. Baamonde indicou que actualmente non existe ningún problema de abastecemento. Pax. 5 O Concello de Vilalba estuda ampliar a captación de auga xermade. Convocadas as axudas por nacemento de fillos. Pax. 14 guiriz. O Concello recomenda non consumir a auga da traída. Pax. 9 vilalba. Comeza a venda de abonos para o FIV, que será o 26 e 27 de abril . Pax. 5 a pastoriza. O Concello instalará unha depuradora en Bretoña. Pax. 6 friol. O Friulio consolídase e será a segunda fin de semana de maio. Pax. 23 vilalba. A Feira do Capón terá lugar o venres 21 de de- cembro. Pax. 2 outeiro. A oposición leva a supresión do Pleno ata a Valedora. Pax. 8 Feira do Mel de Muras o 17 e o 18 O Concello ten listas unha se- rie de acvidades. Pax. 7 O Belén de Begonte abrirá de novo Invernada de Cine de Cabreiros A organización prevé novi- dades e abrirá o día 1. Pax. 6 Un ano máis está en marcha a acvidade cinéfila . Pax. 14

Upload: others

Post on 22-Sep-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 nº 179

A Chaira, En NegroA Deputación e varios concellos súmanse á campaña que conmemora en toda Galicia o Día Internacional contra as violencias de xénero entre os días 16 e 25

Os rexidores dos cinco con-cellos da Serra do Xistral reuníronse para redactar un prego de actuacións necesa-rias para loitar contra os es-tragos económicos que está a causar o lobo. Os cinco

presentaron as súas deman-das á concelleira de Medio Rural o pasado luns porque, como afirman, “non temos medios nin competencias para resolver esta situa-ción”. Pax. 28

Alcaldes da Serra do Xistral reuníronse para falar do lobo

Novembro será un ano máis o mes da loita contra a violencia de xénero con distintas actua-cións dende diferentes colecti-vos liderados pola Deputación Provincial, que se sumou xun-to a 28 concellos da provincia lucense á campaña galega En Negro contra as violencias, que se desenvolverá entre o 16 e o 25 deste mes. En Xermade, por exemplo, a campaña comezará o 16 coa inauguración dunha exposición e unha presentación literaria. O 19 iniciaranse os actos en Vilalba, onde haberá diferentes actividades e a lectu-ra dun manifesto nun acto que tinguirá a praza da Constitución de negro. Pax. 4,14 e 19

A deputada provincial, na firma do protocolo de adhesión

O concello de Vilalba está a estudar distintas opciones para poder ampliar o nivel de captación da auga da traí-da municipal para poder ga-rantir o servizo ao polígono industrial e tamén ao resto de usuarios particulares. Así o indicou o alcalde do Conce-llo, Agustín Baamonde quen indicou que xa se fixeron as solicitudes ante a Confede-ración Hidrogáfica do Miño-Sil para poder chegar aos 52 litros por segundo, o que ve-ñen sendo uns 4.500 metros cúbicos de auga. Baamonde indicou que actualmente non existe ningún problema de abastecemento. Pax. 5

O Concello de Vilalba estuda ampliar a captación de auga

xermade. Convocadas as axudas por nacemento de fillos. Pax. 14

guitiriz. O Concello recomenda non consumir a auga da traída. Pax. 9

vilalba. Comeza a venda de abonos para o FIV, que será o 26 e 27 de abril . Pax. 5

a pastoriza. O Concello instalará unha depuradora en Bretoña. Pax. 6

friol. O Friulio consolídase e será a segunda fin de semana de maio. Pax. 23

vilalba. A Feira do Capón terá lugar o venres 21 de de-cembro. Pax. 2

outeiro. A oposición leva a supresión do Pleno ata a Valedora. Pax. 8

Feira do Mel de Muraso 17 e o 18

O Concello ten listas unha se-rie de actividades. Pax. 7

O Belén de Begonte abrirá de novo

Invernada de Cine de Cabreiros

A organización prevé novi-dades e abrirá o día 1. Pax. 6

Un ano máis está en marcha a actividade cinéfila . Pax. 14

Page 2: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade2 novembro 2018

NOVAS DA CHAIRA vilalba

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, supervisou este venres o inicio das obras de me-llora da estrada LU-P-6502, de Vi-lalba (LU-118) por A Balsa a Chavín (LU-161), que financia o Executivo da Deputación cunha achega de 44.300 euros. Estes fondos permiti-rán a renovación do firme nun trei-to de 1,5 quilómetros, beneficiando directamente aos máis de 600 ve-ciños da parroquia de Lanzós, unha das máis grandes do Concello, así como aos veciños das parroquias de San Simón da Costa e de Vilape-dre, coas que tamén comunica.Santos Ramos subliñou que “trá-tase dunha vía de comunicación fundamental para os veciños de Vilalba, pois é a estrada que co-munica as parroquias de Lanzós, San Simón da Costa e Vilapedre co casco urbano. Ademais, dá acceso ao cemiterio municipal e ao polí-gono industrial, e tamén une este municipio co de Viveiro. Con estas actuacións, polo tanto, beneficia-mos ao conxunto dos veciños de

Vilalba e, particularmente, aos da parroquia de Lanzós, onde se están a executar as obras”.O voceiro engadiu que “ademais de ser empregada a diario por cen-tos de veciños, esta estrada tamén concentra un importante tráfico de vehículos pesados, pois na parro-quia de San Simón da Costa sitúan-se as queixerías da Denominación de Orixe, polo que é frecuente a

entrada e saída de camións, de aí a importancia das obras que finan-ciamos dende o Goberno da Depu-tación”.Os traballos, que consistirán na limpeza de cunetas, renovación do firme con aglomerado en quente e renovación da sinalización hori-zontal e vertical, levaranse a cabo nun treito de 1,5 quilómetros, do punto quilométrico 0,6 ao 2,1.

Representantes da Deputación e o Concvvello, visitando as obras

A Deputación arranxa a estrada que une Lanzós, Vilapedre e San Simón

A obra Unha manta rillada de Rosa Aneiros Díaz, resultou ser a gañado-ra do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade convocado polo Ins-tituto de Estudos Chairegos, o Con-cello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.A obra presentada baixo o lema ou seudónimo de Khoedi foi destacada polo xurado integrado por María Reimóndez Meilán, Manuel Braga-do Rodríguez e Isabel Soto López,

e ademais manifestaron que “esta novela infantil expresa a capaci-dade para intervir en problemas sociais como a crise das persoas refuxiadas, utilizando a empatía e a comunicación interxeneracional como motores de transformación das vidas e da sociedade. Unha obra que dialoga con textos de Agustín Fernández Paz e reforza a idea do protagonismo de lectores e lectoras novos, non só como receptores de textos, reclamando a súa acción.”

Rosa Aneiros faise co II Premio Agustín Fernández Paz

A Irmandade Manuel María e a Aso-ciación Xermolos nomearon Chai-rego de Honra 2018 a Raúl Galego, coñecido tamén como o Gaiteiro Nubeiro.O acto de homenaxe, no que se lle gará entrega do distintivo, desen-volverase o sábado 17 de novembro ás doce do mediodía na Casa da Cultura de Vilalba, onde intervirán Mero Iglesias, Xulio Xiz, David Ote-ro, Alfonso Blanco, Xurxo Souto e o propio nomeado, Raúl Galego. A música deste evento estará a cargo do grupo Millo Verde.Posteriormente, haberá un xantar no restaurante O Lanzós. Será pre-ciso inscribirse no teléfono 646 41 38 90 e aportar 20 euros antes do día 15 de novembro.

Xermolos designa a Raúl Galego Chairego de Honra 2018

Non hai en Galicia Nadal sen Feira do Capón. Tradicionalmente, o último do-mingo antes de Noiteboa, Vilalba acollía esta tradicional celebración gastronó-mica cunha historia que se remonta a 1835.Este ano será o venres 21 de decembro na Praza da Constitución. De feito o Concello xa ten cartaz anunciador.A importancia da feira é tanta, que son moitas as actividades que se organizan de forma paralela. Así, todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira, ben sexa de alimen-tación, artesanía ou de asociacións, poderán facelo cubrindo as fichas de inscrición que están disponibles na web municipal. A data límite de inscrición é ata o 7 de decembro de 2018.

A Feira do Capón será o venres, 21 de decembro

A Liga Santaballesa, coa colaboración da Asociación de Mulleres Agarimo, organizan un obradoiro teatral para mellorar e traballar a comunicación. O grupo Maisqueteatro será o encar-gado de ensinar as técnicas.A actividade está dirixida a nenos de entre 7 e 14 anos, e será todos os sá-bados ata febreiro de 16.00 a 18.00 ho-ras, excepto no Nadal. Os exercicios es-tán relacionados coa linguaxe verbal e non verbal, a resolución de conflictos, as dinámicas de grupo e a aprendizaxe.Este obradoiro ten un prezo de 20 eu-ros para os socios e de 25 para os non socios. Os interesados poden poñer-se en contacto e preguntar dúbidas no 637 029 775.

Comeza en Santaballa un obradoiro teatral para traballar a comunicación

Page 3: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018actualidade 3

A Asociación Aviva Iniciativas Sociais vén de poñer en marcha unha campaña de recollida de roupa de inverno para nenos de Vilalba que se prolongará ata o 29 de novembro.Así, todos os que podan sumarse a esta campaña poderán entregar a roUpa na oficina da asociación, si-tuada na rúa da Pravia, 46 de Vilalba todos os martes e xoves de 10:00 a 12:00 e de 18:00 a 20:00 horas. O lema deste ano é “que ninguén deles pase frío en Vilalba”.Aviva é unha asociación galega que traballa na atención social, educativa e psicolóxica de persoas e colectivos marxinados, en situación de risco so-cial ou en dificultades económicas. Este grupo finánciase con tendas de roupa De segunda man e con rastro de mobles, ademais de doacións de empresas e particulares.Aviva ofrece durante todo o ano servizos e programas dirixidos principalmente á intervención e atención social de persoas e colec-tivos en contextos de dificultades familiares, económicas e sociais

utilizando un modelo de preven-ción e de reinserción.Contan cunha casa de acollida para mulleres e outra para homes ade-mais de proxectos dirixidos á empre-gabilidade, á sustitución das penas de cárcere por outras alternativas e ao reparto de alimentos.

Aviva inicia unha campaña de recollida de roupa para nenos

Un ano máis o certame World Cheese Awards converteuse nun dos máis pres-tixiosos nos que ao queixo refírese. Este ano presentáronse a concurso 3.472 queixos de 41 países e trala celebración do certame en Bergen (Noruega) coñece-mos xa aos gañadores.O primeiro premio quedouse na casa e recaeu no queixo Fanaost, un gouda ve-llo da quesería Ostegården, na que o leite se extrae de só 12 vacas e é envellecido durante 15 meses.Pero entre os queixos que acadaron a máxima distinción do certamen, a me-dalla súper ouro da súa categoría, atopa-mos quince queixos españois.Pero tamén o xurado recoñeceu os ex-celentes queixos galegos e os da Terra Chá. Así, un total de 10 queixería galegas lograron 16 medallas e dúas de prata vi-ñeron a Vilalba. Os xuíces con máis expe-riencia do mundo outorgaron estes dous premios aos queixos D.O.P. San Simón Da Costa de Cas Leiras e de Prestes.As queixerías chairegas premiadas foron

Queixería Cas Leiras: Prata para o seu queixo San Simón da Costa. e Quexería Prestes: Medalla de bronce polo seu queixo de cabra, unha de prata polo seu queixo San Simón da Costa, e outra de bronce polo seu queixo azul Lara&Sara.

O World Cheese Awards premia dous queixos vilalbeses

A empresa vilalbesa Champivil-Castelo vén de lograr a medalla de plata na ca-tegoría de cervexa especial na Cata de Cervexas Artesás de Galicia, organizada pola prestixiosa revista Hostalaría, Gas-tronomía e Turismo (HG&T) e na que participaron medio cento de cervexas artesás elaboradas en Galicia. A cervexa de grelos de Champivil alzouse coa segunda praza nun concurso que, na súa terceira edición, reuniu á totalidade de empresas cerveceiras e produtores de cervexa artesá da comunidade. O xurado consistente nunha cata a cegas, estaba formado por profesionais da hostalaría, distribuidores, propietarios de tendas especializadas, mestres cervexeiros e re-presentantes dos Sumilleres. A cervexa de grelos de Champivil é unha cervexa rubia á que se engaden na coc-ción grelos da Terra Chá que soltan o seu sabor, o seu amargor e a súa cor caracte-rística á mestura. O resultado é unha cer-vexa clara cun matiz verdoso e percíbese ao degustala o amargor do grelo, pensa-da para a primavera e o verán.O xurado destacou o sabor e a integra-ción do amargor característico do grelo e mostráronse sorprendidos polo resulta-

do. Champivil competía no apartado de cervexas artesás especiais, aquelas que están elaboradas a partir de ingredien-tes pouco frecuentes. A medalla de ouro foi para unha cervexa de albariño e a de bronce cunha con sabor a mel.Champivil comezou hai ano e medio a producir a súa gama de cervexas arte-sás. As dúas primeiras cervexas en saír ao mercado, en maio de 2017, foron a cervexa de grelos e a cervexa de trom-peta dos mortos, á que se sumou un ano despois, no pasado mes de maio, unha nova cervexa de verzas, que viña completar a gama de cervexas artesás da empresa chairega, especializada en transformar e envasar produtos natu-rais galegos, engadindo así un novo sa-bor, que se caracteriza polo seu potente aroma e a súa cor.Trátase nos tres casos dun produto gour-met de produción limitada pero cun pre-zo asequible “para que todo o mundo a poida probar”, indicou a responsable de Champivil, que vai producindo a cervexa en función da demanda, en lotes peque-nos, para que non se almacene e non se faga vella, outro valor engadido con res-pecto ás cervexas industriais.

As cervexas de Champivil conseguen unha medalla

O Concello de Vilalba foi un dos ga-ñadores da campaña Recicla, respi-ra e supérate, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ecoembes. Ademais deste municipio chaire-go, participaron neste reto outros 15 concellos de Galicia durante os meses de maio, xuño e xullo.Nesta campaña asumiron o reto de mellorar a reciclaxe de enva-ses lixeiros (latas, bricks, enva-ses de plástico), e o concello que conseguise incrementar nun 10% o volume de reciclaxe en relación as mesmas datas do ano anterior, acadaría un premio de 2.000 eu-ros para destinar a unha causa social.Así pois, o concello de Vilalba gra-zas á implicación de todos os ve-ciños e veciñas, logrou superar o reto nun 13% , e decidiu facer a

doazón do premio ao Centro Ocu-pacional Vilalba Terra Chá.O obxectivo que pretende lograr o concello participando nesta ini-ciativa é concienciar a toda a po-

boación sobre a importancia que ten para o medio ambiente separar correctamente os residuos, máis aló destes tres meses, senon facén-doo extensivo ao día a día.

Vilalba gaña o premio do reto Ecoembes de reciclaxe, que doará ao centro ocupacional

Os distintos premiados nesta convocatoria, recollendo o premio

As irmáns vilalbesas Yolanda e Inma Pu-rriños, que rexentan o estudo fotográfico do mesmo nome veñen de recibir varias distincións no Certame de Cualificacións da Fepfi (Federación Española de profe-sionais da fotografía e da imaxe). O xura-do concedeulles un mérito prateado 3 e un dorado en Colección de Honra.“Estes premios significan moito, xa que nos di como está o noso traballo, en que nivel nos movemos e que o esforzo que facemos para estar en continua evolu-ción vese recompensado”, explican.Ademais, Yolanda vén de recibir tamén o premio á Excelencia Fotográfica por un proxecto de seis fotografías sobre xente do seu pobo que segue traballando e amosando a súa valía a esta avanzada idade. “É unha homenaxe a eles e a outra moita xente para a que o traballo é todo”. Así mesmo, a autora está nomiada a Me-llor Fotógrafo do ano en retrato.A súa irmá Inma tamen está nominada a Mellor Fotógrafo do ano en paisaxe. Estes premios entregaranse no mes de xaneiro en Valladolid.Segundo explican, “é para nós toda unha honra ter tantos premios ano tras ano, conciliar o traballo diario coa nosa obra e ademais coa nosa vida familiar, exercer de nais e demais non é fácil”.

Dúas fotógrafas de Vilalba, premiadas polo seu traballo

Page 4: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

4 novembro 2018 actualidade

O Grupo Municipal Socialista presentará emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia a través do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, incidindo especialmen-te na construción dun Centro de Día. Nes-te punto, xa son moitas as ocasións nas que as socialistas teñen pedido un centro cunha verdadeira atención integral para as familias vilalbesas que así o precisan, rexeitando que se “intenta camuflar esta demanda con solucións parciais e inser-vibles tan características do goberno Ba-amonde”, critica a voceira Elba Veleiro. O grupo socialista con representación no Parlamento galego levará así “as reivin-dicacións do noso concello” para que a Xunta faga un investimento para o inicio das actuacións, co compromiso de gasto para os seguintes anos.Así mesmo, a preocupación pola sosti-bilidade e a conservación do medio am-biente leva aos socialistas a pedir unha partida específica para a primeira fase de construción dunha EDAR. O PSOE vilal-bés leva anos poñendo en cuestión a po-lítica medio ambiental do goberno local do Partido Popular, denunciando unha e outra vez os verquidos contaminantes da depuradora municipal ao río Madalena “cada vez que caen catro gotas”, recorda.A necesidade dunha maior accesibilida-

de e melloras na planificación urbanísti-ca tamén ocupan ao socialismo vilalbés, que pedirá que a Xunta contemple o financiamento dun ascensor no Centro da Xuventude, así como medidas para humanizar a Praza de Santa María e as rúas da contorna, sen esquecer o ade-centamento dos restos da muralla. “Con-sideramos prioritarias estas actuacións, pois a planificación do urbanismo é un auténtico desastre mentras anuncian a bombo e platillo a rehabilitación de vi-vendas cunha partida que agochan polo escaso alcance que terá”, subliña Veleiro.Finalmente, a voceira do PSOE asegura que “Vilalba estará moi presente nas emendas que o socialismo galego fará no Parlamento, esperando que saian adian-te e o goberno de Nuñez Feijoo deixe de tratar á veciñanza dos municipios lucen-ses como cidadáns de segunda”.

INFORMACIÓN. O Grupo Municipal So-cialista sinala ao alcalde de Vilalba, Agus-tín Baamonde, como responsable do ocultar información á oposición “nunha manobra de engano incomprensible” na derradeira sesión plenaria. Así, a convo-catoria da Comisión de asuntos do pleno, xuntanza na que se expoñen regular-mente os temas a tratar previamente

á celebración do mesmo, recollíase un recoñecemento extraxudicial de crédito “sen ningunha aclaración máis”. Na pro-pia comisión, Baamonde explicou aos representantes dos diferentes grupos po-líticos a motivación deste punto, “cunha argumentación fargallada e pouco crible, sen ofrecer copia do informe que estaba a explicar. Posteriormente, o rexedor sa-cou da orde do día do último pleno este recoñecemento extraxudicial de crédito sen explicación”.Este punto anulado para o debate ple-nario apuntaba “a unhas supostas pistas que nin o propio alcalde foi quen de afir-mar se xa estaban rematadas ou aínda non, ou sequera se a súa tramitación respondía aos cauces legais oportunos”, aseverou o edil socialista Luis Fernández, polo que desde o PSOE critican dura-mente que “nos intentaran colar unhas facturas que nin Baamonde, máximo responsable, sabe se son legais ou non”.Ademais, censuran o descontrol do go-berno dos populares “acrecentado des-de o cambio de alcaldía, cun equipo que protagoniza unha degeneración demo-crática sen precedentes, ocultando infor-mes, retractándose cunha opacidade im-presentable e saltándose as súas obrigas sen ningún tipo de escrúpulo”.

O PSOE emenda os orzamentos da Xunta insistindo no Centro de Día

As reaccións á posibilidade de que unha empresa privada se faga coa adxudica-ción da zona azul da Rúa da Pravia non se fixeron esperar. Neste senso foi Vilal-ba Aberta, a formación máis crítica co modelo de xestión municipal ao res-pecto dos servizos públicos, a primeira en se pronunciar.A formación asemblearia manifestaba a súa “frontal oposición” diante do fei-to de que o regulamento da que será a primeira zona azul do Concello de Vilalba se estea a estudar cunha em-presa privada. Un anuncio, que unido á posibilidade de que se lle cobre aos veciños polo aparcamento, supón “un intolerable intento de recaudar a costa da veciñanza” por parte dun Goberno Municipal “vendido” e que responde a intereses “alleos e incompatibles cos da xente á que di representar”É por isto, rexistraron unha iniciativa ao Pleno co obxectivo de que o Concello descarte a implantación dun sistema de cobro por estacionamento durante un período de tempo, e procure a nece-saria mobilidade cun sistema de lectura de billetes fixándose para o mesmo un tempo máximo de estacionamento de unha a dúas horas e a partir do cal se de pé a unha sanción.

SAF. Tres meses despois de trasladar ao Pleno a vulneración dos dereitos labo-rais por parte da adxudicataria, Vilalba Aberta volve saír na defensa das traba-lladoras do Servizo de Axuda no Fogar. Denuncian o “continuado incumpri-mento do convenio”, os “festivos non retribuídos” e as “quilometraxes á con-ta das traballadoras”, coma prácticas asumidas pola empresa, ás que – apun-tan - “cómpre sumarlle a persistencia de represalias contra as traballadoras que denuncian.” Unha realidade, cuxa gravidade se ve incrementada, ao xuízo da formación asemblearia, por afectar a “unha concesión de servizo recente-mente prolongada.”

AUGA. Por outra banda, Vilalba Aberta esixirá responsabilidades ao Concello, “polo deplorable estado co que a auga da traída está a chegar a determinadas rúas de Vilalba. Unha problemática, que dende a formación asemblearia cualifican de estrutural, pois non é esta a primeira vez que na avenida Terra Chá, na rúa do Muiño ou en Plácido Peña, entre outras, a veciñanza se ve na obriga de acudir ao supermercado, en tanto que a auga da traída sale comple-tamente turbia.

Vilalba Aberta, en contra da xestión privada da ORA

A Asociación Feminista de Vilalba (AFV) vén de presentar o cartel de activida-des que se desenvolverán neste mes de novembro, dedicado á erradicación da violencia machista. Son un total de cinco actividades as que se levarán a cabo distribuídas nas fins de semana do mes e encamiñadas a concienciar sobre a violencia cara as mulleres como con-secuencia da “desigualdade estrutural sobre a que se asenta a sociedade pa-triarcal”.O primeiro dos actos deu voz á autora do libro As miñas fillas devolvéronme a vida, Inés Fernández Lamela, que re-latou en primeira persoa a súa historia de maltrato o pasado día 9 de novem-bro na Casa de Cultura de Vilalba. Neste coloquio tamén participaron Ana Berta Pardo, directora e asesora xurídica do CIM do Concello de Vilalba, e Ana Abe-lleira, concelleira de Igualdade no con-sistorio lucense.A Biblioteca municipal acollerá a segun-da actividade anunciada pola AFV para

o sábado 17 de novembro, ás 20:15 horas: un cine fórum que xirará sobre o filme De tu ventana a la mía, coa visua-lización do mesmo e posterior debate.Os máis pequenos tamén terán o seu espazo neste calendario, pois para o sábado 24 ás 12:00 horas está pre-vista unha sesión de contacontos da man da Profe Alba, mestra de dila-tada experiencia, que achegará ás crianzas a partir de 4 anos a historia de Vivan las Uñas de Colores no Cen-tro Terapéutico Mondo. Esta sesión é totalmente gratuíta, mais desde a organización indican que o aforo será limitado e que as familias interesadas deberán contactar no número de te-léfono 982 511 925.O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mu-lleres, a Asociación Feminista de Vilalba convoca unha concentración na Praza da Constitución a partires das 12:30 ho-ras, na que terán especial protagonismo as nenas e nenos da Escola de Move-

mento de Vilalba a través dunha perfor-mance. A continuación, procederase á lectura dun manifesto.Na última fin de semana de novem-bro, en concreto o venres 30 ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Vilalba, as feministas da localidade pecharán o seu programa de actividades cun coloquio sobre a endometriose, unha doenza ignorada das mulleres. Este re-latorio correrá a cargo de Lucía Reges da asociación Querendo, mulleres con endometriose, para dar luz sobre unha doenza que afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil e que está to-talmente invisibilizada.Desde a Asociación Feminista de Vilalba animan á participación da veciñanza, á súa implicación para “tecer redes e loi-tarmos xuntas contra todas as violen-cias machistas, en todos os ámbitos da nosa vida”, así á concienciación sobre “todo aquelo que concirne á muller e que se atopa agochado baixo os tabús que tanto dano nos fan ás mulleres”. Así

mesmo, agradecen a colaboración das participantes en cada un dos actos que se levarán a cabo “polo seu compromiso co feminismo”.

VILALBA EN NEGRO. Este venres terá lugar no Concello de Vilalba a presen-tación oficial da campaña Vilalba En Ne-gro, pola que o organismo municipal se suma a un movemento en toda Galicia con varias iniciativas de repulsa contra a violencia de xénero.A campaña irá do 19 ao 25 de decembro e contará con dúas actividades princi-pais, a primeira delas a lectura dun ma-nifesto o día 23, ás 12.00 horas, na praza da Constitución, que no caso de Vilalba será gravado para retransmitir en televi-sión e que tinguirá de negro a praza. Ese mesmo día pola tarde haberá unha actuación multidisciplinar no Auditorio con título Contra a violencia de xénero, actúa, expresa, rexeita, e na que parti-cipan alumnado do Basanta Silva, do Conservatorio e da Escola Movemento.

A AFV e o Concello, contra a violencia machista

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza a VIII edición do Campionato de tute, o sábado 17 de novembro.A inscrición é de balde para os socios, e 10 euros para o resto das persoas.Haberá premios para os primeiros clasificados, e ademais ao rematar tamén poderán desfrutar de pinchos gratis.Para inscribirse hai que chamar ao 658 895 632 ou 610 862 270.

A asociación de Árbol organiza a VIII edición do campionato de tute

Page 5: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 5actualidade

Os concellos de Vilalba, Abadín e Mon-doñedo participarán nun programa in-tegrado de emprego do que poderán beneficiarse cen persoas desemprega-das e que combina unha fase de aseso-ramento e orientación profesional con outra posterior de formación e prácticas en empresas.A iniciativa que comparten os tres concellos terá unha duración de 12 meses, ata o 31 de outubro de 2019. Para o desenvolvemento das accións programadas contarase con persoal dos Servizos Sociais municipais e das axencias de Emprego e Desenvolve-mento Local. Ademais, serán con-tratados un técnico superior e tres técnicos medios que se ocuparán de coordinar as diferentes actividades en cada concello.A selección inicial das persoas beneficia-rias corresponde ás oficinas de emprego, polo que os interesados poderán infor-marse nelas ou ben dirixirse aos seus correspondentes concellos.A formación recibida daralles dereito aos participantes a obter os certificados de profesionalidade de Atención Sociosa-nitaria a Persoas Dependentes en Insti-tucións Sociais (450 horas) ou ben o de Transporte Sanitario (560 horas). As ac-cións formativas vinculadas á obtención destes certificados incluirán unha parte de prácticas profesionais en empresas do sector.Para facilitar a asistencia ás accións plani-ficadas están previstas medidas de conci-liación, tales como a posta á disposición dos participantes de escolas infantís e puntos de atención á infancia ou asisten-cia a persoas dependentes que precisen de coidadores.A programación abrangue cursos de formación transversal e obradoiros nas seguintes materias: As redes sociais na busca de emprego, Igualdade de oportu-nidades, Activación e motivación para a busca de emprego, Claves para superar a entrevista de traballo, Inglés básico, Ha-bilidades sociolaborais, Emprendemento e autoemprego e Mobilidade laboral.

Cen persoas participan nun programa integrado de emprego

abadín

O concello de Vilalba está a estudar distintas opciones para poder ampliar o nivel de captación da auga da traída municipal para poder garantir o servizo ao polígono industrial e tamén ao resto de usuarios particulares. Así o indicou o alcalde do Concello, Agustín Baamonde quen indicou que xa se fixeron as solici-tudes ante a Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil para poder chegar aos 52 litros por segundo, o que vén sendo uns 4.500 metros cúbicos de auga.Baamonde indicou que actualmente non existe ningún problema de abas-tecemento, “nen o houbo tampouco durante a seca do ano pasado”, pero esta medida tómase co obxectivo de

protexerse ante unha ampliación do po-lígono. Para a o alcalde, a ampliación de Entrepinares, que continuará crecendo de forma inmediata, é unha boa nova para a economía do Concello “pero tamén conleva unhas obligacións pola nosa parte para poder darlle un servizo de auga segundo as súas necesidades, que están aumentando”.Actualmente, a poboación de Vilalba consume unha media de 2.000 metros cúbicos diarios e en momentos pun-tuais chega aos 2.500 “polo que antes de chegar a un límite tan axustado que-remos tomar medidas. Ademais de Bes-nier e Entrepinares, estamos ampliando o polígono e a demanda de auga subirá,

polo que temos que estar prevenidos”, explica Baamonde.Actualmente, a presa de San Simón é a encargada de cubrir as demandas de auga e, cando esta non chega, bom-béase dende As Cañotas. Pero aínda así non chegaría polo que estudan entre outras posibilidades, aumentar a capacidade do embalse ou facer otro novo, “o que sería moi difícil de asumir economicamente”, explica o alcalde. Unha terceira opción sería ter unha nova captación dende o río Trimaz. Os estudos están en marcha pero as ne-cesidades do concello de Vilalba pasan por ter lista a nova captación de auga nun prazo de cinco anos.

O Concello estuda ampliar a captación de auga para dar servizo ao polígono

O FIV de Vilalba 2019, que acadará a dé-cimosegunda edición, terá lugar os días 26 e 27 de abril dando o pistoletazo de saída á tempada de festivais de Galicia.A cita converteuse en imprescindible tal e como o demostran os datos das tres últimas edicións, nas que se venderon todos os bonos.Os primeiros abonos sairán á venda o mércores 14 de novembro ás 12:00 ho-ras a través de www.fivdevilalba.com e www.eventbrite.es. O que aínda non adiantou a organización serán os artis-tas que participarán nesta edición, aínda que seguirán a manter a mesma dinámi-ca de edicións anteriores.

Comeza a venda de abonos para o FIV 2019, que será o 26 e 27 de abril

Os orzamentos da Xunta para o próxi-mo ano destinarán 850.000 euros a Vilalba para dous proxectos. A partida máis importante da mesma é o ama-ño da avenida Terra Chá, unha obra moi demandada dende hai anos. Esta estrada, de titularidade autonómica, cedeuse ao Concello coa condición de que se arranxara. Finalmente, as obras desenvolveranse durante o ano que vén a través dun proxecteo que ten como data de finalización o 2019. Este consis-tirá na substitución do firme da estrada e o arranxo das zonas de aparcadoiro e beirarrúas, ademais de instalar un novo colector na marxe dereita dende a Rúa de Mondoñedo ata a estación de bom-beo de Porto Barroso.O segundo proxecto, dentro do Plan Rexurde do Instituto Galego da Vivenda e Solo para a rexeneración de espacios urbanos, contempla unha dotación económica de 197.000 euros que se destinarían para a adquisición de solo e de inmobles. Unha vez finalazada esta compra, a Xunta acometerá as obras de reurbanización do espazo que hai entre

a praza de Santa María e o Auditorio. O proxecto, que se está a redactar, con-templa a rehabilitación de dous edifi-cios e o derrube doutros tres nos que se faría un espazo de ocio entre a escalina-ta e a Porta de Cima.

OBRAS QUE REMATAN. Esta semana rematarán varias obras en Vilalba en te-mas de infraestruturas e dependentes de diferentes partidas orzamentarias. Así, se o tempo o permite chegarán ao seu final as obras da rúa San Roque, na que se traballou na substitición dos colectores con cargo ao Fondo de Com-pensación Ambiental cun orzamento de 200.000 euros. Tamén están chegando ao seu final as obras do Plan Único, cun orzamento de 300.000 euros, que contemplaron o aglomerado de dúas estradas, a de Corbite a Román, que re-matou estes días; e a de Vilalba a Buriz. Finalizarán tamén as obras do Plan de Camiños, por valor de 130.000 euros, que contemplaban o arranxo das vías de unión das parroquias de Vilapedre, Insua, Torre e Noche.

Proxéctase para 2019 o arranxo da avenida Terra Chá

O Concello está a rematar este días tamén as obras en varias zonas axardi-nadas, como os xardíns diante da praza da Constitución, no xardín dos Castros e no que está fronte á gardería municipal, obras consistentes na colocación de cau-cho no chan e reparación dos aparatos. Ademais, Baamonde avanzou que con-tinuarán cos espazos axardinados. Están en proxecto o xardín das Fontiñas, o da rúa da Penela e tamén o arranxo da outra parte do parque da Praza da Consitución. “Tamén temos en mente a actuación nas vivendas sociais de Racamonde. Ahí te-mos solicitada a cesión dese espazo para facer un parque infantil, pero para iniciar a obra necesitamos a cesión do solo”, in-dicou Baamonde.

Amaño dos xardíns

O Instituto de Estudos Chairegos e o Con-sello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, cando se cumplen cen anos da Asemblea que as Irmanda-des da Fala celebraron en Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918, organizan as Xornadas Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala, que se desen-volverán na Casa da Cultura de Vilalba, os días 16 e 17 de novembro de 2018, o venres pola tarde e o sábado en horario de mañá e tarde.A primeira xornada xurdiu da aparición dun movemento cultural e político de ca-rácter galeguista e foi unha das grandes novidades da Galicia do primeiro terzo do século XX e un sinal evidente da súa modernización económica e social. Lois Peña Novo, escritor nado en Vilalba, foi un dos principais impulsores das Irman-dades da Fala e, desde logo, o máximo estudoso da realidade socioeconómica galega da época.Estas xornadas combinarán as ponen-cias, con actuacións musicais e proxec-cións, ademais dunha homenaxe floral.

A Casa da Cultura acolle as Xornadas Centenario das Irmandades da Fala

Page 6: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade6 novembro 2018

O Concello de Begonte abriu o prazo de solicitude para as subvencións a asociacións culturais, deportivas e ve-ciñais para o ano 2018 dirixidas princi-palmente á realización de actividades co obxectivo de fomentar a participa-ción da veciñanza.O período que se terá en conta para a realización de actividades será o exer-cizo económico do 2018 e poderán solicitalas todas as asociacións rexistra-das no Concello de Begonte, sen fins lucrativos e que estean ao curso das obrigas tributarias.O Concello destinará unha cuantía máxima de 15.000 euros cun máximo por asociación de mil euros para as veciñais e culturais e de 600 para as deportivas.A concesión das subvencións reali-zarase por concorrencia competiti-va e os beneficiarios terán a obriga de xustificar o importe total con-cedido no prazo que se indique na notificación da concesión. O prazo de presentación rematará o 29 de novembro.

Aberto o prazo para as axudas municipais ás asociacións

A actuación de Teatro Marionetas Tréco-la coa obra Xogo Revolto dentro da sexta edición do Festival de Teatro da Asocia-ción Cultural Castiñeiro Milenario, reali-zarase o día 20 de novembro ás 12 horas no colexio de Baamonde.Xogo Revolto é a nova obra que a com-pañía Marionetas Trécola, propón para esta tempada. Comezan esta nova an-daina coa creación dunha nova obra onde o tema principal é o bullying. Esta compañía de teatro leva anos traballan-do coa Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público (Fapacel) e levando as súas educativas obras de marionetas polos colexios.

“Unha obra de monicreques adicada a un público infantil coa que pretendemos par-ticipar nunha adecuada educación emo-cional e en valores, ensinando dun xeito chamativo e divertido que amosar senti-mentos e emocións non nos fai parecer débiles e vulnerables senon ao contrario, fortes e respectuosos cos actos, emocións e pensamentos dos demáis aínda que non sexan iguais aos nosos” explican os autores.Tamén o día 15 de decembro estarán coa última obra Tolitates na Fundación Ma-nuel María en Outeiro de Rei, participan-do no programa de teatro profesional da provincia de Lugo, Proscenio.

Remata o Festival de Teatro o día 20 cos títeres de Trécola

a pastoriza

begonte

O día 1 de decembro abrirá de novo as súas portas o célebre Belén de Begonte no Centro Cultural desta localidade, que leva aparellada a celebración dunha mo-rea de actividades culturais vinculadas a toda a Terra Chá. A inauguración terá lugar o sábado 1 de decembro e estará aberto ata a última fin de semana de xa-neiro.Aínda que a organización prevé novida-des, que se desvelarán a próxima sema-na, xa se sabe que se manterá o horario de visita, que é cada fin de semana e festivos en horario de 11:00 a 13:00 e de

15:00 a 19:00 do 1 ao 23 de decembro e do 7 ao 27 de xaneiro. Durante as vaca-cións de Nadal, do 24 de decembro ao 7 de xaneiro, abrirá todos os días.Ademais, abrirase ao público o Museo do Belén e o propio Belén electrónico, que este ano presentará algunha novidade.Á espera da confirmación oficial, espéra-se entre outras actividades, a celebración de varios certames culturais nas catego-rías de arte, poesía, xornalismo e debuxo infantil con premios para os tres primei-ros clasificados.

O Belén de Begonte abrirá un ano máis o día 1 de decembro

Unha imaxe dunha das últimas edicións do Belén de Begonte

O Concello da Pastoriza instalará con carácter de urxencia unha estación de captura e depuración de auga que dará servizo aos veciños de Bretoña.O concello estuda realizar as obras nun prazo de dous meses debido aos problemas que teñen os residentes en Bretoña, aos que lles chega a auga turbia.“Os veciños desta parroquia teñen o dereito de ter auga cos mesmos están-dares de calidade que o resto”, indica o alcalde, Primitivo Iglesias.O concello atópase actualmente no proceso de recabado de información e de orzamentos para poder sacar a li-

citación esta obra que o alcalde quere que esté rematada nun prazo de dous meses.Debido á urxencia da obra, esta reali-zarase con fondos propios

MONITORIZACIÓN. O Concello da Pastoriza continúa coa mellora do seu abastecemento municipal de auga coa instalación de novos controladores re-motos en tres depósitos máis.Segundo indicaron fontes munici-pais, A Pastoriza monitorizará antes de finais deste ano ou no comezo do vindeiro outros tres depósitos máis, é dicir, controlaraos mediante unha

aplicación informática que se pode manexar co móbil. Esta idea púxose en marcha a principios deste ano en outros tres depósitos das parroquias de Corvelle, Gueimonde e Pousada. Agora, os novos controladores poñe-ranse en funcionamento nas parro-quias de Fonmiñá-Crecente, Bretoña e Vián. Este sistema axudará aos téc-

nicos a realizar as análises pertinentes máis comodamente sen ter que ir ata os depósitos municipais. Aínda que para realizar estes desprazamentos contan cun Suzuki Vitara, que ten trac-ción ás catro rodas, e que o Concello adquiriu por 14.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental máis 8.00 euros do propio Concello.

O Concello fará unha depuradora en Bretoña e monitorizará depósitos

Depósito na parroquia pastoricense de Fonmiñá

Segundo as previsións do alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, o Concello implantará un sistema de xeolocaliza-ción para facilitar o traballo aos servizos de urxencias no tempo municipal. A em-presa Isocrona é a encargada de realizar a implantación deste sistema, que esperan que esté en funcionamento antes de que remate o ano.O funcionamento do sistema de xeo-localización está destinado a múltiples servizos, como ambulancias, bombeiros, veterinarios ou medicos, ademais de sis-temas municipais como o de augas.O obxectivo do mesmo é ter localizada cada unha das casas e camiños do con-cello para poder acceder ao mesmo no menor tempo posible “que no caso dun-ha emerxencia pode significar a diferenza entre a vida ou a morte”, explica Iglesias.

A xeolocalización comezará a funcionar antes de final de ano

Page 7: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 7

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ra-mos, o deputado pola comarca da Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao alcalde e tenente alcalde de Muras, Ma-nuel Requejo e Mario Rouco, supervisa-ron o resultado das melloras en accesos e sistemas de iluminación públicos execu-tadas co investimento de 175.000 euros que aporta o Plan Único da Deputación. No seu conxunto, estas actuacións be-nefician a unhas 50 familias de núcleos rurais deste municipio, que desfrutan xa destes novos servizos públicos.Trátase dunha serie de obras planificadas e deseñadas polo Concello de Muras en

base ás necesidades dos veciños. Segun-do explica o alcalde, “quedan así cumpli-das as iniciativas destes anos no tocante aos accesos e tamén quedan colocados todos os puntos de luz que se valoraron no primeiro ano de lexislatura”. Matizou que quedan un par deles que son de nova creaación e que se farán en breve.As obras realizáronse nun total de 35 nú-cleos de 5 parroquias. Estas son: O Vivei-ró: Rebordelos, Aborbo; Muras: Santar, O Porto Novo, Cuíñas de Abaixo, As Cuiñas, Suaschousas, Debodas, Muras, Parapar, Baxin, A Carballosa, O Pico Verde, Rego da Parede, Picheira de Musdradas, San-

tar de Riba, A Rúa, A Casavella, O Castro, Urban; Burgo: Carregal, Armada, Arma-da de Abaixo, A Casanova, Cal do Baño, Seilán; A Balsa: Aguillal, Cotelo, Cabana; Irixoá: Sabucedo, O Pico, Samil, Xuncal; e Ambosores: Ameixeiras e Mouriscón.A través do orzamento de 175.000 euros rehabilitáronse ducias de accesos rurais

coa mellora do firme con rego asfáltico, que permite mellorar a seguridade des-tes accesos, ao tempo que evita a acu-mulación de barro durante as choivas. Ademais, tamén se executaron melloras en sistemas de iluminación públicas, do-tando a ducias de núcleos de novos siste-mas de iluminación led.

actualidade

muras

Tras o éxito das pasadas edicións da Feira do Mel de Montaña de Muras, o Concello presenta unha nova convoca-toria que vén cargada de sorpresas cun programa que, ao igual que o ano pasa-do, se reparte en dous días, o 17 e o 18 de novembro.A actividade dará comenzo o sábado ás 16:00h no restaurante Pica Pan Casa Vi-tuco, co segundo concurso de calidade do mel de Muras, no que se elexirá a mellor mel de montaña de Muras, des-pois de pasar un análise de laboratorio e unha proba de cata a cargo dun xura-do especializado. A asistencia de público como observa-dor da cata é gratuíto ata completar o aforo do local escollido. A continuación terá lugar unha ponencia do técnico apícola Marcos Varela, que levará por título Mel de produción primaria.Intervirá a continuación Agustín Arias, Coordinador da aula apícola municipal de Azuqueca de Henares (Guadalaxara)

que presentará unha exposición e ex-plicará a súa labor como coordinador. A continuación das charlas, haberá unha degustación gratuíta de lacón e queixos para os asistentes. O peche a esta xor-nada o poñerá unha actuación musical.

O domingo a xornada comenzará ás 11 da mañá coa apertura dos postos da feira do mel e da exposición do ecomu-seo apícola de Azuqueca de Henares.Sobre ás 12:00h haberá un obradoiro para nenos que dará paso á mostra de xantares e degustación a cargo do chef Antonio Díaz.Durante o xantar está prevista a ac-tuación do dúo musical Minguante, e a tarde continuará con un obradoiro de cociña para nenos e a entrega de premios do concurso do mel poñerá o broche final a esta feira que conta coa colaboración da Deputación de Lugo e da Casa do mel de Goente.A organización chama á asistencia de todo aquel que queira achegarse a esta IV Feira do Mel de Muras, xa que ade-máis dun amplio e interesante progra-ma, disporán de oferta gastronómica ampla e variada para pasar o domingo.A presentación do evento tivo lugar na Deputación Provincial.

Todo listo para a IV edición da Feira do Mel de Montaña de Muras

O obradoiro de emprego Terras do Sor II comezou a traballar nos concellos de Muras, Ourol e O Vicedo con 20 parti-cipantes que durante os vindeiros nove meses contarán cun contrato que lles permitirá recibir formación teórica e práctica en dúas especialidades e obter un certificado de profesionalidade.A especialidade de Traballos de carpin-tería e moble conta con 12 alumnos-traballadores (6 no Vicedo, 4 en Ourol e 2 en Muras), que elaborarán e instala-rán elementos de madeira en espazos públicos dos municipios promotores. Principalmente, elaborarán indicadores de toponimia así como bancos e outro mobiliario para centros sociais e locais de uso comunitario.Así, está previsto actuar na antiga es-cola da Balsa e na Casa do Concello de

Muras, no centro social de Merille e no centro urbano de Ourol, ou nos centros sociais de San Román, Cabanas e Rio-barba no Vicedo, entre outras instala-cións.Por outra banda, na especialidade de Atención sociosanitaria a persoas de-pendentes en institucións sociais par-ticiparán 8 persoas (5 no Vicedo e 3 en Ourol), que desenvolverán as súas funcións na Residencia de maiores Be-tania.Durante estes días estanse a poñer en marcha a totalidade dos 20 obradoiros previstos na provincia de Lugo, dous de-les para menores de 30 anos -ambos xa iniciados, en Lugo e Ribadeo-. En total, involucran a 50 concellos, supoñen un investimento da Xunta de 5,5 millóns de euros e suman 472 contratacións.

O obradoiro Terras do Sor II traballará no Concello de Muras e na escola de Balsa

O alcalde, o tenente de alcalde e dous deputados, visitando a zona

Inaugurados novos accesos e iluminación en varias parroquias

O concello de Muras comezou os trá-mites para solicitar o selo Starlight, xa que conta cun ceo que reúne excelen-tes condicións para os afeccionados e amantes da astronomía, sen con-taminación lumínica. De feito, xa hai tempo que dende a Sociedade Galega de Historia Natural achéganse de noi-te a distintas localizacións do concello para contemplar o firmamento e sacar imaxes.A Fundación Starlight creou un sistema de certificación que acredita os espa-zos cunha excelente calidade de ceo e que representan un exemplo de pro-tección e conservación. Son escenarios que incorporan a observación do fir-mamento como parte do patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científi-co e fomentan o Turismo das Estrelas.

O Concello solicitará o selo Starlight

Page 8: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade8 novembro 2018

Os voceiros dos grupos do BNG, FLI e PSOE en Outeiro de Rei veñen de anun-ciar a presentación ante á valedora do Pobo de Galicia dunha queixa e solici-tude de amparo debido “á negativa do alcalde a convocar o pleno ordinario que correspondía ao mes de outubro de 2018”.Desde estes grupos maniféstase a ne-cesidade de existencia destes plenos, debido a que de non celebrarse “estase a impedir que os grupos da oposición poidan presentar propostas políticas ou fiscalizar as accións do goberno munici-pal, xa que só nos plenos ordinarios se poden presentar este tipo de iniciati-vas”. Lémbrase así mesmo que isto non se pode facer nos extraordinarios, pois nestes a orde do día é pechada e “é dita-da polo alcalde ao seu antollo”.Nesta lexislatura, é a terceira vez que

ocorre, xa que tampouco se convocara anteriormente en ningún momento os plenos dos meses de setembro do 2016 e abril do 2017.Tamén se salienta dende a oposición en Outeiro que sempre estiveron abertos a que se fixeran cambios nas datas dos plenos, se existise algunha circunstancia que así o aconsellase e sempre que se avisase con antelación para prever a presentación das iniciativas. Neste caso, ao igual que nas ocasións anteriores, non se produciu ningún contacto, nin oficial nin extraoficial, para que se elimi-nara a celebración deste pleno.Para o BNG, FLI e PSOE con esta actitu-de o alcalde “está a vulnerar dun xeito grave os dereitos das concelleiras e con-celleiros electos que pertencen á oposi-ción e o alcalde persegue con isto que a oposición non poida facer o traballo que

a cidadanía lle encargou cos seus votos”.De non convocarse de forma urxente este pleno ordinario, dende a oposi-ción de Outeiro de Rei non se descarta ningunha posibilidade de actuación, in-cluída a de convocar un pleno extraor-dinario que teña como orde do día as propostas que a oposición ía levar a este pleno.

CLUB DE ALTERNE. O voceiro do BNG, Xosé Ferreiro, criticou publicamente en varias ocasións a actitude do alcalde do PP por non ter convocado o Pleno. “Esta

claro que o PP non quere efrentar pu-blicamente as razóns polas que nunha instalación municipal hai instalada pu-blicidade dun local no que se comercia con corpos de mulleres”.Ferreiro sinalou que “a data do ple-no ordinario da corporación quedou fixado no Pleno de Organización e ten que celebrarse o último xoves de cada mes par” e engadiu “o alcalde é consciente da gravidade que ten o feito de non convocar un pleno da corporación cando está regulamenta-do, pero aínda así arriscase ás posi-

bles consecuencias para non debater co BNG”.O BNG tiña rexistrado, en tempo e for-ma, unha iniciativa para pedir a regu-lación de uso e publicidade nas instala-cións municipais.A suspensión do Pleno provocou que o BNG destapase a situación do cartel anunciador dun club de alterne no cam-po de fútbol para o que pediu formal-mente a súa retirada. O valado publicitario está situado nun dos laterais do campo de fútbol que é titularidade do Concello de Outeiro de Rei e é perfectamente visible dende o enlace da A-6 coa vila.Pola súa banda, o alcalde desentendeu-se desta situación alegando que a retira-da ou non do cartel é cousa do equipo.

EQUIPO. O SD Outeiro de Rei, pola súa banda, fixo un comunicado no que anun-ciou a retirada do cartel tras un acordo co anunciante pero reprendeu ao BNG por ter acudido á prensa e abrir dita polémi-ca sen ter falado antes con eles. Por outra banda, o club tamén indicou que o pretexto deste cartel e de outros que tamén hai no campo, foi a recada-ción de cartos para poñer en marcha o equipo xuvenil e que “nas 18 tempadas do club, o BNG non se preocupou, nin colaborou nin felicitou ao equipo polos seus ascensos e copas”.

Representantes do BNG fronte ao cartel do club de alterne

A oposición leva a supresión do Pleno ata a Valedoran do PoboOs nacionalistas abriron unha polémica ao pedir a retirada do cartel dun club do campo de fútbol

outeiro de rei

Un total de 19 estudantes da ESO de Na-via de Suarna visitaron empresas lucen-ses de éxito no rural para fomentar e im-pulsar o emprendemento na provincia. Fixérono acompañados polo Ddeputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, e ao abeiro do Campus de Em-prendemento Sostible, unha pioneira iniciativa da Deputación, coa que alum-nos reciben formación e asesoramento gratuíto para crear as súas empresas, aproveitando os recursos.Fernández Queipo, xunto aos estudan-tes, comezaron a xornada visitando Vida de Aldea, unha explotación gandeira, principalmente láctea, de Outeiro de Rei, que traballa nun proxecto de impulso ao medio rural e de implicación directa do consumidor cos produtos agrogandei-ros para tentar eliminar intermediarios con motivo da baixa do prezo do leite. De seguido, continuaron a xornada visi-

tando o obradoiro de Idoia Cuesta, unha recoñecida artesá afincada en Lugo de cestería e téxtil, que traballa e colabo-ra con marcas a nivel internacional tan prestixiosas como Loewe ou Sara Cole-man. Cuesta explicou que o seu modelo de negocio baséase na xeración de pezas contemporáneas e fusión téxtil, a través da combinación de materiais orgánicos recuperando e aproveitando técnicas to-talmente artesanais. A deseñadora afon-dou tamén no feito de que a natureza e á paisaxe que a rodea no seu día a día os bosques, o río Miño, os cultivos, as te-rras, as cegoñas e os seus niños son unha das súas principais fontes de inspiración, que a impulsan a realizar pezas sustenta-bles. Para finalizar, os alumnos foron ao obradoiro Xaneco, un taller que comezou a súa actividade de construción de ins-trumentos musicais de que respondesen ás necesidade dos profesionais do sector.

Estudantes visitan dúas empresas de Outeiro como modelo de éxito no rural

Cidadáns continúa coa súa implanta-ción na provincia abrindo unha nova agrupación en Outeiro de Rei que es-tará coordinada por Manuel Varela Tri-go, á fronte dun equipo no que figuran tamén Jesús Teijeiro Igrexas, como res-ponsable de redes sociais, e Paula Vare-la Núñez, responsable de cidadanía.Manuel Varela ten 44 anos, está casado e ten dous fillos. O seu perfil encaixa con moitas das novas incorporacións que está a facer Cidadáns, ao ser unha

persoa cunha ampla experiencia laboral á marxe da política.O novo coordinador de Cidadáns ten unha ampla traxectoria no mundo em-presarial, no que comezou traballando na empresa do seu pai, Transportes Ochoa. Despois foi delegado na provin-cia de Lugo dunha entidade bancaria e na actualidade leva 17 anos traballando no sector farmacéutico.Manuel Varela explica que decidiu hai varios meses sumarse ao proxecto de Cidadáns “para mellorar as condicións de vida dos veciños de Outeiro de Rei”. Leva xa varias semanas visitando as dis-tintas parroquias preocupándose polas demandas veciñais e facer así unha “po-lítica próxima e en positivo”.Este novo grupo local é unha mostra máis de que Cidadáns continúa traba-llando para abrir novas agrupacións e presentar candidaturas ás próximas eleccións municipais.

Cidadáns presenta a Manuel Varela como representante

A responsable local do BNG en Outeiro de Rei, Elvira Lombao, informou da ne-gativa do goberno do PP a estudar a po-sibilidade de que o Concello se integrase no sistema Viogen. O BNG propúxolle, a través dun rogo no Pleno da corporación, ao goberno municipal que iniciase os trá-mites necesarios para integrar ao Conce-llo no sistema de Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero (Viogen). Ante a proposta do BNG o alcalde do PP limitouse a afirmar “non se vai facer”.

Segundo explicou Elvira Lombao na provincia de Lugo só están plenamente integrados neste sistema os concellos de Burela, Ribadeo e Vilalba, “Non po-demos ter uns servizos sociais alleos aos casos de violencia de xénero pola falta de iniciativa política” e engadiu “coa in-tegración do Concello no sistema Viogen o concello pode mellorar a prevención, vixilancia e protección de vítimas ade-mais de compartir datos e información sobre agresores”.

O Goberno local vota en contra da integración no Viogen

Na parroquia de Martul, en Outeiro de Rei, descubriuse un novo castro. Varios membros do colectivo Patri-monio dos Ancares informaron tras varios días do achádego, tras recibir un aviso dos donos do terreo onde estaba a construción. O castro está a 500 metros de altitude e ten for-ma practicamente circular duns 70 metros de diámetro e as murallas pódense ver na súa maior parte.Segundo os expertos, as sucesivas plantacións de piñeiros e de euca-liptos afectaron á zona. Os mem-bros de Patrimonio dos Ancares desprazáronse tamén ao dolmen de Pedra Dereita, a uns 250 metros do castro. Neste caso a conservación é peor, xa que a maleza rodéao e ade-mais plantáronse eucaliptos sobre o túmulo.Patrimonio dos Ancares denuncia que a conservación das mámoas e dos castros do municipio de Outeiro de Rei é mala.

Achado un novo castro en Martul

Page 9: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018actualidade 9

guitiriz

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, emitiu un bando no que recomenda que non se use a auga da traída polo seu alto contido en ferro mentres non se solucio-ne o problema. Segundo comunicou o Concello, nas últimas análises realizadas detectouse unha contración de ferro de 1.700 miligramos por litro. Estes estudos fixéronse ao detectar un color escuro.Así mesmo, o concello, despois de facer un estudo exhaustivo de todas as posi-bilidades encamiñadas a solucionar o problema, consultou varias empresas expertas no sector, e van instalar un filtro desferrizador para eliminar o ferro exis-tente nos depósitos de distribución de auga” segundo explica o bando, no que tamén se engade que os traballos teñen unha duración estimada de 20 días.Por parte do concello, vaise solicitar axu-da técnica a outros organismos públicos, neste caso a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Augas de Galicia e a Conse-llería de Medio Ambiente e Territorio, co fin de buscar unha solución definitiva.Ao mesmo tempo o concello pretende recuperar da tubaria de by pass para que a auga procedente dos mananciais da

Serra do Cordal de Montouto vaian di-rectamente os depósitos sen pasar polo propio pantano e evitar este problema.No último pleno tratouse tamén o tema da auga a proposta da oposición, forma-da polo PP, o BNG, un edil non adscrito e un independente. Na proposta solicita-ban os nacionalistas que os veciños non paguen os últimos recibos de auga en compensación polos problemas que te-ñen e que se limpen os depósitos de Par-ga e de Guitiriz. A solicitude principal ao Goberno local consistía en que o Conce-llo poña todos os medios para solicionar o problema o antes posible.

ITV. A unidade móvil de inspección téc-nica de vehículos agrícolas estará os días 4, 5 e 10 de decembro no Concello de Guiritiz para atender a todos os veciños. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 os dous primeiros días mentres que o 10 só aten-derá pola mañá. A unidade estará situa-da os tres días no Polígono Industrial de Guitiriz. Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a tra-vés da web www.sycitv.com.

O Concello recomenda non consumir a auga da traída

Tres paneis de 70x100 cm están xa co-locados na Igrexa dos Vilares. Dous na pranta alta ao fondo e outro nun lateral no frente. Deseñados pola artista Viki Rivadulla, serán a imaxe da campaña de Crowfunding que iniciarán en febreiro para conseguir que sexan os frescos res-taurados os verdadeiros protagonistas da igrexa conxuntamente co resto de ele-mentos patrimoniais de grande riqueza. Mentras, é importante sensibilizar sobre a importancia destas pinturas e evitar a súa desaparición.Oscar Santiago, párroco dos Vilares, facilitou a súa colocación no templo e manifestou o apoio económico para a campaña coa contribución da recadación da próxima Romaría dos Desamparados, pola Pascua. Os Vilares, lareira de soños, editará folletos, gravará un spot, realizará unhas xornadas con especialistas en pa-trimonio e fará actos públicos divulgati-vos entre outras iniciativas para salvar in extremis as pinturas do Mestre de Parga

de máis de 500 anos de antigüidade en serio risco de desaparición.Despois de 26 anos do seu descubrimen-to e catro da Lareira de soños reclaman-do infructuosamente a súa restauración diante das diferentes institucións, local, provincial, autonómica e eclesiástica, sentironse obrigados a iniciar unha cam-

paña de Crowfunding que poñerán en marcha para este 2019 para poder evi-tar a súa desaparición definitiva diante do deterioro provocado polo abandono, humidades e rozaduras que os teñen le-vado a unha situación que, según din “de non actuar con urxencia pode chegar a ser irreversible.

A campaña para salvar os frescos dos Vilares xa é visible

O Concello de Guitiriz convocou o IV Pre-mio Xosé María Díaz Castro de poesía para honrar a memoria do ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega.Ao certame poderán concorrer todos os que o desexen, cos seus poemas escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente da RAG. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade.A dotación do premio, único e indivisi-ble, será de 2.000 euros. Se o xurado o considera oportuno, o premio poderá ser declarado deserto. Así mesmo, o xurado poderá designar un ou máis accésits.O premio inclúe, ademais, a publicación da obra gañadora por Edicións Espiral Maior. O prazo de presentación das obras remata o día 31 de decembro do 2018.O xurado será designado polo Conce-llo de Guitiriz e estará formado por tres persoas vinculadas á poesía e/ou á crítica literaria galegas. E o veredicto, que será dado a coñecer directamente ao gañador e a través dos medios de comunicación, terá lugar nun acto público coincidindo co natalicio de Xosé María Díaz Castro, arredor do 19 de febreiro de 2019.

FONDOS. A raíz do último pleno do Con-cello de Guitiriz, a Asociación Xermolos quere facer saber que sempre concebiu a restauración da Casa de Díaz Castro coma un elemento especial na recupera-ción da paisaxe da aldea do Vilariño.Dende a asociación queren que esta casa sexa da veciñanza e tamén unha iniciati-va para demostrar que o rural ten futu-ro. É por iso, dende a presentación do proxecto falan da Casa da Xente coma un foro para o cooperativismo, produtos ecolóxicos, olimpiadas populares, me-moria histórica, historia de Os Vilares e a Terra Chá e ademais bioconstrución. É como unha sede para asociacións. “A Casa da Xente pretende converterse nun espazo de dinamización e recupera-ción do rural galego, tentando combinar e optimizar a relación dos ámbitos cultural, educativo, social, turístico e laboral, bus-cando ao mesmo tempo un equilibrio que respecte e coide a nosa terra” din. A casa vai contar con espazos para a obra de Díaz Castro, legada polo escritor a Xermolos. “Vai ser tamén un recanto para celebrar aos poetas dos ríos, os escritores que pro-mocionaron os ríos desta comarca coa súa poesía, xa que os consideramos as veas que irrigan de vida este país”, engaden.

Convocado o IV Premio Díaz Castro de poesía

O secretario Xeral do PSOE na provincia, Álvaro Santos, e a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, mantiveron unha reunión coa directora de Explotación e Constru-ción de Adif, Isabel Pardo de Vera, para afondar nas demandas dos guitiricenses.Os socialistas explicaron o grave proble-ma de seguridade que sofren os veciños de Parga debido aos tres pasos a nivel que transcorren pola parroquia. Pardo de Vera comprometeuse a desenvolver unha reunión cos veciños para explicar-lles o proxecto de supresión destes 3 pa-sos a nivel, incluído nun Plan Estatal que contempla a eliminación duns 4.000 en España. Nas vindeiras semanas, profesio-nais de Adif trasladaranse a Guitiriz para detallar aos veciños as actuacións previs-tas para facer máis seguro o Concello.Os socialistas tamén conseguiron na reunión celebrada que Adif ceda tem-poralmente o peirao de carga (hoxe está pechado) para empregar os días de feira.

Adif explicará aos veciños o proxecto de supresión dos pasos a nivel de Parga

Un dos paneis colocados pola asociación para reivindicar o amaño dos frescos

Despois da implantación por parte da alcaldía de Guitiriz do SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística en Desti-nos, o sistema segue consolidándose no sector turístico do municipio. Este feito quedou reflectido na Mesa de Calidade, celebrada o día 5 de novembro, presi-dida pola alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e na que formaron parte Paloma Vázquez, xefa de Área de Turismo da Delegación Provincial da Xunta de Ga-licia en Lugo; Eduardo Vidal, deputado de Turismo en representación da Depu-tación de Lugo; ademais de represen-tantes dos axentes turísticos do SICTED.O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promo-vido pola Secretaría de Estado de Turis-mo (SET), co apoio da Federación Espa-ñola de Municipios e Provincias (FEMP) co obxectivo de mellorar a calidade e a competitividade das empresas turísti-cas e dos destinos así como de mellorar a experiencia e a satisfacción do turista.Guitiriz, único destino SICTED na pro-vincia de Lugo, segue afianzando o seu

traballo en mellora do turismo e da calidade, apostando por este proxec-to, que foi executado pola empresa de consultoría turística Avivae Solucións Estratéxicas S.L., e distinguindo como nova empresa neste 2018.Desde o concello consideran funda-mental traballar en proxectos de turis-mo en cooperación co empresariado para axuntar esforzos e potenciar o destino. Neste momento son 12 as empresas distinguidas con este selo de calidade nos oficios de Oficina de Turis-mo, seguridade cidadá, bares e cafete-rías, restaurantes, albergue, camping e comercios. En 2019 volverase a invitar á participación a todas as empresas.Desde o Concello tamén consideran fundamental o traballo conxunto e a cooperación público ou privada, e való-rase o esforzo realizado polas empresas para conseguir o distintivo de Calidade Turística. O proxecto está enmarcado nun conxunto de accións para o turismo por parte do concello, que considera este sector un alicerce para o municipio.

O proxecto de calidade turística consolídase

Page 10: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade10 novembro 2018

O PSOE de Cospeito conseguiu a apro-bación por unanimidade no último Ple-no dunha moción na que solicitaba un mellor control e xestión do punto limpo municipal. Esta moción volveu tratarse xa que continúa a producirse unha gran acumulación de lixo na vía pública “que entorpece a circulación ao tempo que resulta antiestético e antihixiénico”, se-gundo detallaba a moción.O problema do estado do punto limpo tratouse tamén no anterior Pleno, no que se falou da instalación de cáma-ras “pero tentamos contemplar outras posibilidades pois esto parece unha so-lución en principio bastante custosa e complicada”, explican.O PSOE fixo distintas propostas como sinalizar debidamente o punto limpo, mediante carteis co documento acre-ditativo da Xunta. Consideran tamén necesario subir o peche do recinto para impedir o acceso pola parte superior; indicar mediante carteis o horario de apertura, especificando as condicións para a recollida dos residuos; indicar mediante un cartel as obrigas, facendo mención da Ordenaza de Convivencia Cidadá e advertindo de sancións, e in-formar deste servizo mediante bandos

en todas as parroquias, tanto do uso e horario do punto limpo coma das posibles sancións e consecuencias de deixar lixo na vía pública ou ás portas do recinto. Os concellleiros presentes estiveron de acordo en todos os puntos agás no de elevar o valado que o alcal-de considera “moi costoso”.O PSOE considera necesarias estas medidas xa que os residuos seguen alí acumulados, “a pesar de que nos cons-ta que cada pouco se recollen, alguén os deposita de novo”.Os socialistas presentaron varias pre-guntas entre as que figuraba unha so-bre a situación do PXOM. “O alcalde volveu contestar que están nelo e que está parado na Xunta pero non acaban de darlle para diante”, di Rosa Morán.Tampouco o alcalde contestou sobre a axuda que recibirá o concello sobre o convenio para a limpeza de fincas. “Sabemos que Cospeito están neste convenio pero non sabemos a cuantía”.Por outra banda, a concelleira do PSOE mostrou a súa satisfacción “porque a Deputación bote a andar o proxecto do polígono de Feira do Monte a través de Suplusa xa que o Concello non puido sacalo adiante”.

O Pleno aproba unha moción do PSOE sobre o punto limpo

O Museo das Aves e o Centro de Inter-pretación de Cospeito atende a unha me-dia de 150 visitantes ao mes, tal e como informa a empresa Data Monitoring, que xestiona esta infraestrutura.Tanto no museo como no centro de in-terpretación, o principal tipo de visitan-tes son pais con nenos de entre 3 e 8 anos aproximadamente e sendeiristas. Ocasionalmente, tamén se achegan pe-quenos grupos de turistas e excursións de campamentos e ANPAS de colexios da provincia. No mes de setembro por exemplo, achegáronse ata o Museo e o Centro de Interpretación as Anpas dos colexios Rosalía de Castro, Paradai, Illa Verde, Quiroga Ballesteros e Luis Pi-mentel de Lugo.Co paso do tempo dende a apertura foise incrementando o número de visitantes, sobre todo no museo, xa que se come-zou a dinamizar tanto o museo como o centro de interpretación.De feito, están levando a cabo un plan de dinamización para dalo a coñecer, como unha web propia na que se pode facer unha visita virtual ao museo, e tamén dous microsites en redes, unha en Face-book e outro en Google Sites, con datos actualizados do museo, no que ademais publican contidos relacionados coas aves e o medio ambiente.Nesta web ofrecen explicacións do que se pode ver referido á historia das aves, a súa morfoloxía, tipos de niños, etc., onde empregan tamén as diversas pantallas in-teractivas para facer máis dinámica a visi-

ta, na que poden ver vídeos dos tipos de vos, rutas migratorias, tipos de cantos, ou facer unha visita virtual á Lagoa, dándolle a oportunidade aos visitantes de utiliza-las eles mesmos, e xa o final do percorri-do proxectan un vídeo informativo sobre a Lagoa e a importancia dos humidais.Por outra banda, no centro de interpreta-ción no día a día atenden principalmen-te as demandas dos visitantes, aos que soe interesarlles sobre todo información sobre a ruta de sendeirismo da Lagoa, como a distancia, a duración ou a com-plexidade.Sen embargo, cando se trata de visitas organizadas, planifícanse acti-vidades e soen falar sobre a historia de desecación e recuperación da Lagoa, da súa lenda, os tipos de animais que poden observar, a importancia do cardiño da

Lagoa e da avefría. Así mesmo, realízanse observacións dende os distintos puntos repartidos pola ruta, ademais empréga-se unha folla que recolle imaxes de diver-sos animais e plantas que se atopan na Lagoa para que, ao longo da ruta, traten de identificalos.

ALBERGUE. Por outra banda, o mesmo edificio do Museo acolle, na terceira planta, un albergue que leva pechado dende a súa adecuación agás en duas ocasións para actividades do campamen-to municipal.Esta instalación conta con 25 liteiras e servizos e agora ten a súa propia entrada na parte posterior do edificio. O obxec-tivo do mesmo é a súa utilización para fomentar o turismo ambiental.

O Museo das Aves atende unha media de 150 persoas ao mes

Unha imaxe do interior do Museo das Aves

cospeito

Adega-Lugo dedicará os Roteiros des-te curso 2018-2019 ao coñecemento e posta en valor da fauna autóctona de Galicia, especialmente de especies dos diferentes grupos animais que son emblemáticas ou que están en situa-ción de ameaza, ben polo seu preocu-pante estado de conservación, ben pola controversia social que suscitan. Ao longo dos diferentes percorridos, ADEGA fará fincapé nas característi-cas biolóxicas dos animais e do seu hábitat natural, ademais de abordar as principais ameazas que fan perigar a súa supervivencia, a problemática asociada nalgúns casos á convivencia co ser humano en determinados es-pazos e as posibles solucións, procu-rando desterrar falsas crenzas popu-larmente asociadas a algúns animais.O programa, que levará por título Fau-na D’aquí e que corresponde á vixési-

mo primeira edición dos roteiros de Adega-Lugo, desenvolverase desde o mes de outubro deste ano ata o mes de xuño de 2019, cun roteiro mensual que coincidirá sempre en domingo. Entre os lugares emblemáticos a visi-tar este ano figura a Lagoa de Cospei-to, que será concretamente o 20 de xaneiro.Os roteiros de Adega-Lugo están aber-tos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de Adega gozarán de desconto no pre-zo, así como as persoas que están es-tudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.A saída do autobús terá lugar ás 8.00 ou ás 9.00 horas da mañá, dependen-do da proximidade do destino, fronte á Facultade de Formación do Profeso-rado de Lugo, na avenida de Ramón Ferreiro.

Os Roteiros de Adega pasarán este ano pola Lagoa

A X edición do Mercado de Nadal co-menzará o vindeiro luns 10 de decem-bro e rematará o sábado 5 de xaneiro do 2019 (Día da Cabalgata de Reis). A Xunta Directiva da Asociación de Em-presarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da vila, segue desenvolvendo as súas actividades concretadas na reunión dos pasados días.Os premios a repartir serán trece vales de 100 euros cada un, que será para os donos das papeletas que coincidan

cos tres últimos números do primeiro da Lotería de Reis que se celebra o vin-deiro 6 de xaneiro do 2.019. Ditos vales, deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial, nos trintas días posterio-res a súa entrega.Neste ano, mantense o período para que os gañadores dos vales se den a coñecer aos membros da Xunta Directiva ou do negocio que lle entregou dita papeleta, para facer entrega do vale do premio. Teñen que informar antes de que remate

o martes 15 de xaneiro. Igualmente, non será válido que se gaste o valor do premio antes da entrega do vale.Este ano, o colectivo empresarial re-partirá un total de mil trescentos euros que se poñerán a disposición de toda a xente que merque en Muimenta nesta campaña de Nadal. Nesta edición está confirmada a participación dun total de 22 negocios. A iniciativa xurdiu no ano 2009, como unha maneira de incenti-var as compras de Nadal nos negocios da parroquia.

O mercado de Nadal de Muimenta repartirá 1.300 euros en premios

Page 11: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 11publicidade

Page 12: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade12 novembro 2018

O alcalde de Rábade, Francisco Fernán-dez Montes, mantivo en Madrid unha reunión co Director Xeral de Conserva-ción e Mantemento de ADIF, Ángel Con-treras Marín, coa finalidade de resolver o problema que crea o “nefasto estado no que se atopa a pasarela, que cruza a vía do ferrocarril ao centro”.“O resultado da reunión foi bastante po-sitivo e moi satisfactorio para o Concello, xa que na mesma, despois de analizar e descartar definitivamente a posibilida-de de habilitar un paso a nivel entre as propias vías, o Director Xeral adquiriu o compromiso de encargar de xeito inme-diato aos técnicos de ADIF a elaboración do estudo de acondicionamento e cum-primento de accesibilidade do referido paso, valorando primeiramente a posi-bilidade de acondicionamento e mellora da existente, sempre que esta o permita,

garantindo tanto a seguridade como a accesibilidade, ou ben de non ser viable, adoptar outra solución incluso noutra ubicación”, indicou o alcalde.Para esta actuación ADIF, pola súa parte, esixelle ao Concello asumir o compro-

miso de mantemento da infraestructura unha vez executada. Igualmente ADIF comprometeuse a manter informado ao Concello do estado e evolución desta ac-tuación, “tan imprescindible para a nosa vila”, conclúe Fernández Montes.

O alcalde de Rábade califica de “moi positiva” a reunión con Adif

O Concello de Rábade vén de rematar varias obras en estradas de titularida-de municipal. Así, xa están terminados os traballos de aglomerado da rúa Bos Aires e de Camiño Real. Ao mesmo tempo tamén finalizaron as obras dun-ha zona en Tras do Regueiro, concre-tamente no vial que coincide dende a avenida dos Remedios ata o cemiterio.Paralelamente, remataron tamén as obras de instalación das camáras de control de seguridade no polígono mu-nicipal na primera e terceira fase.A estas obras sumase a licitación da mellora da rúa Lope de Vega, dende o Concello ata a avenida de Vilalba. De feito, o Concello fixo unha reunión cos veciños da zona afectada para indicar-lles en qué consistirán as obras e que repercusións terá sobre eles.

Rematan varias obras viais

O Concello de Rábade porá a funcio-nar este ano as escolas deportivas para adultos por primeira vez. Para ini-ciar estas escolas comezarán con zum-ba, atletismo, tenis e tenis de mesa, aínda que estudan amplialas tamén con tiro con arco e defensa persoal.O prazo de inscrición para estas esco-las de adultos estará aberto durante todo o ano, xa que poderán incorpo-rarse cando así o desexen.As escolas deportivas de adultos terán un prezo de dez euros por unha activi-dade que serán de cinco para os que se apunten a dúas. Para poder compa-tibilizar co horario de traballo, todas as escolas comezarán a partir das oito da tarde.Segundo indicou o concelleiro de de-

portes de Rábade, Alejandro Martí-nez, “tíñamos xa gañas de poñer en marcha as escolas para adultos pero por uns motivos ou por outros ata o de agora non tivemos ocasión de crea-las”. Engade tamén que “os adultos teñen posibilidades de ir ao ximnasio pero é importante que lles demos a ocasións de facer deporte en Rábade”. O concelleiro indicou que coñeceu o fenómeno das escolas de adultos en Fuenlabrada e quixo incorporar en Rá-bade un sistema similar.Por outra banda, o concelleiro in-dicou tamén que se abrirá en ho-rario nocturno nos próximos días unha zona no pavillón para que os adultos podan usar as máquinas e a zona de escalada.

O Concello crea as escolas deportivas para adultos

rábade

O programa Life Fluvial da UE, ca-pitaneados polo Ibader o Instituto de Biodiversidade Agraria e Dese-volvemento Rural da USC, no que colaboran, entre outras Institucións o Concello de Rábade, comezou a materializarse na vila, por medio das obras de mellora do entorno da Lagoa do Rei.Estas obras, que executa a empresa Tragsa, comenzaron nestes días e consisten entre outras na elimina-ción de especies invasoras e a sua sustitución por especies máis axei-tadas ó entorno, a corrección to-pográfica dos bordes da Lagoa para mellorar a adaptación dos anfíbios, a conexión da Lagoa coa Ruta Pe-rimetral Rabadense e co Río Miño, ampliando os tramos de sendeiro e a sua sinalización, así como a mello-

ra do observatorio e a retirada de residuos existentes.Este programa, no que o Concello de Rábade participa, está financiado

con 3 millóns de euros maiormente procedentes de Fondos da UE, e des-tínase á mellora de varios corredores fluviais na rexión atlántica Ibérica.

O proxecto Life Fluvial comezou coa mellora da contorna da Lagoa do Rei

O alcalde de Rábade, á dereita, e o responsable de Adif

Un momento dos traballos iniciais na Lagoa do Rei

Page 13: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018actualidade 13

castro de rei

O Concello de Castro de Rei procederá á renovación da caseta do polbo situada en Castro Ribeiras de Lea, unha actua-ción que ten un custe de 40.000 euros, dos que o 65 por cento será aprotado pola Axencia Galega de Turismo depen-dente de Presidencia da Xunta.Os traballos desta obra consisten na co-locación dunha pechadura de aluminio con cristal dobre que se realiza con mo-tivos turísticos e que seguirá o patrón da caseta que se instalou en Castro de Rei. O obxectivo polo tanto é evitar que a xente pase frío ou se molle, sobre todo no inverno.Ata agora, eran os propios pulpeiros os que colocaban provisionalmente unhas lonas para pechar o perímetro da caseta de Castro de Ribeiras de Lea, unha me-dida insuficiente para conter as baixas

temperaturas, tal e como constaban as decenas de veciños e visitantes que cada mércores acoden á súa cita sema-nal co polbo.A idea é que na cristaleira se coloquen motivos turísticos e tamén se reprodu-cirán fotos antigas da feira de Castro, como medida para poñer en valor un evento crave na localidade.

CONCILIA. Por outra banda, o concello está a realizar estes días os trámites para a renovación anual das iniciativas que engloban o programa Concilia. A este están acollidos o programa Madrugado-res do colexio de Castro Ribeiras de Lea e os campamentos de verán. O alcalde lembra que o colexio de Castro de Rei non conta co Madrugadores porque os pais non o demandan.

O Concello renova a caseta do polbo de Castro Ribeiras de Lea

O Concello de Castro de Rei vén de rema-tar os traballos de instalación dun total de 14 cámaras de videovixilancia na con-torna do polígono industrial de Castro Ribeiras de Lea. Trátase de once cámaras tipo IP con grabación día e noite, 3 cáma-ras lectoras de matrícula, un disco duro para o sistema de gravación de imaxes e datos e a instalación dos armarios onde se gardará o cableado e o disco duro.Son cámaras de control de tráfico e es-tán ubicadas na entrada e saída do pro-pio polígono co obxetivo de aumentar a seguridade das empresas, xa que aínda que están previstas para o tráfico farán un efecto disuasorio para evitar roubos.Esta iniciativa está apoiada pola asocia-ción de empresarios do polígono, que din que “tanto son boas para regular o trá-fico como para aumentar a seguridade.

Polo menos agora terano máis complica-do”. O último roubo no polígono foi no 2016 na nave multiusos que ten o propio Concello da que os cacos levaron un to-doterreo e maquinaria municipal.No polígono de Castro existen case 30 empresas de diferentes sectores, e xa non quedan parcelas libres, por iso, den-de a asociación de empresarios do polí-gono insisten na ampliación, que podería sumar 4,5 hectáreas que farían un total de 22 novas parcelas. Esta mellora finan-ciouse con 30.000 euros da Consellería de Economía e Industria.Outra das actuacións no polígono, que remataron estes días, é a obra de pavi-mentación dos viais e a renovación do alumeado do parque empresarial, a cal destinaronse 96.000 euros dos cales o 80% está financiado pola Consellería.

O polígono de Castro Ribeiras de Lea xa conta con cámaras

pol

O Concello de Pol acometerá as obras de rehabilitación e ampliación da biblio-teca municipal e unificará as súas insta-lacións na planta baixa da casa consisto-rial a través dunha liña de financiación autonómica que lle aportará o 60% do orzamento.Este proxecto ten como obxectivo incre-mentar a funcionalidade da biblioteca, facéndoa máis cómoda e accesible, xa que unha das accións previstas é a eli-minación de barreiras arquitectónicas.A proposta inclúe diversas obras de rehabilitación das instalacións, como a reordenación de espazos, tratamento de humidades, colocación de falsos tei-tos para mellorar o illamento térmico e acústico, adecuación da iluminación e renovación da instalación eléctrica, ade-mais de colocar cableado de conexión a internet, entre outras accións.A través desta intervención está previs-to ampliar as zonas destinadas a lectura e estudo e colocar novo mobiliario, en-tre o que figuran estanterías modula-res, mesas e cadeiras de lectura infantís e cadeiras para adultos.

Rehabilitación da biblioteca municipal

Taller de manualidades de Nadal. Os días 12, 19 e 26 de novembro, e 3, 10 e 17 de decembro de 17.00h a 19.00h na Caseta da Carballeira de Mosteiro haberá unha serie de talleres de manualidades de Na-dal. Este taller será gratuito agás o material empregado nas manuali-dades. Os interesados poden inscri-birse nas oficinas municipais ou no 982345029.

Obradoiro de manualidades de Nadal

A Asociación de Mulleres Rurais Olvi-do de Pol celebrará durante o inverno unha serie de cursos que deron co-mezo, na súa maioría, no mes de no-vembro e que están abertos a toda a poboación mentres haxa prazas.Así, xa está en marcha un de pilates, que ten lugar os xoves de 17:00 a 18:00 horas e no que aínda hai prazas libres. Ademais, nesta especialida-des abrirán outro grupo os martes de 21:45 a 22:45 que deu comezo o 6 de novembro. Así mesmo hai prazas libres aínda nos cursos de natación, que te-ñen lugar os lunes de 21:30 a 22:30 e os mércores unha hora antes.Tamén deu comezo un curso de ioga que se celebra todos mércores de 17:00 a 18:00 horas e outro de encaixe de bolillos, que terá lugar todos os xo-ves de 18:00 a 20:00 horas. Finalmente haberá cursos de informática e estéti-ca pero as datas de celebración aínda están pendentes.Os que desexen inscribirse poden face-lo nos teléfonos 666 230 570 (Merce-des) e 616 129 825 (Rosa).

Mulleres Rurais celebrarán cursos durante o inverno

Xornada micolóxica. O 18, a partir das 10, haberá unha xornada Mi-colóxica en Castro de Rei a cargo do mi-cólogo Jesús Blanco. As inscricións poden facerse no 982.314.140 ou 982.314.270 antes do día 15. Haberá unha saída a pri-meira hora dende o campo da feira e ce-lebrarase un xantar ás 14:30 no colexio.

PROXIMAMENTE

Xuntanza Cabalar. O 24 ha-berá unha xuntanza cabalar por dife-rentes parroquias de Castro de Rei e Pol. Esta edición do encontro contará cunha ruta que sairá do bar Fénix ás 10:30 horas, para cabalgar dirección Mosteiro de Pol. Os xinetes poderán gozar duns pinchos na metade da ruta, e despois levarase a cabo un xan-tar conxunto no restaurante Saleta de Mosteiro. Tan só teñen que apuntarse antes do mércores 21 de novembro e abonar 20 euros polo prezo do xantar.

O comité executivo de Novas Xeracións do PP visitou Quescrem e Cafés Cande-las, as dúas empresas lucenses galardoa-das nos IV Premios Galicia Alimentación que convoca o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), poñendo en valor o seu “esforzo pola expansión internacional” que contribúe a dar a coñecer os produ-tos galegos no exterior.A visita comezou nas instalacións de Quescrem, no polígono de Castro Ri-beiras de Lea, coa participación dun-ha vintena de persoas entre as que se atopaban a presidenta de Novas Xera-cións da provincia de Lugo, Rosa Arza; o presidente de Novas Xeracións de

Galicia, Adrián Pardo; o presidente da formación en Lugo, Alejandro Pena; o deputado no Congreso Joaquín García Díez, o senador lucense Gerardo Criado e o tenente de alcalde de Castro de Rei, Roberto Lorenzo. A presidenta da formación xuvenil, Rosa Arza, destacou a “aposta pola innovación e a investigación” de Ques-crem; así coma a súa “proxección exterior”. Precisamente esta última estratexia levou a esta firma chairega a conseguir o Premio Galicia Alimenta-ción por ter contribuído á promoción da calidade e a imaxe dos produtos ga-legos no exterior.

Quescrem, un exemplo de esforzo galego internacional

Page 14: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade14 novembro 2018

xermade

O voceiro do Grupo Municipal do PP en Xermade, Antonio Riveira, critica que o rexedor local, o socialista Ro-berto García, non cumpra os acordos plenarios que suporían beneficios para os veciños e veciñas. Así, o popular la-menta que “o Goberno local non vaia a redactar unha ordenanza municipal que recolla novas bonificacións sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI) tal e como se comprometera no Pleno do 14 de abril do 2016 cando se aprobara por unanimidade unha moción do Par-tido Popular que recollía a bonificación na cota íntegra para as edificacións de uso agrogandeiro e do sector primario en solo rústico, ao igual que no solo de núcleo rural”.“A día de hoxe, e xa pasaron dous anos e medio, o señor alcalde non levou nin-gunha ordenanza a ningunha sesión plenaria que recollera o aprobado por unanimidade polo propio Pleno con anterioridade. E nestas datas xa é ma-terialmente imposible aprobala para que entre en vigor para o ano 2019”, indica Riveira.O popular asegura que “o alcalde non se atreve a facer unha ordenanza mu-nicipal que regule o imposto de bens inmobles e, mentres, os veciños e ve-ciñas do rural sofren distinto trato”. Así, mentres non se establezan novas bonificacións para os titulares de edifi-cacións situadas en solo rústico, “estes

pagan cinco veces máis que outros titu-lares de edificacións situadas en núcleo rural, cando as primeiras se atopan des-favorecidas no que respecta ás comuni-cacións e outros servizos”, explica.O Grupo Municipal Popular de Xer-made considera que “co obxectivo de continuar a beneficiar aos veciños e veciñas, a bonificación debería recoller máis tipos de edificacións e instala-cións”. Os populares lamentan, ante a falta dunha ordenanza neste sentido, “que as explotacións gandeiras do mu-nicipio estean a facer fronte a recibos do IBI e regularizacións de anos ante-riores de importantes cantidades”.Igualmente, “esta situación afecta aos titulares das instalacións deportivas que pertencen a sociedades deportivo-culturais sen ánimo de lucro coma a SDC Roupar que ten que facer fronte a unha reclamación por importe superior a 6.000 euros por atrasos ademais dos recibos anuais de arredor de 1.800 eu-ros. Esta situación déixaa ao borde da desaparición ao non poder facer fronte a tales gastos”, apunta Riveira.En beneficio destes colectivos, os po-pulares propuxeron ao Goberno local a implantación doutras medidas coma a convocatoria de subvencións nominati-vas que suplisen a súa falta de previsión na aplicación de bonificacións coas que paliar estas cargas a gandeiros e titula-res de instalacións deportivas.

O PP pide ao alcalde que respecte o acordo plenario sobre o IBI

Xermade mantén en funcionamento na actualidade unha Casa Niño que atende na actualidade a cinco nenos e nenas de entre 0 e 3 anos de idade, como un recurso de conciliación gratuíto para as familias, un proxecto pioneiro orientado aos núcleos rurais de Galicia.As Casas Niño proporcionan atención a nenos e nenas en pequenos grupos -máximo cinco-, de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade; com-prende a atención específica das súas ne-cesidades básicas de alimentación, hixie-ne e descanso de acordo coa súa idade e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social.As familias poderán levar aos nenos e nenas un máximo de oito horas diarias nun horario flexible que se pactará co profesional responsable. Desenvólvense na modalidade de atención diurna e de luns a venres durante todo o ano agás os días festivos e un mes cada doce.

A Casa Niño atende a cinco pequenos menores de 3 anos

O Concello de Xermade reformará a iluminación pública nos núcleos de San Martiño, O Chao, O Empalme e O Feal cunha subvención da Xunta de Galicia de 61.600 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.Esta actuación se está a realizar na prác-tica totalidade dos concellos porque supón unha mellora da seguridade e a eficiencia das instalacións e logran un aforro estimado de máis do 65% no cus-to enerxético.A proposta consiste na substitución das luminarias por outras de tipo LED, que presentan idénticas ou superiores pres-tacións lumínicas, teñen máis vida útil e reducen o consumo, así como na disposi-ción de sistemas de encendido baseados

no reloxo astronómico e de regulación para cada punto de luz.Dentro do mesmo proxecto, o Concello reforzará o servizo de medio ambiente municipal con medios e persoal a través da contratación dun técnico de medio ambiente e urbanismo para a redacción de proxectos relacionados coa conser-vación do medio ambiente natural de-gradado e para a emisión de informes orientados á prevención e situacións de risco ambiental e natural.Igualmente, inclúe a adquisición dun tractor cortacéspede cun recolledor de 500 libros para realizar o mantemento e limpeza de zonas verdes e espazos de especial protección, ubicadas algunhas delas en solo da rede Natura.

O concello cambia as luminarias e contrata máis persoal

O Concello de Xermade vén de convo-car unha nova edición das axudas mu-nicipais a familias polo nacemento de fillos no 2018.Estas axudas establen unha subven-ción de 600 euros por neno nacido no Concello entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro do ano 2018, sempre que se solicite polos proxenitores e se acredi-te un empadroamento dun destes no Concello dende o 1 de xaneiro de 2018, debendo o nacido permanecer inscrito no padrón polo prazo mínimo de dous anos, dando lugar en caso contrario ao reintegro da subvención.A dotación orzamentaria para este ca-pítulo é de 7.200 euros. O gasto deri-vado das subvencións outorgadas por actuacións recollidas neste apartado

imputarase á partida 231.480 do Orza-mento Xeral do Concello de Xermade para o ano 2018.No caso de que quedaren sen atender subvencións por nenos nacidos no exercicio anterior por falta de crédito orzamentario, atenderase prioritaria-mente ás mesmas sempre que cum-pran os mesmos requisitos referidos ao exercicio anterior. Atenderase á subvención por orde de data de nacemento. Os nacidos en de-cembro de 2018 terán prioridade no outorgamento de subvencións no vin-deiro exercicio.O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro do ano en curso no Rexistro Xeral do Concello de Xermade.

Convocadas as axudas por nacemento de fillos

Dúas asociacións de veciños de Xermade remataron as obras realizadas no rural.En concreto, finalizou o acondicionamen-to do local social da Asociación de Veci-ños de Xaravigo, de San Pedro de Miraz, que contou cun orzamento de 12.000 eu-ros destinado ao pintado dos paramen-tos interiores e exteriores, instalación de catro ventás, colocación de moble con encimera e instalación dunha porta de paso interior.Así mesmo, cumplíronse as demandas da Asociación de Veciños Santa Eulalia de Burgás no equipamento da casa-escola de Burgás e o acondicionamento do camiño veciñal que conecta Badoi de Abaixo coa estrada provincial LU-P-2210, cun orzamento de 17.000 euros.Ademais destas accións puntuais, Xer-made destina tamén 288.000 euros para o servizo de axuda no fogar e 209.000 para obras e servizos procedentes do Fondo de Cooperación Local.O concello conta tamén cunha serie de achegas da Xunta de Galicia do sector da agricultura e gandaría, que reciben 1,7 millóns de euros, e 450.000 máis en sub-vencións para a incorporación de mozos, axudas extraordinarias por inclemencias climatolóxicas e plans de mellora.

Rematan as obras en dous locais sociais rurais

Un ano máis, está en marcha a Invernada de cine en Cabreiros. Unha actividade na que se busca compartir tardes de ocio entre veciños e todas aquelas persoas que se queiran achegar ata esta localida-de xermadense.O 20 de outubro tivo lugar o acto de inauguración, para despois comezar ás 18:00 cun documental de historias ba-seada na vida de Pedrón do Freixo. Dirixi-do por Ángel Cordero. O 3 de novembro Anxo Moure fixo de contacontos co O apalpador. O 17 de novembro continua-rán, ás 18:00, con Unha escola en branco

e negro, unha obra de teatro da man do grupo Accidental Carballo Vivo, dirixida por José María Carricoba.O 1 de decembro poderase ver a premia-da película Dhogs, de Andrés Goteira.O 15 de decembro pasarán unha tarde entretida coñecendo da man dos seus directores catro das mellores curtas do audiovisual galego: Eistein Rosen, de Olga Osorio; Matria, de Álvaro Gago; A cat in the window, de Félix Brixel, e A muller in-visible, de Noemí Chantada Puime.En cada xornada haberá quenda de pre-guntas e debate posterior.

A Invernada de Cine de Cabreiros prolongarase ata preto de Nadal

O Concello de Xermade conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero os días 16 e 25 de novembro, con diferentes actos nos que convida a par-ticipar a toda a veciñanza. Coas activida-des programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista.Comezarán os actos o venres 16 de no-vembro coa campaña En Negro contra as Violencias, na que aproveitarán para

inaugurar unha exposición da xoven ar-tista xermadesa Alba Blanco. Este día completarase coa presentación do libro Invisibles da periodista Montse Fajardo.Por último, o día 25 celebrarase a An-daina Xermada Contra a Violencia, unha camiñata solidaria de tres quilómetros. Ao rematar o percorrido, que comezará ás 16:00, os asistentes poderán degustar un chocolate con bizcocho, por cortesía da asociación Amuraxe.

Dúas xornadas dedicadas a actos contra a violencia de xénero

Page 15: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 15actualidade

TERRA CHÁ

Noa e Antía son dúas irmás das Pontes que abriron no mes de xuño na parro-quia de O Aparral un innovador centro ecuestre de actividades no que se com-bina o lecer co tratamento colectivo de persoas con necesidades específicas ou dificultades emocionais; en definitiva, un lugar de entretemento e de terapia.Así naceu Hípica Prado, una conclusión lóxica para estas dúas mulleres que levan montando a cabalo dende cativas e que decidiron probar sorte con este innova-dor centro de hípica.A iniciativa de evolucionar cara facer unha empresa saíu de Antía, cando aínda traballaba como profesora de Secundaria en institutos de FP. Nese momento, tiñan unha egua nunhas instalacións que o an-terior xerente quería ceder. Como naque-la época os módulos que impartía esta-ban relacionados con habilidades sociais e atención psicosocial e o eido formal quedábaselle curto, lanzouse e aceptou a xerencia desas instalacións para iniciar un proxecto de intervencións asistidas con animais chamado Libélula IAA.Máis tarde incorporouse Noa a este proxecto, que se formou como xinete no CAVA para impartir clases de equitación. Pero como as instalacións estaban en situación de abandono, ao cabo de ano

e medio decidiron buscar unha nova ubi-cación “e comprometernos cunhas insta-lacións máis axeitadas ao noso proxecto”, explican. Foi un ano máis tarde cando localizaron estes terreos para crear Prado Ventura.Pero montar este negocio non foi tarefa fácil, xa que atoparon moitas dificulta-des, dende o feito de ser mulleres ata o de ser familia. Ademais do esforzo persoal, tamén hai invertida unha grande cantidade de car-tos neste soño, que conseguiron maio-ritariamente “coa axuda de Jeremie” gracias ao IGAPE e a AFIGAL, aínda que tamén gracias á Deputación, á Conselle-ría de Emprego e ao Concello das Pontes; así como a préstamos bancarios.

DÚAS LIÑAS DE TRABALLO. No seu cen-tro existen dúas liñas de servizo moi dife-renciadas, xa que teñen varios perfís de clientela. Dunha beira, no eido deportivo, ensinan a persoas de calquera idade que se achegan por primeira vez ao mundo do cabalo ou atenden á clientela que leva anos como propietaria de cabalos e que busca un lugar tranquilo onde adestrar e ter o seu cabalo ben coidado. Respecto ao coaching e ao desenvolve-mento persoal, o perfil que abranguen

vai dende asociacións que traballan con colectivos con necesidades específicas (autismo, down, alcoholismo, etc.), ata persoas usuarias privadas ou familias que buscan un proceso de crecemento persoal que solucione dificultades emo-cionais, deportivas ou personais.O máis orixinal da empresa é que está guiada por dúas irmás que apostan por un modelo de negocio que ata o mo-

mento era maioritariamente masculino. Ademáis, os seus servizos van máis alá dos tradicionais que adoitan ofrecer este tipo de negocios. Á Hípica Prado Ventura non se vai só a montar a cabalo, ademais do eido deportivo aportan unha liña tera-péutica moi completa e innovadora.A curto prazo seguirán traballando e se-guirán ofrecendo unha cualidade e uns servizos excepcionais. E a medio e longo

prazo, gustaríalles incorporar novidades nas instalacions, como unha pista des-cuberta, natural paddocks, bungalows, corrais de entrenamento de poldros e piscina ecuestre de rehabilitación. Non descartan tampouco ampliar a carteira de servizos de crecemento persoal, enga-dindo novos espazos para ofrecer cursos de ioga, mindfulness e meditación, de forma habitual.

Noa e Antía cun dos exemplares da súa hípica

O deportivo e o emocional cabalgan xuntosDúas irmás das Pontes botaron a andar Hípica Prado Ventura, un proxecto innovador que combina a aprendizaxe coa terapia

No deportivo

tratan a persoas que

se achegan por

primeira vez ao

mundo do cabalo e

tamén fan coaching a

colectivos con

necesidades especiais

Page 16: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade16 novembro 2018

A campaña de vacinación da gripe 2018 botou a andar o pasado 22 de outubro cunha previsión de distribu-ción de máis de 83.000 doses na pro-vincia de Lugo; estenderase durante 10 semanas (ata o 28 de decembro) baixo o lema Contaxia a túa enerxía e non a gripe.A Consellería de Sanidade destinará este ano un total de 608.000 doses, 48.000 máis que a pasada campa-ña, cun orzamento que ascende a 2.183.220 euros, 226.980 euros máis que no ano 2017. O orzamento pre-visto para a provincia de Lugo supera os 283.000 euros e se realizará con máis de 160 puntos de vacinación distribuídos na provincia.Sanidade insta a todas as persoas que se atopen nos grupos de risco a vaci-narse porque “é unha patoloxía facil-mente transmisible e que pode che-gar a ser grave, pero que é evitable”.Haberá vacinas dispoñibles en todos os centros durante todo este tempo,

polo que esta pode levarse a cabo dun xeito progresivo evitando aglo-meracións nos primeiros días; cal-quera persoa vacinada en calquera das semanas da campaña gozará da máxima protección antes da chegada do virus a Galicia.

A campaña de vacinación da gripe comezou en outubro

O Servizo de Prevención de condutas adi-tivas da agrupación de concellos de Be-gonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade, realizará tres actividades total-mente gratuítas a desenvolver nos vin-deiros meses. A primeira actividade leva por nome Creando cine. Trátase dunha actividade dirixida á mocidade a partir de 14 anos na que o docente e Director de varias curtametraxes premiadas a ni-vel nacional e internacional, Alfonso Díez Veiga, utilizará o cine como recurso idó-neo para afondar na análise da realidade, na conciencia crítica e no autocoñece-mento persoal dende unha perspectiva lúdica e educativa. O curso Creando cine terá unha duración de 10 sesións de 90 minutos a desenvolver durante os meses de novembro e decembro.

DEIXAR DE FUMAR. Un ano máis este Servizo aposta pola saúde da cidadanía a través do Programa de Deshabituación Tabáquica, dirixido pola psicóloga da AECC Rosa Marina Zas Castro. O programa ofre-ce apoio terapéutico e diferentes vías de

asesoramento ao longo de 7 sesións en semanas consecutivas e 3 de recordo.

PRIMEIROS AUXILIOS. Esta actividade dirixida á comunidade en xeral ten a fina-lidade de capacitar aos participantes na adquisición de coñecementos elemen-tais a aplicar ante situacións de urxencia sanitaria, proporcionando coidados in-mediatos imprescindibles para salvagar-dar a vida nun momento determinado. O curso distribuirase en 3 sesións pre-senciais de 2 horas cada unha durante os meses de xaneiro e febreiro.

O Servizo de Prevención de Drogas inicia tres actividades

Un total de 20 alumnos participan no obradoiro de emprego O Castro IV, pro-movido polo Concello de Castroverde conxuntamente cos de Pol, A Pastoriza, Ribeira de Piquín e Riotorto.O obradoiro conta con catro alumnos de cada un dos concellos participantes e nel tamén traballan un director, un adminis-trativo e dous monitores forestais. A súa actividade estenderase ata mediados do mes de xullo do 2019 e as tarefas que se desenvolverán centraranse na realización de tratamentos silvícolas en camiños e montes dos concellos participantes.Así, está prevista a realización de tra-tamentos silvícolas de camiños en Pol (en Lúa, Susá, Fontao e Cadegunde); Riotorto (camiños forestais de Toucedo, Vale, Souto de Val, Ramallide, Lombo de Murias e do Mazo a Soutelo); Ribeira de Piquín (A Budueira, San Fiz, Meiroi, acceso a Cuiña e dos Cangos a Muxén) e A Pastoriza (camiños e zona verde de Baltar, así como na ruta de sendeirismo de Maeloc e Bretoña). En Castroverde, o proxecto contempla a realización de tratamentos silvícolas e de conserva-ción do monte veciñal en man común de Carballal de Furís.

CHAIRA. No caso do obradoiro Chaira IV, que se estenderá ata mediados do mes de xullo do 2019, están previstas obras de mellora en diversos edificios e bens municipais. En concreto, os seis alumnos do concello de Castro de Rei realizarán reparacións no edificio da pista polide-portiva de Castro Ribeiras de Lea e na cuberta dos locais sociais de Bendia e Ra-mil, e acondicionará o ximnasio do CEIP Veleiro-Docampo.Outeiro de Rei conta con sete alumnos traballadores -todos os da especialidade de Levantamentos e replanteos- que rea-lizarán o cartografado dixital do inventario municipal das instalacións de protección de incendios, elementos patrimoniais, contedores e paradas de autobús.Por último, no concello de Cospeito sete participantes acometerán a reparación dos paramentos do polideportivo e dos revestimentos de fachada dos locais sociais de Pacio e Xermar, ademais do interior do local social de Pacio. Tamén construirán gradas e mellorarán o inte-rior dos vestiarios do campo de fútbol, os paramentos do anexo da nave de maqui-naria municipal e o entorno da Casa das donas na Feira do Monte.

CUMES. Iniciouse tamén o obradoiro Cu-mes da Terra Chá III, que comparten Be-gonte, Friol e Rábade.Esta será a terceira edición do obradoi-ro Cumes da Terra Chá III, que impartirá tres especialidades. Conta con 5 alumnos traballadores en Friol na modalidade de Operacións auxiliares de acabados ríxi-dos e urbanización, que traballarán na execución de beirarrúas nas marxes da estrada LU-231.A parte de Revestimentos con pezas ríxi-das por adherencia en construción ten 10 alumnos (6 en Begonte e 4 en Rába-de). En Begonte ocuparanse da renova-ción da cuberta do local social de San Vicente de Pena -antiga escola unitaria- e do acondicionamento interior da planta baixa do local social de Baamonde. En Rábade, está prevista a execución da bei-rarrúa dereita da rúa Rosalía de Castro, así como traballos de pavimentación e execución dunha beirarrúa na N-VI.Por último, Actividades auxiliares en vi-veiros, xardíns e centros de xardinería ten 5 alumnos (2 en Begonte, 2 en Friol e 1 en Rábade). As actividades centraranse no mantemento e mellora das distintas zonas verdes dos tres municipios.

Un total de 390 persoas sen emprego po-derán mellorar a súa cualificación a tra-vés dunha nova oferta de 26 cursos nas comarcas da Terra Chá e Meira a través do programa Axenda 20.Ademais, os alumnos e alumnas pode-rán por primeira vez escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que son os adxudicatarios dos cursos. O alumnado poderá solici-tar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego da Xunta de Galicia. Tamén terá por primei-ra vez a posibilidade de coñecer o custo do curso no que se vai cualificar.Ofértanse cursos nos principais sectores, como son as TIC, o comercio e márketing, enerxías renovables ou a sanidade e os servizos sociais, entre outros. Cada curso ten unha media de duración de 6 meses.Na selección do alumnado terán prefe-rencia as mulleres, parados de longa du-ración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

Arrinca o programa formativo Axenda 20 con 400 prazas

A Consellería de Infraestruturas e Mobi-lidade vén de adxudicar as obras de me-llora do firme na autovía Ferrol - Vilalba (AG-64), no treito da provincia de Lugo, e na estrada que a conecta con Viveiro, a LU-540, por un investimento de 623.000 euros.Estas actuacións, que foron adxudicadas á empresa OVISA Pavimentos y Obras, S.L.U. cun prazo de execución de seis me-ses, comezaron xa.O obxecto da actuación consiste na exe-cución do reforzo de firme nalgúns trei-tos das estradas AG-64, nos concellos das Pontes, Xermade e Vilalba, e na Viveiro- Cabreiros (LU-540), nos municipios de Viveiro, Ourol e Muras, co fin de mellorar a seguridade viaria.No caso da autovía, os traballos proxecta-dos complementan aos que xa se adxudi-caron para o treito situado na provincia da Coruña. Así, as obras de rehabilitación da capa de rodadura levaranse a cabo entre As Pontes e Vilalba, dende o punto quilométrico 39+790 ao 55+950.No que se refire á vía autonómica LU-540, as melloras do firme executaranse entre os puntos quilométricos 0 e 39+520.

Adxudicadas as obras da autovía Ferrol-Vilalba na parte luguesa

Comezan os obradoiros Castro IV, Chaira IV e Cumes da Terra Chá III

CIG, CCOO, CSIF e UGT afirman que nos próximos días a Consellaría do Medio Rural ten previsto comezar o “desman-telamento” do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta. Deste xeito, irán á rúa 436 empre-gados e empregadas públicas, con con-tratos precarios fixo-descontinuos que remataron o seu período de actividade o 31 de outubro, mentres que o 30 de no-vembro a medida afectará a outros 610.“Os catro sindicatos consideramos irres-ponsable esta redución dos efectivos dispoñibles, só un ano despois da vaga de lumes que sufriu Galicia no ano 2017 e que, en poucos días, queimou miles de hectáreas. Ou o caso de incendios de ou-tono ou primavera, e incluso inverno, que non son un fenómeno illado, pois temos como exemplo o acontecido en outubro de 2011 e marzo do 2012”, conclúen.Con este motivo hai convocada unha concentración diante da Consellaría do Medio Rural o vindeiro 30 de novembro.

Os sindicatos afirman que Medio Rural mandará á rúa a máis de mil traballadores

Page 17: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 17publicidade

Page 18: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade18 novembro 2018

Na terceira etapa do Camiño do Nor-te a Santiago de Compostela, na que saímos xa de terras vilalbesas, pó-dense visitar lugares moi singulares e pódese desfrutar da natureza.Cruzando as canles do Magdalena e Trimaz, excelentes ríos con vexeta-ción mergullada, chégase a San Xoán de Alba. Sen dúbida o mellor tramo, xa que despois a etapa é un continuo baile por camiños paralelos á N-634.

ETAPA VILALBA-BAAMONDEA etapa ata Baamonde duns 18 qui-lómetros pasa polo Pazo de Penas Corbeiras, que foi do Marqués de Hombreiro, e o restaurado Muíño do Rañego. Tamén atopamos a Ponte Rodríguez e logo a Ponte de Saa so-bre o río Labrada.Tras deixar Vilalba, o primeiro pun-to de referencia márcanos que fal-tan 120 quilómetros e 999 metros ata Santiago. Seguindo este punto, avanzamos por unha pista asfalta-da ata cruzar un río cuxo canle está cuberto de vexetación. Despois, pa-saremos baixo a ponte da autovía e iremos á Ponte Rodríguez sobre o río Trimaz. Aquí sitúase a única penden-te da xornada trala que chegaremos

despois duns quilómetros de fronda galega a San Xoán de Alba, ao pé da N-634. Hai que seguir por esta es-trada uns metros para continuar por camiños paralelos ata A Torre. Cru-zaremos a nacional e avanzaremos paralelos para volver cruzala á altura de Casa Alejandro e pasar poste-riormente baixo a autovía. Despois vén outra ponte, esta vez a de Saa sobre o río Labrada, situado no vello camiño que unía Vilalba con Parga e Sobrado dos Monxes. Cruzaremos de novo a N-634 e por pistas asfalta-das chegaremos ao indicador da pa-rroquia de Pígara, onde está situado o seguinte punto de referencia do camiño que indica 108,458 quilóme-tros a Santiago. En Parga, aínda no concello de Guitiriz e a 6 km de Ba-amonde, atopamos a Fonte de Val-dovín, de augas mediciñais. Seguire-mos en dirección Ferreira e pasada esta localidade sairemos de novo á nacional, no punto quilómetro 638 e á altura dunha gasoliñeira. Pola beirarrúa da estrada e 50 metros antes de chegar ao quilómetro 639 desviámonos por un camiño a man esquerda. Tras pasar baixo a ponte da A-6 entraremos en Baamonde,

localidade do concello de Begonte e fin da etapa chairega.Hai peregrinos que para adiantar al-gúns quilómetros, dos 40 que ten a etapa de Baaomonde a Sobrado, se-guen ata Miraz, 15 quilómetros máis adiante. Con todo merece a pena durmir en Baaomonde, un pobo tranquilo con bos restaurantes e un excelente albergue.

QUE VERXa en Baamonde, atopamos un mag-nífico albergue de peregrinos, un dos máis antigos do actual Camiño. A igrexa parroquial de Baamonde, dedicada ao Apóstolo Santiago, foi construída no século XIV, pero con-serva elementos románicos. É de estilo románico de transición, do sé-culo XIII, consta da nave e o ábside rectangular e oxival do século XIV.Fronte á igrexa hai un cruceiro tri-ple do século XVIII, ademais existe un castiñeiro milenario que mostra no seu interior unha orixinal capela dedicada á Virxe do Carmen, tallada polo escultor da localidade, Víctor Corral.Cerca da igrexa están os restos da antiga fortaleza de Amarante, des-truída polos Irmandiños.Tamén pódese visitar a Casa museo de Víctor Corral, un coñecido escul-tor begontés onde poderemos ad-mirar obras realizadas con diversos materias como granito, bronce e madeira.Pódese aproveitar e visitar a roza das Modias, megalito situado no monte de Galde. Forma parte dun-ha necrópole composta por seis tú-mulos. O túmulo ten 12 metros de diámetro e 1,50 de altura. A cámara é poligonal sen lousa de cobertura e oito ortóstatos visiblemente inclina-dos cara ao interior.Tamén hai que dicir que a localidade pertence ao concello de Begonte, así que si o peregrino chega en época de Nadal pode ir visitar o seu emble-mático Belén mecanizado.

O Camiño de Vilalba a BaamondeEsta etapa da ruta a Santiago é sinxela para o camiñante, que pode atopar moitos vestixios arqueolóxicos

percorrendo o Camiño

De arriba abaixo, o calvario de Begonte, a igrexa de Santiago de Baa-monde e o dolmen que se atopa no CERCUD de Baamonde

Unha imaxe da igrexa de San Xoán de Alba

Page 19: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 19actualidade

DEPUTACIÓN

A Deputación liderou tamén a lectu-ra dun manifesto con motivo do Día Internacional da Muller Rural. Nel sinalaban “o firme compromiso coas mulleres que viven e desenvolven a súa actividade profesional nas zonas rurais. Queremos facer un claro reco-ñecemento á contribución que veñen realizando no desenvolvemento eco-nómico, social e cultural das nosas aldeas. Así o entendemos e o sinalan as diferentes directivas da Unión Eu-ropea e Resolucións do Parlamento Europeo nas súas peticións aos Go-bernos e Estados”.

ENDOMETRIOSE. Por outra banda, o Pleno da Deputación aprobou, co non do PP, a proposta do Goberno para mellorar a atención a mulleres con en-dometriose e a divulgación da doenza para o seu correcto e temperán diag-nóstico e tratamento. A deputada de

Benestar, Sonsoles López Izqiuerdo, explicou que “a endometriose é unha terrible enfermidade crónica, hoxe en día descoñécense as causas que a provocan, a dimensión real da súa inci-dencia e os tratamentos mais adecua-dos. E todo por culpa dunha terrible ausencia de recursos e de considera-ción de xénero mantendo crédito en afirmacións tan terribles como que a regra doe, e polo tanto hai que aguan-tar. Polo tanto, a nosa obriga é cambiar ese paradigma”.A deputada subliñou que “se trata dunha enfermidade que afecta a máis do 10% da poboación feminina. Unha ou dúas de cada 10 mulleres que co-ñezan, padecen endometriose. Cerca de 2 millóns de mulleres en España, 60.000 mulleres en Galicia, das cales 9.000 poden estar en situación grave. Isto é unha estimación, porque o prin-cipal problema é a falta de diagnose”.

A Deputación súmase á campaña En Negro

Membros da Deputación, durante a lectura do manifesto

O vicepresidente, Argelio Fernández Quei-po, destacou a aprobación de novos pre-gos para a contratación da conservación da rede viaria provincial, pois estes favo-recen o emprego fixo e feminino na obra pública, entre outros aspectos sociais.“Demostramos con feitos, que traballa-mos por unha Deputación coas persoas, social e rural. Hoxe facémolo coa aproba-ción dos novos pregos que rexen a con-tratación da conservación da rede viaria provincial, pois establecemos pioneiras cláusulas en defensa da igualdade e dos dereitos dos traballadores da obra públi-ca, que é o sector e o convenio laboral no que enmarcan estes traballos”, apuntou o Vicepresidente.Fernández Queipo detallou as novas cláusulas sociais incorporadas. En primei-ro lugar, favorécese o emprego feminino. Terase en conta a porcentaxe de mulleres que existan no cadro da empresa ofer-tante. A maior emprego feminino, maior puntuación. Tamén se favorece o empre-go fixo. Terán máis puntuación as ofertas das entidades que conten co maior nú-mero de contratos fixos e estables.Outra das medidas a tomar será prime-ra o emprego de calidade. Contarán con maior puntuación as ofertas que presen-ten melloras con respecto ao convenio

do sector, que é o da obra pública: incre-mento salarial, medidas de conciliación, plans de formación, etc.Tamén terá prioridade a pequena em-presa. O contrato divídese en 8 lotes e cada ofertante só poderá resultar adxu-dicatario de 1, evitando a absorción do conxunto de traballos por unha única entidade con maiores recursos.Mantéñense un mínimo de 48 empre-gos. Son os dos traballadores que cando menos deberán atender as incidencias da rede viaria e prestar o servizo de con-servación, posto que cada empresa debe

pór a disposición un mínimo de 6 traba-lladores. Garántese o pago das nóminas, que deben acreditarse formalmente. No caso de impagos, a Deputación pode re-ter o aval das adxudicatarias para pagar os salarios.Faranse inspeccións periódicas para ga-rantir o cumprimento das melloras ofer-tadas, do convenio co sector ou o pago de nóminas. A Deputación poderá res-cindir o contrato no caso de que existan problemas laborais.Favorécese a protección do medio am-biente puntuando favorablemente o uso de vehículos eléctricos.Ademais de aprobar o novo prego, o Go-berno da Deputación acordou iniciar o proceso de contratación destes traballos aos que achega un total de 6,4 millóns para a conservación das 8 zonas nas que está dividida a rede viaria provincial. Esta é a máis extensa de España ao superar os 4.200 quilómetros.O vicepresidente subliñou que “para nós a mellora das comunicacións viarias son unha prioridade, pois son necesa-rias para verdadeiramente garantir a igualdade de oportunidades. Debemos entender e promover que a mobilidade sexa considerada como un dereito máis”, remarcou.

Prioriza o emprego fixo e feminino na contratación de obra pública

Argelio Fernández Queipo

A deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, in-formou que a Deputación presentará ao Pleno unha proposta para ofrecer de xeito totalmente gratuíto o servizo de re-cadación de impostos aos concellos.A deputada explicou que durante os úl-timos 10 anos, este Executivo Provincial foi reducindo a porcentaxe de cobro pola prestación deste servizo, do 6% existente en 2007 ao 1% deste 2018, o que produ-ciu un aforro ás arcas dos Concellos supe-rior aos 23 millóns de euros.García Bermúdez explicou que “dende o Goberno decidimos aliviar aos concellos teñen delegada a recadación de impos-tos na Deputación, co fin de que poidan aumentar a súa liquidez e realizar novos investimentos. Para elo, no suposto de ingresos extraordinarios, efectivos e dun importe cuantitativamente significativo, como pode ser o derivado da regulari-

zación catastral, farase unha entrega a conta da liquidación anual e definitiva, polo importe dos ingresos, sen esperar ao exercicio seguinte”Ademais, a Deputada subliñou que den-tro da nosa clara aposta por unha Depu-tación coas persoas, dende o 2017, ofre-cemos aos veciños facilidades de pago; a través do fraccionamento en dous prazos de débedas de vencemento; pago frac-cionado das débedas de ata 24 meses; ou a non esixencia de aval bancario can-do a débeda non supere os 30.000 euros.García Bermúdez explicou tamén que este proposta favorécese a recadación doutras taxas e prezos públicos munici-pais, xa que ata o de agora os padróns non podían referirse a períodos inferio-res a seis meses, e agora eliminamos esta limitación coa finalidade de facer máis doado o pago dos mesmos aos contri-buíntes.

Os concellos terán un servizo gratuíto de recadación de impostosA Xunta de Goberno aprobou un plan

de emprego específico para asocia-cións sociais da provincia co nome Tecendo Emprego e dotado de 1,7 mi-llóns de euros. Este orzamento é para a contratación de desempregados lu-censes en colectivos que traballan en prol da integración socio-laboral de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social.Tecendo Emprego ofrece axudas de entre 18.000 euros e 24.000 euros para a contratación durante un ano de desempregados lucenses en colec-tivos sociais que conten con progra-mas de integración socio-laboral de lucenses con capacidades diferentes, en risco de exclusión social ou en si-tuación de vulnerabilidade. Campos Conde explicou que “poñe-mos en marcha, por primeira vez na provincia, un plan que ofrece traballo de calidade a lucenses no paro e que reforza o labor especializada de aso-ciacións sen ánimo de lucro”.

Destinados 1,7 millóns para asociacións sociais A figura da muller rural

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, par-ticipou no acto de sinatura do protoco-lo da campaña En Negro contra as vio-lencias, co que renova o compromiso do Goberno provincial contra a violen-cia machista. Fíxoo nun acto que tivo lugar no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela, e no que participaron re-presentantes das deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra, e 103 munici-pios das catro provincias galegas.Este ano participan 28 concellos da provincia de Lugo, fronte aos 14 do ano pasado, entre os que figuran os chaire-gos Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade e Vilalba.A deputada sinalou que aínda que a Deputación non ten competencias nesta materia, apoia de xeito decidido a erradicación da violencia machista mediante campañas de concienciación e visibilización, como a deste colectivo.

No protocolo asinado recóllense os obxectivos desta campaña, que son “fomentar unha acción de sensibiliza-ción cidadá contra as violencias ma-chistas no ámbito municipal a través da coordinación entre concellos moi diversos e de diferentes cores políticas, implicando ao tecido económico, aso-ciativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeita-mento da violencia de xénero e dos asesinatos machistas”.Segundo os datos da última Macroen-quisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015, un 13% das mulle-res residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou ex-pa-rella, un 26% violencia psicolóxica de control e un 20% violencia psicolóxica emocional .

Page 20: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

20 novembro 2018 publirreportaxe

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou dun novo in-vestimento de 1 millón de euros en im-pulso do deporte na provincia de Lugo. Estes fondos distribúense nun total de 283 axudas económicas, que reciben uns 230 clubes de 43 concellos, que corresponden a 38 distintas modalida-des deportivas. Campos Conde destacou que “con esta nova inxección económica seguimos sendo con moita diferencia a admi-nistración galega que máis inviste en

deporte na nosa provincia, así como a primeira Deputación en Galicia e a terceira de España co maior investi-mento por habitante. Un dato públi-co, oficial e moi revelador disto é que mentres dende este Goberno da De-putación investimos en deporte 12,92 euros por habitante, a Xunta faino con 6,29 euros. Duplicamos o investimento da Xunta en Lugo tamén en deportes. E todo isto cando a Xunta de Galicia ten as competencias directas en deportes e conta cun orzamento máis de 100 veces

superior ao da Deputación, pois o orza-mento provincial non chega aos 90 mi-llóns e o da administración autonómica supera os 9.000 millóns de euros”, dixo o presidente. “A pesares desta evidencia, o compro-miso desde Goberno Provincial son os 330.000 veciños dos 67 concellos, a diferenza doutras administracións, traballando a reo por unha Deputación coas persoas, social e rural”, engadiu Darío Campos. O titular provincial explicou que o mi-

llón de euros que aprobou o Goberno da Deputación distribúese en 283 axu-das económicas. Destas, 278, que re-presentan o 98% das totais, foron de concorrencia competitiva, o que signi-fica que todos os pequenos clubes da provincia puideron optar e solicitar as mesmas. Os obxectivos destas axudas, duns 500.000 euros, son contribuír á acti-vidade dos deportivas e colaborar na organización de eventos, competicións ou campionatos.

PRIMEIRA E SEGUNDA NACJONAL. Os restantes preto de 500.000 euros co-rrespóndense coas axudas a clubes da provincia de 1ª e 2ª División Nacional, excluíndo ao Breogán e ao CD Lugo ao contar con outras colaboracións. Os clubs que reciben estas axudas nes-te capítulo son: Burela FS Pescados Rubén, 137.000 euros; Prone Lugo FS, 114.000 euros; CB Durán Maqui-naria Ensino, 89.000 euros; CV Eme-vé, 91.500 euros e Perruquería Mixta Friol, 37.000 euros.

A Deputación, co deporte provincialEste organismo inviste un millón de euros máis en deportes e colabora con outros 230 clubes de toda a provincia

Page 21: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 21publirreportaxe

PRIMEIRA E SEGUNDA NACJONAL. Os restantes preto de 500.000 euros co-rrespóndense coas axudas a clubes da provincia de 1ª e 2ª División Nacional, excluíndo ao Breogán e ao CD Lugo ao contar con outras colaboracións. Os clubs que reciben estas axudas nes-te capítulo son: Burela FS Pescados Rubén, 137.000 euros; Prone Lugo FS, 114.000 euros; CB Durán Maqui-naria Ensino, 89.000 euros; CV Eme-vé, 91.500 euros e Perruquería Mixta Friol, 37.000 euros.

A Deputación, co deporte provincialEste organismo inviste un millón de euros máis en deportes e colabora con outros 230 clubes de toda a provincia

Duplicaron o investimento da Xunta cando é esta a

administración que ten as competencias directas en

deportes e cando conta cun orzamento máis de 100 superior

O millón de euros distribúese en 283 axudas, o 98% abertas a todos os pequenos clubes da provincia, que recibiron

500.000 euros para contribuír a súa actividade deportiva

500.000 euros son para os clubes de 1ª e 2ª División Nacional:

Burela FS Pescados Rubén, Prone Lugo FS, CB Ensino, CV Emevé e Perruquería Mixta Friol. Agás o

Breogán e o CD Lugo

65 clubs da Terra Chá contan cunha axuda de máis de 100.000 euros

Page 22: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade22 novembro 2018

AO NOSO CARÓN

O Concello de Friol finalizou a pri-meira fase de acondicionamento do Camiño Real tras un investi-mento duns 50.000 euros, camiño que xa é transitable no seu paso polo concello friolense.Debido ao carácter turístico a ni-vel patrimonial e cultural do Ca-miño Real, o mesmo Concello de Friol apostou pola rehabilitación e acondicionamento deste ben singular, para iso desde a Admi-nistración local levaron a cabo a redacción do proxecto para ditas actuacións de acondicionamiento, drenaxe, afirmado, pavimentación, sinalización, xestión de residuos, seguridade e saúde.Máis concretamente, neste tramo fíxose o roce e limpeza de maleza, reapertura de cunetas, drenaxe de zonas anegadas co respectivo tu-baxe de saneamento, pavimenta-ción e o compactado de zahorra na plataforma do camiño, ademais da sinalización con carteis informati-vos. Tamén se colocaron papelei-ras e bancos.O importe do proxecto ascen-deu á cantidade de 50.000 euros que contemplan a redacción do

proxecto, dirección de obra e rea-lización da mesma. O orzamento foi compartido entre a Axencia de Turismo de Galicia dependente de Presidencia e o propio Concello de Friol, que sufragou as gastos de cuestión técnica.O alcalde, José A. Santos, consi-dera esta mellora como “positiva e importante, debido ao auxe do sendeirismo para dar a coñecer os nosos paraxes, e que á vez su-porá unha fonte de riqueza para os negocios asentados no noso Concello”. Ademais de catalogar o seu valor “histórico, patrimonial e cultural como un valor para mo-ver grupos interesados en coñecer lugares con encanto propio”, para o vindeiro ano segundo o alcalde, está contemplado executar o acon-dicionamiento da segunda fase do Camiño Real, que será o que o uni-rá coa capitalida do concello.Finalmente, puntualiza, que des-de o equipo de Goberno lévanse a cabo as xestións pertinentes coas diferentes administracións para seguir investindo na recuperación do patrimonio, auxe da cultura e bens históricos.

Finalizada a primeira fase de mellora do Camiño Real

Visita do alcalde ás obras de mellora do Camiño Real

O doutor en Antropoloxía Fernando Arribas, un dos maiores expertos na catalogación dos cruceiros da comu-nidade galega e autor de numero-sos libros sobre dita temática, estivo presente no CPI Dr. López Suárez de Friol departindo sobre a importancia dos cruceiros en Galicia, ao ser esta a comunidade con maior número de monumentos, ademais de resaltar a súa trascendencia na vida social da poboación.Esta actividade, organizada conjunta-mente polo centro educativo de Friol e o Concello de Friol, pretende ser un punto de partida para a catalogación de todos os cruceiros do Concello de Friol por parte do alumnado de 4° da ESO na que se tratará de buscar a his-toria que hai detrás de cada un destes monumentos e do que sairá un estudo dos mesmos.Tanto o CPI como o Concello están satisfeitos pola gran acollida que hai ter esta iniciativa entre os alumnos do

colexio, tamén agradeceu o apoio reci-bido por unha “eminencia” na materia como é o Doutor Fernando Arribas.Estímase que ao final do presente curso dito traballo esté practicamente finalizado para unha posterior publi-cación.O alcalde, José A. Santos, agradece a

implicación da dirección do centro, así como ao seu profesorado e por supos-to a todos os alumnos que participa-rán na investigación e elaboración de dito proxecto. Asegura que dende o Concello a colaboración e o apoio será total para que dita publicación sexa unha realidade.

Alumnos elaborarán un traballo de investigación sobre cruceiros

A presentación do estudo ante o alcalde do concello

Desde o Equipo de Goberno búscase manter en estado óptimo a rede viaria municipal para o que se aprobou en se-sión plenaria un investimento de carác-ter extraordinario para acondicionar e mellorar accesos no rural.Nesta ocasión o Concello de Friol, dentro das súas posibilidades, fai un investimen-to a cargo de remanentes de 130.000 eu-ros co fin de optimizar as infraestruturas que máis o necesitan. Nesta cantidade inclúese a redacción de proxecto e direc-ción de obra, sufragadas tamén dende o Concello. A relación de accesos nos que se pretende actuar son: na parroquia de Villalvite: Castrodá, Retorta, Cerracín, Portasueiro e Camoiras; en Ousá lugar de ou Campo; en Villafiz lugar de Romá; pavimentación na Muraza (Trasmonte); tamén os accesos a Cotá e Serén.Todas estas obras de mellora supoñen a limpeza e reapertura de cunetas, sumi-doiros, zahorra estendida e compactada, rasenteo de explanada, grava, rego e se-

lado. O alcalde, José A. Santos fai fincapé en que “somos conscientes da importan-cia de pavimentar vías municipais, aínda que nos gustaría chegar a todas non é nada doado, por iso realizamos este in-vestimento financieiramente sostible pero que supón un importante esforzo económico para un municipio das carac-terísticas do noso”. Según aclara, este in-vestimento implica a actuación en 17 km de vías locais. o proxecto atópase en fase de exposición pública para a posterior tramitación de execución das obras.Ademais, destínase unha cantidade de 120.000 euros para o mantemento, con-servación e arranxo de infraestruturas básicas, como a rede viaria local, o sa-neamento nas diferentes vías e accesos das parroquias e mellora da iluminación pública, o que supón outra partida máis con cargo ao remanente de tesorería.Con estas obras, “dun importante calado para o rural do Concello, preténdense mellorar as condicións dos accesos aos

núcleos de poboación e ás explotacións e facer un pouco máis fácil a vida aos ve-ciños que, debido á actividade gandeira, teñen que utilizar estes accesos constan-temente”, indica e asegura que “desde o Concello estanse facendo importantes esforzos para levar a cabo as melloras ne-cesarias nas parroquias dado que o prin-cipal sector no municipio é o primario, de aí, esa importancia deste proxecto”.Nestes momentos estanse levando a cabo numerosas actuacións de pavi-mentación nos viais do rural, que dende o punto de vista do rexidor friolés, “son imprescindibles para a vida diaria dos nosos veciños, xa que no rural ou uso de vehículo é fundamental para o traballo e para acudir ao casco urbano, polo que ter as pistas transitables é un dous nosos obxectivos principais. Sendo conscientes dos quilómetros de pistas que comuni-can o noso Concello continuaremos in-tentando chegar as máximas posibles”, afirma o alcalde.

O Concello destina 250.000 euros a pavimentación dos accesos municipais

friol

Page 23: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 23actualidade

Fonte de Ouro celebrou a súa terceira xuntanza. O alcalde de Friol, José Ángel Santos, acompañado doutras autoridades, participou na terceira xuntanza de confraternidade organizada pola asociación Fonte de Ouro de Friol. Este colectivo veciñal beneficiouse dunha axuda da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por importe de máis de 10.500 euros que destinaron a promover distas obras e adquirir equipamentos.

A unidade móbil de inspección téc-nica de vehículos agrícolas esta-rá 11 días deste mes en Friol para atender a todos os veciños do ter-mo municipal. A unidade comezou a funcionar o 9 e prolongará a súa estadía ata o 23, de luns a venres.A atención ao público será entre

9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00, agás os venres, que só aten-derá pola mañá. A devandita uni-dade estará situada no Mercado Gandeiro.Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.

A ITV móbil para vehículos agrícolas estará ata o 23

O Concello de Friol costea cada ano actividades para os seus habitantes, entre as que se atopan baile e xim-nasia de mantemento para mulleres, ambas as dúas no pavillón munici-pal.Como o ano pasado, o Concello de Friol continúa, ofrecendo á súa po-boación feminina clases de ximnasia de mantemento. Na pasada edición, o curso contou con máis de 40 de participantes de distintas idades. Nesta ocasión as clases deron inicio o martes 6 de novembro co mesmo horario que o ano anterior: os mar-tes e xoves de nove a dez da noite.Ademais, desde o Concello este ano promoven novamente os luns, cur-sos de baile con carácter totalmente gratuíto para todos os veciños finan-ciados con fondos propios. O horario desta actividade será de nove a dez e media da noite; o seu inicio será o luns cinco de novembro. Estes cur-sos veñen tendo unha alta participa-

ción desde o seu comezo por iso o alcalde non descarta “seguir facen-do un esforzo económico desde o Concello para crear tempo de lecer entre a poboación”.O alcalde popular José A. Santos ma-nifesta “o sector que predomina non noso Concello é o agro-gandeiro, polo que a faena adoita durar ata a beira da noite, por iso estes hora-rios, queremos crear accesibilidade e facilitar o máximo posible a vida dos nosos veciños, así coma ofrecer diferentes posibilidades de lecer”. Ademais afirma: “seguiremos pen-sando nos nosos veciños en cada inciativa deste equipo de goberno”.Actualmente estanse realizando cur-sos de informática para maiores, ta-lleres de estimulación cognitiva para prevención de alzheimer, activida-des de lecer en horario lectivo no colexio, todo iso con carácter gratuí-to financiando pola administración.

Arrincan as clases de baile e ximnasia de mantenento

Debido ao éxito obtido na segun-da edición do Friulio, a organiza-ción optou por manter a data de celebración no segundo fin de se-mana de maio, dous días en ple-na primavera, nos que confían en que as condicións meteorolóxicas sexan benévolas.Esta decisión tomouse na reu-nión mantida na casa do Conce-llo de Friol por representantes do Concello e da Asociación de Recreación Histórica e na que estuvieron presentes o alcalde, José Ángel Santos; a concellei-ra de Cultura, Fátima Iglesias, xunto con membros da directiva da Asociación A Castronela, o presidente, Manuel Castiñeira, Lucía Ríos, Jesús Penín e Fran-cisco Montes, na que valoraron a pasada edición de Friulio e pla-nificaron a próxima, mantendo a esencia de festa de recreación histórica que cada vez aumenta o seu número de visitantes e parti-cipantes.A organización do Friulio 2019 espera contar de novo con todas as asociacións participantes e in-corporar algunhas novas, dado que algunhas que nunca asisti-ron a este evento xa confirmaron que para o ano que vén asistirán, polo que “agradece dita asistencia dado que é unha festa na que to-dos son benvidos”.Para o vindeiro ano xa se adianta que as asociacións participantes obterán maior protagonismo se cabe na celebración do evento, “xa que é unha festa por e para as asociacións”. Por iso o número de stands tamén irá en aumento así como artesáns e hosteleiros, preténdese dar cobertura de todo tipo a todos os visitantes.Logo desta reunión, confírmase que a contorna que usarán será ada pasada edición, máis amplae que englobará o paseo fluvial, o parque Rosalía de Castro e a praza Andón Cebreiro, lugares nos que se sucederán diferentes actos que buscan sempre a recreación máis perfecta de todos os actos. Posi-blemente o asedio volverá ser un dos momentos principais da xor-nada do sábado, día no que goza-rán de diferentes actuacións musi-cais e nocturnas.

O presidente da Castronela, Ma-nuel Castiñeira, sinala que “nada disto sería posible sen ou apoio do alcalde e do Concello e tamén das demáis asociacións”, pois esta institución encárgase de todos os custos relacionados con este evento. Desde o Concello, o rexidor reitera que “é un importante esforzo eco-nómico para esta institución pero que se ve recompensado coa im-plicación de veciños e visitantes”. O alcalde José Ángel Santos tamén puntualiza “o importante labor que realizan todos os membros da Castronela que se implicaron desde o primeiro minuto, por elo sempre que sexa posible estare-mos aquí para colaborar e conti-nuar impulsando este Friulio que cada ano é máis grande e moito

máis importante”.O rexidor tamén fai fincapé en que dita celebración “fortalece económicamente ao Concello e dá un impulso dun xeito importante aos negocios privados do casco urbán, xa que logo, é importan-te continuar con este evento, un Friulio que xa se consolida como o evento destas características máis importante da provincia, xa que se, espera que cada vez vaia cre-cendo en todos os ámbitos, che-gando a que sexa un dos máis im-portantes que se celebra na nosa comunidade, separadamente de dar a coñecer o noso pobo dentro e fóra de Galicia, dado que asisten diferentes asociacións que partici-pan no mesmo e moitos visitantes foráneos”, engañe.

O Friulio consolídase e será a segunda fin de semana de maio

Dúas imaxes da edición do pasado ano

Page 24: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade24 novembro 2018

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o voceiro do Go-berno, Álvaro Santos Ramos, xunto aos alcaldes de Ribeira de Piquín e Meira, Roberto Fernández Rico e Antonio de Dios, supervisaron os traballos de mellora da estrada LU-P-3005, de Couso a Vilar de Corota, que financia o Executivo Provincial con 70.000 euros. Estes fondos per-mitiron o arranxo dos 2,3 primeiros quilómetros da vía, correspondentes ao municipio de Meira.Campos Conde subliñou que “esta estrada conecta a parroquia de Seixosmil, no concello de Meira, co municipio de Ribeira de Piquín, polo tanto é empregada a diario por centos de usuarios para reali-zar os seus desprazamentos. Con estas actuacións, dende o Goberno tratamos de mellorar a calidade de vida no rural lugués, contribuíndo a igualdade de oportunidades de to-dos os veciños independentemente de onde vivan”.Pola súa parte, o alcalde de Meira subliñou que “trátase dunhas obras

moi importantes, pois coa renova-ción desta estrada melloramos os accesos á parroquia de Seixosmil, así como a 10 núcleos do Concello de Meira, entre os que se atopan A Granda, O Marrondo, Azureira, Sevedabades, Louseira, O Piñeiro, Paderne, O Orpín, Vilar de Corota, e Corota, beneficiando directamente a

máis de 150 veciños que viven nos mesmos”.Os traballos, consistentes na lim-peza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente, e renovación da sinalización horizon-tal e vertical, leváronse a cabo nos 2,3 primeiros quilómetros da vía, do punto 0 ao 2,3.

A Deputación mellora a estrada que une Seixosmil con Ribeira de Piquín

Representantes da Deputación visitando as obras da estrada

O Secretario do PSOE en Riotorto, José García Freije, criticou a construción dun-ha caseta, ao carón da antiga igrexa de San Pedro, que se utilizará para incinerar as coroas das cerimonias relixiosas que se celebran no santuario. “É unha autén-tica barbaridade facer esta construción con material de formigón, rompendo con todo o entorno e a arquitectura ba-rroca que tanto nos custou manter aos veciños de Riotorto e da que estamos tremendamente orgullosos. Sorprénde-nos que o bispo e patrimonio autoricen esta actuación, que sen dúbida, desme-rece a este monumento” denunciou.García Freije subliñou que “chegáronnos moitas queixas veciñais por esta obra, da que cremos que non se axusta á le-galidade pois non cumpre coa normati-va vixente en canto á distancia de novas

construcións respecto do patrimonio”.O Secretario do PSOE lembrou que foron os socialistas cando estiveron gobernan-do no municipio, os que recuperaron, coa axuda da Deputación, este templo que se atopaba en moi mal estado, cun investimento de 80.000 euros.García Freije explicou que “a igrexa leva-ba máis de 65 anos pechada, pero entre o traballo conxunto dos veciños e o PSOE fomos capaces de rehabilitar esta igrexa do século XVII que é unha das sinais de identidade do noso Concello. Isto permi-tiu, tal e como demandaban os cidadáns, que a igrexa de San Pedro recuperara parte da súa actividade relixiosa. É unha pena ver como pola mala xestión e inap-titude do Alcalde do PP o monumento, do que destaca unha torre-campanario do ano 1.762, se vexa desvalorizado”.

O PSOE critica a construción dunha caseta ao carón da igrexa de San Pedro

Renovados os accesos ao barrio da EnfermeríaO presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o alcalde de Mei-ra, Antonio de Dios, supervisaron os traballos de mellora da estrada LU-P-3003, de Meira por Leiras á N-640, que financiou o Executivo Provincial cunha achega de máis de 20.000 euros. Estes fondos permitiron re-novar preto dun quilómetro desta vía que conecta o barrio da Enfer-mería co núcleo urbano de Meira, ademais, tamén é a estrada que dá acceso ao Pedregal de Irimia, onde se sitúa o nacemento do río Miño.Campos Conde subliñou que “estas actuacións enmárcanse na nosa aposta pola mellora de infraestru-turas públicas no rural para que to-dos os lucenses teñan igualdade de oportunidades independentemen-te de onde vivan. Concretamente, neste barrio de Meira, no que viven máis de 60 veciños, xa levamos a cabo outros traballos como a re-novación da traída de auga, a reha-bilitación do firme da rúa principal

ou a mellora do alumeado público, con luminarias led de baixo consu-mo, con fondos propios do Conce-llo e coa axuda da Deputación”.Os traballos levados a cabo na LU-P-3003 consistiron na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente, e reno-vación da sinalización horizontal e vertical para mellorar a seguridade vial, e comprenden os primeiros 700 metros da vía, é dicir, do punto quilométrico 0 ao 0,7.

TRAÍDA. O Goberno da Deputación levou a cabo este mesmo ano a re-paración da traída de auga potable do barrio da Enfermería, en Meira. Trátase dunha obra que financiou na súa totalidade o Executivo Pro-vincial con 27.000 euros para pór fin aos cortes de auga producidos por mor da seca e polas fugas da anterior rede. As obras consistiron na reposición das válvulas e das tu-baxes.

riotorto

meira

As obras de reforzo do firme da es-trada autonómica LU-124 entre Rio-torto e Vilameá (A Pontenova) está previsto que rematen antes de fin de ano. Segundo o calendario previsto, a principios de novembro rematará a extensión do novo aglomerado e co-mezará a sinalización e demais actua-cións complementarias.Este treito conecta os concellos de Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova, ademais de dar acceso á autovía A-8 a estes municipios e ao da Pastoriza.As obras que están en marcha desen-vólvense entre os quilómetros 23+040 (á saída da travesía de Riotorto) e 29+550 (final da estrada en Vilameá, na intersección coa estrada N-640). Consisten na extensión dunha nova capa de rodaxe en toda a sección. Neste tramo están incluídas as trave-sías de Recesende e Vilameá.

O proxecto prevé actuacións comple-mentarias para mellorar a seguridade, mediante o reforzo da sinalización vertical, a substitución dos postes das barreiras de seguridade e a colocación de novos tramos de sistemas de con-tención. A obra inclúe a construción de cunetas de formigón para a mellora da drenaxe.A Administración autonómica leva desde o ano 2015 traballando na mellora desta vía, achegando un or-zamento conxunto que supera os 3 millóns de euros. Nestas datas están a piques de rematar os traballos de ampliación da calzada e de extensión do novo aglomerado no treito entre Lindín e A Cruz da Cancela, un proxec-to no que inviste 1.800.000 euros. As obras nesta estrada iniciáronse no ano 2015 e acolleron un orzamento conxunto que supera os 3 millóns.

As obras da estrada entre Riotorto e Vilameá rematarán antes de fin de ano

Unha imaxe dos traballos realizados na estrada de Riotorto a Vilameá

Empezaron estes días en Riotorto as obras de instalación da fibra óptica, en concreto nos barrios das Rodrigas, A Groba e A Veiga. Segundo indicou o alcalde, a empresa Telefónica poñe-rase en contacto cos veciños para in-formalos dos traballos que se están a realizar para os que o alcalde pediu a total colaboración.

“Esta instalación de fibra óptica no concello supón un avance moi impor-tante para Riotorto, xa que empresas e particulares poderán desfrutar deste avance tecnolóxico, que aportará gran velocidad na transmisión de datos, maior seguridade e tamén máis ca-pacidade de transmisión”, subliñou o alcalde, Clemente Iglesias.

Comeza a instalación da fibra óptica en tres barrios

O Concello organiza unha viaxe á Se-govia e Madrid para os días 17 e 18 de novembro. A excursión, que conta coa colaboración de Game Sport, partirá de Riotorto ás 07:30 da mañá. Ás 11:30 está prevista a visita Segovia, para des-pois continuar camiño a Madrid e facer noite. Ao día seguinte será a visita a Madrid, para así deixar tempo libre e pola tarde, volta. As persoas interesa-das poden inscribirse no teléfono 608 897 418 por 75 euros.

Viaxe a Segovia e Madrid

O 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase a cuarta edición da Ruta das Tapas de Riotorto. Son un total de cinco os establecementos hostaleiros do concello que ofrecerán as súas propostas á ruta do tapeo: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma e Café-Bar Volante.O prezo de cada tapa, que se servirán en horario de oito do serán a doce da noite, é de 2 euros.Entre as persoas participantes sor-tearanse ata cinco premios: o pri-meiro de 200 euros, o segundo de 100 euros, o terceiro por un vale de 50 euros de queixos Don Hilario, o cuarto da mesma cantidade por produtos cárnicos O Mazo e o quin-to tamén de 50 euros para gastar na Panadería Carteire.

Todo listo para a cuarta edición da Ruta das Tapas

Page 25: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018actualidade 25

O Conservatorio de Música das Pontes botou a andar, fai un mes, un novo curso académico con 115 alumnos matricula-dos, repartidos entre as 23 materias co-múns e as 12 especialidades que ofrece o centro, impartidas por 13 docentes.Esta cifra supón un crecemento do 9% con respecto o curso anterior e desde 1988, ano de posta en marcha do Con-servatorio das Pontes, son xa 906 os alumnos que pasaron polas súas aulas.Desde o goberno municipal atribúen es-tas boas cifras, entre outros factores, “á labor de difusión da actividade do cen-tro e de ensinaza da música que levan a cabo, tanto o equipo docente como o directivo, o alumnado e as súas familias, logrando que o noso Conservatorio sexa un centro referencia na comarca”.No grado elemental, ciclo composto por catro cursos nos que se imparten as materias de linguaxe musical, educación auditiva e vocal e instrumento, hai 67 alumnos matriculados mentres que nos grado Profesional, formado por seis cur-sos nos que as materias varían segundo a especialidade, hai 52 matrículas.

En canto a idade do alumnado, desde o Conservatorio das Pontes, apuntan que a maioría dos alumnos comezan o pri-meiro curso do grado elemental con oito anos e finalizan os estudos con once anos mentres que os que deciden continuar coa súa formación acaban, por norma xeral, con dezaoito anos. En relación a súa procedencia a maioría dos estudan-tes é das Pontes pero tamén hai alumnos procedentes doutros concellos como Ce-deira, Ortigueira ou Guitiriz.Percusión, violonchelo, frauta travesa, trompeta, trompa, trombón ou a tuba son algunhas das especialidades que se imparten no centro pontés sendo, os ins-trumentos más coñecidos, como o piano, o violín ou o saxofón as que contan con maior número de alumnos.Ademáis da formación regrada, poranse en marcha diferentes actividades e ini-ciativas didácticas e lúdicas encamiñadas a impulsar ós novos talentos, enriquecer a súa formación, promocionar o traballo do centro e achegar a música ós veciños.Ademais das audicións que se organizan, cada ano, para que os alumnos amosen

a súa evolución, haberá concertos de fin de grado, de Nadal, actuacións didácticas dirixidas a escolares, colaboracións con outras entidades da vila, encontros mu-sicais ou xornadas de portas abertas para dar a coñecer o traballo do centro.Ademais, por cuarto ano consecutivo, continuarán coas clases de música no colexio ASPANAES nas que a través do rit-mo, do baile e diferentes instrumentos, unha docente do Conservatorio das Pon-tes achega ós rapaces e as rapazas todos os beneficios da música.Nese sentido, desde a dirección do cen-tro sinalan que “seguiremos traballan-do para propiciar este tipo actividades, creando vínculos de colaboración con outras entidades, tanto artísticos como educativos, que promovan a integración e a socialización e, sobre todo, o acceso universal á música”.Pola súa banda, o goberno local re-marca o seu compromiso para “con-tinuar impulsado o centro como unha institución de referencia na educación musical e seguir coa mesma liña de traballo”.

115 alumnos inician un novo curso no Conservatorio

as pontes

A Concellería de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, en colabora-ción coa Asociación de Artistas Ponteses (ARTPO) organiza tres obradoiros de reci-claxe cos que quere amosar aos veciños a importancia do coidado do medio am-biente e crear conciencia sobre a necesi-dade de reducir refugallos, transformalos en recursos e darlles unha segunda vida para promover un Concello más sostible.Durante as tres xornadas, os asistentes poderán dar renda solta a súa imaxina-ción e crear as súas propias obras de arte, figurativas e abstractas,empregando, unicamente, materiais de desfeito, tanto

de orixe inorgánico como natural. Ade-mais haberá un obradoiro dedicado á confección de adornos de Nadal no que maiores e pequenos aprenderán a re-ciclar, dun xeito sinxelo e moi divertido, libros, xornais vellos, cartóns ou latas.Os obradoiros, de balde e dirixidos a adultos e menores, a partir de 6 anos, desenvolveranse na Aula da Reciclaxe “EcoEscola As Campeiras” os días 10 e 24 de novembro e o 10 de decembro.As persoas interesadas en participar po-den inscribirse chamando ó número de teléfono 673070147 ou enviando unha mensaxe a [email protected].

As Pontes organiza tres obradoiros de reciclaxe

O Concello das Pontes adxudicou, en Xunta de Goberno Local, a quinta fase das obras de mellora de servizos e pa-vimentos no Poboado do Barreiro á empresa Canosa.Os traballos que teñen un orzamento de 160.014 euros, con cargo ao Pos + 2018 da Deputación da Coruña, permi-tirán a renovación do pavimento das beirarrúas con lastras de formigón co-loreado e a mellora das zonas verdes, mantendo os criterios estruturais e estéticos das fases anteriores, empre-gando a mesma tipoloxía de materiais.Estas actuacións, que teñen como obxectivo mellorar a accesibilidade e a estética de todo o Poboado do Barrei-ro, tamén contemplan a substitución

do saneamento de augas pluviais e a súa separación da rede de augas fe-cais, renovada recentemente.Ademais, entre os traballos previstos, inclúese a mellora da iluminación pú-blica coa instalación de doce novos puntos de luz, a súa canalización e conexión á rede eléctrica así como a instalación de novo mobiliario urbano, bancos con respaldo e papeleiras, en toda a zona obxecto da intervenciónDesde o goberno local sinalan que con esta actuación o Concello das Pontes trata de “ofrecer mellores servizos a toda a veciñanza, apostando pola huma-nización dos espazos urbanos, gañando comodidade e mobilidade, facendo das Pontes un pobo máis seguro”.

Adxudicada a quinta fase das obras de mellora do Poboado do Barreiro

O Concello das Pontes recibirá 1.336.262 euros do Plan Único 2019 da Deputación da Coruña. Unha partida, que sumada ás anteriores, suporá unha inversión no municipio, por parte do organismo pro-vincial, de máis de 5.1 millóns de euros, no período 2017-2019.O organismo aprobou en sesión plena-ria, as bases do POS + 2019 que repar-tirá 61.5 millóns de euros entre todos os concellos da provincia e que deixará, algo máis de 12,2 millóns na comarca do Ferrolterra e Ortegal, sendo o concello pontés un dos máis beneficiados.Trátase da achega inicial do Plan Único, que irá incrementándose ó longo do exer-cicio coa incorporación de distintos rema-nentes, destinada á execución de obras, ó financiamento de parte do gasto corrente dos servizos básicos ou a sanear as eco-nomías municipais, amortizando débeda con provedores e entidades bancarias.

A Deputación investirá 1,33 millóns nas Pontes

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a tenente de alcalde, Montse-rrat García, mantiveron na asociación veciñal da Choupana unha reunión cos veciños da rúa Pardo Bazán e Antonio Machado para consensuar o proxecto de reforma integral da zona.Durante a xuntanza, que contou coa presenza de numerosos veciños, abor-dáronse, entre outros asuntos, a impor-tancia de manter un novo encontro para presentar un borrador do proxecto, que inclúa as apartacións feitas durante esta primeira reunión cos veciños e, poste-riormente, iniciar un proceso de consulta para engadir as modificacións que sexan precisas antes da redacción do proxecto.O alcalde e a tenente de alcalde da Pon-tes adiantaron que esta actuación, en-camiñada a mellorar a accesibilidade e

ampliar a dotación de servizos da zona, suporá unha importante inversión eco-nómica polo que “temos previsto aco-meter a reforma da rúa Pardo Bazán en tres fases, comezado polo tramo que vai desde o cruce coa rúa Menéndez Pelayo ata o cruce coa rúa Calderón de la Barca, para despois avanzar cara a rúa Antonio Machado e rematar a obra coa reforma do tramo que a conecta coa rúa María Pita e a súa conexión coa rúa Rego do Muíño” adiantou o rexedor local.Os membros do goberno tamén avanza-ron que a reforma desta rúa suporá un pequeno cambio na circulación. Mante-rase a dobre dirección en toda a rúa agás no tramo comprendido entre os cruces coas rúas Pablo Picasso e Antonio Ma-chado no que se establecerá unha única dirección.

Proxectan a reforma da rúa Pardo Bazán

Unha imaxe da rúa Pardo Bazán, que será reformada

A zona do Poboado do Barreiro que será remodelada

Page 26: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade26 novembro 2018

A tenente de alcalde, Montserrat Gar-cía e o concelleiro de Réxime Interno e Recursos Humanos, José Alén, visi-taron, acompañados polo delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coru-ña, Ovidio Rodeiro, ós 12 alumnos que participan no obradoiro de emprego “Pontes de Emprego III”Durante este encontro, Montserrat García recordou que se trata do tercei-ro obradoiro de emprego que o Con-cello das Pontes pon en marcha, coa colaboración da Iniciativa de Emprego Xuvenil da Consellería de Economía, Industria e Emprego e o Fondo Social Europeo, feito que “referenda a apos-ta do goberno municipal pola forma-ción para impulsar a competitividade laboral dos ponteses, para mellorar a súa cualificación e contribuír, de for-ma activa, a potenciar a súa emprega-bilidade en novos mercados laborais, en auxe e cunha alta demanda de pro-fesionais”.O obradoiro Pontes de Emprego III

é un programa mixto de emprego e formación, dirixido mozos e mozas, menores de 30 anos que lles permiti-rá obter o certificado de profesionali-dade en confección e publicación de páxinas web.O programa consta de 874 horas de formación teórico-práctica que per-mitirá que os alumnos adquiran coñe-cementos sobre deseño de estrutura web, tratamento de etiquetas e mar-cas, creación de plantillas e formula-rios e alta de páxinas en buscadores. Asemade recibirán formación com-plementará sobre riscos laborais, sen-sibilización en igualdade de xénero, sensibilización ambiental. O alumnos contarán con asesoramento laboral e empresarial e aprenderán nocións básicas sobre procura activa de em-prego.O orzamento deste obradoiro e de 145.696, 50 euros, dos cales 30.000 euros son aportados polo Concello das Pontes.

O Concello supervisa o comezo do programa Pontes de Emprego III

Cincocentos dez ponteses, con idades comprendidas entre os tres e os oiten-ta anos, participan nas actividades que a Concellería de Deporte e Xuventude ofrece a través das escolas deportivas municipais.O Concello das Pontes, durante o curso 2018-2019, pon a disposición dos veci-ños 17 disciplinas deportivas, distribuí-das entre as escolas para menores e as escolas para adultos, co obxectivo de impulsar a práctica deportiva, a activida-de física e a vida saudable entre todos os ponteses, sen importar a súa idade.A oferta deseñada para os máis peque-nos abrangue as disciplinas de fútbol, baloncesto, kayak polo, piragüismo, kic-kboxing, patinaxe, atletismo, psicomotri-cidade, taekwondo, tenis, tiro con arco, xadrez, ximnasia rítmica e vela, modali-dades ás que este ano, por primeira vez, hai que sumar a escola de hóckey a pa-tíns. A oferta reservada para os adultos inclúe as escolas de aeróbic, pilates, man-temento e ximnasia para a terceira idade.O número de menores que participan nas escolas deportivas ascende a 250, sendo as clases de patinaxe e ximnasia rítmica as que gozan de maior populari-dade, con 60 e 40 alumnos matriculados, respectivamente. No caso das escolas municipais para adultos, con 260 matri-culados, a disciplina que conta con maior número de alumnos é a escola de aeró-bic, con 133 inscritos. Atletismo con 40 alumnos, tenis con 25

matriculados e pilates co máis de 90 par-ticipantes, fanse un oco entre as activida-des favoritas dos ponteses; modalidades que gañan novos matriculados.As actividades, dirixidas por 18 monito-res cualificados, lévanse a cabo nas dis-tintas instalacións deportivas municipais coas que conta o Concello e o seu custo, no caso das actividades infantís, é de 40 euros por curso (de outubro a xuño) ou 12 euros ó mes por disciplina nas escolas deportivas municipais para adultos.Desde o Concello das Pontes, o respon-sable da área, Jesús Tembrás, fai fincapé en que: ”as escolas deportivas municipais

son só unha pequena mostra do traballo que, desde o goberno local, se fai a favor da actividade física, da promoción da vida saudable e da socialización a través do deporte. Hai que sumar, ademais, a colaboración cos clubs locais, con outras entidades deportivas e coas federacións co propósito de promover, principalmen-te entre os nosos mozos, todos os valores asociados ó deporte, esencias para des-envolvemento persoal”.

CULTURA. Por outra banda, as esco-las municipais de cultura do Concello das Pontes comezan o curso 2018/2019 con

420 alumnos matriculados, con idades comprendidas entre os cinco e os setenta e cinco anos.Esta tempada, a Concellería de Cultura puxo a disposición dos veciños 8 discipli-nas artísticas, a través das que o goberno local busca fomentar o acceso á cultura, impulsar a paixón pola danza e a música entre os ponteses e educar, principal-mente, ós máis pequenos en diferentes modalidades artísticas para favorecer a súa formación e crecemento persoal.A oferta deseñada polo Concello das Pontes inclúe danza clásica, baile moder-no, flamenco e cultura tradicional con

clases de baile galego, acordeón, pan-deireta, gaita e percusión, e conta cun orzamento conxunto de 64.419,17 eurosA escola que conta con maior número de alumnos matriculados é a de baile moderno, modalidade con 161 alumnos seguida polas escolas de danza clásica e flamenco con 80 matriculados. No caso das escolas de cultura tradicional o nú-mero de matriculados ascende a 179 alumnos, con 43 alumnos na modalidade de gaita, 41 na escola de pandeireta, 36 na escola de percusión tradicional men-tres que a escola de acordeón contra con 35 matriculados e a de baile galego con 24 alumnos.O corpo docente está integrado por 6 mestres, 4 responsables de impartir as modalidades tradicionais e dous mestres para as clases de danza clásica e baile moderno. As actividades desenvolveran-se na Casa Dopeso desde outubro ata finais de xuño.A responsable da área, Sonia Sueiro fai fincapé en que: “Esta só é unha pequena mostra do traballo que desde o goberno local se fai a favor da ensinanza e difusión da cultura e que se completa cunha am-pla e variada oferta cultural que inclúe cine, música, teatro, fotografía, pintura, entre outras. O obxectivo do Concello das Pontes é garantir ó acceso a unha oferta cultural actual e de calidade a to-dos os veciños, sen importar a idade e a súas preferencias. Unha oferta universal na que todos os gustos teñan cabida”.

Apostando pola cultura e o deporte510 ponteses participan este ano nas escolas deportivas e xa hai 400 matriculados nas culturais, que tamén deron comezo

Unha imaxe destas primeiras xornadas das escolas deportivas das Pontes

O Concello das Pontes comezou esta se-mana as obras para mellorar a accesibi-lidade das entradas ó Parque Municipal e solucionar os continuos desprende-mentos das lousas que as inclemencias do tempo causaban, ó longo de todo o ano, na zona.Os traballos, que permitirán a substitu-ción do actual pavimento de lousas por formigón coloreado no accesos laterais do parque, tanto a través da Avenida de Ferrol e da Avenida de Ortigueira, teñen como obxectivo garantir a seguridade dos peóns, promover a mobilidade na zona así como evitar o constante acon-dicionamento de ambos accesos co conseguinte aforro para as arcas muni-cipais.Os traballos, financiados con fondos propios, arrincaron o xoves, na marxe da Avenida de Ferrol. Para garantir a seguridade dos veciños, especialmente dos menores, quedou pechado o ac-ceso peonil ao parque, durante todo o período de execución das obras, tanto na entrada polo Concello como na exis-

tente fronte ó Fogar do Xubilado. Unha vez rematados os traballos nesta marxe, continuarase coas obras de renovación do pavimento na entrada ó parque pola Avenida de Ortigueira.Desde o goberno municipal remarcan que estas obras non afectará ó tráfico rodado ni ó parque que permanecerá

aberto, mantendo o seu continuo fun-cionamento. Pregan desculpas aos ve-ciños polas molestias que estas obras poidan causar, recordando que “son precisas para mellorar a calidade de vida de todos os ponteses e avanzar cara un modelo de pobo no que a acce-sibilidade é unha prioridade”.

Iniciadas as obras para mellorar a accesibilidade ao parque municipal

Unha imaxe da zona antes do comezo das obras

Page 27: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018actualidade 27

O pleno municipal das Pontes aprobou durante unha sesión extraordinaria a concesión de dúas subvencións nomi-nativas, a favor das ANPA Medoñas do CEIP A Fraga e da ANPA Outo Eume do CEIP A Magdalena, dotadas con 12.300 euros e 17.000 euros respectivamente, para financiar o programa almorzos no cole 2018/2019.A proposta, que contou co respaldo de todos os grupos políticos, permitirá dar-lle continuidade a un programa posto en marcha polo goberno local, no ano 2009, co obxectivo de facilitar a concilia-ción da vida familiar e sociolaboral das familias pontesas.O pleno tamén aprobou, por unanimi-dade, a concesión dunha subvención nominativa de 12.000 euros a favor da asociación de ex-alcohólicos Adiante que irá destinada a financiar diferentes obras e actuacións de mellora no local social da entidade durante o ano 2018.No transcurso da sesión plenaria acor-douse, cos votos a favor do grupo de goberno, a abstención de Xuntos por As Pontes e PP e o voto en contra do BNG, aprobar a modificación do convenio de colaboración entre o Concello de As Pontes e a Fundación Museo Etnográfi-co Monte Caxado para o financiamento da obras rehabilitación da vivenda para a sede do Museo, actuacións para as que a Fundación solicitou una mínima prórro-ga para a finalización das mesmas.

Asemade, o pleno municipal do Concello das Pontes acordou aprobar, co respaldo dos votos do grupo de goberno, un ex-pediente de suplemento de crédito e un crédito extraordinario por valor de 400.000 euros destinado, esencialmen-te, ao mantemento de pistas e tarefas de desbroce nos viais e camiños rurais así como ó mantemento de edificios de titularidade pública.Durante a sesión tomou posesión da súa acta como concelleiro do grupo Xuntos por As Pontes, Xosé Manuel Ribera Gar-cía e fíxose a renuncia de Manuel Escou-rido como concelleiro do PP.

NOVEMBRO. No transcurso do pleno ordinario de mes de novembro, cos vo-tos a favor de Xuntos por As Pontes e a oposición do BNG, acordaron aprobar a ordenanza municipal de utilización puntual do Muíño de Prieto e da antiga caseta do polbo.Esta ordenanza, que se exporá, publica-mente, durante un período de 30 días, ten como obxectivo prioritario propiciar e garantir a utilización compartida, por parte de toda a veciñanza, de ambas ins-talacións; facilitar a posta en marcha de actividades culturais, de lecer e socias, tanto de carácter asociativo como indivi-dual e, asemade, velar polo mantemen-to e estado de conservación de ambos espazos públicos municipais.No caso do Muíño de Prieto, a orde-

nanza municipal establece que quedará reservado para a celebración de cerimo-nias civís, uso compatible co estado ac-tual da instalación e que responde as ne-cesidades manifestadas pola veciñanza.Por outra banda, a antiga caseta do polbo, reconvertida en edificio de usos múltiples tras a remodelación integral da instalación, estará destinada ó des-envolvemento de actividades socias e de celebracións de carácter lúdico, non lucrativas, promovidas por parte das asociacións da vila como polos veciños e veciñas, a título individual.Durante o transcurso da sesión plenaria, o Concello das Pontes tamén acordou, cos votos a favor de Xuntos por As Pon-tes e os votos en contra do BNG, a apro-bación da delimitación e nomeamento da Área Recreativa José Ferro, unha zona de lecer de 15.000 metros cadrados, si-tuada no Parque da Fraga, á beira do río Eume, que incluirá ó Muíño de Prieto, ó edificio sociocultural do Hexágono e á caseta do polbo.Trátase dun área coa que o Concello das Pontes impulsará un área de recreo, pasatempo e convivencia para todos os veciños, nun entorno privilexiado e cun-has instalacións modernizadas e acondi-cionadas ós usos e necesidades actuais.Ao remate do pleno, a tenente de al-calde, Montserrat García, fixo lectura dunha declaración institucional de apoio á plantilla de Alcoa, encontra do peche.

O Pleno aproba as achegas ao programa Almorzos no coleTamén aprobaron a ordenanza do Muíño de Prieto e da caseta do polbo

O Concello das Pontes sacou a licitación catro obras, por un valor de 672.461 eu-ros con cargo ó Pos+ complementario do ano 2017 e do Pos+ 2018. A obra que conta cun maior investimen-to é a rehabilitación da rúa San Xoán, no casco vello pontés, dotada cun orzamen-to de licitación de 218.576 euros, que permitirá a reposición da actual rede de abastecemento e saneamento así como substitución das canalizacións do alu-meado e baixa tensión e a renovación do pavimento da rúa, seguindo os mesmos criterios estruturais e estéticos aplicados nas rúas lindeiras.Séguelle, en orden de inversión, o proxecto de mellora da accesibilidade e pavimentos da avenida de Castelao, Fase II, cun orzamento de 179.062 euros, des-tinado a aumentar a accesibilidade da rúa mediante a eliminación do desnivel existente entre a estrada e as beirarrúas, a mellorar da iluminación e a separar a rede de drenaxe da rede de saneamento. Esta actuación tamén inclúe a renova-ción do pavimento do viario, a instalación de mobiliario urbano así como a coloca-ción de captafaros leds nos pasos peonís.Pola súa banda, a mellora de pavimen-tos e servizos no Poboado da Fraga (5º Fase) conta cun orzamento de licitación

de 155.466 euros; unha inversión que permitirá continuar, na liña das actua-cións anteriores, coa mellora da pavi-mentación e dos servizos urbanos de alumeado e saneamento. Esta actuación contempla, ademais, a renovación do parque infantil existente na zona coa am-pliación da área de lecer, a substitución do pavimento de caucho e a baranda de protección, e a instalación de novos ele-mentos de xogo, segundo as normas de seguridade vixentes.Por último, o acondicionamento das beir-arrúas e mellora da accesibilidade na rúa Saúde e na rúa Ourense, cun orzamento de 119.356 euros, levarase a cabo no tra-mo sur da rúa de Ourense, que comunica a avenida de Ortigueira coa rúa Saúde, e no tramo da rúa Saúde comprendido en-tre as rúas Ourense e Reitoral.Esta actuación inclúe o acondiciona-mento das actuais beirarrúas, tanto con melloras da pavimentación como da ac-cesibilidade mediante a supresión das barreiras arquitectónicas co obxectivo de lograr que o peón cobre maior presenza e seguridade na vía. As beirarrúas esta-rán dotadas vaos peonís adaptados tanto para as persoas con mobilidade reducida como para os invidentes e crearase un paso peonil na rúa Ourense.

O Concello licita catro obras por máis de 650.000 euros

A décima edición de Saborea As Pontes, celebrada entre os días 12 e 21 de outu-bro e na que participaron 33 establece-mentos hostaleiros da vila, sete deles por primeira vez, serviu un total de 29.450 tapas, superando a cifra acadada durante a edición anterior na que se prepararon 28.585 petiscos.As cifras deunas a coñecer, onte, a con-celleira de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego, Ana Pena, durante o acto de entrega dos premios do concurso gastro-nómico no que o Bar Trastoy III obtivo, ó igual que na edición pasada, o galardón a Mellor tapa pontesa valorada polo pú-blico coa súa tapa Trastea mentres que A Capilla alzouse co título de Mellor tapa

pontesa, elixida por un xurado profesio-nal, coa tapa Os Pecados da Granxa, to-mando o relevo a A Botellería.Durante o acto de entrega de premios, no que estivo presente unha numerosa representación dos hostaleiros locais e da veciñanza, a edil, tras dar a noraboa ós premiados, salientou que:“ A décima edición de Saborea As Pontes foi un gran éxito, feito que quedou reflectido en to-das as cifras do concurso. Tivemos unha cifra récord de participantes, serviuse o maior número de tapas da historia do concurso e tamén houbo un aumento de tarxetas de votación depositadas que este ano chegaron a cifra de 1.561, tres-centas máis que na edición do ano 2017”.

Entregados os premios do certame Saborea as Pontes

Os premiados na edición deste ano co seu galardón

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a concelleira de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego, Ana Pena, inauguraron no local social da aso-ciación de veciños Beira do Eume, a II edición do obradoiro de emprego Eume.Trátase dun programa mixto de forma-ción e emprego que ten como obxectivo mellorar a cualificación profesional das persoas beneficiarias, a través da forma-ción e a realización de prácticas profe-sionais non laborais no ámbito sociosa-nitario, para deste xeito favorecer a súa inserción laboral nun sector cun alto vo-lume de demanda de profesionais tanto na contorna como no propio municipio.Durante o acto de inauguración do obradoiro de emprego, Ana Pena deu a benvida aos 12 alumnos que, durante 9 meses, participarán nesta acción for-mativa e animounos a “aproveitar esta oportunidade para mellorar a vosa posi-ción de cara a vosa futura incorporación nun sector en auxe pero con dificultades para cubrir prazas con persoal cualificado

tanto no ámbito público como privado”. Ana Pena tamén agradeceulle á asocia-ción Beira do Eume a súa colaboración co programa, cedendo as súas instalacións para levar a cabo a formación teórica.Pola súa banda, Valentín González For-moso, puxo a disposición de alumnos e

docentes todas as ferramentas das que dispón o Concello para garantir o bo fun-cionamento do programa e remarcou a satisfacción do goberno local por poder contribuír, de xeito activo, empregando recursos propios, á creación de emprego e a xeración de novas saídas laborais .

Comeza nas Pontes a segunda edición do obradoiro de emprego Eume

Unha imaxe da apertura do curso no obradoiro de emprego

Page 28: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade28 novembro 2018

AGRO

Os alcaldes dos concellos de Abadín, Va-ladouro, Ourol, Xermade e Muras reuní-ronse na Casa Consistorial deste último para abordar a problemática do lobo que afecta aos gandeiros e aos veciños da Serra do Xistral e chegar a unha serie de acordos e demandas aos “organis-mos competentes”. A primeira delas era manter unha xuntanza coa conselleira de Medio Rural, que tivo lugar finalmente o luns 12 pola tarde e á que lle presenta-ron unha serie de puntos que consideran imprescindibles para atallar o problema.Os rexidores, pertences a diferentes par-tidos políticos, afirman que “non temos medios nin competencias para resolver esta situación. Recollemos o pensar dos veciños dos nosos concellos e cremos que cos seguintes puntos podemos co-mezar a encauzar esta problemática”.A primeira medida que propuxeron á conselleira foi o control do censo da po-boación real do lobo para lograr un equi-librio e que non se acabe convertendo nunha lacra, “xa que desta situación non hai estudios nin seguimentos actualiza-dos asimesmo botamos en falta comuni-cación entre as distintas administracións cos veciños e gandeiros”, indican. Afir-man tamén que é necesario axilizar os pagos das axudas e aumentar as cuantías das mesmas. “Ter en conta o lucro cesan-te e o lucro emerxente. As axudas son im-portantes para manter convivencia entre gandeiros que habitan e humanizan o territorio e os lobos”, explican.Queren deixar claro tamén que hai per-das de animais que non se recollen na línea de axudas e que dalgún xeito de-bería recollerse esta cuestión. Trátase de

animais mortos polos lobos e que non se atopan os seus restos nas 24 horas se-guintes (a orografía do Xistral non o per-mite). Engaden tamén que é necesario un equilibrio que permita convivir nun-has condicións dignas á xente que vive nestas zonas. “Non se pode protexer á fauna salvaxe e desprotexer á xente que vive no rural. É preciso atopar un punto medio”, subliñan.Os alcaldes cren que este problema es-tase indo de control. “Estase abocando a pechar moitas explotacións o que será un problema no futuro, con grandes ex-tensións sen limpar, favorecendo a pro-liferación de incendios, etc.”. “O feito de convivir co lobo debería ter resposta nas axudas, sexa vía Europa, vía outras admi-

nistracións, para compensar as perdas que provoca o lobo e outras perdas que o gandeiro ten (cría de mastíns, manexo do gando, animais desaparecidos). Que haxa un coeficiente compensador desa convi-vencia nas distintas axudas”, conclúen.Tras a reunión, o alcalde de Muras, Ma-nuel Requeijo, indicou que a conselleira fíxolles saber que non existe un estudo sobre a situacion do lobo, algo que se vai facer. Tamén lles adiantou que van au-mentar as axudas e que terán en conta a proposta dos cinco alcaldes. Requeijo insistiu na necesidade de que as axudas sexan tamén para aqueles concellos que teñen fauna salvaxe, como Muras, xa que agora mesmo só se contemplan axudas para razas autóctonas.

ADEGA. Nun escrito remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Natural Adega solici-tou tamén que a administración dispoña con urxencia dun protocolo de medidas preventivas, dotado cos recursos sufi-cientes para contrarrestar o impacto do lobo nas ganderías afectadas.“Lembramos que durante este ano 2018 a Xunta non convocou axudas para prevención, alén de anunciar que non as convocará”, afirman os de Adega, que engaden que “nun ano no que con car-go ao erario público elaboráronse dous extensos informes para diagnosticar os métodos preventivos e a conveniencia da súa aplicación, non se entende que tendo identificadas as posibles solucións non se habilite unha partida orzamenta-

ria suficiente para poñer en marcha as medidas de manexo preventivo.Paralelamente, dende Adega solicitan que a Xunta realice auditorías de ava-liación das explotacións gandeiras que anunciaron posibles peches da súa acti-vidade a causa do lobo, dada a relevancia destas noticias á hora de planificar medi-das na protección do lobo.Das conclusións destas auditorías pode-ría clarificarse por que algunhas explota-cións están padecendo moitos máis da-nos, e dun xeito recorrente, que outras. Permitirían tamén adoitar medidas e solucións máis axeitadas para o manexo preventivo na liña de favorecer modelos de coexistencia e ou convivencia entre a gandería e o lobo. “Se das conclusións destas auditorías demóstrarse que o lobo está condicionando dalgún xeito a viabili-dade destas explotacións, solicitamos da Xunta que proceda coa maior celeridade a abordar as medidas de pago indemni-zatorio e compensatorio que resulten proporcionais ás perdas ocasionadas”, din.“As axudas anuais para indemnizar da-nos, así como as partidas para medidas de manexo preventivo, deben manterse de maneira continuada no tempo e con partidas orzamentarias máis elevadas do que se vén facendo, acurtando ademais ao máximo os prazos de tramitación e resolución. Non menos importante é investir en actuacións de sensibiliza-ción que favorezan modelos de coexis-tencia entre lobo e gandería que fagan ver a importancia de corresponsabiliza-ción das explotacións para adoitar medi-das preventivas e de manexo”, engaden.

A provincia declara a guerra ao loboAlcaldes da Serra do Xistral reuníronse en Muras para consensuar medidas de axuda aos afectados polos ataques destes animais

Os alcaldes dos concellos da Serra do Xistral, na súa reunión en Muras

O voceiro de Gandaría do Grupo Socialis-ta, José Manuel Pérez Seco, lamentou o veto do PP á proposición non de Lei que presentou na Comisión de Agricultura para pedirlle ao goberno galego unha liña de axudas específicas para facer fronte aos danos ocasionados polo xabaril nas explotacións e os cultivos. Estes danos ascenden a 15 millóns de euros.Pérez Seco alerta do “enorme incremen-to dos custes nas explotacións agrícolas e gandeiras profesionais” como conse-cuencia do desleixo do goberno galego á hora de aplicar medidas “proporcionais e eficaces” que “permitan unha conviven-

cia equilibrada e sostible desta especie coas actividades económicas, sociais e medioambientais da nosa contorna”.Explica que o abandono de terras e do medio rural e a escasa incidencia en Galicia do lobo, o seu único depredador natural, provoca un excesivo incremento da poboación do xabaril. Alerta dos gra-ves problemas económicos que ocasiona nos cultivos, afectando maioritariamente ao millo -55%-, ás pradeiras -35%- e ta-mén ás horas e outras producións como a vide ou a castaña -10%-. A maiores, si-nala, prodúcense danos en bens públicos de axardinamentos e zonas deportivas e incluso problemas de seguridade viaria.

O PSOE di que a Xunta veta unha liña de axudas para os afectados pola acción do xabaril

Un total de oito comunidades autóno-mas solicitaron ao Ministerio de Agri-cultura a través do FEGA, os fondos necesarios para realizar os anticipos da PAC, entre as cales non se atopa Galicia.Na campaña PAC do 2018 en Galiza tramitáronse un total de 28289 soli-citudes, as cales podían ter acceso a este anticipo sempre e cando a propia Consellería do Medio Rural o solicitase. “Observamos pola contra como os agri-cultores e gandeiros de outras comu-nidades autónomas xa están a piques de cobrar a PAC, en cambio os galegos vamos ter que esperar, como conse-cuencia de que a Xunta de Galicia non

fixo as oportunas xestións. O presiden-te Feijoo, debe pensar que as explota-cións galegas viven na abundancia, que non precisan cobrar o mais pronto posi-ble as axudas PAC, ao igual que cobran noutras comunidades do Estado. Como consecuencia do seu desprezo co rural galego, cando esta ía ser a lexislatura do rural, os e as titulares das explotacións agrarias galegas vamos estar nunha situación de desigualdade de condi-cións con respecto aos e ás titulares de outras zonas do estado que si poderán aproveitar da axudas PAC moito antes que nós”, din.Fruga considera que esta actitude da

Xunta de Galicia demostra” o seu nulo interese polo agro galego. “A lexislatura do rural quedouse en simple propa-ganda, sen que se observara ningún cambio de actitude na actuación do goberno Feijoo con respecto ás proble-máticas do medio rural. Actualmente os prezos que se perciben no agro ga-lego son moi baixos, nalgúns casos non cubren os custes de produción, algo que está levando consigo o peche de explotacións un dia tras outro, tendo en conta que en moitos casos, existe un importante grado de endebedamento como consecuencia da modernización das súas instalacións”, engaden.

Fruga acusa á Xunta de non solicitar o cobro dos anticipos da PAC

Page 29: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018actualidade 29

É ben coñecida a estreita influencia do clima eo tempo atmosférico sobre a vida diaria, o confort e a saúde das persoas, así como sobre moitas das actividades económicas e de ocio que realizan. Así, de poder elixir as caracte-rísticas ideais do clima onde vivir, cales serían as preferidas dos galegos e gale-gas?, cales serían os lugares de Galicia cunha mellor aptitude climática?Para contestar a estas preguntas, o profesor de Xeografía Física da USC Alberto Martí e o xeógrafo e clima-tólogo Damián Caballero realizaron 700 enquisas por toda Galicia que de-mostran que o clima ideal para unha maioría da poboación sería aquel con veráns con temperaturas suaves, moitas horas de sol e poucos días de choiva, e invernos suaves, ademais de ventos frouxos ou escasos e unha hu-midade media/baixa.Mais nas respostas se observan dis-

tintas opinións en función do xénero, idade ou residencia. Así, as mulleres, a poboación urbana e a de costa pre-firen poucos días de choiva. E mentres que a masculina do medio rural e do interior mostra preferencia por inver-nos fríos, as mulleres e as persoas de máis de 70 anos prefíreos suaves. Ade-mais, os veráns cálidos ou calorosos son máis desexados pola poboación urbana, unha opción que curiosamen-te ninguén maior de 70 elixiu, “segura-mente polos efectos prexudiciais das altas temperaturas sobre a súa saúde”, matizan os investigadores.Outra das curiosidades da enquisa que atoparon os seus autores foi a coinci-dencia das preferencias coas caracte-rísticas climáticas opostas ás que viven. Deste xeito, os habitantes de Ourense decántanse por veráns suaves, mentres que os de Lugo os prefiren cálidos e in-vernos suaves.

Un estudo da USC explica as preferencias climáticas dos galegos

Como está a ser noticia es-tes dias e estase a xerar certa alarma , hoxe imos falar da peste porcina africana , imos falar de

en que consiste e que consecuen-cias trae.A peste porcina africana é unha enfermidade hemorráxica altamen-te contaxiosa que afecta os porcos domésticos, xabarís verrugosos, xabarís europeos e xabarís ame-ricanos. Todos os grupos de idade son igualmente sensibles. O virus pode ter formas de alta virulencia e nese caso a peste porcina africana caracterízase por febre alta, perda de apetito, hemorraxias da pel e órganos internos, e morte entre 2 e 10 días despois en media. As ta-xas de mortalidade poden alcanzar o 100%. A sua presentación clínica é moi si-milar á da peste porcina clásica e a moitas enfermidades comúns, como a salmonelosis, polo cal se require un diagnóstico en laboratorio. O seu con-trol consiste no sacrificio dos animais (recordemos que é unha enfermidade vírica e non ten tratamento, os anti-biótico so serven para as bacterias) Do mesmo xeito que a peste porcina clási-ca, estes virus sobreviven moito tempo en canles conxeladas. (pero no pre-senta un risco para a saude humana).O virus atópase en todos os fluidos e tecidos dos animais infectados. A infección nos porcos prodúcese polo común por contacto directo con ani-mais infectados ou por inxesta de res-tos de carne porcina infectada ou de

produtos cárnicos porcinos infectados non procesados. Algúns procesos de transformación non destrúen o virus. O virus pode transmitirse tamén aos animais sensibles pola picadura de moscas e carrachas, ou a través dos locais, vehículos, equipos ou pezas contaminados. Esto danos unha idea da capacidade de transmisisón de dito virus e de que as medidas de preben-ción son importantísimas.No tocante os síntomas imos facer unha descripción en funnción da idade e fase productiva do animal.

Nos leitós:Vómitos, diarrea; incoordinación; conxuntivite; febre alta; morte súbita, malformacións; bacoriños moi débiles ao nacemento (tremores conxénitos); mortalidade elevada. Porcas adultas:Inapetencia; febre alta; abortos; aumento de nados muertos; au-mento de lechones momificados; convulsiones;Incoordinación; diarrea; fallo reproductivo general; decolora-ción azul da pel.

Transición e ceboAnimais abatidos - cabeza baixa; deixan de comer; dia-rrea; descargas oculares; febre alta persistente; decoloración azul de la piel; mortalidad elevada.Signos nerviosos: Convulsións; incoor-dinación; decoloración azul de la piel; mortalidad elevada.Como podemos ver esta enfermidade, non ten nin tratamento, nin cura polo que a prevención, o control de move-mentos animais e as medidas de bio-seguridade son os pilares para evitar a entrada de esta enfermidade que pode dar un golpe moi forte a produc-ción porcina de un pais .

Breixo Gónzalez

APUNTAMENTOS VETERINARIOS

Peste porcina africana

O voceiro de Gandería do Grupo Socia-lista, José Manuel Pérez Seco, criticou en Comisión que a Xunta teña descargado nos produtores a recollida de plásticos agrícolas ao negarse a reeditar o concur-so cofinanciado coa UE caducado en no-vembro de 2017. Denunciou que por ne-garse a pagar 24.200 euros teña perdido en torno a 96.000 euros de Fondos Feder, que cubrían o 80 por cento do custe.O responsable socialista sinalou esta mostra de desleixo do goberno galego, que agora obriga a que asuman a xestión destes residuos os produtores dos mes-mos, que de acordo coa Lei de residuos son os que teñen que asegurar o trata-mento adecuado, ou no seu caso dos concellos que opten por apoiar ás em-presas agrarias do seu territorio.Sinalou que a negativa do goberno gale-go a investir 24.200 euros obriga a conce-llos rurais a afrontar o procesado dos re-siduos que en casos como o de A Capela,

un pequeno concello rural de 1.200 ha-bitantes, 88 granxas e 2.600 cabezas de gando, ten que dedicarlle 10.000 euros para procesar 80 toneladas de residuo.Lamentou que “esta sexa a forma na que o goberno galego entende a que foi bau-tizada por Feijóo como A Lexislatura do Rural”, deixando ao albur de concellos e particulares a xestión do grave problema ambiental que supón a xeración de resi-duos de plástico por negarse a poñer o 20 por cento dun programa cofinanciado coa UE para este tratamento.Explicou que actualmente “o agro gale-go xera cada ano ao redor de 7.700 to-neladas de plásticos, das que 4.800 son de silo, 900 de invernadoiro e 2.000 de bolsas para silo”, unha cantidade que “vai en aumento” polo incremento de, por exemplo, as forraxes para explotacións lácteas, que precisan moita forraxe, o que “significa moito silo e, en consecuen-cia, moito plástico”.

O PSOE lamenta que a Xunta non pague o programa para a recollida de plásticos agrícolas

A provincia de Lugo conta con 30.630 hectáreas de montes certificados baixo o sistema PEFC (Programa para o recoñe-cemento da Certificación Forestal), o que supón o 45% da superficie certificada baixo esta norma en Galicia.Esta extensión está repartida entre 139 montes, a maioría deles pertencentes a comunidades de montes veciñais en man común que son xestionados por Medio Rural en virtude de convenios ou consorcios asinados cos propietarios.A certificación baixo unha norma como a PEFC é un instrumento que ten como obxectivo promover unha xestión fores-tal sostible, axeitada para o medio am-biente e viable dende o punto de vista social e económico.Os montes certificados pertencen a 36 concellos: Abadín, Baleira, Baralla, Begon-te, Bóveda, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, Xermade, Guitiriz, O Incio, Xove, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Ne-gueira de Muñiz, As Nogais, Pantón, O Pá-ramo, A Pastoriza, Pol, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, Trabada, O Vicedo, Vilalba e Viveiro.

O 45% da superficie de monte lucense ten certificado de sostibilidade

Son os concellos e os particulares os que teñen que ocuparse da xestión

Segundo indica a Federación Rural Galega, Fruga, os beneficios das 5 principais industrias lácteas que ope-ran en Galiza durante o ano 2017 aumentaron considerablemente, ga-ñaron 30 millóns de euros, un 15% mais que o ano anterior. En cambio, os prezos que lles pagaron os produ-tores de leite galegos seguen a ser os máis baixos do Estado español, e os máis baixos das principais rexións leiteiras da Unión Europea. “Actual-mente os beneficios das explotacións lácteas galegas son escasos, por non dicir nulos na maior parte dos casos. Evidentemente que os importantes beneficios das industrias, que nalgún caso estamos a falar de 15 millóns de euros, son a conta de pagar o leite a prezos que non cobren os custos de produción, os cartos que tiñan que ir destinados a conseguir un prezo

do leite sostible van parar as arcas das principais industrias leiteiras que operan en Galiza”, din.Fai tres anos aproximadamente, que varias organizacións lácteas, entre elas UPA-Unións Agrarias e Asaja asignaban en Madrid o acordo de sostemento, que intentaba evitar os desequilibrios na cadea alimentar, e co fin de conseguir uns prezos sosti-bles para o sector produtor. “Os sucesivos gobernos do partido popular na Xunta de Galicia, rema-taron coa Mesa do Leite, e con cal-quera órgano interprofesional capaz de negociar uns prezos xustos, can-do dispoñíamos destes órganos alá polo ano 2007, os gandeiros galegos cobrabamos o prezo mais alto do Es-tado, hoxe é xustamente o revés, e ao mesmo tempo os prezos son mais baixos que fai10 anos.”, insisten.

Fruga critica á Consellería por desmanterlar a Mesa do Leite en beneficio da industria

A responsable de Facenda e Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou que o PP decidira vetar a moción presentada para acabar co reparto “a dedo” de axudas para os concellos do rural. No debate no Pleno do Parlamento, criticou que rexeitaran a “man tendida” para aplicar criterios de “transparencia, xustiza e igualdade de oportunidades” no reparto de axudas.A responsable socialista sinalaba ao Plan de Infraestruturas Rurais 18-19, co que Medio Rural repartiu 2,7 millóns de euros entre 65 concellos, 56 deles go-bernados polo PP, co criterio obxectivo confesado polo propio director xeral de Desenvolvemento Rural, que en Comi-sión resumiu en “ti vai traendo, que nós imos metendo en función da Urxencia e Necesidade”. Para Rodríguez Rumbo é a evidencia de que o criterio real é “ter un goberno do PP”.Por este motivo, explicou, en 2018 repi-ten como beneficiarios 22 concellos que xa recibiran as axudas en 2017, entre eles o de Ourense, a única das sete cidades beneficiada, que por “casualidade”, dixo, é tamén a única gobernada polo PP.En resume, nos últimos dous anos o go-berno galego repartiu un total de 22,5 millóns de euros “a dedo” entre conce-llos escollidos por criterios políticos.

O PP rexeita unha moción para acabar co reparto a dedo das subvencións

Page 30: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

actualidade30 novembro 2018

O Trail das Bestas reuniu a primeira fin de semana de novembro en Muras a case 300 atletas de toda Galicia así como doutras partes do Estado. A ca-rreira, que tivo tres variantes (maratón, 26km e 14km), desenvolveuse cun día típico de condicións meteorolóxicas de outono no norte de Galicia, con un día chuvioso e fresco, que se tornou extre-mo na maratón, xa que no punto máis alto da carreira de 1002 metros alcan-záronse temperaturas de 5 graos, pero cunha menor sensación térmica debido aos fortes ventos que soplaron na zona alta e a choiva.A carreira foi dominada de principio a fin por Fernando Arca, o corredor de montaña máis premiado de Galicia, que completou a proba en 4 horas e 32 minutos. Nas femias loitaron durante toda a carreira as dúas primeiras Patri Ogando e Vicky Cebreiro que chegaron á meta xuntas en apenas 6 horas.Nesta maratón os corredores de longa distancia pasaron por espazos como A Gañidoira, Serra do Xistral e Río Eume nun trazado que espectacular, e obligou aos atletas a desmostrar a súa dureza nos seus 43 quilómetros.Nas outras categorías, onde se alcan-zaron niveis máis baixos de altitude, os participantes puideron gozar tan-to das paisaxes do Xistral como das áreas forestais que rodean Muras. Na categoría masculina de 26 km deuse a anécdota do día. Antonio Cadaveira li-

derou a carreira, a máis dun minuto do grupo perseguidor e sufriu unha caída. Como resultado desta, prodúxose un corte no seu xeonllo que significou a súa retirada e traslado ao hospital. O grupo de persecución, composto por 4 corredores, detívose para axudar e avisar á organización para mover unha ambulancia. A continuación, o cuarte-to continuou xunto ata a meta, na que decidiron non entrar en sprint e cruzala todos xuntos.Unha vez en meta, a organización tivo unha comida de confraternización onde os corredores puideron comentar as súas experiencias.O concello de Muras, coa axuda da De-putación de Lugo, promoveu un ano

máis unha carreira que citou a 300 co-rredores na área da Veiga, ademáis de acompañantes e públicos para facer do trail das Bestas, un dos máis importan-tes da provincia de Lugo e de Galicia.As clasificacións en Maratón mulleres foron para Patricia Ogando, Vicky Ce-breiro e Tereza Ctvrtnickova. En Mara-tón homes, Fernando Arca, Adolfo Ga-rrido e Oscar Fernandez. Para mulleres en 26k Esther Hernández, Paqui Díaz e Inma Cabrera. Para homes en 26k Mi-guel Vilaboy, David Martínez, Roberto Eimil e Iván Redondo. As vencedoras en 14 km mulleres foron Amira Simón, Raquel Guizán e Yuliya Nestsiarovich e en homes Carlos González, Iván San-giao e Manuel Pérez.

DEPORTES

O deputado de Deporte, Pablo Rivera Capón, informou que o Goberno Pro-vincial ven de resolver a concesión das bolsas que a Deputación ofrece a pilotos lucenses de rally lucenses, cun valor total de 45.000 euros. A concesión destas axu-das fíxose en base a criterios obxectivos e sociais, tendo en conta o palmarés, o ránking oficial e participación en probas federadas entre outros requisitos.En total, foron 11 profesionais lucenses os que resultaron beneficiados destas axudas de concorrencia competitiva, é dicir, ás que puideron optar todos os inte-resados que participaron na modalidade de rally de asfalto, terra ou montaña na anualidade 2017. Son 5 profesionais do Concello de Lugo, 2 de Castroverde, 2 de Outeiro de Rei, 1 de Friol, e 1 de Sarria.As bolsas van dende 1.364 euros ata 7.000 euros e con elas poderán sufragar gastos

federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e ma-terial de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.O Goberno da Deputación achega máis de 130.000 euros para a promoción do automovilismo na provincia. Faino a tra-vés da liña de axudas para pilotos de rally, que conta cun orzamento de 45.000 eu-ros; a organización do Volante Deputa-ción, con 17.000 euros, grazas ao que 185 afeccionados beneficiáronse dos cursos de formación técnica e condución segura impartidos na Escuela PTC da Pastoriza; e das catro probas automobilísticas que se disputan por excelencia na provincia: o Rally San Froilán, o Rally da Ulloa, a Su-bida a Chantada e a Subida á Pontenova.

A Deputación outorga bolsas a once pilotos da provincia

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o presidente do Rácing Club Vilalbés, Francisco Ruiz Rey, informa-ron sobre a sinatura dun novo conve-nio de 20.000 euros co que a Deputa-ción colabora nos custos de tempada 2018 e do que se beneficiarán máis de 200 rapaces.A través deste novo acordo, asumiran-se custos de funcionamento de arbi-traxe, adestradores, transporte, gastos federativos, material ou manutención, que permitirá investir máis recursos

nos 226 nenos e rapaces de entre 5 e 18 anos que integran os 14 equi-pos que forman o club nas diferentes categorías deportivas, entre xuvenil, cadetes, infantil, alevín, benxamín, pre-benxamín e biberón.Santos Ramos subliñou que “trátase dunha nova colaboración coa que den-de a Deputación reafirmamos o noso compromiso co deporte base lucense, a través dun dos equipos históricos xa non só da Terra Chá, senón de toda a provincia. Con esta nova axuda, o Ra-

cing Vilalbés poderá continuar crecen-do e, polo tanto, fomentando o depor-te entre os máis novos”.“Dende a Deputación cremos que a for-mación, no só deportiva, tamén humana e en valores, dos nosos mozos e mozas, supón un dos desafíos máis apaixonantes que temos por diante no futuro inmedia-to. Non se trata só de deporte, falamos da cultura do esforzo, do compañeirismo e da solidariedade, de fomentar hábitos de vida saudable entre, e valores como o traballo en equipo, esforzo e superación”.

A Deputación destina 20.000 euros ao Rácing Vilalbés

Un momento da proba, que tivo lugar o día 3 de novembro

O Concello de Guitiriz e o Club Ciclis-ta Btteiros Cova da Serpe estreou o domingo 14 de outubro a segunda tempada das rutas BTTeando por Gui-tiriz. A primeira foia ruta da pedra de Xosé María Diaz Castro, un percorrido moi entretenido e precioso agora en outono, e asequible para maiores de 10 anos con un pouco de costume na bici de montaña. As rutas do programa BTTeando por Guitiriz, consisten na celebración dunha serie de saídas en bicicleta polo concello co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio do mesmo e fomentar a práctica do deporte e os hábitos de vida saudables.A primeira saída, ruta da pedra de Xosé María Diaz Castro, sairá ás 9:30 do cam-po da feira de Guitiriz e as 10:00 do campo da festa do Buriz. A organización

lembra que é necesario o uso de casco e aconsellable o de luvas e chuvasquei-ro en caso de choiva. Ademais de levar sempre froita e auga.Este tipo de actividades, que non teñen carácter competitivo, fanse un domin-go ao mes ata maio. Cada ruta ten unha duracción aproximada de 3 ou 3 horas e media. A primeira, fixose en outubro.O 11 de novembro ía celebrarse a se-gunda ruta polo Muíño da Ruxida, en Parga, pero tivo que ser aprazada polo mal tempo. O 16 de decembro será a ruta das Bidueiras. O 13 de xaneiro o pantano de San Xoán, o 10 de febreiro a ruta da Cova da Serpe, o 17 de marzo a do Camiño Real, o 14 de abril a do Ca-miño Norte de Santiago e, por último, o 12 de maio farase unha ruta sorpresa para clausar así a tempada.

Comeza a segunda tempada de BTTeando por Guitiriz

De cara á celebración da III edición da Gala do Deporte, o Concello de Vilalba vén de publicar as bases reguladoras dos premios que concede o Servizo municipal de Deportes coa finalidade de apoiar, mo-tivar e incentivar aos deportistas que ob-tiveron resultados deportivos destacados no ano 2017/2018. A gala terá lugar final-mente o 19 de xaneiro, no Auditorio Car-me Estévez de Vilalba a partir das 20:00 h.Serán os propios clubs, institucións, asociacións ou outras entidades, os que propoñan aos seus deportistas, di-rectivos, técnicos e colaboradores para recoñecer o seu labor, ben pola súa traxectoria deportiva, labor directivo ou de apoio ao deporte en xeral dende o seu ámbito de actuación, debidamente documentado e xustificado en base a

méritos deportivos obtidos. Así mesmo, a comisión técnica (formada por mem-bros representantes de organizacións deportivas do concello), poderán nomi-nar no apartado de mencións especiais, a quen crea convinte, sempre xustifican-do ditos méritos ou labores deportivos.Haberá once categorías, nas que se es-collerá ao mellor deportista, equipo, pro-mesa, club, adestrador, club de deporte base, labor informativa, traxectoria de-portiva, evento, equipo ou actividade con discapacidade e tres mencións especiais.As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Vilalba (tramitación electrónica) ou na oficina de deportes do Concello de Vilalba. O prazo para a presentación será ata o 23 de no-vembro do 2018 (14:00 horas).

O Concello de Vilalba prepara os premios do Deporte

A segunda edición do Trail das Bestas reuniu a 330 atletas

Page 31: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018actualidade 31

MÁIS NOVAS

Aproveitando a celebración do Día In-ternacional para a Erradicación da Po-breza CC.OO. reivindciou “máis gasto social e traballo decente” para erradi-car a pobreza. ” Tras máis de dez anos de políticas antisociais, a poboación en risco de pobreza continúa en niveis ele-vados e sen visos de descender ás ci-fras acordadas por España no marco da Estratexia Europa 2020”, explicou nun comunicado.O Estado español comprometeuse a re-ducir no período 2010-2020 o número de persoas en risco de pobreza e exclu-sión social entre 1,4 e 1,5 millóns. Po-rén, a propia Comisión Europa no seu Informe sobre España 2018, recoñece que “con 2.040.000 de persoas en ris-co de pobreza ou exclusión social máis que en 2008, o obxectivo da Estratexia Europa 2020 aínda queda lonxe”.Máis da cuarta parte da poboación es-pañola (un 26,6 %) atópase nesta situa-ción, de acordo co indicador europeo AROPE (At Risk of Poverty and/or Ex-clusion), e que mide anualmente o INE a través da Enquisa de Condicións de Vida. Aínda que o risco de pobreza di-minuíu desde 2014, ano no que alcan-zou o máximo do 29,2 % da poboación, continúa por riba dos niveis de 2008.A situación en Galicia non é moi dife-rente da do resto do Estado. Segundo os datos do INE, o índice de risco de pobreza en Galicia é do 18,7 %. Ade-mais, segue habendo grandes dificulta-des para chegar a fin de mes no 6,2 % dos fogares galegos e a pobreza ener-

xética é unha ameaza para o 6,8 % da poboación.Parte da situación explícase polos baixos ingresos, que de media son en Galicia de 10.783 euros anuais, inferio-res ao promedio estatal, que supera os 11.000. Con todo, en case 34.000 foga-res galegos non entra ingreso ningún.Ante esta situación, CCOO esixe incre-mentar os recursos destinados á renda de inserción (RISGA), pois malia a crue-za dos datos, unicamente unhas 10.000 persoas perciben esta prestación.Como xa se indicou hai 31 anos, o 17 de outubro de 1987, cando se celebrou por primeira vez este día internacional, a pobreza supón unha violación dos dereitos humanos. Sen gasto social, servizos públicos fortes e traballo de-cente vai ser imposible garantir unha vida digna a todas as persoas no noso país.É por iso que CCOO insiste na necesida-de de aumentar os ingresos familiares coa xeneralización dun salario mínimo en convenio de 14.000 euros anuais, a recuperación do poder adquisitivo das pensións e a actualización do IPREM, principal referencia da protección so-cial de carácter asistencial.CCOO tamén demanda a posta en mar-cha da prestación de ingresos mínimos recollida na ILP que os sindicatos maio-ritarios presentaron ao Congreso, ava-lada con 700.000 sinaturas, e a inme-diata reversión dos efectos nocivos das reformas laborais e dos recortes sociais levados a cabo polos últimos gobernos.

CC.OO. reivindica máis gasto social

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia rexeita a nova figura de persoal especialista de pediatría de área, creada polo Sergas “de costas” ás partes implicadas. Desde Comisións reproban que a Xunta de Galicia amo-se «unha vez máis» o seu «desprezo» pola opinión dos colectivos profesio-nais e dos sindicatos representativos, que souberon desta iniciativa polos medios de comunicación.O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle sinala que foi grazas ás informacións xornalísticas que o sin-dicato coñeceu este proxecto, ao que se opón, e critica que a Xunta de Gali-cia estea «lexislando» a través da lei de acompañamento dos orzamentos.Para o voceiro de CCOO, a proposta da Consellaría de Sanidade modifica o xeito de traballar dos pediatras e su-pón un “importante retroceso”, pois facerlles compatibilizar a atención primaria e a especializada «rompe a dinámica actual» de vincular as nenas e nenos co mesmo profesional.Ángel Cameselle sostén que a medida “só responde a unha lóxica de recor-tes”, pois pretende suplir a falta de

profesionais cunha medida “de aforro puro e duro”, malia que iso vaia en de-trimento da calidade da atención.O secretario xeral de CCOO-Sanidade lembra que a nova figura tamén vai en contra do decreto de troncalida-de e de especialidades médicas. Para Comisións, a solución de futuro non é recortar, senón convocar anualmente máis prazas MIR (médico interno resi-dente) de pediatría para «paliar o défi-cit estrutural que ten Galicia desde hai tres décadas».

Críticas á nova figura pediátrica do Sergas

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, salientou sobre o contido dos orzamentos da Xun-ta para 2019 que “hai que ter cara para falar de orzamento en Lugo cando volven a prometer o de todos os anos que está sen facer”.“Hai que ser sen vergonza para falar de investimentos en Lugo e referirse aos 2,1 millóns de euros para o equipamento do auditorio. Estes cartos xa eran de todos os lucenses, non os trae a Xunta de Gali-cia. Démosllos ao eximilos do pago do IBE polo HULA e outros 4 centros públicos de titularidade autonómica. Perdoámoslle ata 3,6 millóns para ter tan sequera onde sentarnos. Faltan outros 1,5 millóns. Nin nos devolven o que é noso”, destacou o Santos.“Hai que ter capacidade para non po-ñerse vermello cando non fixeron nin un só investimento claro na nosa provincia, pois nunca vimos máquina algunha tra-ballando, por exemplo, na VAP da Mari-ña”. “Alguén vai a crer algo do que di o Partido Popular de Feijóo cando as súas dúas últimas accións administrativas para grandes investimentos en Lugo fo-ron anular o procedemento para poder ter no barrio da Residencia un centro para emprendedores, un de formación e emprego e outro de biomasa (que prometeron publicamente a todos os veciños) en pleno debate da moción de censura ao Goberno Central; e anular o proxecto da intermodal durante a etapa de Rajoy? E todo isto, as agochadas.

FEITOS. “Poderán prometer e prometer, plaxiar discursos, falar de investimentos e ata comprometer cos servizos públicos. Pero os feitos son constatables. Todos os veciños podemos ver como o Partido Popular abandonou as nosas comuni-cacións e ata nos privou delas, ou como precarizou a nosa sanidade e educación pública. Quitounos liñas de transporte, médicos, profesores, servizos sanitarios dos nosos hospitais comarcais. Fixo que as listas de espera por unha consulta dun especialista supera o ano. Fixo que teña-mos que desprazarnos ata 100 quilóme-tros ata para cambiar a pila dun marcapa-sos. Fixo que teñamos nenos de entre 8 e 12 anos en clases unificadas. Empeñouse en que non tivésemos Hemodinámica 24 horas...”.“Os feitos constátanse. Os veciños poden ver como o Partido Socialista no Gober-no Provincial fixo que non haxa nin un só Concello que non teña investimentos mi-llonarios da Deputación, no que non se xeraran novos postos de traballo, no que non se intensificase o Servizo de Axuda no Fogar para non dependentes e a Te-leasistencia para non dependentes, os esquecidos pola Xunta grazas á súa Lei Servizos Sociais; no que non haxa quiló-metros de estradas con aglomerado en quente....”.“Os socialistas podemos ir a calquera concello da nosa provincia e poñernos de exemplo, mostrando pola vía dos fei-tos o noso traballo a pesares de ter unha lexislatura moi complexa, unha oposición

irresponsable e un goberno en minoría. Todos os anos priorizamos a aprobación do Orzamento da Deputación e aprobá-molo. Conseguimos que a Deputación sexa o motor económico e social da pro-vincia, pois os nosos veciños non reciben os fondos que lles corresponden por xustiza social por parte do PP na Xunta de Galicia”.“Investimos máis de 100 millóns na exe-cución de centos de obras que se poden ver nos 67 Concellos, facendo que a Depu-tación lidera a obra pública na provincia. Máis de 1.000 quilómetros en aglomera-do son feitos. Investimos máis de 25 mi-llóns en emprego, ofrecendo uns 1.500 postos de traballo aos nosos veciños, que estaban no paro e hoxe non. Tamén son feitos. Atendemos a uns 1.800 maiores que a Xunta deixou de atender co Servizo a Domicilio para non dependente que fi-nanciamos na súa totalidade. Máis feitos. E outros 1.500 veciños non dependentes coa Teleasistencia gratuíta da Deputación, un servizo que si poden ter aqueles maio-res que non atende a Xunta co seu servizo de copago. Tamén son feitos”.“Creo que os nosos veciños ven os feitos e que non se van a deixar enganar pola promesas sempre incumpridas, por fan-tasías, carteis ou imaxes que son barullos do PP dun día porque despois cando toca facer, cando é necesaria calquera presta-ción pública, dende unha traída de auga, a mellora dun acceso, un plan de empre-go ou un servizo social, aí só está o Go-berno da Deputación dando resposta”.

O PSOE valora negativamente os orzamentos da Xunta

A subdelegada do Goberno, Isabel Ro-dríguez, explicou que o Goberno está a espera de que a Xunta de Galicia resolva todos os trámites que ten pendentes para abordar a construción dunha nova Comisaría da Policía Nacional en Lugo.A subdelegada do Goberno declarou que “a pelota segue no tellado da Xun-ta, que está obrigada a tomar a iniciativa logo de anular a devolución dos edifi-cios da Vella Residencia”. A subdelegada lembrou que os edificios da Vella Resi-dencia son de titularidade da Tesourería Xeral da Seguridade Social pero conti-núan estando adscritos á Xunta para fines sanitarios.Isabel Rodríguez anunciou que o Gober-no manténse á espera de que a Xunta

tome unha postura definitiva e leve a cabo todos os trámites pendentes.A subdelegada lembrou que o Gober-no de España permanece expectante despois de que a Xunta de Galicia, sor-prendentemente, dera marcha atrás nos trámites realizados a principios de ano para recuperar a adscrición dos edificios do Pavillón Xeral e da Escola Universitaria de Enfermería ao deixar sen efecto a retrocesión dos mesmos. Ese acordo tomouno o Consello da Xunta o pasado 31 de maio, xusto an-tes do cambio do Goberno de España, e mantívose oculto, por razóns que non foron aclaradas, á cidadanía lucen-se que non tivo noticia del ata que o descubriu o novo Goberno.

A subdelegada acusa á Xunta de que non se fixese a nova Comisaría

Isabel Rodríguez

Page 32: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

32 novembro 2018 opinión

COLABORACIÓNS

Recoñecendo que son ex-cepcionais, si temos que lamentar falecementos acontecidos nas granxas galegas por mor das ema-

nacións de gases derivadas das fosas de xurro, que ó longo e ancho do noso agro suman case tantas como explota-cións gandeiras existentes, fundamen-talmente de vacún de leite e porcino. Os medios de comunicación, de cando en vez, dan a mala nova onde se pro-ducen accidentes neste tipo de instala-cións con consecuencias fatais, inclusi-ve con varias mortes. Primeiro, cae un desmaiado e logo os que van detrás socorrelo seguen idéntico camiño.Culpable de feitos desta índole é a es-caseza de osíxeno polas escasa ou nula ventilación e un exceso de gases letais, como o metano e o ácido sulfhídrico. Esa combinación provoca a fulminan-te perda de coñecemento e posterior falecemento por axfixia e envelena-mento. Mortes rápidas e doces –aínda que cualificar a morte de doce sone macabro-.Cómpre sinalar que as características xerais do campo no noso País, por todos coñecidas, cun elevado índice de avellantamento dos gandeiros e con escaso relevo xeracional, inciden negativamente á hora de abordar modernizacións en todo o referente ó tratamento dos residuos que se xeran nas explotacións. Engádaselle tamén a antiguedade de moitas desas fosas de xurro e a falta dun eficaz mantemen-to, así como a pouca predisposición a formarse en todo o referente á preven-ción de riscos laborais. O resultado non pode ser bo, máis ben todo o contrario. As recomendacións realizadas para

que non se produzan este tipo de ac-cidentes son, en primeiro lugar, que nunca se leve a cabo a labor de sacar xurro por parte dunha soa persoa. En segundo termo, absterse de entrar nas cortes cando se está batendo. Aparte, no caso de que a fosa estea completamente cuberta, deberá ser ventilada con antelación a facer este traballo. Non semella tan complicado seguir estes pasos, cos cales evitaría-mos desgrazas que non teñen ama-ño. Toda morte nestas circunstancias é unha catástrofe, individual, familiar e colectiva. Por todo, o sector ten que tomar conciencia da perigosidade que conleva manexar os residuos como son os xurros, que ademáis son altamente contaminantes para o medio ambien-te. O tratamento dos mesmos ten que ser unha prioridade. O problema au-menta coa utilización de lodos que pro-veñen de estacións depuradoras como fertilizantes. Unha auténtica bomba se non existe un rigor extremo nas fa-ses de tratado, traslado e depósito. A proba tivémola semanas atrás nunha parroquia vilalvesa, coa intoxicación de tres membros dunha unidade familiar que, milagreiramente, salvaron a vida. En definitiva, unha ameaza, certo, pero que se pode converter en oportunida-de, como acontece en áreas agrícolas avanzadas doutros países europeos –e excepcionalmente aquí en Galicia-, onde estes inevitables residuos que xera o gando son procesados e comercializa-dos como fertilizantes ou tamén para a produción de enerxía para o auto consu-mo, co considerable aforro que suporía para as empresas gandeiras.Estamos a falar de modernización, progreso, salubridade, seguridade no traballo, rendibilidade económica, pro-tección do medio … Varios conceptos que non son en absoluto excluíntes. Ou cando menos, non deberían selo.

Pablo Veiga

Risco constanteCOA NOSA VOZ

Existen dúas opcións para responder a esta pregun-ta. A primeira, e de forma resumida, “Non todo o que coñecemos como cho-

colate pode formar parte dunha ali-mentación saudable” e unha segun-da, algo máis permisiva pero cunha gran explicación posterior “É posible consumir chocolate de forma habitual e manter un estado óptimo de saúde, sempre e cando dito produto conte cunhas características específicas e o resto da alimentación diaria sexa equilibrada e saudable”.Antes de continuar cabe dicir que o chocolate non é un alimento mi-lagroso, non é un súper alimento nin ten beneficios extraordinarios sobre a saúde dos individuos que o consumen de maneira asidua e moderada. De feito, ningún produto aporta tales beneficios posto que é unicamente a suma de dieta saudable e actividade fí-sica, a que permite gozar dun es-tado óptimo de saúde e previr en-fermidades nutricionais futuras. A característica máis relevante á hora de escoller un bo chocolate é a porcentaxe de cacao que presenta, posto que canto maior sexa esa cifra máis saudable será o produto. Aínda que o chocolate con alto contido en cacao ten unha cor máis escura, os produtos escondidos baixo o lema “puro”, “intenso”, “negro”... non es-tán obrigados a levar unha elevada porcentaxe de cacao, polo que buscar dito número na etiquetaxe é a única maneira de detectar se realmente é adoitado para o consumo. Esta in-formación atópase despois da listaxe

de ingredientes ou tamén na carátu-la daqueles con niveis máis altos de cacao. Os chocolates máis recomendables son os que conteñen como mínimo un 80% de cacao. A esas concentra-cións é sinxelo que o padal recoñeza un certo sabor amargo, principal-mente en persoas acostumadas a inxestión de alimentos doces ou azu-crados; non obstante, canto menos azucre haxa na alimentación mais fácil será que o padal se acostume e acabe detectando este tipo de cho-colates coma doces.O ingrediente principal do resto dos chocolates do mercado é o azucre.

Por esta razón aparece de primeiro na listaxe de ingredientes e pode va-riar dependendo de si son con leite, con froitos secos, caramelo, galleta, cereais, etc. No caso do chocolate branco, nin sequera conten unha porcentaxe de cacao en si, se non que leva unicamente a graxa do mesmo, coñecida como manteiga de cacao. Por tanto, o consumo habi-tual destes produtos non é recomen-dable nunha dieta saudable.Cando comer chocolate?O consumo deste alimento adoita darse nos momentos de maior an-

siedade, principalmente durante a tarde-noite ou tras a cea, polo que a súa inxestión está mais relacionada con fame emocional que con fame real ou mera apetencia. Na meiran-de parte dos casos non existe cons-ciencia plena no acto do consumo, o que adoita ocasionar sensación de culpabilidade ou frustración tras a inxestión do mesmo. O ideal sería deixar de relacionar este produto coa ansiedade e incorporalo a dieta como un alimento saudable máis, podendo acompañar merendas, almorzos, ceas... pero sempre en pequenas cantidades e de maneira plenamente voluntaria.

Polo xeral, as onzas dos chocola-tes que presentan maiores can-tidades de cacao son máis gran-des, equivalendo en gramos a tres ou catro das convencionais, así que unha por día é suficiente.Habitualmente nos adultos a inxestión de chocolate e menos permisiva, debido a crenza de que é un produto “malo” e que fai aumentar o peso corporal. Sen embargo, no caso dos pe-quenos este consumo resulta diario atopándose en varios alimentos non saudables como no cacao azucrado do almorzo, nas galletas ou cereais con pe-

pitas ou chocolateados, nos snacks ou bolos ou en forma de crema para untar no pan de media tarde. Coma no caso dos adultos, o chocolate pódese incluír na alimentación dos nenos pero de xeito controlado e coas características adoitadas, é dicir con altos porcentaxes de ca-cao. Para conseguir unha mellora na dieta dos menores pódese optar por cambiar o cacao do almorzo por unha variante sen azucre e có 100% de cacao ou facer unha crema con chocolate a base de aguacate e ca-cao ó 80%.

Marta P. FandiñoNutricionista de Nutripasos

É saudable o chocolate?NUTRICIÓN PASO A PASO

O outro día atopei no parabrisas do coche un papeliño que poñía “Maestro Fofana, famo-so vidente de nacemento,

non hai problema sen solución”. Sinala-ba este Maestro que era capaz de tra-tar con éxito todo tipo de problemas: saúde, amor, cartos, enfermidades… un choio ao outro lado do whatsapp.Josep Pàmies sabe que os papeliños nos parabrisas dos coches non chegan

a tanta xente como as redes sociais e por iso emprega facebook como altofa-lante para recomendar falsos remedios entre os que destaca un tipo de lixivia industrial (MMS) que curaría calquera tipo de enfermidade, dende o ébola ata o autismo. Este señor esquece mencio-nar que o produto que anuncia está prohibido polo Ministerio de Sanidade dende 2010 polos seus efectos adver-sos e se escuda nos posibles intereses que ten a industria farmacéutica. Ao longo do mes de outubro as conferen-cias programadas por este agricultor (como así se define) foron suspendidas, pero o dano xa está feito, unha nai a que entrevistaban en relación a este tema estaba disposta a darlle ao seu

fillo diagnosticado con trastorno do es-pectro autista MMS porque era “unha solución natural e barata e non perdía nada”.Atención especial merece a denomina-da “bioneuroemoción”. A parte “mé-dica” deste movemento procede da chamada Nova Medicina Xermánica, inventada polo doutor Hamer tras a morte do seu fillo. Este home descar-tou de súpeto todo o descuberto sobre patoloxías e decidiu sen ningún tipo de base científica que o avalase, que todas as enfermidades proviñan de conflitos emocionais. Por exemplo, as metás-tases non eran células canceríxenas diseminadas polo corpo, eran novos tumores causados polo conflito interno

de recibir a noticia do cancro orixinal. En España a cabeza visible deste mo-vemento é Enric Corbera, empresario e psicólogo denunciado polo colexio de psicólogos catalán, afirma que todo está na mente e que se non te curas é porque non queres. Así de directo. Ao mesmo tempo sinala que se morres é porque unha parte de ti quere morrer. Estamos ante algo infalible e sen lugar a erro. No seu afán por darlle rigor ao que predica, Corbera formulou o que el denomina ecuación emocional funda-mental na que mestura a física cuán-tica, a teoría da relatividade, a física newtoniana, a bioloxía, a psicoloxía e a metafísica. Un xeroglífico que se pode atopar en internet.

¿Por que algunhas persoas non valo-ran as capacidades do maestro Fofa-na pero sí consideran que beber lixivia disolta pode mellorar un trastorno do espectro autista? ¿por que chegamos a pensar que se padecemos cancro de páncreas é resultado dun conflito por unha herdanza? Porque estamos ante un nivel de engano máis sofisticado e porque en moitos casos a desespera-ción pola diagnose dunha enfermidade sen cura ou o cansancio tras tratamen-tos que non tiveron moita efectivida-de conlevan que baixemos a garda e valoremos outras opcións. Podemos pensar, ¿que se perde por probar? No mellor dos casos, só diñeiro; no peor, a familia, a saúde e mesmo a vida.

Lara Real LemaPsies Psicoloxía

MARABILLOSA-MENTE

As emocións como negocio

Page 33: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 33opinión

Non é normal, non, se-ñores/as representan-tes públicos. Están aí vostedes para resolver, non para entorpecer,

adiar, mentir, ou mudar de criterios en función de intereses de parte. Están aí para servir aos intereses da xente. Digo esto porque desde a asociación que presido (Lareira de soños dos Vi-lares) vimos padecendo na nosa acti-vidade comportamentos viciados de todas e cada unha das institucións que teñen algo que ver coa parroquia chairega de Guitiriz, tanto por parte do Concello, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e mesmo a Diocese da Igrexa.Cando falo dos intereses de tod@s ningunha cousa é máis de tod@s que o patrimonio histórico, sexa material ou inmaterial, etnográfico, arqueoló-xico ou relixioso e na nosa parróquia temos moito e moi importante, e por certo, a maior parte sumido no aban-dono, como en casi todas as parro-quias do país, por desgraza.Temos asumida a impossibilidade de recuperación da maior parte, e por iso nos centramos no traballo de tentar recuperar polo menos aquel aínda sal-vábel e máis valioso ou emblemático, partindo da súa viabilidade e tamén

na rendabilidade económica e social para o futuro. Xermolos promoveu unha campaña de Crowfunding para tellado a casa de Diaz Castro mentira o Concello e a De-putación gastaban 50.000€ no arreglo dunha palleira privada enfrente da casa para aula de interpretación e o inmoble principal sigue a deteriorarse.A nosa campaña para restaurar as pinturas murais da igrexa leva catro anos de entrevistas, visitas, promesas incumpridas e mesmo temos levado o problema ao Parlamento Galego e á oficina do Valedor do Pobo. Non é por antoxo ou cabezonada, é simplemente porque as pinturas unha vez degrada-das corren serio risco de desaparecer. Máis de cinco séculos de antigüidade ben merecen 80 ou 99.000€, nonsí?Tamén, hai dous anos, descubrimos e limpamos unha mámoa de 7.000 anos de antigüidade, emoi bó estado de conservación, a Mámoa das Carricei-ras, e ainda aguardamos um mínimo xesto do Concello ou de Património para sinalizala e protexela.O silenzo é, no mellor dos casos a res-posta ás solicitudes, como o arreglo, e posterior posta en uso social da escola Habaneira da Conchada que vai ca-miño do século co deterioro lóxico da falta de uso e mantemento e sen ade-cuar aos tempos a súa habitabilidade e o mesmo, aplicábel tamén a unha magnifica casa rectoral que rematará tamén a este paso, na ruína.O cume do pasotismo xa é un crucei-ro do Calvario rompido nun accidente

hai nove meses e no que a dia de hoxe, nin Concello nin igrexa, nin Património foron quen de xestionar co seguro o arreglo da cruz; eso si, as escusas e mentiras descargando responsabilida-des uns nos outros foi a tónica común.Poderiamos falar de peticións feitas polos veciños en campaña á Alcalde-sa das que tomou nota e nada fixo na parróquia. Lavadoiros, fontes, muíños, os cobertizos da Feira do Sete...

Iso si, fotos en tramos de un kilóme-tro de Alcaldesa e concelleir@s con Deputados provinciais houbo varias, e paréceme ben, pero gostaría tamén de ver esas fotos dentro da Casa da Xente (Díaz Castro) toda restaurada e sendo centro de cultura do País, ou na Igrexa cos marabiosos frescos do Mestre de Parga lucindo como hai cincocentos anos, ou diante dun panel explicativo ao pé da Mámoa

das Carriceiras ou cos nosos maiores disfrutando da Escola da Conchada como centro social cheo de activi-dades, ou a festa da Pascua lucindo orgullosa o seu Calvario... Mentras, somos as entidades asociativas as que tentamos sen recursos, defender a NOSA história e património do es-quecemento e do abandono mesmo contra a inacción, as mentiras e a fal-ta de sensibilidade das institucións.

Non é normal

Anton Manuel Tenreiro Ferreiro

CARTA ABERTA

Cando hai xa algo mais de catro anos iniciamos a andaina de Si, hai saí-da, a asociación contra a violencia de xénero da

que formo parte, tiñamos claro, por suposto,cales eran os nosos obxecti-vos, e o seguimos tendo, naturalmen-te, a día de hoxe. Axudar as vítimas da violencia de xénero, brindarlles todo o noso apoio e facer xunto a elas ese longo e duro camiño que é rachar co seu maltratador.Pensábamos, tal vez inxenuamente, que isto era algo que todo o mundo daba por sentado, que a nosa finalidade esta-ba perfectamente definida e explicada, e, en consecuencia, todas as persoas que se dirixirían a nos o farían precisamente por eso, porque precisaban axuda para sair da violencia machista ou ben a ase-sorarse para tentar aconsellar e apoiar a alguien que tal vez non se atrevía ainda a dar o paso de acudir a contarnos á súa dura situación, e así é na gran maioría dos casos, pero, en ocasións, e ante a nosa sorpresa, porque malia que a nosa

traxectoria non é longuísima, tampou-co comezou onte, polo que supoñemos que a inmensa maioría da xente xa sabe cal é a nosa labor, vemos con inquietude como se achega a nos algunha persoa con outros fins que nada teñen que ver co noso cometido, e digo con inquietu-de, porque é para nos moi preocupante que existan persoas que non teñan cla-ros determinados conceptos, máxime cando se trata de violencia de xénero.O que mais nos preocupa son esas per-soas que se achegan dando por feito que somos unha alternativa a lei, ou dito doutro xeito, un camiño para obviar a denuncia, e nos requiren outro tipo de actuacións, algunhas que me atrevería a cualificar mesmo de surrealistas, para eludir o único camiño que hai para sair desta lacra: a denuncia.Cando lles explicamos que nos non soa-mente non actuamos por detrás da lei, se non todo o contrario, xa que unha das nosas principais finalidades é lograr que a muller maltratada denuncie e que a nosa actividade está estreitamente ligada a policía, algunhas destas per-soas manifestan a súa sorpresa e a súa contrariedade, xa que din ter noticia de que existe algún colectivo que ten unhas prácticas totalmente diferentes das no-sas, e que o que desexan é precisamente eso, pasar por alto o sen dúbida duro,

pero ineludible, proceso da denuncia e que lles ofrezcamos unha alternativa, alternativas que, como dicía antes, son, en ocasións surrealistas, chegando a solicitarnos, por exemplo, que lle lance-mos ao agresor mensaxes que encerren “sutís ameazas” vía redes sociais, pa-sando por pedirnos que algunha de nos se “infiltre” na súa contorna de amigos, compañeiros, etc, para, ademais de informalas dos seus movementos, pro-ceder a, unha vez nos gañemos a súa confianza, “advertilo”, co que agardan conseguir que a fera se convirta en cor-deiriño.Tal vez soe raro, pero podo asegurar que é a pura verdade.Como verdade é tamén que chegan a nos mulleres que nos dín que a súa pare-lla comunicoulles o seu desexo de rema-tar a relación, ben porque deixaron de estar namorados ou ben porque coñece-ron a outra persoa, algo que sen dúbida doe, pero que é honesto, xa que non as están enganando, e, por outra banda, é algo que lle pode suceder a calquera.Cando lles preguntamos que axuda pen-san que lles podemos prestar, xa que, obviamente, non existe violencia de xé-nero por ningures, a resposta adoita ser que, dado que de todos, ou polo menos da maioría, é coñecido que traballamos con rigor en todo o que ten que ver co

maltrato, tal vez poderíamos falar co home e “presionalo” para reanudar a súa relación deixándolle caer que, de non facelo, poderíamos considerar a posibilidade de denuncialo por quen sabe qué motivo que nos sacaríamos da chistera. Podería seguir citando exemplos, nos que figurarían a solicitude de empregos tras unha separación na que os malos tratos nunca existiron, ou tentar chegar, a través de nos, a acadar prestacións ainda tendo, nalgún caso, unha econo-mía saneada, finxindo ter sido maltra-tada.Sei que isto que estou a relatar é algo que algúns colectivos feministas que non aproban o noso xeito de traballar negan que exista, pero o que non se pode é pechar os ollos a realidade.A violencia de xénero é xa unha pande-mia. As cifras de mulleres asasinadas, de menores, que cada vez son mais, resultan espeluznantes, e, precisamente por eso, porque a situación é xa insopor-table, sen que se albisque a solución, é tremendo que se produzcan este tipo de situacións, que, repito, guste ou non ad-mitilo, existen.Os colectivos contra a violencia de xé-nero traballamos, ou deberíamos de traballar, na procura da axuda as mu-lleres que están a sufrila, elas e as súas

crianzas. Non estamos para exercer de Celestinas ante unha ruptura, nin para usarnos como instrumento de venganza para desafogar o despeito dunha rela-ción que remata contra a súa vontade, nin menos ainda para facer caixa, nin a muller que acude a nos con tan des-prezable pretensión, nin nos, porque si, tamén existen colectivos creados, baixo o pretexto de loitar contra a violencia machista, co único fin de lucrarse e facer da desgraza negocio.É absolutamente lamentable, ademais de moi frustrante, que se den circuns-tancias deste calibre, pero o feito certo e que, por moito que se queira negar a maior , existen.Sempre houbo e haberá quen pretenda sacar tallada da desgraza allea, e a vio-lencia de xénero é, a día de hoxe, unha problemática moi sensible da que moi-tos desaprensivos e desaprensivas non dubidan en beneficiarse. Non é, desde logo, o caso de Si, hai saí-da. Podemos errar e, lóxicamente, como humanas que somos, o facemos, pero os nosos fins, as nosa prioridades, están perfectamente definidas desde mesmo antes de arrancar.Mágoa que non sempre ocorra así, pero, e non podo por menos que reite-rarme, nos, a diferencia de moitos, o temos moi claro.

Obxectivos dos colectivos contra a violencia de xéneroO que moitos aínda semellan non ter claro

Marta R. EngrobaAsc. Si, hai saída.

COUSAS DA VIDA MESMA

Page 34: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

34 novembro 2018 opinión

Nun artigo anterior falaba do achado do sepulcro do Apóstolo Santiago. Nes-ta ocasión tratarei dunha haxiografía estreitamente

relacionada con este Apóstolo: a da Vir-xe do Pilar de Zaragoza. Esta Santiña ten a súa festividade o 12 de outubro, día no que tamén se celebra a Hispanidade —pois o 12 de outubro do ano 1492 a expedición capitaneada polo Almirante Cristovo Colón avistou terra no continen-te americano—.Recordemos que, despois da morte do Salvador, o Apóstolo Santiago veu a te-rras españolas para difundir a palabra de Deus. Este foi un labor sumamente difícil para el posto que, por máis que predica-ba, as persoas que se convertían á fe de Cristo eran moi poucas. A principios do ano 40, Santiago levaba a cabo o seu apostolado en Zaragoza. Conta a tradi-ción que a noite do 2 de xaneiro o Após-tolo estaba especialmente desanimado polos escasos froitos da súa actividade, pero entón ocorreu un prodixio: mirou cara ao ceo e percibiu un camiño de luz. Entre os resplandores apareceu a Virxe María, sentada nun pilar (unha columna de xaspe). A Virxe pediulle a Santiago que

sobre aquel pilar mandara edificar unha capela. O Apóstolo, repleto de xúbilo pola aparición, así o fixo. E esta é a orixe da advocación de María como Virxe do Pilar.A actual Catedral-Basílica de Nosa Seño-ra do Pilar de Zaragoza, de estilo barroco e enormes dimensións, comezou a cons-truírse en 1681 a instancias de Xoán Xosé de Austria, Virrei de Aragón. As cúpulas do templo foron pintadas por Antonio González Velázquez, os irmáns Ramón e Francisco Bayeu e Francisco de Goya. O 3 de agosto de 1936, en plena Guerra Civil Española, lanzáronse sobre a basílica tres bombas; non obstante, milagrosamente, as bombas non estalaron. Outros mila-gres que se lle atribúen á Virxe do Pilar son a curación de Branca I de Navarra ou a restitución a Miguel Pellicer da perna que lle fora amputada. A devoción que os aragoneses lle mostran a esta Virxe é inmensa. Por exemplo, é habitual en Ara-gón que os nenos e nenas, antes de facer a Primeira Comuñón, sexan presentados á Santa, o que se denomina ‘pasar polo manto da Virxe’.Por último, hai que dicir que a Virxe do Pilar acumula un gran número de pa-droados. Deste xeito, é patroa de Zara-goza desde o ano 1642. É tamén patroa da Garda Civil; de Correos e Telégrafos; do Corpo de secretarios, interventores e depositarios de administración local; da Sociedade mariolóxica; do Corpo supe-rior de misións; e da Arma Submarina da Armada Española.

Lucía Otero Gato

A Virxe do Pilar de ZaragozaUNHA OLLADA POLA VIDA Manuel Trinidad,

mais coñecido como O Xamoneiro de Vilalba, naceu polo 1917 na pa-

rroquia dos Vilares de Díaz Castro, na casa do Rei da aldea da Tiñaz e xa desde moi novo empezou no ne-gocio dos trapos, coma moitos mais veciños da súa parroquia. Era irmán de Serafín do Rei (O Rei das perdi-ces), canteiro e poceiro, que ma-nexaba a dinamita con moita arte e delicadeza, pero disto xa falaremos noutra ocasión.Contan que vindo unha vez de xunto dunha moza que tivo na Pena Redon-da de Belesar, ao lado da capela do Ánxel, e coma nos contos de Ánxel Fole, unha noite seica o seguiu o lobo até o lugar da Mouteira, onde se refuxiou subíndose ás escaleiras do hórreo e alí o atoparon os veciños da-quela casa ó día seguinte pola maña, aterecido de frío e case sen fala. Aín-da así seguiu indo a onde ela outra tempada, pero ao final casou coa súa veciña Paquita Sánchez, irmán de Xa-cobe, hoxe un dos mellores anticua-rios de Galiza e do Estado.Paquita naceu na casa de Guinea das Reixas no ano 1920 e cando tiña tres anos seus pais emigraron á Arxentina, pero ela quedou alí con seus avós maternos ata que volve-ron dez anos despois. Logo fóronse a vivir á Casa da Esquina de Guiti-riz, onde tiñan taberna e de onde tiveron que fuxir para a casa que fixeron nos Vilares por vinganza dos falanxistas que ían a comer e beber alí, pero non pagaban porque non lle perdoaban a seu pai que fora

concelleiro durante República.Nesta parroquia sempre houbo xen-te emprendedora que se votou polo mundo a facer negocio coas cousas mais ínfimas e de pouco valor, como son os trapos vellos. Das mais de catrocentas casas que había na pa-rroquia contaríanse cos dedos das mans as que non contaran con un trapeiro e incluso nalgunha había ata tres ou catro. Lembro que sen-do neno, pola festa da Pascua ían os músicos da orquestra tocar á misa e un dos músicos ollou que na fa-chada do campanario había un San Miguel de pedra con unha balanza na man e díxolle aos seus compa-ñeiros: Manda carallo! Aquí ata os santos teñen romana.Ninguén mellor que os trapeiros, soubo darlle valor a esa mercancía e sacarlle un diñeiro tan necesario para, naqueles tempos de autarquía, poder mercar o que non se producía na casa. Non era un problema de ser dunha casa rica ou probe, pois, ao non haber outro modo de facer car-tos, tamén os mais ricos saían polo mundo a ese negocio.Como dixemos, Manuel empezou nese oficio e ía mercar trapos polas casas ou trocándoos por navallas, agullas, dedais, espellos, barallas, coitelas de afeitar e outras cousas de escaso valor, como facían todos os trapeiros, pero despois, can-do casou con Paquita, a mediados dos anos corenta do século pasado, trasladáronse a Vilalba e mercaron un almacén na rúa Campo de San Xoán, no que gardaban a mercancía que lles mercaban a outros trapei-ros, aos que tamén lles prestaban cartos que logo lles descontaban na mercancía, converténdose así en in-termediarios entre os trapeiros e as empresas que os procesaban; pero ao mesmo tempo, e ao irse acaban-

do o negocio dos trapos, empezaron a mercar tamén xamóns, lacóns, touciño, untos, unllas, chourizos e outras partes do porco que os ve-ciños das aldeas tiñan que vender para facer un diñeiro co que cubrir outros gastos da casa, polo que eran coñecidos en Vilalba e en toda a comarca chairega como O Xamo-neiro e a Trapeira de Vilalba. Ían de feira en feira por toda a co-marca da Terra Chá e nunca falta-ban ás feiras de Parga e á desapa-recida Feira do Sete dos Vilares, chamada así porque se celebraba o día sete de cada mes, feira que desapareceu ao negarse a acudir a ela os tratantes de Vilalba porque cadraba moi cerca no calendario coas dúas feiras de Parga e así afo-rraban unha viaxe, pero obrigando ós veciños dos Vilares e do arredor a ir ás de Parga si querían vender algún produto. Sempre ían os dous e Paquita era normalmente a que se encargaba de mercar queixos ovos, nabizas, repolos, manteiga e outras cousas que normalmente levaban as mulleres, namentres Manuel fa-cíase cargo de mercar patacas, xa-móns e demais pezas do porco, que case sempre eran os homes quen as levaban e os que facían o trato.Daquela as feiras eran moi impor-tantes para a comunidade labrega, pois era o único sitio onde se podía vender un becerro ou unha vaca, si non se chegaba a un acordo cos tratantes que algunhas veces viñan pola casa, e era o único xeito de ven-der algúns produtos do agro criados daquela con tanto agarimo, antes de ser producidos de calquera xeito en granxas deshumanizadas e que logo mercamos nas grandes superficies. Por iso eran tan necesarios O Xa-moneiro, A Trapeira de Vilalba e os produtos dos nosos labregos.

Raul Río

O Xamoneiro e a Trapeira de VilalbaFAÍSCAS QUE ESPALLA O VENTO

O mesmo dá que dá o mesmo, para que cada quen pense ou cavile o porqué das cousas que xorden; non todas

son casualidade. Subxectivamente adóitanse escoitar anécdotas, moi-tas das veces sen fundamento, por-que do mal aprendido xorden de-rivacións da ignorancia concibida, situacións incorrectas dos pensa-mentos cheos de erros, que soen ser unha miguiña fantasmáticos, dado que como o falar non ten cancelas, aí vai coma o touro cando salta ao rodo, “alborotado”, sen saber por que e para que xorden desavenen-cias imprevistas e desaxeitadas.

Así parece que para facer compa-ranzas, innecesariamente, debido aos comentarios que adoitan crear malos entendementos, para bara-fustar entre uns e outros sen ato-par razoamentos axeitados, pro-piamente dignos para recapacitar unha miguiña máis en pro e para remediar males que soen vir de con-taxios derivados xeralmente dunha herencia psicoloxicamente egoísta e indigna, procedente de todos os males socialmente perigosos por causas irreversibles, circunstan-cialmente derivadas da súa propia natureza que os seres humanos asumiron, asomen e seguirán asu-mindo durante a existencia. Con-tinuadores de hábitos e costumes pasados, presentes e futuros, cau-sados por tantas inquietudes impre-cisas, permanentemente xunguidas correspondentemente a cada quen sen atribuír semellantemente o cua-lificativo que adoita dicirse pagar o xusto polo pecador.

Aquel mestre ao alumnado insi-nuaba que nunca chovía nin chove a gusto de todos, e recalcaba que cada quen debía e debe ser respon-sable dos seus actos, para que to-dos estean preparados para activar con natureza orixinariamente con fundamentos modélicos contem-plativos e proposicións lóxicas e precisas con amor platónico, dig-namente propio e necesario, que se necesita para fortalecer a alma, ideoloxicamente espiritual e satis-factoriamente en paz.Imaxinariamente xorden pensa-mentos derivados de ambientes con optimismo cheos de fantasía para discorrer a onde ir e vir, que o sentido común esixe capacitar-se para chegar unha miguiña máis lonxe. Experimentalmente aparecen elementos creadores imaxinarios de imaxes que cada quen quixera utilizar ao seu antollo para poder desligarse dos límites que a pro-pia realidade rexeita para admitir

simbolicamente denominacións vulgarmente sinxelas que propia-mente esixen recorrer aos clásicos refráns para facer comparanzas adecuadas e básicas con exemplos: “non hai pega sen mancha negra!”, “nas uñas ou nos pés has de imitar a quen es!”.Parafrasear tan importante foi, é e será sempre expresivamente un conxunto de ideas comunicativas, orientativas de conceptos termino-lóxicos dunha gramática xeradora para identificar e diferenciar ver-bal e nominalmente o decisiva que foi, é e será sempre a arte de ler e escribir correctamente, tan ne-cesaria e satisfactoriamente para o desenvolvemento da propia lin-guaxe, con normativas especifica-mente desde o siglo XX, definidas morfoloxicamente.Aquel mestre, autor do Libro do Xosé, ao alumnado transmitía que fosen posuidores axeitadamente con sentido común dunha imaxina-

ción intelixente, tan necesaria psí-quica e comprensiblemente para re-solver acontecementos diversos que xorden con factores propios, para valorar as condutas intelixentes, porque o falar non ten cancelas; e así censurar a quen todo o sabe..., en pro e para distinguir a utilidade que a natureza desprende psicoloxi-camente xunguida ao pensamento favorablemente, en forma de ins-trumento creativo de transmisión comunicativa, significadamente propios de emocións e xestos ambi-ciosos, sensiblemente simbólicos e afectuosos sen fin.Por iso aquel renomeado mestre aos discípulos esixía e desexaba madureza, primordialmente axei-tada para unha aprendizaxe dig-na, bioloxicamente en forma, para producir sementes anovadas física e socialmente útiles e beneficiosas, cultivadoras, eficazmente ligadas a un sen fin de felicidade, pola gracia de Deus.

Ramón Paz GuntínA Casa dos Marios

Tempo de anécdotasO LIBRO DE XOSÉ. MEMORIAS POPULARES

Santa Capela da Nosa Señora do Pilar de Zaragoza

Page 35: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 35sociedade

A IV edición do Samaín da Castronela reuniu moita xente no pavi-llón municipal de Friol. Desfrutaron de xogos e actividades.

O Centro de Día de Abadín, rematou o venres a xira teatral que achegou a comedia O enterro barato aos centros de día de Begonte, Ribadeo, Lourenzá e Castro Ribeiras de Lea.

12 mulleres remataron o curso de defensa persoal impartido por pro-fesorado da Academia Galega de Seguridade e o Concello de Rábade.

O Rally San Froilán percorreu varias estradas de Meira, Outeiro de Rei, Friol e Pol. Esta competición supón unha oportunidade única para a visibilidade da provincia.

A Asociación Cultural Eme de Meira fixo un magosto no que desfrutaron de castañas asadas, boa música e actividades para os máis pequenos.

O Concello das Pontes acolleu a finais de outubro, a 29º edición da Feira de Fungos e Cogumelos na que a gas-tronomía, a música e os espectáculos na rúa foron, xunto co concurso de cestas, os principais protagonistas.

Page 36: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

36 novembro 2018 sociedadesociedade

A Praza dos Fornos da Pontenova acolleu unha vez máis o mítico Aberto do Ferro, correspondente á segunda xor-nada da Liga Nacional de Billarda da conferencia NorLeste. Así pois, rematado o xogo, fíxose entrega dos premios.

O obxectivo da aula CeMIT de Riotorto é ensinar novas tecnoloxías, en especial onde a brecha dixital faise máis evidente que é no rural.

Charla sobre Alzheimer que se impartiu en Lugo na que estiveron pre-sentes os alumnos do IES Lois Peña Novo de Vilalba.

Comida peña Peña Peón que, un ano máis, se xuntaron no restaurante A Nova Ruta para desfrutar de un xantar de confraternidade.

Veciños de Vilalba debateron na Escola Habaneira de Santaballa sobre a importancia da igualdade da muller no rural. A xornada estivo organizada polos socialistas coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Agarimo.

A VI Edición da Marcha Ciclista Unificada na que ducias de ciclistas con discapacidade percorreron a etapa Friol-Parga.

A Asociación Feminista de Vilalba realizou unha charla sobre a visibilización do colectivo LGTBI para o alumnado do IES Santiago Basanta Silva.

Page 37: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 37sociedadesociedade

Oito amigos das Pontes viaxaron ata Yakutat (Alaska), para desfrutar dun-has inesquecibles xornadas da pesca do salmón.

A Fundación Amigos de Galicia, nun emotivo e concurrido acto, fixo entrega do seu máximo galardón, a medalla de ouro da Fundación, ao veciño Ángel Carral. Unha gran honra para o Concello de Rábade.

O IES Lois Peña Novo conmemorou o Día Internacional contra o Cancro de Mama cun cartel no que rapaces e algúns mestres plasmaron as súas mans.

Unha vintena de establecementos comerciais participaron na XI edición do Mercado de Oportunida-des Vila das Pontes, que se instalou os días 27 e 28 de outubro, na avenida da Coruña.

O pasado domingo 21 de outubro, medio centenar de rapaces e rapazas de varios concellos galegos participaron nun novo itinerario cicloturista organizado por Biciclistas Galegos en Xermade.

O Concello celebrou unha nova edición da Carreira Popular de Xermade, concretamente a novena, que tivo lugar o sábado 13 de outubro e que congregou a moita xente, que o pasaron moi ben, fixeron deporte e ademais divertíronse e percorreu por vías do Concello. As fotos son cortesía de Fermín Pena.

O músico Pakolas estivo animando a tarde na Biblioteca de Xermade, onde os mais cativos e algún adulto divertiuse moito.

Page 38: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

38 novembro 2018 cultura

AXENDA DA TERRA CHÁ

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 / 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Centro de Saúde: 982 33 21 41

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 / 982 50 40 57Garda Civil: 982 52 00 17Centro de Saúde (cita previa): 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 / 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Centros de Saúde (cita previa) 982 31 10 18Castro de Rei: 982 31 42 11Ribeiras de Lea: 982 31 11 14

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Centro de Saúde: 982 39 69 02

XERMADEConcello: 982 50 10 01 / 982 50 20 03

/ 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 / 982 50 10 55

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Garda Civil: 982 39 00 05Centro de Saúde: 982 39 01 01

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Garda Civil: 982 37 00 01Centro de Saúde: 982 37 21 10Parga P.A.C: 982 37 05 00

VILALBAConcello: 982 51 03 05 / 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 / 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Centro de Saúde (cita previa): 982 51 03 11

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil : 982 37 50 02Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05 OUTEIRO DE REI

Concello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 35 69 27 Cita previa: 982 33 02 40

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 / 982 34 53 76

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

ABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Centro de Saúde: 982 50 81 22

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

Teléfonos: www.terrachaxa.com+

TELÉFONOS DE INTERESE

PRESENTACIÓN LIBRO INVISIBLES16 de novembro do 2018 ás 21:00Xermade

PELÍCULA DURIENSES16 de novembro do 2018Casa das Insuas de Rábade

IV FEIRA DO MEL17 e 18 de novembro do 2018Muras

BANDA DE MÚSICA DE VILALBA17 de novembro do 2018Auditorio Carmen Estévez de Vilalba

EXCURSIÓN A SEGOVIA E MADRID17 e 18 de novembro do 2018Previa inscriciónRiotorto

MAGOSTO NO CURRO VELLO17 de novembro do 2018Guitiriz

CAMPIONATO DE TUTE17 de novembro do 2018Árbol, Vilalba

BIG BAND YOUNG MURAJAZZ17 de novembro do 2018Casa da Cultura de Outeiro de Rei

EVENTOSTEATRO INNOVATING... OU ALGO18 de novembro do 2018 ás18:00Centro Socio Cultural de Rábade

TEATRO MARIONETAS TRÉCOLA20 de novembro 12:00Begonte

XUNTANZA CABALAR24 de novembro do 2018Castro Ribeiras de Lea

CONTACONTOS24 de novembro do 2018Centro Terapeútico Mondo de Vilalba

ANDAINA XERMADE CONTRAA VIOLENCIA DE XÉNERO25 de novembro do 2018Xermade

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA30 de novembro do 2018Auditorio Carmen Estévez de Vilalba

IV RUTAS DAS TAPAS30 de novembro e 1 de decembroRiotorto

MERCADO DE NADAL10 de decembro ao 5 xaneiroMuimenta

APLICACIÓNS ÚTILES NAS VIAXES14 de novembro do 2018Aula CemitGuitiriz

DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES17 de novembro do 2018Auditorio Carmen EstévezVilalba

VIDEO DIXITAL21 de novembro do 2018Aula Cemit de Guitiriz

LECTURA DIXITAL28 de novembro do 2018Aula Cemit de Guitiriz

YOUTUBE E CANAIS DE VIDEO12 de decembroAula Cemit de Guitiriz

RECICLAXE10 e 24 de novembro do 201810 de decembro do 2018EcoEscola As CampeirasAs Pontes

RESTAURACIÓN DE MOBLESSábados de novembroPrevia inscriciónMeira

CURSOSTALLA DE MADEIRAMartes e xoves de novembroPrevia inscriciónPol

RETOQUE FOTOGRÁFICOMércores de novembroBretoña

BAILES DE SALÓNTodos os xoves ata xaneiroMeira

COS PÉS NA TERRAExposición de zoqueirosAta o 25 de novembroCapela de Santa MaríaLugo

EXPOSICIÓNS

IV CERTAME POESÍA DÍAZ CASTROPresentación ata o 31 de decembro do 2018 en Guitiriz

V CERTAME DE RECITADO POÉTICO ROSALÍA SEMPRE VIVAPresentación ata o21 de febreiro do 2019

CERTAMES

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

Page 39: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

novembro 2018 39cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...que ler?

que ver?

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a des-confianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida. Kusuma é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.

KusumaHéctor Cajaraville, autor e

María Sánchez Lires, ilustradora

que escoitar?

Supuxeron unha insólita flor no xardín do pop galego cun epé que mesturaba garage, psicodelia e letras en portugués. Agora, o formato elepé, permíte-lles ampliar aos de Vigo o rexistro engatusando cos seus ecos, o seu aroma retro e a súa facilidade por deslizar as melodías por un tobogán psicodelico. Unha proposta estraña, pero tremendamente adictiva.

BifannahMaresía, 2017

Todo o que quere Clara (Mackenzie Foy) é unha chave única que abre unha caixa que contén un agasallo de valor incalculable que pertenceu á súa defunta nai. Un fío dourado, que lle ofrecen na festa anual do padrino Drosselmeyer (Morgan Freeman), condúcelle á cobizada chave e non tarda en desaparecer nun estraño e misterioso mundo paralelo.Alí é onde Clara atopa a un soldado chamado Phillip (Jayden Fowora-Knight), a unha pandilla de ratos e a os rexentes que presiden tres dos catro Reinos: a Terra dos Copos de Neve, a Terra das Flores e a Terra dos Doces. Clara e Phillip deben desafiar ao terrible Cuarto Reino onde vive a tirana Nai Ginger (Helen Mirren), para recuperar a chave e, con sorte, reinstaurar a harmonía nun mundo inestable.

El Cascanueces y los cuatro reinosAventuras e familiar, 2018

Marta Rodríguez EngrobaAsociación Si hai saída

un libro un disco

Al cerrar la puertade B.A. Paris

Paint the sky with starsde Enya

unha película unha personaxe histórica

La chica del tren Clara Campoamor

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Roma Lugo

unha comida unha bebida

Ovos fritos con patacas.Sen ningunha dúbida!

Unha copa de viño mencía

Page 40: novembro 2018 A Chaira, En Negro vilalba.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRC_Novembro_179.pdf · novembro 2018. A Chaira, En Negro. A Deputación e varios concellos súmanse

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de VilalbaDESCUBRINDO O PATRIMONIO CHAIREGO

Emprazado na rúa Doctor Domingo Goás da capi-tal chairega, o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV) ofré-

cenos de forma gratuíta unha mi-rada cara a Prehistoria e a Historia Antiga do noroeste peninsular, unha importante oferta cultural que resulta realmente interesante para comprender a historia de Ga-licia e da Terra Chá.As orixes deste museo están vin-culadas estreitamente coa figura

de D. José Ramil Soneira (1919-2014), médico de profesión e gran estudoso da arqueoloxía, que en 1966 comezaría coa súa labor de investigación arqueolóxica tras o achado de lascas de sílex pre-to do que posteriormente sería coñecido coma o primeiro xace-mento do Paleolítico Superior do que se ten constancia en Galicia

(Santaballa). Coa fin de investigar e dar a coñecer o descubrimen-to, Ramil púxose en contacto con distintas institucións (Deputación, Universidade, etc.), máis topou cunha rotunda falta de interese e estudos específicos sobre a Pre-historia. Non obstante atoparía os apoios precisos na Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Ins-tituto Padre Sarmiento, dirixida por Bouza Brey, que recoñecerán os hachados e o integrarán na ins-titución, apoiando ademais dis-

tintas prospeccións na Terra Chá, na cornixa Cantábrica, na comarca Bergantiños e no litoral sureste pontevedrés, todas elas co obxec-tivo fundamental de coñecer e por en valor esta etapa fundamental da historia.Ramil realizará unha primeira eta-pa de traballo en solitario, locali-zando abrigos paleolíticos como

Pena Grande (Santaballa), Prado do inferno (Muras) os Penedos (Santaballa), varios talleres de silex e xacementos Mesolíticos coma o de Xestido (Xermade). No 1971 a Real Academia Galega galardóao por un traballo sobre Paleolítico superior e a ciencia académica recoñece finalmente os descubrimentos, participando, pasivamente, nas intervencións. Nos anos 80 ata 90 continuarán os traballos cun equipo multidisci-plinar na zonas do Xistral, Arnela

e Xestido, co descubrimento de 9 abrigos, materiais de cuarzo e sí-lex e un cazadoiro ó aire libre, en-tre outros múltiples resultados en distintos enclaves.No ano 1991 crearíase oficial-mente o MUPAV, institución que dende que se impulsarían os pos-teriores traballos de investiga-ción, cun marco de estudo sobre

a poboación do Paleolítico e Me-solítico das serras setentrionais de Galicia, xunto coa labor de reconstrución paleoambiental da zona. Os materiais atopados nas prospeccións pasarían a forma-rán parte das bases da colección estable do museo, ás que pau-latinamente se sumarían outros restos dos novos descubrimentos, aqueles procedentes de colec-cións privadas ou das achegas da veciñanza.A día de hoxe o MUPAV presenta a

mellor e máis completa colección da Idade da Pedra Lascada do no-roeste peninsular (dos que destaca Pena Grande, ocupación humana máis antiga de Galicia), expoñendo ó longo das súas distintas salas ma-teriais procedentes de xacementos do Paleolítico inferior, Paleolítico superior, Epipaleolítico e Mesolí-tico, ademais doutros restos signi-

ficativos da Idade da Pedra Pulida, Da Idade do Bronce, do Ferro e da ocupación Romana. Presenta un percorrido único ordenado por blo-ques cronolóxicos, cunha estrutura da montaxe que combina os paneis nos que explican os mecanismos sociais e económicos da época, res-tos materiais expostos nas vitrinas, maquetas e módulos interactivos. Ademais da exposición permanen-te o MUPAV completa a súa oferta informativa con exposicións tempo-rais e temas trimestrais.

Compre por tanto por en valor a importancia deste museo chai-rego, o cal recolle os restos máis antigos da nosa historia, axudán-donos a comprender todos os pro-cesos económicos e sociais que xurdirían posteriormente. Unha “semente” ignorada durante dé-cadas e que supuxo o xerme da sociedade actual.

Os materiais atopados nas prospeccións

pasarían a formar parte das bases

da colección estable do

museo, ás que se sumarían outros restos dos novos descubrimentos das achegas da

veciñanza O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV)