memoria club lectura a árbore vermella 2011-2012

57
Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012 1 MEMORIA: CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA Coordinadora: Isabel Cota Muñiz Colaboradoras permanentes: Mª Carmen Fernández González Antonia Roncero Martín. Blog:http://bibliochivite.blogia.com/temas/club-de-lectura-a-arbore-vermella.php Verín, 20 Xuño, 2012

Upload: isabel-cota

Post on 09-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Memoria club lectura A árbore vermella 2011- 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

1

MEMORIA:

CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA

Coordinadora: Isabel Cota Muñiz

Colaboradoras permanentes: Mª Carmen Fernández González

Antonia Roncero Martín.

• Blog:http://bibliochivite.blogia.com/temas/club-de-lectura-a-arbore-vermella.php

Verín, 20 Xuño, 2012

Page 2: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

2

• COMPOSICIÓN. NÚMERO DE PARTICIPANTES.

PROFESORADO RESPONSABLE E COLABORADOR:

Funcionou un primeiro grupo integrado por 25 alumnos de ESO todos os xoves ás 16:30.

Houbo un segundo grupo formado por alumnos de 2º de Bacharelato, ex-alumnos e ex-

profesores do centro (un total de 14 participantes). Houbo con este segundo grupo un

encontro por trimestre, dado que o feito de non estar a vivir en Verín os ex-alumnos e ex-

profesores dificultou atopar datas para reunirnos. De todos os xeitos os alumnos de

Bacharelato puideron asistir ás reunións semanais con alumnos de ESO ás que lles foi posible,

e que tamén consideramos interesantes para eles, os xoves ás 16.30.

Os dous grupos estiveron coordinados por Dª Isabel Cota Muñiz, profesora de Lingua Inglesa,

coa colaboración permanente de Dª Mª Carmen Fernández González, profesora de Lingua

Galega e de Dª Antonia Roncero Martín, profesora de Lingua Castelá e Literatura. Contamos

coa axuda e participación en moitas sesións do profesor do Dpto. de Plástica D. Víctor Rguez.

Romero, cuxo papel no proxecto Poemas da cidade oculta – Libro dos cans foi fundamental.

Tamén colaborou connosco, guiando as sesións musicais, D. David Rodríguez Rivada, do Dpto.

de Música. Aínda que non estivo este ano connosco no centro, acompañounos dende a

distancia o profesor de Lingua Castelá e Literatura D. Francisco Javier Fontenla García, agora

con destino definitivo en Ourense. Tivemos a sorte de seguir contando coas sabias ideas e

suxestións, tamén dende a distancia, de Dª Mónica Pazos Martínez, profesora de Lingua

Galega. Ademais, novamente, aínda que lonxe (dende o seu actual destino na provincia de

Zaragoza) perto grazas ás novas tecnoloxías, estivo connosco a profesora de Lingua Castelá e

Literatura Dª Teresa Losada Romero, cuxo marabilloso blog (Robando Rosas http://las-rosas-

de-las-avenidas.blogspot.com) é sempre fonte de inspiración. Expresamos tamén o noso

agradecemento a Dª Virginia Calviño Baltar, profesora de filosofía, que estivo destinada no

noso centro e actualmente é docente no IES Ribeira do Louro de Porriño, polas súas

suxestións: libros, longametraxes, curtas, exposicións... polas súas aportacións sempre tan

enriquecedoras. Seguimos co noso proxecto conxunto Adiviña quen é (Ver:

http://bibliochivite.blogia.com/2012/040301--adivina-quen-e-isaac-diaz-pardo.php) e Virxinia,

o seu compañeiro do Dpto. de Dinamización Lingüística Delio e un grupo de 15 alumnas

tiveron a enorme xenerosidade de vir ata Verín e compartir con nós a interesantísima

actividade que levan a cabo dende hai anos: “Grandes mulleres da historia visitan as aulas

galegas”.(Ver:http://bibliochivite.blogia.com/2012/031201-dia-da-muller-actuacion-das-

alumnas-do-ies-ribeira-do-louro.php )

O club de lectura tivo tamén unha vinculación especial coa Axenda 21 do noso instituto (blog:

http://bioquimchivite.blogia.com), que ten como coordinador a D. Javier Rodríguez García, do

Dpto. de Ciencias. A Axenda 21 é un programa para desenvolver a sostibilidade a nivel

planetario e gran parte dos seus obxectivos dependen case en exclusiva do papel das

comunidades locais, das actitudes e comportamentos dos cidadáns. É preciso concienciar o

noso alumnado e inculcarlles valores que os convirtan e cidadáns comprometidos coa vida do

seu planeta, e pensamos que os cidadáns sensibles ante os problemas de sostibilidade do seu

medio ambiente tamén o son ante a cultura en todas as súas manifestacións.

Page 3: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

3

Sinalar tamén que o traballo de promoción da lectura e a cultura do club de lectura está

recollido no proxecto lector do centro e que traballos e materiais elaborados polo club (por

exemplo, presentacións a partir de novelas gráficas, como Emigrantes, de Shaun Tan) son

empregados por profesores que imparten Hora de Lectura. (Ver o blog creado con traballos

feitos por alumnos e profesores de diversas materias:

http://emigrantesinterdisciplinares.blogspot.com/)

Tamén traballamos conxuntamente nalgunhas actividades co Equipo de Dinamización da

Lingua Galega do noso Centro (blog: http://ofiadeirodalingua.blogspot.com, coordinado pola

profesora Dª Carmen Rivero ( visitas de escritores e cantautores galegos, certames literarios,

concursos, como Quen é o personaxe?, sobre figuras relevantes da comarca e arredores,

actividades como o proxecto Compartindo a lectura, no que os rapaces leron ós seus

compañeiros os seus poemas e contos favoritos, ben de autores relevantes, ben escritos por

eles mesmos…). Igualmente, o club de lectura colaborarou con e recibiu a axuda do equipo da

Biblioteca Escolar, do que é responsable Dª Rebeca Ares. Toda a información sobre o Club de

lectura A Árbore Vermella estará no blog da biblioteca do

instituto(http://bibliochivite.blogia.com) no apartado Club de lectura A Árbore Vermella:

(http://bibliochivite.blogia.com/temas/club-de-lectura-a-arbore-vermella.php)

• ACTIVIDADES REALIZADAS:

- 9 Setembro: (ex-alumnos e ex-profes): A ópera dos tres reás.

- 13 Outubro: Comeza o club de lectura, O peixe vermello e A árbore vermella.

- 21 Outubro: Basi e os seus amigos, Visita de Julia e Víctor.

- 28 Outubro: Curtametraxes Kiwi e Black Hole, avaricia e ambición.

- 3 Novembro: O cazo de Lorenzo, O meu irmanciño da lúa e Que tes debaixo

do sombreiro?, historias para aprender, que nos afectan a todos.

- 10 Novembro: O elefante encadeado e unha marabillosa historia sobre o

amor e a dor.

- 18 Novembro: Concerto de Santa Cecilia – Recital Piano-Chelo.

- 24 Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia Cara ás Mulleres.

- 1 Decembro: El rey pájaro y otros esbozos, de Shaun Tan.

- 8 Decembro: Presentando o poeta que nos visitará este ano: Estevo Creus.

- 12 Xaneiro: Lendo Poemas da cidade oculta.

- 19 Xaneiro: Lendo Poemas da cidade oculta II.

- 26 Xaneiro: La mujer esqueleto – Alas y olas – Clandestinos.

Page 4: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

4

- 1 Febreiro: Concerto Despois de ti a chuvia (Carlos Caneiro e Emilio Rúa).

- 9 Febreiro: Os Poemas da cidade oculta de novo no club.

- 24 Febreiro: Concerto de Nach en Ourense. (Asistencia tamén de ex-alumnos

e ex-profesores).

- 1 Marzo: O libro dos cans, de Estevo Creus.

- 8 Marzo: La casa, de J. Patrick Lewis e Roberto Innocenti.

- 15 Marzo: O libro dos cans de novo no club.

- 22 Marzo: Preparándonos para a chegada de Estevo Creus, construimos unha

balea (Poemas da cidade oculta) e tamén facemos casas (Libro dos cans).

- 23, 24 e 25 Marzo: Stand Poemas da cidade oculta no pavillón de Verín

durante as festas do Lázaro.

- 12 Abril: Compartimos os itinerarios (inspirados polo poemario Poemas da

cidade oculta) feitos polos alumnos do club, os de Plástica e os de

Deseño Gráfico Dixital. Ambientamos o instituto antes da visita de Estevo

Creus.

- 19 Abril: Grazas, Estevo. Estevo Creus no club de lectura. (Asistencia tamén

de ex-alumnos e ex-profesores).

- 24 Abril: Pais dos alumnos do club de lectura veñen a ver todo o traballo

feito polos seus fillos a raíz da lectura das obras Poemas da cidade oculta e O

libro dos cans.

- 26 Abril: A manta, de Isabel Minhós Martins e Yara Kono.

- 3 Maio: A árbore xenerosa, de Shel Silverstein.

- 10 Maio: Visita a Santiago de Compostela. Asistencia ó Centro Galego de Arte

Contemporánea para presenciar o espectáculo Baleadas, inspirado polo último

poemario de Estevo Creus, o poeta sobre cuxa obra traballamos este ano no

club de lectura. Percorrido pola cidade e visita á Cidade da Cultura.

- 24 Maio: Alumnado e profesorado do club de lectura len textos escritos por

eles.

- 31 Maio: Adele en vivo no Royal Albert Hall.

- 7 Xuño: Actuación da actriz Ana Isabel Roncero Martín.(Asistencia tamén de

ex-alumnos e ex-profes)

Page 5: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

5

ACTIVIDADES DETALLADAS

- 9 de Setembro: A ÓPERA DOS TRES REÁS

Profes, ex-profes, alumnos maiores e ex-alumnos asistimos a este incrible musical.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/090901-a-opera-dos-tres-reas.php

O grupo de ex-profes e ex-alumnos do club de lectura A árbore vermella comeza este curso

2011-2012 asistindo á representación, por parte do Centro Dramático Galego, da Ópera dos

tres reás, de Bertolt Brecht en Ourense.

"A compañía pública galega actualiza o clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill baixo a dirección

escénica de Quico Cadaval—quen asume tamén a dramaturxia— e a dirección musical de

Diego García Rodríguez. Luis Tosar, a cara más recoñecida do panorama cinematográfico actual

e un dos actores máis solicitados, Marcos Orsi, Muriel Sánchez e César Goldi encabezan o

elenco deste drama musical do que tamén forman parte Alba Messa, Víctor Mosqueira,

Mónica de Nut, Marta Pazos, Francisco Pérez "Narf", Begoña Santalices e Sergio Zearreta,

acompañados en directo polos músicos Suso Alonso, Rui Bandeira, Pablo Castaño, Andrew

McNeill, Saúl Puga, David Rodríguez, Adrián Viñas e Vadzim Yukhnevich.

Baseada na peza do dramaturgo inglés John Gay A ópera do mendigo (1728), a obra constitíu o

éxito teatral más importante de Brecht. Ás formulaciones escénicas do dramaturgo alemán

uniuse unha fascinante partitura composta por Kurt Weill, na que incorporou cabaret, jazz e

música culta, aínda que satirizada. Algúns dos seus temas musicais adquiriron grande éxito por

si mesmas, como A balada de Mackie o Navalla, Jenny a dos piratas, A canción dos

canóns, Barbara song e A balada do bordel que foron inmortalizados por grandes cantantes

como Louis Armstrong, Edith Piaff, Nina Hagen, Tom Waits, Ute Lemper, Sting...

Brecht sitúa no Londres dos anos 20 un mundo de delincuencia, crise, prostitución, miseria e

abusos, no que o popular delincuente Mackie Messer seduce a filla do rei dos mendigos. Unha

voda nunha corte é o detonante dunha carreira vertixinosa en que os mendigos, as prostitutas

e a policía comparten protagonismo, audacias e un final sorprendente.

Música e palabra, da man, ofrecen unha obra que busca o goce xunto á reflexión."

Page 6: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

6

- 13 de Outubro: O peixe vermello e A árbore vermella.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/092201-o-peixe-vermello-na-arbore-vermella.php

O club de lectura comezará este ano descubrindo ós novos integrantes A árbore vermella e

gozando todos e todas tamén cunha nova pequena xoia que acabamos de atopar: O peixe

vermello (click tamén aquí).

O PEIXE VERMELLO

- 21 de Outubro: Basi e os seus amigos, visita de Julia e Víctor.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/090102-ilustracion-dun-conto-infantil-basi-e-os-seus-

amigos-.php

Julia Rivada, profesora de educación infantil (nenos de 3 a 5 anos) do centro Canicouva (Vigo),

escribiu un conto titulado "Basi e os seus amigos".

Baseouse na figura lendaria do basilisco, unha criatura pertencente á mitoloxía galega que é

mestura de serpe, sapo e galo, e que ten o poder de matar a calquera dunha soa ollada.

Page 7: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

7

Xunto cos alumnos do seu anterior centro (C.R.A. A picoña, "Raíña aragonta") creou a Basi,

unha basilisca do máis peculiar, que emprende unha viaxe na que atopará amigos diferentes a

ela pero capaces de compartir o seu mundo.

Xa cos alumnos do seu actual centro, converteu o conto nunha obriña teatral, na que houbo

todo tipo de creacións: disfraces para cada personaxe, accesorios, escenarios, e incluso música

ao vivo a cargo dun cuarteto de corda.

No pasado curso Julia Rivada púxose en contacto con Víctor Rodríguez (profesor de plástica no

noso centro) para que ilustrase o conto.

O seu proxecto segue en marcha e pronto poderemos velo feito realidade.

No primeiro trimestre deste curso, contaremos no Club de lectura con Julia e Víctor, para que

nos expliquen máis polo miúdo o seu traballo.

Este é o artigo que David Rguez. Rivada escribou no seu blog sobre a próxima visita de Julia e

Víctor.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/102201-visita-de-julia-e-victor.php

Onte estiveron connosco no club de lectura Julia Rivada e Víctor Rguez para falarnos do conto

"Basi e os seus amigos", que creou Julia e está a ilustrar Víctor . Julia, como vos diciamos

nun artigo anterior, é profesora de educación infantil e unha vez máis demostrounos que a

paixón, a creatividade a riqueza interior... van máis alá de idades, que a aprendizaxe non é

unidireccional, que todos podemos compartir con e aprender de todos. Vimos o enorme

traballo que se fai na educación infantil (que obra teatral montaron Julia e a súa compañeira

Belén cos seus pequenos de cinco anos a partir do conto!!!!!) e como os nenos devolven

multiplicado o esforzo e o cariño que se lles adica. GRAZAS Julia, es unha enorme profesional,

dun talento incrible.

E para talento, paixón, entrega... a de Víctor. Unha e outra vez déixanos abraiados. Víctor

soubo ler con precisión o texto de Julia e darlle ás imaxes o seu toque máxico, único, diferente.

GRAZAS por enriquecernos, Víctor.

Page 8: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

8

GRAZAS tamén unha vez máis ós nenos e nenas do club. Un venres pola tarde e aquí

estivestes, coma sempre, gozando, sorrindo...

GRAZAS a Teresa Santamaría, tamén profesora de educación infantil, que estivo connosco no

club cando este comezaba, hai uns anos, para falarnos doutro fermoso proxecto (que

marabilloso traballo o dos compañeiros de infantil!!!!), o proxecto que rematou coa

publicación do conto "A bolboreta Doreta", e que onte tamén nos quixo acompañar e

compartir experiencias coa súa compañeira Julia. Se facedes click aquí e aquí accederedes ós

artigos que se publicaron no blog cando Teresa nos acompañou na nosa Árbore Vermella.

Visitade, premendo aquí, o exquisito artigo que David Rguez. Rivada adica no seu blog á visita

de Julia. NON VOS PERDADES ESE TEXTO!!!!!!!!!!!!!!

Facede click aquí para ver un vídeo que recolle parte da visita.

- 28 de Outubro: Curtametraxes Kiwi e Black Hole, avaricia e ambición.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/090101-kiwi-e-black-hole-ambicion-e-avaricia.php

Kiwi e Black Hole (click aquí para ver The Black Hole) son dúas curtas que compartiremos este

curso que comeza cos rapaces que asisten ó club de lectura.

Que diferenzas vedes entre avaricia e ambición? Cal das curtas reflicte mellor cada un deses

conceptos?

Coñecedes a historia do Rei Midas? Que adxectivo usaríades para describilo?

Sabedes quen era Alí - Babá? E a el que adxectivo lle aplicaríades?

Page 9: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

9

- 3 Novembro: O cazo de Lorenzo, O meu irmanciño da lúa e Que tes debaixo do sombreiro?,

historias para aprender, que nos afectan a todos.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/090701-duas-historias-preciosas-con-formato-de-conto-

pero-que-nos-afectan-a-todos.php

No club de lectura veremos dúas xoias gráficas que tratan o tema do respecto á diversidade, a

atención ás persoas con discapacidade e a procura do seu benestar nun mundo que vai a outro

ritmo.

O primeiro vídeo é a historia de Lorenzo, un neno con discapacidade que recibe o apoio de

alguén especial que sabe velo, e entón o mundo deixa de serlle alleo.

O segundo vídeo é a historia dun neno autista, unha historia preciosa narrada por unha nena,

transmitindo as emocións que rodean esa relación tan complexa entre dous irmáns.

Moitas grazas, Sofía, por estes dous agasallos.

Tamén veremos fragmentos do documental ¿Qué tienes debajo del sombrero?.

¿Qué tienes debajo del sombrero? conta a vida de Judith Scott, unha escultora norteamericana

de 62 anos á que lle chega o recoñecemento internacional despois de vivir 36 anos nunha

institución psiquiátrica. Judith ten Síndrome de Down e é sordomuda. A súa historia, contada a

través da súa irmá xemelga, Joyce, sen discapacidade, é o detonante dunha película que viaxa

ó Creative Growth Art Center en California e descobre outros personaxes que como Judith

buscan expresarse a través da arte.

¿Qué tienes debajo del sombrero? é unha reflexión acerca do aillamento que pode provocar

unha discapacidade, e de como a través da arte se consegue restaurar a comunicación.

Page 10: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

10

- 10 Novembro: O elefante encadeado e unha marabillosa historia sobre o amor e a dor de

Jorge Bucay.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/090702-marabilloso-conto-sobre-o-amor-e-a-dor-el-

elefante-encadenado-.php

Enriba tedes un precioso conto sobre o amor e a dor que escoitaremos no club de lectura.

Cóntao Jorge Bucay (de quen tamén leremos o conto que tedes enriba, O elefante encadeado,

click tamén aquí e aquí ), aínda que tamén llo contara Alfredo a Totó na película "Cinema

paradiso".

Toda unha lección.

Page 11: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

11

- 18 Novembro: Concerto de Santa Cecilia – Recital Piano-Chelo.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/090104-concerto-de-santa-cecilia-recital-chelo-piano-

venres-18-de-novembro-en-verin.php

O venres 18 de novembro ás 19:00h o Club de lectura asistirá a un concerto de música clásica

no que Rubén López (pianista) e David Rodríguez (chelo) interpretarán pezas de compositores

como Haydn, Beethoven, Rachmaninoff entre outros.

Este é o programa:

1ª PARTE

-ROBERT SCHUMANN, "PIEZA FANTÁSTICA Nº 3".

-SERGEI RACHMANINOFF, "VOCALISE".

-JOAQUÍN NIN, "SUITE ESPAÑOLA: Vieja Castilla. Asturiana. Murciana. Andaluza"

-XOÁN MONTES, "NEGRA SOMBRA".

2ª PARTE

-GABRIEL FAURE, "ELEGÍA".

-LUDWIG VAN BEETHOVEN, "1º MOV DE LA SONATA Nº 3 EN LA MAYOR, OP.69".

-MAX BRUCH, "KOL NIDREI".

-JOSEPH HAYDN, "1º MOV DEL CONCIERTO Nº 1 EN DOM PARA CHELO Y ORQUESTA".

Page 12: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

12

http://bibliochivite.blogia.com/2011/111901-concerto-chelo-david-rodriguez-rivada-piano-

ruben-lopez-lopez-.php

Grazas, grazas, grazas, grazas, David e Rubén, pola xenerosidade coa que compartides o voso

talento, un talento que onte nos fixo vibrar a todos os que estabamos no salón de actos do IES

García Barbón.

Non temos máis que palabras de agradecemento... Moitos dos nenos do club de lectura que

nos acompañaron onte asistían e gozaban por primeira vez cun concerto de música clásica en

vivo. Grazas por darlles esa oportunidade.

GRAZAS.

- 24 Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia Cara ás Mulleres.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/112001-dia-internacional-da-eliminacion-da-violencia-

cara-as-mulleres.php

Page 13: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

13

Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia cara as Mullereso club de

lectura A árbore vermella adicará, como o pasado ano, a vindeira sesión a colaborar na

elaboración dunha tea solidaria (click aquí e aquí), proxecto que leva impulsando o noso

compañeiro Víctor, do Dpto. de Plástica, dende hai anos. Ademais, elaboraremos 60 lazos

morados, para lembrar as 60 mulleres asasinadas no que levamos de ano, e todos os membros

do club de lectura os levaremos postos e repartiremos os restantes entre aqueles compañeiros

que queiran levalos.

A sesión comezará coa lectura de dous poemas, o primeiro, Amores cativos, deRosalía de

Castro:

Era delor i era cólera,

era medo i aversión, era un amor sin medida,

¡era un castigo de Dios!

Que hai uns negros amores de índole ponzoñenta

que privan os espritos, que turvan as conciencias,

que morden si acariñan, que cando miran queiman,

que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan.

Máis val morrer de friaxen

que quentarse á súa fogueira.

e o segundo de Agustín García Calvo, Libre te quiero (aquí tedes a musicalización de Amancio

Prada) :

Libre te quiero,

como arroyo que brinca

de peña en peña.

Pero no mía.

Grande te quiero,

como monte preñado

de primavera.

Pero no mía.

Buena te quiero,

como pan que no sabe

su masa buena.

Pero no mía.

Alta te quiero,

como chopo que en el cielo

se despereza.

Pero no mía.

Blanca te quiero,

como flor de azahares

sobre la tierra.

Pero no mía.

Pero no mía

ni de Dios ni de nadie

ni tuya siquiera.

Page 14: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

14

A continuación leremos e escoitaremos María se bebe las calles, de Pasión Vega:

María pensó que el amor

era un mandamiento de dos

y esperando el primer beso

se hace vieja ante el espejo

y limpia su llanto

maquilla sus heridas

y se le va la vida.

Recuerda la primera vez

que él le juró que fue sin querer

y en los hijos que vivieron

prisioneros de su miedo,

María soñaba con ser la princesa

de los cabellos de oro

y la boca de fresa.

María se fue una mañana

María sin decir nada

María ya no tiene miedo

María empieza de nuevo

María yo te necesito

María escapó de su grito

se bebe las calles María...

Ella nunca dice que no,

es la esclava de su señor

ella siempre lo perdona

a sus pies sobre la lona,

su patria es su casa

su mundo la cocina

y se le viene encima.

Un día dejó el corazón

abandonado en su colchón

solo piensa en ver su cuerpo

¡ay! del quinto mandamiento

María no tiene color en la sangre

María se apaga y no lo sabe nadie.

María se fue una mañana

María sin decir nada

María ya no tiene miedo

María empieza de nuevo

Page 15: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

15

María yo te necesito

María escapó de sus gritos

se bebe las calles María...

María se fue una mañana

María sin decir nada

María ya no tiene miedo

María empieza de nuevo

María yo te necesito

María escapó de sus gritos

se bebe las calles María...

María pensó que el amor

era un mandamiento de dos...

http://bibliochivite.blogia.com/2011/112301-dia-internacional-da-eliminacion-da-violencia-

cara-as-mulleres-2.php

Enriba tedes dúas presentacións que amosan o traballo feito por Víctor, de Plástica, e os seus

alumnos para recordarnos o Día Internacional da Eliminación da Violencia cara as Mulleres e

tamén as actividades que o Dpto de Plástica (tea solidaria) e o Club de Lectura (sesión do día

24 dedicada a coser a tea, elaborar e repartir laciños morados e ler poemas) están a promover.

Page 16: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

16

http://bibliochivite.blogia.com/2011/112501-dia-internacional-da-eliminacion-da-violencia-

cara-as-mulleres-3.php

Lemos poemas, cantamos e escoitamos unha canción, reflexionamos sobre o contido deses

textos.... falamos de non ser posuídos e de non posuír as persoas, de ser seres completos, de

dar e ter un afecto san, de liberdade, de patróns preestablecidos que aínda están gravados con

lume nas nosas mentes... fixemos laciños morados e puxémolos...sacamos fotos coa tea

solidaria...

Page 17: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

17

- 1 Decembro: El rey pájaro y otros esbozos, de Shaun Tan.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/092801--el-rey-pajaro-y-otros-esbozos-de-shaun-tan.php

Como sabedes, na Árbore Vermella somos unhas namoradas do artista Shaun Tan. O noso

nome procede dunha das súas obras, The Red Tree, e temos lido no club de

lectura Emigrantes, La cosa perdida e Cuentos de la periferia (este ano tocaralle o turno a Los

Conejos. Paseando por este blog atoparedes artigos adicados a todas esas obras)).

El rey pájaro (click tamén aquí) é un libro que os adictos a Shaun Tan sen dúbida queremos

para a nosa colección, xa que a través del nos acercamos ó universo do autor mediante os

bocetos que realizou nos últimos anos. Di Shaun Tan:

“Se ben a meirande parte do meu traballo xira en torno a proxectos que acaban publicándose,

como libros, películas e cadros rematados, moitísimos deles (o substrato) permanecen en gran

medida ocultos, gardados en carpetas, caixas e cadernos de bocetos. Algunhas desas obras son

ideas incipientes, algunhas felizmente abandoadas, outras pendentes dunha excusa que

permita resucitalas. Outras son probas que fixen durante a fase inicial ou durante o difícil

proceso de creación dalgún proxecto, ilustracións eminentemente utilitarias, meros pasos

previos polos que tiven que pasar antes de completar unha obra. Outros son exercicios para

non perder a forma como artista, onde a práctica do debuxo está orientada a aprender a ver,

un traballo que non ten fin. E, por último, hai esbozos que non obedecen a un obxectivo en

particular, creados por simple diversión, que adoitan ser os máis interesantes. As obras aquí

reunidas son unha mostra do material dese tipo que xuntei durante os últimos doce anos e

inclúen dende debuxos máis ou menos rematados ata garabatos soltos.”

Enriba tedes dúas presentacións. A primeira é unha escolma de debuxos de "El rey pájaro"

feita pola propia editorial que publicou a obra, a editorial Barbara Fiore. A segunda é unha

escolma feita polas coordinadoras do club que ás veces coincide coa editorial.

Page 18: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

18

- 8 Decembro: Presentando o poeta que nos visitará este ano: Estevo Creus.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/060501-o-club-de-lectura-pensando-no-vindeiro-curso-

estevo-creus.php

No club de lectura A árbore vermella xa temos en mente o poemario en galego que leremos o

vindeiro ano. Trátase de Poemas da cidade oculta (AQUÍ unha escolma), de Estevo Creus.

(Moitísimas grazas a Celso Fernández Sanmartín por este descubrimento).

" Poemas da cidade oculta deita unha ollada sobre as causas íntimas, sobre as elipses do

corazón, sobre a visión dun neno que observa como se descuartiza unha balea."

Se facedes click aquí accederedes a estevocreus.blogspot.com, onde aparecen tamén algúns

Poemas da cidade oculta (fai click tamén aquí). Premendo aquí chegaredes á información

sobre este poeta, músico, psicólogo, fundador do grupoTalía Teatro... que aparece na páxina

de AELG: Autobiografía , obra, videoteca,fonoteca, materiais didácticos, outros documentos.

Aquí tedes poemas de Estevo Creus que aparecen en Enfocarte.com, nunha Antoloxía de Nova

Poesía Galega publicada nesta páxina de arte e comunicación na rede.

Este é un artigo publicado en El País e este foi publicado en La Voz de Galicia. En

leyendopoesia.blogspot.com publicaron o artigo Estevo Creus, noticias encendidas.

Tamén nos acercaremos á súa obra O libro dos cans (preme aquí e aquí)

Page 19: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

19

http://bibliochivite.blogia.com/2011/121101-estevo-creus-balea2.php

Como vos diciamos nun artigo publicado neste blog (premede aquí ), este ano o poeta galego

cuxa obra visitaremos no club de lectura é Estevo Creus. "Traballaremos" Poemas da cidade

oculta e O libro dos cans.

Estevo Creus ven de publicar un novo poemario, balea2, resultado dunha colaboración co

poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín, que nos visitou o ano pasado, e con quen

tanto gozamos alumnos e profes (premede aquí ).

Di Estevo Creus:

"Este libro existe gracias a meu ben querido amigo e poeta Celso Fernández Sanmartín, que

xuntando a nenos de a cinco e a vellos de a 100 nunha residencia de anciáns, tiveron a ben

escribirme e mandarme debuxos de baleas.

...

Con eses debuxos e esas experiencias tentei escribir un libro que fora para todos: poemas de

adultos para nenos e poemas de nenos para adultos coa intención de que a lectura fora

conxunta, as explicacións e entendementos recíprocos, e de que as risas, se as houber, foran

compartidas.

...

Do que si estou certo, é de que todos estes textos nunca estarán á altura do acontecido eses

días, e de que, etesa eu onde estea, e pasen os anos que pasen, eu sempre vivirei alí, con

eles:habitando entre cetáceos."

Page 20: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

20

Por certo, a compañía Traspediante levou ó Culturgal, a feira da cultura galega, a súa

obra Baleadas, unha peza escénica pedagóxica, que mistura o teatro e a danza. Ao atractivo

destas dúas disciplinas, a peza engade a animación audiovisual xenerada en directo. A obra,

dirixida ao público infantil, está inspirada no poemario Balea2 de Estevo Creus e supón un

xogo permanente entre as baleas, as cores e o público (vídeo enriba).

- 12 Xaneiro: Lendo Poemas da cidade oculta.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/011301-lendo-poemas-da-cidade-oculta-.php

No club de lectura xa estamos en marcha con Poemas da cidade oculta, o libro de Estevo Creus

do que vos falamos en artigos anteriores. Houbo unha longa introducción na que entramos en

contacto co autor e a súa obra, lemos e reflexionamos sobre os poemas iniciais e os profes, ó

final da sesión, falaron do proxecto que lles gustaría levar a cabo con todos os integrantes do

club a partir da lectura do poemario. Gustaríanos construir os nosos itinerarios. De feito,

amosámoslles ós rapaces e rapazas dous que temos en proceso de elaboración. Agora, a seguir

lendo, pensando e creando, que seguro que ideas fascinantes, que se convertirán en

realidades abraiantes, sairán das cabezas dos nosos alumnos.

Page 21: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

21

- 19 Xaneiro: Lendo Poemas da cidade oculta II.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/012001-lendo-poemas-da-cidade-oculta-de-estevo-

creus-ii.php

Onte continuamos lendo Poemas da cidade oculta no club de lectura A árbore vermella, e ó

final da sesión tivemos varias sorpresas: Lara tróuxonos o seu "itinerario", amosounos un moi

fermoso cadro feito por ela mesma e falounos do camiño que tivo que percorrer ata ser quen

de rematalo, pensou que non podería facelo mais finalmente....

Logo, Marita amosounos como está a progresar o seu "camiño" e Víctor amosounos dous

"itinerarios", un deles feito recentemente a partir dunha película que lle gustou moitísimo e

outro elaborado hai xa moito tempo no que arquitectura, cidade, literatura... cóllense da man.

Enriba tedes un vídeo no que escoitades a algúns alumnos lendo Poemas da cidade oculta e

tamén a Lara falando do seu cadro e a Víctor e Marita dos seus respectivos "itinerarios".

Ese vídeo e un "avance". Os "itinerarios" de todos os alumnos que os vaian facendo e os dos

profes formarán parte dunha presentación que poderedes ver neste blog.

Page 22: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

22

- 26 Xaneiro: La mujer esqueleto – Alas y olas – Clandestinos.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/013002-la-mujer-esqueleto-alas-y-olas-clandestinos.php

Os amores clandestinos, imposibles, difíciles... serán os protagonistas a vindeira semana no

club de lectura A árbore vermella.

A nosa compañeira Antonia, que non pode acompañarnos ultimamente, vai estar connosco

dunha maneira "diferente", contándonos unha historia que descubriu hai pouco e lle resultou

fascinante, a da Muller Esquelete, unha lenda inuit que aparece no libro Mujeres que corren

con los lobos, de Clarissa Pinkola Estés.

“As palabras sanan. Os contos son unha menciña. Sentinme fascinada por eles dende que

escoitei o primeiro... Conteñen os remedios para reparar ou recuperar a pulsión perdida”.

Con estas premisas foi escrito o libro Mujeres que corren con los lobos por Clarissa Pinkola,

unha psiquiatra norteamericana que recolle relatos da súa infancia e tamén os selecciona de

pobos aboríxenes, para facer un compendio da sabedoría feminina.

Escoitade a Antonia. Ela vai ser que vos conte a lenda da muller esquelete.

Page 23: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

23

AQUÍ podedes escoitar a interpretación que Antonia nos fai desta fermosa lenda de orixe inuit.

Logo leremos Alas y olas, de Pablo Albo,ilustrado por Pablo Auladell e editado por Barbara

Fiore, un fermoso libro cunha historia levemente inspirada pola da muller esquelete. Escoitade

de novo a Antonia lendo Alas y olas.

Remataremos escoitando Clandestinos, de Nach, rap onde de novo os amores difíciles son

protagonistas.

- 1 Febreiro: Concerto Despois de ti a chuvia (Carlos Caneiro e Emilio Rúa).

http://bibliochivite.blogia.com/2012/020102-despois-de-ti-a-chuvia.php

Onte, parte do profesorado e alumnado do club de lectura A árbore vermella asistiron en

representación dos seus compañeiros e compañeiras ó concerto-recital Despois de ti a

chuvia no Teatro Principal de Ourense.

Xosé Carlos Caneiro (escritor) e Emilio Rúa (compositor e músico) presentaron un fermoso

espectáculo que leva o mesmo título que o libro-deuvedé editado por Galaxia no que poesía e

música se fusionan, ó ter musicado Rúa varios dos poemas de Caneiro que recolle o libro.

Page 24: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

24

Neste proxecto participaron xunto a Caneiro e Rúa os músicos José Gayoso, Seginho Sales,

Alberte Rodríguez e Guillermo Prieto.

Antonia escribiu unhas verbas despois do concerto:

" Se levantó un día el poeta Caneiro con ganas de mirar atrás dentro del amor y se encontró a

sí mismo escribiendo versos de niebla y vodka, de cuando el desamor le iluminaba los dedos

con luz de luna y el corazón le latía al calor de labios nunca olvidados.

Hoy, después de la lluvia, hicimos corro, abrimos unas cervezas, unos libros y él abrió su voz

verdadera, de poeta, claro."

- 9 Febreiro: Os Poemas da cidade oculta de novo no club.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/020901-os-poemas-da-cidade-oculta-de-novo-no-

club.php

Hoxe a sesión do club de lectura comezou "pechando" a sesión anterior na biblio (premede

AQUÍ). Estivemos lendo, vendo, escoitando e finalmente comentando Alas y olas, fermosísima

historia levemente inspirada en La mujer esqueleto.

Page 25: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

25

Despois de gozar con Alas y olas, conto no que o mar ten o seu protagonismo, proseguimos

coa lectura de Poemas da cidade oculta e comezamos cun poema que enlazaba moi ben

con Alas y olas, un poema con mar, un poema que nos di: "amar o mar"....

Decidimos ler de xeitos diferentes. Todos xuntos, en cadea.... E coidamos que ós rapaces e

rapazas esta maneira de ler resultoulles atractiva, estimulante...

Enriba podedes ver os nosos rapaces recitando algúns Poemas da cidade oculta.

- 24 Febreiro: Concerto de Nach en Ourense. (Asistencia tamén de ex-alumnos e ex-profesores)

http://bibliochivite.blogia.com/2012/022501-concerto-de-nach-en-ourense.php

Onte, venres 24 de Febreiro, asistimos ó concerto que o astro do hip-hop Nach, a quen o club

de lectura ten adicado máis dunha sesión, deu en Ourense. Nach actuou brillantemente

acompañado por ZPU (nunha pasada sesión do club escoitamos David contra Goliat, de

ZPU), Abram e o DJ Joaking.

Foi unha actuación na que todos os asistentes nos sentimos inmersos nun remuíño de enerxía:

a súa posta en escena, a calidade e humanidade das súas letras, a súa forma de falar co

público... e sobre todo a actitude impresionante dos seus fans: unha morea de adolescentes

que sabían de memoria todos os seus temas e interactuaban coas súas intervencións,

bailando, cantando, vivindo a súa música.

Un exemplo do que os gregos chamaban catarse, ou purificación da alma que experimentaban

os que asistían á representación dunha traxedia grega, vivindo como propias as experiencias

dos personaxes teatrais.

Premendo aquí accederás ó artigo que David fixo no seu blog.

Moitas grazas polo teu compromiso, polo teu talento, pola gran laboura pedagóxica que estás

a desenvolver cos nosos alumnos aprendéndolles vocabulario e xiros, e por todo o que nos

transmite a túa música.

Enriba tedes El reino del absurdo do seu último CD Mejor que el silencio.

Page 26: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

26

- 1 Marzo: O libro dos cans, de Estevo Creus.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/030101-o-libro-dos-cans-de-estevo-creus.php

Hoxe adicaremos a sesión do club de lectura a unha obra de Estevo Creus (como sabedes,

estamos tamén a ler Poemas da cidade oculta) que xa foi introducida na última sesión. Trátase

de O libro dos cans, unha obra coa que tamén están a traballar os alumnos de Deseño Gráfico

Dixital e por iso o seu profesor, Víctor, nos vai a guiar hoxe no noso percorrido polo Libro dos

cans. Agardámosvos!!!!!

http://bibliochivite.blogia.com/2012/030102-o-libro-dos-cans-de-estevo-creus-ii.php

Como vos diciamos no post anterior, a sesión de hoxe do club de lectura estivo adicada a

achegarnos á obra de Estevo Creus O libro dos cans. Ese achegamento produciuse da man de

Víctor, quen, levándonos por un itinerario arquitectónico no que coñecemos a Le

Corbusier ou Mies Van der Rhoe acabou facéndonos reflexionar (con Estevo Creus) sobre o

universo, un universo no que o importante é o avance, o camiño, o descubrimento, a

observación, no que as metas "perfectas" non son probablemente nin posibles nin desexables.

Page 27: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

27

- 8 Marzo: La casa, de J. Patrick Lewis e Roberto Innocenti.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/030701--la-casa-de-j.-patrick-lewis-e-roberto-

innocenti.php

No club de lectura A árbore vermella estamos a falar moito de casas ultimamente. No post

anterior falabámosvos de O libro dos cans, de Estevo Creus, que nos ten invitado a darlle voltas

á noción de casa que temos, a pensar en como sería a casa dos nosos soños...

Neste post queremos falarvos dun fermoso álbum ilustrado, La casa,(click aquí tamén) que foi

publicado pola Editorial Kalandraka no ano 2010. É un álbum ilustrado que nos conta a historia

dunha casa. O texto foi escrito por J. Parick Lewis, traducido ó castelán por Silvia Pérez e

ilustrado por Roberto Innocenti.

A historia de La casa comeza en 1900 e remata en 1999 (a imaxe inicial presenta uns nenos

que buscan cogumelos e castañas, cando descobren a casa destruida). O edificio foi construido

no ano 1656, no ano da peste. Somos testemuñas da vida dunha casa coas súas ledicias e

tristuras, en momentos bos e tráxicos. Viaxamos no tempo descubrindo os cambios das

estacións, así como os dos costumes da xente...

No só a casa se transforma, tamén vemos cambios no entorno, como se modifica e crece a

natureza. A casa feita de pedras e madeira nunha colina en anos, décadas, séculos...... ve

xeracións, diferentes familias, escoita risos, suspiros, disparos...

Como sería a casa dos vosos soños? Onde estaría? Que forma tería? Como cambiaría?.....

Page 28: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

28

- 15 Marzo: O libro dos cans de novo no club.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/030801--o-libro-dos-cans-de-novo-do-club.php

Despois das sesións das semanas pasadas, nas que Víctor lle deu a volta ó noso concepto de

casa, hoxe visitamos a casa na que a voz poética da segunda obra de Estevo Creus que estamos

a ler (lembrade que a primeira foi Poemas da cidade oculta) agarda os seus cans

(premede aquí e aquí). Enriba tedes fotos nas que podedes ver a Víctor falándonos dos planos

que aparecen ó comezo deste singular poemario e tamén podedes escoitar a Juan Carlos e

Irene lendo algúns fragmentos.

Page 29: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

29

- 22 Marzo: Preparándonos para a chegada de Estevo Creus, construimos unha balea (Poemas

da cidade oculta) e tamén facemos casas (Libro dos cans).

http://bibliochivite.blogia.com/2012/032301-construir-unha-balea...-poemas-da-cidade-

oculta-.php

Os Poemas da cidade oculta, de Estevo Creus, dos que tanto vos temos falado neste blog, van

saír do noso centro e formar parte dun stand na vindeira feira que, con motivo das festas do

Lázaro, terá lugar no pavillón de Verín o sábado 24 e o domingo 25 de Abril. Os alumnos do

club, os de Plástica, os de Deseño Gráfico... levan xa tempo traballando neste proxecto (temos

previsto que Estevo Creus visite o club de lectura o 19 de Abril), debuxando, construíndo,

recitando, pensando...

Onte fixemos unha balea (FOTOS ENRIBA), símbolo que percorre todo o poemario do poeta de

Cee.

Proximamente poderedes ver neste blog as imaxes tomadas no stand, no que estará a balea...

e moito máis (avance abaixo).

Page 30: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

30

http://bibliochivite.blogia.com/2012/032101--o-libro-dos-cans-as-casas-dos-alumnos-de-1-

eso-b.php

Page 31: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

31

Como sabedes, a raíz da lectura de O libro dos cans de Estevo Creus, temos falado bastante de

casas no club de lectura A Ábore Vermella. (Facede click aquí,aquí, aquí e aquí). De feito, os

alumnos de 1º ESO B (varios deles asistentes ó club) construiron as súas casas ideais e

faláronnos delas. Enriba podedes ver o resultado do traballo dos rapaces e rapazas de 1º ESO

B. Parabéns!!!!!!

- 23, 24 e 25 Marzo: Stand Poemas da cidade oculta no pavillón de Verín durante as festas do

Lázaro.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/032401-stand-poemas-da-cidade-oculta-.php

Como vos diciamos no post anterior, o proxecto Poemas da Cidade Oculta estará presente

nun stand durante as festas do Lázaro de Verín. Onte, venres 23 de Marzo montamos

o stand (enriba tedes imaxes) e hoxe sábado 24 foi a inauguración (fotos debaixo).

Animádevos a vir ó pavillón de Verín!!!!!!!!!!!!!!!

Page 32: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

32

- 12 Abril: Compartimos os debuxos e itinerarios (inspirados polo poemario Poemas da cidade

oculta) feitos polos alumnos do club, os de Galego, Plástica e Deseño Gráfico Dixital.

Ambientamos o instituto antes da visita de Estevo Creus.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/041301-itinerarios-de-alumnos-de-1-2-3-e-4-eso.php

Os alumnos de 3º e 4º ESO do profesor de Plástica e Deseño Gráfico Víctor Rodríguez ( e tamén

o propio profe) plasmaron de xeito maxistral, con imaxes moi suxerentes, os itinerarios

dos Poemas da cidade oculta de Estevo Creus (premede aquí, aquí, aquí). Tédelos debaixo.

Gozade con eles, co vídeo Poemas e itinerarios, na parte superior do post, que inclúe recitado

de Poemas da cidade oculta por parte de alumnos asistentes ó club e os itinerarios de Lara,

Marita, Víctor e Sabela, co itinerario de Lucía, co de Irene, co de Carmen, vendo a María co

seu, tamén a Marta (encántanlle os peluches e hai dous que foron moi especiais), e cos

itinerarios dos alumnos de 1º e 2º ESO, que están ó final do post.

Page 33: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

33

http://bibliochivite.blogia.com/2012/041302-visita-de-estevo-creus.php

Estevo Creus Andrade, poeta, autor dos dous poemarios (Poemas da cidade oculta e O libro

dos cans) sobre os que o club de lectura A árbore vermella, xunto con alumnado de Plástica,

Deseño Gráfico Dixital e Lingua Galega, leva moito tempo "traballando", vainos visitar o

vindeiro Xoves, día 19 de Abril, ás 16:30.

A piques de recibir o poeta, estamos a darlle uns "toques" de Poemas da cidade oculta ó

instituto. Un exemplo: un dos poemas do libro trepa polas paredes ata chegar á biblioteca.

Mirade:

Page 34: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

34

Ademais, unha casa do mesmo tamaño que a que nos amosa Estevo Creus no Libro dos cans,

instalada na aula de Plástica, contén edificios, baleas, itinerarios (por exemplo, o feito nesa

aula ó longo do tempo), casiñas, fotos... Hai carteis, letras,saúdos, unha balea de ramas...

Page 35: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

35

Page 36: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

36

- 19 Abril: Grazas, Estevo. Estevo Creus no club de lectura. (Asistencia tamén de ex-alumnos e

ex-profesores)

http://bibliochivite.blogia.com/2012/042001-grazas-estevo.php

GRAZAS, Estevo, porque sen ti non teriamos percorrido o itinerario que nos levou ata o día de

hoxe, no que tanto gozamos. Grazas pola balea, polos "ques", por todo o aprendido, por

axudarnos a darlle importancia ó camiño, máis que á meta. Grazas polas túas verbas...GRAZAS.

AQUÍ tedes o post que David dedica á visita de Estevo no seu blog.

Page 37: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

37

http://davidov3.blogia.com/2012/042301-la-visita-de-estevo-creus-al-club-de-lectura-una-

cronica.php

El pasado jueves tuvimos la visita de Estevo Creus, un maravilloso poeta sobre el que

estuvimos trabajando los últimos meses en el club de lectura.

Partiendo de sus dos poemarios, Poemas da cidade oculta y O libro dos cans, nuestros alumnos

leyeron poesía con Marita, Isabel, Antonia y Víctor, interpretaron lo que les sugería, y

realizaron muchos trabajos en Plástica y Diseño gráfico, guiados por Víctor.

Prepararon un stand fantástico que expusieron en la feria del Lázaro, en el pabellón de Verín.

Realizaron unos itinerarios personales llenos de música, poesía, imágenes y, ante todo,

sinceridad y valentía: la sinceridad necesaria para ver adentro y reencontrarse en este paseo

frenético que a veces es la vida, y valentía para compartirlo con los demás, una valentía que

requiere de muchísima generosidad.

La sesión del club fue única: dos ballenas muy especiales le dieron la bienvenida a Estevo (la

ballena de ramas que había en el césped del instituto y una ballena hecha con la tela que

Víctor lleva construyendo con el apoyo de todos los alumnos cada año, desde hace ya siete

cursos).

Después de la bienvenida, unos letreros maravillosos iban indicando lo que se avecinaba: los

versos de Estevo, pegados en las paredes del instituto letra a letra, lo arrastraron a la

biblioteca, donde le esperaba una tercera ballena (hecha con esa tela tan especial, reposando

sobre las mesas de la sala) y una presentación de power point con las fotografías de todas

estas actividades.

Pero es que aún hubo más: Estevo pudo visitar el aula de plástica, un espacio mágico en el que

había construida una casa muy parecida a la que él describía en su poemario O libro dos cans.

Una casa que ocupaba casi toda el aula de plástica, rodeada por otras muchas casas que los

alumnos fueron construyendo, y de sus itinerarios. Todo el suelo del aula de plástica le daba la

bienvenida a Estevo, destripando todo su pasado entre láminas, dibujos, diseños, fotografías,

Page 38: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

38

textos... El aula había hecho su propio itinerario, contando los secretos que había ido

nutriendo a lo largo de los últimos siete cursos, y en el centro de esa casa, dentro, muchas

imágenes, las interpretaciones que los alumnos fueron haciendo de los poemas de Estevo,

imagen a imagen, construyendo un perfil de pisos maravilloso, con muchas ventanas abiertas y

cada ventana con un dibujo, y detrás de los edificios, flotando majestuosamente, una enorme

ballena de nueve metros de longitud, sonriente, azul, llena de matices.

Los alumnos de diseño gráfico y digital realizaron una preciosa animación partiendo del

itinerario de Isabel, un itinerario musical en el que ella enlazaba canciones de sus distintas

etapas vitales, desde la más tierna infancia hasta el presente. Los alumnos le regalaron (bueno,

a ella y a todos los que allí estábamos) una animación que unía las distintas canciones. A todos

ellos, mil gracias.

Luego, ya en la biblioteca, varios alumnos nos detsriparon sus entrañas al compartir con

nosotros sus itinerarios: Débora nos emocionó profundamente con su bellísimo itinerario, a

pesar de no poder estar presente ella en el momento de verlo los demás; Rosa nos cautivó con

su itinerario, tan personal y musical, lleno de fotos con personas que para ella son importantes

y con el acompañamiento ineludible de "The river flows in you", de Yiruma, pieza que tan bien

toca ella al piano; también disfrutamos con el itinerario de Sabela, que nos mostró su

evolución personal a través de su letra en distintos momentos, y sobre fondos de distintos

materiales, con una dureza cambiante y gradualmente mayor, como metáfora de su evolución

personal; Alejandra nos leyó en persona su magnífico itinerario personal, con fotos y frases

con las que nos ponía en situación y nos hacía partícipes de su trayectoria humana, siempre

desde la simpatía y la profundidad de quien es artista aunque sea joven, de quien nos da clases

de valentía y originalidad cada día, gracias Alejandra... La tela de Marita colgaba delante de

unas estanterías de la biblioteca, y del mismo modo en que ella es y está en la vida: con

discreción, pero acompañando a quien se anime a acercarse, llena de matices y regalos,

generosa y verdadera. Una tela que las personas que tenemos la suerte de deambular por su

vida hemos ido cosiendo, trozo a trozo, y que ahora está llena de significados, caras, voces,

palabras... En fin, hubo muchas emociones, muchas palabras de amor fraternal, familiar, etc.

Una tarde curativa a todos los niveles.

Ante este despliegue de medios, después de disfrutar de los itinerarios de varios alumnos (y

profes), Estevo nos deleitó con una improvisación basada en la palabra "Que?", que resumía

perfectamente su estado de ánimo. Nos leyó poemas, nos contó anécdotas y compartimos

juntos una tarde llena de emociones, poesía y buenos sentimientos.

Fue mágico. GRACIAS A TODOS LOS QUE LO HICISTEIS POSIBLE

Si cliqueáis aquí accederéis al artículo del club sobre esta experiencia.

Page 39: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

39

- 24 de Abril: Pais dos alumnos do club de lectura veñen a ver todo o traballo feito polos seus

fillos a raíz da lectura das obras Poemas da cidade oculta e O libro dos cans.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/042501-grazas-.php

Moitas grazas ós pais que onte percorristes connosco e cos vosos fillos o itinerario polo que

eles camiñaron nestes últimos meses no club de lectura. Moitas grazas por vir a compartir

os Poemas da cidade oculta e O libro dos cans, por vir a descubrir camiños, baleas, casas de

soño... Grazas polo voso interese e por axudar a facer posible que os nenos e nenas sigan, cada

xoves, transitando polo itinerario da Árbore vermella.

Page 40: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

40

- 26 Abril: A manta, de Isabel Minhós Martins e Yara Kono.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/042601-a-manta.php

Hoxe foi un día no que no club de lectura se colou o inesperado. Aínda que o planificado nos ía

levar por un camiño, a conversa levounos por outro que acabou sendo moi especial.

Deixamos A árbore xenerosa para unha vindeira sesión e cubrímonos cunha manta. O

itinerario de Marita, esa manta feita con retais que permite que se unan moitas persoas que

transitan pola súa vida, deu pé a contar historias sobre eses retais, e de aí chegamos, de

maneira natural, case sen querelo, ata A manta, de Isabel Minhós Martins e Yara Kono, unha

fermosa historia na que os retais que conforman a manta dunha avoa tamén serven para

relatar o que se enconde detrás de cada un deles. Estivemos lendo este conto por turnos, en

portugués... e pasámolo moi, moi ben.

- 3 Maio: A árbore xenerosa, de Shel Silverstein.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/042301-a-arbore-xenerosa.php

mmqmmr.blogspot.com (Mil Montes Queimados, Mil Modos de Rehabilitalos) é o nome dun

blog creado polo profesor de Plástica, Víctor, co obxectivo de que nel se recolla un proxecto

que nos vai invitar a reflexionar sobre o drama que están a vivir os nosos montes, a nosa

Page 41: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

41

natureza, a concienciarnos da necesidade de protexela, a pensar en medidas, actuacións para

comezar a cambiar a nosa mentalidade e construír unha nova realidade.

O club de lectura A árbore vermella vai participar nese proxecto, e o punto de partida será a

lectura, o vindeiro xoves, do fermosísimo conto A árbore xenerosa (click AQUÍ), de Shel

Silverstein (click tamén aquí).

Publicado por primeira vez en 1964, co título The Giving Tree, este álbum gráfico proporciona

múltiples niveis de lectura, constituindo un excelente exemplo de como, con moi pouco, se di

e suxire moito.

Esta obra conta a historia dun amor incondicional entre unha árbore antropomorfizada e un

neno delicado e soñador, transformado polo tempo (e talvez pola cidade/ sociedade) nun

adulto egoísta, distante e que só regresa onde a súa amiga por motivos materiais. O impacto

emotivo deste libro é enorme, como veremos/sentiremos o xoves 26 de Abril na sesión do club

de lectura.

- 10 Maio: Visita a Santiago de Compostela. Asistencia ó Museo de Arte Contemporánea para

presenciar o espectáculo Baleadas, inspirado polo último poemario de Estevo Creus, o poeta

sobre cuxa obra traballamos este ano no club de lectura. Percorrido pola cidade e visita á

Cidade da Cultura.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/050701-baleadas.php

A compañía TRASPEDIANTE (compañía de danza de Marta Alonso Tejada e Begoña Cuquejo)

está a representar BALEADAS, espectáculo en 3D con pintura, danza e textos do poemario de

Estevo Creus Balea2. O día 10 de Maio o club de lectura, xunto cos alumnos de Plástica e

Deseño Gráfico (moitos deles tamén asistentes ó club) que tanto traballaron nos proxectos

inspirados por Poemas da cidade oculta e O libro dos cans (tamén baseados nos poemarios de

Estevo Creus) asistirá á representación de Baleadas que Traspediante fará no Centro Galego de

Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.

Tamén faremos un percorrido por Santiago e unha visita guiada pola Cidade da Cultura.

Se premedes AQUÍ accederedes ó blog BALEADAS.

Page 42: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

42

http://bibliochivite.blogia.com/2012/051201-baleadas-excursion-a-santiago.php

A compañía TRASPEDIANTE (compañía de danza de Marta Alonso Tejada e Begoña Cuquejo)

está a representar BALEADAS, espectáculo en 3D con pintura, danza e textos do poemario de

Estevo Creus Balea2.

O día 10 de Maio o club de lectura, xunto cos alumnos de Plástica e Deseño Gráfico (moitos

deles tamén asistentes ó club) que tanto traballaron nos proxectos inspirados por Poemas da

cidade oculta e O libro dos cans (tamén poemarios de Estevo Creus) asistiu á representación

de Baleadas que Traspediante fixo no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en

Santiago de Compostela.

Foi un espectáculo fascinante, orixinal, elegante, innovador usando un recurso non tan novo ó

que as artistas lle sacaron todo o partido, o programa "paint". Foi unha representación chea de

cor, de momentos de grande poderío visual, forza, fascinación (meu corpo, meu corpo, meu

corpo.... foi un deles, con esas verbas proxectadas no corpo dunha das bailarinas-artistas-

creadoras). A balea, a omnipresente metáfora totalizadora de Estevo Creus, acompañounos

case permanentemente.... Que momento aquel no que, en 3D, vemos a baleeira de Cangas!!!!!

Sensibilidade, brillantez, reivindicación..... todo....como a balea.

Moitas grazas a Estevo Creus, presente na representación, e ás integrantes da compañía

Traspediante, por proporcionarnos eses 50 minutos de maxia... e tamén pola cercanía antes e

unha vez rematado o espectáculo.

Despois de gozar coa arte de Traspediante, fixemos un percorrido por Santiago, revisitando

uns, descubrindo outros, plazas, edificios, xardíns marabillosos... Os rapaces levaban un mapa

elaborado por Víctor cun itinerario que os guiaba ó encontro de lugares, de construccións

fermosas, atractivas, que ían fotografando ( temos uns alumnos que son uns grandes

fotógrafos!!!!!)

Page 43: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

43

Comemos no parque de Bonaval, baixo as árbores, e despois puxémonos en camiño cara á

derradeira etapa da nosa excursión: unha visita guiada pola Cidade da Cultura, lugar grandioso

que podedes ver nas fotos debaixo.

Se premedes AQUÍ accederedes ó blog BALEADAS.

Page 44: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

44

- 24 Maio: Alumnado e profesorado do club de lectura len textos escritos por eles.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/052401-as-alumnas-do-club-len-os-seus-escritos.php

Na antepenúltima sesión do club de lectura Marlene, Esther, Marta, Lucía e Nerea leron textos escritos por elas mesmas. Parabéns polo voso talento, sensibilidade, espírito reivindicativo, capacidade de reflexión... e moitas, moitas grazas.

Ademais, Antonia leu un fermosísimo poema escrito por ela... Aínda que non nos puido acompañar, si tivemos a sorte de escoitar a súa voz. (Vós tamén podédelo facer. Está debaixo do vídeo).

David escribiu un texto en vivo (click AQUÍ). Foi un experimento moi orixinal. Mentres David escribía nós iamos lendo e ademais escoitabamos as pezas que se citaban no texto.

Moitísimas grazas tamén a David e Antonia e a todos os alumnos e alumnas presentes na sesión.

Page 45: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

45

- 31 Maio: Adele en vivo no Royal Albert Hall.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/043001-adele-en-vivo-no-royal-albert-hall.php

Como sabedes, na Árbore vermella manexamos o concepto lectura no seu sentido máis amplo.

Lemos poesía e novela, si, mais tamén imaxes e ata casas (que senón fixemos este ano da man

de Víctor a partir de O libro dos cans de Estevo Creus? "Ler" as casas de Mies Van der Rhoe ou

Le Corbusier, interpretalas). Con frecuencia lemos música, e xa tivemos sesións nas que

escoitamos, rap, flamenco, música clásica ou folk galego. Nestas sesións quen nos guía é David,

e será el quen o vindeiro xoves 10 de Maio nos faga a introducción, analizando algunha

canción súa, ó concerto de Adele no Royal Albert Hall de Londres (click aquí).

Témoslle que agradecer a Fernando Serrulla, membro do Consello Escolar, pai do alumno de 1º

Bacharelato Miguel, o seu interese, xenerosidade e implicación, xa que foi el quen nos

proporcionou o concerto desa artista de voz espectacular chamada Adele no famoso teatro

londinense xa mencionado.

Animámosvos a todos a vir a "ler" a música de Adele no club de lectura. Seguro que imos gozar

moitísimo!!!

Page 46: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

46

http://bibliochivite.blogia.com/2012/060101-concerto-de-adele.php

Onte o alumnado que asiste ó club de lectura tivo a oportunidade de ver a fabulosa actuación da cantante Adele no Royal Albert Hall (Click AQUÍ).

Houbo unha introducción a cargo do profesor de música Davod Rguez Rivada, que nos deu unhas pinceladas sobre a biografía da cantante e o seu estilo, falounos tamén das características da súa voz e analizou brevemente unha das súas cancións máis coñecidas, Someone like you. Despois vimos parte do concerto, facendo comentarios entre canción e canción e incluso acompañamos a Adele cantando todos Someone like you (vídeo enriba). Pasámolo moi ben!!!!

Ó final do concerto, grazas á xenerosidade de Fernando Serrulla, representante dos pais no consello escolar e quen nos proporcionou o vídeo-CD, sorteamos o DVD entre os asistentes e a gañadora foi Jasmín Fernández, de 1º ESO B. Parabéns!!!!

Page 47: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

47

- 7 Xuño: Actuación da actriz Ana Isabel Roncero Martín.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/050801-actuacion-de-ana-isabel-roncero.php

Este ano teremos o inmenso pracer de rematar o club de lectura, o vindeiro 7 de Xuño, coa

actuación de Ana Isabel Roncero Martín. A irmá da nosa compañeira Antonia compartirá

connosco o seu talento cunha actuación que nos vai deixar abraiados, seguro!!!!

Se fas click aquí accederás a un post sobre Ana Isabel Roncero e o seu espectáculo teatral Lo

que somos que David Rguez. Rivada escribiu no seu blog.

Page 48: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

48

http://bibliochivite.blogia.com/2012/061102-ana-isabel-roncero.php

Foi o día 7 de xuño cando recibimos a visita deste ser excepcional que é Ana. Encheunos os oídos con historias, os petos con tesouros e a alma con esperanza e certezas: a esperanza de que se pode compartir a beleza sen ter en conta a idade do público, e a certeza de que cun talento como o que ela posúe toda historia pode ter vida, esencia.

Foi unha tarde máxica, os rapaces do club e os que viñan a PROA agasalláronnos cun comportamento impecable. Escoitamos historas de amor, de desamor, de vinganza, de misterio, todas unidas pola tenrura de Ana, pola súa voz camaleónica e multiforme, polos seus acenos e a súa maxistral interpretación.

Engaiolounos co seu talento. Unha palabra pode cambiar unha vida, claro que sí, imaxinade que non cambiará un torrente de vida e literatura como o que ela nos ofreceu!

Grazas a todos.

AQUÍ tedes un álbum de fotos e AQUÍ podedes ver un collage, ambos feitos por Maite Jiménez (MOITAS GRAZAS!!!!), con fotografías tomadas durante a actuación de Ana.

O primeiro vídeo que aparece enriba tamén o elaborou Maite, excepcional fotógrafa. O segundo e ós que podedes acceder premendo aquí , aquí, aquí, aquí,aquí e aquí recollen momentos da actuación da grande actriz e ser humano que é Ana.

Page 49: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

49

E ADEMAIS.......

Seguimos co concurso “Adiviña quen é”, que realizamos en colaboración co IES Ribeira do

Louro de Porriño. Este ano os personaxes ocultos foron:

VANDANA SHIVA, no primeiro trimestre:

http://bibliochivite.blogia.com/2011/121501-adivina-quen-e-vandana-shiva.php

Rematou a primeira edición do concurso Adiviña quen é neste curso 2011-2012.

A figura oculta era, como algúns de vós descubristres, a de Vandana Shiva.

Doutora en Ciencias Físicas (1978), é unha das ecoloxistas, feministas e filósofas da ciencia

máis prestixiosas a escala internacional que loitan activamente contra o modelo neoliberal de

globalización e a favor dos dereitos dos pobos.

AQUÍ podedes accedes a artigos seus.

AQUÍ vídeos subtitulados.

AQUÍ e AQUÍ entrevistas con Vandana Shiva.

Parabéns a Miguel e Alejandra Franco, de 3º ESO do IES Xesús Taboada Chivite, e a Mercedes

Castro e Marta Cid, de 2º ESO do mesmo instituto.

O gañador do IES Ribeira do Louro foi Modesto Iglesias Salgueiro. As nosas felicitacións para ti

tamén!!!!!!

Page 50: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

50

ISAAC DÍAZ PARDO, na segunda edición, na que tamén colaborou o Dpto. de Dinamización

Lingüística do noso centro.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/040901--adivina-quen-e-nova-edicion-3-trimestre.php

Remata unha nova edición do concurso "Adiviña quen é". Efectivamente, como algúns

descubristes, a figura oculta nesta edición na que, pola importancia enorme do personaxe para

a cultura galega, participou tamén o Dpto. de Dinamización Lingüística, era Isaac Díaz

Pardo, intelectual e artista galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e

reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. (Aquí podedes acceder a artigos sobre este

sobranceiro persoeiro da cultura galega, recentemente finado. Este foi escrito por Manolo

Rivas).

"Quando os anos me vençam já descomposto tudo e farto de fazer tudo o que faço, nom sei o

que farei... estou já tam afeito a perder que nom sei que fazer se un día ganho".

Na portada de Monxoi, de Alfonso Mato -homenaxe persoal que repasa os seus 15 anos como

historiador e documentalista ó carón de Díaz Pardo no Instituto Galego da Información-, esta é

a cita escollida para resumir unha visión do mundo. Extractouna Mato do derradeiro libro de

Isaac, Tentando construir uma esfinge de pedra (Do Castro, 2007), o máis semellante a unhas

memorias por vía interposta que escribiu o ancián que en 1936 chamou "reaccionario" a

Castelao, por suxerirlle que levase os pasquíns ó concello antes de distribuilos. No diálogo

entre o home e a esfinxe, que é un oráculo, a esfinxe acaba traicionando á persoa.

Os nosos parabéns a Marta Cid, Mercedes Castro e María Barreira, todas elas alumnas de 2º

ESO do IES Xesús Taboada Chivite (co seu agasallo nas fotos de abaixo), por ter acertado quen

era o personaxe descoñecido nesta edición de "Adiviña quen é". O gañador no IES Ribeira do

Louro foi Borja Alonso Estévez.

Page 51: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

51

ANTONIO TABUCCHI, no terceiro trimestre.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/040901--adivina-quen-e-nova-edicion-3-trimestre.php

Nova edición do concurso "Adiviña quen é", que como sabedes, lanzamos conxuntamente o

IES Taboada Chivite (a través do club de lectura A árbore vermella) e o IES Ribeira do Louro de

Porriño.

Debaixo tedes unha imaxe distorsionada do importante escritor cuxo nome tedes que adiviñar,

e enriba datos biográficos e citas que vos poden axudar a descubrir quen é este persoeiro.

Coma sempre, hai que mandar un e-mail co voso nome e apelidos, curso, grupo e instituto,

ademais de, por suposto, o nome do personaxe oculto, a:

[email protected]

Podedes participar ata o mércores 6 de Xuño. Ánimo!!!!! Hai un agasallo agardando por

vós!!!!!!

Page 52: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

52

http://bibliochivite.blogia.com/2012/060601-adivina-quen-e-antonio-tabucchi.php

Remata a última edición do curso 2011-2012 do concurso "Adiviña quen é". Efectivamente, o escritor oculto era o recentemente finado Antonio Tabucchi.(Premer tamén AQUÍ)

Para Antonio Tabucchi a verdadeira viaxe vital foi a da escritura. Viaxes e outras viaxes, publicado en España semanas antes do seu pasamento, lémbranos que o mundo non é só iso que coñecemos. É un caderno de apuntes onde a historia das grandes cidades cede espazo a outras pequenas historias nun álbum moi persoal.

Facendo click AQUÍ podedes acceder a interesantes artigos e entrevistas co grande escritor italiano namorado de Portugal.

Parabéns a María Romero Rodríguez e Aarón González Rúa, de 2º ESO e a Laura Fernández González e Miguel Alves Blanch, de 1º ESO do IES Xesús Taboada Chivite, por ten acertado quen era o escritor misterioso. Pronto saberemos quen gañou no IES Ribeira do Louro.

AQUÍ PODEDES VER A LAURA, MIGUEL, MARÍA E AARÓN COS SEUS AGASALLOS.

Page 53: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

53

E ADEMAIS.......

Os compañeiros do IES Ribeira do Louro tamén tiveron a enorme xenerosidadede traernos ata

Verín o seu proxecto “Grandes mulleres da Historia visitan as aulas galegas”. Esta actividade foi

promovida pola Biblioteca, o Dpto. de Dinamización Lingüística e o club de lectura A árbore

vermella.

http://bibliochivite.blogia.com/2012/021601-as-grandes-mulleres-da-historia-ies-ribeira-do-

louro.php

Dende hai xa varios cursos alumnas do IES Ribeira do Louro de Porriño levan a cabo a

actividade "Grandes mulleres da historia visitan as aulas galegas" . Trátase dun proxecto

deseñado para conmemorar o Día Internacional da Muller que ideou a profesora de Filosofía

Virginia Calviño (quen impartiu clase hai anos no noso instituto) e que leva a cabo en

colaboración con Delio García, Xefe do Dpto de Dinamización Lingüística e coa participación de

David Barros, profesor de Música. A actividade consiste na preparación dunha serie de

monólogos teatrais (aproximadamente 16 por tempada) para a súa representación nas aulas.

O que se persegue é que as alumnas asuman o papel de mulleres sobranceiras da historia nas

distintas disciplinas do saber co obxectivo de eliminar estereotipos sexistas e discriminatorios

e, ao mesmo tempo, practicar o discurso en lingua galega.

O extraordinario traballo desenvolvido por moitas mulleres ó longo da historia segue a

permanecer oculto e actividades como as que nos presentan os compañeiros do IES Ribeira do

Louro axuda a reivindicalas.

Un bo feixe de personaxes históricos femininos (Safo, Téano,Aspasia de

Mileto, Agnodice, María " a profetisa", Hipatia de Alexandría, Trótula de Salerno, Hildegarda de

Binden, María Soliño, Sofía Brahe, Artemisia Gentileschi, Juana Inés de La Cruz, Olivia Sabuco,

Olympe de Gouges, Ada Byron, George Eliot, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Clara

Page 54: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

54

Schumann, Clara Zetkin, Marie Curie, Hellen Keller, Clara Campoamor, Victoria Kent, Maruxa

Mallo, María Zambrano, Frida Kahlo, Simone de Beauvoir, Rita Levi-Montalcini, María Casares,

María Wonenburger, Diane Fossey, Susan Sontag, Vandana Shiva, Rigoberta Menchú,

"Mulleres de Negro", Alice Guy Blanche, Federica Montseny e Rosalind Franklin) teñen

cobrado vida, non só nas aulas de Porriño. A actividade xa saiu do IES Ribeira do Louro e visitou

Tui, Carballiño, o concello de Vigo (onde o proxecto foi premiado pola Concellería de Igualdade

e Benestar) ... e proximamente o noso instituto terá a inmensa sorte de recibir as alumnas do

Ribeira do Louro.

Na revista escolar "Órbita", que editan no IES Ribeira do Louro, tedes información sobre a

actividade (premede AQUÍ).

Como vos diciamos, as mulleres sobranceiras da historia chegarán ó IES Xesús Taboada Chivite

de Verín dende Porriño grazas á inmensa xenerosidade dos compañeiros do IES Ribeira do

Louro. Van visitarnos o vindeiro 12 de Marzo:

Téano: Widad Rizki

Agnodice: Raja Rizki

María a profetisa: Tamara Iglesia Romero

Trótula de Salermo: Karina Holguin Cerón

Hildegarda de Binge: Andrea Glez Barbosa

María Soliña: Noelia Fdez Vila

Artemisa: Aroa Torres Pérez

Olimpia de Gouges: María Prado Díaz

George Eliot: Dayana Álvarez Dominguez

Concepción Arenal: Noelia Lago Ramírez

Alice Guy Blanche: Alba Fdez Loureiro

Federica Montseny: Clara Avendaño Campos

Rosalind Franklin: Alejandra Ledo Diz

María xosefa Wonenburguer: Yennifer Teixeira Silva

Vandana Shiva: Sara Silva Lorenzo

A actividade está promovida pola nosa Biblioteca, o Equipo de Dinamización Lingüística e o

Club de Lectura A Árbore Vermella.

Page 55: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

55

http://bibliochivite.blogia.com/2012/031201-dia-da-muller-actuacion-das-alumnas-do-ies-

ribeira-do-louro.php

Hoxe tivemos a inmensa fortuna de contar coa presenza, nalgunhas das nosas aulas, de

grandes mulleres da Historia. Viñeron dende Porriño (IES Ribeira do Louro), da man de Virxinia,

profe de Filosofía no IES Ribeira do Louro, e Delio, Xefe do Dpto. de Dinamización Lingüística.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que o talento interpretativo das alumnas-actrices

do Ribeira do Louro ó poñer en escena os textos elaborados polos seus profesores, nos

permitiu acercarnos a mulleres de grande relevancia na Historia mais en moitos casos

descoñecidas para nós... Moitos logros de mulleres sobranceiras teñen permanecido ocultos ó

longo dos séculos.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, polo voso traballo, polo voso talento e pola vosa xenerosidade ó vir

dende Porriño ata Verín para compartir connosco esta marabillosa actividade. Profesores e

alumnos quedamos encantados. As mulleres que nos acompañaron neste 12 de Marzo de

2012 foron:

Téano: Widad Rizki

Agnodice: Raja Rizki

Page 56: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

56

María a profetisa: Tamara Iglesia Romero

Trótula de Salermo: Karina Holguin Cerón

Hildegarda de Binge: Andrea Glez Barbosa

María Soliña: Noelia Fdez Vila

Artemisa: Aroa Torres Pérez

Olimpia de Gouges: María Prado Díaz

George Eliot: Dayana Álvarez Dominguez

Concepción Arenal: Noelia Lago Ramírez

Alice Guy Blanche: Alba Fdez Loureiro

Federica Montseny: Clara Avendaño Campos

Rosalind Franklin: Alejandra Ledo Diz

María Xosefa Wonenburguer: Yennifer Teixeira Silva

Vandana Shiva: Sara Silva Lorenzo

Fai click AQUÍ para acceder a un vídeo que amosa a 1º parte da actuación dun grupo de

"Mulleres Sobranceiras da Historia".

AQUÍ tedes a 2º parte e AQUÍ a terceira. As mulleres e alumnas que as interpretan son:

Téano: Widad Rizki - María a profetisa: Tamara Iglesia Romero

Hildegarda de Binge: Andrea Glez Barbosa - María Soliña: Noelia Fdez Vila

George Eliot:Dayana Álvarez Dominguez-Federica Montseny:Clara Avendaño Campos

María Xosefa Wonenburguer: Yennifer Teixeira Silva

Na parte superior do post (1º vídeo) podedes ver e escoitar a:

Agnodice: Raja Rizki - Trótula de Salermo: Karina Holguin Cerón

Artemisa: Aroa Torres Pérez - Olimpia de Gouges: María Prado Díaz

Concepción Arenal: Noelia Lago Ramírez - Alice Guy Blanche: Alba Fdez Loureiro

Rosalind Franklin: Alejandra Ledo Diz - Vandana Shiva: Sara Silva Lorenzo

Page 57: Memoria club lectura A árbore vermella 2011-2012

Memoria Club de lectura A árbore vermella – 2011/2012

57

http://bibliochivite.blogia.com/2012/061101-feliz-veran-.php

A árbore vermella - presentacion imagenes

A todos e todas os que formades parte do club: GOZADE MOITÍÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO NO VERÁN, E MOITAS MOITAS GRAZAS POR ESTAR SEMPRE AÍ!!!!!!!!!

PD: GRAZAS, Javier, por coidar tanto da árbore vermella (podédela ver enriba).