Árbore de nadal

1
* ** ***** Gustaríame adornar, estes días, unha árbore de Nadal moi especial e colgarlle, en vez de regalos, os nomes de todas as miñas amizades. As de cerca e as de máis lonxe. As de sempre e as que teño agora. As que vexo cada día, e as que atopo moi de cando en vez. Aquelas que sempre recordo e as que sempre esquezo. As constantes e as inconstantes. As das horas alegres e as das horas difíciles. Ás que sen querer manquei, e as que sen querer me fixeron dano. Aquelas que coñezo profundamente, e aquelas que só coñezo pola súa aparencia. As que me deben algunha cousa e aquelas ás que debo moito. As amizades humildes e as amizades importantes. Por iso as nomeo a todas, a todas as que pasaron pola miña vida. As que recibides esta mensaxe e as que non a reciban. Unha árbore de raíces profundas, para que os vosos nomes non se poidan arrincar nunca. Unha árbore que, cando floreza o ano que vén, nos traia ilusión, saúde, amor e paz. Oxalá que polo Nadal poidamos atoparnos para compartir os mellores desexos de esperanza, dando un pouco de felicidade a quen queira admitila. BO NADAL

Upload: xose-manuel-sardina

Post on 06-Aug-2015

235 views

Category:

Lifestyle


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Árbore De Nadal

***

*****Gustaríame

adornar, estes días,unha árbore de Nadal

moi especiale colgarlle, en vez de regalos,

os nomesde todas as miñas amizades. As de cerca

e as de máis lonxe. As de sempre e as que teño agora.

As que vexo cada día, e as que atopo moi decando en vez.

Aquelas que sempre recordo e as que sempre esquezo.As constantes e as inconstantes. As das horas

alegres e as das horas difíciles. Ás que sen querer manquei,e as que sen querer me fixeron dano. Aquelas que coñezo

profundamente, e aquelas que só coñezo pola súaaparencia.

As que me deben algunha cousa e aquelas ás que debo moito. As amizades humildese as amizades importantes. Por iso as nomeo a todas, a todas as que pasaron

pola miña vida. As que recibides esta mensaxe e as que non a reciban. Unha árbore de raíces profundas, para que os vosos nomes non se poidan arrincar nunca.

Unha árbore que, cando floreza o ano que vén, nos traia ilusión, saúde, amor e paz.Oxalá que polo Nadal poidamos atoparnos para compartir os mellores desexos

de esperanza,dando un poucode felicidade a

quen queira admitila.

BO NADAL