mapoula2013

37

Upload: ies-adormideras

Post on 01-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Esta é o novo exemplar de Mapoula do curso 2012/2013 do IES Adormideras da Coruña (ESpaña)

TRANSCRIPT

Page 1: Mapoula2013
Page 2: Mapoula2013

Arte no instituto

­ Marcapáxinas

­ Porta debuxo técnico

­ Urban Art

A nosa xente

­ Ciao queridos compañeiros

­ Promoción 2012­13

Deportes

­ Borussia Dortmund

­ A gran final

As nosas cousas

­ A historia da familia que discutía

­ Microrrelatos

­ Espantallolandia

­ Gran Nai

Saídas

­ Alemaña

­ Cabana de Bergantiños

­ Correlingua

­ Museo Belas Artes

­ Neve

­ O que de verdade importa

­ Teatro de Roberto Vidal Bolaño

Max­Mix

­ Drácena Real

­ Entroido

­ Nadal

­ A nosa Mapoula

­ Enciga

­ Día das Letras Galegas

Dirección e coordinación

Equipo de Normalización lingüística

María Xosé Mato

María Xosé González

Maquetación

Diego Flores

Mateo Roibás

Laura Boado

Carolina Aguiar

David Fernández

Xocas Bermello

Natalia De la Puente

Sara Rey

María Bálsamo

Sabela Suevos

Edición

Diego Flores

Portada

Anónimo

Page 3: Mapoula2013
Page 4: Mapoula2013

OS NOSOS MARCAPÁXINAS

Noraboa a Miguel Agromayor de 3º de ESO por este bonito marcapáxinas que nosacompaña durante todo o 2013 nos nosos libros e que nos informa das datas dosexames de das vacacións.Moitas grazas a tódolos participantes e sabede que foi francamante difícil elixir ungañador entre tan bos finalistas.O gañador de Bacharelato é Celestino Abad de 2º Bach. A partir de agora non nospodemos negar a empregar o galego na WEB. Polo tanto, subscríbete ti tamén.Ás profes de Debuxo Montse LLamas e Laura grazas por adicarlle o tempo enasesorar e dar as instruccións para que estes traballos se poidan facer.

Page 5: Mapoula2013

MÁIS DECORACIÓN:TOCA DEBUXO TÉCNICO.

Decidimonos a traballar sobre a porta de debuxo técnico por diferentes motivos, como, porexemplo, que a asignatura de debuxo técnico é unha das asignaturas obrigatorias do primeiro cursodo bacharelato artístico, polo que todos xa temos pasado por esa aula. Ademais, o noso titor actual,Juan Lopez de Heredia, é un dos profesores de debuxo técnico e para a gran maioria do grupo, eademais tamén foi o noso profesor desa asignatura o ano pasado.

O noso obxectivo coa porta é mostrar algo con perspectiva e relacionado co debuxotécnico. Decidímonos, despois de buscar diferentes temas e debuxos, por un de Escher, creador demoitas figuras imposibles moi coñecidas hoxe en dia. A "nosa" porta reflicte un trozo de"Relatividade" da coleccion Litografia (ano 1953), unha figura imposible con moitos elementosdiferentes, onde os grandes protagonistas son as escaleiras e as figuras que soben e baixan porelas.

Victoria Blanco Jaspe, Elena Díaz­Castroverde Bejar, Raúl Martín Parga,Lucía Rodríguez Vilela,Andrea Suárez Docampo e Marta Vendrell Flores2º bacharelato D

Page 6: Mapoula2013

STREET ARTQuizais algúns de vós vos preguntastes de onde saíron todos eses anuncios que apareceron

nalgúns lugares do instituto hai uns días. Pois consistiron nun pequeno achegamento ao chamado "streetart" ou "arte urbana", feitos por unha parte dos alumnos de 1º de Bacharelato.O obxectivo desta intervención era transmitir un pouco de enerxía positiva a través de algo que todostemos, que é a creatividade. Agardamos telo conseguido. E a dicir do rápido que desapareceron ospapeliños que se podían arrincar parece que algo de expectación crearon...

A arte "urbana", "arte de guerrilla", máis coñecidos polas súas denominacións en inglés "streetart" ou "guerrilla art" consiste en deixar obras de arte en espazos públicos de forma anónima,normalmente sen autorización, pero con respecto pola contorna. É un medio de expresión que utilizanmoitos artistas para poder chegar a unha gran cantidade de público e que, dun tempo para acó, debido ádifusión que lle dan medios como internet, vai gañando adeptos e é cada vez mellor acollido polopúblico.

As motivacións para este tipo de arte moitas veces (aínda que non sempre, todo hai que dicilo)escapan dos intereses económicos ou de procura de fama. Normalmente responden a unha necesidade detransmitir ideas, de repartir enerxía positiva ou simlemente de divertirse. E moitas veces tameñn vai conreivindicacións políticas ou sociais.

A expresión máis coñecida desta arte é o grafitti. Supoño que todos coñeceredes a un dos máispopulares e considerados creadores: Banksy. Pero non só consiste en traballos con spray e stencil.Podehaber obras de arte urbana que sexan instalacións, performances, proxeccións de vídeos, traballos conplantas ("guerrilla gardening") e ata con calceta e ganchillo ("guerrilla knitting"). Quizais algúns de vóssorprendéstesvos hai uns meses vendo ao guerreiro de Botero que hai diante da Domus, en Coruña,vestido cun chaleco de gancho. Pois xa sabedes o que era...

Page 7: Mapoula2013
Page 8: Mapoula2013

FELIPE, POL, ANA E CLARA: CIAO, COMPAÑEIROS, E BOA SORTE.

Gañaron este curso un merecido retiro catro profesores de longa traxectoria no IES Adormideras.

Botaremos de menos a Felipe Fernández, sempre co sorriso irónico, co xornal baixo o brazo como sepasara por aí e non traballara... o que todos sabiamos que non era certo en absoluto. Bo profesor emellor compañeiro. Foise, alá en setembro, a facer o Camiño de Santiago e xa non quixo voltar connós. Parabéns.Tamén marchou en setembro Angel Damil, a quen todos coñecemos como Pol. Foise con discreción,como era el no seu traballo, onde gañou o agarimo dos seus alumnos co seu paciente labor. Seguroque agora ten máis tempo para as súas afeccións, coma a música e o teatro. Que as disfrute.De Ana Otero o que sorrían máis eran os seus ollos. Ás veces tentaba parecer seria, pero o cariño dasúa mirada traizoábaa. Sempre tivo tempo para axudar aos seus alumnos e aos compañeiros que opediran. Foise en Nadal á súa casa. Agora poderá adicar ese tempo máis para si e os seus: que sexanoraboa.O sorriso de Clara Cornide, polo contrario era sempre amable, divertido, de quen ve a vida e otraballo sen que estorbe o seu disfrute. Dende a Semana Santa deixounos por mellores ocupacións.Agora seguro que aproveita o tempo coa liberdade que desexaba, na compaña da súa familia e coaledicia que merece.

O dito, colegas: moita sorte nesta nova etapa que comezades e ata que queirades dar unha volta poraquí, o IES Adormideras, que sempre será a vosa casa.

Page 9: Mapoula2013

Agora si que rematou o Insti. Por unha parte moi feliz de ter rematado pero por outra de moita pena.Moitos deles pasamos seis aquí da nosa vida, onde coñecimos a moitos amigos e ademais de estudarmoito, rimos a máis non poder. Todo ten a súa final, e agora vén outra etapa: a Universidade para amaioría de nós, e seguro ou polo menos agradamos que tamén nos vaia xenial.Adeus IES Adormideras. Ata sempre.

Isabel Ucha.

Page 10: Mapoula2013
Page 11: Mapoula2013
Page 12: Mapoula2013

A HISTORIA DA FAMILIA QUE DISCUTÍAUnha familia foi pasear ao parque. Era inverno, e de súpeto veulles enrriba unha tormenta de neve. O pai dixo:­Pola dereita é o camino máis curto ata a porta do parque.­Que disparate!­dixo a nai­Temos que ir pola esquerda.­Estades tolos?­berrou a filla­A porta está detrás nosa. Temos que volverPararon. Ningún deles cedía. Fixose de noite , descargou a tormenta e cada vez facía máis frío.Os tres seguíanrifando non se decataban de que se lles estaban conxelando os pés.Un garda foi pechar a porta do parque. Encontrou diante del tres bonecos de neve, e oíu gritar:­Dereita¡­Non, esquerda¡­Temos que retroceder¡As voces producían arrepíos porque saían da neve.O garda asustouse tanto que fuxiu para a súa casa deixando a porta aberta. Cando se repuxo do susto foi buscar ápolicía.A policía tivera un atasco polo camiño.A familia deixou de discutir uns intres; o pai dixo:­Pois veña imos pola esquerda.­Non fai falla ir pola esquerda. Fagámoslle caso á nena­dixo a nai­Non, mamá, eu creo que nos equivocamos ‎ facendome caso a min­dixo a nena .A familia mirouse entre eles e dixo o pai avergoñado:­Sinto moito esta discusión familiar­Eu tamén a sinto­dixeron a nai e a filla.Entón o calor do cariño que tiñan entre eles derritiu a neve, cunha luz deslumbrante.Cando chegou a policía, levounos cara adiante e saíron.

Alex Vazquez1º ESO

Page 13: Mapoula2013

ESPANTALLOLANDIAO señor Xusto chegou unha mañá co espantallo ao ombro, espetouno no medio da leira e dixo:­Xa sabes o que tes que facer.Pero ao espantallo non lle gustaba aquel oficio. A el gustábanlle os paxaros: velos voar,pousarse na sementeira, peteirar nas espigas de trigo...Non, non estaba contento co seutraballo; por iso tiña a queixada pegada ao peito, a mirada pegada ao chan e a vergonzapegada á cara. Non obstante, o espantallo cumpría coa súa obriga e facía todo o posible porespantar os paxaros.Un día, viu vir polo sendeiro un extraño personaxe...Non se vía ben quen ou que era ata que seacercou. ¡Era outro espantallo! Aínda que distinto a el porque non estaba suxo e levabaanteollos.­Ola ­ dixo ao espantallo­ Chámome Amir, e ti?­­Ola, eu chámome...eu chámome...eu non teño nome ­ respondeu mentres na súa caraformábase unha expresión de tristeza.­Como é posible?Todo ser vivo ten dereito a nome­ dixo sorpredido­Pero é que para o meu xefe eu non son un ser vivo.­ respondeulle sen nen sequera miralo ácara.­Pero, e que fas aí de parvo?­Estou a traballar.­A mín pasábame o mesmo ata que un día me dei conta de que eu non son escravo de ninguén.­Pero é que,se non traballo no podo darlle de comer aos meus filliños...­­Despréndete dese pau e sígueme, eu dareiche traballo.­De verdade?­ nese momento o espantallo ergueu a cabeza e sorriu. Era a primeira vez que ofacía.­Asegúrocho!­ respondeu Amir mentres o axudaba para soltarse do pau.Cando por fin o soltou, puxeronse a andar e o espantallo sen nome decatouse dun pequeñoproblema.­E que pasa coa miña familia? Non podo deixalos aquí.­dixo con tristeza, pensado en que amisión fracasara.­Iremos buscalos e sen ningún problema viran connosco.­Moitisimas grazas polo que estas a facer por min.­Non hai de que! É o meu oficio.­Pois o teu oficio é marabilloso!Seguiron camiñando e, nun abrir e pechar de ollos, estaban na porta onde vivía a familia doespantallo.­Aquí é!­ dixo­ Esta é a miñ casa.­Vai avisalos de que fagan as maletas, que temos que partir.Cando estiveron todos listos, entraron nun autobús cun cartel que poñía:“ESPANTALLOLANDIA”Cando chegaron ao lugar quedaron abraiados coas vistas. Era un lugar estupendo. Alí todoseran espantallos, eran felices, non había confictos... Era o paraíso dos espantallos! Amir levou áfamilia xunto o alcalde, que, o primeiro que fixo, foi poñerlles nome e darlles unha casa ondevivir. Logo falou en privado co espantallo, agora chamado “Lucas”, e ofreceulle traballar no quequixese. Lucas decidiu traballar nun comedor para animais. E así todos viviron felices ecomeron perdices.

Clara Rey Iglesias 1 ESO­A

Page 14: Mapoula2013

~FLORES~Eu cada día ía coller unha margarida ao xardín que está ao lado da miña casa, edespois colocábaa nun pequeño xarrón na cociña. Un día, ao acabar de almorzar, funbuscar a miña margarida diaria, e resulta que non había ningunha; dende lonxe vexo aoxardiñeiro.

María Fernández López 2ºESO

Marcos ía pola rúa cando sentiu que alguén o seguía. Andaba e a cousa andaba. Marcosdeuse a volta e viu que era a súa sombra. De repente, a sombra colleuno e tragouno.

Xiana Saborido Sueiro 2º A ESO

O ASCENSOR QUE REVE.Un día erguinme pola mañá, moi contenta. Fun almorzar, e miña familia foi saíndo para traballar. Eucollín a mochila para ir ao instituto, pechei a porta e chamei ao ascensor. Entrei no ascensor,pecháronseme as portas e deille ao botón . Ao principio todo parecía normal pero pouco a poucoianse encollendo as paredes e toquei a campaíña, berrei, chorei, seguín berrando; cada vezquedábame menos espazo, ata que abrín os ollos e deime conta de que era un soño.

Inés Trigás Pereira, 2º ESO

Page 15: Mapoula2013

GRAN NAI

Gran nai de cabelos brancos, mans fortes e vista cansada. Canto tempo tiveches quesoportar ver aos teus fillos partir aos brazos doutras mulleres? Cantas veces viches oteu corpo macerado polo lume? Cantas bágoas tinguidas de negro botaches?Os teus cativos roxen, teñen a forza do xabarín e mais a das augas escuras. Non chedeixarán caer de novo. Sangre de celta deféndete, están armados de bravura. Teñena carraxe do cervo e a astucia do raposo. Non te preocupes, non chores, xa chegan.As túas fillas tamén claman. Aprenderon dos teus toxos e son belidas pero fortes.Cortan de raíz os parasitos que beben a túa auga. Matan as serpes que espallan oseu veleno. Ti ensinácheslles a resistir a chuvia e o vento, seguen impasibles baixo atempestade. Non te preocupes, non chores, xa chegan.O inimigo está preto. Son moitos pero covardes. Loitade, valentes celtas! Loitade polavosa madre! Oes as gaitas alí afora? Son os teus fillos pedindo liberdade. Collede omorrión, a pica e a espada, se tedes honra seguídeme. Marchemos cara un novoamencer.Gran nai, durme tranquila. Os teus fillos xa chegaron.

Andrés S. López­Santos, 3ºA

Page 16: Mapoula2013
Page 17: Mapoula2013

Dortmund e a súa industria.

A conca do Ruhr, onde se encontra Dortmund, é unha das principais rexións mineiras da

Unión Europea. Nela, extráense carbón e aceiro.

Nós fomos ao museo da minaría (en Bochum, Bergbau­Museum), onde visitamos unha

mina artificial e ensináronnos as distintas formas de extraer os minerais e de traballar, así

coma as medidas empregadas á hora de rescatar a alguén.

Dortmund e toda a zona do Ruhr está moi industrializada e non gana moito co turismo,

polo que son cidades fundamentalmente residenciais.

Outras actividades económicas de Dortmund son a cervexa e o fútbol, ademais de ter un

aeroporto internacional.

Alicia Sánchez e Andrés Soria

3º ESO

Page 18: Mapoula2013

POEMA XAPONÉS NA COSTA DA MORTE

O 11 de marzo, conmemorouse o segundo aniversario do tsunami de Xapón con un

acto na Praza do Pendón de Cabana de Bergantiños no que o IES Adormideras

participou, xa que se erixía un mural­puzzle cerámico no que traballaron os nosos

alumnos.

A execución do mural levouse a cabo na escola­taller de Cerámicas do Castro en Sada.

Participaron un grupo numerosos de alumnos que durante varias horas estiveron

realizando este poema xaponés.

No acto asistiron diversas personalidades locais e o trompetista Manu Paíno interpretou

os himnos de Xapón e Galicia. O tempo non acompañou moito; foi un deses días de

inverno que arroiou da mañá á noite. Aínda así, pódese que comprobar a beleza da

escultura e o lugar tan excepcional no que se atopa. Xa sabedes, se pasades por

Cabana de Bergantiños fixádevos ben nesta escultura e lembrade o seu significado, o

que representa e que os alumnos do IES Adormideras foron os obradoiros da

escultura.

Page 19: Mapoula2013

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O venres 5 de Abril fomos ao museo de Belas Artes.

O primeiro que vimos foi o cadro da Virxe da Leite. O cadro representa a unha muller que estaba dándolle de mamar a Xesús. O neno Xesús

estaba debuxado con cara de neno e corpo de home, para demostrar á xente que era un ser divino. A xente, daquela, non sabía nin ler nin

escribir, por iso os pintores pintaban tantos cadros, para que a xente analfabeta puidese “ler” os libros, ou mesmo a biblia.

Tamén nos explicaron que había veces que o cadro viña en moi mal estado ao museo; entón uns especialistas repasábano e pintaban as

partes en branco. Nalgúns cadros pódese apreciar a man do especialista, só dende moi cerca, porque son unhas liñas moi finas e un pouco

máis claras ou escuras que o resto do cadro. Nesa mesma sala tamén había unhas moedas romanas e musulmás, e unha estatuilla da deusa

Minerva (Minerva para os romanos e Atenea para os gregos)

Na seguinte sala vimos algúns cadros mitolóxicos, como o de Dédalo e Ícaro ou o de Hércules montado no seu carro de cabalos. No de Dédalo

e Ícaro aparecían representados dous homes, os dous cunhas ás de madeira, plumas e arxila. Un tiña as ás enteiras (Dédalo) e outro tiña as

súas rotas (Ícaro). –están representados na escena na que Ícaro cae ao mar por voar demasiado alto, de xeito que a súa arxila fundiuse a as

súas ás destruíronse. Deixándoo caer ao baleiro. O outro cadro mitolóxico que vimos foi o de Hércules, no que aparecía representado no carro,

vestido coa súa capa de león.

Nesa mesma sala vimos un cadro que parecía predicir o futuro. Aparecía un cabaleiro cunha señora xogando ás cartas, outro cabaleiro

xogando só, e un vello que parecía ser o que puña os cartos, cunha muller. Distinguíase que o primeiro grupo ía perdendo porque non tiña

moedas e apreciábase o futuro porque os dous cabaleiros levaban espada, e como un ía perdendo, probablemente atacaría ao outro por

perder e quedar en ridículo, e case seguro habería unha loita.

No piso de enriba vimos un cadro que enganaba bastante. Nel estaba representado un home con dous touros detrás, e que vestían unha longa

bata. O cadro, pola luz, facía pensar que era pleno verán, pero como o home levaba roupa de inverno,entendíase que era inverno e non verán.

O cadro, aparte de enganar pola luz, tamén enganaba pola maneira da que estaba representado, pois de cerca o home era un borrón, e os

touros unhas manchas marróns que ían detrás, pero desde lonxe parecía que a pelaxes dos animais estaba pintado pelo a pelo, e todo parecía

estar moi ben perfilado.

Nesa mesma sala tamén vimos unha estatuilla dunha nena galega que sostiña uns xarróns cheos de flores para ofrecerllos a alguén. Como

tiña roupas de campesiña e levaba zocos, entendíase que era unha nena pobre.

Noutra sala vimos tres cadros de tres raíñas que eran parentes (sogras e noras) pero que non se parecían en nada e levaban uns vestidos moi

distintos. Logo, Nuria (a monitora que nos fixo a visita guiada por todo o museo) contounos un pouco a súa vida.

A última sala que visitamos foi a “Sala de debuxo abstracto”. Nela había cadros de Picasso, e cadros nos que se xogaba coas cores. Había

algunhas esculturas que, depende dende onde se mirasen, eran cousas ben distintas. Tamén había cadros que representaban obxectos

diferentes para cada persoa.

Para rematar, fixemos un mural no que pegamos debuxos abstractos creados por nós. Quedounos moi bonito.

Marina Dans Fernández

1º ESO B

Page 20: Mapoula2013

CORRELINGUA 2013

Saímos da Torre de Hércules ata os xardíns de Méndez Núñez. Aquí Fernando Vázquez leutódolos institutos que participabamos. Asinou un montón de autógrafos e moitos de nós fixemos fotoscon el. Logo actuou o actor Pepe Penabade interpretando ao afiador Rodesindo da Barrosa e o grupoMonoulious gañador do concurso musical Cantalingua.A nosa pancarta, aínda que unha das máis bonitas, non acadou a premio. Aínda así nós estamos moicontentos e orgullosos dela e queremos darlle as grazas a Isabel Aller, a profe de debuxo pordirixirnos e axudarnos a facela.

Page 21: Mapoula2013

Viaxe á neve

Nesta viaxe á Jaca paseino estupendamente. O traxecto durou case once horas pero aguanteinasbastante ben, falando cos amigos e xogando coa tablet todo o que me deu a gana: esa é unha dasvantaxes da viaxe, que non están os teus pais para dicirche: “André, para xa coa máquina!”. O primeirodía fomos esquiar á estación de Astún e debín caer catro ou cinco veces, pois non vira uns esquís máis cana televisión. Cando acabamos, voltamos ó hotel, que, por certo, era de catro de estrelas!. Ao díaseguinte fomos de novo á estacións e funlle collendo o tranganillo a isto de esquiar pois desta vez xanon me caín. Logo visitamos a cova das Güixas, unha gruta moi coñecida que hai en Huesca e,finalmente, esgotados, regresamos ao hotel. O terceiro día nevaba a eito e non puidemos ir esquiar.Como alternativa visitamos a cidade de Jaca e a súa Ciudadela, unha fortificación cos seus túneles,cuarteis, ponte levadiza, foso, patio... e resultaba aínda máis fermoso ao estar cuberto de neve. O cuartodía tampouco puidemos ir esquiar, pois aínda que semellase imposible nevaba máis ca o día anterior, etivemos que ficar todos amouchados no hotel. Xogamos un torneo de cartas e outro de parchís, e así foipasando o tempo. Pola tarde fomos comprar souvenirs, e logo voltamos ao hotel. Esa mesma noite osprofesores déronnos unha sorpresa: unha merendola onde bailamos ata non poder máis. O día seguinteera o último en Jaca, e menos mal que tivemos sorte co tempo e puidemos esquiar, aínda que fose sópola mañá. Pola tarde,cansos pero moi contentos, emprendemos viaxe de regreso á Coruña. Chegamos ástres e media da madrugada, pois tivemos que parar dúas horas en Burgos xa que se lesionara unha nena.O peor da viaxe foron os madrugóns que tiñamos que facer e que se me estropeou a tablet; o máisgracioso que un amigo meu, Raúl, foi a Jaca con sesenta euros e volveu con cinco, e en cambio eu, queson máis aforrador, fun con cincuenta e cinco euros, e volvín con corenta e dous euros.E o que máis me gustou foi ver tanta neve xunta!

ANDRÉ CAAMAÑO MARTÍN 1ºESO B

Page 22: Mapoula2013

Unha luva de esquí agardando a próxima tempada

Ola, son unha luva de esquí.A miña vida non é moi axetreada xa que paso a maior parte do tempo

metida nun caixón esperando a que a rapaza me leve a esquiar. Os tres ou catro días que vou pásoo

xenial. Gústame ver as vistas cando ela baixa esquiando e tamén despois dunha longa xornada de

traballo gústame descansar quentiño na habitación do hotel. Vouvos contar a miña viaxe deste ano.

Cando a principios de xaneiro oín desde o meu caixón que na miña casa se falaba de ir á neve

púxenme moi contenta, porque levaba case un ano sen ser usada. Ao cabo duns días, gardáronme

nunha maleta con outra roupa e sacáronme da casa. A viaxe foi moi longa e ao chegar, a miña dona

non me fixo nin caso, subiu a maleta a habitación e punto. Pero eu sabía que ao día seguinte xa ía ver

a neve, aos amigos da miña dona e a moitos rapaces e rapazas sorrintes e nerviosos por esquiar.

Durante dous días paseino xenial xa que me gustaba moito ver as montañas nevadas, os telesillas,

ríame cando caían os amigos da miña dona... en fin, todo o que unha luva de esquí desexa. O mellor

momento despois da intensa xornada era chegar ao hotel e durmir tranquilamente apoiada no

radiador para estar lista ao día seguinte.

Pero nesta excursión non puidemos esuiar dous días debido ao mal tempo e iso non foi tan divertido

xa que facer bólas de neve e terminar empapada é peor que agarrar os bastóns e deslizarse polas

pistas abaixo.

O último día si que esquiamos, xa que ía moi bo tempo e a miña dona mellorara moito e xa non temía

caer cando ela perdía o control. Ao volver ao bus xa non pasamos polo hotel e xunto coa outra roupa

de esquí disfrutamos dun merecido descanso na mochila. Agora xa estou gardada outra vez na casa e

non volverei a saír ata o ano que vén.

Así que, ATA LOGO! :)

ALDARA GÓMEZ MATO 3º A

Page 23: Mapoula2013

FACUNDO, O SOBREVIVINTE

Ola, chámome Facundo e son un pau de esquí. Vouvos contar a miña rutina. Eu vivo nunhatenda acompañado polos meus amigos. Cada semana soen vir grupos que nos adoptan, amin sóeme adoptar xente que mide 1´65 máis ou menos. Eles van esquiar a estaciónspróximas como Astún ou Candanchú.Pola maña esquiamos, paramos para comer e volvemos esquiar pola tarde. Normalmentenon me levo moitos golpes esquiando, o que si é que a min e ao meu irmán xemelgotratánnos fatal: sempre nos tiran ao chan ou chocánnos contra outros obxectos.Cando acabamos de esquiar gárdannos nunha gaiola ou no autobus. A estancia aí non é moiagradable, estamos todos moi xuntos e case non hai luz. Así pasamos a semana cos dogrupo.Cando volvemos á casa límpannos e colocánnos a cada un no seu lugar; a xente que traballapara nós non nos soe ter moito coidado porque a eles non lles impotamos case nada. A miúdogardánnos por estatura así que case sempre teño ao lado aos meus amigos. E alí esperamosata que veña máis xente a por nós.

María Fernández López2º ESO

Page 24: Mapoula2013
Page 25: Mapoula2013

DÍAS SEN GLORIA

CDG levou a cabo unha campaña escolar para achegar aos alumnos galegosao teatro e á figuta de Roberto Vidal Bolaño.

O s alumnos de 1º de bacharelato do IES Adormideras fomos ver esta representación o 16 de maioao teatro Rosalía de Castro dentro das actividades da Semana das Letras Galegas.

Días sen gloria é a produción do Centro Dramático Galego (CDG) coa que rende homenaxe aRoberto Vidal Bolaño polo Día das Letras Galegas.

O CDG elixiu esta peza, Premio Rafael Dieste 1992, como unha das que mellor a obra de Bolaño,cos seus personaxes e ambientes marxinais. Este ano cúmprese, ademais, o vinte aniversario da súa estreapor Teatro do Aquí, a compañía de Roberto Vidal Bolaño, co propio autor no papel protagonista baixo adirección de Quico Cadaval.

Na versión de 2013, os actores Manuel Manquiña, Eva Souto, Borja Fernández, Felisa Segade eSergio Zearreta interpretan esta historia sobre unha viaxe do Camiño de Santiago.

Manuel Manquiña e Eva Souto son dous antiheroes anónimos que peregrinan a Compostela. Ela éunha prostituta nova e inxenua, que pretende dar alcance na ruta xacobea o cabaleiro que a enganou aonon lle pagar polos servizos amatorios de dúas semanas. El é un vello, coñecedor de todos os atallos eameazas da viaxe, que accede a acompañala a cambio de cartos.

No seu camiñar, sairanlles ao paso cegos, tolos, esmoleiros, prostitutas e predicadores, así como o propiocabaleiro e o seu círculo, todos eles interpretados polo resto dos membros do elenco: Borja Fernández,Felipa Segade e Sergio Zearreta, encargados ademais de executar en directo a música do espectáculo.

AS MARXES DA DESGRAZA

Tamén dentro desta semana os alumnos de 3º de ESO fomos ver ao TeatroColón esta obra “As marxes da desgraza”

Foi un espectaçulo creado a partir dunha escolma de fragmentos de obras de Roberto VidalBolaño.

Fragmentos con historias sórdidas e decadentes, ambientadas tamén cun grupo musical en directo .Pasan polo escenario unha serie de personaxes marxinais, esquecidos da sociedade que convidan aoespectador a unha reflexión sobre os valores da sociedade actual.

Page 26: Mapoula2013
Page 27: Mapoula2013

Os nosos xogadores no campionato de Intercentros de fútbol chegaron á final aínda que nontiveron a recompensa esperada xa que despois dun intensísimo partido final perderon noúltimo minuto da prorroga.

Teremos que agardar ao próximo ano para alzar a copa, que adicaremos aos moitosafeccionados do equipo.

O Departamento de Educación Física.

Page 28: Mapoula2013

Borussia Dortmund vs Madrid

Ida:Neste partido, o Madrid, agardaba obter un bo resultado, para acadar a final e gañar a súadécima copa de Europa. O soño esnaquizouse co resultado final; 4­1, todos os tantosalemáns foron de Lewandowski, o número nove do equipo alemán. O tanto do Madrid foi deCristiano Ronaldo.

Volta:O partido do Real Madrid vs. Borussia Dortmund tivo lugar o 30 de abril. O Madridnecesitaba un mínimo de tres goles para poder optar á final. Foi un partido moi interesantecon bastantes ocasións de gol do Real Madrid, pero o equipo español fallou moitas veces.Ao final do partido, nos derradeiros 10 minutos, Benzema e Sergio Ramos meteron dousgoles (respectivamente), o que daba esperanza de vitoria ao Real Madrid, aínda non foronquen de chegar á final por un gol.

Historia do Borussia Dortmund:O Borussia Dortmund fundouse en 1909. O seu eterno rival é o Schalke 04. O BorussiaDortmund gañou cinco trofeos internacionais ( entre eles a recopa de Europa no año 1966,copa intercontinental 1997 e a a liga de campións o mesmo año...)O equipo alemán participou na liga de campións 12 veces. O estadio do Borussia agorachámase Signal Iduna Park (antes westfalenstadion ) e ten un aforo de 81000espectadores.

Miguel Agromayor e Carlos Ucha3º ESO

Page 29: Mapoula2013
Page 30: Mapoula2013

O DÍA DA ÁRBORA: A NOSA DRÁCENA REAL

“As árbores son as columnas da terra. O día que as cortaran todas, o ceo caerá sobre nos”.Proverbio hindú.

O 21 de marzo celébrase o Día da Árbore e nós quixémonos unir a esa celebración. Só que foi un día despois, xa queprecisamente ese día había alerta laranxa e non puidemos nin saír ao patio.

Participamos os alumnos de 3º de ESO B. Plantamos no xardín dianteiro do Centro unha bonita árbore: unha drácenareal, que foi doada polo viveiro “ Tallos e fillos”. Temos que coidala e observar como medra. Fixádevos o bonita queé.

Page 31: Mapoula2013

DO NADAL Á PRIMAVERAO nadal deste curso tivo unha gran protagonista : aárbore. Fermosa onde as haxa. A idea foi obra de MªLuísa Berrio . Levar a cabo tal idea requeriu acolaboración de tódolos que quixeran traer e botellasde plástico baldeiras e logo en diferentes clases irenchéndoas de papel de cores variadas. O resultadosalta á vista. Tan bonito quedou que ata, co tempo,paxaros viñeron facer o seu niño nas súas polascoloridas.

Page 32: Mapoula2013

TROULEAMOS NO ENTROIDOA crise potenciou a imaxinación dos nosos alumnos para, un ano máis,disfrazarse e divertirse no entroido. Desde as clásicas Minis ao choqueiros,todos tivemos espazo no centro. Profes, alumnos e bedeis deixamos a nosa caraseria para troulear un pouco e pasar un día con máis diversión ca estudo.

Page 33: Mapoula2013

No congreso de Enciga (Ensinantes de ciencias de Galicia) o noso profesor Carlos Pérez Valcárcel conalgúns dos seus alumnos de Bioloxía de 2º de bacharelato, presentou unha ponencia sobre aidentificación de plantas dunares a través dos seus pelos.CON PELOS NON SE PRECISAN FLORES: UTILIZACIÓN DE TRICOMAS PARA ADETERMINACIÓN DE PLANTAS DUNARSNo congreso ENCIGA presentamos os resultados de investigación da aula, que deu comezo en maio docurso 2011­2012.Buscamos determinar plantas coa única axuda dos seus tricomas e elaborar, se é posible, unha clavedixital que nos poida conducir á súa denominación específica.O primeiro que intentamos inculcar foi unha rutina de traballo no laboratorio, que se pode simplificaren: obtención de mostras, estudio en vivo, medida, montaxe e fotografía.A metodoloxía empregada foi a seguinte: os pelos ou tricomas extráense baixo unha lupa binocular,cunha coitela de afeitar e coa axuda dunha agulla enmangada, poñéndoos sobre un portaobxectos aoque previamente se lle engade unha gota de auga. Sepáranse do talo, follas e a veces do cáliz das flores.Trátase de saber se presentan unha soa estirpe morfolóxica ou varias, e no caso de ser únicos se teñendiferentes tamaños.O paso seguinte consistiu na observación do pelo en vivo, anotando e debuxando a súa morfoloxía efacendo un primeiro agrupamento intuitivo . Diferenciamos en principio entre pelos unicelulares,pluricelulares, estrelados, glandulares....Procedemos a medir a continuación varios tricomas, para coñecer a súa lonxitude e a anchura media,así como o diámetro da súa base. Empregamos para iso oculares micrométricos.Despois dun longo proceso de traballo e observación do mesmo rematou coa confección dunha clavedixital.De todo este arduo traballo extraemos as seguintes conclusións:­ Con este traballo demostramos que a partir dun pelo de tricoma, podemos determinar unha planta.­ A ampliación de claves deste tipo poderían ter interese para autopsias, estudos criminolóxicos,estudos coprolóxicos....­ A implicación do alumnado de bacharelato en estudos deste tipo son moi motivadores e desmonta aidea da ciencia para xenios. O traballo e a orde son as calidades máis importantes para un científico.­ O emprego de claves dixitais é un instrumento xeral de extraordinaria importancia, que supera enaxilidade e intuición, ás clásicas claves dicotómicas de determinación.

Page 34: Mapoula2013

A nosa MapoulaTamén como cursos anteriores a presentación da nosarevista foi un éxito.Para darlle un aire máis festivo fixemos unha serie deactividades cos alumnos. Representamos diferentespeciñas teatrais e lemos diversos relatos de autoresgalegos.Aínda que este ano houbo una pequena novidade nonagradable para todos. Debido ao pequeno presuposto eao caro que resulta a impresión houbo que dar unpequeno donativo para adquirir a Mapoula.

Page 35: Mapoula2013

BIOGRAFÍA:

Nado en Santiago de Compostela en 1950, iniciouse no mundo teatral da man do grupoAntroido co cal representou como actor as primeiras obras, participou nas importantesmostras do teatro galego que se celebraron en Ribadavia (1973­1980) e formou parte dogrupo Abrente, grupo no que se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo (copseudónimo de Julia Brens). Vidal Bolaño foi un dos maiores artífices d profesionalismo doteatro galego.Debido ao despido en 1977 do banco no que traballaba , este dramaturgo viuse na obriga

de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dosprimeiros directores que participaron co teatro institucional, poñendo en escena (encolaboración co Centro Dramático Galego) en 1984 a súa obra Agasallo de sombras.Cultivou, ademais da dramaturxia, as artes audiovisuais, facendo guións para a Televisiónde Galicia e para Televisión española. Traballos como Malos Tratos, Novo de Parmiude oMorosos Varios son da súa autoría. Levou á pantalla relatos de grandes escritores galegosdo século XX como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo), memoparticipou como actor en varias series televisivas de prestixio como Mareas vivas.No ano2001 representou co Centro Dramático Galego Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribiuno 1958. As súas últimas actuacións foron no grupo "Teatro do aquí", a súa compañía dosúltimos anos.Vidal Bolaño faleceu no año 2002, na súa Compostela natal vítima dun cancro de pulmón.

Page 36: Mapoula2013

Roberto Vidal Bolaño

Obra1.Características:Autor de teatro, fixo teatro histórico, como Otero Pedrayo arredor da figura de Rosalia de Castro. Unha das súas maioresinfluencias foi o teatro de Ramón Valle­Inclan a quen menciona varias veces. Nas súas pezas preocúpase polo diálogo copúblico e a estética do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismoComo escritor, a súa é unha das producións máis importanes do teatro galego contemporáneo, merecedora do constanterecoñecemento de xurados e crítica, aínda que non todo o traballo chegou a ser publicado.Roberto Vidal Bolaño estreou moito e publicou menos, segundo di Camilo Franco en La Voz de Galicia.Felizmente, esta é unhainxustiza que o mundo editorial galego comeza a reparar coa publicación das Obras Completas que realizará Edicións Positivasen 2013, unha edición de Francisco Macías en seis volumes seguindo o criterio de épocas artísticas fixado por Xosé ManuelFernández Castro no seu libro sobre a traxectoria do dramaturgo publicado por Laiovento.2. Obras:Laudamuco, señor de ningures (1976)Bailadela da monte ditosa (1980,1992)Agasallo de sombras (1992)Cochos (1992)Dia sen gloria (1992)Saxo tenor (1993)3.Premios e Recoñecementos:Abrente (1976)O Facho (1977)Abrente (1978) mención especialO Facho (1979) mención honoríficaAbrente (1980)Medalla de ouro (premio cidade de Valladolid) (1983, 1984)Premio Álvaro CunqueiroPremio Xacobeo (1992)Premio Rafael Dieste (1992, 1997)Premio Maria Casares, (1998, 1999, 2001, 2003)Premio Maruxa Villanueva (2001)Premios Max de teatro (2001)Rúas en Santiago de Compostela, Perillo e Oleiros levan o seu nome

Page 37: Mapoula2013

E CON 70 ANOS TRABALLANDO!!!!COMO CAMBIARON OS TEMPOS