mapoula2004

22

Upload: ies-adormideras

Post on 08-Apr-2016

225 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Limiar Día das Letras Galegas Lenda da ermida de Aranga A muller no cancioneiro galego De como cantaron e loaron distintos poetas a nosa fala OPINIÓNS Correlingua 2004 Paula Hernández, Cecilia Conde Amanda Villar Sandra Blanco Rodríguez Semifinais Copa de Europa Andrea Portela Iglesias Cecilia Conde López Amanda Villar Maroto Carlos Freire Mato Sandra Blanco Rodríguez Paula Hernández Basterrechea ENTREVISTAS Maika (Intermón Oxfam) María (Terra de Homes) Carlos López Valcárcel Jaime Duque Actividais musicais 2003-2004

TRANSCRIPT

Page 1: Mapoula2004
Page 2: Mapoula2004

2

Page 3: Mapoula2004

3

ÍNDICE

4 Limiar

6 Día das Letras Galegas

7 Lenda da ermida de Aranga

8 A muller no cancioneiro galego

10 De como cantaron e loaron distintos poetas a nosa fala

OPINIÓNS

Correlingua 2004

12 Paula Hernández, Cecilia Conde Amanda Villar

13 Sandra Blanco Rodríguez

Semifinais Copa de Europa

14 Andrea Portela Iglesias Cecilia Conde López

15 Amanda Villar Maroto

Carlos Freire Mato Sandra Blanco Rodríguez Paula Hernández Basterrechea

ENTREVISTAS

16 Maika (Intermón Oxfam)

17 María (Terra de Homes)

18 Carlos López Valcárcel

19 Jaime Duque

20 Actividais musicais 2003­2004

Page 4: Mapoula2004

4

LIMIAR

Este ano, por desgracia, e como o pasado, tivemos que acudir de novo á porta do instituto para manifestar a nosa oposición a feitos terribles, que alteraron o desenvolvemento da cotidianeidade, como foi a masacre terrorista acontecida en Madrid no mes de marzo, un ll de marzo que quedará gravado negativamente na nosa memoria. Pero este ano non estivemos sós, uníronse bastantes persoas que a esa hora, 12 da mañá, estaban no centro comercial, e todos xuntos manifestamos a nosa oposición a estes feitos e a nosa esperanza nun mundo en paz. ¡Esperemos que sucesos coma este non volvan ocorrer!

Page 5: Mapoula2004

5

MANIFESTO LIDO NA CONCENTRACIÓN: Hoxe estamos aquí para condenar o brutal atentado ocorrido onte en Madrid. O cruel ataque perpetrado por aqueles que pretenden imponer as súas ideas pola forza por riba das persoas e a democracia. Diría que toda esa xente que morreu nas estacións de "Atocha", "el Pozo del tío Raimundo" e "Santa Eugenia" non tivo culpa do ocorrido, que é xente inocente. E é verdade. Pero, ¿quen ten culpa do ocorrido?, ¿quen merece a morte por non compartir as ideas doutros? Creo que a resposta é moi, moi clara: Ninguén. Aínda que sexa eu quen neste momento estea falando, todos condenamos con todas as forzas a violencia,as mortes, a extorsión e , por suposto, o terrorismo. Nestes momentos, todos debemos unirnos. Non podemos acobardarnos, non podemos agacharnos. Debemos permanecer xuntos e dicir en voz alta o que pensamos ante a mesma causa. Non podemos deixarnos abasallar por aqueles que pretenden imponer as súas ideas (que, tristemente, se remiten á política ou á relixión). Non condenamos o atentado de onte. Condenamos todos os atentados, todas as imposicións da violencia ocorrida en todo o mundo. Todos dicimos agora, con todas as nosas forzas e sen medo:

¡Non á violencia!

¡Non ó terrorismo! Adrián Prado (1º Bacharelato)

Page 6: Mapoula2004

6

DIA DAS LETRAS GALEGAS Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xaquín María Perfecto Lorenzo Fernández, “XOCAS”, que naceu en Ourense en 1907, cidade na que estudiou o Bacharelato; máis tarde cursará a carreira de Filosofía e Letras nas universidades de Santiago e Zaragoza. Entre 1926 e 1936 foi membro do Seminario de Estudios Galegos e dirixiu o Museo Etnográfico de Santiago; nesas datas tamén foi membro da Irmandade Galeguista de Ourense e ingresou no Partido Galeguista. Despois da guerra deu clase de Xeografía e Historia no Instituto de Ourense, compaxinando a docencia coa arqueoloxía. Está considerado o mestre da etnografía galega, realizando ao longo de toda a súa vida un importante traballo de catalogación e escavación de restos castrexos. Editou máis dun cento de artigos sobre etnografía, arqueoloxía e historia en diversas publicación: Revista Nós, Boletín da Real Academia Galega, Cadernos de Estudios Galegos, Boletín Auriense e outras de fóra de Galicia; alén disto deu á luz varias monografías: Cantigueiro popular da Limia Baixa (1973), A casa (1982), O mar e os ríos (1982), Os oficios (1983), e Refraneiro Galego (1983). Formou parte da portuguesa Sociedade de Antropología e Etnología, foi patrón do Museo del Pueblo Español de Madrid, membro da Asociación dos Arqueólogos Portugueses e da Real Academia da Historia. En 1951 ingresou na Real Academia Galega. Fóronlle concedidas moitas distincións en vida, como a Encomenda de Alfonxo X o Sabio, foi nomeado conselleiro do novo Seminario de Estudios Galegos, Presidente de Honra do Padroado do Pedrón de Ouro, fillo predilecto de Ourense, concedéuselle o premio Trasalba e a Xunta de Galicia outorgoulle a Medalla Castelao. Morreu no ano 1989 na súa casa de Facós, en Lobeira, deixando todo o seu legado intelectual ao Museo do Pobo Galego de Santiago. Como divulgador da nosa cultura popular Xaquín Lorenzo ten recollido cantigas e lendas. Imos ver un extracto do seu traballo A muller no cancioneiro galego publicado na revista Nós e a lenda da ermida de Aranga.

Page 7: Mapoula2004

7

LENDA DA ERMIDA DE ARANGA Nunha ocasión, unhas mulleres que pasaban de noite preto de Aranga (Betanzos, A Coruña) sentiron soar unha campaíña por debaixo da terra. Foron entón onda o crego, que veu con elas e comezaron a cavar ata dar cunha cruz de ferro con adornos de cobre e unha coroa de prata que tiña unha campaíña que era a que as mulleres sentiran tocar. Esta cruz parece ser que despois foi roubada ou vendidos algúns anacos. No sitio en que estaba a cruz, comezou a manar unha fonte, de augas milagreiras. Arranxada a fonte e feita unha ermida naquel sitio, organizouse anualmente unha romaría que ten lugar o día 3 de maio. A dita fonte, ermida e romaría fai referencia un cantar de por alí, que di:

Verdadeira cruz de Aranga que has de dar ós teus romeiros: auguiña da túa fonte, sombriña dos teus castiñeiros.

Xaquín Lorenzo, Xocas

Page 8: Mapoula2004

8

A MULLER NO CANCIONEIRO GALEGO

“Sempre foi a muller, tanto no cancioneiro galego coma nos doutros sitios, a fonte en que con máis precuencia beberon os vates populares. E a muller, correspondendo a esta devoción, soubo inspirar fermosas cantigas que reflexan nalgúns sitios un culto a elas case idolátrico. Non sempre son estas cantigas de gabanza, algunhas, feitas por despeito ou misoxenismo, atacan as mulleres facendo resaltar as súas condicións máis ruíns. Examinando unhas e outras, podemos coñecer as condicións da muller que máis agradan en Galicia e que forman, polo tanto, o tipo ideal de galega.

Obsérvese polo pronto un gran dominio das cantigas de gabanza, cousa que di moito a favor da galantería dos nosos mozos, así como do pouco que hai criticable nas nosas mulleres. Por iso os nosos mozos arriscan todo por unha rapaza: ­ Hai un que non teme expoñer a vida por ver a súa moza:

Queridiña por te ver

pasei o río a nado a pique de me perder. Pasei o mar do Ferrol ferrolana por te ver; pasei o mar de Ferrol a pique de me perder.

­ Todos, en xeral, recoñecen na muller un gran valor: O paxariño no prado de tódalas herbas come; o donaire dunha nena tres días mantén a un home.

­ Os inimigos da muller expresan así o seu valor:

Alabado sea Dios, que xa veu a barateza: os homes a catro pesos, as mulleres a peseta.

­ Coa fácil volta que ten esta cantiga, non é de estrañar que as

mulleres contestasen tamén con algo polo estilo:

Alabado sea Dios, que xa veu a barateza: os homes a catro cartos, as mulleres a peseta.

Page 9: Mapoula2004

9

Gorka (2ºBach) traballo en barro

Page 10: Mapoula2004

10

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorarmos o Día das Letras Galegas, o día da nosa fala, imos comprobar como a cantaron e

loaron distintos poetas, desde dos autores do Rexurdimento aos actuais, porque non esquezamos que é de palabras que se construíron os pobos,

como di o poeta H. Rabunhal.

ROSALÍA DE CASTRO, en Cantares Galegos:

EDUARDO PONDAL, en Os Eidos

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ, en Aires da miña terra

ANTONIO NORIEGA VARELA, en Do ermo

I Has de cantar meniña gaiteira; has de cantar,

que me morro de pena. Canta, meniña, na beira da fonte; canta, dareiche boliñas do pote. Canta, meniña,

Con brando compás...

Cantarte hei, Galicia, Teus dulces cantares, que así mo pediron na beira do mare.

Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas. Mimosa, soave,

Sentida, queixosa, Encanta si ríe,

Conmove si chora. Cal ela ningunha tan dose que cante soidades amargas, sospiros amantes, murmuxos da noite: cantarte hei, Gaicia, na beira das fontes

que así mo mandaron que cante e que cante na lengua que eu falo.

Nobre e harmoniosa

fala de Breogán, fala boa, de fortes e grandes sen rival;

ti do celta aos ouvidos sempre soando estás como soan os pinos na costa de Froxán;...

Ti, sinal misterioso dos teus fillos serás que polo mundo

dispersos e sen abrigo van...

Serás épica tuba e forte sen rival,

que chamarás aos fillos que aló do Miño están, os bos fillos do Luso apartados irmáns

de nós por un destino envexoso e fatal.

Cos robustos acentos, Grandes, os chamarás,

¡verbo do gran Camoens,

fala de Breogán!

Fala da miña nai, fala harmoniosa en que o rogo dos tristes rube ó ceo i en que decende a prácida esperanza

ós afogados e doridos peitos...

Idioma en que garulan os paxaros, en que falan os ánxeles ós nenos,

en que as fontes solouzan, e marmullan entre os follosos álbores os ventos...

Ti non podes morrer...¡Eso quixeran os desleigados que te escarneceron!

Mais ti non morrerás, Cristo das lenguas; ¡non, ti non morrerás, ouh Nazareno!

Anunciarei o día do teu trunfo por cidades e vilas e desertos,

e si por te anunciar me apedrearen, ¡Inda ó morrer te mentarán meus beizos!

O galego é un suspiriño, ¡é a cousa máis meiga que

hai! É o lenguaxe amorosiño, en que oín decir ¡filliño! de labios de miña nai.

É faliña que aloumiña,

que o noso corazón move para que atallemos axiña coa gracia da limosniña...

A devoción e a delor

¡sean sempre ó seu favor! Eu moito a venero, e creo que solamente no ceo pode haber fala mellor.

Page 11: Mapoula2004

11

MANUEL MARÍA, en Cantos rodados para alleados e colonizados

CELSO EMILIO FERREIRO, en Longa noite de pedra

Canto ao idioma galego

Idioma meu, humilde, nidio, popular, Labrego, suburbial e mariñeiro

Que fas avergonzar ao burgués, ao señorito e ao tendeiro:

levas sangue do povo e raigañas escuras

que anuncian un día novo sen mágoas nen tristuras.

Idioma proscrito, asoballado, soterrado, refugado, negado

como a pobreza e o delito, fala do emigrante e do maldito:

só resoas nos lares das xentes populares. Ti tes que rexurdir puro,

poderoso, enteiro para erguer noso futuro

de povo absoluto e verdadeiro

Lingua proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros.

Falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do lingoaxe, remo i arado, proa e rella sempre.. Eu fáloa porque si, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua.

Non falo para os soberbios, non falo para os ruíns e poderosos,

non falo para os finchados, non falo para os valeiros, non falo para os estúpidos,

que falo para os que agoantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; para os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non quero arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe. Galicia, doce mágoa das Españas,

Deitada renta ao mar, ese camiño...!

Page 12: Mapoula2004

12

CORRELINGUA 2004

O Correlingua é unha marcha que se realiza co obxectivo de reivindicar o dereito a medrar en galego e tamén a facer uso desta lingua. Celébrase desde hai 4 anos e nela participan diversos institutos e colexios da Coruña e arredores. A marcha consistía en percorrer as principais rúas da Coruña, comezando pola Torre de Hércules e seguindo pola Avenida de Navarra, praza de España, praza de María Pita, Rego de Augua ata finalizar nos Xardíns de Méndez Núñez. Nela participaron moitos rapaces e rapazas, arredor duns 6.400, cun lema que era Pon o galego en todas as bocas, lema que podía verse en numerosas pancartas. Amenizaban a marcha algúns dos alumnos que levaban instrumentos típicos galegos, como a gaita, pendeireta, etc. Xa nos Xardíns de Méndez Núñez saíron varias persoas a reivindicar coas súas cancións o uso do galego e tamén se fixo unha pequena representación na que se pedía aos alumnos e alumnas que participasen. Para rematar o acto, fíxose un sorteo premiando aqueles números que coincidían cos das etiquetas que se lles entregara previamente a todos os alumnos nos seus respectivos centros. Esta concentración repetiuse en moitos concellos de Galicia coa finalidade de reivindicar o dereito do galego a medrar como lingua, pero debemos resaltar que, aínda que era un acto a favor da lingua galega, en ningún caso se intentou opoñer á lingua española. En conclusión, foi unha xornada entretida para moitos estudiantes, na que, á parte de pasalo ben, pretenderon facer uso do galego. Paula Hernández, Cecilia Conde e Amanda Villar

Page 13: Mapoula2004

13

CORRELINGUA 2004

CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico­educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Esta é a visión de Sandra Blanco Rodríguez, alumna de 2º curso de E.S.O., e despois de acudir ao Correlingua deste ano, sobre a lingua galega:

O GALEGO

O uso do galego é unha tarefa de todos os habitantes de Galicia.Todos temos que conservar a lingua por moitas razóns, pero eu vou dicir tres das máis importantes: é a lingua da nosa comunicade autónoma, a falada polos nosos antergos, e se non a conservamos desaparecerá e non quedará resto dela. Os que hoxe poñen en perigo a súa existencia somos nós, os xoves. Máis da metade pensan que é unha falta de tempo. ¿Para que serve falar galego se nos entendemos perfectamente en castelán?, é a pregunta que se fan moitos. Pero aínda así hai un número de mozos e mozas que o falan sempre, sen que ningúen lles diga se está ben ou mal. Moitos só o falan cos seus avós, e isto tamén está ben, porque así contrubúen á súa pervivencia. A pregunta que nos facemos todos é ¿cómo podemos axudar?. Pois facendo varias cousas, como conversando en galego con toda a xente que poidas, sen importarche o que digan os demais, ou asistindo aos programas de conservación da lingua galega, como por exemplo o acto celebrado hai pouco, o Correlingua, que é unha proposta de carácter educativo na que participaron moitos centros de toda Galicia. En resumo, fala galego, que é unha gran axuda para a nosa lingua.

Page 14: Mapoula2004

14

SEMIFINAIS DA COPA DE EUROPA ¡DECEPCIÓN DO DÉPOR!

Imos ver como viviron algúns alumnos nosos de 2º e 3º de E.S.O. as semifinais da Copa de Europa e a posterior decepción:

PÉSIMA ARBITRAXE E MAL XOGO DO DEPORTIVO DEPORTIVO­ O PORTO

Nas horas previas ao partido toda A Coruña se engalanou coas bandeiras do Deportivo, autobuses, taxis, edificios e ata o Concello. Á hora de xantar chegaron moitos autobuses con afeccionados lusos, que deixaron preto do estadio de Riazor; alí tamén estaban algúns afeccionados do Deportivo, intercambiaron bandeiras e bufandas e dicíanse que gañara o mellor. Un pouco antes do encontro o presidente Lendoiro recibiu o Rei e a D. Manuel Fraga. Ó comezo do partido vimos un mal xogo do Deportivo. Na primeira metade o árbitro sacoulle unha tarxeta amarela a Naybet e os xogadores portugueses non facían nada máis que dar cobadazos. Na segunda metade o árbitro pitou un penalti a favor do `Porto, transformándoo en gol Derbei, que ó remate resultou ser definitivo para o seu equipo. Despois o árbitro non viu un cobadazo na área do Porto a Scaloni. Máis tarde Naybet vía a segunda tarxeta amarela, deixando o equipo con dez xogadores. O Depor non puido remontar, quedando así sen unha praza na final. Eu creo que se ó Deportivo lle pitaran ese penalti que lle fixeron a Scaloni podería estar na final. ¡Outra vez será!

Andrea Portela Iglesias, 3º E.S.O.

O pasado 4 de maio xogouse a semifinal da Champions, tendo como protagonistas o Depor e O Porto. O encontro foi en Riazor. O partido creou moitas expectativas, pois era a primeira vez que o equipo de Irureta chegaba ata tan lonxe. Todo o mundo estaba moi ilusionado, ata que ese soño se esfumou, debido ao resultado do encontro, pois o Depor perdeu por 0­1. A tensión e o nerviosismo do partido palpábase no ambiente, todo o mundo falaba do mesmo, a xente ía con bufandas, camisetas... do equipo, as fiestras estaban decoradas con grandes teas coas súas cores, os autobuses e taxis tamén levaban bandeiras, no concello unha grtan pancarta animaba o equipo á victoria, os afeccionados facían reservas para a viaxe da final en Alemaña, e moitos dos que viron o partido na Coruña tiveron que pagar altas cifras pola entrada. En definitiva, un soño que non puido ser, quizais pola excesiva confianza do equipo coruñés, que ao día seguinte trouxo caras longas e expresións de decepción.

Cecilia Conde López, 2º E.S.O

Page 15: Mapoula2004

15

TRAXEDIA EN RIAZOR

EXPECTACIÓN DO DÉPOR NA CORUÑA

O pasado 3 de maio de 2004 celebrouse no estadio de Riazor (na Coruña), o partido Deportivo­O Porto. A Coruña engalanouse toda con bandeiras azuis e brancas, e os coches e autobusus ían todos con bandeiras branquiazuis. Chegou a hora indicada, as 9:30. E A Coruña en 24 horas encheuse toda de portugueses, pero entón a cruel e inxusta derrota chegou, o Deportivo perdeu por 0­1. Como consecuencia A Coruña tinxiuse de cor negra, porque todos os coruñeses pensabamos que iamos gañar, e foi moi dificil asimilar esta derrota. Amanda Villar Maroto, 2º E.S.O.

O luns 4 de maio o Real Club Deportivo xogaba as semifinais da Copa de Europa. Este partido levantou moita expectación polo motivo que se gañaba ír á final da Copa de Europa. Na praza de María Pita había bandeiras branquiazuis, en moitas ventás de toda A Coruña tamén había cousas destas cores, e por suposto na praza de Pontevedra, no mercado, estaba todo coas cores do Deportivo. A Televisión de Galicia estivo bastantes días falando deste acontemento histórico, pero ao final o Deportivo perdeu por 0­1 contra O Porto de Portugal, e este pasou á final da Copa de Europa, que xogará contra o Mónaco en Gerkerkirchen (Alemaña) este mes de maio.

Carlos Freire Mato, 2º E.S.O

DEPORTIVO­ O PORTO DEPOR – O PORTO

O martes 4 de maio xogouse o partido de fúbtol entre o Deportivo e O Porto. Ese día a xente andaba moi alborotada, tiña ganas de que chegara a hora do partido para saber o resultado. Pola tarde xa se podían ver todas as estradas cheas de coches, intentando chegar ao estadio de Riazor. En todos os bares a xente xuntábase para ver este partido. Ao mesmo veu o Rei, porque parecía ser moi importante. Os periodistas entrevistárono e el estaba totalmente convencido de que o Deportivo gañaría. Pero tras esperar moito deste equipo coruñes, perdeu por 0­1 e toda a xente saiu do estadio decepcionada. En resumo, é mellor non ilusionarse cun partido de fútbol porque nunca se sabe o que vai acontecer.

Sandra Blanco Rodríguez, 2º E.S.O.

O pasado 3 de maio celebrouse o partido Deportivo-O Porto. A xente esperaba impaciente este evento e a afección volcouse co seu equipo, xa que o que gañara clasificábase para xogar a Champions.

A tensión que había no partido era moi grande, e a maioría dos coruñeses contaban con que gañase o Depor, pero esa ilusión viuse freada cando o partido rematou e o noso equipo perdeu. Pola rúa víase moita xente chorando e os que non o facían estaban desgustados. Ao día seguinte toda a xente falaba diso e a maioría dos xornais dedicáronlle algunha páxina. A min gustaríame que tivese gañado o Depor, pero tampouco me desgustei moito porque non me gusta o fútbol. En conclusión, foi un partido entretido pero desilusionou a moitos galegos. Haberá que esperar se o ano que vén gañamos.

Paula Hernández Basterrechea, 2º E.S.O.

Page 16: Mapoula2004

16

Temos uns magníficos xornalistas no instituto. O que ides ver son, primeiramente, as as dúas entrevistas realizadas por alumnas de 2º de E.S.O. a representantes de O.N.G.s. que colaboran en mellorar as condicións de vida do terceiro mundo e da infancia., e despois entrevistas realizadas a dous profesores do centro por alumnos de 3º de E.S.O.

ENTREVISTA A MAIKA (INTERMON OXFAM)

Page 17: Mapoula2004

17

ENTREVISTA A MARÍA (TERRA DE HOMES)

Page 18: Mapoula2004

18

ENTREVISTA A CARLOS VALCARCEL

CARLOS P. VALCÁRCEL EXPERTO MUNDIAL NO MUNDO DOS LIQUES

Carlos P. Valcárcel, profesor do I.E.S. Durmideiras, é unha das persoas con máis prestixio no campo da bioloxía. Especializouse no estudio dos liques. Vén de publicar o seu último libro Guía de Liques de Galicia na editorial Baía, que enche ungran oco no campo da investigación biolóxica.

Se é tan amable gustaríanos facerlle unha entrevista para un traballo de lingua galega, e para posteriormente podela publicar na revista do centro Mapoula. ­¿Qué son os liques? É a simbiose de dous organismos, unha alga e un fungo. Como toda simbiose os dous organismos sacan vantaxe, a alga alimenta o fungo pola fotosíntese e a cambio o fungo protexe a alga da desecación e da radiación directa do Sol .­¿Son abundantes os liques en Galicia? Galicia pola súa humidade é un bó lugar para os liques pois aínda poden vivir en moitos hábitats. As súas necesidades cúbrense mellor en ambientes con humidade atmósferica alta, de feito, as zonas tropicais e subtropicais son as que teñen máis cobertura liquénica. ­¿Hai moitas clases de liques en Galicia? Ata de agora están censados aproximadamente uns 1000 táxones. Non todos eles son abundantes pero si polo menos os que aparecen na guía. ­¿Onde habitan os liques? Calquera substrato é bó para o desenvolvemento dos liques. Pero mostran certas preferencias polas cortizas das árbores, as rochas e os solos. Sen embargo poderíamos encontralos nos lugares máis extraños, como cunchas, metais e gomas

07/05/04 ­ Adrian Freire Mato, Lema, Manuel, Iago Taibo Queijeiro 3º ESO

Page 19: Mapoula2004

19

ENTREVISTA A JAIME DUQUE

Entrevista ó profesor Jaime Duque

Jaime, o profesor de Xeografía e Historia recibiu o premio Siega polo seu traballo titulado Adán e Eva: Iconografía e actualización antodolóxica

­¿Que son os premios Siega? Son premios que organiza a consellería de Educación sobre as novas tecnoloxías da educación e a súa aplicación no encino ­¿Cada canto se convocan estes premios? Este é o primeiro ano que se convocaron, penso que desde este ano se convocarán de seguido. ­¿Esperabas recibir este premio? Non. ­¿Canto tardaches en elaborar o traballo? Traballamos un grupo de profesores todo o curso pasado, levamos máis ou menos catro anos no tema. ­¿Canta xente se presentou? Aproximadamente presentáronse cincocentas persoas. ­¿Que premio foi o que recibiches polo traballo? Recibin un accésit. ­¿Gañaron máis persoas o premio? Si, moitas persoas. Máis ou menos había seis categorías. ­¿En que lugar recibiches este premio? Recibino en Santiago de Compostela no Pazo de Congresos de San Lázaro. ­¿Xa te presentaras a outro premio? Si, e de feito o ano pasado déronme outro.

07/05/04 ­ Alfonso Souto Miguez, Sarai 3ºESO

Page 20: Mapoula2004

20

ACTIVIDADES MUSICAIS 2003­2004

Neste curso 2003­04 o alumnado de música do instuituto asistiu a diversos concertos realizados no Palacio de Congresos. Estes concertos foron de diversas clases:

. Algúns para instrumento solista e orquestra, no que o protagonista é o solista e de cando en vez ten diálogos coa orquestra e noutros casos é el só o que enche de música a sala de concertos. Un exemplo foi o Concerto para violín e orquestra de Beethoven.

. Noutro dos concertos aos que fomos había unha participación dunha cantante, era na Novena Sinfonía de Beethoven.

. Dentro da participación da voz humana cabe destacar outra obra de gran importancia como é a Sinfonía nº 4 en sol maior de Mahler, que a escribe para soprano solista (só no último movemento) e orquestra, coa seguinte configuración: catro frautas, tres oboes, tres clarinetes, tres fagotes, tres trompetas, catro trompas, percusión, timbais, glokenspiel, corda frotada e harpa.

. Hai outras obras que sen ter instrumento ou cantantes solista, tamén teñen unha gran importancia no mundo da música, como é por exemkplo a Sinfonía tres en mi bemol maior, Heroica, op. 55 de Beethoven, que aínda que non ten instrumento solista, certos instrumentos xogan un papel fundamental ao longo da obra.

Estes concertos serven para enriquecer musicalmente os alumnos, e a isto axuda que nos proporcionan unhas guías didácticas sobre cada audición para así comprender mellor as obras que escoitamos.

Finalmente, e como complemento da audición, comentamos e debatemos o concerto no espacio da aula. Isabel Diego, 2º B Bacharelato

Page 21: Mapoula2004

21

COLABORAN: Adrián Prado­Gorka

Paula Hernández

Alicia Conde

Amanda Villar

Sandra Blanco Rodríguez Andrea Portela Iglesias

Cecilia Conde López Carlos Freire Mato

Adrián Freire Adrián Lema

Manuel Castiñeira Iago Taibo

Alfonso Souto Sarai Vilar

Isabel Diego

COORDINACIÓN: Dores Gómez

Page 22: Mapoula2004

22

MONTAXE:

Carmen Vecino

Copyright IES Durmideiras 2004

Juan Sebastián Elcano nº 28

15002 A Coruña

Teléfono 981­220512

FAX: 981­223439 E­Mail: [email protected]

www.edu.aytolacoruna.es/centros/iesadormideras