faia (fagus sylvatica) beech hêtre faia

16
Faia (Fagus sylvatica) beech hêtre faia

Upload: roden

Post on 10-Jan-2016

69 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Faia (Fagus sylvatica) beech hêtre faia. CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas. Pode acadar os 40 m de altura. É unha árbore típica de climas fríos, orixinaria de Europa Central. En Galiza é escasa. Só se atopa en zonas montañosas da provincia de Lugo. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

Faia (Fagus sylvatica)

beechhêtre faia

Page 2: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

CLASEAnxiospermasORDEFagalesFAMILIAFagáceas

Page 3: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

Pode acadar os 40 m de altura. É unha árbore típica de climas fríos, orixinaria de Europa Central. En Galiza é escasa. Só se atopa en zonas montañosas da provincia de Lugo. Os mellores exemplares consérvanse en parques e xardíns.

COPA redondeada e mesta. Medra lentamente e acada a madurez aos 100 anos. Precisa humidade e temperaturas frescas todo o ano.

Page 4: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

TORO Recto coa tona lisa de cor verde-gris e ramificación ergueita.

Page 5: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

FOLLASSimples, alternas, ovais-apuntadas coa beira lixeiramente ondeada e con peliños, cos nervos e o envés peludos. O peciolo é curto.

Page 6: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

FLORESSon unisexuais, en inflorescencias separadas sobre o mesmo pé. Saen na primavera cando brotan as follas novas. As flores masculinas son amentos globosos de cálice tubular, as femininas están en grupos de ata tres rodeadas por un involucro.Florece en abril e maio.

Page 7: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

FROITOS (faiuchos)Son secos (aquenios) e están encerrados nunha cúpula cuberta de pelos grosos e duros que se abre ao madurar. Madura entre setembro e outubro.As sementes son comestibles.

Page 8: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

CICLO ANUAL-FAIAFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Page 9: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

Os faiais galegos son pequenas masas forestais asociados moitas veces aos terreos calcários ou situados en zonas de transición con carballeiras, en terreos montañosos orientados ao norte. Son bosques umbríos e con pouco mato. Os máis importantes atópanse nos Ancares (Pintinidoira), O Courel (Devesa de Rogueira, Romeor), O Cebreiro (Liñares, Zanfoga, Riocereixa, Fonteformosa) e A Marronda.

Page 10: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

Faial de Fonteformosa. Pedrafita do Cebreiro (Lugo). O faial máis puro de Galicia.

Page 11: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

Faias na Marronda. Baleira (Lugo). Nesta fraga atópase o límite occidental de distribución da faia. Forman manchas nas zonas máis húmidas dentro dun bosque mixto de carballos, bidueiros, carbas, capudres, avelairas, acivros...

Page 12: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

Faias na Devesa de Rogueira. O Courel (Lugo). As faias atópanse mesturadas con carballos, carbas, acivros, teixos, pradairos, capudres...

Page 13: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

Faia no Monte Aloia (Tui-Pontevedra). Ten máis de 3 m de perímetro troncal, uns 20 m de altura e case 30 m de diámetro de copa.

Page 14: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

USOS: A madeira de faia é de boa calidade e úsase para facer móbeis e parquet. Noutros tempos usouse para facer carbón.É unha árbore presente em parques e xardíns.

Page 15: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

FAIA PÚRPURA.

É unha variedade de Fagus sylvatica (Atropurpúrea) coas follas vermellas.

As máis grandes atópanse nos pazos de A Mercede (As Neves), Torrecedeira (Redondela) e parque de Castrelos.

Faia púrpura do parque de Castrelos. Vigo

Page 16: Faia  (Fagus sylvatica) beech hêtre  faia

ESCOLMA LITERARIA

SOUTO sin folla!Faias cerdeirasroxase bidueiras marelas!

.....................................

Ollo do Río!Barbas de mofo e lidrio!Alta faia con redroma!Non miro máis que a sombra.

Uxío Novoneira “Os Eidos 1”MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet