MEMORIA DO CLUB DE LECTURA
“BIBLOCASTELO”
CURSO 2015 – 16
BIBLIOTECA
IES MONTE CASTELO BURELA
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
1
ÍNDICE
I. PARTICIPANTES 2
II. CALENDARIO 2
III. ACTIVIDADES PLANIFICADAS 2
IV. ACTIVIDADES REALIZADAS 3
V. DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DAS ACTIVIDADES 11
VI. ACTIVIDADES DO PLAN LECTOR NAS QUE COLABOROU O CLUB 11
VII. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN NAS QUE PARTICIPOU O CLUB 18
VIII. AVALIACIÓN 18
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
2
Club de Lectura “Biblocastelo”
Por novena vez o noso centro participou na convocatoria de clubs de lectura da Consellería
de Educación, e desenvolveuse neste curso 2015-16 na biblioteca do
instituto cun grupo de alumnas de secundaria e dúas profesoras.
I. PARTICIPANTES
Está formado por un grupo de 10 alumnas de 4º de ESO,
a profesora de Galego, Carme Cociña e a coordinadora do club.
Tamén participou a profesora de Latín, colaborando nunha
actividade programada polo club, cos seus alumnos de 1º de
ESO de Valores Éticos.
II. CALENDARIO
As sesións desenvolvéronse nunha modalidade: quincenais ou mensuais, nos recreos da ESO.
A primeira actuación foi a convocatoria do Club mediante as seguintes accións:
-Contacto coas alumnas dos cursos pasados
-Información do club nas aulas de ESO.
-Publicación da memoria do curso pasado.
-Reunión informativa na biblioteca co alumnado interesado.
-Reunión das profesoras participantes.
-Elaboración do Proxecto.
III. ACTIVIDADES PLANIFICADAS
- SELECCIÓN de temas motivadores para o alumnado a desenvolver a través da lectura.
- LECTURAS EN NARRATIVA, novela e relatos.
- LECTURA e EXPOSICIÓN DE POESÍA en datas sinaladas do calendario escolar.
- PREPARACIÓN e SESIÓN de CONTA CONTOS no veciño Colexio de Primaria.
- PARTICIPACIÓN no blog onde os participantes poidan comunicar as súas experiencias.
- COLABORACIÓN nos encontros con AUTORES organizados polos departamentos.
- ASISTENCIA a unha SESIÓN DE TEATRO ou PELÍCULA relacionada coas lecturas.
- PRÉSTAMO INTER CENTROS.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
3
IV ACTIVIDADES REALIZADAS
Seguimos coa dinámica de traballo dos cursos pasados, facendo máis protagonistas das
sesións ás propias alumnas e as súas lecturas. As sesións desenvolvéronse nunha modalidade,
en recreos, coa profesora de Galego, Carme Cociña, e a coordinadora, Cecilia Martín.
1. Sesións de presentación
� Reunión informativa para as alumnas do curso pasado interesadas no Club, ás que se
engadiron dúas compañeiras. En total apuntáronse 10 alumnas de 4º ESO (25 de setembro)
� Acordamos dous tipos de actividades: unha de presentación e comentario das lecturas nos
recreos (cada 30 días), outra de preparación de actividades para eventos do curso, segundo o
calendario. Sesión inicial realizada polas dúas profesoras o 29 de setembro. A profesora
Carme Cociña preséntalles o libro Herba Moura e a coordinadora reparte a enquisa inicial do
Club as novas alumnas.
2. Lectura de obras en narrativa
� HERBA MOURA”, de Teresa Moure (Xerais, 2005) Este libro foi proposto pola
profesora para os meses de outubro e novembro, e comentado na sesión do 5 de novembro.
Debido á pouca acollida que tivo entre as alumnas, pola dificultade que supón a súa lectura
para a maioría delas, o próximo libro dedicámolo aos relatos coa obra de Manuel Rivas de
“Que me queres amor.” (En galego)
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
4
� “QUE ME QUERES AMOR”, de Manuel
Rivas (Galaxia, 1995). Esta obra de relatos, máis
accesible para elas, foi lida nos meses de novembro
e decembro, e comentada na sesión do 18 de
decembro. (En galego)
Ese mesmo día despois da sesión
proxectamos na biblioteca a película
de “A lingua das bolboretas”, baseada nalgún dos relatos do autor. Historia da infancia nun
contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II
República Española. Fíxonos emocionarnos e reflexionar sobre a luz da vida, a escuridade da
guerra e as contradicións do ser humano. (En galego)
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
5
� DELIRIUM”, de Lauren Oliver (SM, 2011). Esta lectura, recomendada por unha das
alumnas, tampouco gustou a todas. Delirium é o primeiro volume dunha triloxía distópica.
Expón a existencia dunha sociedade perfectamente organizada mais unha sociedade sen
amor. Foi comentado coas alumnas, con moita discrepancia, na sesión do 26 de xaneiro.
� “A POMBA E O DEGOLADO” de Fina
Casalderrey (Xerais, 2007). Lectura tamén proposta
polas alumnas na reunión do 26 de xaneiro, e
comentada con elas na sesión do Club do 5 de abril
(non se fixo no mes de marzo por estar as dúas
profesoras de baixa). Próxima lectura: “Que non te
aten”. (As dúas lecturas en galego)
� “QUE NON TE ATEN” de Manuel Iglesias
Turnes (Xerais, 2016). Como última lectura do curso
por tratar unha temática máis próxima e moi actual.
Unha historia de relacións afectivas entre un grupo de
mozos e mozas que viven na aldea (21 de xuño).
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
6
Lectura de poemas
Esta actividade desenvolveuse tamén en recreos coa preparación dos taboleiros da
biblioteca e noutras actividades docentes, con motivo de determinadas celebracións.
� Día CONTRA o CÁNCER DE MAMA. Expoñemos poemas no taboleiro e colocamos o
cartel no punto de lectura do vestíbulo para concienciar á comunidade educativa do
problema. 19 de outubro.
� Día CONTRA a VIOLENCIA DE XÉNERO. Recollemos cancións contra a violencia,
expoñemos carteis e poemas no taboleiro, e escoitamos as gravacións na biblioteca. (25 de
Novembro). Neses días facemos unha busca de libros relacionados co tema e expoñémola
nos andeis da entrada. No apartado do plan
lector comentaremos outras actividades.
� POESÍA AMOROSA para S. VALENTÍN e
O MES DA POESÍA.
Selección de poemas de amor de diferentes
autores, en galego e castelán, para a
exposición no taboleiro da biblioteca.
(14 febreiro)
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
7
� DÍA DE ROSALÍA. Selección de obras de Rosalía e libros sobre a autora, para a
exposición da biblioteca. Exposición de poemas no taboleiro do corredor (semana do 24
febreiro). o día 24 de febreiro na biblioteca escoitamos música de Uxía cos poemas de
Rosalía. (En galego)
� LETRAS GALEGAS: Participación no MARATÓN DE LECTURA organizado como
cada ano, polo Colectivo Cultural Buril, na sala de plenos do Concello de Burela, coa
lectura de poemas de MANUEL MARÍA. Nesta actividade participaron as alumnas e
profesoras do Club cos seus compañeiros de 1º e 2º ESO. (13 de maio). (En galego)
3. Proxección de filmes
• A Lingua das bolboretas: Como xa mencionamos, esta película proxectouse
para as alumnas do club, despois de ler os relatos de Manuel Rivas, na sesión do 18 de
decembro. (En galego as dúas proxeccións)
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
8
• A Praia dos afogados: Sesión de cine na Casa da Cultura de Burela para
asistir á proxección. Actividade organizada polo departamento de Lingua Galega para os
alumnos de 1º BAC e 4º de ESO, con alumnas do Club de Lectura, o 17 de marzo.
• Hipatia: proxección do departamento de Ciencias dentro da actividade
interdisciplinar cos departamentos de Ciencias e Latín, onde tamén colabora o Club.
4. Viaxe a Lugo e á Casa-Museo de Manuel María.
• Visita ao Museo Provincial de Lugo: Visitamos o museo acompañados e ilustrados
pola correspondente guía.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
9
• Visita á Casa-Museo de Manuel María, en Outeiro de Rei: Acompañados polo
coordinador das visitas e membro da Fundación Manuel María, recorremos as estancias,
seguimos os pasos e respiramos os versos do poeta. Tamén asistimos á
• “Actuación do Mago David Méndez” na Casa-Museo. na antiga palleira da casa
vivimos o feitizo da maxia, impregnada de poesía, escrita cos aparellos e as mans do mago.
5. Contos dramatizados
Preparación dun conto para representar aos alumnos de 4 anos do veciño Colexio Vista
Alegre. Esta actividade programouse coa Biblioteca do colexio e a profesora coordinadora de
Infantil, para o día 15 de xuño.
Ao ser un grupo novo de rapaces preparamos o noso conto Os músicos de Burela
(adaptación de “Os músicos de Bremen” dos Irmáns Grimm) por ser o que mellor se adapta á
participación dos pequenos. (Preparación da actividade nas sesións do mes de maio e xuño)
Na actividade participamos todas as clubeiras e profesoras do Club, e tentamos entre
todas facer protagonistas do
conto aos nenos. Ao finalizar
déronnos unha lección de
comprensión da obra coas
respostas as nosas preguntas. E
de despedida, agasallamos as
nenas e nenos coas caretas feitas
por nós e cun lote de libros
infantís do instituto. (Actividade
realizada en galego).
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
10
A narradora e as Músicas O teatro ao completo
Nenos Nenas e Neneiras
6. Lectura interdisciplinar para 1º de ESO
Esta actividade de lectura voluntaria de divulgación científica e outras temáticas, para 1º
de ESO, proposta no proxecto do Club coa participación dos departamentos de Filosofía e Latín.
A coordinadora do club contactou coa profesora de Latín, Carmen García, que imparte a
materia de Valores Éticos a 1º de ESO, para escoller unha lectura interdisciplinar e presentala
aos seus alumnos/as con carácter voluntario pero avaliable. De acordo coa profesora de Ciencias,
escolleu o libro infantil “HIPATIA, LA MAESTRA”, de Florenci Salesas (Ediciones El
Rompecabezas, 2011).
Esta lectura foi traballada coas súas actividades e comentada cos alumnos/as na semana da
CIENCIA e no día da VIOLENCIA DE XÉNERO, no mes de novembro. Fíxose tamén cos
alumnos unha análise comparativo coa situación actual da muller.
Programouse a proxección da película Hipatia, de Amenabar, para o curso de 1º BAC,
nas materias de Ciencias e Latín.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
11
7. Préstamos intercentros
Neste curso tivemos contacto de novo coas bibliotecas do IES San Rosendo de Mondoñedo
e do veciño IES Perdouro, e tamén coas do IES Marqués de Sargadelos, de Cervo, o IES María
Sarmiento, de Viveiro, e o IES de Foz, para facer intercambio de libros entre os nosos Clubs de
Lectura. Estes préstamos realizáronse varias veces durante o curso e con distintos títulos de los
que necesitamos ou necesitaron para algunha das lecturas.
V. DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DAS ACTIVIDADES
-Na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.es/centros/iesmontecastelo/%20)
-O blog. (http://www.blogoteca.com/bibliocastelo/index.php?cat=13694). do Club de
Lectura“Bibliocastelo”, onde se recollen as súas actividades con outras do centro para o
fomento á lectura.
-O taboleiro da biblioteca e a vitrina exterior do patio, reclamo das nosas actividades,
celebracións e certames. Outro taboleiro no corredor do centro para traballos co alumnado.
-O enlace de Normalización na páxina web do IES, traballo de colaboración sobre a
actualidade do centro e outros temas tamén relacionados coa biblioteca e o Club de Lectura.
-Andel de novidades, na biblioteca, onde mostramos os fondos de nova adquisición e
outros de interese para o alumnado.
-Punto de información á lectura, que ao encontrarse situado na entrada do centro, é un
medio de comunicación inmediato e directo coa comunidade educativa. Por medio dunha
selección de libros e carteis informamos das efemérides relacionadas coa lectura.
-O departamento de Actividades Extra escolares e Complementarias, desde a vice
dirección do centro, anúncianse as actividades a realizar polos departamentos e a Biblioteca (vía
e-mail persoal e nos taboleiros).
VI. Actividades do Plan Lector nas que colabora o Club
Contidos transversais
Celebración ou conmemoración de eventos con contidos transversais relacionados coa
lectura. Realizáronse exposicións de libros na biblioteca ou fora dela. Elaboráronse os taboleiros
correspondentes e organizáronse lecturas e outras actividades, algunha xa exposta nas
actividades do Club.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
12
• Samaín (31 outubro)
• Semana da Ciencia (novembro)
• Día contra a violencia de xénero (25 novembro)
• Nadal (decembro)
• Día da Paz (30 xaneiro)
• Mes da Poesía (S.Valentín e Rosalía, febreiro, Día da Poesía, 21 marzo)
• Día da Muller traballadora (8 marzo)
• Día internacional do libro infantil e xuvenil (2 abril )
• Día do Libro (23 abril )
• Día das Letras Galegas (17 maio)
SAMAÍN
- EXPOSICIÓN de libros de medo e misterio na biblioteca e no punto de lectura do vestíbulo.
- CONCURSO de EPITAFIOS, convocado polo departamento de Galego e Normalización, no
que colabora o Club. Fixemos carteis para anuncialo e repartimos por todas as aulas do centro.
Os traballos presentados expuxéronse no vestíbulo. Déronse vales para libros aos alumnos
premiados.
SEMANA DA CIENCIA
“MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS”- Expoñemos libros de divulgación
de distintos científicos de todos os tempos na biblioteca e no Punto de lectura. Este curso o
dedicamos aos máis pequenos con obras accesibles para eles. Tamén expuxemos o manifesto
editado pola Consellería co escrito de Jorge Mira, na biblioteca, no punto de lectura e na vitrina
do patio.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
13
punto de lectura
vitrina do patio
´
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
- Preparación do taboleiro e da vitrina cos carteis da Xunta e do departamento de Igualdade
do Concello que, xunto ás publicacións do Certame de Microrrelatos do Concello de Burela, do
ano pasado, recollemos como cada curso no Concello (25 de novembro).
A vitrina de cor laranxa, forma parte das actividades organizadas pola ONU desde o DÍA
CONTRA A VIOLENCIA ate o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS:
“16 días para pintar o mundo de laranxa”
NADAL
Colaboramos de novo co departamento de Dinamización e Normalización Lingüística, na
preparación e exposición no taboleiro da biblioteca, do Concurso de postais e felicitacións
orixinais.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
14
Decoramos a biblioteca co árbore reciclado e… “o mellor agasallo” eas tarxetas“eas
DÍA DA PAZ
- Preparamos o taboleiro e a vitrina con
poemas pola paz e frases de MALALA.
DÍA DE SAN VALENTÍN
-A exposición da biblioteca de POESÍA con
AMOR: VAI DE AMORES...!, coa selección
de poesía amorosa de grandes autores,
mantivémola no mes de marzo por coincidir
o DÍA da POESÍA coa Semana Santa.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
15
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
- Exposición na biblioteca dunha selección de
libros “de mulleres e sobre mulleres”.
Mantemos na biblioteca a exposición de
Mulleres galegas.
- Exposición no punto de lectura do vestíbulo,
de títulos da biblioteca relacionado coa muller
traballadora. (semana do 8 de marzo).
- Exposición na vitrina de mulleres famosas
polos seus traballos e de mulleres anónimas.
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
En abril, como cada ano, expuxemos os carteis da OEPLI e GÁLIX, co MANIFESTO:
(“Era unha vez...”), na vitrina do patio.
DÍA DO LIBRO
- Exposición no taboleiro de carteis sobre EL QUIJOTE.
- Exposición de libros de CERVANTES na biblioteca.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
16
- AGASALLO DA BIBLIOTECA: no punto de lectura colocamos libros da biblioteca cun
cartel do Día do Libro, debuxado por unha profesora de Arte, para presentalos como agasallo
nese día. Exemplares moi repetidos ou doados e con pouco uso na biblioteca.
- HORA DE LER: actividade organizada pola vicedirección do centro, na que se convocou a
todos os alumnos e
profesores, para ler ao
longo dunha sesión
lectiva no patio.
(22 de abril)
- CONFERENCIA do actor español
Saturnino García, que visitou o noso
centro anunciándonos a súa próxima
actuación na Casa da Cultura de Burela, e
tivo a xentileza de reunirse cos alumnos de
1º e 2º de BAC, para contar as súas
experiencias como actor, e recitar poesía.
(22 de abril)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
- Exposición na biblioteca dunha selección de obras do autor homenaxeado MANUEL MARÍA
- Exposición no punto de lectura desta selección coas fotos da Hora de Ler no patio.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
17
- Recital de poesía: “Moita poesía pouca diversión” do dúo aldao+lado. Actividade
conxunta co IES Perdouro e coordinada por Normalización. Acoden os alumnos de 3º e 4º, coas
alumnas do Club de Lectura, e 1º de
BAC. No auditorio da Casa de Cultura
de Burela. (11 de maio)
- MARATÓN de LECTURA da poesía
de Manuel María. Actividade
mencionada. (13 de maio)
Outros contidos no Punto de información á Lectura
“IN MEMORIAM”
���� No mes de outubro, falece o escritor
Henning Mankell e expoñemos a súa
obra na biblioteca e no punto de Lectura.
���� No mes de novembro faleceu o noso
querido autor XOSÉ NEIRA VILAS, e
recordamos a súa visita no noso centro, o
mes de maio de 2011.
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
18
Expoñemos o power point realizado naquel emotivo
encontro, co MANUSCRITO dedicado ao noso instituto,
no Libro Aberto que fixemos co departamento de Artes
para as Letras Galegas dese ano.
Tamén expoñemos parte da súa obra na biblioteca, e no punto de lectura coas fotos do encontro.
VII. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN NAS QUE PARTICIPOU O
CLUB
- Encontros Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015/2016 (8 de abril). Asistiu a
coordinadora do Club e encargada da biblioteca (Cecilia Martín Trenor).
- IX Xornadas de Clubs de Lectura, 2016 (10 de xuño), onde coma sempre escoitamos
e aprendemos dos conferenciantes e de nosos compañeiros/as, e intercambiamos opinións cos
outros centros. Asistiu a coordinadora do club (Cecilia Martín Trenor).
-Grupo de Traballo: Investiga, Elabora e Promociona. Cósmética natural (4 novembro-
30 maio). Participan a profesora Carme Cociña e a coordinadora Cecilia Martín. As alumnas do
Club cos seus compañeiros de 4º, traballaron nas actividades organizadas nas aulas con eles.
VIII. AVALIACIÓN
Desenvolvemento e posibles modificacións dalgunhas actividades.
Ao longo da posta en marcha do Club realizáronse modificacións nalgunhas actividades,
datas e horarios, para consolidar a pertinencia de obxectivos programados.
O grupo de alumnas de 4º de ESO continuou no club neste curso e sumáronse dúas
compañeiras. A maioría asiste normalmente ás sesións e participa noutras actividades do club e
Memoria do Club de Lectura do IES Monte Castelo 2015-2016
19
do plan lector. É un grupo moi heteroxéneo e aínda non todas están integradas nas actividades da
biblioteca.
AVALIACIÓN INICIAL, as novas clubeiras contestaron unha enquisa na primeira
sesión, da que destacamos:
- A escolla dunha lectura, nos dous casos é libre ou suxerida polas amigas.
- Gustos lectores destacan as novelas de misterio ou románticas non de fantasía.
- Poesía, teatro: len pouco.
AVALIACIÓN FINAL DAS ALUMNAS, ao finalizar o curso tamén responderon unha
enquisa:
-A todas lles gustou formar parte do Club. A maioría seguiría nel.
-As lecturas que máis lles interesaron: Que me queres amor (4), A pomba e o degolado
(6), Que non te aten (2).A poesía de Manuel María no Maratón (7).
-As actividades que máis lles gustaron: o viaxe á Casa-Museo de Manuel María e a
actuación do Mago, o teatro de monicreques no Colexio e o dúo ALADO+Ledo.
-Actividades que botaron en falta: libros de poemas. A maioría no contesta.
-Á maioría axudoulles a ler máis e seguirían formando parte do Club. Participaron
noutras actividades do Plan Lector do centro, como xa mencionamos.
AVALIACIÓN FINAL DAS PROFESORAS:
As profesoras continuamos neste curso coa dinámica de traballo do curso pasado. A
organización non foi sempre boa por falta de información entre os dous grupos que formaban e as
profesoras. Son alumnas moi diferentes e con distintos intereses, polo que é difícil chegar a todas.
Non obstante, lendo as enquisas finais das alumnas, parécenos que a pesar da disparidade, unhas
máis que outras pero todas beneficiáronse das experiencias vividas. Xa que case todas queren
continuar no Club, habería que reformular a situación e compaxinar as tarefas, selección e
realización de lecturas, asistencia ás sesións, concreción de horarios.
-Destacamos como actividades máis interesantes, o viaxe á Casa-Museo e a actuación cos
nenos/as do Colexio Vista Alegre, moi gratificante para todo o grupo
.
Burela, 29 de xuño de 2016
A profesora coordinadora do Club de Lectura
Asdo.: Cecilia Martín Trenor