dossier andando a terra - ocableingles.comproxecto de casa museo do escritor, hoxe xa moi avanzado....

6
co operativa cultural

Upload: others

Post on 10-Feb-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • c o o p e r a t i v a c u l t u r a l

  • Hai dous anos, nun Teatro Rosalía abarrotado de público, dentro do acto de

    homenaxe que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos organiza cada ano,

    Uxía estreou catro pezas musicadas sobre poemas do poeta da Terra Chá. A

    excelente receptividade por parte do público desa aproximación de Uxía á poesía

    de Manuel María, animou á Fundación a proporlle que ampliase o traballo co fin de

    publicar un CD completo conxuntamente co magnífico libro de poemas “Os lonxes

    do solpor”, aínda inédito. Uxía aceitou o reto inmediatamente, mais había que

    agardar a que ela rematase o proxecto que tiña entre mans: a publicación de “Meu

    canto” conmemorativo dos seus 25 anos nos escenarios. Un ano máis tarde

    estreamos, tamén no Teatro Rosalía da Coruña, o DVD “De amor e cantería”,

    producido por Pixel Films sobre un guión de Anxa González Refoxo. A demanda do

    público e o recoñecemento que tivo por parte da Academia Galega do Audiovisual

    concedéndonos o premio Mestre Mateo á “Mellor produción experimental do ano

    2011”, animounos tamén a incluílo na publicación.

    Alberte Ansede

    Secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos

    c o o p e r a t i v a c u l t u r a l

    ANDANDO A TERRAUxía canta a Manuel María

  • O ESPECTÁCULO

    c o o p e r a t i v a c u l t u r a l

    “Andando a Terra” é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía e Sérgio Tannus. A idea orixinal

    do disco partiu da FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DE ESTUDOS GALEGOS, e forma parte dun pack editorial no que tamén

    se inclúen o poemario inédito “Os lonxes do solpor” e o audioviusal “De amor e cantería”.

    Agora, trala emotiva estrea-presentación do disco no Teatro Colón da Coruña o pasado 13 de setembro, a Fundación

    Manuel María, autora da idea, e O CABLE INGLÉS Cooperativa Cultural, responsable do management de Uxía, decidiron

    darlle continuidade a este proxecto a través dun espectáculo que baixo o nome “Andando a Terra. Uxía canta a Manuel

    María” percorrerá os escenarios cun formato que se divide en tres etapas:

    Presentación do espectáculo a cargo dunha persoa significada da vila

    Proxección do audiovisual “De amor e cantería”

    Concerto de Uxía interpretando o repertorio de “Andando a Terra”

    FICHA TÉCNICA

    GUIÓN: Anxa G. Refoxo

    PRODUCIÓN: Mikel Fuentes e Sara Horta

    VOCES EN OFF: Xoán Diéguez e Comba

    Campoy

    REALIZACIÓN E MONTAXE: Mikel Fuentes

    IMAXES DE ARQUIVO: Xulio Xiz, Camilo Gómez

    Torres e Saleta Goy

    UNHA PRODUCIÓN DE PIXEL FILMS

    A idea do audiovisual De amor e cantería nace dentro das accións que leva

    acabo a Fundación Manuel María de Estudos Galegos para dar a coñecer o

    proxecto de Casa Museo do escritor, hoxe xa moi avanzado. Esta Casa Museo

    abrirase na que foi a casa natal do escritor e á que o poeta lle dedicou o libro de

    poemas Sonetos á casa de Horta. Foi precisamente esta obra a base do guión do

    DVD sendo, desta maneira, o propio poeta o que serviu de guía cos seus versos

    a través do mundo dos sentimentos, sensacións, paixóns, medos... recordos,

    vivencias dese mundo de infancia e xuventude que o acompañarán toda a vida.

    Os 50 sonetos de que consta o libro non cabían nun audiovisual de 14 minutos

    de duración e, por iso, só se incorporan tres sonetos completos, integrándose o

    resto do guión das estrofas ou mesmo versos soltos que se consideraron máis

    indicativos ou significativos, sen ningún ánimo de exhaustividade. O que si van

    estar presentes nas imaxes son moitos dos elementos que o poeta cita ao longo

    dos 50 sonetos, e entre eles cobra unha especial importancia a arquitectura da

    propia casa, as cousas e tamén as persoas que compartiron ese espazo.

    Isto non quer dicir que esteamos diante dun audiovisual descritivo. Todo o

    contrario. A idea foi facer unha lectura audiovisual dos espazos interiores do

    poeta a través dos espazos exteriores, e das persoas que os habitaban.

    O DOCUMENTAL

  • En palabras da propia Uxía, os temas do repertorio que se

    percorre neste espectáculo é “o gozo sinxelo dun canto ao noso

    labrego-poeta. Un home que andou esta terra, este país,

    parroquia por parroquia, lugar por lugar, face a face. Seguindo o

    seu exemplo, quixen arroupar a súa poesía na proximidade e 

    coa delicadeza das melodías que fun atopando nos camiños,

    coa luz, a beleza, a paixón e 'o latexar sincero da emoción' que

    emana dos seus poemas e Amando cada palabra, cada verso e

    cada nota para poñer en valor o seu valiosísimo, o seu precioso 

    e prezado legado.

    Ademais da metafísica, o amor, a nenez, a casa que quixo tanto

    e que agora será a Casa dos soños liberados de cadeas, o seu

    humor, o seu amor á vida, á lingua e a esta terra que andou sen

    descanso. Tamén me permitín adaptacións de temas tan

    emblemáticos como 'O Carro', cantada por Fuxan os Ventos ou

    o 'Manual do Señorito' na voz da miña querida María Manuela.

    A poesía de Manuel María flúe coma un río. El é o gardador das 

    albas e da íntima esperanza que nos fai crer aínda no  ser 

    humano. Crer a quen leve a música dentro de sí, a quen nunca

    sentirá medrar, no seu interior, a moura flor da soidade. Agora

    sabemos que a súa poesía, coma el mesmo di das fontes

    romanas, escribiuna  para  espantar soidades, melancolías  e

    nostalxias e tamén para ser recitada, cantada e devolta ao pobo

    que lla inspirou.

    Manuel María é o gozo de vivir,  e eu fixen un pacto con el para

    completar a tarefa urxente, fermosa, nidia e necesaria de gastar

    o meu corpo e a miña voz nos camiños ata ser pó, seixo ou

    silveira. 

    Grazas, poeta, pola inspiración e a alegría que aínda nos

    entregas en cada verso. Galiza e o pobo galego estaremos

    eternamente en débeda contigo. 

    Enlace para a súa difusión:

    http://www.youtube.com/watch?v=edY6-16u0Cw&feature=youtu.be

    O DISCO

    CRÉDITOS

    Idea orixinal:

    Fundación Manuel María de Estudos Galegos

    Escolma de poemas, arranxos, concepción musical e

    composición:

    Uxía e Sérgio Tannus, en exclusiva para a FUNDACIÓN

    MANUEL MARÍA DE ESTUDOS GALEGOS.

    c o o p e r a t i v a c u l t u r a l

  • TERRA CHÁUxía: voz e corosSérgio Tannus: guitarra española, derbuka, ovo, pandeiro grave, pratos

    A CASAUxía: voz Sérgio Tannus: viola caipiraSerginho Sales: acordeón

    O CARROUxía: voz e corosSérgio Tannus: guitarra españolaSerginho Sales: acordeón

    QUERO SER RÍOUxía: voz e corosSérgio Tannus: guitarra españolaQuim Farinha: violín

    CARNÉ DE IDENTIDADE (poema)Uxía: vozUxía e Arturo Vaquero: ambientes

    UNHA CANCIÓNUxía: vozSérgio Tannus: guitarra acústica, cavaquinho, ovo, triángulo

    MANUAL DO SEÑORITOUxía: vozSérgio Tannus: guitarra española, pandeiro con escobilla, ovo, triángulo, efectos percusivosManuel Paino: trompeta

    SEÑOR GATOUxía: vozSérgio Tannus: guitarra española, trompeta de boca

    ROSA NAMORADA (do CD Meu Canto)Uxía: vozSérgio Tannus: guitarra españolaMarcelo Martins: frauta traveseira

    BANDO (poema)Uxía: vozUxía e Arturo Vaquero: ambientes

    A FALAUxía: voz e corosSérgio Tannus: guitarra española, pandeiroOlga Brañas: pandeireta

    AÍNDA TEÑO A ESPERANZA (poema)Uxía: vozUxía e Arturo Vaquero: ambientes

    Nota: Todos os poemas, con música de Uxía e Sérgio Tannus excepto O CARRO, de Baldomero Iglesias e MANUAL DO SEÑORITO, de Miguel Varela.

    c o o p e r a t i v a c u l t u r a l

    REPERTORIO

  • c o o p e r a t i v a c u l t u r a l

    O Cable Inglés S. C�p. Galega

    Apdo. Co�eos 21

    36200 Vigo, Pontevedra

    Tel. (+34) 695 881 074

    [email protected]

    �w.ocableingles.com

    �w.ocableingles.com