da forza á palabra - fund cultura de pazfund-culturadepaz.org/boletines/boletinfcp-1_galego.pdf ·...

8
“Escribo desde un naufragio ...desde el clamor del hambre y del trasmundo ...pero escribo también desde la vida, desde su grito poderoso" José Ángel Valente en "Sobre el tiempo presente" La Fundación Cultura de Paz inicia a publicación do Boletín electrónico "Da forza á palabra". Este título é a gran mensaxe, a transición esencial que debemos realizar nestes albores de século e de milenio, que poden representar a emancipación definitiva da especie humana. Pasar da forza, da imposición, do dominio á conversación, á alianza, á acción. Pasar do poder exercido polos poucos máis prósperos sobre os moitos menesterosos a unha auténtica representación de todos, sen exclusións. Dos silenciados e silenciosos ao clamor popular. Desde a resignación, o medo e a submisión á participación activa, firme, tenaz, pacífica. Desde o fanatismo á discusión serena, á exposición meditada, á escoita. Estamos a vivir momentos tan difíciles e complexos como fascinantes porque, por primeira vez, existe a posibilidade de influír na gobernación a escala local y mundial . A moderna tecnoloxía da información e a comunicación non facilita un coñecemento global e, por tanto, o aprezo do que se ten xunto á conciencia das precariedades alleas, senón que permite a participación non presencial. A participación popular, esencia da democracia xenuína. Deste xeito, por fin, poderán ser os pobos, como se establece lúcidamente na Carta das Nacións Unidas, quen tomen en man o seu destino. Por fin, una gobernación mundial baseada no multilateralismo e as liberdades públicas e a xustiza. Por fin, a seguridade da paz e nunca máis a paz da seguridade. Por fin, a escala municipal, comunitaria, rexional e planetaria, a vontade de todos, a voz de todos. Por fin, ya no súbditos impasibles sino ciudadanos plenos. Por fin está ao noso alcance, co noso comportamento cotián, levar a cabo a transición desde unha cultura secular de violencia e guerra a unha cultura de diálogo, conciliación e paz. Por fin, nuns anos, paz na Terra. Federico Mayor Zaragoza Presidente Fundación Cultura de Paz EDITORIAL Federico Mayor Zaragoza CONTIDO EDITORIAL 1 A palabra de MARÍA NOVO 2 Informe Mundial de Cultura de Paz 2001-2010 3 Facendo a Paz en Colombia 4 Diagnóstico da Educación para o Desenvolvemento 4 O Saber das Mulleres: Claves para a Paz 5 A Cultura de Paz: un traballo en rede unha aposta polo Desenvolvemento 5 Aprender contando: visibilizar a contribución das mulleres ao Desenvolvemento e a paz 6 Lar da paz, Centro Internacional pola Paz 6 Axenda abriljunio 2011 6 Publicacións 7 Recursos recomendados 8 Da forza á palabra ABRIL 2011 N.1 Boletin da Fundación Cultura de paz Blog de Federico Mayor Zaragoza: http://www.federicomayor.blogspot.com BOLETIN EN : CASTELLANO - ENGLISH CATALÀ

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Da forza á palabra - Fund Cultura de Pazfund-culturadepaz.org/boletines/BoletinFCP-1_GALEGO.pdf · queremos vivir só como productores e consumidores sumisos ou se a vida consiste

“Escribo desde un naufragio

...desde el clamor del hambre y del trasmundo

...pero escribo también desde la vida,

desde su grito poderoso"

José Ángel Valente en

"Sobre el tiempo presente"

La Fundación Cultura de Paz inicia a publicación

do Boletín electrónico "Da forza á palabra".

Este título é a gran mensaxe, a transición esencial

que debemos realizar nestes albores de século e

de milenio, que poden representar a

emancipación definitiva da especie humana.

Pasar da forza, da imposición, do dominio á

conversación, á alianza, á acción.

Pasar do poder exercido polos poucos máis

prósperos sobre os moitos menesterosos a unha

auténtica representación de todos, sen

exclusións. Dos silenciados e silenciosos ao

clamor popular. Desde a resignación, o medo e a

submisión á participación activa, firme, tenaz,

pacífica.

Desde o fanatismo á discusión serena, á

exposición meditada, á escoita.

Estamos a vivir momentos tan difíciles e

complexos como fascinantes porque, por

primeira vez, existe a posibilidade de influír

na gobernación a escala local y mundial . A

moderna tecnoloxía da información e a

comunicación non só facilita un

coñecemento global e, por tanto, o aprezo

do que se ten xunto á conciencia das

precariedades alleas, senón que permite a

participación non presencial. A participación

popular, esencia da democracia xenuína.

Deste xeito, por fin, poderán ser os pobos,

como se establece lúcidamente na Carta das

Nacións Unidas, quen tomen en man o seu

destino. Por fin, una gobernación mundial

baseada no multilateralismo e as liberdades

públicas e a xustiza. Por fin, a seguridade da

paz e nunca máis a paz da seguridade. Por fin,

a escala municipal, comunitaria, rexional e

planetaria, a vontade de todos, a voz de

todos. Por fin, ya no súbditos impasibles sino

ciudadanos plenos.

Por fin está ao noso alcance, co noso

comportamento cotián, levar a cabo a

transición desde unha cultura secular de

violencia e guerra a unha cultura de diálogo,

conciliación e paz.

Por fin, nuns anos, paz na Terra.

Federico Mayor Zaragoza

Presidente

Fundación Cultura de Paz

EDITORIAL

Federico Mayor Zaragoza

C O NT ID O

EDITORIAL 1

A palabra de

MARÍA NOVO

2

Informe Mundial de

Cultura de Paz

2001-2010

3

Facendo a Paz en

Colombia

4

Diagnóstico da

Educación para o

Desenvolvemento

4

O Saber das

Mulleres: Claves

para a Paz

5

A Cultura de Paz:

un traballo en rede

unha aposta polo

Desenvolvemento

5

Aprender contando:

visibilizar a

contribución das

mulleres ao

Desenvolvemento e

a paz

6

Lar da paz, Centro

Internacional pola

Paz

6

Axenda abril—junio

2011

6

Publicacións 7

Recursos

recomendados

8

Da forza á palabra

A B R I L 2 0 1 1 N . 1

Boletin da Fundación Cultura de paz

Blog de Federico Mayor Zaragoza: http://www.federicomayor.blogspot.com

B O L E T I N E N :

C A S T E L L A N O - E N G L I S H

C A T A L À

Page 2: Da forza á palabra - Fund Cultura de Pazfund-culturadepaz.org/boletines/BoletinFCP-1_GALEGO.pdf · queremos vivir só como productores e consumidores sumisos ou se a vida consiste

P Á X I N A 2

“a gran

transformación

deberá darse

nas nosas

mentes e os

nosos corazóns”

María Novo

A palabra de MARÍA NOVO EN PAZ CO PLANETA

A Modernidade foi unha etapa de

grandes avances científicos e culturais

pero, como todas, presenta luces e

sombras. Froito destas últimas, dos

erros e excesos dos últimos séculos,

é a comprometida situación ambiental

que hoxe estamos a vivir (cambio

climático; modificacións drásticas nos

usos do chan; perda de

biodiversidade; problemas

enerxéticos...). As alteracións

producidas pola nosa especie no

planeta son de tal intensidade que, no

seu conxunto, configuran o chamado

“cambio global”, unha situación crítica

nalgúns aspectos para o mantemento

das nosas formas de vida sobre a

Terra.

Ao mesmo tempo, xeneralizouse unha

visión reduccionista e mecanicista do

mundo que propiciou a consideración

da natureza como unha máquina,

baixo regras que eludían a enorme

complexidade de todo o vivo. Por

fortuna, a propia ciencia alumou un

cambio de paradigma desde principios

do século XX, pero ese novo

paradigma e o pensamento complexo

que leva aparellado non acaban de

imporse sobre as visións

simplificadoras e economicistas que

insisten en someter os bens da Terra

aos exclusivos intereses económicos

das compañías transnacionais e os

poderosos do mundo.

Nestas circunstancias, cunha natureza

acurralada, precisamos reformularnos

urxentemente a nosa actitude

colectiva (na que os países do Norte

teñen maior responsabilidade), para

deter a destrucción e legar unha

Terra habitable ás xeneracións

futuras. Necesitamos, en suma, vivir

en paz co planeta. Iso require cambios

fundamentais de orde tecnolóxica,

político, económico, social… Tamén

cambios educativos, nos valores que

inculcamos a nenos e novos. Pero, sen

dúbida, a gran transformación deberá

darse nas nosas mentes e os nosos

corazóns: chegar a sentir que a

natureza ten un valor intrínseco, uns

ritmos, unhas leis, que deben ser

respectados; deixar de identificar o

benestar co consumo; practicar a

autocontención e a austeridade no uso

dos recursos; avanzar cara a equidade

social entre o Norte rico e o Sur

global…

Ao meu xuízo, non daremos ese paso,

a paz non será posible, sen algúns

requisitos previos: o primeiro, aceptar

que sen sustentabilidade persoal non

existe sustentabilidade colectiva.

Temos que reformularnos se

queremos vivir só como productores e

consumidores sumisos ou se a vida

consiste en algo máis creativo, máis

cheo de valores intanxibles. En canto á

sustentabilidade global, é preciso dicir

que as políticas de crecemento

ilimitado, tan en auxe, son un camiño

cara o abismo. Estamos retados a

reinventar e pór en práctica formas de

desenvolvemento sustentables, que

non impliquen necesariamente esa

enorme pegada ecolóxica que nos leva

á catástrofe.

Eso non significa vivir peor, senón

reorientar as prioridades: acabar cos

paraísos fiscais; regular os fluxos

financieiros; reducir drásticamente o

gasto militar…, e dedicar máis

recursos a fins sociais e ecolóxicos.

Porque estamos a consumir o “capital”

biolóxico do planeta a unha velocidade

moi superior á que os ecosistemas

poden rexenerarse…

Porque unha gran parte da humanidade

vive na fame e a penuria permanente…

¿É ese o mundo que queremos deixar

aos nosos fillos?

D A F O R Z A A P A L A B R A

Page 3: Da forza á palabra - Fund Cultura de Pazfund-culturadepaz.org/boletines/BoletinFCP-1_GALEGO.pdf · queremos vivir só como productores e consumidores sumisos ou se a vida consiste

La palabra de MARÍA NOVO

P Á X I N A 3 N . 1

Vivimos e vivimos aínda baixo a

fascinación do PIB e dos indicadores

cuantitativos que dan conta da marcha

da economía dunha forma un tanto

basta e indiscriminada. Pero estes

indicadores non poden falar da

felicidade da xente, da ilusión dos

mozos que buscan ser artífices do seu

destino e non meros súbditos, do

tempo do que dispoñen os pais nas

nosas sociedades para estar cos seus

fillos… Nalgúns círculos está a

impulsarse xa un novo indicador: o FIB,

que fala da “felicidade interna bruta”,

algo moito máis complexo e

interesante.

Esta medida inscríbese nunha

reorientación das nosas formas de vida

cara a sociedades postmaterialistas que

toman en conta non só as necesidades

materiais das personas senón tamén as

emocionais, psicolóxicas, intelectuais,

afectivas…

Algo se move, por fortuna. A paz co

planeta é posible se somos capaces

de rectificar a tempo persoal e colec-

tivamente. É unha paz posible, que se

asina ante todo nos corazóns e as

mentes dos seres humanos. Os pro-

tocolos, os acordos políticos e

económicos, son necesarios para rea-

xustar os nosos obxectivos. Pero o

prioritario, o urxente, é que cada un

de nós comprenda algo que, por

sinxelo, resulta en ocasións esqueci-

do: non se cambia a vida sen cambiar

a propia vida.

(*) María Novo é Catedrática Titu-

lar de la Cátedra UNESCO de Educa-

ción Ambiental E Desenvolmevento-

Sustentable da Universidade Nacional

de Educación a Distancia.

O Informe Mundial de Cultura de Paz 2010 realizouse con

motivo do final do Decenio Internacional de Nacións

Unidas dunha Cultura de Paz e Non Violencia para os

Nenos do Mundo 2001-2010.

No informe exponse e analiza a contribución da

sociedade civil para unha Cultura de Paz, durante o

Decenio. Contén información recompilada e presentada

por case 1.000 organizacións de todo o mundo, que

realizaron actividades para a promoción dunha cultura de

paz e non violencia.

O director da Oficina de Barcelona,

Manuel Manonelles, xunto ao Embaixador

Anwarul Chowdhury e o Sr. David Adams,

presentaron o Informe Mundial de Cultura

de Paz 2010 á Presidencia da 65ª Asemblea

Xeral de Nacións Unidas, o 15 de outubro

de 2010 .

Posteriormente, o Informe foi distribuído a

todas as delegacións ante Nacións Unidas.

A Fundación Cultura de Paz – Barcelona,

editou e publicou o Informe en inglés e

castelán.

Descargar IMCP:

Castelàn - Inglés

Informe Mundial de Cultura de Paz 2010

Presentación do Informe

Mundial de Cultura de Paz

2010 nas Nacións Unidas

“A paz co

planeta é

posible se somos

capaces de

rectificar a

tempo persoal e

colectivamente”

Page 4: Da forza á palabra - Fund Cultura de Pazfund-culturadepaz.org/boletines/BoletinFCP-1_GALEGO.pdf · queremos vivir só como productores e consumidores sumisos ou se a vida consiste

P Á X I N A 4

“O movemento

a favor dunha

cultura de paz

acaba de

empezar.

Require a nosa

implicación, o

noso

compromiso ”

Acto de Inauguración

do Seminario

Diágnóstico da Educación para o Desenvolvemento en España

Facendo a Paz en Colombia

Os días 21-23 de febreiro

de 2011, tivo lugar en

Buenos Aires (Arxentina),

o Encontro “Haciendo la

Paz en Colombia”,

organizado pola Asociación

Colombianos e

Colombianas pola Paz,

baixo o liderado de Piedad

Córdoba, Ex-Senadora

Colombiana, e co apoio da

Cancillería da República Arxentina e

da COPAL.

Durante o Encontro analizáronse

experiencias vividas en Colombia e

noutros países, que forxaron e

continúan forxando procesos de

diálogo e de solución negociada a

conflictos armados.

Tamén se propuxeron formulacións

que examinen de forma coherente vías

de aproximación política, tanto para

diálogos estratéxicos de paz como

para a rápida “humanización” do

conflito.

O Presidente da Fundación Cultura de

Paz, Federico Mayor Zaragoza, e o

Director da Oficina de Barcelona,

Manuel Manonelles, participaron neste

Seminario, no que tamén estivo

presente o Premio Nobel da Paz,

Adolfo Pérez Esquivel.

Máis información sobre o Seminario

O 4 de marzo presentouse o Estudo

sobre a situación da Educación para

o Desenvolvemento en España,

elaborado por Manuela Mesa e Jose

Escudero.

Este informe identifica as principais

fortalezas e debilidades da Educación

para o Desenvolvemento en España

e ofrece unha serie de

recomendacións para avanzar neste

ámbito de actuación.

Durante o seminario organizado por

CEIPAZ, sometéronse a discusión

diferentes dimensións da educación

para o desenvolvemento e contouse

coa participación de investigadoras,

membros de ONGD, profesores/as

e representantes de gobernos

rexionais, municipais e do ámbito

estatal.

Mais información en:

www.ceipaz.org/educacionparaeldesarrollo

D A F O R Z A A P A L A B R A

Acto de Inauguración do Seminario

Page 5: Da forza á palabra - Fund Cultura de Pazfund-culturadepaz.org/boletines/BoletinFCP-1_GALEGO.pdf · queremos vivir só como productores e consumidores sumisos ou se a vida consiste

O Saber das Mulleres : Claves para la Paz

P Á X I N A 5 N . 1

A Fundación Cultura de Paz acolle un novo proxecto

internacional: O Saber das Mulleres: Claves para

a Paz (Women’s Knowledge: the Missing Piece

for Peace), dirixido por Teresa Langle de Paz e por

Margarita Benítez. O proxecto WK aspira a impulsar,

difundir e aproveitar mellor os saberes das mulleres

para a construcción de cultura de paz e dun mundo

máis xusto.

WK comeza a súa andaina este ano 2011 con tres

obxectivos a curto e medio prazo:

1. Desenvolver un programa interuniversitario

de becas e intercambio de profesionais en Euro-

pa, Estados Unidos, América Latina e o Caribe, e os

países do norte de África para impulsar proxectos

concretos e multiplicar as súas sinerxías.

2. Establecer plataformas internacionais de ac-

ción e coordinación. Está a traballarse para formar

unha ampla rede internacional de institucións interesa-

das en ser parte do proxecto.

3. Crear unha comunidade e un programa glo-

bal que fomente e apoie o coñecemento, a

formación e o liderado das mulleres. Nun en-

contro que tendrá lugar en xuño 2011 en Nova

York, un grupo de expertas trazará as liñas princi-

pais que estructuren un programa transnacional

para a democratización do acceso ao coñecemento

das mulleres e a súa difusión.

Nestes momentos está a prepararse un Proxecto

Piloto no que intervirán entre catro e seis universi-

dades a ambos os dous lados do Atlántico, e que

se lanzará en 2012.

Para maior información sobre WK, comunicarse

con [email protected]

Rede Internacional inicial:

Argentina: Alicia Cabezudo

Guatemala: Delegación da Fundación Cultura de

Paz (Federico Figueroa)

México: Instituto Internacional para la Cultura

Democrática (Jorge Nieto)

Mali: Centre Amadou Hampaté (Aminata Traoré)

Nicaragua: Instituto “Martin Luther King”

Universidad Politécnica de Nicaragua (Denis

Torres)

Rusia: International Public Foundation for

Survival and Development of the Humanity

Rustem Khairov)

Durante 2011-2012 a Fundación Cultura de Paz

dará continuación ao proxecto iniciado en 2005-

2007, “A Cultura de Paz: un traballo en rede e

unha aposta polo desenvolvemento”.

Este proxecto ten como obxectivo a consolidación

dunha Rede Internacional de organizacións e

persoas que, mediante a cooperación, leven a cabo

actividades e proxectos para a promoción dunha

Cultura de Paz e non-violencia en todo o mundo.

A Cultura de Paz: un traballo en rede e unha aposta polo

desenvolvemento

“Non hai paz sen desenvolve-

mento, nin desenvolvemento

sen paz ”

Page 6: Da forza á palabra - Fund Cultura de Pazfund-culturadepaz.org/boletines/BoletinFCP-1_GALEGO.pdf · queremos vivir só como productores e consumidores sumisos ou se a vida consiste

P Á X I N A 6

1325 mujeres tejiendo

la paz

Lar da Paz, Centro Internacional pola Paz

Durante os anos 2011-2012 se realizaranse talleres de formación-acción dirixidos

a asociacións de mulleres, asociacións de mozas, organizacións locais, animadores

socioculturais. Nos talleres abordaranse desde a perspectiva de xénero, as

estratexias que utilizaron as mulleres no traballo pola paz e o desenvolvemento, a

partir da descrición de historias de vida. Os/as participantes elaborarán historias

de vida de mulleres anónimas ou recoñecidas que fixeron unha contribución

relevante ao desenvolvemento e a paz.

Mais información en : www.1325mujerestejiendolapaz.org

O Seminario Galego de Educación para a Paz continúa coas xestións para a

rehabilitación e posta en marcha do Lar da Paz, un Centro Internacional pola

Paz no Mosterio franciscano de Herbón, en Padrón (A Coruña). Este Centro

serán 1.070 m² nun espazo ,restaurado do século XIV, de transmisión dos valores

dunha Cultura de Paz, que contará cun Centro de Documentación e

Investigación, Biblioteca, Videoteca, Sala de Exposicións permanente, Salón de

Actos, aulas… Está previsto que poida estar en funcionamento nun plazo de tres

anos .

D A F O R Z A A P A L A B R A

11-17 de abril. Semana de Acción

Mundial pola Educación (SAME),

baixo o lema "A Educación non é un

conto: polos dereitos das mulleres e das

nenas" .

12 de abril. Coloquio con Federico

Mayor Zaragoza ““Respostas ás crisis:

construcción de paz e desenvolvemento

global”. No marco das Xornadas “Utopías

Concretas para un Mundo Mellor 2011”,

organizadas polo Concello de Sant Joan

Despí.

Maio 2011. O próximo mes de maio

aparecerá o primeiro número do Boletín

monográfico “En son de Paz”, editado

polo Seminario Galego de Educación para

a Paz. Este primeiro número abordará o

tema do Voluntariado.

Aprender contando: visibilizar a contribución

das mulleres ao desenvolvemento e a paz

Axenda abril-xuño 2011 10-11 de maio. Seminario

Internacional sobre os novos retos da

Paz, en Madrid, Círculo de Bellas Artes.

Organizado polo Movemento pola Paz

(MPDL) e a Fundación Cultura de Paz.

12 de maio. Conferencia de Federico

Mayor Zaragoza “Educación e

transmisión de valores” en Vic, Auditorio

Unnim, Rambla Hospital, ás 20 h.

27-28 de maio. Reunión de Cátedras

UNESCO de Cultura de Paz e

Dereitos Humanos, en Santiago de

Compostela, organizada polo Seminario

Galego de Educación para a Paz, a

Fundación Cultura de Paz e a Comisión

Española de Cooperación coa UNESCO

Page 7: Da forza á palabra - Fund Cultura de Pazfund-culturadepaz.org/boletines/BoletinFCP-1_GALEGO.pdf · queremos vivir só como productores e consumidores sumisos ou se a vida consiste

Publicacións

P Á X I N A 7 N . 1

A Fundación Cultura de Paz, xunto á Fundación Ciudadanía, editou a

"Declaración de Cultura de Paz de Fácil Lectura", con motivo do final do "Decenio

Internacional dunha Cultura de Paz e Non Violencia para os Nenos do Mundo,

2001-2010". Esta publicación realizouse co obxectivo de facilitar a comprensión

da Declaración aos nenos e ás persoas con dificultades lectoras.

Esta versión da Declaración pode ser unha ferramenta moi importante, que

axude aos mestres e mestras no seu labor educativo para o fomento da cultura

de paz, a conciliación, a comprensión, a solidariedade e a tolerancia, así como o

rexeitamento a toda forma de opresión e violencia .

A Editorial Comanegra acaba de editar "Delito de silencio: ha llegado el momento.

Es tiempo de acción", unha publicación na que o seu autor, Federico Mayor

Zaragoza, exhorta aos cidadáns a implicarse e tomar nas súas mans as rendas

do seu destino, a non permanecer máis tempo silenciosos e espectadores. E

decir: ¡BASTA!

"Chegou o momento dos pobos, das mulleres e homes do mundo enteiro que toman

nas súas mans as rendas do seu destino. Chegou omomento de non admitir o

inadmisible. De alzarse. De elevar a voz e tender a man"

Declaración de Cultura de

Paz de fácil lectura

Delito de silencio: Ha llegado el momento. Es tiempo de acción

Declaración de Cultura de Paz de Fácil Lectura

La paz como cultura “La paz como cultura: fuentes y recursos de una pedagogía para la paz”, é o primeiro

tomo dun libro sobre recursos e prácticas pedagóxicas, que está a realizar Manuel

Dios Diz, Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz. Neste libro o

autor fai unha análise das principais declaracións, informes, documentos, etc.,

relacionados coa cultura de paz .

En 2011 publicarase o tomo II co título “La pedagogía de la paz”

Memoria de Actividades de la Fundación Cultura de Paz 2010 Xa está dispoñible a Memoria de Actividades da Fundación Cultura de Paz, correspondente ao ano 2010.

Pode descargarse http://fund-culturadepaz.org/spa/03/MEMORIAS/MEMORIA_FCP_2010.pdf

Page 8: Da forza á palabra - Fund Cultura de Pazfund-culturadepaz.org/boletines/BoletinFCP-1_GALEGO.pdf · queremos vivir só como productores e consumidores sumisos ou se a vida consiste

C/ Velázquez, 14 - 3º D

28001 Madrid

Teléfono: +34 914261555

Fax: +34 914316387

Correo: [email protected]

http://www.fund-culturadepaz.org

ISSN: 2173-9307

Coordinación: Ana Barrero Tiscar

Traducción para o galego: María Corral

A Fundación para una Cultura de Paz (FCP),

constituída en 2000, ten como obxectivo fundamental

contribuír á construción e consolidación dunha cultura de

paz por medio da reflexión, a investigación, a educación e a

acción sobre o terreno, de acordo coa Declaración y Plan de

Acción sobre una Cultura de Paz, e as derivadas do “Decenio

Internacional sobre cultura de paz y no violencia para los niños

del mundo” (2001-2010)

A FCP ten a súa sede en Madrid, con dúas delegacións e un

Centro de Educación e Investigación para a Paz:

Presidente: Federico Mayor Zaragoza

-Delegación Fundación Cultura de Paz - Barcelona

Director: Manuel Manonelles i Tarragó

-Delegación Fundación Cultura de Paz - Santiago de

Compostela (Seminario Galego de Educación para a Paz)

Director: Manuel Dios Diz

-Centro de Educación e Investigación para a Paz (CEIPAZ)

Directora: Manuela Mesa Peinado

Fundación Cultura de Paz

Recursos recomendados

De la forza á palabra.

A gran transición.

Biblioteca Virtual CEIPAZ. Base de datos de acceso gratuito

a documentos, informes, declaracións sobre cultura de paz,

investigación para a paz, seguridade e gobernanza, xénero e

conflito, dereitos humanos, prevención de conflitos, etc.

Cultura de Paz e diálogo interrelixioso Páxina Web que

recolle información sobre o Encontro e a Declaración de

Montserrat sobre Relixións e Construcción da Paz celebrado en

2008, así como doutras actividades e recursos vinculados ao

diálogo interrelixioso e a construción dunha Cultura de Paz.

Educación para el Desarrollo Páxina Web do Centro de

Educación e Investigación para a Paz (CEIPAZ), especializada en

materiais sobre Educación para o Desenvolvemento.

Planeta Pau: Blogs de Paz. Portal de Blogs de Paz, realizado

pola Fundació per la Pau, onde se reúnen blogs sobre cultura de

paz, análise de conflitos, educación para a paz, desarme e non

violencia.

SIPRI’s databases. Bases de datos do Stockholm International

Peace Research Institut, de acceso gratuito, sobre relacións

internacionais e seguridade, operacións de paz, gasto militar,

industria de armas, etc.

Marta Kallmeyer