celso emilio ferreiro, s/n 15186 cerceda - a coruÑa 881 880 … · 2020. 7. 17. · memoria final...

70
Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 506 881 880 507 [email protected] http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/ Colexio plurilingüe de educación infantil e primaria Celso Emilio Ferreiro

Upload: others

Post on 30-Aug-2020

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 506 881 880 507 [email protected]

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/ Colexio plurilingüe de educación infantil e primaria Celso Emilio Ferreiro

Page 2: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

1

ESQUEMA/ÍNDICE 1 1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DA MEMORIA 2

1.1. Introdución 2 1.2. Contextualización 3

1.2.1. Postos de traballos 3 1.2.2. Cargos directivos e de coordinación 3 1.2.3. Composición e Comisións no seo do Concello Escolar 4 1.2.4. Alumnado e peculiaridades 4 1.2.5. Tipoloxía de centro 4 1.2.6. Contexto sociolingüístico 4

2. OBXECTIVOS PROPOSTOS NA PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL E GRAO DE CUMPRIMENTO 5 2.1. Obxectivos propostos 5 2.2. Grao de cumprimento dos obxectivos 6

3. INCIDENCIAS XURDIDAS AO LONGO DO CURSO 6 4. XORNADA LECTIVA 6 5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO 7 6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS 7

6.1. Equipo directivo 7 6.2. Consello Escolar 7 6.3. Claustro de profesores 8

6.3.1. Comisión de Coordinación Pedagóxica 9 6.3.2. Equipos de ciclo e equipos de nivel 9 6.3.3. Equipo complementarias e extraescolares 10 6.3.4. Equipo de Dinamización da Lingua Galega 10

6.4. Persoal de administración e servizos 10 7. MEMORIAS 10

7.1. Memoria de Educación Infantil 10 7.2. Memoria do primeiro e segundo curso de primaria 17 7.3. Memoria do terceiro e cuarto curso de primaria 23 7.4. Memoria do quinto e sexto curso de primaria 26 7.5. Memoria do equipo de dinamización da lingua galega 32 7.6. Memoria de pedagoxía terapéutica 36 7.7. Memoria do equipo de actividades complementarias e extraescolares 41 7.8. Memoria anual da comisión de convivencia 48

8. PROXECTOS 51 8.1. Proxecto de dinamización da biblioteca escolar 51 8.2. Proxecto lingüístico 53 8.3. Proxecto bilingüe (CLIL) 54 8.4. Plan TIC 54 8.5. Plan Proxecta 55 8.6. Proxecto atrévete 58

9. BIBLIOTECA ESCOLAR 62 9.1. Servizos da biblioteca e emprego dos mesmos 62 9.2. Documentos e materiais elaborados durante o curso 62 9.3. Actividades realizadas 62 9.4. Avaliación da biblioteca 63 9.5. Propostas de mellora 63

10. PLAN LECTOR 63 11. DEPORTE ESCOLAR 63 12. SIMULACRO DE AUTOPROTECCIÓN 64 13. XORNAL ESCOLAR 64 14. SANIDADE 64 15. PROGRAMAS DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL E FONDO SOLIDARIO 65 16. SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS 65

16.1. Comedor Escolar 65 16.1.1. Datos referenciais 65

16.2. Transporte Escolar 66 17. AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA E INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO DE PRIMARIA 66

17.1. Protocolo de actuacións 66 18. COLABORACIÓN DO CONCELLO DE CERCEDA 66 19. PROPOSTAS DE MELLORA PARA INCLUÍR NA PROGRAMACIÓN DO VINDEIRO CURSO 67

19.1. Educación Infantil 67 19.2. Pedagoxía Terapéutica 67 19.3. Actividades complementarias e extraescolares 67 19.4. Proxecto de dinamización da Biblioteca 68 19.5. Biblioteca Escolar 68 19.6. Plan TIC 68 19.7. Avaliación final de educación primaria e individualizada de terceiro de primaria 68

Page 3: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

2

MEMORIA CURSO 2017/2018

1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DA MEMORIA

1.1. INTRODUCIÓN

A finalidade da presente memoria é a de iniciar un proceso de reflexión que nos permita avaliar o funcionamento do centro, cada un dos programas e actividades levados a cabo e os resultados acadados ao finalizar o curso. Durante o mes de setembro elaboramos a Programación Xeral Anual, na que planificamos as actividades educativas, estruturamos os horarios, o Proxecto Educativo, a concreción curricular e as distintas Programacións. Ao rematar o curso, debemos avaliar, polo tanto, o grao de cumprimento desa Programación, recollendo as súas conclusións máis relevantes. O contido da memoria recolle a valoración de cada un dos aspectos planificados na PXA, propoñendo actividades de mellora que serán plasmados na PXA do curso académico 2018/2019, estruturándose nun proceso que servirá para mellorar, de xeito coherente, o funcionamento do noso centro. Impulsada e coordinada polos órganos de goberno e de coordinación docente, preséntase a memoria ante os órganos colexiados que informarán e/ou avaliarán os seguintes aspectos: CONSELLO ESCOLAR:

Grao de cumprimento global da Programación Xeral Anual.

O desenvolvemento das actividades complementarias e extraescolares propostas.

A eficacia na xestión dos recursos.

A evolución do rendemento escolar do alumnado así como a eficacia na xestión dos recursos, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ao claustro de profesores.

Page 4: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

3

CLAUSTRO DE PROFESORES:

O grao de cumprimento da concreción curricular e das Programacións.

O proceso de ensinanza e a evolución do rendemento escolar do centro.

Os aspectos docentes incluídos no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual.

1.2. CONTEXTUALIZACIÓN

1.2.1. POSTOS DE TRABALLO

3 de educación infantil.

5 de educación primaria.

4 especialistas: Pedagoxía Terapéutica, Inglés, E. Musical e E. Física.

1 profesora de Relixión Católica compartida co CEIP Vicente Otero Valcarcel e o CEIP de Tabeaio.

1 coidador a tempo completo.

O director (áchase en comisión de servizos).

1 orientadora compartida co noso centro de adscrición.

1 mestra de AL compartida co CPI Pecalama. 1.2.2. CARGOS DIRECTIVOS E DE COORDINACIÓN

Director.

Secretario.

Un coordinador de Educación Infantil.

Un responsable do Equipo Docente de 1º e 2º de Educación Primaria.

Un responsable do Equipo Docente de 3º e 4º de Educación Primaria.

Un responsable do Equipo Docente de 5º e 6º de Educación Primaria.

Un coordinador/a do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Un coordinador TIC.

Un xefe do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Page 5: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

4

1.2.3. COMPOSICIÓN E COMISIÓNS NO SEO DO CONSELLO ESCOLAR

8 membros (a renovación parcial tivo lugar en novembro de 2016).

Comisión Económica.

1.2.4. ALUMNADO E PECULIARIDADES

Total alumnado: 90

Peculiaridades do alumnado: o Ningún alumno estranxeiro. o En torno a un 2% de alumnado con NEE.

1.2.5. TIPOLOXÍA DE CENTRO

Situado en área rural dentro do Concello de Cerceda.

1.2.6. CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO

96%

2% 2%

Lingua que se fala na casa Alumnado Celso Emilio Ferreiro

Galego

Castelán

As dúaslinguas

96%

4% LINGUA MATERNA

Alumnado Celso Emilio Ferreiro

Galego

Castelán

Page 6: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

5

2. OBXECTIVOS PROPOSTOS NA PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL E GRAO DE CUMPRIMENTO DOS MESMOS

2.1. OBXECTIVOS PROPOSTOS Os obxectivos marcados na Programación Xeral foron os seguintes:

Impulsar o coñecemento do Inglés en Educación Infantil e en Educación Primaria.

Potenciar no alumnado o equilibrio, a autonomía persoal e o sentido da responsabilidade.

Espertar no alumno/a valores e actitudes positivas.

Responsabilizar ao alumnado no coidado do seu centro e do contorno.

Dinamizar a biblioteca e ampliar a súa versatilidade funcional.

Acercar a informática ao alumnado e aproveitar as súas vantaxes para afianzar os obxectivos e contidos das áreas de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, de coñecemento da contorna e linguaxes: comunicación e representación en Educación Infantil; así como as áreas de linguaxe, matemáticas e ciencias da natureza e ciencias sociais en Primaria.

Realizar, ao longo do curso escolar, diversas actividades relacionadas coa proba de avaliación individualizada de 3º de primaria de carácter censual, que deberán levar a cabo, por lei, os discentes de dito curso, e da avaliación final de educación primaria que terá carácter mostral.

Aplicar o Proxecto Educativo do Centro, aprobado pola dirección e avaliado polo Consello Escolar con data do 25 de setembro de 2017, e que se atopa perfectamente adaptado aos contidos e disposicións da LOMCE e á realidade do noso colexio.

Aplicar as Programacións Didácticas do Centro, nas que se deberán incluír os obxectivos, competencias básicas, contidos, liñas metodolóxicas, criterios de avaliación e programas e actuacións que recollen os currículos de Educación Infantil (Decreto 330/2009, do 4 de xuño DOG do 23/06/09) e Primaria (Decreto 105/2014, do 04 de setembro DOG de 09/09/14).

Aplicar o Proxecto Lingüístico de Centro aprobado pola dirección e avaliado polo Consello Escolar o 21 de setembro de 2015, como consecuencia da entrada en vigor do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario, así como a adenda

Page 7: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

6

anual incluída na PXA tal como se especifica no punto 4 do citado Decreto.

Aplicar o Plan Lector Anual baseado no Proxecto Lector, e que foi aprobado polo Claustro de Profesores con data 04 de setembro de 2017.

Aplicar o Plan Proxecta no que participamos dentro do epígrafe Centros Activos e saudables (Proxecto deportivo de centro).

Aplicar a concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade, seguindo as directrices do artigo 11.4 do Decreto 229/2011. Dito Plan Xeral foi aprobado pola dirección do centro e avaliado polo Consello Escolar na reunión do 25 de setembro de 2017.

Aplicar e o Plan TIC aprobado polo Claustro de Profesores con data do 04 de setembro de 2017.

Continuar coas seccións bilingües na materia de plástica que involucrou neste curso académico ao alumnado comprendido entre segundo e sexto de educación primaria, así como a plástica plurilingüe que involucrou ao alumnado de primeiro de primaria.

2.2. GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS

O Consello Escolar do CEIP Celso Emilio Ferreiro, en reunión celebrada o día 27 de xuño de 2018, e o Claustro de mestres, en reunión mantida na mesma data, así como o equipo directivo, consideran que os obxectivos xerais propostos na PXA acadáronse dun xeito amplo, facendo unha valoración positiva de todas as actuacións emprendidas ao longo do curso para a súa consecución. Nos diferentes apartados da Memoria queda constancia do grao de cumprimento destes obxectivos en cada un dos ámbitos que configuran o funcionamento do centro.

3. INCIDENCIAS XURDIDAS AO LONGO DO CURSO Durante o presente curso escolar non tivemos incidencia significativas dignas de mención no presente documento.

4. XORNADA LECTIVA

Page 8: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

7

Os beneficios acadados con este tipo de xornada son moi significativos e, por suposto, cualitativa e cuantitativamente mellores que os acadados coa xornada partida.

5. MOVILIDADE FUNCIONAL DO PROFESORADO O catálogo de postos de traballo estivo cuberto por 11 mestres/as con destino definitivo, 2 mestres con destino provisional, un deles compartido co CPI Pecalama, 1 mestre de relixión católica e o director que continúa no centro en comisión de servizos ata a finalización do seu mandato.

6. EFICACIA DA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

6.1. EQUIPO DIRECTIVO Durante o curso os membros do Equipo Directivo mantiveron as súas habituais reunións de coordinación, os luns de modo ordinario, e todas as que foron necesarias con carácter extraordinario. A labor do equipo foi valorada de forma positiva por todos os compoñentes da Comunidade Educativa.

6.2. CONSELLO ESCOLAR

Realizáronse un total de:

5 Consellos Escolares Ordinarios.

3 Consellos Escolares Extraordinarios.

3 Xuntanzas da Comisión Económica.

Os temas máis importantes tratados tiveron relación cos seguintes puntos:

Avaliar a Programación Xeral Anual e Memoria.

Modificacións dalgunhas actividades extraescolares.

Obras e melloras do centro e aproveitamento de recursos.

Organización das distintas actividades extraescolares.

Estado de contas de gastos de funcionamento e comedor escolar.

Page 9: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

8

Necesidades do centro.

Avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da LOMCE.

Aprobación de menús.

Informar sobre a admisión de alumnos.

Reunións trimestrais da Comisión de Convivencia.

Informar sobre o alumnado que vai facer uso do servizo complementario de comedor escolar.

Actividades relacionadas coa ANPA.

Estas reunións desenvolvéronse cun grao de acordo absoluto nas decicións adoptadas, constatándose un alto grao de participación e satisfacción de todos os seus compoñentes pola marcha xeral do centro. No seo do Consello Escolar funcionou unha comisión:

Comisión Económica.

6.3. CLAUSTRO DE PROFESORES/AS Reuniuse para debatir e decidir sobre os temas que posteriormente se abordaron no Consello Escolar, ademais de estudar os temas que forman parte das súas funcións. No presente curso tiveron lugar:

5 Claustros de carácter ordinario.

2 Claustros Extraordinarios.

Todas as reunións desenvolvéronse nun ambiente de colaboración entre os distintos compoñentes do mesmo. O profesorado traballou integrado nos Órganos de Coordinación Docente: Comisión de Coordinación Pedagóxica e Equipos Docentes. Ademais os titores e titoras desenvolveron o seu traballo en estreita colaboración coa mestra de Pedagoxía Terapéutica a mestra de AL compartida co CPI Pecalama e a orientadora compartida co CPI do Cruce.

Page 10: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

9

6.3.1. COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

Dinamizadora de toda a actividade do centro, desenvolvíu as funcións que lle outorga as Normas de Organización e Funcionamento. As súas actuacións quedan reflectidas nas actas das sesións levadas a cabo todos os terceiros luns de mes, das que destacamos:

A organización do traballo para elaborar o Plan de Acción Titorial.

O seguimento do apoio ao alumnado con dificultades de aprendizaxe.

A supervisión dos criterios para realizar as adaptacións curriculares ao alumnado con necesidades educativas especiais.

Propostas para a elaboración da PXA, a evolución das aprendizaxes e o proceso de ensinanza.

O seguimento e a valoración das actividades previstas na PXA.

O estudo das propostas da Comisión de Actividades Complementarias e Extraescolares para ser trasladadas posteriormente aos Equipos Docentes.

O grao de satisfacción manifestado polos membros da C.C.P. o calificamos de alto, realizándose todas as reunións programadas, con puntual asistencia de todos os seus membros.

Os acordos acadados foron transmitidos aos distintos cursos a través dos/as coordinadores/as e as tarefas encomendadas foron realizadas segundo o previsto. 6.3.2. EQUIPOS DE CICLO E EQUIPOS DE NIVEL

Gozan de ampla participación e o seu funcionamiento valorámolo, ao longo du curso, como moi satistactorio. As reunións periódicas realizáronse os primeiros luns de mes, de xeito habitual, celebrando ademais todas as necesarias de modo extraordinario. Nelas tratáronse temas pedagóxicos e organizativos que afectaron aos distintos cursos ou a todo o colexio, sendo os principais os seguintes:

Distribución dos recursos humanos para realizar os apoios ao alumnado con problemas de aprendizaxe, propostas realizadas pola Comisión de Actividades Extraescolares, actividades propostas polo Equipo responsable da biblioteca, decisións sobre agrupamentos,

Page 11: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

10

elaboración do Plan de Acción Titorial, reflexións para a Memoria e propostas de mellora, etc.

Queda constancia dos acordos tomados nas actas cumprimentadas polos coordinadores dos correspondentes ciclos e Equipos Docentes. Estes foron os encargados, así mesmo, de facer o seguimento do grao de cumprimento dos diferentes acordos.

6.3.3. EQUIPO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

As reunións tiveron carácter mensual, sen data concreta, para tratar asuntos referentes ás actividades a levar a cabo, tal como se describen na memoria específica.

6.3.4. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA As reunións periódicas realizáronse os segundos luns de mes, de xeito habitual, celebrando ademais todas as necesarias de modo extraordinario. Todos os membros do equipo participaron activamente na organización e desenvolvemento das festas institucionalizadas, así como en distintas exposicións temáticas e na confección do xornal escolar. Na memoria descritiva e gráfica desglósanse as actividades levadas a cabo, así como a avaliación das mesmas.

6.4. PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS Todo o persoal: conserxe e limpiadoras, están plenamente integrados no centro destacando polas súas iniciativas, polo seu compromiso no bo funcionamento escolar e pola calidade do seu traballo.

7. MEMORIAS

7.1. MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Page 12: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

11

No presente curso 2017/2018 estiveron escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil un total de 38 alumnos/as distribuídos en tres unidades, do seguinte xeito:

Aula de E.I. 1: 17 alumnos (5º nivel).

Aula de E.I. 2: 10 alumnos (6º nivel).

Aula de E.I. 3: 11 alumnos (4º nivel). PERÍODO DE ADAPTACIÓN A comezos do curso programouse o período de adaptación para o alumnado de 3 anos que se incorporaba por primeira vez ao centro, convocándose antes de empezar as clases unha reunión coas familias para explicar dito proceso e dar as pautas de actuación. A titora do alumnado de 3 anos valorou o transcurso do período de adaptación como doado e positivo. MESTRES ESPECIALISTAS Ademais das respectivas titoras, o alumnado de E.I. contou durante todo o curso coa presenza dos mestres especialistas, impartindo as súas clases do seguinte xeito:

Unha sesión semanal de Psicomotricidade.

Unha sesión semanal de Relixión Católica.

Sesións de inglés: en 4º de EI dúas sesións 30 minutos de duración (repartidas en días alternos: martes e xoves); e en 5º e 6º de EI tres sesións 30 minutos de duración (repartidas en días alternos: luns, mércores e venres).

Unha sesión semanal de informática.

Cabe destacar que as mestras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe realizaron apoios nas aulas. OBXECTIVOS

En liñas xerais (agás casos puntuais) considéranse acadados os obxectivos propostos a principio de curso para cada un dos niveis e por suposto, tamén os de final de ciclo.

Page 13: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

12

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E SAÍDAS Cómpre destacar as seguintes:

1º trimestre:

Espectáculo “Funkegraffiti”: os nenos e nenas poideron disfrutar deste espectáculo no que se combinou a música co pintado con graffiti dunha parede do patio.

Festa do outono: o alumnado de E.I. participou nas actividades organizadas polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares para celebrar esta festa na que celebramos o halloween e o magosto conxuntamente: elaboramos unha manualidade dunha castaña, participamos en xogos colectivos, e degustamos castañas e chocolate quente. O día anterior as familias voluntariamente colaboraron na decoración do centro traendo cabazas terroríficas.

Lecturas apadriñadas: os nenos e nenas maiores léronlles contos aos nenos e nenas máis pequenos (fixéronse tres sesións de lecturas apadriñadas: unha en cada trimestre). No 1º trimestre coincidiron co día das bibliotecas escolares.

Contacontos “Quen dixo medo”: sesión organizada pola Deputación da Coruña para sensibilizar contra a violencia de xénero, levada a cabo coa aula de 6º de educación infantil

Celebración do Nadal: os rapaces/as participaron nun concurso de postais (a nivel de centro), colaboraron na elaboración dunha árbore de nadal, recibiron a visita de Papá Noel; e actuaron no festival do colexio cantando e escenificando as seguintes cancións: 3 anos: Muñeco de nieve 4 anos: Rodolfo el reno 5 anos: Navidad Rock

2º trimestre

Día da Paz: a nivel de aula cada nen@ pintou as plumas dunha pomba da paz coas cores de Joan Miró. A nivel de centro, o noso ciclo preparou unha pequena coreografía para formar parte do vídeo “Con otros” de Manu Escudero. Cada neno tamén decorou unha gotiña de auga para formar parte do mural colectivo titulado “Cada pinga conta”.

Page 14: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

13

“Alimentos pola paz”: con esta iniciativa, toda a comunidade educativa fixemos aportacións tanto de alimentos non perecedoiros como de artigos de aseo, para donarlle a Cáritas de Ordes.

Semana do Entroido: cada día tiñamos que cumprir unha consigna (vir con zapatos diferentes, traer a cara pintada, vir coa cabeza engalanada e disfrace libre). O xoves fíxose unha degustación de productos típicos. O venres 9 de febreiro celebramos o festival do entroido: este ano xirou arredor das belas artes, polo que os nen@s de infantil se disfrazaron de pintores e pintoras; e cantaron e bailaron no festival “Los pintores" de La Pandilla de Drilo.

2ª sesión das lecturas apadriñadas: para conmemorar o día da amizade continuamos coas lecturas apadriñadas, na que os nenos e nenas maiores lles leron un conto as máis pequenos.

3º trimestre

Saída á Coruña: pola mañá visitamos a Casa das Ciencias, o Planetario e a Domus. Despois de comer os pequenos e pequenas estiveron xogando no parque da Mariña.

Día do Libro: cada alumno do centro escribiu unhas liñas para que quen queira as poda ler, nun mural titulado “Groliños de lectura”. Fíxose entrega por parte do concello dun conto para cada nen@. E celebrouse a 3ª sesión das lecturas apadriñadas.

Festival das Letras Galegas: participamos coas seguintes actuacións: 3 anos: Dime que fixeches e onde andiveches 4 anos: Bailando baixo a choiva 5 anos: Os piratas da Silva

Participación no xornal escolar.

Saída de fin de curso ao Ecoparque de Marín.

Saída ao Aquapark de Cerceda.

Festa de fin de curso: o último día de clase, os nenos e nenas do ciclo tiveron unha festa conxunta co resto do alumnado do centro.

Saída aos parques próximos: as aulas de educación infantil, fixeron saídas ao parque situado detrás do colexio.

OUTRAS ACTIVIDADES DE INTERESE

Page 15: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

14

Cómpre nomear as seguintes:

Préstamo de libros da biblioteca do colexio.

Préstamo da "mochila viaxeira"(cada neno, levou para casa a mochila, con varios libros, durante 2 semanas aproximadamente).

Participación en actividades relacionadas co Proxecto de biblioteca que este ano xirou arredor de Buluchi e as belas artes (educación infantil centrouse na pintura, sobre todo en Miró): ambientación das portas das aulas, lectura de contos, disfraces, participación en murais, elaboración do libro viaxeiro coas familias,…

Globalmente pódense valorar as saídas e demais actividades como positivas; aínda que acordamos analizar moi ben os tempos e as actividades a facer, pois ás veces non están axeitadas ás características do noso alumnado.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

A intervención educativa do profesorado en E.I. contemplou como principio básico a diversidade do alumnado. Tendo en conta que todos os nenos/as teñen necesidades, intereses, ritmos, estilos cognitivos, motivacións e experiencias propias que mediatizan o seu proceso de aprendizaxe, levouse a cabo unha atención pedagóxica individualizada. Respecto ás necesidades do alumnado existentes, compre salientar os seguintes casos, atendidos conxuntamente polas titoras e polas mestras especialistas: A mestra de PT

Cinco sesións semanais a un neno do 5º nivel.

Cinco sesións semanais a un neno do 6º nivel.

A mestra de AL

Realizou o apoio destes nen@s, fóra da aula ordinaria :

Aula 3 anos: unha media sesión semanal a un neno

Page 16: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

15

Aula 4 anos: dúas medias sesións a un neno. Unha media sesión a 4 nenos. Ata o segundo trimestre tamén apoiou a unha nena, a cal recibiu a alta e agora está apoiando a outro neno

Aula 5 anos: dúas medias sesións semanais a un neno; e media sesión semanal a un neno e dúas nenas

Mantivéronse relacións coas familias destes alumnos de cara a favorecer a súa evolución e poder reforzar os esforzos que se realizan tanto na escola como nas familias reciprocamente, así como co Servizo de Atención Temperá de Ordes. RELACIÓN COAS FAMILIAS A relación coas familias ao longo do presente curso levouse a cabo mediante reunións grupais, contacto informal diario, entrevistas individuais (titorías), boletíns informativos trimestrais e circulares informativas. Algunhas familias tamén colaboraron activamente na clase organizando talleres nas aulas: jumping-clay, música, apicultura, saída á panadaría,… As mestras de E.I. valoramos positivamente a comunicación e coordinación que se estableceu coas familias, xa que amosaron boa disposición á hora de colaborar en todo o que se lles pediu. AVALIACIÓN No que respecta á avaliación, tomouse como referencia o establecido na Orde do 25 de xuño do 2009. Ao principio de curso as titoras de Educación Infantil realizamos unha avaliación inicial do alumnado, así como ao comezo de cada proxecto, para recoller as ideas previas dos nenos e nenas. Baseándonos nisto organizamos a nosa tarefa educativa, valorando a consecución dos obxectivos ao rematar cada proxecto. Ao finalizar cada trimestre, informamos por escrito ás familias acerca do progreso dos seus fillos mediante os boletíns trimestrais establecidos no XADE.

Page 17: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

16

Cada trimestre fixemos a correspondente sesión de avaliación cos especialistas que imparten docencia neste ciclo, para comentar as dificultades, avances, colaboracións etc. para conseguir o desenvolvemento integral do alumnado. A finais de curso, avaliamos o desenvolvemento do alumnado e as aprendizaxes adquiridas segundo os obxectivos establecidos, e cubrimos os documentos de avaliación reflectidos na orde anteriormente citada. Polo tanto, fíxose unha avaliación inicial, trimestral e final. Ademais da avaliación do alumnado, fixémolo tamén do proceso de ensino-aprendizaxe, permitíndonos adoptar as modificacións oportunas en función dos resultados, das dificultades e necesidades atopadas. REUNIÓNS DE CICLO As mestras de Educación Infantil reunímonos todos os primeiros luns de cada mes, e a nivel máis informal sempre que foi necesario tratar algún tema concreto (aproveitando a sesión conxunta que temos os venres). MELLORAS A CONSEGUIR As titoras propoñemos as seguintes melloras para o vindeiro curso:

Educación musical para o alumnado de E.I.

Continuar coa mestra especialista en A.L. para atender as necesidades existentes relacionadas coa articulación.

Continuar co apoio da mestra especialista de P.T. (debido ás necesidades do neno con síndrome de down, e ás previsións do novo alumnado de 3 anos)

Continuar co coidador, debido á falta de autonomía do neno con síndrome de down

Se é posible nos horarios, contar cos apoios de PT e AL ás segundas ou ás cuartas horas da mañá

Se o funcionamento xeral do centro o permite, ter as especialidades ás últimas horas da xornada (informática, relixión, psicomotricidade, e música)

Page 18: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

17

De cara a favorecer a coordinación do ciclo, manter unha sesión semanal na que coincidamos as titoras de infantil.

Se é posible, contar as tres titoras co mesmo número de horas sen carga lectiva.

Adquirir un termómetro dixital para o botiquín do centro

Sacar a pizarra dixital da aula nº 1 e mover o canon para que se poda aproveitar para facer proxeccións na pizarra branca normal.

Manter as 3 unidades do ciclo.

Melloras nas aulas de E.I (limpeza).

Recuperar o presuposto das aulas de 200 € para cada unidade.

Pintado do teito das aulas unha vez cambiada a cuberta.

A titora da aula de EI 3 anos A titora da aula de EI 4 anos A titora da aula EI 5 anos

Asdo: Noelia Pallas Calviño Asdo: Ana Mª Vázquez Fraga Asdo: Monserrat Marín Villaverde

7.2. MEMORIA DO PRIMEIRO E SEGUNDO CURSOS DE PRIMARIA

AVALIACIÓN DOS ALUMNOS No presente curso matriculáronse 5 alumnos/as no primeiro curso de primaria e 16 alumnos/as no segundo curso. Estes grupos son, en xeral,heteroxéneos en canto a capacidades, comportamento e rendemento académico, precisando algúns nenos apoio e reforzo educativo na aula por parte do titor e incluso,nalgún caso,doutro profesor do centro e das especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica. Un neno ten tamén unha Adapación Curricular. Tódolos nenos/as acadaron en xeral os obxectivos propostos para o curso, a excepción dun alumno de 2º que pasa ao curso seguinte coas áreas de Lingua Galega e Castelá suspensas, e doutro alumno de 2º que promociona a 3º coa área de Matemáticas suspensa e con Adaptación Curricular. Algún alumno seguirá precisando no curso que ven de apoio da mestra de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe, que establecerá unhas orientacións pedagóxicas de cara á intervención educativa cos nenos.

Page 19: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

18

AVALIACIÓN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS POLO EQUIPO DOCENTE

Tal e como se recolle na Programación Xeral Anual, os mestres deste nivel reuníronse os primeiros luns de cada mes ás 15,00 da tarde, se ben houbo que modificar algunhas datas por coincidir en festivo. Ademais das reunións establecidas, o profesorado implicado nestes cursos mantívose coordinado noutros momentos para comentar tanto aspectos derivados directamente da práctica diaria (avaliación das aprendizaxes, comportamento e rendemento escolar dos alumnos e alumnas...) como outros dirixidos á mellora da mesma (cambio de estratexias didáctico- pedagóxicas, proba doutras metodoloxías...) etc. Asi mesmo houbo que modificar temporalmente algunhas actividades programadas por incorporarse á programación curricular outras propostas(concursos, saídas...) que consideramos interesantes levar a cabo co alumnado póla súa potencialidade educativa. A nivel xeral podemos concluir que os obxectivos referidos aos cursos que nos ocupan e recollidos na PXA aprobada a comenzos de curso foron acadados satisfactoriamente. REUNIÓNS DE PAIS A primeira reunión cos pais do alumnado de 1º curso tivo lugar o 2 de outubro, e a de 2º curso de primaria tivo lugar 11 de setembro. Na mesma reunión tratáronse diferentes aspectos xerais de organización e funcionamento da aula: obxectivos xerais de nivel (obxectivos mínimos e criterios de promoción), calendario lectivo, conmemoracións e celebracións, metodoloxía de traballo, pautas educativo-pedagóxicas, etc Asimesmo, todos os luns de 16:00 a 17:00 horas, tal e como quedou establecido na Programación Xeral Anual,as titoras reuníronse de forma individual cos pais e nais dos alumnos/as, se ben nalgunhas ocasións e por incompatibilidade horaria do traballo dalgún pai-nai houbo que trasladar a reunión a outro momento. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIASE EXTRAESCOLARES

Page 20: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

19

COMPLEMENTARIAS: O primeiro e segundo cursos participaron en todas as actividades complementarias realizadas no centro con motivo das seguintes celebracións: Día da Biblioteca Escolar Celebrouse o 24 de outubro, día no que tiveron lugar as primeiras lecturas apadriñadas. Festa de Outono Celebráronse conxuntamente o Halloween e o Magosto o día 3 de novembro. Todos os nenos participaron en distintos xogos nos que a castaña foi a protagonista. Ao finalizar os mesmos houbo unha degustación de castañas e chocolate, e asistiron a un partido de fútbol entre os alumnos de 6º e os mestres. Os alumnos que así o quixeron viñeron disfrazados de Halloween. Para decorar o colexio cada aula confeccionou adornos con produtos de outono. Festival de Nadal Participamos na decoración do colexio con bolas de Nadal decoradas na casa. O día 20 de decembro visitounos Papá Noel e entregou caramelos e agasaios aos nenos. O 21 de decembro celebramos o festival de Nadal. Día da Paz O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz colaborando nun mural que se fixo entre todos os nenos do colexio, co lema “Cada pinga conta”. Participamos na elaboración dun vídeo consunto que tivo como canción de fondo “Con otros” de Manu Escudero. Ademais todo o alumnado participou nos xogos cooperativos organizados polo equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Page 21: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

20

Entroido Dende o 5 ao 9 de febreiro e a petición do Meco, os nenos trouxeron cada día unha prenda de roupa indicada por este personaxe. Coma todos os anos e coa colaboración das familias realizamos unha degustación de postres típicos do entroido (filloas, orellas, flores, rosquillas...) o dia 8 de febreiro. Este ano, o venres 9 de febreiro, todo o alumnado veu disfrazado partindo da temática da biblioteca do centro “As Belas Artes ”. Así os alumnos de 1º viñeron disfrazados coa temática de “ Escultura”, e os de 2º de “ Danza”. Ademáis fixeron unha pequena presentación da arte correspondente no festival. Día do Libro O 23 de abril celebramos o día do libro. Asistimos a unha sesión das lecturas apadriñadas. Decoramos o colexio nunha actividade conxunta entre os alumnos de tódolos cursos Dita actividade consistiu en que cada neno escribiu un anaco de conto, adiviña, dato curioso, poesía…Despois montaremos un mural co lema “Groliños de lectura”, no que cada alumno meterá nun vaso o anaquiño de lectura que escribiu, para que os demais compañeiros do colexio o poidan ler. Recibimos un libro de agasallo por parte do Concello. O 24 e o 26 de abril asistimos a unha sesión de contacontos na biblioteca da man de dous mestres e un alumno do colexio. Día das letras Galegas O festival celebrouse o 16 de maio con diversas actuacións preparadas polos nenos coa axuda dos profesores. Os nenos de 1º curso representaron o conto “Corre corre cabaciña”, e os alumnos de 2º curso representaron a obra “ O mundo ao revés”.

Page 22: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

21

Na semana anterior ao festival traballouse na aula a vida e obra de María Victoria Moreno.

SAÍDAS LÚDICO-DIDÁCTICAS Excursións didácticas O alumado de primeiro e segundo fixeron as seguintes saídas:

6 de novembro: Fixemos un tramo do Camiño de Santiago. Posteriormente visitamos a Catedral.

5 de abril: Asistimos na Coruña ao Planetario e Casa das Ciencias, á Domus e ao Castelo de San Antón.

Excursión de fin de curso a “Ecoparque de Marín” O día 11 de xuño tivo lugar a excursión conxunta de todo o colexio ao Ecoparque de Marín. Excursión Aquapark de Cerceda O día 19 de xuño asistimos ó aquapark de Cerceda. O alumnado, acompañado polos seus respectivos titores, disfrutaron dunha mañá de diversión.

CONCURSOS E ACTIVIDADES DIDÁCTICAS

Pintado do muro exterior Ao longo do mes de setembro, os alumnos e os seus titores participaron no pintado do muro exterior.

Decoración das portas das aulas e colexio

A comezo de curso e por iniciativa do equipo de dinamización da biblioteca decoramos as portas das nosas aulas coa temática de “As Belas Artes”. Deste xeito a clase de 1º decorou a súa porta facendo referencia a “ Escultura” ; os de 2º curso farían o mesmo facendo referencia a “ Danza”.

Page 23: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

22

Funkegraffiti

O 13 de outubro asistiremos no patio do colexio a unha actividade de graffiti e música de mans de Álvaro Muras.

Deseña unha xoia

Os alumnos de 2º curso participaron no concurso deseña unha xoia.

Nadal

O alumnado participou na elaboración de postais con motivos navideños por iniciativa do propio centro.

Coa axuda das súas familias, participaron na decoración do colexio elaborando unha bola como adorno para o cole.

Lecturas apadriñadas

O 24 de outubro, o 15 de febreiro e o 23 de abril, os alumnos participaron nesta actividade organizada polo Equipo de Biblioteca, na que varios alumnos máis maiores lle len un conto a cada un dos nenos de primeiro e segundo.

Día da amizade

O 15 de febreiro participamos na celebración do día da amizade, cunha sesión de lecturas apadriñadas.

Concerto

O 20 de xuño asistimos a un concerto de “Gramola Gominola” no colexio Pecalama de Tordoia. Posteriormente participamos nun xantar invitados polo colexio.

Xoves Olímpicos

Os alumnos participaron nos recreos en distintos xogos coa denominación “Xoves Olímpicos”, enmarcados dentro do Plan Proxecta. Esta é unha proposta para favorecer a integración e colaboración entre tódolos alumnos do colexio e animar á práctica do deporte.

Xadrez

Algúns alumnos de 2º curso participaron na Liga de Xadrez que se desenvolveu nos recreos dos martes e mércores do primeiro e segundo

Page 24: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

23

trimestres. Esta actividade está enfocada tamén a favorecer a coeducación e a ocupación do tempo libre de forma activa.

Mochila viaxeira

Ao longo do curso os alumnos levaron para as súas casas unha mochila con diverso material da biblioteca, para compartir coas súas familias.

Todas estas actividades transcorreron sen incidentes salientables, sendo os resultados altamente satisfactorios, tanto no ámbito educativo-didáctico como no convivencial.

MATERIAIS DE AULA Xunto cos libros de texto e os cadernos de traballo dos/das alumnos/as utilizáronse de xeito complementario diferentes fichas de traballo como material de reforzo e ampliación dos coñecementos a aprender. Ademais empregouse tamén distinto material educativo-didáctico para axudar ao aprendizaxe das matemáticas, mellorar e afianzar a lecto escritura, desenvolver o coñecemento do medio… e en definitiva traballar as distintas competencias básicas. A titora de 1º A titora de 2ª Asdo: Patricia González Fernández Asdo: Lucía Doval Sánchez

7.3. MEMORIA DO TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA AVALACIÓN DOS ALUMNOS

O 3º curso constou de seis alumnos/as. Os seis alumnos/as promocionan a 4º de primaria.

Nos días 23 e 24 de maio tivo lugar a Proba de Avaliación Individualizada de Terceiro de Educación Primaria, asistindo dous alumnos á proba.

O 4º curso constou de oito alumnos/as. Os oito alumnos/as promocionan ao 5º de primaria.

Page 25: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

24

Neste grupo recibiu apoio un neno nas áreas de matemáticas e linguas. En total tres horas semanais. Ao finalizar cada unha das avaliacións, o equipo docente tomou como referencia os criterios de avaliación propostos ao principio de curso e que son os seguintes:

Actividades e tarefas na aula e na casa.

Notas dos controis.

Interese e motivación.

Esforzo e participación.

Comportamento Ao remate de cada avaliación, reuniuse o equipo docente coa finalidade de valorar a evolución do alumnado en relación á consecución dos obxectivos propostos e de cara á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe (introdución de novos recursos e estratexias pedagóxicas, cambios na metodoloxía didáctica…) AVALACIÓN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS POLO EQUIPO DOCENTE

O equipo docente, tal como quedou reflectido na Programación Xeral Anual, reuniuse os primeiros luns de cada mes e, alén diso, sempre que tivemos que tratar algún tema específico ou programar algunha actividade complementaria adicional. Os obxectivos propostos para o curso acadáronse a nivel global, realizándose as adaptacións temporais oportunas tendo en conta as dificultades atopadas. REUNIÓN DE PAIS

Durante o presente curso académico levouse a cabo unha xuntanza inicial na que as familias recibiron cumprida información sobre as diversas actividades a levarse a cabo: lectivas, complementarias e extraescolares programadas, que se ampliaron cando se considerou necesario.

Page 26: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

25

Os luns lectivos estiveron designados como día de titoría acudindo, ao longo do curso, os pais e/ou nais que o consideraron preciso, ben a petición propia, ou por telo solicitado ó/á respectivo/a titor/a. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Participamos en todas as actividades institucionalizadas: Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro, Días das Letras Galegas... As actividades complementarias e extraescolares levadas a cabo foron as seguintes:

6-10-2017 Espectáculo de música e pintura “Funkegrafitti”

24-10-2017 Día da Biblioteca Escolar “Lecturas apadriñadas”

03-11-2017 Festa do Outono: magosto, halloween

6-11-2017 Camiño de Santiago San Lázaro-Catedral

10-11-2017 Obradoiro “Ciencia sonora”

21-12-2017 Festival de Nadal

30-01-2018 Día da Paz e da Non Violencia. Elaboracion de un videoclip y mural colectivo

9-02-2018 Festival de Entroido

15-02-2018 Lecturas apadriñadas e “Día da Amizade”

5-04-2018 Visita A Coruña: “Casa das Ciencias”, “Domus” e “Castelo de San Antón”

23-04-2018 Lecturas apadriñadas e “Día do Libro”

7-05-2018 Visita Auditorio de Cerceda para ver a obra de teatro “Leonardo e os fontaneiros” da homenaxeada no Día das Letras Galegas

17-05-2017 Festival Letras Galegas

4/7-06-2018 Excursión Fin de curso a Asturias y Cantabria (4º de Primaria)

11-06-2017 Excursión ao “Ecopark Aventura de Marín”

19-06-2018 Excursión ao Aquapark de Cerceda

20-06-2018 Concerto de “A Gramola Gominola” no CPI de Pecalama

Page 27: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

26

21-06-2018 Festa de fin de curso

Participamos, asimesmo, nas seguintes actividades e concursos:

Postais de Nadal (organizado polo centro).

Decoración das portas das aulas referentes ao proxecto da biblioteca.

Contacontos (organizado polo centro).

Mochilas viaxeiras.

Elaboración do Xornal do centro. Totas estas actividades transcorreron sen incidentes salientables, sendo os resultados altamente satisfactorios, tanto no ámbito educativo-didáctico como no convivencial. MATERIAIS DE AULA Mercáronse libros e material funxible. O titor de 3º O titor de 4ª

Asdo: Agustín Sánchez Iglesias Asdo: Francisco Varela Domínguez

7.4. MEMORIA DE QUINTO E SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA AVALACIÓN DOS ALUMNOS O 5º curso constou de NOVE alumnos/as. Os nove promocionan a 6º curso xa que acadaron a maioría dos obxectivos programados nas diferentes áreas e o nivel de desenvolvemento axeitado das competencias clave. Un alumno promociona cunha materia suspensa (Lingua Castelá), a pesar de contar con reforzo por parte da mestra de Audición e Linguaxe. Foi preciso reforzo educativo coas mestras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe para dous alumnos deste curso. O 6º curso constou de OITO alumnos/as. Os oito promocionan a 1º de ESO xa que acadaron a maioría dos obxectivos programados nas diferentes áreas e o nivel de desenvolvemento axeitado das competencias clave. Unha alumna promociona con dúas materias suspensas (Matemáticas e Ciencias da

Page 28: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

27

Natureza), a pesar de contar con reforzo por parte da súa titora nas sesións de Matemáticas. Por outra banda, despois de terse solicitada á xefa do Departamento de Orientación unha actualización da avaliación psicopedagóxica levada a cabo no 2012 a un alumno de 6º que presentaba “dislexia evolutiva”, e unha vez realizadas todas as probas de lectura, escritura e memoria de traballo ou operativa, o informe de avaliación psicopedagóxica realizado no primeiro trimestre do curso concluíu que non había evidencias de que este alumno tivese na actualidade problemas de dislexia. Ao finalizar cada unha das avaliacións, o equipo docente tomou como referencia os criterios de avaliación propostos ao principio de curso e que son os seguintes:

Calificacións nas distintas probas. Calidade dos traballos. Claridade na presentación das tarefas. Participación na aula. Cumprimento de normas.

Ao rematar o primeiro e segundo trimestres, realizouse unha análise dos resultados seguindo un guión referente a: a) As aprendizaxes alcanzadas polo alumnado e aos procedementos de avaliación b) O grao de desenvolvemento das programacións docentes, adecuación ao alumnado de cada unha das súas partes e eficiencia das medidas curriculares e organizativas. c) Medidas de atención á diversidade aplicadas. d) Clima de traballo na aula. e) Coordinación do equipo docente e relación co resto da comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias. Na terceira avaliación, ademais de todo isto, fixemos unha valoración dos resultados tendo en conta a consecución dos obxectivos propostos, o grao de desenvolvemento das competencias clave e a adecuación dos cambios oportunos a introducir na programación.

Page 29: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

28

De cara a unha necesaria toma de contacto cos profesores do CPI ao que estamos adscritos, a titora de 6º e o Director manterán en setembro unha reunión coa orientadora do centro coa finalidade de informar detalladamente sobre a marcha de cada alumno que vai comezar no vindeiro curso 1º de ESO. Seis dos oito alumnos que rematan a etapa irán ao CPI O Cruce (Cerceda) e dúas alumnas irán ao CPI Pecalama (Tordoia). AVALIACIÓN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS POLO EQUIPO DOCENTE

O equipo docente, tal como quedou reflectido na Programación Xeral Anual, reuniuse os primeiros luns de mes e, alén diso, sempre que tivemos que tratar algún tema específico ou programar algunha actividade complementaria adicional. Os obxectivos propostos para o curso acadáronse a nivel global, ao igual que o nivel de desenvolvemento das competencias clave, realizándose as adaptacións temporais oportunas con respecto as dificultades atopadas. REUNIÓN DE PAIS

Durante o presente ano académico levouse a cabo unha xuntanza inicial na que as familias recibiron cumprida información sobre as diversas actividades lectivas, complementarias e extraescolares programadas. Os luns lectivos estiveron designados como día de titoría acudindo, ao longo do curso, os pais e/ou nais que o consideraron preciso, ben a petición propia ou por telo solicitado o/a respectivo/a titor/a. O proceso de acollida do novo alumnado no CPI O Cruce tivo dúas fases nas que os pais puideron estar presentes: a) O 30 de maio: a orientadora, Gema Isabel Castro Pico, visitou o CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro e reuniuse coa titora de 6º, cos alumnos e cos pais para informarlles sobre a nova etapa educativa. b) O 19 de xuño: o alumnado de 6º, acompañado pola súa titora e polo director, foron recibidos no CPI Plurilingüe O Cruce por María Pazos, a Xefa de Estudos de Primaria, que nos presentou aos futuros compañeiros de 1º da ESO, nos ensinou as distintas dependencias do centro e o funcionamento do mesmo.

Page 30: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

29

Do mesmo xeito, dende a Dirección do noso colexio orientouse e resolveuse calquera dúbida ás familias dos outros alumnos que cursarán os seus estudos noutros centros. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Participamos en todas as actividades institucionalizadas: Magosto, Día da non Violencia de Xénero, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro, Semana da prensa, Día da Muller Traballadora, Días das Letras Galegas... As actividades complementarias e extraescolares nas que participaron os nenos e nenas de 5º e 6º, foron as seguintes:

DATA ACTIVIDADE

21/09/17 BOOKTRAILERS AND VIDEOSTORYTELLING: HOW TO TEACH AND LEARN READING APPRECIATION (CPI DE CERCEDA)

13/10/17 FUNKERGRAFFITI (ÁLVARO MURAS)

24/10/17 DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR (LECTURAS APADRIÑADAS)

31/10/17 HALLOWEEN CONTEST (CONCURSO DE DEBUXOS REALACIONADOS CO SAMAÍN)

03/11/17 CELEBRACIÓN DA FESTA DO OUTONO (SAMAÍN E MAGOSTO)

06/11/17 SAÍDA: CAMIÑO DE SANTIAGO E CATEDRAL

10/11/17 OBRADOIRO DE CIENCIA SONORA (MATEO MENA)

20/12/17 VISITA DE PAPÁ NOEL

21/12/17 FESTIVAL DE NADAL

22/01/18 PLAN DIRECTOR: “NOVAS TECNOLOXÍAS”

23/01/18 VISITA Á LIBRARÍA “COORDENADAS” E Á FARMACIA “PILAR LEMA” (PROGRAMA “ATRÉVETE 2017/2018”)

29/01/18 PLAN DIRECTOR: “ACOSO ESCOLAR”

30/01/17 DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Page 31: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

30

08/02/18 DEGUSTACIÓN DE SOBREMESAS TÍPICAS DE ENTROIDO

09/02/18 FESTIVAL DE DISFRACES DE ENTROIDO

15/02/18 DÍA DA AMIZADE E LECTURAS APADRIÑADAS

02/03/18 VISITA AO CIFP DE SOMESO (PROGRAMA “ATRÉVETE 2017/2018”)

05/04/18 VISITA A CASA DAS CIENCIAS, DOMUS E CASTELO DE SAN ANTÓN (A CORUÑA)

23/04/18 DÍA DO LIBRO E LECTURAS APADRIÑADAS

07/05/18 “LEONARDO E OS FONTANEIROS” (REPRESENTACIÓN TEATRAL NO AUDITORIO DE CERCEDA)

08/05/18 VISITA AO POLÍGONO INDUSTRIAL DE ACEBEDO: “MALASA” E “PORTO-MUÍÑOS” (PROGRAMA “ATRÉVETE 2017/2018”)

16/05/18 FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

17/05/18 “ROSALÍA VERSO A VERSO” (ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA MANCOMUNIDADE DE ORDES)

DO 04/06/2018 AO 07/06/2018

EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA A ASTURIAS E CANTABRIA

11/06/18 EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO AO “ECOPARQUE DE MARÍN”

19/06/18 VISITA DO ALUMNADO DE 6º AO CPI O CRUCE e EXCURSIÓN AO AQUAPARK DE CERCEDA

20/06/18 CONCERTO “A GRAMOLA GOMINOLA” NO CPI PECALAMA

21/06/18 FESTA DE FIN DE CURSO

Participamos, así mesmo, nas seguintes actividades e concursos:

Decoración do muro do patio do colexio, enchendo de cor siluetas de nenos xogando.

Decoración das portas das aulas en relación ao proxecto da biblioteca: “Buluchi e as Belas Artes”.

Concurso de Postais de Nadal (organizado polo centro).

Semana da prensa.

IX Certame “Deseña unha xoia para a túa nai” (Colexio Oficial de Xoiaría).

Page 32: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

31

Rosalía verso a verso (recital de poesías organizado pola Mancomunidade de Ordes).

Día das Letras Galegas.

Mochilas viaxeiras e Libro viaxeiro.

“Atrévete a ter unha idea!” (“Programa Atrévete”).

Elaboración do Xornal do centro.

Todas estas actividades transcorreron sen incidentes salientables, sendo os resultados altamente satisfactorios, tanto no ámbito educativo-didáctico como no convivencial. PLANS E PROGRAMAS

Por primeira vez solicitamos e foinos concedida a participación no Programa de actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e ao de educación secundaria obrigatoria. Estas actividades, organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tiveron lugar en Os Peares, Lugo, do 15 ao 21 de outubro. Este equipo docente participou de novo no Plan Director levado a cabo no centro en colaboración coa Garda Civil do Concello de Ordes. As charlas foron as seguintes, xa reflectidas nas actividades anuais: “Novas Tecnoloxías” e “Acoso Escolar”. Do mesmo xeito, un ano máis, nos cursos de 5º e 6º expúxose ao alumnado "Acerca de ti": un programa educativo sobre a adolescencia patrocinado por Evax, Tampax e Ausonia. Coa axuda dunha serie de materiais audiovisuais, debatemos cos nenos e nenas contidos relacionados coa puberdade. Así mesmo, como se ve no cadro de actividades, traballamos desde o segundo trimestre no programa “Atrévete” para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria (no marco do plan “Eduemprende”, promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) e visitamos, ademais do CIFP de Someso, varias empresas locais (Libraría “Coordenadas”, Farmacia “Pilar Lema”, “Porto-Muíños” e “Malasa”). Ademais, no concurso de redacción de ideas de negocio “Atrévete a ter unha idea!”, resultou gañador dunha tablet un alumno de 5º curso.

Page 33: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

32

Por outra banda, no que respecta ao Plan de Formación Permanente do Profesorado, as titoras de 2º, 5º e 6º, xunto co director do centro, formamos parte do grupo de traballo “Metodoloxía CLIL e desenvolvemento da competencia comunicativa”, para o cal participamos en rede no Módulo 0 “Igualdade, Convivencia e Inclusión” e superamos o test correspondente. No que respecta ao Programa “Snappet Connected Learning”, nos cursos de 5º e 6º implementamos o uso das tablets ao longo de todo o curso académico, servíndonos de reforzo e ampliación con actividades complementarias aos libros de Lingua Castelá (5º) e Matemáticas (5º e 6º). Tamén se colaborou, co resto do centro, na iniciativa incluída dentro do Plan Proxecta “XOVES OLÍMPICOS” ao longo de todo o curso, así como na Liga de Xadrez. A titora de 5º A titora de 6º Asdo: Silvia Betanzos Tajes Asdo: Mariña García San León

7.5. MEMORIA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

COMPOÑENTES DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Ed. Infantil Ana María Vázquez Fraga

1º Curso de Primaria Patricia González Fernández

4º Curso de Primaria Francisco Varela Domínguez

5º Curso de Primaria Silvia Betanzos Tajes

COORDINADOR Agustín Sánchez Iglesias

INTRODUCIÓN O traballo desenvolvido ao longo deste curso por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega estivo encamiñado a levar a cabo as actividades descritas de seguido e que presentamos no PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO no centro, e que foi remitido con data do 07 de decembro de 2017 (Número de entrada 2017/2998421)

Page 34: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

33

O noso obxectivo principal consistiu en que a nosa lingua estivese presente en todos os ámbitos do centro.

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS BIBLIOTECA:

Ampliamos os fondos de consulta adaptados á idade dos alumnos, en lingua galega de cara a fomentar os hábitos de lectura, tanto a nivel escolar como familiar.

Colocamos carteis coas normas de emprego da biblioteca.

Realizamos sesións de contacontos.

Seleccionamos lecturas referentes ao lema do proxecto referente a este ano que baseouse no tema “BULUCHI E AS BELAS ARTES”. Con este mesmo centro de interese decoramos as portas dau aulas do centro.

Confeccionamos o libro viaxeiro sobre as Belas Artes.

Page 35: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

34

CONFECCIÓN DO XORNAL ESCOLAR:

Confección de traballos para o xornal escolar que publicamos a finais do curso escolar e do que acompañamos un exemplar.

A versión dixital do xornal atópase colgada na nosa páxina web, aloxada no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/

REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

Como recollimos no proxecto inicial, os obxectivos destas actividades consistiron en potenciar a realidade e a cultura galega na escola e a valoración das tradicións galegas, involucrando ás familias neste proceso.

Realizamos as ambientacións e decoración tanto do centro como do propio espazo da Biblioteca para o desenvolvemento das diversas actividades levadas a cabo.

Elaboramos materiais para a conmemoración do Magosto, do Día da Paz , do Entroido, Día do Libro, Semana da Prensa e Día das Letras Galegas.

Page 36: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

35

AVALIACIÓN DO PROXECTO O profesorado participou e involucrouse nas actividades propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Con respecto á actividade anual do noso Xornal Escolar, estamos máis que satisfeitos cos obxectivos inicialmente proposto e os acadados. O Equipo de Dinamización tratou de propoñer e coordinar as actividades que se desenvolveron no centro desde os distintos equipos e titorías, ao longo do curso. Contamos en todo momento, coa colaboración das familias e do Concello que dunha ou outra forma axudaron na promoción e na realización das distintas actividades abertas, que levamos a cabo ao longo do curso. Tamén desenvolvimos actividades conxuntas co noso centro de adscrición “O Cruce”. Participamos e fixemos partícipes tamén, a distintos organismos, entidades e empresas do contorno que ofertaron actividades para os rapaces, ou as que lles solicitamos colaboración no desenvolvemento doutras que consideramos interesantes para os nosos alumnos e alumnas. Podemos afirmar que os obxectivos plantexados no proxecto para este curso, foron acadados na súa totalidade, dentro das posibilidades que nos permitíu a subvención económica concedida.

Page 37: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

36

Non se realizaron cambios con respecto á programación inicial porque foron financiados coa partida de gastos de funcionamento do centro ao ser insuficiente para a consecución dos mesmos a contía concedida.

PROPOSTAS DE MELLORA Tendo en conta a partida recibida para a realización dos obxectivos previstos, non podemos permitirnos nada máis que manter as expectativas actuais e propoñemos polo tanto melloras de carácter cualitativo xa que cuantitativamente a axuda concedida chegou somentes para cubrir unha parte do investimento realizado.

O Coordinador Asdo: Agustín Sánchez Iglesias

7.6. MEMORIA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE

7.6.1. INTRODUCIÓN A función primordial das mestras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe é a de atender ao alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. No Decreto 374/1996, no seu artigo 84, e na Orde do 24 de xullo de 1998 (art. 7), aparecen recollidas as funcións para os mestres especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. O horario das mestras de apoio foi confeccionado tendo en conta que a mestra de Audición e Linguaxe tan so acode ao centro dous días semanais, xa que é compartida co CPI Pecalama de Tordoia e o CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco. Obxectivos xerais da intervención:

Potenciar o desenvolvemento xeral do alumnado

Optimizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe

Acercar aos alumnos/as a consecución dos obxectivos de curso/etapa.

Page 38: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

37

Fomentar o desenvolvemento e adquisición das Competencias Clave.

Mellorar a comprensión e expresión oral e escrita.

Iniciar, adquirir e mellorar a lectoescritura.

Potenciar as habilidades sociais.

Previr os posibles déficits ou trastornos da aprendizaxe do alumnado.

Mellorar a integración do alumnado tanto na aula como no centro

7.6.2. DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES

A intervención das mestras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe no presente curso realizouse maioritariamente fóra da aula ordinaria, logo do consenso cos mestres/as titores/as, polo carácter específico das dificultades presentadas, que fixeron que non puideran ser atendidas debidamente dentro da aula ordinaria. Unha vez coñecidos os nosos/as alumnos/as, os horarios dos mestres titores e dos especialistas, elaborouse o noso horario, seguindo os criterios citados anteriormente e asignándolle as sesións semanais a cada un deles. Así mesmo, ao longo do curso realizáronse cambios no noso horario en función das novas necesidades xurdidas.

7.6.3. RELACIÓN DE ALUMNADO ATENDIDO POLA MESTRA DE PT

1 alumno con NEAE asociadas a Síndrome de Down. Os principais obxectivos de cara á intervención foron: coñecer o seu

propio corpo e as súas posibilidades de acción; observar e explorar o seu entorno familiar, natural e social; adquirir progresivamente autonomía nas actividades habituais; desenvolver capacidades afectivas e habilidades comunicativas. Conta con auxiliar técnico educativo.

1 alumno con NEAE asociadas a TEA.

Page 39: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

38

Os principais obxectivos de cara á intervención foron: coñecer o seu propio corpo e as súas posibilidades de acción; observar e explorar o seu entorno familiar, natural e social; adquirir progresivamente autonomía nas actividades habituais; desenvolver capacidades afectivas e habilidades comunicativas. Conta con auxiliar técnico educativo.

1 alumna con NEAE asociadas a Discapacidade intelectual. Os obxectivos de cara á intervención foron potenciar as capacidades

cognitivas básicas (atención, percepción e memoria); mellorar as bases anatómicas e funcionais da linguaxe; aumentar o vocabulario comprensivo e expresivo. Asentar á lectura e compresión. Coñecer e ordenar a serie numérica, traballar a suma e iniciar a resta. Interiorizar os conceptos de unidade e decena. Conta cunha Adaptación Curricular.

1 alumno con NEAE asociada a TEA. Os obxectivos de cara á intervención foron potenciar as capacidades

cognitivas básicas, adquirir unha lectura eficiente co fin de mellorar a súa comprensión e mellorar as súas competencias sociais.

1 alumna con NEE asociadas a TDA-H Os obxectivos de cara á intervención foron desenvolver as técnicas

instrumentais básicas, adquirir unha lectura eficiente e fluída. Lograr unha boa comprensión lectora. Mellorar a súa atención. Aumentar a súa competencia na resolución de problemas. E mellorar a súa autoestima e autoconcepto. 7.6.4. RELACIÓN DE ALUMNADO ATENDIDO POLA MESTRA DE AL

1 alumno con NEAE asociada a Síndrome Down:

Page 40: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

39

Amosa un gran retraso na linguaxe oral con emisión de algunhas palabras de uso común, iniciándose a elaborar enunciados de dúas ou tres palabras. Tamén presenta unha baixa comprensión oral, mellorando esta cando se acompaña de xestos. Como obxectivos de este curso propúxose traballar os prerrequisitos lingüísticos: atención, memoria e xogo simbólico, así como a construción de enunciados moi sinxelos apoiándose en pictogramas. Tamén se incidiu sobre a mellora das bases anatómico-funcionais, praxias e sopro. Aumentar o vocabulario tanto comprensivo como expresivo. E a comprensión e seguimento de ordes sinxelas e de preguntas sobre o seu contexto máis próximo.

1 alumno con NEAE asociada a un Trastorno do Espectro Autista (TEA) Ó longo deste curso mellorou bastante a nivel de intención

comunicativa presentando máis problemas para xeneralizar o aprendido a outras situacións. O traballo seguiu orientado a traballar os prerrequisitos lingüísticos: atención, contacto ocular, imitación, sinalar. Traballouse a ampliación de vocabulario incidindo na súa correcta pronunciación, e aínda que no momento o pronuncia ben, ten problemas para xeneralizalos.. E a comprensión e seguemento de ordes sinxelas.

12 alumnos e alumnas con NEAE asociada a dislalia: 4 alumnas presentan rotacismo (trastorno na articulación da fala por

alteración do fonema /r/). Como obxectivos da intervención diferenciamos entre o tratamento indirecto traballando as bases funcionais da linguaxe: respiración-sopro, discriminación auditiva e praxias bucofaciais; e o tratamento directo traballando a correcta articulación do fonema alterado na linguaxe oral.

1 alumna que presentan seseo (trastorno na articulación da fala por sustitución do fonema /θ/ por /s/) e rotacismo. Como obxectivos da intervención diferenciamos entre o tratamento indirecto traballando as bases funcionais da linguaxe: respiración-sopro, discriminación auditiva dos fonemas /s/ e /θ/ e praxias bucofaciais; e o tratamento

Page 41: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

40

directo traballando a correcta articulación do fonema /θ/ e /r/ na linguaxe oral.Xeneralización da pronuncia correcta.

7 alumnos que presentan dislalia en diferentes fonemas. Como obxectivos da intervención diferenciamos entre o tratamento indirecto traballando as bases funcionais da linguaxe: respiración – soplo, discriminación auditiva dos fonemas nos que presentan dificultades; e o tratamento directo traballando a correcta articulación dos fonemas na linguaxe así como xeralizando a súa pronuncia adecuada de xeito espontáneo.

1 alumna con NEAE asociadas a un Retraso Madurativo. Presenta dificultades en todas ás áreas do seu desenvolvemento con

respecto aos nenos e nenas da súa mesma idade. A nivel da área comunicativo-lingüística a súa linguaxe oral ten múltiples erros articulatorios e procesos de simplificación da fala. Os obxectivos de cara á intervención foron potenciar as capacidades cognitivas básicas (atención, memoria,); mellorar as bases anatómicas e funcionais da linguaxe (respiración-sopro, discriminación auditiva, e praxias); aumentar o vocabulario comprensivo e expresivo; formación de frases simples e narración de historias cortas. Utilizar a linguaxe para desenvolverse na vida cotiá.

1 alumno con NEAE asociada a un Trastorno Específico da Linguaxe (TEL) De tipo fonolóxico-sintáctico cunha mellor comprensión que expresión.

A nivel fonolóxico mellorou moito, e na semántica e na estructuración morfosintáctica aínda que presenta dificultades, estas melloraron empregando cada vez unhas estructas máis longas e máis complexas, así como aumentando o vocabulario.

1 alumna con NEAE asociada a Dificultades de Aprendizaxe. Presenta dificultades na lectoescritura e na lectura comprensiva, así

como unha baixa autoestima. Comete múltiples erros ortográficos (b/v, g/j,..),...A nivel da expresión escrita o seu discurso é moi básico, con frases simples.O proceso de intervención encarouse a aumentar a fluidez e velocidade lectora, favorecer a comprensión escrita e

Page 42: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

41

mellorar a expresión escrita. Tamén a mellorar a súa autoestima. Mellorou considerablemente en tódolos aspectos, capacidade lectora, comprensión lectora e sobre todo na súa autoestima, que se ve reflexado nas demáis áreas dándolle máis seguridade en si mesma.

7.6.5. VALORACIÓN DA CONSECUCIÓN DE OBXECTIVOS E AVALIACIÓN

Finalizaremos esta memoria facendo referencia tanto aos logros como ás dificultades atopadas. A programación desenvolveuse con toda normalidade, pero cabe destacar que a mestra de Audición e Linguaxe é itinerante con outros dous colexios o que conleva unha redución de horas de docencia e polo tanto que sexan escasas as horas a adicar ao alumnado, este horario resulta insuficiente para atender satisfactoriamente tódalas necesidades que se presentan no centro. Ademais a figura da orientadora está practicamente ausente, xa que tamén está compartida co CPI O Cruce, que é o seu centro base e no que desempeña a maiores un cargo dentro do equipo directivo.

Mestra de PT Asdo: Graciela Suárez Losada

7.7. MEMORIA DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS

Durante o desenvolvemento do curso 2017/2018, a participación de todo o alumnado do colexio neste tipo de actividades foi maiormente positiva. Na franxa horaria que vai desde as 15 as 17 horas tiveron lugar as actividades extraescolares seguintes: Piscina, Informática e Pequebaile. Ademais, como en anos anteriores, algunha actividade despois das 17 horas segue a permitir a participación de antigos alumnos que agora estudan ESO noutros centros, continuando así as actividades extraescolares que iniciaron antes de rematar os estudos no noso centro. En liñas xerais, alcanzáronse tódolos obxectivos propostos a principios do curso.

Page 43: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

42

ACTIVIDADES

As actividades desenvolvidas ao longo do curso, algunhas delas en colaboración co Equipo de Dinamización de Biblioteca e de Dinamización da Lingua, foron as seguintes:

1. CELEBRACIÓNS

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR (24 de outubro 2017) Celebrouse unha sesión de contacontos.

FESTA DO OUTONO

(3 de novembro 2017)

Elaboración, por parte dos alumnos/as de adornos con productos do outono (follas, castañas…). Ademais, organizáronse unha serie de xogos populares e/ou tradicionais adaptados aos distintos niveis educativos. Rematouse coa tradicional degustación de castañas asadas no colexio, acompañadas con chocolate e co partido de fútbol entre os mestres e alumnos de 6º. Aproveitouse para celebrar conxuntamente o Halloween. Os alumnos que así o quixeron viñeron disfrazados. Na realización dos xogos houbo un adicado ao Halloween. NADAL

(21 de decembro 2017)

Organizouse un concurso de postais navideñas por ciclos, con exposición de todas elas. Eleximos unha como a gañadora, sendo

Page 44: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

43

esta a que representou ao colexio para felicitar aos pais, institucións e empresas colaboradoras co noso Centro. Como actividade conxunta, cada alumno decorou, na casa e coa axuda da súa familia, unha bola de Nadal para colgar polo colexio. O 20 de decembro recibimos a visita de Papá Noel. Como colofón, celebrouse un Festival que xiraba entorno ao Nadal, con actuacións de tódolos cursos.

DÍA DA PAZ

(30 de xaneiro de 2018)

Confeccionamos un mural colectivo co nome “Cada Pinga conta”. Para facer este mural puxemos as fotos dos alumnos en pingas de auga. Elaboramos un video conxunto que tivo como lema “Con otros” de Manu Escudero. Os alumnos de 6º curso fixeron unha lectura dramatizada baseada en “ El Consejo de Facundo”. Como é costume, e como punto final, realizouse un circuíto con diversos xogos cooperativos. Ao longo da semana fixemos unha recollida de alimentos, co lema “Alimentos pola Paz”, que foron doados a Cáritas Ordes. Colocouse unha exposición de libros referidos á Paz na entrada do colexio, para que os alumnos os puideran ler nos momentos de lecer.

DÍA DA AMIZADE ( 15 de febreiro de 2018)

Page 45: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

44

Celebrouse unha sesión de lecturas apadriñadas. Colocouse unha exposición de libros sobre amizade e uns frascos con palabras de amizade escritas polos alumnos.

ENTROIDO

(5 ao 9 de febreiro de 2018)

Dende o 5 ao 9 de febreiro e a petición do Meco, os nenos trouxeron cada día unha prenda de roupa indicada por este personaxe. Coma todos os anos e coa colaboración das familias realizamos unha degustación de postres típicos do entroido (filloas, orellas, flores, rosquillas...) o dia 8 de febreiro. O excedente levouse á Cociña Económica. Este ano, o venres 9 de febreiro, todo o alumnado veu disfrazado partindo da temática da biblioteca do centro “As Belas Artes ”. Ademáis fixeron unha pequena presentación da arte correspondente no festival.

DÍA DO LIBRO (23 de abril 2018) O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Decoramos o colexio cunha actividade conxunta entre tódolos cursos, que consistiu en que cada neno/a escribiu un anaco de conto, adiviña, dato curioso, poesía… Despois montamos un mural co lema “Groliños de lectura”, no que cada un meteu nun vaso o anaquiño de lectura que escribiu, para que os demais compañeiros/as do colexio o poideran ler. A Concelleira de Cultura do Concello agasallou ós alumnos cun libro. Celebramos unha sesión de lecturas apadriñadas.

Page 46: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

45

O 24 e o 26 de abril celebramos unha sesión de contacontos na biblioteca do colexio, de man de dous mestres e un alumno.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

(16 de maio 2018)

Realizamos un festival no ximnasio do colexio con actuacións de tódolos cursos, no que houbo obras de teatro, cancións e bailes.

2. CONMEMORACIÓNS

As seguintes conmemoracións celebráronse con actividades a nivel de aula:

20 de novembro, día Internacional da Infancia.

25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero.

Do 01 ao 11 de decembro, Constitución e Estatuto de Autonomía.

3 de decembro, día Internacional das persoas con discapacidade.

10 de decembro, día da declaración universal dos dereitos humanos.

30 de xaneiro, día da Paz.

8 de marzo, día internacional da muller traballadora.

Do 5 ao 9 de marzo, semana da prensa.

15 de marzo , día mundial dos dereitos do consumidor.

7 de abril, día mundial da saúde.

Entre o 23 e o 27 de abril, día do libro.

9 de maio, día de Europa.

Do 14 ao 18 de maio, semana das Letras Galegas.

5 de xuño, día mundial do medio ambiente.

3. SAÍDAS E VISITAS

Page 47: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

46

16 ao 20-10-2017 ENGLISH WEEK-SEMANA DE INVERSIÓN LINGÜÍSTICA- OS PEARES 6º Educación Primaria

6-11-2017 CAMIÑO DE SANTIAGO-VISITA Á CATEDRAL Educación Primaria

22-01-2018 VISITA Á FARMACIA E A LIBRARÍA COORDENADAS- PROGRAMA ATRÉVETE 5º e 6º de Primaria

2-03-2018 VISITA AO CENTRO DE FP – SOMESO-PROGRAMA ATRÉVETE 5º e 6º de Primaria

5-04-2018 VISITA AO PLANETARIO- DOMUS- CASTELO DE SAN ANTÓN- A CORUÑA Educación Infantil e Primaria

7-05-2018 TEATRO- “LEONARDO E OS FONTANEIROS”- CERCEDA 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria

8-05-2018 VISITA A PORTOMUÍÑOS E MALASA- CERCEDA- PROGRAMA ATRÉVETE 5º e 6º de Primaria

4 ao 7- 06-2018 EXCURSIÓN FIN DE ETAPA- ASTURIA E CANTABRIA 4º,5º e 6º de Primaria

12-06-2018 EXCURSIÓN FIN DE CURSO- ECOPARQUE-MARIN Educación Infantil e Educación Primaria

19-06-2018 AQUAPARK DE CERCEDA Educación Infantil e Primaria

20-06-2018 CONCERTO- A GRAMOLA GOMINOLA- CPI PECALAMA-TORDOIA Educación Infantil e Primaria

4. OUTRAS ACTIVIDADES

CHARLAS e OUTRAS ACTIVIDADES

Ao longo do mes de setembro, os alumnos e os seus respectivos titores, participaron no pintado do muro exterior.

O 13 de outubro os alumnos asistiron ao pintado do muro do patio cuberto, nunha actividade que combinou Graffiti e música, da man de Álvaro Muras (Funkegraffiti). Esta actividade fíxose en colaboración coa ANPA do centro.

O 10 de novembro os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron nun obradorio de Ciencia sonora, da man de Mateo Mena.

O 15 de decembro os alumnos de 6º de Infantil asistiron na biblioteca do centro a unha sesión de contacontos denominada “ Quen dixo medo?” e organizada pola

Page 48: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

47

Deputación da Coruña para a sensibilización contra a violencia de xénero.

O 22 e o 29 de xaneiro, os alumnos de 5º e 6º recibiron dúas charlas enmarcadas dentro do Plan Director. A primeira sobre Novas Tecnoloxías e a segunda sobre Acoso Escolar.

Ao longo do segundo trimestre os alumnos de 5º e 6º participaron na Campaña Evax.

Os alumnos de 2º,5º e 6º de Primaria participaron no concurso “ Deseña unha xoia”.

No terceiro trimestre os alumnos de 6º de Primaria participaron no concurso “Rosalía verso a verso”, organizado pola Mancomunidade de Municipios de Ordes.

No terceiro trimestre os alumnos de 2º e 6º de Primaria presentaron ao resto do alumnado os traballos que realizaron ao longo do curso referidos ao Proxecto de Biblioteca “ As Belas Artes”.

O 13 de xuño asistimos á inauguración dun mural pintado nunha das paredes exteriores do centro, financiado pola ANPA, así como á colocación de pictogramas no colexio e a unha charla ofrecida pola Asociación Autismo Galicia.

Os alumnos de 5º e 6º participaron no Programa Atrévete.

O 21 de xuño tivo lugar no colexio a festa de fin de curso para tódolos alumnos.

Participouse co Equipo de Dinamización da Lingua, na elaboración do xornal escolar e co Equipo de Biblioteca para a organización das distintas actividades.

Colaborouse na realización dos Xoves Olímpicos nos recreos (xogos cooperativos que se enmarcaron dentro do Plan Proxecta), así como na liga de xadrez. Estas dúas actividades estiveron dirixidas por dous mestres do centro.

PROPOSTAS DE MELLORA

Pretendemos continuar coas actividades deste ano e engadir algunha a proposta dos pais/nais/mestres/alumnos.

Page 49: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

48

Compoñentes do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares:

Nieves Rubio Fernández

María Teresa del Río Boquete

José Domínguez Caballero

Lucía Doval Sánchez – Xefa do Equipo

7.8. MEMORIA ANUAL DA COMISIÓN DE CONVIVENCIA

INFORME ANUAL DA COMISIÓN DE CONVIVENCIA DO CENTRO

1. SITUACIÓN ACTUAL DA CONVIVENCIA

a) Enfoque actual O enfoque da convivencia no centro tivo unha visión construtiva e positiva polo que as actuacións foron encamiñadas ao desenvolvemento de comportamentos axeitados para convivir mellor e resolver conflitos a través da participación, dos diversos canles de comunicación e da prevención de problemas de conduta. Ao tratarse dun centro de Infantil e Primaria, cunha ratio reducida, a convivencia desenvolviuse dun xeito máis que aceptable. Na actualidade o clima de convivencia no centro é gratamente positivo. Ao longo do curso non se observaron serios problemas aparecendo algúns conflitos esporádicos, xeralmente por desadaptacións, que se resolveron fundamentalmente co diálogo e con algunha medida disciplinaria de carácter menor.

b) Respostas ante as situacións A resposta educativa do centro estivo relacionada co desexo de mellorar as canles de diálogo, respecto e comunicación, como medio para solucionar calquera conflito e coa necesidade de potenciar a convivencia a través da adquisición de habilidades de enfrontamento ante os conflitos que puideron xurdir.

Page 50: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

49

c) Relación coas familias e a comunidade Mantivéronse reunións periódicas de información e coordinación de carácter global e particular nas horas reflectidas na Programación Xeral Anual. Foi moi importante a actuación dos titores en canto á coordinación coas familias de cara a fomentar unha maior colaboración do sector de pais e nais. As situacións particulares que afectaron á convivencia e resolución de conflitos adoitaron ser comentadas coas familias cando tivo lugar algún tipo de intervención ante unha determinada conduta.

2. OBXECTIVOS TRABALLADOS NO PRESENTE CURSO

Tal como figura no Plan de Convivencia elaborado, os obxectivos que perseguimos durante o presente ano académico foron os seguintes:

Acadar a integración de todo o alumnado sin discriminación por razóns de raza, sexo, idade…

Fomentar a implicación das familias.

Mellorar as relacións entre todos os membros da comunidade educativa.

Prever os conflitos.

Procurar a autoestima profesional do docente.

Aproveitar as diversas situacións que se produciron ao longo do curso escolar para que o centro fose un espazo de paz, respecto, diálogo e aberto ao contorno.

3. ACTIVIDADES

Debate e discusión ao comezo do curso sobre O Plan de Convivencia e as Normas de Convivencia no seo da Comisión de Convivencia e do Consello Escolar.

Unha vez por trimestre analizamos nas titorías a marcha da convivencia da clase, trasladando a información precisa ás Xuntas de Avaliación.

Tratouse na hora de titoría, e cando o titor/a o considerou necesario, calquera aspecto que afectase ás boas relacións e á convivencia do grupo.

Page 51: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

50

Fomentamos os valores democráticos: a tolerancia, a igualdade, o respecto, o diálogo, a resolución de conflitos de forma pacífica, a non violencia, etc.

Elaboramos normas de conduta na aula. Dita actividade realízouse polos/as titores/as a principios de curso e mantivéronse activas ao longo de mesmo, aínda que se remarcaron con máis insistencia durante a segunda avaliación.

Participamos en actividades de educación en igualdade.

Participamos en actividades que contribuíron a mellorar a convivencia no colexio e fóra del:

o Unha vez por trimestre analizamos nas titorías a marcha da convivencia da clase, trasladando a información precisa ás Xuntas de Avaliación.

o Recordar as normas de conduta elaboradas, a través das respectivas titorías.

o Participar e actividades de educación en igualdade, así como no Plan Proxecta.

o Participar en actividades que contribúan a mellorar a convivencia no colexio e fóra del:

30 de xaneiro: Día da Paz e a non violencia.

Al longo do curso: Xoves Olímpicos.

Mantivemos unha estreita relación cos servizos sociais do Concello para controlar o absentismo e dar a coñecer as situacións desfavorecidas das familias.

4. AVALIACIÓN

“A comisión avalía de xeito positivo o clima de convivencia do noso centro xa que logo non se detectaron problemas significativos” O PRESENTE INFORME FOI APROBADO POLO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO, NA REUNIÓN MANTIDA O DÍA 27 DE XUÑO DE 2018. O PRESIDENTE DO CONSELLO ESCOLAR

Asdo: Rafael Rodríguez Martín

Page 52: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

51

8. PROXECTOS

8.1. DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este curso centramos a actividade da biblioteca en torno á temática das sete marabillas do mundo moderno e, por isto, o proxecto foi denominado: “Buluchi e as sete maravillas do mundo moderno”. Sobre este tema, vertebráronse as actividades do centro, non só da biblioteca, senón tamén outras, como o Entroido, na que todo o centro se disfrazou seguindo este tema. Cada clase diseñou un disfraz centrado no país onde se atopa a maravilla sobre a que a cada un lle tocou traballar. ( traxes típicos, animais autóctonos…) Estivemos coordinados e traballando na mesma liña co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e co Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

As actividades que realizamos, por orde cronolóxico, foron as seguintes:

1. Selección da temática. 2. Selección de libros relacionados coa temática e colocación

dunha estantería habilitada para elo. 3. Decoración de portas das aulas: acorde coa selección realizada

por cada aula, decoramos a porta, no estilo que cada un decidiu. Seleccionouse un conto por aula do seguinte xeito: 1. Educación Infantil- A muralla china 2. 1º de Primaria- Chichen Itza 3. 2º de Primaria- Machu Picchu 4. 3º de Primaria- O Coliseo Romano 5. 4º de Primaria- Taj Mahal 6. 5º de Primaria- Petra 7. 6º de Primaria- O Cristo Redentor

4. Realización dos marcalibros decorados de xeito persoal coa maravilla do mundo que a cada grupo lle tocou traballar.

5. Durante todo o curso, estiveron levándose á casa as mochilas viaxeiras.

Page 53: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

52

6. Celebración do DIA DA BIBLIOTECA o 24 de outubro. Realizamos a primeira lectura apadriñada este mesmo día e as seguintes o 14 de febreiro e o 21 de abril respectivamente).

7. Ambulancia de libros: seguimos a utilizar a AMBULANCIA DOS LIBROS, onde se depositan e, posteriormente, alguna persoa do equipo de biblioteca repara, os libros que o precisen para a súa posta en circulación de novo, ou se expurga, en caso de que non fora posible o seu arranxo.

8. Exposición de libros no hall do relacionados coa paz para a celebración deste día (30 de xaneiro) e o día da amizade que o celebramos o día de San Valentín, o 14 febreiro.

9. Conmemoración do día do Libro o 22 de abril coas seguintes actividades: -Colocación dunha árbore que tiña as follas feitas de cartolina e decoradas con portadas de contos dos Irmáns Grimm. -Fíxose lectura dun fragmento do Quixote por parte dos alumnos de 6º curso de Primaria. -Recibimos a visita de membros do Concello que obsequiaron aos rapaces cun libro.

10. Lecturas apadriñadas: agrupamos ós nenos do centro por parellas ou tríos e seleccionámoslles un conto. Estes agrupamentos fanse buscando emparellar alumnos de 6º con E. Infantil de 3 anos, os de 5º cos alumnos de 4 e 5 anos, 3º de E. Primaria cos de 1º de E. Primaria e 4º cos de 2º de Primaria. Unha vez ao trimestre faise unha lectura na que os nenos buscan un lugar do colexio, onde estean cómodos e lles guste, e os maiores len ós pequenos.

11. Libro viaxeiro: Cada grupo elaborou unha versión dun conto dos Irmáns Grimm (canción, variación de personaxes, cambio do final, cambio da historia completa…). Posteriormente á súa presentación o Día das Letras Galegas, cada aula contou o seu conto aos demáis compañeiros do colexio.

12. Actualización do blog da biblioteca escolar.

PROPOSTAS DE MELLORA: Con todas estas actividades en torno á biblioteca, conseguimos involucrar moito ós nenos na lectura.

Page 54: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

53

Consideramos que estes traballos deben manterse xa que o seu formato funciona, e melloralos na medida do posible, buscando actividades novas que poidan ser atractivas e motivadoras para os alumnos. Intentaremos que o proxecto da biblioteca sexa un eixe do traballo durante todo o curso e forme parte en distintos aspectos curriculares. Agradecemos a implicación do profesorado nas actividades realizadas e animámolos tamén a involucrarse cada día un pouco máis na animación á lectura do alumnado. As responsable do proxecto Asdo: Patricia González Fernández

8.2. PROXECTO LINGÜÍSTICO O Proxecto Lingüístico do centro foi aprobado pola dirección e avaliado polo Consello Escolar con data do 21 de setembro de 2015, e atópase perfectamente adaptado ao sinalado no Decreto 79/2010 para o plurilingüismo. Cabe destacar que levamos a cabo todas as actividades especificadas no mesmo. Os obxectivos marcados no proxecto lingüístico: Fortalecer a lingua galega, empregar empregar a lingua galega como vehículo de expresión nas relacións do centro, mellorar a competencia lingüística da Comunidade Escolar e promover o coñecemento da nosa realidade cultural, cumpríronse ampliamente. Tal como se indica no artigo 14 decreto 79/2010 de 20 de maio (DOG do 25 de maio) de plurilingüismo, anualmente, elaborarase unha adenda do proxecto lingüístico. Seguindo a instrucción do 31 e xullo de 2013, o centro fixou a lingua predominante baseándose nos seguintes parámetros:

Page 55: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

54

O resultados da pregunta informativa e non vinculante realizada ás familias.

A realizade sociolingüística do entorno.

A garantía da presenza das dúas linguas cooficiais como vehiculares na programación anual do centro e, polo tanto, da adquisición de coñecementos nas dúas linguas

Dita adenda foi realizada no mes de setembro, incluíndose na Programación Xeral Anual.

8.3. PROXECTO BILINGÜE (CLIL) E CENTRO PLURILINGÜE A mestra Nieves Rubio Fernández coordinou tanto as seccións bilingües como a materia de plástica en primeiro de primaria con carácter plurilingüe e a mestra Silvia Betanzos Tajes dirixiu as clases que involucaron ao alumnado de primaria. Este ano contamos co a figura do auxiliar de conversa. Os obxectivos propostos cumpríronse sobradamente, polo que continuaremos dita experiencia para o vindeiro curso escolar. O vindeiro curso académico formaremos parte da rede de centros de Pluriinfantil.

8.4. PLAN TIC

O Plan TIC aprobouse o 04 de setembro de 2017, adecuándoo á casuística actual. Continuouse a experiencia práctica de introdución ás TIC aplicada ás distintas áreas. Dentro do Plan TIC establecimos un Plan de avaliación cuxos obxectivos baseados no coñecemento e eficacia, grao de aplicación e participación, expectativas innovadoras xeradas, resultados reais dos logros acadados e dificultades detectadas, así como os indicadores observables, cumpríronse maioritariamente. PROPOSTAS DE MELLORA

Page 56: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

55

Asistir e asesorar ao profesorado na confección de traballos relacionados coas TIC.

Instalar novo software nos ordenadores, informando e asesorando ao profesorado dos obxectivos e funcionamento de cada un.

Actualización da páxina web.

8.5. PLAN PROXECTA

TITULO DO PROXECTO

"XOVES OLIMPICOS IV" E NAS GARDAS...APROVEITA E ADESTRA!!

INTRODUCIÓN

Continuamos a realizar Recreos Activos (os xoves e incluso venres), a través dunha miniolimpiada por trimestre. Os equipos (países elixidos polos rapaces ao chou), foron formados por 1 ou 2 alumn@s de cada curso, de 1º a 6º de primaria, máis 1 ou 2 profesores, tamén colocados en cada pais botado a sortes. Cada xoves (nos 2 recreos) e venres (cando non rematamos o xoves), os equipos enfrontáronse a modo de liga, a un xogo inventado por día. Cada xogo tiña unhas normas determinadas para o tempo dos recreos, e que entre o 1º e o 2º recreo, xoguen todos os equipos. Nas gardas, cando se substituía a algún mestre/a por non asistencia ao centro, o curso implicado practicaba os 2 xogos que tocaban esa semana. A temática dos Xogos Olímpicos/"Xoves Olímpicos", dounos moito xogo para interdisciplinar esta actividade física, co resto de áreas como por exemplo a matemática (clasificacións, medidas...), o coñecemento do medio/ciencias sociais (países : bandeira, localización xeográfica e baile típico).

OBXECTIVOS

Dinamizar físicamente, os recreos dos xoves (e venres se fora

necesario).

Promocionar hábitos de vida saudables, polo medio do exemplo que

dá o profesorado, a formar parte dos equipos e ao xogar tamén

Page 57: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

56

Ampliar a práctica de actividade física, por medio de xogos

innovadores e motivantes, practicados en equipo.

Fomentar unha maior actividade física saudable, realizando

adestramentos dos xogos, cando se produza unha garda por ausencia

puntual dun mestre/a.

Desenrolar todas as competencias básicas a través do espíritu dos

"xogos olímpicos": (c.lingüística=normas e traballo en equipo;

c.matemática=calculo puntuacións, clasificacións, tempos e medidas;

c.dixital=crear blog e actualizalo semanalmente con fotos e resultados;

c.integración co mundo físico=aportación ao equipo, interactuar cos

implementos e espacios utilizados; c.social= afectividade no equipo e

entre países, apoio entre o alumnado, ánimos; c.cultural e

artística=xogos axeitados ao noso entorno e clima, técnicas de

execución individuais; c.aprender a aprender=experimentar cal é a

mellor forma de xogar para facelo mellor, creación de variantes de

xogo; c.autonomía= que o alumnado aprenda a crear xogos por si

mesmo, sen implementos ou con eles.

Coñecemento das bandeiras e localización xeográfica de 8 países ou

cidades do mundo por trimestre.

ORGANIZACIÓN

Organizáronse 3 miniolimpiadas -"xoves olímpicos"- por curso. Unha por trimestre. Cada miniolimpiada constou de tantos xogos como recreos poidemos utilizar para xogar, menos 2: 1, no primeiro recreo, donde se realizó a presentación do pais en cuestión, polo medio dun baile típico; 2, o derradeiro recreo do trimestre, que se reservó para a entrega de premios. En cada miniolimpiada, formáronse 8 equipos. Cada equipo foi un pais e para elixir o nome, escolléronse 8 paises de entre 30 buscados polo alumnado de 6º curso. Despois, establecéronse os capitáns dos equipos, que saíron de dito curso de 6º e sempre por sorteo ata repartilos polos 8 equipos. Cando rematamos cos alumnos deste curso, fomos baixando a 5º, 4º, 3º...e así sucesivamente ata repartir a todas as clases de Primaria nos 8 paises. Por último, repartimos nos equipos aos profesores, tamén por sorteo.

Page 58: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

57

Os capitáns (alumnado de 6º) foron os encargados de realizar os emparellamentos, calendario, clasificacións, fotos e calquera actividade relacionada coa miniolimpiada, así coma a creación e actualización do blog dos "xoves olímpicos" da páxina web do noso Centro Escolar. Evidentemente, o profesorado implicado na coordinación e seguimento destes "xoves olímpicos", formó aos capitáns de 6º , nas labores que tiñan que desempeñar nas miniolimpiadas, ensinándolles a facer cuadrantes de ligas, clasificacións...así coma a confección dun blog e a súa actualización, coas fotos ou videos e resultados que se producian cada semana. O mestre de Educación Física e 3 titores máis (un por ciclo), foron os encargados de formar e supervisar en todo o proceso, aos alumnos.

AVALIACIÓN

Entregáronse regalos do "todo a cen", no primeiro e segundo

trimestre. Por exemplo: pelotas anti estres, cordas, balóns, raquetas,

peonzas, trompos...Entregáronse a todos os integrantes dos

equipos/paises, facendo máis fincapé nos 3 primeiros postos (oro,

prata, bronce, coma nas olimpíadas). No Terceiro trimestre,

entregamos medallas.

Pasamos enquisas aos participantes o derradeiro recreo do trimestre

(o mesmo día da entrega dos premios), para ver o grado se satisfacción

e diversión dos xogos realizados, repitindo nos seguintes trimestres os

xogos mais votados e modificando ou substituindo os menos votados,

por outros mais motivantes. Exemplo: Baremar do 1 ao 10, cada xogo

feito.

Contamos as visitas do blog dos "xoves olímpicos", para avaliar o seu

interese polos pais e alumnos.

Solicitamos, a través do blog, aportacións do alumnado e dos pais/nais,

no referente á inclusión de novos xogos, nos seguintes trimestres (a

ser posible inventados).

Ao alumnado de 6º curso, subíuselle como máximo 1.5 puntos na nota

de Educ. Física final do trimestre, en función da súa implicación coas

miniolimpiadas.

Page 59: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

58

Os titores pediron ao final de curso a cada alumno de primaria, que

debuxara todas as bandeiras e nomes dos paises delas, que

aprenderan durante as 3 miniolimpiadas, para ver o grao de

aprendizaxe nestes contidos.

A su vez, no ciclos mais superiores, situaron aos paises aprendidos no

seu continente.

8.6. PROXECTO ATRÉVETE Nesta memoria recollemos o máis destacado das actividades desenvolvidas ao longo do ano dentro do PROGRAMA ATRÉVETE. Entre os obxectivos desta etapa, saliéntase que o alumnado debe alcanzar hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, o fomento do espírito emprendedor e empresarial como unha competencia básica que o alumnado terá que desenvolver, ben dun modo transversal ou ben con materias específicas. Involucramos, polo tanto, nesta iniciativa, a todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal orientador, familias…, e a todos aqueles externos, susceptibles de incidir na cultura do emprendemento e a empresarialidade. PLANIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES A DESENVOLVER CO ALUMNADO PARTICIPANTE DE CARA A CONSEGUIR O OBXECTIVO Previamente ás visitas elaboraríamos uns dossiers sobre as empresas de cara a deseñar os cuestionarios de preguntas precisos para preparar cada unha delas. Unha vez levadas a cabo as visitas, os alumnos, por grupos, realizaron uns breves traballos resumo sobre as mesmas. Tanto nos taboleiros como na páxina web do centro, colgamos as fotografías máis significativas das visitas. En todos os momentos do proceso tivemos en conta a importancia de reflexionar sobre o que supón para a sociedade o manter e crear un amplo

Page 60: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

59

tecido empresarial traballando a (COMPETENCIA DE SENTIDO DA INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR - CSIEE) e profundizando na importancia da iniciativa, planificación, xestión e valoración persoal do traballo. ACTIVIDADES E VISITAS LEVADAS A CABO VISITA Á LIBRARÍA COORDENADAS E Á FARMACIA PILAR LEMA O día 23 de xaneiro de 2018 os alumnos de quinto e sexto de primaria visitaron a LIBRARÍA COORDENADAS e a FARMACIA PILAR LEMA da localidade da Silva (Cerceda) nas que os seus responsables os guiaron a través das súas dependencias, indicándolles as prioridades da ubicación de mercancías, os artigos máis demandados e a dificultade de ubicar e xestionar unha cantidade tan grande de produtos. Previamente á visita, realizamos varias sesións preparatorias en aula nas que elaboramos un pequeno guión coas preguntas máis significativas sobre ditas empresas.

VISITA AO CIFP DE SOMESO O día 2 de marzo de 2018 o alumnado participante no programa visitou o Centro Integrado de Formación Profesional de Someso xunto ás súas titoras. Un ano máis, recibiunos e acompañounos en todo momento a responsable do Departamento de Orientación, Ángeles Piay. A xornada comezou na Aula Magna do centro coa visualización dunha presentación que nos invitaba a reflexionar acerca do que implica, entre outras cousas, ser unha persoa emprendedora, o traballo en equipo e a

Page 61: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

60

importancia da motivación. A continuación, gozamos con diversas mostras de proxectos desenvoltos por alumnos do centro na materia de Formación e Orientación Laboral coa súa profesora, Carmela López: “Bioconspa” (casas saudables), “Cuvegal” (cubertas verdes) e “Jalifornos” (fornos solares). Despois desta introdución, sumouse a Xerente da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, Marta Marzoa, coa que o alumnado mantivo un interesante debate acerca das vantaxes e dificultades de ser empresario e as expectativas de futuro dos nosos nenos e nenas. Despois dun pequeno descanso, Ángeles Piay levounos ata o “Viveiro de empresas”: un espazo onde desenvolver e poñer en marcha os proxectos empresariais do alumnado. A visita continuou co profesor de Edificación e Obra Civil, Juan Bello, que nos amosou o Módulo Bioclimático experimental que se coñece como “A Vieira” e explicounos como e por que se levou a cabo esta construción en madeira, palla e arxila. A xornada rematou coa interesante visita a varios obradoiros das familias profesionais que oferta o centro e nos que os docentes nos foron resumindo non só o que estaban a facer os alumnos nese momento, senón tamén outras prácticas que alí se desenvolven a diario: Soldadura, Trazado e Montaxe, Mecanizado, Perrucaría e Estética. Finalmente, o persoal do CIFP de Someso agasallounos cunhas mochilas do Programa Atrévete que incluían, entre outras cousas, o convite a participar de novo no concurso de redacción “Atrévete a ter unha idea!”, do que formamos parte e no que acadamos un premio.

Page 62: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

61

VISITA ÁS EMPRESAS MALASA E PORTO-MUÍÑOS UBICADAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE ACEVEDO O día 8 de maio de 2018, visitamos as instalacións das empresas ubicadas no polígono de Acevedo de Cerceda, MALASA (empresa punteira no sector da madeira, metal e decoración) e PORTO-MUÍÑOS (empresa especializada no procesamento de algas ecolóxicas para o sector da restauración). Contamos coa presenza da Concelleira de Educación, Cristina Capelán, que quiso acompañarnos ao longo de ambas as dúas visitas. Suso foi o noso anfitrión e guía na primeira empresa, e Isabel e Tino os nosos anfitrións na segunda.

TODAS AS VISITAS E ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS ATÓPANSE ALOXADAS NA NOSA PÁXINA WEB. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/

Page 63: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

62

A coordinadora Asdo: Silvia Betanzos Tajes

9. BIBLIOTECA ESCOLAR

9.1. SERVIZOS DA BIBLIOTECA E EMPREGO DOS MESMOS.

Os servizos principais da Biblioteca foron: -Préstamos: O servizo de préstamos é do que máis emprego faise, repartíndose por un igual o alumnado de Infantil e de Primaria. Os máis pequenos van acompañados dos seus respectivos/as titores/as que os/as axudan a escoller as lecturas. -Consulta: Sobre todo, durante o horario de tarde coincidente coas actividades extraescolares. -Internet: Por falta de medios na propia Biblioteca, xa que dispoñemos dun único ordenador, ditas consultas realízanse na aula de informática. Na nosa páxina web: http://edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/ poden atopar as lecturas máis solicitadas, así como as novidades editoriais.

9.2. DOCUMENTOS E MATERIAIS ELABORADOS DURANTE O CURSO

Carteis.

Horario.

Normas.

Novidades.

Murais sobre el día del libro.

Títulos premiados.

Guías de lectura.

Colaboración na confección dixital do Xornal Escolar.

9.3. ACTIVIDADES REALIZADAS

Catalogación dos novos fondos bibliográficos adquiridos.

Page 64: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

63

Colaboración co Concello na programación de actividades.

9.4. AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA

Unha boa coordinación entre os equipos de ciclo, dos equipos docentes e a responsable da biblioteca, supuso a consecución da maioría dos obxectivos propostos tales como:

Continuar coa ampliación de fondos, tanto de lectura como informativos.

Implicar ao profesorado na toma de decisións á hora de adquirir novos libros.

Continuar coa elaboración de follas informativas para difundir as actividades da biblioteca.

Difundir as novidades adquiridas.

Organizar a conmemoración de datas e acontecementos sinalados.

9.5. PROPOSTAS DE MELLORA

Dar unha boa formación de usuarios.

Ampliar os servizos de biblioteca.

Mellorar e ampliar o Plan Lector do Centro.

Organizar actividades creativas.

Mellorar a distribución dos espazos.

Aumentar o equipamento informático.

10. PLAN LECTOR

Levouse a cabo de forma entusiasta por parte de todo o profesorado do Centro, contaxiándose dito entusiasmo a todo o alumnado. Durante o presente curso desenvolvimos diversas actividades que quedan reflectidas na memoria do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, contando coa máis que necesaria participación das persoas responsables do proxecto de dinamización da biblioteca escolar.

11. DEPORTE ESCOLAR

Page 65: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

64

Un nutrido grupo de alumnos/as e ex-alumnos/as participaron en diversas competicións deportivas de atletismo (fóra da xornada escolar), sendo dirixidos polo mestre de Educación Física José Domínguez Caballero contando, en todo momento, coa importante colaboración de varios pais e nais, acadando uns magníficos resultados dentro do ranking tanto galego coma nacional.

12. SIMULACRO DE AUTOPROTECCIÓN

No presente curso, e aínda que elaboramos o suposto do simulacro anual, e covocamos aos medios, tivemos que anulalo a última hora dado que os membros do equipo comarcal de bombeiros atopabanse de folga nesas datas continuándoa no momento actual.

13. XORNAL ESCOLAR O noso xornal publicouse coa colaboración de todos os membros do Claustro. O día 21 de xuño, canda a entrega dos boletíns de notas, repartiuse un exemplar en formato por familia, coa finalidade de aportarlles un resumo das actividades desenvolvidas ao longo do curso. Dito xornal fíxose extensivo a diversas entidades tanto públicas como privadas e está colgado na páxina web do centro educativo.

14. SANIDADE Tivemos as respectivas inspeccións do comedor escolar, tanto por parte do equipo de Sanidade da Consellería, como as relativas ás competencias da farmacéutica do Concello. Levantáronse tres actas por parte da inspección de sanidade por incumprimento, por parte da empresa Gescor, concesionaria do servizo complementario, de diverso tipo de documentación administrativa. Realizáronse tres análises de mostras e de superficies, tal como se recolle no documento de Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos.

Page 66: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

65

Así mesmo, realizáronse, ao longo do curso: a desratización, desinfectación e desinsectación das distintas dependencias do centro escolar, así como as analíticas bacteriolóxicas da auga.

15. PROGRAMA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

Estanse a levar a cabo os protocolos do proceso de axudas para a adquisición de libros de texto e materiais curriculares descritos na Orde do 09 de maio de 2018 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria, axudas para material para todo alumnado, en función da renda da unidade familiar, e fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

16. SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

16.1. COMEDOR ESCOLAR

16.1.1. DATOS REFERENCIAIS

Empresa adxudicataria: GESCOR S.L..

Remanente do curso anterior: 0 €.

Usuarios: 69 comensais.

Último contrato: Setembro de 2017.

Próxima mesa de contratación: Xullo de 2019.

Pagos: Os pagos á empresa encargada de servizo realizáronse directamente desde a Dirección Xeral, unha vez asinadas as facturas polo responsable da empresa concesionaria e conformadas polo director do Centro.

Persoal: É importante destacar a eficaz colaboración do persoal da empresa en todas as festas e actividades complementarias e extraescolares. Este curso, con motivo da celebración do Nadal, a empresa adxudicataria invitou a unha comida especial a todo o alumnado do Centro, así como aos profesores e profesoras. Tamén realizou as comidas de réxime que resultaron necesarias, así como a

Page 67: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

66

elaboración de menús especiais para alumnos con intolerancia e/ou alerxias.

16.2. TRANPORTE ESCOLAR

LIÑA 1: 23 alumnos.

LIÑA 2: 4 alumnos.

LIÑA 4: 21 alumnos.

Non tivemos ningún tipo de incidencia cos respecto ao servizo de transporte, provocado polas empresas. Os indicados no punto referente a incidencias meteorolóxicas desfavorables, solucionáronse cun grao de colaboración óptima por parte das dúas empresas prestadoras do servizo.

17. AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO DE PRIMARIA

17.1. PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS Os días 23 e 24 de maio realizamos a avaliación individualizada de terceiro de educación primaria presentándose dous discentes, dun total de seis que componen o grupo, a ambas probas.

18. COLABORACIÓN DO CONCELLO DE CERCEDA

Este curso, como en anos anteriores, o Concello colaborou activamente pola boa marcha do Centro, atendendo as nosas solicitudes e asumindo unha serie de gastos devengados delas:

Organización e posta en marcha das actividades extraescolares.

Mantemento e adecuación periódica dos patios interiores (poda,césped…).

Castañas do Magosto.

Substitución de diversos cristais interiores e exteriores.

Agasallos para o alumnado de Educación Infantil e Primaria na festividade do Nadal e día do Libro.

Conmemoración do Día Do Libro.

Invitación ao Aquapark para todo o alumnado do centro.

Page 68: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

67

19. PROPOSTAS DE MELLORA PARA INCLUIR NA PROGRAMACIÓN DO VINDEIRO CURSO

19.1. EDUCACIÓN INFANTIL

Continuar coa mestra especialista en A.L. para atender as necesidades existentes relacionadas coa articulación.

Continuar co apoio da mestra especialista de P.T. (debido ás necesidades do neno con síndrome de down, e ás previsións do novo alumnado de 3 anos)

Continuar co coidador, debido á falta de autonomía do neno con síndrome de down.

Ver a posibilidade, na confección de horarios, de ubicar os apoios de PT e AL, nas segundas ou ás cuartas horas, e as especialidades nas dúas últimas horas.

Manter unha sesión semanal na que coincidan as titoras de infantil.

Se é posible, contar as tres titoras co mesmo número de horas sen carga lectiva.

Adquirir un termómetro dixital para o botiquín do centro

Sacar a pizarra dixital da aula nº 1 e mover o canon para que se poda aproveitar para facer proxeccións na pizarra branca normal.

Melloras nas aulas de E.I (limpeza).

Aumentar o presuposto das aulas de 200 € para cada unidade.

Pintado do teito das aulas unha vez cambiada a cuberta.

19.2. PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

En liñas xerais, podemos dicir que estamos satisfeitos co traballo desenvolvido desde a aula de apoio.

Seguiremos traballando nesta liña, procurando o máximo nivel de inclusión e participación do noso alumnado.

E mantendo unha boa coordinación entre os diversos profesionais que están implicados na educación dos nosos alumnos, tanto a nivel interno como externo.

19.3. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Page 69: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

68

Pretendemos continuar coas actividades deste ano e engadir algunha a proposta dos pais/nais.

19.4. PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

Consideramos que os obradoiros deben manterse xa que o seu formato funciona.

Intentaremos que o proxecto da biblioteca sexa un eixe do traballo durante todo o curso e máis aspectos curriculares.

Agradecemos a implicación do profesorado nas actividades realizadas e os animamos tamén a involucrarse cada día un pouco máis na animación á lectura do alumnado.

Con todo, a nosa valoración do curso desde a biblioteca é positiva, pero aínda queremos que sexa máis, e para iso traballaremos o vindeiro curso.

19.5. BIBLIOTECA ESCOLAR

Dar unha boa formación de usuarios.

Ampliar os servizos de biblioteca.

Mellorar e ampliar o Plan Lector do Centro.

Organizar actividades creativas.

Mellorar a distribución dos espazos.

Aumentar o equipamento informático.

19.6. PLAN TIC

Instalar novo software nos ordenadores, informando e asesorando ao profesorado dos obxectivos e funcionamento de cada un.

Actualización semanal da páxina web do centro incorporando, especialmente, todo tipo de enlaces educativos clasificados, así como blogs dos distintos cursos.

19.7. AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA E INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO DE PRIMARIA

Realización de resumos periódicos sobre libros de lectura.

Ampliar o vocabulario específico.

Page 70: Celso Emilio Ferreiro, s/n 15186 CERCEDA - A CORUÑA 881 880 … · 2020. 7. 17. · MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018 2 MEMORIA CURSO

MEMORIA FINAL “Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro”Curso Escolar 2017/2018

69

Organizar actividades creativas que redunden nunha mellora da expresión escrita.

A PRESENTE MEMORIA FOI INFORMADA POLO CLAUSTRO DE MESTRES, AVALIADA POLO

CONSELLO ESCOLAR E APROBADA POLA DIRECCIÓN NAS XUNTANZAS CELEBRADAS O DÍA 27 DE XUÑO DE 2018

O director e Presidente do Consello Escolar Asdo.: Rafael Rodríguez Martín