xenÉtica fontao...xenÉtica fontao torrel, a volta con forza do lÍder nº15 decembro 2013 chinelo...
Post on 18-Aug-2020
11 Views
Preview:
TRANSCRIPT
XENÉTICA FONTAO
TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER
Nº15 Decembro 2013
Chinelo TORREL 5545 MB-85
SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS XENÓMICOS SON DE XENÉTICA FONTAO
EXCELENTE PAPEL DAS FILLAS DOS NOSOS TOUROS NOS CONCURSOS
SEXPILL, O MELLOR TOURO ESPAÑOL ACORNE E PORTADOR DO FACTOR VERMELLO
z
Pedigree orixinal da familia “Converse Judy”
Proba moi equilibrada tanto para produción como para tipo
Altísimas producións de leite (+1.437 kg) con excelentes calidades de graxa (+42 kg) e proteína (+42 kg)
Morfoloxía moi correcta, sen debilidades: ubres +2, patas +1,16, capacidade +1,89 e tipo xeral (IXT) +2,15
Na súa segunda proba oficial dobra o número de fillas, sobe máis de 200 puntos e sitúase como Nº 6 do TOP 50 GICO
XUDÁN ESPM2703015027 aAa 432516
AIRRAID x CHAMPION x AARON
Teixeiro XUDÁN Quinta MB-85
Xenética fontao DECEMBRO 2013 3EDITORIAL
EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo
Tfno.: +34 982 284 391Fax: +34 982 284 626E-mail: xeneticafontao.agri@xunta.esWeb: www.xeneticafontao.com
PRODUCIÓN:Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo
Tfnos.: 982 221 278, 610 215 366, 636 952 893E-mail: transmedia@ctransmedia.comWeb: www.transmedia.es
Tiraxe:7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008
ÍNDICEÚLTIMAS PROBAS DE CONAFE ...
CONCURSOS..................................
O CARÁCTER ACORNE ..................
TOUROS PROBADOS:
XACOBEO ......................................
Juan (dereita), Iván e Estefanía, propietarios da gandería López Lunar de Dos Torres (Córdoba), con López Lunar XACOBEO Bibiana, Xata Campioa e Gran Campioa de
Xovencas do concurso USÍAS HOLSTEINS 2013
4
z
Pedigree orixinal da familia “Converse Judy”
Proba moi equilibrada tanto para produción como para tipo
Altísimas producións de leite (+1.437 kg) con excelentes calidades de graxa (+42 kg) e proteína (+42 kg)
Morfoloxía moi correcta, sen debilidades: ubres +2, patas +1,16, capacidade +1,89 e tipo xeral (IXT) +2,15
Na súa segunda proba oficial dobra o número de fillas, sobe máis de 200 puntos e sitúase como Nº 6 do TOP 50 GICO
XUDÁN ESPM2703015027 aAa 432516
AIRRAID x CHAMPION x AARON
Teixeiro XUDÁN Quinta MB-85
9
22
27
2-00 380 d. 13.923 kg L. 3,99% G. 3,26% P.
LIDERADO ABSOLUTO DOS TOUROS DE XENÉTICA FONTAO NAS PROBAS DE CONAFE DE NOVEMBRO
TOUROS PROBADOSAs últimas probas oficiais ofrecen ex-
celentes posicionamentos para os tou-
ros de Xenética Fontao, tanto para os xa
confirmados en probas anteriores, que
manteñen a súa calidade, coma para os
que foron avaliados por primeira vez e se
incorporan con éxito.
Os sementais de Xenética Fontao volven brillar no novo TOP 50 ICO dos touros pro-bados e xenómicos, á vista dos resultados das avaliacións de Conafe corresponden-tes a novembro de 2013. Dos 10 primeiros touros en activo probados en España, 5 son deste centro e no TOP 10 dos xenómicos entran 7 sementais, ocupando neste caso os tres primeiros postos.
Chinelo TORREL 5545 MB-85
TORRELEste touro revalida o seu liderado como
flamante n.º 1 por ICO (+3.548 puntos).
Dende a súa primeira proba oficial in-
corpora máis de 60 fillas novas, coas que
retorna ao máis alto do podio con máis
forza que nunca. Mantense en termos de
produción e en tipo e mellora en todos os
caracteres fundamentais: ubre, patas,
capacidade e tipo en xeral. Non en van, é
tamén o n.º 1 en patas e pés e, ademais,
o n.º 2 para leite.
GOSPELLTrátase do Goldwyn con máis produción
de leite a nivel internacional. Leva xa dous
anos dentro do TOP 5 e na que é a súa sex-
ta proba consecutiva continúa nos postos
Nº 1 ICO
Nº 1 PATAS
Nº 2 KG LEITE
Xenética fontao DECEMBRO 20134 PROBAS
Cañamar DUNO 5708 MB-87
San Andrés GOSPELL 8026 BB-82 SM-85
máis altos desta listaxe. Aínda que a proba
permanece practicamente invariable, á es-
pera de incorporar novas fillas de segundo
grupo, destaca en produción (máis de 1.500
quilos de leite) e en tipo (cun +2,54 que o si-
túa como n.º 4 por IXT).
XUDÁNNa súa segunda proba oficial, Xudán
confirma e mellora todos os datos. Coló-
case no sexto posto da lista, dobra o nú-
mero de fillas e sobe en caracteres coma
leite, graxa, proteína, ubres, patas e tipo
en xeral. Cómpre salientar o seu orixinal
pedigree, Airraid x Champion, e a súa
procedencia da familia “Converse Judy”.
XACOBEOMario Xacobeo pecha o TOP 10 dos tou-
ros probados por ICO en activo. Con ao
redor de 10.000 fillas na súa proba man-
tén unha absoluta estabilidade en todos
os caracteres e conságrase como un
dos grandes sementais da raza Holstein
de todos os tempos.
DUNOSegue imbatible como n.º 1 para leite
con producións cada vez máis altas que
se achegan á cifra máxica de 2.000 qui-
los. Ademais, cabe resaltar que conser-
va unha boa proba de tipo.
CORTOBESobe en leite, en proteína e en patas e
mantense en tipo e ubre. Na súa terceira
proba oficial recupera posicións cunha li-
xeira mellora en todos os trazos tanto de
produción coma de tipo.
LASSONEste fillo de Bolton da familia “Laurie
Sheik” continúa destacando coma un dos
mellores touros para produción de leite.
As últimas probas de Conafe sitúano no
número 20 do TOP 50 ICO.
BETANZOSBetanzos, que permanece no TOP 25 ICO,
pode presumir de volver ser n.º 1 para
ubre (+3,37). Así mesmo, incrementa os
índices de produción de leite e proteína.
DELETEDobra o número de fillas (323), sobe case
200 quilos en leite e mellora niveis de graxa
e proteína, e isto en canto a produción, can-
do é un touro de supertipo. Tamén mantén
os datos de tipo con practicamente 70 no-
vas fillas cualificadas. En definitiva, é o n.º
1 en tipo e en lonxevidade, n.º 2 en ubre e o
n.º 3 en patas, co que satisfai as expectati-
vas postas nel por moitos gandeiros.
Torrel revalida o seu liderado como flamante n.º 1 por ICO (+3.548 puntos). Dende a súa
primeira proba oficial incorpora máis de 60 fillas novas
Nº 1 ICO
Nº 1 PATAS
Nº 2 KG LEITE
Nº 1 KG LEITE
Xenética fontao DECEMBRO 2013 5PROBAS
NOVAS INCORPORACIÓNSCOLINS
A incorporación máis importante no TOP
10 é Altomiño Colins ET, un fillo de Toy Story
x Titanic, descendente da vaca americana
Windermere Carmelo Patron. Colins es-
tréase nesta lista cunha proba moi equili-
brada, con altas producións de leite e proteí-
na e cun tipo moi balanceado, sen ningunha
falta.
HORACIOTamén merece unha mención espe-
cial o debut de Bos Jelder Horacio ET
no TOP 20. A súa proba de descendencia
confirma os datos xenómicos que xa se
coñecían, incluso cunha pequena mello-
ría. Horacio posúe un pedigree diferen-
te, Jelder x Titanic, e é descendente da
familia americana de vacas “Saturday”.
BALDOPor último, cabe sinalar a entrada de
Baldo, o mellor fillo de Baxter no TOP Foros BETANZOS Festa BB-82 SM-83
Mantoño DELETE Frost MB-85 SM-86
30. Froito do cruzamento Baxter x Best,
e descendente da prestixiosa vaca
americana Ladys-Manor Temptress
Jem, presenta un tipo equilibrado e so-
bresae polas altísimas producións de
leite e proteína, caracteres para os que
a proba de descendencia case dobra as
cifras que tiña na proba xenómica.
Nº 1 UBRE
Nº 1 TIPO
Nº 2 UBRE
Nº 3 PATAS
Xenética fontao DECEMBRO 20136 PROBAS
TOUROS PROBADOS
ORDE NOME TOURO ANO FIP KL PPG KG PPP KP FIT IPP ICU IXT RCS LONX. FIDA ICO
1 BOS SEIJO BOLTON TORREL ET ESPM2702905586 07 93 1796 -0,18 45 -0,13 43 93 2,49 1,85 2,44 107 111 68 3.548
4 BOS GOLDWYN GOSPELL ET ESPM1502706264 06 93 1574 -0,05 51 -0,04 46 92 0,72 1,62 2,54 108 106 68 3.266
6 BOS BAIXO AIRRAID XUDÁN ET ESPM2703015027 08 91 1411 -0,10 40 -0,04 41 90 1,16 2,00 2,15 95 104 66 3.166
10 ALTOMIÑO COLINS ET ESPM2703112312 08 90 1422 -0,30 20 -0,07 38 84 1,20 1,34 1,52 98 104 59 2.944
11 MARIO XACOBEO ET ESPM9202311402 03 99 1041 -0,22 15 -0,04 29 99 1,82 2,18 2,48 92 110 95 2.924
13 MANTOÑO DUNO ESPM2702530479 05 95 1975 -0,45 22 -0,28 32 94 0,50 0,62 0,98 90 116 75 2.845
16 BOS O-BEE MANFRED ORDES ET ESPM1502482748 05 93 1015 0,06 43 0,06 38 92 0,06 1,03 0,36 108 116 70 2.818
17 BOS BOLTON CORTOBE ET ESPM1502835644 07 93 1068 -0,03 35 -0,07 27 93 0,87 1,75 1,50 105 114 69 2.811
20 BOS JELDER HORACIO ET ESPM1503103555 09 88 1150 -0,27 14 0,00 37 81 0,87 1,37 1,47 92 106 53 2.775
21 SAN CRISTOBAL LASSON ESPM0502815597 07 94 1690 -0,20 39 -0,18 34 94 0,44 0,90 2,12 91 103 76 2.766
22 COMESTAR GOLDWYN LAUTAMIC ET ESPM3102720401 06 99 957 0,19 54 0,13 43 99 0,39 1,48 1,90 100 93 87 2.742
23 FEÁN WALDSTER ET ESPM9202704559 05 95 1005 -0,09 27 0,02 34 93 1,11 0,35 -0,09 117 119 73 2.739
24 RIDGEFIELD DELETE ET ESPM9203016128 07 96 683 -0,17 8 -0,18 4 95 1,85 3,16 2,97 108 123 68 2.736
26 BOS SHOTTLE BETANZOS ET ESPM1502779231 06 95 826 -0,11 19 -0,14 12 94 0,23 3,37 2,77 117 115 73 2.734
27 BOS SHOTTLE ÁMBAR ET ESPM1503006592 08 93 527 0,36 54 0,01 18 93 1,00 2,16 1,76 125 119 66 2.730
28 BOS BAXTER BALDO ET ESPM1503047694 08 84 1489 -0,18 35 -0,08 39 83 0,22 0,66 1,47 100 100 56 2.717
TOUROS XENÓMICOS Os resultados de Conafe do TOP 50 dos
xenómicos tamén sitúan os touros de
Xenética Fontao en magníficas posicións,
empezando polo propio podio.
SALNÉSSalnés (Snowman x Goldwyn x Oman),
da familia “Blackstar Raven”, toma a
primeira posición e, por tanto, lidera
por completo a clasificación dos touros
xenómicos. Obtén altas producións de
leite, magníficas calidades e moi boa
morfoloxía, ademais de ter destacados
caracteres secundarios. Seu é o título de
n.º 1 para proteína.
STOPStop (Snowman x Baxter x Goldwyn), da
familia “Lila Z”, acada a terceira praza
na súa terceira proba xenómica oficial, o
que confirma a alta calidade xeral. Me-
llora os datos e maniféstase unha vez
máis como un dos grandes touros xenó-
micos deste país.
XILAs probas corroboran a súa hexemonía
para ubres e tipo, xa que volve ser o n.º
1 para estes trazos do TOP 50 xenómico
español.
Finalmente, cabe valorar o posiciona-
mento doutros touros xenómicos de Xe-
nética Fontao, como ARMÓNICO, BRAND-
SON, CANCELLARA, BEARIZ, SWAROSKI,
CURTIS etc.
XIL
Nº 1 UBRE
Nº 1 TIPO
Nº 2 UBRE
Nº 3 PATAS
Nº 1 TIPO TOP 50 Xen.
Nº 1 UBRE TOP 50 Xen.
Xenética fontao DECEMBRO 2013 7PROBAS
DEBUTSHISTORIC
Fantástica entrada de Historic nos pri-
meiros postos do TOP 50 xenómico. É
o novo n.º 2. Este fillo de Epic x Planet
descende da prestixiosa vaca francesa
Rudolph Olivia EX-90 e presenta eleva-
das producións de leite, graxa e proteí-
na, con moi boa morfoloxía, ubres exce-
lentes e alta lonxevidade.
BARMANÉ o único touro do TOP 25 nacido en
TOUROS XENÓMICOS
ORDE NOME FIP KL PPG KG PPP KP IPP ICU IXT RCS LONX. DA ICO
1 HEIDENSKIPSTER SALNÉS 70 1794 -0,10 54 0,00 57 1,52 1,40 1,61 115 115 100 3.701
2 HISTORIC 70 1598 -0,09 48 0,02 53 0,52 2,47 2,10 107 125 92 3.672
3 VENDAIRY STOP 70 1718 -0,12 49 -0,10 44 1,37 2,31 2,42 114 123 98 3.668
5 CASA DE LOLA XF SNOW BARMAN 70 1514 0,14 69 0,06 55 1,30 1,87 2,15 107 112 104 3.624
6 TEXEL BEAUTY CAPRICHO 70 1655 -0,12 47 -0,03 49 1,03 2,12 2,21 114 119 92 3.588
8 VVH ARMÓNICO 70 1367 0,03 52 0,07 51 1,30 2,27 2,29 110 113 92 3.519
10 GO-FARM HULK ET 70 1219 -0,18 25 -0,03 36 0,84 2,94 2,06 116 134 104 3.471
12 GO-FARM HOK ET 70 1299 -0,30 16 -0,05 36 1,73 2,38 1,99 116 132 105 3.463
16 WATERMOLEN BRANDSON 70 1614 0,07 66 -0,03 48 1,30 1,27 1,70 112 117 96 3.455
17 SHARIN SWAROSKI 70 1542 -0,19 35 0,02 51 0,71 2,06 1,49 101 117 97 3.454
18 JK EDER CANCELLARA 70 1729 -0,16 45 -0,06 49 1,12 1,99 2,12 109 107 85 3.452
19 HBC A-L-H BEACON BEARIZ 70 1387 -0,01 49 0,01 45 1,19 1,98 1,93 113 117 100 3.421
20 GIESSEN CURTIS 70 1513 -0,17 37 0,03 51 0,06 2,29 1,78 104 114 97 3.398
22 CAPS MALIBOE 70 1291 -0,01 46 0,02 43 1,32 1,79 2,36 113 121 108 3.384
23 TIRSVAD SNOWMAN ATLANTA 70 1332 0,03 51 0,03 45 1,82 1,44 1,74 111 118 100 3.376
24 SHAJOLI ET 70 1381 0,03 53 0,01 45 0,79 1,98 1,59 108 121 93 3.375
25 DE VOLMER LEMOS 70 1716 -0,12 49 -0,07 47 1,31 1,45 1,73 110 107 93 3.369
29 BOUW SNOW FALCO 70 1375 -0,12 37 -0,07 36 1,74 1,93 2,05 115 123 98 3.349
30 MIKOS ET 70 1315 -0,17 30 -0,09 33 0,94 2,87 2,18 109 121 107 3.341
España (concretamente na gandería Casa
Lola de Arzúa, A Coruña), procedente do
Programa de Transferencia Embrionaria
promovido pola Consellería do Medio Rural
e do Mar. Este fillo de Snowman x Man
O Man, da familia “Gypsy Grand”, debuta
no número 5 con elevadas producións
de leite, excelentes calidades de graxa e
proteína (é o n.º 1 para graxa e o n.º 2 para
proteína) e cun tipo sobresaliente.
CAPRICHOFillo de Snowman x Niagra, da familia
“Juror Faith”, entra na súa primeira
proba oficial no n.º 6, xusto por debaixo
de Barman, e cunha proba moi similar
á deste: altas producións de leite, boas
calidades e fantástica morfoloxía.
HULK E HOKEstes dous irmáns completos, Go-Farm
Hulk e Go-Farm Hok, presentan un pedigree
moi actual: Mogul x Súper. Estréanse
no máis alto da táboa con dúas probas
realmente destacadas para produción,
morfoloxía e caracteres secundarios.
BARMANSALNÉS
Nº 1 KG GRAXA
Nº 2 KG PROTEÍNA
Nº 1 GICO TOP 50 Xen.
Nº 1 KG PROTEÍNA
Xenética fontao DECEMBRO 20138 PROBAS
OS CONCURSOS DA RAZA FRISOA PREMIAN A CALIDADE MORFOLÓXICA DAS FILLAS DE TOUROS DE FONTAO As competicións de gando frisón organizadas ao longo de 2013 en España e no es-
tranxeiro contaron coa participación de xatas, xovencas e vacas descendentes de coñecidos sementais do noso centro, as cales lograron distincións e mencións rele-vantes nos distintos palmareses.
Flora GOSPELL Manioca
2.ª de sección Xatas de 14 a 16 meses NACIONAL 1.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses MOEXMU
1.ª de sección e Mención de Honor Xatas de 6 a 9 meses EUROPEAN DAIRY SHOW (ITALIA)
Nº 1 KG GRAXA
Nº 2 KG PROTEÍNA
Xenética fontao DECEMBRO 2013 9CONCURSOS
2.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses MOEXMU
Cancela XACOBEO Dolores
2.ª de sección Xovencas de 17 a 19 meses MOEXMU
Vega DELETE Paula
3ª de sección (Terneras 10-14 meses)
Flora XACOBEO Chanel 2.ª de sección Vacas de 3 anos júnior
EUROPEAN DAIRY SHOW (ITALIA)
Tobías XACOBEO Pilar MB-881.ª de sección Xatas de 14 a 16 meses MOEXMU
Xata Campioa NACIONAL 2012
1.ª de sección Vacas ata 26 meses MOEXMU
Nodi BRANDY Xistra MB-851.ª de sección Vacas de 27 a 30 meses MOEXMU
Vaca Nova Subcampioa MOEXMU
Rego XACOBEO Xena 8888 MB-86
Xenética fontao DECEMBRO 201310 CONCURSOS
Manteiga XACOBEO Clementina
2.ª de sección Xatas de 14 a 16 meses FEFRIGAXata Subcampioa e 2.ª de sección Xatas de 11 a 13 meses MOEXMU
Xata Campioa FEIRADEZA Xovenca Campioa e Gran Campioa A ESTRADA
3ª de sección (Terneras 10-14 meses)
Atalayuela XACOBEO Silvia MB-851.ª de sección e Mellor Ubre Vacas Intermedias de 3 anos
VALLE DE LOS PEDROCHES
El Moral XACOBEO Daminia MB-872.ª de sección Vacas Novas de 30 a 36 meses
VALLE DE LOS PEDROCHES
Xenética fontao DECEMBRO 2013 11CONCURSOS
Cesares Boeza DANCER MB-89
1.ª de sección e Mellor Ubre Vacas de 4 anos MOEXMUVaca Intermedia Subcampioa MOEXMU
3ª de sección (Terneras 10-14 meses)
Baroncelle TRUENO R. Chenoa R.2.ª de sección Vacas Intermedias de 3 anos
VALLE DE LOS PEDROCHES
Barranco XACOBEO Leyenda MB-86
1.ª de sección Xatas ata 8 meses FEIRADEZA
Xenética fontao DECEMBRO 201312 CONCURSOS
Manteiga XACOBEO Mandarina MB-85 SM-87
2ª de sección Vacas Intermedias de 3 anos MOEXMUVaca Intermedia Campioa e Vaca Gran Campioa FEIRADEZA
3ª de sección (Terneras 10-14 meses)
Gresande CHAMOSO Chenoa
1.ª de sección Xatas de 11 a 13 meses FEIRADEZA
Baroncelle XACOBEO Rubí
1.ª de sección Xovencas de 17 a 19 meses FEIRADEZA
Xenética fontao DECEMBRO 2013 13CONCURSOS
Atalayuela XACOBEO Milka
2.ª de sección Xatas de 10 a 14 meses USÍAS HOLSTEINS1.ª de sección Xatas de 3 a 6 meses VALLE DE LOS PEDROCHES
Xata Campioa VALLE DE LOS PEDROCHES
3ª de sección (Terneras 10-14 meses)
Manteiga DARTER Alemana MB-85
1.ª de sección Xovencas de 20 a 22 meses FEIRADEZA
Blanco DELETE Vilacoba IV2.ª de sección Vacas ata 30 meses FEIRADEZA
3.ª de sección Vacas ata 30 meses FEFRIGA
Xenética fontao DECEMBRO 201314 CONCURSOS
Cid BRANDY Grisi BB-84
1.ª de sección e Mellor Ubre Vacas ata 30 meses FEFRIGAVaca Nova Subcampioa FEFRIGA
2.ª de sección Xatas de 11 a 13 meses FEFRIGA
Casa-Nova Irina ÁMSTERDAM 900
1.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses FEFRIGA
Casa-Nova CHARISSE Leopard 918
Xenética fontao DECEMBRO 2013 15CONCURSOS
Xenética fontao DECEMBRO 201316 CONCURSOS
z
Xenética fontao DECEMBRO 2013 17CONCURSOS
z
ENÓMICOS
2Nº
3.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses NACIONAL1.ª de sección Xatas ata 8 meses TINEO
F.Redones de Baix DELETE Jazz1.ª de sección Xatas de 11 a 13 meses FEFRIGA
1.ª de sección Xatas de 14 a 16 meses NACIONAL
Pozosaa XACOBEO 6945 Lusi
G. Pereira DELETE Lisa
1.ª de sección Xovencas de 23 a 28 meses A ESTRADAXovenca Subcampioa A ESTRADA
Xenética fontao DECEMBRO 201318 CONCURSOS
Kinteiro EROY Eire
3.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses A ESTRADA
2.ª de sección Vacas ata 26 meses MOEXMU
Xercas Cav Jacoba XACOBEO BB-84
3.ª de sección Vacas Intermedias de 4 anos MOEXMU
Manteiga DANCER Rula MB-85 SM-87
Xenética fontao DECEMBRO 2013 19CONCURSOS
1.ª de sección Xatas de 10 a 14 meses USÍAS HOLSTEINS
H.Tobías XACOBEO Chata
2.ª de sección Vacas de 30 a 36 meses USÍAS HOLSTEINS
El Cerrillo XACOBEO Melinda
López Lunar XACOBEO Bibiana
1.ª de sección Xatas de 6 a 10 meses USÍAS HOLSTEINSXata Campioa USÍAS HOLSTEINS
Xovenca Gran Campioa USÍAS HOLSTEINS
Xenética fontao DECEMBRO 201320 CONCURSOS
Urmel MEY MB-88 (2.ª lact.)
Vaca Intermedia Subcampioa OSNABRUCK (ALEMAÑA)
2.ª de sección Vacas de 3 anos USÍAS HOLSTEINS
López Lunar XACOBEO Mireya2.ª de sección Vacas Novas ata 30 meses
USÍAS HOLSTEINS
Cruce XACOBEO 400 Eléctrica
Xenética fontao DECEMBRO 2013 21CONCURSOS
O CARÁCTER ACORNE: MODA OU TENDENCIA?
O DESCORNADOA existencia de cornos ou hastas nos
animais de granxa é, sen dúbida, unha
ameaza pois complica o manexo en xe-
ral, sobre todo á hora da alimentación e
do transporte de efectivos, ademais de
pór en risco a integridade mesma dos
animais e tamén a daquelas persoas que
están ao seu redor. É por iso que a maio-
ría dos animais de granxa con cornos se
descorna, unha operación que, realiza-
da a idade temperá, non entraña perigo
ningún, pero si un traballo extra (sobre
todo en granxas con grandes efectivos) e
certos riscos engadidos.
Descornar é unha práctica custosa
en termos económicos e frontalmente
oposta ao concepto de benestar animal.
Sen dúbida, é unha das tarefas menos
gratas da actividade cotiá dunha granxa
e que ten que ver ademais co colectivo
máis vulnerable, é dicir, cos efectivos
máis novos. O custo do descornado en
pouca idade foi estimado nunha cifra
entre 10 e 50 euros por animal; ade-
mais do gasto económico, o descornado
compromete o normal crecemento do
animal, todo iso en ausencia de com-
plicacións, e aínda máis se tras o des-
Esta é unha das preguntas que escoitamos hoxe en día, xunto con outros comenta-rios moi frecuentes coma “a xenética acorne non é o suficientemente boa aínda”, “hai cousas máis importantes para as que seleccionar” ou “descornar non é un tema tan grave”. O carácter acorne é un trazo regulado por un único xene dominante e, polo tanto, é moi fácil o seu control nunha poboación determinada. Se a presenza deste xene na poboación frisoa redunda en beneficios para a raza, tanto para criadores en particular coma para a industria en xeral, debemos implicarnos conxuntamente para incrementala día a día.
SEXPILL (Snowman x Lawn Boy, da familia “Roxy”)
cornado aparecen infeccións que poidan
alongar o período de non ganancia de
peso (ou de perda deste) e ata provocar
a morte do animal. Descornar é, por
tanto, unha tarefa inevitable e obrigada
en calquera granxa pero moi mal vista
polas organizacións que loitan a favor
do benestar animal; é por isto que este
tipo de prácticas pouco respectuosas
cos animais (como o corte de colas) son
susceptibles de ser reguladas e/ou pro-
hibidas pola lexislación nun futuro non
moi afastado.
É o touro acorne e portador do factor vermello con mellores índices xenómicos do panorama nacional
Xenética fontao DECEMBRO 201322 XENÉTICA
INDIANO (Sudán x Bogart)
OUTEIRO ROJO (Colt P Red x Mr Burns)
Doutra banda, o consumidor está cada
día máis preocupado en coñecer como
son producidos os alimentos de orixe
animal e como son tratados os animais
no devandito proceso. O consumidor fi-
nal non desexa manipulacións xenéticas
dos animais subministradores de ali-
mentos, pero non é este o caso que nos
ocupa, pois o xene acorne ou polled é un
xene natural, que simplemente necesi-
ta incrementar a súa presenza na po-
boación frisoa, na que foi baixa ata datas
recentes.
TRANSMISIÓN DO XENE POLLED (ACORNE)
Polled é a palabra inglesa para refe-
rirse á ausencia de cornos no gando.
Admítese que o carácter acorne apa-
rece coma unha mutación natural unha
vez cada 100.000 apareamentos entre
touros e vacas con cornos.
Cando aparece o carácter acorne, a súa
herdanza ou transmisión é ben sinxela,
pois está controlada unicamente por
un xene, o coñecido como xene mocho,
acorne ou polled (P), que é dominante
e inhibe a expresión do xene recesivo
hastado ou con cornos (p). Un animal
con cornos sempre será homocigótico
para este carácter (pp), mentres que un
animal sen cornos (mocho) poderá ser
homocigótico, tamén chamado acorne
puro (PP), e a súa descendencia será
sempre sen cornos ou heterocigótica
(Pp), cuxa proxenie será acorne entre
un 50-75% dos casos, dependendo de se
o outro proxenitor é pp (con cornos) ou
Pp (acorne).
Existen outros xenes que afectan o
crecemento dos denominados “tocos”,
“cachos” ou “cornos soltos” (scurs é o
termo inglés). Os tocos son unhas for-
macións que nos lembran a cornos non
completamente desenvolvidos, de ta-
maño variable (existe outro grupo de xe-
nes relacionado co tamaño) e que per-
manecen soltos total ou parcialmente
baixo a pel, é dicir, non van unidos ao
cranio e son, por tanto, movibles.
Este touro acorne e de capa vermella nacido na gandería Outeiro CB (Chantada, Lugo) tamén é un membro da célebre familia “Roxy”
Touro acorne e portador do factor vermello, cun pedigree diferente e moi orixinal
Os tocos están regulados por outro
xene independente do xene acorne que
estamos a tratar e non ten efecto nin-
gún sobre a presenza ou ausencia dos
cornos propiamente ditos. Nin todo o
gando con cornos porta o xene dos to-
cos nin este está ausente en todos os
animais acornes. Este xene está, ade-
mais, ligado ao sexo, e é dominante nos
machos e recesivo nas femias.
Xenética fontao DECEMBRO 2013 23XENÉTICA
As distintas posibilidades derivadas do cruzamento entre animais acornes e con cornos quedan resumidas na seguinte táboa:
CRUZAMENTOS DE ANIMAIS ACORNES E CON CORNOS
1 Acorne puro (PP) x acorne puro (PP) 100% acorne puro (PP)
2 Acorne puro (PP) x hastada (pp) 100% acornes heterocigóticos (Pp)
3 Acorne puro (PP) x acorne heterocigótico (Pp)100% acorne:
50% acorne puro (PP)50% acorne heterocigótico (Pp)
4 Acorne heterocigótico (Pp) x hastada (pp)50% acorne heterocigótico (Pp)
50% hastado (pp)
5 Hastado (pp) x hastada (pp) 100% hastados (pp)
6 Acorne heterocigótico (Pp) x acorne heterocigótico (Pp)
25% acorne puro (PP)
50% acorne heterocigótico (Pp)
25% hastado (pp)
Golden-Oaks Perk RAE Red EX-90
Burket Falls ELEVATION Sophia P EX-93 Hickorymea AERO Tena P
Dende a perspectiva práctica ou de
granxa, a selección dos animais mochos
é ben sinxela tamén, pois, ao ser un xene
dominante, todos aqueles animais que non
posúan cornos son portadores do xene e,
pola contra, se posúen cornos non levan
o xene. Por tanto, é ben fácil identificar os
portadores do xene (mochos) para usalos
como proxenitores e asegurarnos así a
presenza do xene nas xeracións futuras.
HISTORIAConsidérase que soamente ao redor
dun 5% dos efectivos da raza Holstein é
actualmente portador do xene acorne.
Porcentaxes similares establécense
noutras razas leiteiras, como a Jersey, ou
cárnicas, como Fleckvieh, Charolais ou
Limousin.
Todo o contrario ocorre noutras
razas bovinas (fundamentalmente de
aptitude cárnica e de orixe británica
ou escandinava), nas que a totalidade
(100%) dos seus efectivos son acornes
(Aberdeen Angus, Hereford, Galloway
etc). O motivo da escasa presenza do xene
acorne nas razas bovinas leiteiras pode
ser que a énfase na mellora xenética
destas foi sempre posta en mellorar as
súas producións, co que as escasas liñas
xenéticas portadoras do xene acorne non
podían competir adecuadamente co resto
da poboación.
Unha das vacas acornes máis célebres dos últimos tempos
Unha das vacas acornes con máis impacto na raza
Unha vaca acorne emblemática na raza Holstein
Xenética fontao DECEMBRO 201324 XENÉTICA
A existencia do carácter acorne en
diferentes razas bovinas foi coñecida
polo ser humano desde sempre e
aínda que se ignora en que porcentaxe
aparecía, son evidentes as referencias en
escritos, gravados e moedas das antigas
civilizacións exipcia, grega e romana con
cabezas de bovinos con e sen cornos. Con
todo, parece que cando máis frecuente
era o xene polled na raza foi no gando
frisón europeo que poboaba Holanda e o
norte de Alemaña no século XIX, é dicir,
nos devanceiros da actual raza Holstein.
Existen referencias do ano 1886 nas que
se cita a presenza de animais acornes
nun concurso da raza frisoa en Holanda,
mesmo cunha clase ou sección específica
para eles, pero a presenza do devandito
xene na poboación diminúe claramente a
partir do ano 1900 debido a varias razóns:
naquel tempo gravábanse sobre os cornos
os números de identificación dos animais
e, ademais, nos establos tradicionais da
época (animais atados) preferíase aloxar
animais con cornos, pois estes facilitaban
os sistemas de amarre. Todo iso derivou
nunha forte presión de selección a favor
dos animais con cornos e dicimos forte
porque se trataba de suplantar un xene
dominante (acorne) por un recesivo (con
cornos).
Malia todo, un reducido número de
criadores en UK, Alemaña e, sobre todo,
en USA continuou seleccionando gando
acorne e contribuíu enormemente a
manter a presenza do xene na raza,
aínda que fose nun número limitado de
animais, pero esta presenza foi moi fácil
de incrementar, grazas á súa transmisión
como xene dominante.
O empeño destes criadores entusiastas
do xene polled deu lugar ao primeiro touro
acorne dispoñible por inseminación artificial
alá polos anos 70. O seu nome era Burket
Falls ABC P, un touro de monta natural
nacido no ano 1969 e que acabou estando
dispoñible para a inseminación artificial,
o que permitiu que ao final dous terzos de
todos os animais acornes do mundo hoxe
en día descendan deste semental. Este
touro acorne foi criado por David Burket,
da granxa Burket-Falls (Pennsylvania),
que tamén criou a que resultou ser unha
das vacas acornes con máis impacto na
raza (neta do mencionado ABC P) e nada
no ano 1974: Burket Falls Elevation Sophia
P EX-93. Outro dos buques insignia na
crianza de gando acorne da raza Holstein é
Hickorymea Farm de Eddie & Keel Johnson
(Pennsylvania), coa vaca Hickorymea Aero
Tena P e co semental Hickorymea Tripod-P.
Estes gandeiros, entre outros, foron
pioneiros tratando de crear liñas xenéticas
acornes de alta calidade combinando
o xene acorne cos touros líderes do
momento e as mellores familias de vacas,
pero o progreso xenético foi escaso e moi
lento, debido á falta de diferentes liñas
xenéticas e animais destacados cos que
traballar.
O resultado foi entón un reducido
número de touros acornes con índices
xenéticos medios ou máis ben baixos
para o seu uso ou explotación comercial.
Isto está hoxe en proceso de cambio e o
uso da xenómica fai que sexa máis fácil
e moito máis rápida a identificación
de animais elite portadores do xene
acorne.
SITUACIÓN ACTUALO punto de inflexión para a xenética
acorne foi, sen dúbida, a aparición do
touro Aggravation Lawn Boy P Red EX-
94, procedente da granxa Aggravation
Acres, de Ohio (USA). Este touro vermello
e acorne é fillo doutra das vacas con máis
impacto na xenética acorne, ademais
das dúas xa comentadas anteriormente:
Aggravation Bridget P MB-86, unha filla
de Manfred con altísimos compoñentes.
A súa avoa era unha filla de Aerostar,
portadora do xene acorne e do factor
vermello e que produciu máis de 200.000
libras de leite na súa vida. A fonte
orixinaria do xene acorne foi a bisavoa
de Lawn Boy, unha filla do touro Larry-
Moore Crosby B Poll Red.
O status de acorne, a súa cor vermella
e uns índices xenéticos moi respectables
para produción e tipo fixeron de Lawn Boy
un touro moi popular que foi fortemente
utilizado como pai de touros e as súas
fillas acornes convertéronse en nais de
sementais.
O seu impacto é aínda máis impresio-
nante se pensamos que naquel momento
ningún centro de inseminación tiña inte-
rese en poñer en testaxe este touro, un
fillo de Dudoc Bacculum (entón un touro
aínda sen proba de descendencia), e o
seu criador, Bob Felwich, fundou o sin-
dicato Lawn Boy para conseguir probalo.
Burket Falls ABC P
Considérase que soamente ao redor dun 5% dos efectivos da raza Holstein é actualmente
portador do xene acorne. Porcentaxes similares
establécense noutras razas leiteiras, como a Jersey, ou cárnicas, como Fleckvieh,
Charolais ou Limousin
Touro acorne nacido no ano 1969, antecesor de máis do 60% dos
individuos acornes a nivel mundial
Xenética fontao DECEMBRO 2013 25XENÉTICA
Os criadores da raza Holstein dispu-
xeron nos últimos anos dun abano máis
amplo de touros acornes con bos índices
xenéticos. Entre eles podemos destacar:
- Burket-Falls S Significant P. Este touro
probado é un fillo de Marion que descende
da vaca Burket Falls Elevation Sophia P
EX-93 vía unha Rudolph EX-93 3E GMD
DOM e unha Blackstar EX-91 2E GMD
DOM
- Sandy Valley Colt P Red (Lawn Boy x
Bolton, familia “Juror Faith”)
Fóra do sangue Lawn Boy, outros
dous touros acornes populares foron os
irmáns maternos Magna P e Mitey P:
- Aron Don West Port Magna-P (Bolton x
September Storm)
- West Port Aron Doon Mitey-P (Goldwyn x
September Storm)
A oferta continúa mellorando e os touros
acornes dispoñibles no mercado neste
último ano mostran índices xenéticos
realmente altos e comparables co resto
dos touros novos elite da raza. Entre os
máis utilizados atopamos:
- Da-So Burn Mom Earnhardt (Man O Man
x Lawn Boy)
- Pine-Tree Ohare-P (O-Style x Significant P)
- Tiger-Lily Ladd P-Red-ET (Destry x Lawn
Boy)
- Mr Chassity Colt P45-ET (Colt P Red x
Shottle)
- Sandy Valley Chipper-P ET (Colt P Red x
Planet)
As últimas noticias que nos chegan de
USA fálannos de touros novos acornes
(cuxo seme aínda non está dispoñible) con
valores de GTPI realmente altos, algún
deles mesmo homocigótico, é dicir, que a
súa descendencia será 100% acorne.
Xenética Fontao é consciente da
importancia deste xene e hai tempo
que apostou por poñer en testaxe
animais portadores deste, todos eles
descendentes de relevantes familias
de vacas e acompañados de bos índices
xenéticos. Os tres touros novos postos
en testaxe este ano 2013 e portadores do
factor acorne son:
- Kolhorner Snow Sexpill (Snowman x
Lawn Boy), portador do xene polled e,
ademais, do factor vermello
- Outeiro Rondel P-Red Rojo (Colt P Red x
Mr Burns), xato vermello portador do xene
polled
- Sudán Indiano Po ET (Sudán x Bogart),
portador do xene polled e tamén do factor
vermello
FUTUROEn termos xerais, os beneficios da
presenza do xene acorne na poboación
frisoa parecen evidentes, á vez que os
efectos indesexables colaterais son nulos.
Nun nivel máis específico, a presenza do
xene acorne na descendencia de animais
xeneticamente destacados pode significar
un efecto moi positivo no ámbito da
mercadotecnia. Así foi como, xa hai máis
de dez anos, Scientific Beauty Rae EX-90
USA DOM, unha vaca que completaba 7
xeracións EX na lendaria familia “Roxy”,
foi inseminada (para un flushing) cun
descoñecido touro… acorne! A única vaca
nacida deste cruzamento foi Golden-
Oaks Perk Rae Red EX-90 USA; ela e os
seus descendentes (machos e femias)
alcanzaron altos prezos nas poxas de todo
o mundo recentemente e significaron un
grande impulso para o xene acorne na
poboación frisoa nos últimos anos.
Os prezos pagados polos animais
acornes con alta xenómica son cada vez
maiores. Basta dicir que os dous animais
máis caros das recentes poxas celebradas
en Francia (Space) e en USA (US National
Conventin Sale) eran animais acornes.
Como ata datas recentes a oferta de
animais acornes con alto mérito xenético
era escasa, a utilización dos devanditos
sementais foi moi limitada. Con todo, con
novas ferramentas coma a xenómica e
con moitos máis gandeiros traballando
con familias de vacas elite que incorporen
o xene polled o futuro da xenética acorne
parece prometedor.
O gran desafío presente e futuro é
ampliar e diversificar as liñas xenéticas
para prover de alternativas serias e
diferentes ao mundo da xenética acorne
e así poder combinalas para conseguir
animais homocigóticos (PP) para este
carácter e cuxa descendencia será 100%
portadora deste, é dicir, acorne. Se froito
do traballo conxunto entre criadores e
centros de inseminación se conseguen
touros acornes con alto valor xenético, a
súa utilización será masiva e poderemos
entón dicir que o futuro da raza será, sen
dúbida, acorne!
Xenética Fontao marca estilo co seu xen polled: “o descornar vaise acabar”
Xenética fontao DECEMBRO 201326 XENÉTICA
Xenética fontao DECEMBRO 2013 27TOUROS PROBADOS
O PEDIGREE
O enorme impacto deixado por
Xacobeo é debido ao seu gran poder de
transmisión, dunha firmeza e intensidade
realmente pouco frecuentes, como só os
máis grandes touros da raza mostraron
a través da historia. A explicación a este
feito pode radicar no cruzamento dourado
que presenta o pedigree de Xacobeo: BW
Marshall x Rudolph. O forte potencial
leiteiro e a gran calidade de patas e pés
do semental americano BW Marshall
Mario Xacobeo, o que sen dúbida foi o mellor semental da raza Holstein probado no noso país, deixounos recentemente. A piques estaba de cumprir os seus 10 anos de idade, pero este fatal desenlace (inevitable nun ou noutro momento) debe quedar máis que eclipsado pola gran marca que este touro deixou na raza a nivel internacio-nal. Xacobeo pasará aos anais da historia como un dos mellores e máis completos sementais Holstein de todos os tempos.
Mario XACOBEO ET
MARIO XACOBEO, O LEGADO
(cuxo seme nunca estivo dispoñible en
Europa) parece combinar á perfección
coa vaca Dirigo Leblanc Juno EX-94, unha
das mellores fillas de Rudolph en USA,
semental este último caracterizado pola
gran calidade de ubres que transmitía,
así como polos bos caracteres de saúde e
lonxevidade. Todos os trazos comentados
anteriormente parece herdalos Xacobeo
dos seus proxenitores e, o que é máis
importante, transmitirllos intensamente
á súa descendencia.
AS CLAVES DO SEU ÉXITO
As miles de fillas que Xacobeo ten en
todo o mundo mostran tal semellanza
entre si que ata case un profano é capaz
de adiviñar de quen son fillas “pola súa
pinta”, é dicir, “polo seu patrón”. Para
que un touro sexa considerado un bo
semental ha de ter, por suposto, unha
destacada proba de descendencia,
proba que cando vemos publicada nun
catálogo sabemos que reflicte a media
de todas as súas fillas para cada trazo
Xenética fontao DECEMBRO 201328 TOUROS PROBADOS
ou carácter. Nalgúns touros esta proba
é a media de animais moi diferentes, é
dicir, de valorar boas, regulares e tamén
malas fillas. No caso dos grandes touros
coma Xacobeo a súa proba reflicte á
perfección o prototipo de filla que dá; é
o seu verdadeiro patrón de transmisión,
máis ca unha media resultante de valorar
animais moi diferentes. A inmensa
maioría das súas fillas son na realidade
como a proba nos di que ían ser e esta é
a clave da supremacía deste semental.
É de todos coñecido que as fillas de
Xacobeo comezan por seren xatas e
xovencas altas e longas, con moi boas
patas, dunha gran calidade de óso e con
marcada estrutura leiteira. Tras o parto
aparecen os ubres venosos con pel fina
e de extrema calidade en xeral, con moi
fortes insercións, intermedio ligamento
suspensor medio, boa colocación
e lonxitude de tetos e moi escasa
profundidade (todas elas características
dos ubres ideais para a muxidura en
robot) e entón chega o mellor para o
gandeiro propietario de fillas de Xacobeo:
a muxidura. As “Xacobeo” son vacas
de fácil muxido e de altas producións
de leite e proteína, vacas produtoras
e lonxevas grazas á súa alta calidade
de ubres e patas; é o prototipo de vaca
moderna que procuramos hoxe en día.
Outro dos puntos clave que explica o
éxito de Xacobeo e que o fai especial é
a gran cantidade de rexistros que cobre.
As súas fillas son vacas rendibles nos
establos, “vacas que pagan facturas”,
mais tamén triunfan nas pistas, xa
mesmo desde xatas ou xovencas, pola
tremenda estrutura leiteira que mostran
e pola súa gran calidade xeral. Esta
mesma idea transmitíanos recentemente
Miguel, propietario da gandería El
Cruce en Córdoba (á que acudimos a
fotografar unha filla de Xacobeo que
participara recentemente no concurso
Usías Holsteins da localidade cordobesa
de Dos Torres), cando nos dicía que “un
touro pode darche unha alegría nalgún
concurso e é moi ben recibida por
aqueles aos que nos gusta o mundo do
show, pero onde a ten que dar todos os
días é na casa, no establo e, aínda máis,
na sala de muxidura, e isto é o que fai
Xacobeo”.
O dato que mellor ilustra a firmeza
no patrón de transmisión de Xacobeo é
a comparativa de 2 das súas 12 probas
oficiais: entre a súa primeira valoración
TORRELXacobeo a finais de 2003 na granxa de Alemaña onde naceu, antes de emprender a viaxe ás instalacións de Xenética Fontao, nas que pasaría
o resto da súa vida
TORREL
No caso dos grandes touros coma Xacobeo a súa proba
reflicte á perfección o prototipo de filla que dá; é o seu verdadeiro
patrón de transmisión, máis ca unha media resultante de valorar
animais moi diferentes
Foto tomada o 20 de abril de 2011, cando Xacobeo contaba con case 8 anos de idade
Xenética fontao DECEMBRO 2013 29TOUROS PROBADOS
TORRELFoto tomada pola revista Holstein International na súa visita a
Xenética Fontao o día 24 de xuño de 2009, cando Xacobeo estaba a punto de revalidar o seu liderado tras un ano como touro n.º 1 de España
alá por xullo de 2008 con 95 fillas na súa
proba e a última do pasado novembro
de 2013 cunhas 10.000 fillas, hai apenas
lixeiras diferenzas, pese ao gran número
de fillas engadidas e malia o cambio ou
a actualización da base xenética que
tivo lugar en 2010. En calquera das súas
probas Xacobeo destacou na produción
de leite (sempre por riba dos 1.000 kg) e
de proteína (ao redor do 30 kg), así como
en morfoloxía, fundamentalmente en
estrutura leiteira, ubres, patas e tipo en
xeral.
O FUTURO
O impacto de Xacobeo vía femia é
indiscutible e o impacto vía macho
(os seus fillos) está aínda por chegar,
pero resulta realmente esperanzador
ver como novas ferramentas como a
xenómica apoian os numerosos fillos de
Xacobeo postos en testaxe polos máis
prestixiosos centros de inseminación
artificial de todo o mundo.
Soamente en Xenética Fontao temos
unha vintena dos seus fillos na espera de
proba e agora xa se están testando máis
dunha decena de netos, é dicir, fillos
dalgunhas das súas máis destacadas
fillas, descendentes á súa vez dalgunhas
das mellores familias de vacas a nivel
internacional.
O seme de Xacobeo foi exportado a
máis de quince países do mundo enteiro,
polo que nos atopamos coas súas fillas
non só en España (con máis de 25.000),
senón tamén en países como Reino
Unido, Alemaña, Holanda, Dinamarca,
Francia, Italia, Suíza, Suecia, Finlandia e
Turquía, e mesmo en países americanos
como Brasil, México, USA e Canadá.
Con todo o exposto anteriormente,
podemos asegurar que o pasado de
Xacobeo foi xa prometedor desde
o primeiro momento, o presente
confirmou de sobra as expectativas que
moitos tiñamos depositadas neste gran
semental e o futuro que nos deparará a
súa abundante descendencia é, cando
menos, esperanzador.
O impacto de Xacobeo vía femia é indiscutible e o impacto vía macho (os seus fillos) está
aínda por chegar, pero resulta realmente esperanzador ver
como novas ferramentas como a xenómica apoian os numerosos
fillos de Xacobeo postos en testaxe polos máis prestixiosos
centros de inseminación artificial de todo o mundo
Areán XACOBEO Xacobea 9943. Casa Delfín (Pontevedra)
Leonardo XACOBEO Celta 5040. Casa Leonardo (Lugo)Xacobo XACOBEO 6079. Jacobo (Lugo)
Grupo da proxenie de Xacobeo presentado no ano 2008 en Silleda (Pontevedra)
Nuveira Carmiña XACOBEO e Nuveira Carmela XACOBEO. Nuveira (A Coruña)
Xenética fontao DECEMBRO 201330 TOUROS PROBADOS
RR FÁTIMA MB-86. AlemañaClovis XACOBEO Secret MB-87 SM-89. Canadá
Tirsvad XACOBEO Alabama MB-89. Dinamarca
FARCEUSE MB-87. FranciaVekis XACOBEO Phantastic MB-87. Holanda
Roclairson XACOBEO Rafaella MB-89 SM-EX (2.ª lact.). Canadá
Xenética fontao DECEMBRO 2013 31TOUROS PROBADOS
z
Nº 1 para tipo de todos os touros con proba española (nacionais ou estranxeiros)
N º 1 en lonxevidade, Nº 2 en ubres e Nº 3 en patas do TOP 50 ICO
Duplica o número de fillas na súa proba e mellora os seus datos de produción, confirmando o seu status de “touro supertipo”
Delete é, sen dúbida, o fillo máis completo de Durham Atlee
DELETE ESPM9203016128 aAa 234165
GOLDWYN x DURHAM ATLEE Ridgefield DELETE ET MB-88
7646 Farrapa DELETE MB-85-SM-86
Nº 1 TIPO
Nº 2 UBRE
Nº 3 PATAS E PÉS
top related