xenÉtica fontao · estrela do momento e número un por ico de españa, mario xacobeo et. a chegada...
TRANSCRIPT
XENÉTICA FONTAO
Nº3 Xaneiro 2009
OS AMERICANOS,UNHA GANDERÍA UNIDA A FONTAO E BOS
MEGATE,A FAMILIA MÁIS LAUREADA DE ESPAÑA
CID,TRANSMISOR DE EXCELENTE MORFOLOXÍA
Badiola Megamagic
TIBUR MARIPOSA XACOBEO BB-83Casa Tiburcio-Riotorto-Lugo
DÍAZ XACOBEO LANA BB-83Gandería Díaz S.C.-A Pontenova-Lugo
MAREY XACOBEO COPO DE NIEVE BB-84Marey Castro S.C.-Pol-Lugo
SECO XACOBEO 1652 BB-83Hnos Seco Rubiños S.C.-A Pastoriza-Lugo
NUVEIRA CARMELA XACOBEONuveira-Mazaricos-A Coruña
NUVEIRA CARMIÑA XACOBEONuveira-Mazaricos-A Coruña
GRUPO DE PROXENIE DE XACOBEO EN SILLEDA
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 3EDITORIAL
Xenética Fontao estivo presente na XXXI edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, en Silleda (Pontevedra) entre o 20 e o 23 de novembro do 2008, cun stand no que se podía admirar un fabuloso grupo de 6 fillas do semental Holstein estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET.
A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008, tivo lugar despois dun inmenso tra-ballo de doma e preparación (lavados, pelados, aclimatación ás condicións de estabulación, alimentación e muxido da Feira, tan distintas das que as reses teñen habitualmente nos seus esta-blos de orixe). Ademais, as vacas tiveron que superar con éxito as diversas probas sanitarias necesarias para ser exhibidas en Silleda, coa finalidade de que todas as persoas interesadas pui-deran apreciar as magníficas características que transmite o semental, o que denominamos o seu patrón de transmisión.
Cremos modestamente que o obxectivo foi superado de sobra, debido á grande homoxeneidade do grupo, 6 animais de moi similares características malia a diferenza de idade, pois tres eran de primeiro parto e as tres restantes de segundo. Todas elas vacas de moi boa estrutura e capacidade, tremenda calida-de leiteira, pel fina e brillante, con gran calidade ósea en xeral e das patas en particular e, por suposto, excelentes ubres.
A presentación deste grupo de proxenie non tería sido posi-ble sen a incondicional cooperación e o inmenso apoio prestado polos gandeiros propietarios destas vacas, que dun xeito total-mente altruísta cederon os seus animais para que fosen expos-tos. E isto, malia as elevadas producións de leite que a maior parte deles tiñan nese momento. Xenética Fontao quere deixar constancia desde estas páxinas do seu agradecemento máis sincero cara ás ganderías colaboradoras no evento:
_Gandería Díaz, de Santo Estevo (A Pontenova, Lugo)_Gandería Hermanos Seco Rubiños, de Bretoña (A Pastoriza, Lugo)_Gandería Marey Castro S.C., de Suegos (Pol, Lugo)_Gandería Nuveira, de Mazaricos (A Coruña)_Gandería Tiburcio, de Aldurfe (Riotorto, Lugo)
A todas elas, grazas polo seu excelente traballo e pola confian-za depositada en Xenética Fontao.
XENÉTICA FONTAO
EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo
Tfno: +34 982.284.391Fax: +34 982.284.626E-mail: [email protected]: www.xeneticafontao.com
PRODUCE:Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo
Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: [email protected]: www.transmedia.es
Tirada :7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008
ÍNDICE
TOUROS PROBADOS.......................
FAMILIAS...........................……....….
MELLORA XENÉTICA…..................
NOVAS…………….…..........................
4
8
10
14
OS GANDEIROS, OS NOSOS MELLORES COLABORADORES
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 20094 TOUROS PROBADOS
CID, OUTRO FROITO DO PROGRAMA GALEGO DE MELLORA GANDEIRADespois da publicación das novas probas de CONAFE (decembro do 2008), Cid confirma os seus bos datos para produción de leite e proteína, á vez que mellora os seus rasgos de tipo.
Bos Allen Cid Maciñeiro ET é un
dos novos valores emerxentes
de Xenética Fontao. Este touro,
nacido na Gandería Cid de Barreiros
(Lugo), é fillo de Bos Celsius Maciñeira
ET, vaca que foi propiedade da UDE de
Bos e que, debido á gran calidade amo-
sada pola súa proxenie en canto a confor-
mación, produción e lonxevidade, é con-
siderada como unha das máis importan-
tes vacas de cría do panorama nacional.
Así o confirma o galardón dunha estrela
ao mérito pola súa descendencia, outor-
gado o pasado ano 2008 por CONAFE.
Cid é un semental nacido o 8 de no-
vembro do 2003 e calificado MB-85 con
menos dun ano e medio de idade. Amo-
sa unha sólida estrutura pola súa gran-
de estatura, tremendo terzo anterior,
anchura de peito, fortaleza de lombo e
profundidade corporal. Todo isto confí-
relle unha morfoloxía de gran potencia
e fortaleza.
Cid é fillo de Canyon-Breeze Allen ET
MB-85, touro canadense de orixe ame-
ricana fillo de MJR Blackstar Emory ET
EX-97, célebre polas tremendas estru-
turas que transmitía ás súas fillas, polo
xeral vacas de producións intermedias
con boas porcentaxes de graxa e proteí-
na.
A FAMILIA MATERNA: “BLACKSTAR
PRECIOUS”
A nai de Cid é Bos Celsius Maciñeira
ET MB-89, filla do semental holandés
de orixe americana Etazon Celsius ET
Cid amosa unha sólida estrutura pola súa grande estatura,
tremendo terzo anterior, anchura de peito, fortaleza de lombo e
profundidade corporal
Rigueiro Cid Noche
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 5TOUROS PROBADOS
A nai de Cid, Bos Celsius Maciñeira ET MB-89, completa oito xeracións consecutivas de vacas calificadas MB ou EX na familia americana “Blackstar
Precious”
e da vaca Jardon-C Mascot Precious ET
MB..89 GMD DOM. Esta vaca comple-
ta oito xeracións consecutivas de vacas
calificadas MB ou EX na familia america-
na “Blackstar Precious”.
O pedigrí de Maciñeira é, cando me-
nos, particular, pois o seu pai, Celsius,
era neto do célebre Carlin-M Ivanhoe
Bell por dobre vía, paterna e materna.
Por se isto fora pouco, outro dos gran-
des, RORA Elevation, aparece tamén por
Cando Cid Judith
Bos Celsius Maciñeira ET
ambas vías no pedigrí de Celsius. Estas
dúas liñas xenéticas, pero sobre todo a
liña Bell, foron coñecidas por dar lugar
a vacas de tamaño medio, moi finas, de
altas producións e con excelentes mem-
bros e aplomos. Por iso se usou como
“cruce dourado” sobre liñas xenéticas
transmisoras de grandes estruturas
pero faltas de calidade e con deficientes
aplomos, como as liñas Chief Mark ou
Ned Boy. Este último é, precisamente, o
pai de Mascot, avó materno de Maciñei-
ra, que reúne, polo tanto, os xenes das
máis importantes e complementarias li-
ñas xenéticas da época.
Jardon-C Mascot Precious ET, nai de
Maciñeira e avoa de Cid, tivo entre outros
descendentes catro touros probados en
distintos centros de inseminación ame-
ricanos, e malia ser unha vaca nacida
no ano 1992 xa completou unha primeira
lactación con case 14.000 Qg. de leite ao
4% de graxa e 3,5% de proteína en 395
días. E non é unha excepción, senón a
regra nesta familia, cuxos ancestros fe-
mias se remontan no libro xenealóxico
americano (EE.UU) ata 1964, con impor-
tantes producións de leite e proteína, así
como altas calificacións morfolóxicas,
sobre todo para patas e ubres, á vez
que prestixiosas distincións honoríficas
como Nais de Mérito (DOM) e Medalla de
Ouro (GMD).
Maciñeira, nacida no año 1997, foi unha
vaca de tamaño medio, con moito carác-
ter leiteiro, un ubre excelente e unhas
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 20096 TOUROS PROBADOS
Cando Cid Judith e Cando Cid Rosana
tipo no ano 2007 (ST’07). E, por suposto,
as súas 9 fillas (con catro touros diferen-
tes), catro das cales alcanzaron a califi-
cación de MB. Outras catro son BB e só
Pero, sen dúbida, o gran mérito de Ma-
ciñeira está na súa descendencia, da que
cómpre destacar outro semental proba-
do (ademais de Cid), Bos Igniter Golden
ET, que alcanzou o título de Superior en
Os ancestros femias da familia remóntanse no libro xenealóxico
americano ata 1964, con importantes producións de leite e proteína e altas calificacións morfolóxicas, sobre todo para
patas e ubres
Cid ten na súa proba de produción 90 fillas en 78 rabaños, o que lle proporciona unha máis que suficiente fiabilidade do 87%
As fillas de Cid combinan con grande harmonía as potentes
estruturas leiteiras da liña paterna coa gran calidade de
ubres e patas propias da familia materna
unha B. É dicir, practicamente o 90% da
descendencia de Maciñeira vía femia foi
calificada BB ou MB.
Os mellores resultados obtivéronse
cando Maciñeira se cruzou con touros
de gran capacidade corporal e forte es-
trutura (Allen, Morty, Lheros, etc.). Así,
destacan as súas cinco fillas con Allen
(irmás completas de Cid): Bos Cid Allen
Maciñeira ET MB-86 (Gandería Cid S.C.,
Barreiros, Lugo), con 18.622 Qg. de leite
en 395 días na súa segunda lactación, ao
3,35% de graxa e 3,34% de proteína; Bos
Baixo Allen Maruxa ET MB-85 (criada en
Casa de Baixo, Sarria, Lugo, e actual-
mente propiedade de Pozo, A Pobra do
Brollón, Lugo); Bos Ríos Allen Ainoa ET
BB-82 (Ríos, Silleda, Pontevedra); Bos
Sanda Allen Maciñeira ET BB-83 (SAT
Sandamil, Castro de Rei, Lugo) e Bos
Xercas Porta Maceira A. ET B-77 (Porta-
lousa, Xermade, Lugo).
A súa filla con Lheros foi Bos Lheros
Macira ET BB-84 (UTE de Bos, Guísamo,
A Coruña). Con Aeroline tivo a Bos Xerca
Porta Maza Aerol. ET BB-83 (Portalousa,
Xermade, Lugo), con máis de 41.000 Qg.
de leite producidos en tres lactacións
naturais e cunha filla, Xercas Porta Si-
dra Emerson MB-85 SM-86, que á súa
Rigueiro Cid Noche
patas cunha gran calidade ósea. Pro-
duciu nas súas tres lactacións naturais
máis de 44.000 Qg. de leite, que prome-
diaron un 3,55% de proteína.
Maciñeira era irmá completa doutro
semental probado en Xenética Fontao,
Bos Celsius Miñotelo ET EX-90, un touro
ben coñecido polos gandeiros galegos
e amplamente utilizado sobre a caba-
na gandeira de Galicia (con case 2.000
fillas rexistradas), que aínda hoxe, once
anos despois do seu nacemento, mantén
cifras positivas para produción de leite,
porcentaxe de proteína e tipo en xeral.
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 7TOUROS PROBADOS
XENEALOXÍA
♀ BLOK-BROS STAR PRECIOUS-ET TL MB-89 USA DOM(TO-MAR BLACKSTAR-ET)
↓
♀ JARDON-C MASCOT PRECIOUS-ET TL MB-89 USA GMD DOM (SINGING-BROOK N-B MASCOT-ET)
↓
♀ BOS CELSIUS MACIÑEIRA ET MB-89 1* (ETAZON CELSIUS ET TL TV )
↓
♂ BOS CID ALLEN MACIÑEIRO MB-85 ET TL TV(CANYON-BREEZE ALLEN ET TL TV )
vez é nai de Xercas Porta Mane Nelson
MB-85 SM-86.
Por último, mención especial para as
dúas irmás completas, e fillas de Morty,
Bos Blanco Morty Valeria ET MB-85 SM-
88 e Bos Blanco Morty Milagros ET MB-
85 SM-88 (Gandería Blanco, Lalín, Pon-
tevedra), ambas con sistemas mamarios
de altísima calidade.
AS FILLAS DE CID
Cid ten na súa proba de produción 90
fillas en 78 rabaños, o que lle proporcio-
na unha máis que suficiente fiabilidade
do 87% neste campo, con + 848 Qg. de
leite, + 0,05% P. e + 32 Qg. P.
A proba de tipo reflicte 34 fillas califi-
cadas en 29 establos, cunha fiabilidade
do 78%, que se confirmará sen dúbida
despois do paso da nova ronda de cali-
ficación por Galicia. Os rasgos de tipo
son moi altos agora mesmo para ubres
(ICU + 2,47), patas (IPP +1,97), capacida-
de (ICAP +2,39), angulosidade ( +2,40) e
tipo xeral ( IGT +3,15).
Actualmente, cun ICO de 2.317, Cid es-
taría no grupo de elite dos dez mellores
touros españois. Só é preciso para iso
que a fiabilidade da proba de tipo pase
do 78% actual a un 80%, o que sen dú-
bida ocorrerá nas próximas valoracións
oficiais de xullo do presente ano.
As fillas de Cid reflicten á perfección o
patrón de transmisión familiar, pois com-
binan con grande harmonía as potentes
estruturas leiteiras da liña paterna coa
gran calidade de ubres e patas propias
da familia materna.
Xilo Cid Cinema
Bos Cid Allen Maciñeiro ET
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 20098 FAMILIAS DE VACAS
MEGATE: OITO XERACIÓNS CONSECUTIVAS DE MB OU EXA familia “Megate” é a máis laureada de España actualmente e goza tamén de gran prestixio a nivel europeo e internacional. Consta de 8 xeracións consecutivas de vacas calificadas MB ou EX en España e Canadá, país de onde é orixinaria.
A saga “Megate” foi desenvolvi-
da en España na granxa Badio-
la (Asturias), dirixida por José
Ramón Badiola e o seu fillo Paulino.
Esta gandería é participante habitual en
concursos morfolóxicos da raza frisona
e recibiu en multitude de ocasións dous
dos galardóns que máis orgullo e satis-
facción lle proporcionan a todo gandeiro
que se precie: Mellor Criador e Mellor
Rabaño. Ademais, os premios consegui-
dos por moitas vacas da gandería Badio-
la, desta e doutras familias, en diversos
concursos nacionais e autonómicos son
innumerables.
“Megate” é a familia de vacas máis
laureada de España, e non só debido á
alta calidade morfolóxica, senón tamén
polos elevados índices xenéticos para
produción de leite con altas calidades,
baixos recontos celulares e alta lonxevi-
dade. Non é de estrañar, por tanto, que
catro dos seis primeiros postos do catá-
logo das 1.000 mellores vacas por ICO de
España estean ocupados por membros
desta destacada familia da gandería Ba-
diola.
Todo comezou coa adquisición dunha
vaca : Alba Proget Megan Blackstar ET.
Megan, nacida no ano 1992, era unha
vaca de espectacular estrutura leiteira.
Foi Vaca Nova Campiona no Concurso
Nacional de Primavera de CONAFE en
1995 e produciu máis de 55.000 quilos
de leite ao 4% de graxa e 3,37% de pro-
teína nas súas catro lactacións naturais.
Esta filla de Blackstar, calificada EX-90,
procede dunha vaca importada de Cana-
dá, Calbrett Starbuck Megan ET MB-88,
Morfoloxía destacada, moito leite e altos niveis de proteína son os sinais de identidade da familia
“Megate”
Badiola Megamagic está en espera de proba en Fontao e xa se exportaron doses súas a Canadá
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 9FAMILIAS DE VACAS
que tivo en España 6 fillas entre as que
destacan a citada Megan Blackstar e
unha irmá completa, Alba Proget Megan
Blackstar I ET MB-85, que foi Xovenca
Campiona no Nacional de 1993 e tivo
catro fillas con catro touros diferentes:
Thor (BB-84), Mandel (MB-89), Storm
(MB-85) e Jolt (BB-84).
Megan Blackstar tivo, nos seus dez
anos de vida, tres descendentes, dous
machos (un deles, Badiola Megano EX-
90 ST’99, chegou a ser un destacado
touro probado, e un dos sementais máis
relevantes a nivel nacional para mellora
de patas e pés) e unha filla, continuadora
da saga familiar, Badiola Astre Megane
EX-91, vaca que aínda hoxe, case trece
anos despois do seu nacemento, posúe
uns índices xenéticos moi relevantes. Na
súa segunda lactación natural (en 438
días) produciu case 17.000 quilos de leite
ao 3,27% de proteína. Morfoloxía desta-
cada, moito leite e altos niveis de pro-
teína son os sinais de identidade desta
familia.
Xenética Fontao ten tres xovencos da familia e contratou unha
“Megate” para cubrila con XacobeoAstre Megane tivo un fillo, Badiola In-
tegrity Megatrix MB-86 ST’05, que foi
semental probado e unha filla, Badiola
Formation Megate I MB-87 , que é ac-
tualmente número 6 por ICO de España
e quizais a vaca que máis pegada deixou
na gandería Badiola. Entre os 26 descen-
dentes directos de Formation Megate I
(2 fillas calificadas EX e 8 MB) atópanse
destacadísimos animais, coma as súas
famosas fillas con Leduc: Badiola Leduc
Megate I (EX-92), II (MB-87), III (MB-86)
e IV (EX-91). Especial mención para Le-
duc Megate I EX-92, vaca de espectacu-
lar morfoloxía e Campiona Nacional no
2004, e o seu fillo Badiola Megaroy MB.87
ST’07, touro probado con altos índices
para tipo. Outras fillas salientables son
Badiola Roy Megate MB-88, vaca número
13 por ICO, Badiola Goldwyn Megandrea
ET MB-87, Badiola Goldwyn Megamara
ET MB-85, vaca número 1 por ICO, e Ba-
diola ST. Megamática MB-89, número 2
por ICO, que liderou a lista das mellores
vacas de España en anteriores valora-
cións de CONAFE e da que Xenética Fon-
tao ten dous fillos, Badiola Megamagic,
en espera de proba (xovenco do que se
exportaron doses a Québec, Canadá) e
un xovenco en proba para este ano, fillo
de Bos James Chamoso ET EX-90, cha-
mado Bos Chamoso M-Chalar ET.
Badiola St. Megamática só ten unha fi-
lla de momento, Badiola Champion Me-
gatea ET MB-89, unha vaca de impresio-
nante morfoloxía , altísimas producións
de leite (15.283 quilos en 368 días na súa
primeira lactación, ao 4,19% de graxa e
Badiola St. Megamática ET
Badiola Formation Megate I
Alba Proget Megan Blackstar ET
Badiola Astre Megane
3,64% de proteína) e número 4 por ICO,
que ten dúas fillas duns 15 meses de ida-
de, irmás completas, na gandería Blanco
(Lalín, Pontevedra), Blanco Dúplex Me-
gatina ET e Blanco Dúplex Megatany ET.
Unha delas foi contratada como futura
nai dun semental para Xenética Fontao,
con Mario Xacobeo, e xa están en mar-
cha varias xestacións.
En Xenética Fontao tamén está, en es-
pera de proba, outro xovenco membro
desta ilustre familia, o último fillo de
Badiola Formation Megate I, Lodos Toys-
tory Megalonso ET, nacido na gandería
SAT Lodos y Perez ( A Pastoriza, Lugo).
Por último, resaltar que Badiola For-
mation Megate I é, xunto con Bos Merrill
Curuxa ET, a vaca con máis estrelas ao
mérito pola súa descendencia do pano-
rama nacional. Nada menos que 8 estre-
las figuran no seu pedigrí, así coma o ga-
lardón de Vaca Medalla de Ouro (VMO).
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 200910 MELLORA XENÉTICA
GANDERÍA OS AMERICANOS, UNHA EXPLOTACIÓN UNIDA A FONTAO E BOSEsta granxa de Vila de Cruces conta con tres das principais familias de Holstein do mundoA Gandería Os Americanos, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, desenvolve liñas xenéticas de alta calidade en estreita colaboración con Xenética Fontao e a UDE de Bos. Algunhas das principais familias de Holstein de Canadá e Estados Unidos teñen representantes nesta granxa.
Javier González, coa súa filla Lidia, o seu socio Leonel Penas e a vaca Bos Freelance Lausa ET
A orixe da Gandería Os Ameri-
canos remóntase aos anos 50.
A familia de Pilar Fernández
Sánchez, unha das actuais titulares, sa-
cou adiante esta explotación no lugar de
Brandariz, en Vila de Cruces. Hai sete
anos, o marido de Pilar, Javier González
Budiño, deixou o seu traballo de técnico
de son en Santiago para dedicarse ple-
namente á gandería. Xunto coa súa dona
e os tíos desta, deu de alta a gandería
como sociedade cooperativa (SCG).
Desde aquela, a cabana da granxa au-
mentou considerablemente (case un 50%
as vacas en produción) e houbo melloras
tanto cualitativas como cuantitativas. A
explotación introduciuse no control lei-
teiro oficial e Javier deixouse asesorar
en materia de mellora xenética, ata o
punto de convertirse nun apaixonado do
tema.
A granxa ten un sistema de manexo moi
racional, con lotes de idade que se repar-
ten entre dous establos. No establo máis
antigo hai tres lotes: entre o destete e os
4 meses, de 4 a 10 meses e de 10 meses
á preñez. Unha vez que as vacas quedan
preñadas vanse trasladando a un esta-
blo máis grande, de recente construción
e con capacidade para 104 reses.
A explotación ten unha fluída relación
con Xenética Fontao e coa UDE de Bos,
as dúas patas do Programa de Mello-
ra Gandeira de Galicia. Os Americanos
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 11MELLORA XENÉTICA
Bos Igniter Valiosa ET
empregou ultimamente seme de touros
de Fontao como Dancer, Xacobeo e Ele-
gant. Na gandería hai xovencas e vacas
en produción nacidas de inseminacións
de Fontans, Six, Landoi e Botafogo, así
como de touros en proba. Por outra
banda, diversos sementais nacidos na
granxa foron incorporados a Xenética
Fontao como touros en proba.
A gandería usa sistematicamente a
transferencia embrionaria, “con moi bos
resultados de produción e fertilidade”,
segundo recalca Javier González. Esta
parte da mellora lévase a cabo en co-
ordinación coa UDE de Bos. O habitual
na granxa é que a primeira preñez das
reses se faga recorrendo á transferen-
cia de embrións e non á inseminación.
O 80% das xovencas reciben un embrión
aos 14-15 meses de idade.
Por outra banda, Os Americanos está
asociada coa SAT Frade Ferreiros de
Vila de Cruces para adquirir animais de
alta xenética. Ambas explotacións te-
ñen en réxime de propiedade comparti-
da catro animais mercados na subasta
Top Bos que están dando moi bos re-
sultados como doadoras de embrións.
Reses como Bos Freelance Lausa ET,
que nun só flushing deu 11 embrións dos
que saíron 9 preñeces, ou Bos Champion
Tany ET, que no seu último flushing deu 9
embrións pero ten producido ata 13 nal-
gunha recolleita anterior.
A procura da mellor xenética por parte
dos responsables da Gandería Os Ameri-
canos reflíctese na presenza dalgunhas
das liñas de Holstein máis apreciadas en
todo o mundo.
FAMILIA “GYPSY GRAND”
Esta familia canadense, de gran pres-
tixio a nivel internacional, está repre-
sentada na Gandería Os Americanos por
Bos Americanos T. Baby Val. ET BB-82,
que cun ICO de 2.448 aparece entre as
mellores vacas de España por índices
xenéticos. Esta vaca ten un fillo en proba
en Xenética Fontao para este ano 2009:
Os Americanos Dolman Valent ET, ade-
mais de dúas fillas (unha con Roumare
e outra con Dolman), de arredor dun ano
de idade, que permanecen na gandería.
Baby Val é filla de Bos Igniter Valiosa ET
MB-89 e neta de Braedale Baler Twine
ET MB-86 23*, vaca do ano en Canadá
no 2007, célebre filla de Braedale Gypsy
Grand MB-88 37 *, a vaca máis laureada
de Canadá, vaca do ano no 2003 e fun-
dadora desta familia que tanto impacto
está a ter sobre a raza Holstein a nivel
mundial.
A gandería usa sistematicamente a transferencia embrionaria, con moi bos resultados de produción
e fertilidade
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 200912 MELLORA XENÉTICA
FAMILIA “LAURIE SHEIK”Familia sobradamente coñecida no
sector, tamén de orixe canadense. Na Gandería Os Americanos está represen-tada por Bos Freelance Lausa ET BB-84, actualmente no seu segundo parto. Lau-sa produciu na súa primeira lactación natural (en 363 días) 9.253 Qg. de leite ao 3,75% de graxa e 3,35% de proteína. Ten un fillo en espera de proba en Xenética Fontao: Frade Lou Leonel ET, e tres fi-llas (dúas con Lou e unha con Calypso) nas ganaderías SAT Frade Ferreiros e Os Americanos.
Lausa é unha das catro fillas que Co-mestar Lausina Storm ET EX-90 4* ten en España, tres das cales están en Ga-licia. Ten tamén un irmán completo en espera de proba en Xenética Fontao (Bos Freelance Lauden ET). Lausina é filla de Comestar Lausan Black ET MB-87 23*
FAMILIA “CHIEF TARA”
Falamos neste caso dunha das familias
americanas de máis prestixio en canto a
transmisión de alta morfoloxía, repre-
sentada pola vaca americana Ernest-
Anthony Chief Tara EX-93 USA, unha filla
de Skychief, neta de Astre e bisneta de
Broker, tres destacados sementais da
historia da raza Holstein.
Tara ten só dúas fillas en España, am-
bas froito do Programa de Mellora Gan-
deira de Galicia: Bos Champion Tara ET
MB-85, propiedade da UDE de Bos, e Bos
Champion Tany ET MB-86, propiedade
de SAT Frade Ferreiros e Os America-
nos. Tany é unha vaca de moita calidade,
cunha espectacular estrutura leiteira,
da cal Xenética Fontao acaba de incor-
porar un fillo para poñer en proba: Os
Americanos Calypso Nautilus.
Tany tamén ten fillas en Nodi SC ( Lugo),
Portalousa ( Lugo), UDE de Bos ( A Coru-
ña) e Finca Mouriscade (Pontevedra).
FAMILIAS “BETHANY” E “JUROR FAITH”
Estas dúas familias están presentes na
Gandería Os Americanos.
(avoa de Bos James Chamoso) e neta de Comentar Laurie Sheik ET MB-88 23*,
fundadora da saga familiar.
Bos Freelance Lausa ET
Bos Champion Tany ET
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 13MELLORA XENÉTICA
Bos BW Marshall Rosina 0427 ET BB-
83, cunha primeira lactación de 11.331
quilos ao 3,15% de graxa e 2,93% de
proteína, é unha das dúas únicas fillas
do célebre pai de sementais Mara-thon
BW Marshall ET en España, adquirida
polos seus actuais propietarios na últi-
ma subasta Top Bos. Despois do seu re-
cente segundo parto, ten unha aparencia
realmente espectacular.
Cómpre destacar que Rosina (membro
da familia “Bethany”) é irmá completa de
Bos BW Marshall Ross ET, touro probado
de Xenética Fontao, actual número 17 por
ICO de todos os touros españois (probas
de CONAFE de decembro do 2008).
Xunto con Rosina, tamén foi adquirida
Bos Mr. Sam Frida ET (da familia “Juror
Faith”), que se atopa actualmente na súa
primeira lactación.
Dado que Os Americanos é un activo
membro do programa embrionario da
UDE de Bos, na gandería pontevedresa
naceron tanto femias (cuxo destino é a
UDE de Bos) como machos (actualmente
en proba ou en espera de proba en Xe-
nética Fontao) de altísimo valor xenético,
entre os que destacan: Bos Talent Tras-
no ET (Talent x Budjon-JK Encore Expo-
se ET), Bos Os Americanos S. Dandy ET
(September Storm x Bos Champion Ele-
gante ET), Bos BW Marhall Maside ET (BW
Marshall x Ver-Hages Bootpeg Dream
ET), Bos Shottle Betanzos ET (Shottle x
R-E-W Beyonce ET), Bos Buckeye Bubu
ET (Buckeye x Gillette-I-Durham Jerico) e
Bos Mr. Sam Sátiro ET (Mr. Sam x Rietben
R M Chloe).
Titulares:
Francisco Javier González Budiño
Francisco Fernández Sueiro
Pilar Fernández Sánchez
María Luisa Fernández Sueiro
Vacas en ordeño: 80
Recría: 67
Cota láctea: 542.000 quilos
Media lactación: 9.300 quilos
Media calificación: 80 (95% dos animais calificados)
Media ICO: 1.300
A FICHA
Gandería Os Americanos
Brandariz-Vila de Cruces (Pontevedra)
Os Americanos Six 7966
Na Gandería Os Americanos naceron tanto femias como machos de altísimo valor
xenético. As femias van para a UDE de Bos e os machos, para
Xenética Fontao
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 200914 NOVAS
Boas posicións, de novo, para os
sementais de Xenética Fontao nos
ránkings nacionais e internacionais.
Xacobeo afiánzase como indiscutible nú-
mero 1 de España, superando a mítica
barreira dos 3.000 puntos de ICO e mes-
mo as expectativas postas nel (que non
eran poucas), como corresponde a un
semental de altísima calidade xenética
como Mario Xacobeo.
Entre os cinco primeiros touros de pro-
piedade española por ICO acompañan
ao líder Darter (malia ser un touro sen
dispoñibilidade de seme), que sobe ata o
posto número 2, e Moes, no número 5.
Este último, xunto con Lupino, está na
elite nacional para produción de leite,
onde Xenética Fontao ten 6 touros entre
os dez primeiros.
En canto a morfoloxía, os datos falan
por si sós, pois sementais como Xacobeo
(2º), Divino (3º), Darter (4º), Moes (6º),
Dancer (7º) e Lucus (9º) ocupan 6 das
10 primeiras posicións para tipo, e tres
deles son os mellores touros españois
para ubres: Dancer (ICU: +3,66), Xacobeo
( ICU: +3,59) e Divino ( ICU +3,43).
A nivel internacional, as probas Inter-
bull outorgan postos de relevancia en
diversos países a touros como Xacobeo,
Dancer, Darter e Elegant. O fenómeno
Xacobeo xa é coñecido en países como
Reino Unido, onde fai dobrete e se si-
túa como número 1 para tipo e número
1 para ubres. Nese mesmo país, Dan-
cer ocupa os postos 3º e 4º para tipo e
ubres, respectivamente. En Italia, sería
o 5º mellor touro para tipo.
En EE.UU e Canadá, os altos valores
para TPI (1.933) e LPI (2.153), nunca al-
canzados por un touro español, situarían
a Mario Xacobeo entre a elite dos 10 me-
llores touros neses países.
AS ÚLTIMAS PROBAS DE CONAFE E INTERBULL REVALIDAN CON ÉXITO OS TOUROS DE XENÉTICA FONTAO
XENÉTICA FONTAO, PRESENTE NO XVII CONCURSO DE CHANTADA
Xenética Fontao acudiu ao XVII con-
curso de gando frisón de Chanta-
da, o pasado mes de outubro do 2008,
cun grupo de 8 animais (4 xatas, 2 xoven-
cas e 2 vacas primerizas) que conseguiu
excelentes resultados, malia a ausencia
dalgúns destacados animais debido ás
restricións sanitarias impostas pola lin-
gua azul.
Perrelos Amada Botafogo alzouse co
título de xovenca campiona e gran cam-
piona de xovencas. O Eixido Luca Lucus
foi segunda da súa sección (vaca nova en
lactación menor de 30 meses de idade),
e pasou por tanto a competir polo título
de vaca nova campiona.
Outros animais, fillos tamén de touros
de Xenética Fontao, foron presentados de
forma particular por diversos gandeiros
e conseguiron relevantes premios. Foi o
caso de Quintá Botafogo Fogata, da Gan-
dería Quintá de Taboada (Lugo), terceira
na súa sección (xatas de 11 a 13 meses)
ou Pozo Louro Mina, presentada por
Gandería Pozo, de Lugo, que foi primeira
da súa sección (xatas de 14 a 16 meses) e
xata subcampiona do concurso.
Quintá Botafogo Fogata 3ª de sección (xatas 11-13 meses)
Pozo Louro Mina Xata Subcampiona
O Eixido Luca Lucus Finalista Vaca Nova Campiona
Perrelos Amada BotafogoXovenca Campiona e Gran Campiona de Xovencas