pv xaneiro 2013
Post on 24-May-2015
89 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Palabra
de
Vida
Xaneiro2013
Chiara Lubich, autora dos comentarios á PdV e fundadora
do movemento dos Focolares ou Obra de María.
Do 18 ao 25 de xaneirocelébrase
en moitas partesdo mundo a Semana
de oración pola unidadedos cristiáns,
que noutros lugaresse celebra en Pentecoste.
Este ano, a frase elixida para a Semana de oración é: «O que
quere de ti o Señor» (Mi 6, 6-8).
Xa que Chiara Lubichadoitaba comentar o versículo bíblico, propoñemos un texto
seuque comenta a pasaxe de Mt 9,13 (cf. Os 6, 6), escrito en
xuñode 1996 e que podería ser
unha achega para afondar na Palabra que se nos propón.
«Andade, aprendede o que significa:“Misericordia quero e non sacrificios”»
«Misericordia quero e non sacrificios».Recordas cando dixo Xesús estas palabras?
Mentres estaba sentado á mesa, varios publicanos e pecadores
sentaron con El. Ao darse conta disto, os fariseos presentesdixéronslles aos seus discípulos: «Como é que o voso mestre
come con publicanos e pecadores?». E Xesús, ao oír estas palabras, respondeu:
«Andade, aprendede o que significa:“Misericordia quero e non sacrificios”».
Xesús cita aquí unha frasedo profeta Oseas,
o que demostra que lle gusta o concepto alí
contido:en efecto, é a norma
segundo a cal El mesmose comporta, e que
expresaa primacía do amor sobre
calquera outro mandamento, sobre calquera outra regra
ou precepto.
Isto é o cristianismo: Xesús veu dicir que o que Deus querede ti con respecto aos demais –homes e mulleres– é ante
todoo amor, e que esta vontade de Deus xa fora anunciada
nas Escrituras, como demostran as palabras do profeta.
Para todo cristián, o amor é o programa da súa vida,a lei fundamental das súas accións, o criterio para
sabercomo moverse.
O amor sempre debe prevalecer sobre as demais leis. Máis aínda: o amor aos demais debe ser para o cristiáno
a sólida base sobre a cal apoiarse para poñer lexitimamente en práctica calquera outra norma.
«Misericordia quero e non sacrificios».
Xesús quere amor, e a misericordia é unha das súas expresións.E quere que o cristián viva así, ante todo porque Deus é así.
Para Xesús, Deus é ante todo o Misericordioso, o Paique ama a todos, «que fai saír o seu sol sobre malos e
bose manda a chuvia a xustos e inxustos» (Mt 5, 45).
Xesús, porque ama a todos, non teme estarcos pecadores, e deste modo revélanos quen é
Deus.Polo tanto, se Deus é así, se Xesús é así, tamén ti
debes albergar idénticos sentimentos.
«Misericordia quero e non sacrificios».
«…e non sacrificios».Se non amas a teu irmán, a Xesús non lle agrada o teu
culto.Non acolle a túa oración, nin a túa asistencia á Eucaristía,nin as ofrendas que poidas facer… se todo iso non abrolla
dun corazón en paz con todos, rico de amor por todos.
Recordas aquelas palabras súas tan incisivas do sermóndo monte? «Polo tanto, se cando vaias a presentar a túa
ofrendaante o altar te acordas alí mesmo de que teu irmán
ten queixas contra ti, deixa alí a túa ofrenda ante o altare vai primeiro reconciliarte co teu irmán, e despois
volve presentar a túa ofrenda» (Mt 5, 23-24).
Estas palabras indícanche que o culto que máis agrada a Deus é
o amor ao próximo, que ha de ser a base tamén do teu culto a Deus.
Se quixeses facerlle un agasallo a teu pai mentres estás inimizado con teu irmán (ou teu irmán contigo), que che
diría teu pai? «Reconcíliate antes e logo ven a ofrecerme o que desexes».
Experiméntano os cristiáns que viven a súa fe, pois se axudana seus irmáns, sobre todo aos necesitados, crece neles
a devoción, a unión con Deus faise máis fuerte, perciben que existe un vínculo entre eles e o Señor; e isto é o que máis
alegra as súas vidas.
Pero hai máis.O amor non é só a base do vivir cristián, senón tamén
o camiñomáis directo para estar
en comuñóncon Deus.
Dinoos santos,
testemuñasdo Evanxeo
que nos precederon.
Pero hai máis.O amor non é só a base do vivir cristián, senón tamén
o camiñomáis directo para estar
en comuñóncon Deus.
Dinoos santos,
testemuñasdo Evanxeo
que nos precederon.
«Misericordia quero e non sacrificios».
Como vivirás entón esta nova Palabra de vida?
Non fagas discriminación nuingunha entre as persoasque teñan contacto contigo, non marxines a ninguén; máis
ben ofrece a todos o máis que poidas darles, imitando a Deus Pai.
Repara esas pequenas ou grandes desavenencias que desgustan o Ceo e te amargan a vida; como di a Escritura (cf. Ef 4, 26), non deixes que se poña o sol sobre a túa ira
cara a ninguén.
Sete comportas así, todo o que fagas agradará a Deus e quedarápara a eternidade. Cando esteas traballando ou descansando,
xogandoou estudando, cos teus fillos ou acompañando a túa muller ou a
teu maridode paseo, cando reces ou cando te sacrifiques, ou mentres
realizasas prácticas relixiosas acordes á túa vocación cristiá…: todo,
todo, todo será materia prima para o Reino dos Ceos.
O Paraíso é unha casa que construímos aquí e habitamos alá.
e construímola con o amor.
«Andade, aprendede o que significa:“Misericordia quero e non sacrificios”»
Texto de: Chiara Lubich, Publicada en xuño 1996.
O comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio,
TV e vía internet. Pode verse tamén na revista “Ciudad Nueva” con experiencias
vividas por cristians dende ela.
Texto de: Chiara Lubich, Publicada en xuño 1996.
O comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio,
TV e vía internet. Pode verse tamén na revista “Ciudad Nueva” con experiencias
vividas por cristians dende ela.
Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2012-13:
“Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.
Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.
“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa cuenta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde elea (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es).
Sede felices. Feliz e evanxélico ANO DA FE.
“Creo, Señor, pero aumenta a miña fe”.
E en concreto, durante este mes, que vou facer para que o Plan Pastoral vaia adiante?
top related