marta coria blanco miguel carricoba armesto · unha das utilidades desta plataforma é usala como...

Post on 20-Jul-2020

4 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Marta Coria Blanco Miguel Carricoba Armesto

Usamos o mesmo usuario e contrasinal de edu.xunta.es

Accedemos á páxina de Agueiro: https://www.edu.xunta.es/agueiro

Aquí configuramos os nosos datos

Aquí temos e creamos os portafolios

Aquí xestionamos a rede social

Unha das utilidades desta plataforma é usala como almacenamento de arquivos propios. Por agora, non ten moita capacidade, pero para documentos de texto e imaxes non moi grandes pode valernos. Logo podemos usalos nos nosos portafolios

Aquí podemos buscar o documento do noso ordenador…

…Ou arrastralos ata aquí.

Aquí aparecen os documentos que temos na plataforma

Observa que a plataforma nos ofrece tamén a posibilidade de crear un blog. Se temos creada unha comunidade en Agueiro co noso alumnado, facilita moito o traballo con blogs con eles.

Aquí é onde se crean e almacenan os nosos portafolios (ou páxinas con contidos agregados de diferentes orixes).

Aquí creamos o noso portafolio

Poñémoslles título, descrición e etiquetas que faciliten a súa busca e gardamos.

Antes de empezar, debemos definir a estrutura no noso portafolio

Para inserir un texto ou unha imaxe, arrastramos estas etiquetas ao interior do portafolio e seleccionamos onde poñelo (aparecen tenuemente os distintos bloques que definimos e poñemos encima a etiqueta arrastrada)

As notas permítenos escribir texto, editándoo coma un procesador de texto, poñendo enlaces, imaxes...

Unha cousa interesante que ofrece Agueiro é unha xestión de licenzas sinxelo, xa que xa nos permite atribuír a licenza que queiramos, poñer o nome do autor do documento que utilicemos e a súa URL respectando deste xeito as autorías.

Con esta opción podemos inserir imaxes que teñamos subido á plataforma.

Se queremos inserir outro tipo de recursos que teñamos subidos á plataforma podemos premer aquí e despregaranse diferentes opcións para os distintos tipos de arquivos que teñamos: vídeos, arquivos pdf, arquivos HTML…

Premendo nos distintos enlaces aparecen novas opcións a inserir no soso portafolio.

Un dos contidos que máis xogo nos pode dar, é inserir “Medio externo” dentro de “Contido externo”

Permite inserir o código HTML que nos ofrecen estes servizos para o recurso no noso portafolio. Tamén se pode empregar a etiqueta de HTML iframe tal e como nos explican. A pena é que non vale para calquera servizo web 2.0

Exemplo de páxina

Aquí podes compartir os teus portafolios con quen queiras: o teu alumnado (para iso ten que estar rexistrado na plataforma) ou con outro profesorado.

Aquí escollerás con quen compartes o portafolio

Aquí podes obter un URL do teu porfolio para facelo visible ás persoas que non están dentro da plataforma (permite ver o portafolio como unha páxina web)

Pulsas aquí e ábrese o diálogo para buscar aos amigos, grupos ou simplemente usuarios (podes poñer o nome ou o apelido ou ambos…). Cando atopes a quen buscas pulsas no

Podes establecer o período no que compartes o portafolio.

Aquí podes ver os documentos que compartiron contigo

Este non pretende ser un titorial pormenorizado de todo o potencial que ofrece esta ferramenta, senón unha primeira aproximación. Quédanos agora fuchicar e descubrir todos os seus segredos.

Marta Coria Blanco Miguel Carricoba Armesto

top related