cantar de cego

Post on 24-Mar-2016

247 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Cantar de cego creado polo alumnado de 3º ciclo de Primaria do Ceip Mestres Goldar para celebrar a reapertura da biblioteca no curso 09/10

TRANSCRIPT

CANTAR DE CEGOCANTAR DE CEGOCANTAR DE CEGOCANTAR DE CEGO::::

AAAA NOSA NOSA NOSA NOSA

BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA

Miñas donas, meus señores,

préstennos moita atención

que aquí comeza unha historia

das que molan mogollón.

Esta élles a historia

dun colexio moi moderno,

onde hai unha biblioteca

cun ratiño moi coqueto.

Cando isto comezou

os libros eran pouquiños,

e tantísimo medraron

que non cabían no sitio.

E así foi como chegaron

a este fermoso lugar

as nosas pelis, os libros

e moitas cousiñas máis.

Dun tempo a esta parte

hai tamén ordenadores

con xogos moi divertidos

para alucinar en cores.

Nos ordenatas podemos

navegar pola internet,

escoitar música guai

e ata o mundo coñecer.

E tamén temos revistas

de temas apaixoantes

son boas as de animais

ou as “Muy interesante”.

E ás veces o rato MIK,

xefe desta biblioteca,

mándanos facer cousiñas

que lle saen da cabeza:

Carteis coas nosas familias,

concursos de moita monta,

ler contos aos compañeiros;

ler e ler é o que importa.

Todas e todos sabemos,

para agora rematar,

que a mellor biblioteca

está no Mestres Goldar.

ALUMNADO DO TERCEIRO CICLO.

top related