acta 1-2012 extraord re 300112

18
ACTA DA SESION EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE 30 DE XANEIRO DE 2012. ASISTENTES: Na Casa Consistorial do Concello de Oia (Pontevedra), sendo as 09:00 horas, baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, coa asistencia da Secretaria, reúnense os señores Concelleiros relacionados ó marxe que constitúen a Corporación do Concello de Oia, ó obxecto de celebrar a sesión extraordinaria do Pleno prevista para esta data. PRIMEIRO: Recoñecemento extraxudicial 1/2012 de gastos procedentes do exercizo anterior ( 2011). O Sr. Alcalde toma a palabra para decir que convocou este pleno extraordinario co fin de traer a recoñecemento estraxudicial as facturas que nos quedaron pendentes do exercicio anterior, ou sexa, do ano 2011. Di que son moitas facturas, que afectan a case tódalas partidas do orzamento municipal do concello e recoñezo que nos pasamos no gasto e que esta situación non pode continuar. Di que por iso está completamente decidido a darlle a este concello un cambio de rumbo co fin de mellorar a situación económica. E como di o refrán: a grandes males grandes remedios. Vou a empezar por relatar cales son os males: na miña opinión temos un gasto corrente desproporcionado con continuo e constante goteo de facturas; cando non se avería unha desbrozadora, ven unha rotura nun vehículo municipal; cando non se produce unha avería no colexio de Oia, chama o colexio de refoxos ou da gardería; cando non se funde unha luz, temos outra defeita no alumeado público; a continuación averíase o alcantarillado ou prodúcese un buraco na vía pública e así constantemente. Por outra banda é certo que unha das tarefas máis importantes para min é reducir a lista de parados do concello; di que no ano 2011 contratamos temporalmente a preto de ALCALDE-PRESIDENTE: D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP). CONCELLEIROS: D. Eugenio Portela Pérez ( PP) D. Camilo González Giráldez ( PP) Dª Rosa María Miniño Flores( PP) Dª Carmen María Estévez Adrover( PP) D. José Albino Diego Peleteiro ( PP) Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE) D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE) D. Roberto González Martínez (PSOE) Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE) D. José Miguel Giráldez Martínez ( BNG) SECRETARIA: Dª María Cabodevila Ros 1

Upload: bng-oia

Post on 13-Mar-2016

238 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

ASISTENTES: CONCELLEIROS: D. Eugenio Portela Pérez ( PP) D. Camilo González Giráldez ( PP) Dª Rosa María Miniño Flores( PP) Dª Carmen María Estévez Adrover( PP) D. José Albino Diego Peleteiro ( PP) Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE) D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE) D. Roberto González Martínez (PSOE) Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE) D. José Miguel Giráldez Martínez ( BNG) D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP). 1 2

TRANSCRIPT

Page 1: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

ACTA DA SESION EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE 30 DE XANEIRO DE 2012.

ASISTENTES:

Na Casa Consistorial do Concello de Oia (Pontevedra), sendo as 09:00 horas, baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, coa asistencia da Secretaria, reúnense os señores Concelleiros relacionados ó marxe que constitúen a Corporación do Concello de Oia, ó obxecto de celebrar a sesión extraordinaria do Pleno prevista para esta data.

PRIMEIRO: Recoñecemento extraxudicial 1/2012 de gastos procedentes do exercizo anterior ( 2011).O Sr. Alcalde toma a palabra para decir que convocou este pleno extraordinario co fin de traer a recoñecemento estraxudicial as facturas que nos quedaron pendentes do exercicio anterior, ou sexa, do ano 2011.Di que son moitas facturas, que afectan a case tódalas partidas do orzamento municipal do concello e recoñezo que nos pasamos no gasto e que esta situación non pode continuar.Di que por iso está completamente decidido a darlle a este concello un cambio de rumbo co fin de mellorar a situación económica. E como di o refrán: a grandes males grandes remedios.Vou a empezar por relatar cales son os males: na miña opinión temos un gasto corrente desproporcionado con continuo e constante goteo de facturas; cando non se avería unha desbrozadora, ven unha rotura nun vehículo municipal; cando non se produce unha avería no colexio de Oia, chama o colexio de refoxos ou da gardería; cando non se funde unha luz, temos outra defeita no alumeado público; a continuación averíase o alcantarillado ou prodúcese un buraco na vía pública e así constantemente.Por outra banda é certo que unha das tarefas máis importantes para min é reducir a lista de parados do concello; di que no ano 2011 contratamos temporalmente a preto de 25 traballadores polos plans de Deputación, cooperación da Xunta e personal de incendios da Consellería de Medio Rural, pero esto supón un incremento de gasto administrativo, un incremento de gastos pola confección de nóminas e tcs na xestoría e un incremento en roupa de traballo, ademáis de que se incrementa sustancialmente o consumo de combustible polos vehículos e pola maquinaria que o precisa para funcionar.Di que ao contar con personal contratado o lóxico é sacarlle rendemento a favor ou beneficio das parroquias e barrios, de ahí podemos deducir un excesivo consumo en materiais de obras que se gasta continuamente ao longo dos 83.5 km2 que ten este concello.Di que tamén é certo que os veciños demandan constantemente reparacións, arranxo e obra nova, ademáis de que co transcurso do tempo o patrimonio municipal vaise deteriorando e temos a obriga de mantelo.

ALCALDE-PRESIDENTE:

D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP).

CONCELLEIROS:D. Eugenio Portela Pérez ( PP)D. Camilo González Giráldez ( PP)Dª Rosa María Miniño Flores( PP)Dª Carmen María Estévez Adrover( PP)D. José Albino Diego Peleteiro ( PP)Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE)D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE)D. Roberto González Martínez (PSOE)Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE)D. José Miguel Giráldez Martínez ( BNG)

SECRETARIA:Dª María Cabodevila Ros

1

Page 2: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

Sigue decindo que outro dos males é sen dúbida o gran incremento nas facturas de enerxía eléctrica; así podemos demostrar o comparar o aumento: no ano 2009 pagamos a Fenosa 85.888,25 €; en 2010 0154.108,42 € e este ano 2011 temos contabilizado un gasto de 145.337,82 € ao que teremos que engadirlle as facturas do ultimo trimestre, aínda non recibidas, tal e como relata o informe de secretaría.Por outra banda o alumeado público na maioría das parroquias cumpre 30 anos de funcionamento continuo de onde ven o incremento nas reparacións así o demostra a facturación que, non ano 2009 foi de 29.506,92 €; no ano 2010 de 32.601,38 € e no pasado exercizo sufriu un importante aumento cunha facturación de 41.602,40 €.Outro dos males a destacar son as cuantiosas minutas dos abogados que obrigatoriamente vémonos obrigados a contratar polas distintas denuncias de particulares e da administración, o que supón outro gasto enorme das arcas municipais.Di que non vai por en evidencia a súa responsabilidade se se negara a aceptar que tamén se pasaron nas partidas de obra; comenzaron o ano 2010 traballando coa maquinaria da mancomnidade. É certo que fixeron moito traballo o que nos supuxo un importante gasto tanto en material como en combustible.Di que, por outra banda a posta a punto do campo de futbol supúxolle ao concello un gasto preto de 70.000,00 €, do que parte non estaba reflexado no proxecto: a aportación municipal á deputación, por 38.867,00 €, barandillas, espellos, carpintería e diverso mobiliario, pintura, gasoil e o proxecto da electricidade e cerramento pola parte traseira, a construcción de pozos e adquisición de motores e a súa instalación.Tamén é un gasto enorme o aluguer do local adicado a centro de saúde provisional, e o gasto deproporcionado en cultura, nas festas parroquiais e veciñais.A continuación di que o problema está en que o orzamento que se confecciona anualmente vese mermado nalqunhas partidas concretas co gasto realizado no exercicio anterior de forma que ano tras ano vamos arrastrando ese déficit.

Por todo o exposto, di que non queda outro remedio que reducir o gasto e sabe que tomar decisións implica un risco, pero se non se toman o risco aumenta e sería para el humillante que alguén externo me obrigara a reconducir esta situación pola miña incompetencia,como está pasando desgraciadamente en España.Polo tanto; para tomar medidas debe e debemos saber en que situación nos encontramos; por iso solicitei a secretaria que me contabilzara todas as facturas pendentes ata este momento .Dsespois de analizar minuciosamente uhha por unha tomei a decisión de porlle remedio : comenzamos este ano sen o habitual alumeado de nadal; suprimimos a chourizada; anulamos varios contratos, como é o caso de demain; non se fixeron tarxetas de fecilitación polo nadal nin calendarios; vaise reducir drásticamente a partida destinada a cultura e as partidas de obras e personal.Co fin de reducir o consumo de electricidade solicitamos ao INEGA o pasado ano unha subvención, que poderán darnos cando teñamos terminada a auditoría que está a punto de rematar. Contabilizaremos tódalas farolas de alumeado público, revisaremos cadros e contadores, postes e cableado.Sabemos que as luminarias de Mabia, Torroña, Burgueira e Mougás son de cor branco ou sexa de mercurio, e que a normativa europea obriga a súa sustitución por sodio o que conleva una reducción, según nos informaron os técnicos, do 40 % no consumo, e a subvención solicitada xa contempla parte de estas sustitucións obrigatorias.Di que tomou a decisión de enviarlle un escrito aos distintos proveedores para que esixan a conformidade do alcalde en calquera pedido de material.Di que están en conversacións coa consellería de sanidade para que se faga cargo do aluguer do centro de saúde e comenzarán asimesmo a negociar o tema do camión de incendios, que, como sabe, cando está aberta a campaña contraincendios, ten que ir a concellos limítrofes, supoñendo para Oia un maior gasto en combustible; esixirei que o gasto en combustible se sosteña entre todos ou devolverei o camión.Di que vai a abrir un expediente de gasto por cada obra ou reparación que se acometa, se podemos acometelas e vai a solicitar mensualmente a tesourería o balance do estado de ingresos e gastos.

2

Page 3: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

Finalmente, di que quere facer unha aclaración, poque no listado de facturas se inclúen dúas facturas de comidas oficiais pero a de catrocentos e pico de euros corresponde a unha comida a que invitouse a Nova Semente, un grupo de bombos e tambores.

A Sra Rosa Otero Carballa di que ten moito discurso pero o problema é o que fai non o que di.Di que é certo que o costume é fonte do dereito, no noso ordenamento, pero despois da constitución as leis e os regulamentos e vostede sáltase todo eso administrando este concello.

Di que xa aprobou dous recoñecementos extraxudiciais en 2011, un de trinta mil e pico de euros e outro de corenta e catro mil e pico, e por iso apelo aos seus concelleiros que non apoien este recoñecemento. Di que se o remanente de tesourería era negativo en anos anteriores, imaxínese como vai sair éste.

Di que pode mencionar algúns gastos como exemplo: a festa da 3ª idade, a subvención encuberta á banda de Mougás, os gastos en electricidade: hai reparacións e reposicións tódolos meses?.Vostede mesmo recoñece que o gasto deste 2011 ascendeu a 41.000,00 €; sáqueo a concurso e fágao público.Sigue decindo que o recoñecemento é un procedemento extraordinario para protección de terceiros, pero vostede o usa indiscriminadamente o que supón a proba da mala xestión do seu grupo de goberno.Di que quere propoñer que sexa o alcalde e os seus concelleiros os que fagan frente ao pago destes gastos do seu bolsillo; di que non sabe como vai explicar os veciños de Oia que hai cartos para pagar facturas de reparación do alumeado pero non para telo encendido.

A continuación intervén o Sr. Jose Miguel Giraldez Martínez para decir que o Alcalde está recoñecendo a súa propia mala xestión, a do seu grupo e a dos seus asesores externos.Di que hai partidas de gastos esgotadas no orzamento 2012, con este recoñecemento e non hai presuposto para o ano vixente.Veu a decir que o concello está funcionando como axencia de colocación; con unha ETT que usa para colocar os amiguiños e agora di que eso é un problema pero e que o problema o creou vostede.Quéixase das facturas de fenosa pero logo anda colocando puntos de luz vendendo favores aos seus amigos. Di que tamén falou de problemas urbanísticos que xeneran gastos enormes, o que volve a demostrar a política nefasta seguida polo concello nos ultimos anos; a teoría do “ ti vai facendo” que está creando problemas aos veciños.Di que fala do aluguer do centro de saúde pero espera que non vaia a ser a oposición a que teña a culpa tamén diso.

O Sr. Alcalde di que poden falar do electricista si queren; di que é imposible saber cal vai a ser o nº de averías no ano; di que o tema de Atendo, da limpeza dos edificios municipais estaba previsto para a súa modificación neste 2012, pero agora resulta que o RDLei 20/2011 prohibe a contratación temporal así que vai a ter que seguir prestando o servicio.Di que piden que sexa o grupo de goberno o que pague o recoñecemento extraxudicial, pero resulta que nós aínda poderíamos ir tirando pero ZP nunca sería capaz de arreglar os danos causados a toda España.Sigue decindo que o Alcalde de Oia non ten asesores externos, os unicos asesores son a Secretaria e a Aparelladora, que tamén son asesoras de todos vós.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que a asesoría Lomba e Fernández é asesoría.

O Sr. Alcalde contesta que se encargan de confeccionar nóminas e tcs porque é imposible facer eso aquí, co personal que temos. Di que se non hai quen faga as nóminas terá que facelas el.O Sr. Jose Miguel Giraldez di que son seis concelleiros; algo podían facer.

O Sr. Alcalde sigue decindo que o tema dos procesos xudiciais é heredado.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que non todos.

3

Page 4: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

O Sr. Alcalde di que non; o dos kiwis non é heredado; foron vostedes os que puxeron a denuncia.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que o patrimonio ten que ser protexido e destruilo é un delito.

O Sr. Alcalde sigue decindo que hai case 4000 € do proceso xudicial do proceso selectivo no que quedou Vanessa como auxiliar; que como saben denunciaron unha irregularidade no proceso e parece que se cometera un erro; hai outra factura de 9.440,00 € que el se negou a pagar, contra o criterio da Secretaria porque se trata dos gastos xurídicos do abogado do Talaso e non conseguiron nada do que prometeron, así que non quero pagar de momento.

A Sra Rosa Otero Carballa di que ata Rajoy cambiou o discurso en canto chegou á Moncloa; di que agora a crise xa é internacional, e non do PP, a pesar de que o ministro de económia ven de Lehman Brothers, a primeira entidade financieira en quebrar; ese é o preparadísimo personal que vai dirixir España.

O Sr. Alcalde di que sempre perseguiu a contratación de personal pero eso supón un gasto enorme. Di que cando chegou en 2003 había moitísimas licencias cada ano pero agora case non se piden licencias o que tamén merma moito os ingresos.

O Sr. Jose Miguel Giraldez pregunta se non se pregunta por qué se reduciron as licencias.Por qué a xente prefire vivir en O Rosal e caixóns todos iguais que en Oia, en vivendas individuais.

O Sr. Alcalde di que prohibiuse a edificación.

O Sr. Roberto González Martínez e Jose Miguel Giraldez están de acordo en que o Alcalde está terxiversando todo; di que a inedificabilidade en area de tolerancia era provisional, mentres non se aprobara o PXOM.

O Sr. José Miguel Giraldez sigue decindo que Oia non ofrece nada; por haber non hai nin autobús para ir a Vigo.

O Sr. Alcalde di que non pode haber autobús para ir a Vigo porque cando houbo ía vacío.

O Sr. Eugenio Portela Pérez di que o motivo polo que a xente marcha é que a vivenda é máis barata en Tomiño ou en O Rosal; di que se aquí houbera edificios por eses precios tamén quedarían.

O Sr. Alcalde di que convocaraos proximamente para ver o PXOM e xa aproveita para comunicarlles que o propietario do Monasterio recurriu o acordo que adoptamos en pleno.

O Sr. Jose Miguel Giraldez pregunta cando vai a traer ao Pleno o presuposto para 2012, qué ingresos ten previstos para este presuposto e se ten previsto sacar a concurso os tema relacionados no informe de Secretaría.

O Sr. Alcalde di que o presuposto en canto a secretaria poida. Di que teñen que ver de facer unha reducción drástica de moitas partidas e os ingresos están máis o menos valorados.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que supón que vai subir o IBI e Louzán xa dixo públicamente que vai pedir subidas de lixo.

O Sr. Alcalde contesta que o IBI en Oia non sube porque a nosa valoración é das máis recentes e Louzán non pediu subidas de lixo; o que dixo foi que non pode ser que en cada sitio se paguen contías distintas polo mesmo servicio, e que hai sitios onde non se está pagando ou se pagan 10,00 € e eso non pode ser.Di que polo que respecta a Oia van a volver a intentar mancomuna-lo servicio.

4

Page 5: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

Di que hai gastos que o concello non debería financiar, como é o caso da limpeza dos colexios e por eso pediron a Louzán que reserve unha contía para transferir aos concellos, con destino ao gasto corrente.

O Sr. Jose Miguel Giraldez volve a preguntar sen van a sacarse a concurso público os contratos.

O Sr. Alcalde di que o aluguer dos coches pretendíamos avitalo gardando os coches na praza; no alumeado vai haber cambios; a compra do material xa mandamos cartas a varios proveedores, no caso de Geseco hai contrato e pasan unha factura mensual.

A Sra Rosa Otero Caballa di que incrementou a xente contratada nos anos pasados. Di que foi ofrecendo postos de traballo a cambio de votos; di que eso é o que fixo dispararse o gasto; di que xa tiña desequilibradas as contas e non se adoptaron medidas de saneamento e según o informe de intervención faltan facturas do último trimestre, así que como vai a quedar o presuposto cando se cargue todo eso?.

O Sr. Alcalde di que o personal sae elexido despois de superar procesos selectivos onde eu non participo; seguramente haberá máis contratados do PP que doutros partidos simplemente porque aquí gaña o PP tódolos procesos electorais e haberá máis poboación do PP que dos vosos pero nada máis.

A Sra Rosa Otero Carballa di que se alegra que conte coa oposición para o tema do PXOM.

O Sr Alcalde di que seguramente van a ter sorte porque van a modificar a Lei de costas e será para beneficiarnos ; di que el quería solicitar a reducción da protección a 25 metros nos núcleos pero xa se verá.

A Sra Rosa Otero di que non ter PXOM foi un beneficio para Oia porque mire o Rosal como quedou, destrozárono.

O Sr. Alcalde pregunta se estiveron hai pouco en Sanxenxo; di que é un horror.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que el está de acordo co que están falando por iso votou en contra do convenio urbanístico, porque preve 173 vivendas nunha parcela pequena. Di que non quere iso para Oia. Di que hai que facer Oia atractivo para a xente.

A Sra Rosa Otero Carballa di que eso de facelo atractivo hai que matizalo.Pregunta que pode facer atractivo a Oia coa poboación diseminada que ten en parroquias.

O Sr. Camilo González Giráldez di que a vivenda unifamiliar; é a baza que nos queda para diferenciarnos doutros concellos.

O Sr. Gerardo Rodríguez Refojos di que están derivando moito pero non van ao grano; di que no informe do expediente se observa unha vulneración da normativa na xestión económica do concello con 31 reparos de legalidade en 2010; di que hai unha serie de contratos que deberían tramitarse porque o informe di que non hai contratos de obras por administración, que é a unica forma que ten o concello de actuar cos seus medios materiais e humanos.

Di que o Alcalde ten que preguntar á Secretaria se hai cartos antes de gastar porque se non hai cartos non se pode gastar, e se non se pode facer un favor non se fai; o que se está decindo é que ten que facer as cousas ben; o que informa Intervención é por falta de transparencia.

O Sr. Alcalde di que a secretaria di que non hai albaráns pero moitos os teño eu; di que non consta quen pide o material nin para onde vai pero eu sei tanto quen pide como a onde se destina.

5

Page 6: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

Sometido o asunto a votación, o Concello en Pleno, con 6 votos favorables dos concelleiros do PP, e 5 votos en contra dos concelleiros de PSOE e BNG, adopta o seguinte acordo:

PRIMEIRO: Levantar o reparo formulado en Informe de Intervención de 20.01.2012, e ordenar a continuación do procedemento.

SEGUNDO: Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2012, por importe total de 362.762,40 € correspondente aos gastos do exercicio 2011 que se detallan en Anexo I que acompaña a presente, debendo imputarse os gastos ás partidas presupostarias que tamén se detallan.

TERCEIRO: Ordenar se proceda á imputación contable dos gastos enumerados contra os créditos do exercicio 2012, (2011 prorrogado).

CUARTO: Dar traslado do presente á Intervención e Tesourería para o seu reflexo contable, cando sexa posible.

6

Page 7: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

FACTURAS PENDIENTES DE APLICACIÓN A PRESUPUESTO A 31.12.2011

EXC. Org

C. Progr C. Ec

Subpar Dni/nif terceiro Desc. Oper.

Obl.Rec.Pdt.Apl

2011 0 1 21001 01 B36266161 CORREA HNOS, S.L. DIVERSAS REPARACIONES. 1.853,102011 0 1 21001 01 35557778 ANTONIO MIRANDA DIVERSOS TRABAJOS. 2.675,062011 0 1 21001 01 35563135Y J.M. MALVAR GIRALDEZ ENSANCHAR CAMINO VISO. 6.855,802011 0 1 21001 01 36302453B LOLO-SERRALLO, S.L. OBRA VILLADESUSO. 155,762011 0 1 21001 01 36029078S E. VICENTE PEREIRA CONEXIÓN ALCANTARILLADO. 2.761,202011 0 1 21001 01 36302453B LOLO-SERRALLO, S.L. OBRA VILADESUSO. 272,582011 0 1 21001 01 B36578615 CHACON TEBRA S.L. TRABAJOS REALIZADOS EN MAVIA Y STA. COMBA. 4.028,522011 0 1 21001 01 35563135Y J.M. MALVAR GIRALDEZ ENSANCHE CAMINOS MAVIA-STA. COMBA. 9.074,202011 0 1 21001 01 36029078S E. VICENTE PEREIRA POZO DE BARRENA GUARDERIA. 932,202011 0 1 21001 01 B36198331 ELECTRO ENFER, S.L. SACAR TRITURADORA DE FOSA SEPTICA. 99,122011 0 1 21001 01 B36198331 ELECTRO ENFER, S.L. BOMBAS RESIDUALES. 99,122011 0 1 21001 01 35573482A JOSE GLEZ ALVAREZ PODA ARBOLES. 389,402011 0 1 21001 01 B36627180 DEMAIN REPARACIÓN 2 DEPURADORAS. 443,022011 0 1 21001 01 B36266161 CORREA HNOS, S.L. MURO COLEGIO. 1.191,84

TOTAL 1 21001 30.830,92SALDO TRAS IMPUTACIÓN -25.830,92

2011 0 1 21300 01 B46001897 THYSSENKRUPP EL. CONTRATO MANTENIMIENTO ASCENSOR. 154,372011 0 1 21300 01 B46001897 THYSSENKRUPP EL. MANTENIMIENTO ASCENSOR. 154,372011 0 1 21300 01 B46001897 THYSSENKRUPP EL. MANTENIMIENTO ASCENSOR. 154,372011 0 1 21300 01 B36198331 ELECTROENFER, S.L. MONTAR BOMBAS Y RESIDUALES. 143,022011 0 1 21300 01 B46001897 THYSSENKRUPP EL. MANTENIMIENTOS ASCENSOR. 154,372011 0 1 21300 01 B36198331 ELECTROENFER, S.L. BOMBA SUMINISTRADORA DE 1,5 CV. 1.735,782011 0 1 21300 01 B36627180 DEMAIN SUMINISTRO PIEZA. 212,40

TOTAL 1 21300 2.708,68SALDO TRAS IMPUTACIÓN 22.291,32

2011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. SUMINISTRO DE ENERGIA ELECTRICA JUNIO. 10.130,402011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. FACTURACIÓN MES DE MARZO. 26.058,112011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. SUMINISTRO ENERGIA ELECTRICA ABRIL. 11.597,232011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. SUMINISTRO ENER. ELEC. MAYO. 23.440,202011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. SUM. ENERGIA ELEC. LUGAR LOUSADO AGOSTO. 122,392011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. FACTURACIÓN JULIO. 22.423,162011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. LUGAR LOUSADO MES AGOSTO. 103,652011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. LUGAR LOUSADO AGOSTO. 134,392011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. LUGAR LOUSADO AGOSTO. 131,72

7

Page 8: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

2011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. LUGAR LOUSADO AGOSTO. 156,112011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. MES DE AGOSTO. 1.055,712011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. SUM ENERGIA ELECTRICA "NIÑO DO CORVO" 107,622011 0 1 22100 01 A08015497 GAS NATURAL S.U.R. SUMINISTRO ENERGIA ELECTRICA SEPTIEMBRE. 25.223,57

TOTAL 1 22100 120.684,26SALDO TRAS IMPUTACIÓN 9.315,74

2011 0 1 22706 01 B70248869 O.G.P.Y O. ANTEPROX ABASTECEMENTO E SANEAMENTO 1.770,002011 0 1 22706 01 15360712B G.S.T. S.L. MEDIDAS PREVIAS DE SEÑAL TDT. 2.548,252011 0 1 22706 01 B70248869 O.G.P.Y O. ANTEPROYECTO VIAIS MUNICIPAIS. PEDORNES 590,002011 0 1 22706 01 15360712B G.S.T. S.L. SUMINISTRO E INST. DE EQUIPOS TDT 1.274,402011 0 1 22706 01 A78029774 TINSA HONORARIOS VALORACIÓN TERREO O CABEZO 578,202011 0 1 22706 01 B70248869 O.G.P.Y O. ANTEPROYECTO VIAIS MUNICIPAIS MOUGAS 590,002011 0 1 22706 01 B36938819 MITOIA, S.L. PROYECTO Y DIR DE OBRA CAMPO DE FÚTBOL. 1.463,20

TOTAL 1 22706 8.814,05SALDO TRAS IMPUTACIÓN 1.185,95

2011 0 1 22707 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO REPARACIÓN ALUMBRADO PÚBLICO OCTUBRE. 1.227,202011 0 1 22707 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO REPARACIÓN ALUMBRADO PÚBLICO SEPTIEMBRE. 1.073,802011 0 1 22707 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO REPARACIÓN ALUMBRADO PÚBLICO NOVIEMBRE. 708,002011 0 1 22707 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO REPARACIÓN COLEGIOS. 796,502011 0 1 22707 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO REP. ALUMBRADO PÚBLICO MES DE JULIO. 955,802011 0 1 22707 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO REPARACIÓN ALUMBRADO PÚBLICO AGOSTO. 1.138,702011 0 1 22707 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO REP. ALUMBRADO PÚBLICO JUNIO. 802,402011 0 1 22707 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO REP. ALUM. PÚBLICO MAYO. 755,202011 0 1 22707 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO SINIESTRO DE UNA FAROLA. 569,942011 0 1 22707 01 P3663600B MITOIA, S.L. REPARACIÓN ALUMBRADO PÚBLICO. 970,27

TOTAL 1 22707 8.997,81SALDO TRAS IMPUTACIÓN 19.002,19

2011 0 1 22709 01 A81527095 GESECO, S.A. RECOGIDA PAPEL Y CARTÓN. 421,202011 0 1 22709 01 A15379803 SOGAMA, S.A TRATAMIENTO DE R.U. JUNIO. 6.494,932011 0 1 22709 01 A81527095 GESECO, S.A. RECOGIDA PAPEL Y CARTÓN. 421,202011 0 1 22709 01 A15379803 SOGAMA, S.A TRATAMIENTO DE R.U. JULIO. 7.256,512011 0 1 22709 01 A81527095 GESECO, S.A. RECOGIDA PAPEL Y CARTÓN. 421,202011 0 1 22709 01 A15379803 SOGAMA, S.A TRATAMIENTO DE R.U. SEPTIEMBRE. 6.423,872011 0 1 22709 01 A81527095 GESECO, S.A. RECOGIDA PAPEL Y CARTÓN. 421,202011 0 1 22709 01 A15379803 SOGAMA, S.A TRATAMIENTO DE R.U. AGOSTO. 9.371,622011 0 1 22709 01 A81527095 GESECO, S.A. RECOGIDA PAPEL Y CARTÓN. 421,202011 0 1 22709 01 A15379803 SOGAMA, S.A TRATAMIENTO DE RU NOVIEMBRE. 4.933,382011 0 1 22709 01 A15379803 SOGAMA, S.A TRATAMIENTO DE RU NOVIEMBRE. 53,872011 0 1 22709 01 A81527095 GESECO, S.A. RECOOGIDA PAPEL Y CARTÓN. 421,202011 0 1 22709 01 A81527095 GESECO, S.A. RECOGIDA PAPEL Y CARTÓN. 421,202011 0 1 22709 01 A15379803 SOGAMA, S.A TRATAMIENTO DE R.U. OCTUBRE. 5.033,652011 0 1 22709 01 A15379803 SOGAMA, S.A TRATAMIENTO DE R.U. OCTUBRE. 346,69

TOTAL 1 22709 42.862,92

8

Page 9: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

SALDO TRAS IMPUTACIÓN 37.137,08TOTAL IMPUTACIÓN CONTRA BOLSA 1-2 214.898,64SALDO BOLSA VINCULACIÓN 1-2 75601,36

2011 0 3 21200 01 76894479M J.C. PEREZ FERNANDEZ FONTANERIA COLEXIO MESTRE GARCIA. 1.138,702011 0 3 21200 01 76906656S FERRETERIA TAMUXE SUMINISTROS. 171,102011 0 3 21200 01 76894479M J.C. PEREZ FERNANDEZ TRABAJOS FONTANERÍA COLEXIOS 442,502011 0 3 21200 01 76894479M J.C. PEREZ FERNANDEZ FONTANERIA COLEGIOS Y GUARDERIA. 525,102011 0 3 21200 01 B36266161 CORREA HNOS, S.L. CAMPO DE FÚTBOL. 4.206,322011 0 3 21200 01 B36015899 MARTINELLI, S.L. ENCIMERA DE BAÑO COLEGIO. 299,722011 0 3 21200 01 B36218758 P. Y C. MALAGOS, S.L. TRABAJOS CENTRO CULTURAL. 1.150,50

TOTAL 3 21200 7.933,94SALDO TRAS IMPUTACIÓN 2.066,06

2011 0 3 21301 01 B36243467 MADERAS LOMBA, S.L. ASIENTO COLUMPIOS. 145,422011 0 3 21301 01 B94038932 MURJASOIL, S.L. CTTO MANTEMENTO CALEFACCIÓN COLEXIOS. 1.687,51

TOTAL 3 21301 1.832,93SALDO TRAS IMPUTACIÓN 4.167,07

2011 0 3 22109 01 36280923B JUMAR, S.L. SUMINISTROS OBRAS. 379,822011 0 3 22109 01 36280923B JUMAR, S.L. SUMINISTROS OBRAS. 2.292,172011 0 3 22109 01 36280923B JUMAR, S.L. SUMINISTRO OBRAS. 931,012011 0 3 22109 01 36280923B JUMAR, S.L. SUMINISTRO OBRAS 1.562,862011 0 3 22109 01 34885273T COBALLES NOYA SUMINISTROS. 68,432011 0 3 22109 01 36280923B JUMAR, S.L. SUMINISTROS OBRAS. 1.903,252011 0 3 22109 01 34885273T COBALLES NOYA SUMINISTROS. 24,392011 0 3 22109 01 36280923B JUMAR, S.L. SUMINISTROS OBRAS. 573,21

TOTAL 3 22109 7.735,14SALDO TRAS IMPUTACIÓN 2.264,86

2011 0 3 22609 01 36196749G UNION MUSICAL MOUGAS ACTUACIÓN EN MOUGÁS. 1.350,002011 0 3 22609 01 36196749G UNION MUSICAL MOUGAS ACTUACIÓN EM MOUGAS (VIRXE DO CARME). 1.350,002011 0 3 22609 01 B36251593 OIA PUBLICIDADE ALQUILER CARPA "FESTA VIRXE DO CARME". 1.121,002011 0 3 22609 01 36000024A ATSA SERVICIO VIAJE. 216,002011 0 3 22609 01 36196749G UNION MUSICAL MOUGAS ACTUACIÓN EN STA. COMBA. 1.350,002011 0 3 22609 01 36196749G UNION MUSICAL MOUGAS ACTUACIÓN EN OIA. 1.350,002011 0 3 22609 01 36009892B SUAREZ ARAUJO, S.L. SERVICIO CORAL POLIFONICA DE OIA. 297,002011 0 3 22609 01 V36106946 BANDA MUSICA ARCADE ACTUACIÓN EN LOUREZA SAN MAMED. 1.450,002011 0 3 22609 01 36196749G UNION MUSICAL MOUGAS ACTUACIÓN EN PEDORNES. 1.350,002011 0 3 22609 01 36196749G UNION MUSICAL MOUGAS ACTUACIÓN EN VILLADESUSO. 1.350,002011 0 3 22609 01 36196749G UNION MUSICAL MOUGAS ACTUACIÓN EN STA. Mª DE OIA. 1.350,002011 0 3 22609 01 A36001576 TRANSPORTES LA UNION TRANSPORTE BANDA DE MUSICA. 320,002011 0 3 22609 01 B36020816 GRAFICAS JUVIA CARTELES Y FOLLETOS FESTA DO POTRO. 590,002011 0 3 22609 01 B36379212 HOTEL A RAIÑA COMIDA BANDA DE MUSICA DE LA BRILAT. 456,002011 0 3 22609 01 G36104768 B MUS UNIÓN DE GULANS ACTUACIÓN EN SANTA MARIA DE OIA. 1.500,00

9

Page 10: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

2011 0 3 22609 01 G36476422 ASOC AIRIÑOS DE TAMUXE ACTUACIÓN FESTA 3ª EDAD. 250,002011 0 3 22609 01 36009892B SUAREZ ARAUJO S.L TRANSPORTE PARA FESTA 3ª EDAD. 1.080,002011 0 3 22609 01 B36199339 GRAFICAS LA GUARDIA 800 INVITACIONES 3ª EDAD. 253,702011 0 3 22609 01 E36442044 GLASGOW COMIDA 3ª EDAD. 15.283,00

TOTAL 3 22609 32.266,70SALDO TRAS IMPUTACIÓN -17.266,70

2011 0 3 22700 01 B15905763 CRUZ DEL SUR SAN..S.L. CONTROL DE PLAGAS. 1.168,202011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. LIMPIEZA CONCELLO OUTUBRO 220,322011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. SERVICIO LIMPIEZA COLEXIO OUTUBRO 1.377,002011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. LIMPIEZA CENTRO DE SALUD OUTUBRO 521,062011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. LIMPIEZA GUARDERIA INFANTIL OUTUBRO. 521,062011 0 3 22700 01 34886510H ADELAIDA FERNANDEZ TRABAJOS LIMPIEZA NOVIEMBRE Y DICIEMBRE. 98,402011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. LIMPIEZA CENTRO SAUDE NVBRO 556,312011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l LIMPEZA GARDERÍA NOVIEMBRE. 556,312011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l LIMPIEZA GUARDERÍA SETEMBRO 594,862011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. LIMPIEZA COLEXIO M. GARCIA. SETEMBRO 1.454,112011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. LIMPIEZA CONCELLO SETEMBRO 176,262011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. LIMPIEZA CENTRO SAUDE SETEMBRO 594,862011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. LIMPIEZA JULIO. 1.586,302011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. SERVICIO LIMPIEZA AGOSTO. 2.093,042011 0 3 22700 01 B36875938 ATENDO CALIDADE, s.l. SERVICIO LIMPIEZA JUNIO. 2.335,39

TOTAL 3 22700 13.853,48SALDO TRAS IMPUTACIÓN 19.146,52IMPUTACIÓN TOTAL CONTRA BOLSA 3-2 63.622,19SALDO BOLSA VINCULACIÓN 3-2 55.117,81

2011 0 4 22110 01 A36008886 COVSA SUMINISTROS OBRAS. 690,132011 0 4 22110 01 36623510A H. Valle Miñor SUMINISTROS OBRAS. 413,842011 0 4 22110 01 36623510A H. Valle Miñor SUMINISTROS OBRAS. 2.683,042011 0 4 22110 01 A36008886 COVSA SUMINISTROS OBRAS. 1.974,202011 0 4 22110 01 A36008886 COVSA SUMINISTROS OBRAS 14.927,262011 0 4 22110 01 34886612M J.A. PEREZ DIEGO MATERIALES ALUMBRADO PÚBLICO. 4.158,322011 0 4 22110 01 36623510A H. Valle Miñor SUMINISTRO OBRAS. 147,832011 0 4 22110 01 36623510A H. Valle Miñor SUMINISTRO OBRAS 635,122011 0 4 22110 01 36623510A H. Valle Miñor SUMINISTRO OBRAS. 471,53

TOTAL 1 22109 26.101,27SALDO TRAS IMPUTACIÓN -16101,27IMPUTACIÓN TOTAL CONTRA BOLSA 4-2 26101,27SALDO BOLSA VINCULACIÓN 4-2 1.898,73

2011 0 9 20201 01 E36570174 MINIÑO MARIÑO c.b. ARRENDAMIENTO LOCAL. 745,52TOTAL 3 20101 745,52

10

Page 11: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

SALDO TRAS IMPUTACIÓN  

2011 0 9 21400 01 B36597441 BAIXOMIÑO S.L. REPARACIÓN VEHÍCULO. 45,432011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHÍCULO. 526,752011 0 9 21400 01 34885251R INTERAUTO REPARACIÓN CAMIÓN. 59,002011 0 9 21400 01 A36022630 CODELAUTO, S.A. REPARACIÓN PINCHAZO CAMIÓN. 5,902011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHICULOS. 436,142011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHÍCULO. 256,652011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHÍCULO 5888-GNS. 100,422011 0 9 21400 01 A15117609 SYC ITV I.T.V. CAMIÓN DE INCENDIOS. 55,902011 0 9 21400 01 34885251R INTERAUTO REPARACIÓN NISSAN. 206,782011 0 9 21400 01 B36597441 BAIXOMIÑO S.L. REPARACIÓN VEHÍCULO. 748,292011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHÍCULO 5888-GNS. 67,112011 0 9 21400 01 B36488526 RECAMBIOS LA GUARDIA REPARACIÓN VEHÍCULO. 28,372011 0 9 21400 01 B36488526 RECAMBIOS LA GUARDIA REPARACIÓN VEHÍCULO. 92,912011 0 9 21400 01 A36022630 CODELAUTO, S.A. REPARACIÓN VEHÍCULO CONCELLO. 734,032011 0 9 21400 01 B36380897 MAXIDEZA, S.L. REPARACIÓN CISTERNA. 342,542011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHÍCULO CONCELLO. 466,082011 0 9 21400 01 A36022630 CODELAUTO, S.A. REPARACIÓN VEHÍCULO CONCELLO. 204,662011 0 9 21400 01 B36488526 RECAMBIOS LA GUARDIA REPARACIÓN VEHÍCULO OFICIAL. 239,652011 0 9 21400 01 B36575249 TALL EL MILAGRO REPARACIÓN VEHICULO CONCELLO. 187,882011 0 9 21400 01 B36488526 RECAMBIOS LA GUARDIA REPARACIÓN CAMIÓN INCENDIOS. 40,772011 0 9 21400 01 B36597441 BAIXOMIÑO S.L. REPARACIÓN NISSAN TRADE. 971,032011 0 9 21400 01 B36618841 HERMAFER,S.L. REPERACIÓN VEHICULO CONCELLO. 194,152011 0 9 21400 01 34885251R INTERAUTO REPARACIÓN VEHÍCULO CONCELLO. 183,182011 0 9 21400 01 B36597441 BAIXOMIÑO S.L. REPARACIÓN VEHÍCULO CONCELLO. 85,182011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHÍCULO CONCELLO. 169,572011 0 9 21400 01 B36597441 BAIXOMIÑO S.L. REPARACIÓN VEHICULO NISSAN TRADE. 363,492011 0 9 21400 01 B36380897 MAXIDEZA, S.L. REPARACIÓN TRACTOR. 1.238,002011 0 9 21400 01 B36597441 BAIXOMIÑO S.L. BATERIA. 84,942011 0 9 21400 01 B36597441 BAIXOMIÑO S.L. REPARACIÓN VEHICULO. 114,482011 0 9 21400 01 B36597441 BAIXOMIÑO S.L. REPARACIÓN VEHICULO. 237,262011 0 9 21400 01 B36488526 RECAMBIOS LA GUARDIA REPARACIÓN VEHÍCULO CONCELLO. 36,162011 0 9 21400 01 A36022630 CODELAUTO, S.A. REPARACIÓN PINCHAZO RUEDA. 5,902011 0 9 21400 01 B36380897 MAXIDEZA, S.L. REPARACIÓN TRACTOR. 87,482011 0 9 21400 01 B36488526 RECAMBIOS LA GUARDIA REPARACIÓN VEHICULO. 103,072011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHÍCULO. 998,232011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHICULO. 204,052011 0 9 21400 01 A36190916 SERMÓVIL, S.A.L. REPARACIÓN VEHICULO. 784,07

TOTAL 9 21400 10.705,50SALDO TRAS IMPUTACIÓN -5.705,50

2011 0 9 21600 01 B36457067 DREITEC SLU PAGINA WEB. 637,20TOTAL 9 21600 637,20SALDO TRAS IMPUTACIÓN 4.362,80

11

Page 12: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

2011 0 9 22000 01 B15361348 NEA REPARACIÓN FOTOCOPIADORA. 74,092011 0 9 22000 01 B36435105 COPISTERIUM OFICINAS. 61,452011 0 9 22000 01 B36435105 COPISTERIUM COPIAS PLANOS. 87,05

TOTAL 9 22000 222,59SALDO TRAS IMPUTACIÓN 7.777,41

2011 0 9 22002 01 35558846H INFORMATICA JAIME OFICINAS ( material informatico no inventariable) 125,55TOTAL 9 22002 125,55SALDO TRAS IMPUTACIÓN 874,45

2011 0 9 22101 01 G36490894 COM AUGA ARRABAL CUOTA ANUAL AÑO 2011 ( AUGA) 72,002011 0 9 22101 01 G36211274 COM. AUGA LOUREZA GRIFO PLAZA. 50,002011 0 9 22101 01 G36211274 COM. AUGA LOUREZA RENOVACIÓN DE ESTATUTOS ( AUGA) 50,002011 0 9 22101 01 G36211274 COM. AUGA LOUREZA RENOVACIÓN ESTATUTOS ( AUGA) 50,00

TOTAL 9 22101 222,00SALDO TRAS IMPUTACIÓN 193,00

2011 0 9 22103 01 B36175669 GASOLEOS TEA GASOLEO. 1.760,002011 0 9 22103 01 B36175669 GASOLEOS TEA GASOLEO C. 549,002011 0 9 22103 01 B36175669 GASOLEOS TEA GASOLEO A. 3.690,002011 0 9 22103 01 A79322947 CODISOIL GASOIL. 3.630,002011 0 9 22103 01 B36551166 E.S. VILADESUSO GASOIL. 118,002011 0 9 22103 01 A79322947 CODISOIL DIESEL. 1.270,002011 0 9 22103 01 A79322947 CODISOIL GASOLEO. 3.480,002011 0 9 22103 01 B36551166 E.S. VILADESUSO GASOIL. 215,00

TOTAL 9 22103 14.712,00SALDO TRAS IMPUTACIÓN 13.288,00

2011 0 9 22104 01 B36112043 PEYCAR, S.L. VESTUARIO. 177,92TOTAL 9 22104 177,92SALDO TRAS IMPUTACIÓN 822,08

2011 0 9 22108 01 B36789998 FERNANDEZ LIJO, S.L. SUMINISTROS LIMPIEZA. 160,412011 0 9 22108 01 B36789998 FERNANDEZ LIJO, S.L. PRODUCTOS LIMPIEZA. 163,952011 0 9 22108 01 B36789998 FERNANDEZ LIJO, S.L. PRODUCTOS LIMPIEZA. 20,992011 0 9 22108 01 35556186A EDMUNDO BLANCO OTERO PRODUCTOS LIMPIEZA. 60,632011 0 9 22108 01 35556186A EDMUNDO BLANCO OTERO PRODUCTOS LIMPIEZA. 41,90

TOTAL 9 22108 447,88SALDO TRAS IMPUTACIÓN 1.552,12

2011 0 9 22200 01 A78923125 TELEFONICA MOVILESREFERENCIA 5180-5815 TMO11342011/6268400( mov) 1.207,50

2011 0 9 22200 01 A80907397 VODAFONE FACTURACIÓN NOVIEMBRE ( moviles) 556,832011 0 9 22200 01 A80907397 VODAFONE FACTURACIÓN SEPTIEMBRE ( moviles) 511,36

12

Page 13: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

TOTAL 9 22200 2.275,69SALDO TRAS IMPUTACIÓN 10.724,31

2011 0 9 22201 01 A83052407 CORREOS SERVICIO NOVIEMBRE ( correos) 200,84TOTAL 9 22200 200,84SALDO TRAS IMPUTACIÓN  

2011 0 9 22601 01 35810900S BELARMINA GLEZ AMADO COMIDAS OFICIALES. 180,002011 0 9 22601 01 77000267Q ALEJANDRO CRESPO COMIDAS OFICIALES. 467,42

TOTAL 9 22601 647,42SALDO TRAS IMPUTACIÓN 4.099,16

2011 0 9 22603 01 33292984R VICTOR ARCEO TUÑEZ HONORARIOS CONTEN. AD. Nº 119/2006. 9.440,002011 0 9 22603 01 B36976918 MTNEZ BARROS GALICIA HONORARIOS. 1.184,602011 0 9 22603 01 B84356021 ESTUDIO ALBEDA, S.L. MINUTA HONORARIOS. 3.292,202011 0 9 22603 01 B84356021 ESTUDIO ALBEDA, S.L. MINUTA HONORARIOS. 4.389,602011 0 9 22603 01 B84356021 ESTUDIO ALBEDA, S.L. HONORARIOS 3.628,502011 0 9 22603 01 35272406C SENEN SOTO SANTIAGO MINUTA PROC. 208/09. 61,362011 0 9 22603 01 35272406C SENEN SOTO SANTIAGO MINUTA ASUNTO ORDINARIO 416/09 746,562011 0 9 22603 01 35272406C SENEN SOTO SANTIAGO MINUTA ASUNTO ORDINARIO 416/09. 1.244,272011 0 9 22603 01 35272406C SENEN SOTO SANTIAGO MINUTA ASUNTO PROC. 256/09. 301,692011 0 9 22603 01 B84356021 ESTUDIO ALBEDA, S.L. MINUTAS HONORARIOS PROC. ORD. 168/2.010. 2.177,54

TOTAL 9 22603 26.466,32SALDO TRAS IMPUTACIÓN -16.466,32

2011 0 9 23110 01 ANA RIAL FERNÁNDEZ GASTOS KMS. NOVIEMBRE. 103,87TOTAL 9 23110 103,87SALDO TRAS IMPUTACIÓN 146,13

2011 0 9 23300 01 CAMILO GONZÁLEZ GIRÁLDEZ, 3 XUNTAS GOBERNO. 150,002011 0 9 23300 01 CARMEN ESTÉVEZ ADROVER 3 XUNTAS GOBERNO. 150,002011 0 9 23300 01 ALBINO DIEGO PELETEIRO 3 XUNTAS DE GOBERNO. 150,00

TOTAL 9 22300 450,00SALDO TRAS IMPUTACIÓN 17050IMPUTACIÓN TOTAL A BOLSA 9-2 58.140,30SALDO BOLSA VINCULACIÓN 9-2 119570,70TOTAL RECONOCIMIENTO EXTRAJUDICIAL 1/2012 362.762,40

13

Page 14: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

SEGUNDO: Aprobación da Conta Xeral do Exercizo 2010.

A Secretaria da conta de que se trata da Conta Xeral de 2010, que foi obxecto de dictame na Comisión Especial de Contas en Novembro, e exposta ao público, sen que se formularan alegacións; que como saben a conta xeral está composta pola liquidación do exercicio, en gastos e ingresos, que os concelleiros xa coñecían porque foi aprobada en marzo de 2011, coas dúas magnitudes máis siginificativas do exercizo presupostario, remantente de tesourería e resultado presupostario; que agora se lle engade o resultado económico patrimonial, o balance e a memoria.Di que este documento está presentado fora do prazo legal, que era outubro de 2011 pero que non é posible traballar máis rápido co personal que temos, e que se trata agora de aprobala e remitila a Consello de Contas e Tirbunal de Cuentas.

Sometido o asunto a votación, o concello en Pleno, con 6 votos favorables dos concelleiros do PP e 5 votos en contra dos concelleiros de PSOE e BNG, adopta o seguinte ACORDOPRIMEIRO. Aprobar a Conta Xeral do exercicio económico de 2010.

SEGUNDO. Rendir a Conta Xeral así aprobada e toda a documentación que a integra á fiscalización do Tribunal de Contas e ó Consello de Contas de Galicia, tal e como se establece no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais».

O Sr. Alcalde comenta que a oposición vota en contra de todo.

Os membros da oposición contestan “ pois faga as cousas ben”

A continuación os concelleiros debaten o tema da subida de taxas da gardería pública de Oia, que algúns creen que van a chegar a 230,00 € mensuais.O Sr. Alcalde di que esa contía parécelle unha barbaridade.Tamén se comenta que debe darse entrada aos nenos de Oia e non aos de fora.Os concelleiros están de acordo en que nos primeiros anos vñan de fora porue en Oia non había nenos bastantes para cubrir as prazas da gardería; que agora xa hai nenos en Oia, pero que en todo caso, os de fora tamén teñen dereito a entrar.

Sen máis asuntos que tratar, cando son as 10.25 horas do 30.01.2012, o Sr. Alcalde levanta a sesión, da que extendo a presente acta, que asina comigo o Alcalde Presidente.

O Alcalde A Secretaria

Asdo. Alejandro Rodríguez Rodríguez Asdo. Maria Cabodevila Ros

14

Page 15: ACTA 1-2012 extraord RE 300112

15