vicerreitoría de estudantes e formación continua · 2017-01-19 · ofertas da area de orientacion...
TRANSCRIPT
Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social
XANEIRO 2017
Páxina
EMPREGO
OFERTAS DA AREA DE ORIENTACION LABORAL ............................ 2
OUTRAS OFERTAS DE EMPREGO ..................................................... 2
OFERTAS DE EMPREGO E BOLSAS I+D ........................................... 3
OFERTAS DE EMPREGO PUBLICO ................................................... 7
PRACTICAS/BOLSAS ......................................................................... 11
ACTIVIDADES/FORMACIO/AXUDAS ................................................. 28
NOVAS .............................................................................................. 32
INDICE
BIP BOLETIN DE INFORMACION
PROFESIONAL
AREA DE ORIENTACION
LABORAL E EMPREGO- CAMPUS
SANTIAGO
OFERTAS AREA ORIENTACIÓN LABORAL E EMPREGO
Consulta información das ofertas :
http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ofertas/ofertas.jsp
OUTRA INFORMACIÓN OFERTAS DE EMPREGO
Axencia local de colocación Santiago de Compostela
http://axencialocaldecolocacion.org/
Boletín Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil
http://xuventude.xunta.es/rede-galega-de-informacion-xuvenil.html
Boletín semana de emprego. Concello de Pontevedra
http://www.proxectoiles.es/Index.asp?IdT=1&IdCat=119
Servizo Publico de Emprego Estatal (SEPE). Emprego e formación
http://www.sepe.es/contenidos/personas/index.html
https://www.empleate.gob.es/empleo/#/
Oportunidades profesionais en Organizacións Internacionais
http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/Oportunidades
ProfesionalesFormacion/Paginas/Inicio.aspx
EMPREGO
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 2
Eures-Información e empregos para licenciados
http://ec.europa.eu/eures/main.jsp?catId=0&lang=es&acro=links&orgTypeI
d=0&myOrgTypeId=85
Emprego en Europa. Rede Eures
http://www.sepe.es/contenidos/personas/encontrar_empleo/empleo_europa
.html
Programa para o emprego de universitarios en Europa
http://www.eurojoves.com/
Great Place to work: Listas das mellores empresas para traballar en
España.
http://www.greatplacetowork.es/mejores-empresas/las-mejores-empresas-
para-trabajar-en-espana
OFERTA DE EMPREGO E BOLSAS I+D
OFERTAS DE EMPREGO DA FUNDACIÓN RAMÓN DOMÍNGUEZ. http://bit.ly/1LzuTVd PRAZAS CONTRATACIÓN APOIO BIOMÉDICA
INIBIC-INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA
Fundación Novoa Santos
Hospital Médico Universitario de A Coruña
1 Praza para Facultativo especialista Bioquímica Clínica ou Análisis Clínicos
(Prazo 23 xaneiro)
2 Prazas Terapeutas Ocupacionais (Valorable formación doutoral)
(Prazo 27 xaneiro
Contratos de duración determinada a tempo parcial (20h)
Máis información:
http://www.inibic.es/rrhh/recursos.html
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 3
BOLSAS DA CAIXA 2017 – DOUTORADOS A Fundación Bancaria "a Caixa",
convoca un programa de bolsas
para mozos investigadores que
se propoñan alcanzar o título de
doutor en calquera universidade
ou centro de investigación de España.
Convócanse 20 bolsas para cursar estudos oficiais de doutoramento que
culminen coa lectura dunha tese doutoral nunha universidade. Os
programas de doutoramento elexibles deberán estar adaptados ao Espazo Europeo
de Educación Superior e regulados polo Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro,
polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento.
A convocatoria contempla todas as áreas do coñecemento e está dirixida a todas
aquelas persoas que cumpran os requisitos para acceder ao doutoramento sempre
que, ademais, non estivesen matriculadas con anterioridade nos estudos de
doutoramento solicitados.
Os bolseiros deben incorporarse ás universidades ou centros de investigación de
destino entre setembro e novembro de 2017. En casos debidamente xustificados,
esta incorporación poderíase atrasar ata o mes de xaneiro de 2018. As bolsas
teñen unha duración máxima de tres anos. Con todo, concédense por un ano e
inclúen en todos os casos a posibilidade de dúas renovacións, sempre que os
informes de seguimento solicitados anualmente sexan favorables.
Requisitos:
Os solicitantes deben ter a nacionalidade española. Estudos cursados: poden
presentar solicitude as persoas que dispoñan dun título superior, obtido entre
xaneiro de 2012 e xullo de 2017, que as habilite para cursar un programa oficial de
doutoramento de acordo coa normativa vixente e que non obtivesen previamente
ou estean en condicións de obter o título de doutor.
Os solicitantes teñen que acreditar o seu coñecemento do idioma inglés cun dos
seguintes certificados:
Universidade de Cambridge: First Certificate in English (grao A ou B).
Certificate in Advanced English ou Certificate of Proficiency in English.
IELTS (cualificación mínima: 6,5 na versión Academico ben Xeral Training).
TOEFL (cualificación mínima: 83 na internet Based).
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 4
Nivel B2.2 ó superior da PAI online (proba de acreditación de inglés en liña),
certificado expedido pola Escola de Idiomes Moderns (EIM) da Universitat de
Barcelona.
A dotación económica total da bolsa será de 115.500 euros, distribuídos en tres
anualidades de 36.000 euros e un premio de 7.500 euros o cuarto ano, se o
bolseiro deposita a tese nos 6 meses posteriores á finalización do terceiro ano de
bolsa.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 28 de febreiro 2017
Máis información: https://obrasociallacaixa.org/es/educacion-becas/becas-de-posgrado/doctorado-en-universidades-espanolas/descripcion-del-programa
BOLSAS EUROPEAS DE INVESTIGACIÓN E MOBILIDADE EN ESTUDOS EUROPEOS
A Fundación Academia Europea de Yuste convoca 10
Bolsas Europeas de Investigación e Mobilidade
en Estudos Europeos Premio Europeo Carlos V -
Sofia Corradi - Mamma Erasmus, en réxime de
concorrencia competitiva, de acordo cos principios de
obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación e publicidade.
As Bolsas Europeas de Investigación e Mobilidade están destinadas a favorecer:
Estudo e a investigación documental no ámbito europeo para a preparación
da contribución que debe presentarse no marco do VIII Seminario Doutoral
de Estudos Pluridisciplinares sobre a Europa Contemporánea, organizado en
colaboración coa Rede de Investigación SEGEI1 (Socio-Economic
Governance and European Identity) e a Universidade de Estremadura que
terá lugar no Real Mosteiro de Yuste (Estremadura) ao redor de xuño de
2017.
A publicación da contribución de cada investigador nunha obra conxunta que
reúna os resultados das investigacións realizadas no marco da presente
convocatoria.
A mobilidade dos investigadores para a súa participación no seminario e
para asistir ao posterior acto de presentación da publicación das
investigacións.
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 5
O tema de investigación da convocatoria 2016 versa, desde unha perspectiva
multidisciplinar, sobre "Paz e Valores Europeos como posible modelo de integración
e progreso nun mundo global".
Requisitos:
Posuír nacionalidade dun país da Unión Europea ou dalgún dos países
admitidos para a presente convocatoria que se detallan na convocatoria, ou
de terceiros países cando se acredite a condición de residente con data
anterior á publicación da presente convocatoria nalgún dos mesmos. Países
admitidos na convocatoria: Estados membros da Unión Europea. Países
pertencentes a AELC, membros do Espazo Económico Europeo (EEE). Países
que son candidatos á adhesión á Unión Europea. Países do sueste de
Europa. Países de Europa oriental e Cáucaso. Países Socios mediterráneos.
Países de América Latina.
Estar matriculado no doutoramento dalgunha universidade dos países
admitidos na convocatoria e atoparse na fase de preparación da tese
doutoral en historia, sobre un tema relacionado co obxecto e orientación da
convocatoria.
Que non recibise unha bolsa europea de investigación e mobilidade en
estudos europeos Premio Europeo Carlos V da Fundación Academia Europea
de Yuste ou da rede SEGEI con anterioridade.
As linguas de traballo para as investigacións son o inglés e o español.
As bolsas teñen unha dotación de 2.500 euros cada unha, cuxa contía se distribuirá
seguindo o establecido na base sexta da convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30 de xaneiro de 2017
Máis información: http://doe.gobex.es/pdfs/doe/2016/2290o/16081562.pdf
OUTRA INFORMACIÓN - EMPREGO E BOLSAS I+D
CONTRATOS DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
DE COMPOSTELA
http://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-2-26-128-129
PORTAL EMPREGO I+D+I
http://www.madrimasd.org/empleo/
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 6
GUÍA DE CONVOCATORIAS DE BOLSAS DE INVESTIGACIÓN DA USC
http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-30
OFERTAS DE EMPREGO PUBLICO
CONCURSO- OPOSICIÓNS. SERVIZO GALEGO DE SAUDE. SERGAS
O Servizo Galego de Saúde convoca concurso-oposición para o ingreso nas
categorías de:
Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información (4 prazas
acceso libre),
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información (1 praza
acceso libre) e
Traballador/a social (7 prazas acceso libre)
Requisitos:
Nacionalidade española, ser nacional dalgún dos demais Estados membros
da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no cal, en virtude dos tratados
internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa
de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
Ter feitos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade de xubilación
forzosa legalmente vixente
Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información: Título de
técnico/a especialista na rama informática ou título de técnico/a superior na
rama de informática e comunicación.
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información: Título
universitario oficial de grao, diplomado/a universitario/a, enxeñeiro/a
técnico/a, arquitecto/a técnico/a ou equivalente.
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha
única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual
do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), e logo de formalizada
electronicamente, deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares
correspondentes.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 10 de febreiro de 2017
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 7
Máis información:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170110/AnuncioG0003-
291216-0001_gl.pdf
www.sergas.es
OPOSICIÓNS CORPO DE AVOGADOS DO ESTADO
Convócase proceso selectivo para cubrir 20 prazas
do Corpo de Avogados do Estado polo sistema
xeral de acceso libre.
Requisitos:
Nacionalidade: Só poderán participar os candidatos de nacionalidade
española, segundo o establecido no Anexo do Real Decreto 543/2001, do 18
de maio.
Titulación: Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Licenciado
en Dereito ou Graduado en Dereito. Os aspirantes con titulacións obtidas no
estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente
credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado
de equivalencia. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que
obtivesen o recoñecemento do seu cualificación profesional, no ámbito das
profesións reguladas, ao amparo das Disposicións de Dereito Comunitario.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 24 e xaneiro 2017
Máis información: https://www.boe.es/boe/dias/2016/12/23/pdfs/BOE-A-2016-12242.pdf
OPOSICIÓNS CORPO SUPERIOR DE VIXILANCIA ADUANERA
Convócanse procesos selectivos para ingreso no Corpo Superior de Vixilancia
Aduaneira, especialidades de Investigación e Navegación, Código 0007.
O conxunto total de prazas a cubrir no Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira
Código 0007 por acceso libre será de sete prazas distribuídas da seguinte forma:
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 8
Tres para a Especialidade de Investigación.
Catro para a Especialidade de Navegación.
O conxunto total de prazas a cubrir no Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira
Código 0007 por promoción interna será de tres prazas distribuídas da seguinte
forma:
Unha para a Especialidade de Investigación.
Dous para a Especialidade de Navegación.
Prazo de presentación: Ata o 23 xaneiro 2017
Máis información:
https://www.boe.es/boe/dias/2016/12/22/pdfs/BOE-A-2016-12181.pdf
OPOSICIÓNS ESCALA INVESTIGADORES CIENTÍFICOS DOS ORGANISMOS PÚBLICOS INVESTIGACIÓN
Convócase proceso selectivo para cubrir 20 prazas da Escala de Investigadores
Científicos dos Organismos Públicos de Investigación, polo sistema xeral de acceso
libre.
Do total destas prazas reservarase 1 praza, para quen teña a condición legal de
persoas con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Requisitos:
Ter a nacionalidade española.
Ser nacional dos Estados membros da Unión Europea. Calquera que sexa a
súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estado
membros da Unión Europea, sempre que non estean separado de dereito.
Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus
descendentes e os do seu cónxuxe, que vivan ao seu cargo, menores de 21
anos ou maiores da devandita idade dependentes.
As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internaciones
celebrados pola Unión Europea ratificados por España nos que sexa de
aplicación a libre circulación de traballadores.
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 9
Os estranxeiros que non estando incluídos nos parágrafos anteriores
atópense con residencia legal en España.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 19 xaneiro 2017
Máis información:
https://www.boe.es/boe/dias/2016/12/20/pdfs/BOE-A-2016-12080.pdf
OUTRA INFORMACIÓN - EMPREGO PÚBLICO
UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/ofertaemprego.html
PORTAL DE EMPREGO E AUTOEMPREGO. MINISTERIO DE EMPREGO E
SEGURIDADE
https://empleate.gob.es/autonomos/index.html#/
BOLETIN SEMANAL DE EMPREGO PUBLICO
http://administracion.gob.es/pag_Home/empleoBecas/empleo/boletinEmple
oPublico.html#.VGsAWjSG9u0
OFERTAS DE EMPREGO CONCELLOS E DEPUTACIÓNS DE GALICIA
https://www.eidolocal.gal/ofertas-de-emprego
EMPREGO PÚBLICO EN GALICIA
http://empleopublicoengalicia.blogspot.com.es/
WEB CON AS ÚLTIMAS CONVOCATORIAS DE OPOSICIÓNS POR
COMUNIDADES AUTÓNOMAS
http://www.oposiciones.de/proxima.htm
OFERTAS DE TRABALLO E EMPREGO DOCENTE
http://www.cuadernalia.net/
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 10
BOLSAS DA CAIXA 2017. POSGRAO EN AMÉRICA DO NORTE E ASIA-PACÍFICO
A Obra Social "a Caixa" convoca
55 bolsas para cursar
estudos de posgrao en
universidades de América do
Norte (Estados Unidos ou Canadá) e en universidades da zona Asia-
Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China). Os
estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do
interese do tema e a valía do candidato, os proxectos predoutorais de investigación
científica e técnica.
A convocatoria contempla todas as áreas do coñecemento e diríxese a todas as
persoas que estean en disposición de cursar estudos de posgrao.
Inicio do programa de estudos:
No caso de América do Norte: os bolseiros deberán empezar o programa de
estudos no Fall Term do curso 2018-2019, salvo que o programa para o que
obtivesen a bolsa unicamente impártase noutro período do curso académico.
Excepcionalmente, e só nos casos de estancias de investigación predoutoral,
poderá contarse cunha certa flexibilidade por canto refire ao momento de
incorporación ao centro ou universidade de destino. En calquera caso, a
bolsa non se fará efectiva antes do mes de maio de 2018.
No caso da zona de Asia-Pacífico: os bolseiros deberán empezar o programa
de estudos entre os meses de xaneiro e decembro de 2018.
As bolsas concederanse por un curso, en ningún caso inferior a 9 meses, e poderán
prorrogarse un segundo curso, ata un máximo de 24 meses. Deberán completarse
todos os cursos ou créditos dos estudos no estranxeiro. Estas bolsas son
exclusivamente para estudos presenciais, a tempo completo e con dedicación plena.
Requisitos:
Nacionalidade: os solicitantes deben ter a nacionalidade española.
PRACTICAS/BOLSAS
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 11
Estudos cursados: poderán solicitar unha bolsa aquelas persoas que posúan
un título superior (de licenciatura, grao ou diplomatura universitarios,
arquitecto ou enxeñeiro superior, arquitecto ou enxeñeiro técnico) obtido
entre xaneiro de 2008 e xullo de 2017.
A bolsa cubre:
Matrícula na universidade ou centro de ensino superior en que fose admitido
o bolseiro, sen límite de importe.
Dotación mensual, que empezará a recibirse cando se inicie o programa de
estudos para o que foi concedida a bolsa: 2.400 dólares dos EE UU para
estudos cursados en Estados Unidos. 2.400 dólares canadenses para
estudos cursados en Canadá. 2.270 dólares australianos para estudos
cursados en Australia. 212.000 yenes para estudos cursados en Xapón.
2.680 dólares de Singapura para estudos cursados en Singapur. 16.670
dólares de Hong Kong para estudos cursados en Hong Kong. 10.800 yuans
para estudos cursados noutras rexións de China. 82.300 rupias para estudos
cursados en India. 2.100.000 wons para estudos cursados en Corea do Sur.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 4 de abril de 2017
Máis información:
https://obrasociallacaixa.org/es/educacion-becas/becas-de-posgrado/estudios-de-posgrado-en-america-del-norte-y-asia-pacifico/descripcion-del-programa
ENCE – PROGRAMA TALENTO 2017 - GALICIA 30 BOLSAS para titulados/as
ENCE e FEUGA ofrecen a posiblidade de participar
activamente nos procesos e proxectos empresariais das
distintas áreas que compoñen a empresa: CC. SOCIAIS, CC.
XURÍDICAS E ENXEÑARÍA
Para optar é necesario cumprir os seguintes requisitos:
As persoas candidatas deberán ser menores de 31 anos
Ter rematado os estudos nos últimos 3 anos nunha das tres universidades
galegas
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 12
Estar inscritos/as no Servizo Público de Emprego Galego
Non ter experiencia profesional directamente relacionada coa súa titulación
Ademais, tés que inscribirte a través da web na ligazón:
https:// www.ence.es/index.php/es/programa_talento.html
Data límite de inscrición: 29 de xaneiro de 2017
Datas proceso de selección: do 3 ao 28 de febreiro de 2017
Máis información:
https://www.ence.es/images/Presentaci%C3%B3n_Programa_Talento_Ence__2017
BOLSAS FORMACIÓN PRÁCTICA. AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA
Convocatoria de 9 bolsas de formación
práctica en áreas dependentes de Axénciaa
Turismo de Galicia distribuídas da seguinte
maneira:
8 Bolsas de formación práctica especializada
para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas
tuteladas nas oficinas de información turística dependentes de Axénciaa Turismo de
Galicia distribuídas da seguinte forma:
2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar), 1
bolsa na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional
de Acollida ao Peregrino),
1 bolsa na oficina de turismo da Coruña,
1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra,
1 bolsa na oficina de turismo de Vigo,
1 bolsa na oficina de turismo de Lugo,
1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.
1 Bolsa de formación práctica especializada na área de Estudos e
Investigación para a realización de traballos de investigación, tratamento e
análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas
tuteladas desta bolsa será na sede da área, nas oficinas de Axénciaa
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 13
Turismo de Galicia da Barcia (Estr. Santiago-Noia, km 3-15897 Santiago de
Compostela).
O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2017 e 2018 coa seguinte
duración:
Bolsas de formación práctica especializada en oficinas de turismo: duración
máxima 6 meses contados a partir da data de incorporación da persoa
bolseira.
Bolsa de formación práctica especializada na área de Estudos e
Investigación: duración máxima de 12 meses contados a partir da data de
incorporación da persoa bolseira.
Requisitos:
Bolsas de formación en oficinas de información turística (8 bolsas)
para promoción e información turística: titulados con nacionalidade
española ou nacionais dun Estado membro da UE que posúan a titulación de
Grao en turismo, Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia
Turísticas, Técnico Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou
titulación homologada equivalente. Deben posuír un certificado B1 ou
superior do Marco Común de Referencia para as Linguas.
Bolsas de formación na área de Estudos e Investigación: bolsa A,
especialidade de estatística (1 bolsa) para a realización de labores
de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística:
titulados con nacionalidade española ou nacionais dun Estado membro da UE
que posúan calquera titulación superior.
Para calquera das dúas modalidades de bolsa, as persoas beneficiarias deben obter
a titulación nos catro anos naturais inmediatamente anteriores á finalización do
prazo de presentación de solicitudes da convocatoria e deben estar en posesión do
título Celga 4 de lingua galega.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de febreiro 2017
Máis información:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170117/AnuncioG0256-020117-
0003_es.pdf
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 14
BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN OFICINAS DE TURISMO
Convocatoria de cinco bolsas, no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia, de formación
práctica especializada en mercados emisores nas
cidades de Londres, París, Berlín, Los Ángeles e
São Paulo.
O obxecto das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional dos bolseiros
mediante a realización de prácticas formativas de especialización en mercados
turísticos emisores nas oficinas de Turespaña situadas nas cidades de Londres,
París, Berlín, Los Ángeles e São Paulo, con suxeición ao plan de formación que se
lles entregará ao comezo das súas prácticas e coas indicacións que lles transmita o
titor que teñan asignado.
O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2017 e 2018 cunha
duración máxima de 10 meses, contados desde a data da incorporación das persoas
bolseiras.
Requisitos:
Os solicitantes deberán estar en posesión dun grao universitario ou titulación
homologada equivalente (calquera).
As titulacións deben estar finalizadas nos catro anos naturais
inmediatamente anteriores ao final do prazo de presentación das solicitudes
da convocatoria.
Deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de
perfeccionamento ou Celga 4.
Dotación:
As cinco bolsas terán unha duración máxima de dez meses e o seu importe
distribuirase da seguinte maneira:
Bolsa Londres: 28.726,20 euros.
Bolsa París: 22.543,20 euros.
Bolsa Berlín: 21.124,20 euros.
Bolsas São Paulo: 28.726,20 euros.
Bolsa Los Ángeles : 24.034,30 euros
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de febreiro 2017
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 15
Máis información:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170117/AnuncioG0256-020117-0001_es.pdf
PRÁCTICAS NA COMISIÓN EUROPEA
Comisión Europea oferta ao redor de 1.300 prazas
remuneradas para realizar prácticas na Comisión Europea
(ou algún dos seus corpos executivos e axencias) entre
outubro de 2017 e febreiro de 2018 cunha duración de
cinco meses cada unha.
Os seleccionados obterán experiencia nunha contorna internacional e multicultural,
ademais de coñecer de primeira man o funcionamento das Institucións Europeas e
obter experiencia práctica.
Requisitos:
Unha titulación de polo menos 3 anos de duración.
Moi bo coñecemento de inglés, francés ou alemán (Nivel C1/C2 acorde ao
Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas).
Moi bo coñecemento dunha segunda lingua oficial da Unión Europea
Dotación: 1.120 € mensuais más reembolso de gastos de viaxe.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de xaneiro 2017
Máis información:
http://ec.europa.eu/stages/
BOLSAS FORMACIÓN PRÁCTICA PARLAMENTO DE GALICIA
O Parlamento de Galicia
convoca bolsas de
formación:
3 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación
1 bolsa de formación en comunicación institucional.
2 bolsas de formación en publicacións.
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 16
1 bolsa de formación en informática.
1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
Cada una destas bolsas de formación práctica terá una duración de doce meses.
As bases da convocatoria poden en consultarse na web do Parlamento de Galicia:
http://www.parlamento.gal/sitios/web/contenidogal/informacioninstitucional/Becas.
aspx
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 24 de xaneiro de 2017
BOLSAS DA CAIXA 2017. ESTUDOS DE POSGRADO EN EUROPA
A Fundación Bancaria "a Caixa”
convoca un programa de bolsas
para cursar estudos de posgrao
en calquera universidade ou
centro de ensino superior de calquera país do Espazo Europeo de Educación
Superior (EEES), salvo España.
Convócanse 65 bolsas para cursar estudos de posgrao, durante o curso
2017-2018, en universidades do Espazo Europeo de Educación Superior
(EEES). Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en
función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos predoctorales de
investigación científica e técnica.
A convocatoria contempla todas as áreas do coñecemento e diríxese a todas as
persoas que estean en disposición de cursar estudos de posgrao. Os bolseiros
deberán empezar o programa de estudos no país de destino en setembro ou
outubro do curso 2017-2018, salvo que o programa para o que obtivesen a bolsa
unicamente impártase noutro período do curso académico.
As bolsas concederanse por un curso, en ningún caso inferior a 9 meses, e poderán
prorrogarse un segundo curso, ata un máximo de 24 meses. Deberán completarse
todos os cursos ou créditos dos estudos no estranxeiro. As presentes bolsas son
exclusivamente para estudos presenciais, a tempo completo e con dedicación plena.
Requisitos:
Os solicitantes deben ter a nacionalidade española. Poderán solicitar unha bolsa
aquelas persoas que posúan un título superior (de licenciatura, grao ou diplomatura
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 17
universitarios, arquitecto ou enxeñeiro superior, arquitecto ou enxeñeiro técnico)
obtido entre xaneiro de 2008 e xullo de 2017. (Ampliar información en
convocatoria)
A bolsa cobre: Matrícula na universidade ou centro de ensino superior en que fose
admitido o bolseiro, sen límite de importe. Dotación mensual, que empezará a
recibirse cando se inicie o programa de estudos para o que foi concedida a bolsa:
1.400 euros para estudos cursados en países da zona euro.
1.300 libras esterlinas para estudos cursados no Reino Unido.
2.000 francos suízos para estudos cursados en Suíza.
13.700 coroas suecas para estudos cursados en Suecia.
11.400 coroas norueguesas para estudos cursados en Noruega.
10.500 coroas danesas para estudos cursados en Dinamarca.
(Ampliar información en convocatoria)
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de febreiro 2017
Máis información:
https://obrasociallacaixa.org/es/educacion-becas/becas-de-posgrado/europa/descripcion-del-programa
BOLSAS DE POSGRAO NO ESTRANXEIRO. FUNDACIÓN BARRIE
A Fundación Barrié convoca a 27ª edición
do Programa de Bolsas de Posgrao no
Estranxeiro, correspondente ao curso académico 2016-2017.
O seu obxectivo é apoiar a formación de posgrao de titulados universitarios
vinculados a Galicia; así como de fomentar a investigación, o desenvolvemento e a
innovación, en todos os ámbitos do coñecemento.
Convócanse un máximo de 30 bolsas, distribuídas en dúas modalidades:
10 bolsas para a realización de estudos de Máster con dedicación a
tempo completo, en institucións estranxeiras de referencia internacional.
As bolsas concédense por un curso académico, prorrogable por un segundo
curso cando a duración dos estudos a realizar así o requira: Prazo de
inscrición do 4 de decembro 2015 ata o 15 de febreiro de 2016.
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 18
20 axudas á mobilidade predoutoral para a realización de estanzas en
centros de excelencia no estranxeiro, dirixidas a persoal investigador en
formación con vinculación contractual ou bolsa. As axudas teñen por obxecto
contribuír á formación e á mobilidade internacional de investigadores, así
como impulsar o desenvolvemento das súas teses doutorais. As estanzas
para as que se solicite a bolsa terán unha duración mínima de tres meses e
máxima de seis meses, e desenvolveranse nun único período: Prazo de
inscrición do 29 de xaneiro ata o 28 de marzo de 2016
Dotación:
Gastos de inscrición e matrícula no centro de destino, sen límite de importe.
Dotación inicial de 2.600 € brutos para gastos de transporte, instalación, asistencia
a seminarios, libros e outros.
Asignación mensual de 1.600 € brutos en concepto de aloxamento, manutención e
gastos adicionais.
Seguro de accidente e enfermidade cando os países de destino non teñan concerto
coa Seguridade Social española ou cando as coberturas fosen insuficientes.
Requisitos:
Nacionalidade. Os solicitantes da bolsa deberán ter a nacionalidade
española.
Vinculación con Galicia. Os solicitantes da bolsa deberán ter unha
vinculación con Galicia. Para ese efecto, considerarase que existe vinculación
únicamente nos seguintes supostos:
Candidatos nados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Candidatos cun proxenitor nado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Candidatos empadroados en calquera dos concellos da Comunidade
Autónoma de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores
á data de apertura da convocatoria.
Titulación. Os solicitantes da bolsa deberán estar en posesión dun título
universitario de Grao, Licenciatura ou Máster expedido por unha institución
de educación superior oficial española ou estranxeira.
A presentación de solicitudes realizarase exclusivamente on-line, a través da
plataforma electrónica dispoñible na páxina web da Fundación Barrié.
Máis información:
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 19
http://www.fundacionbarrie.org/index.php?
FUNDACIÓN ICO – BOLSAS CHINA 2017-2018
O Programa Fundación ICO - Bolsas China quere facilitar
a profesionais españois e estranxeiros residentes en
España un achegamento a China no ámbito lingüístico, co
fin de favorecer as relacións entre ambos os países.
Concederanse 25 bolsas cunha duración de 10
meses. Ditas bolsas teñen por obxecto o estudo do
chinés mandarín nunha universidade chinesa e, a través
de clases que se impartirán en chinés ou inglés, de
materias relativas principalmente á realidade económica
de China.
Poderase conceder prórrogas aos bolseiros da anterior convocatoria (2016-2017), a
petición dos interesados e unha vez valorados os méritos obtidos. Asignarase, como
máximo, un corenta por cento das bolsas desta convocatoria para conceder
prórrogas da anterior. En ningún caso poderase gozar das bolsas da Fundación
durante máis de dous anos.
Requisitos:
Ser españois ou residentes en España.
Nacer con posterioridade a 1977.
Estar en posesión dun título superior.
Posuír un alto nivel de inglés.
Ter coñecementos previos de chinés mandarín.
Gozar dunha mínima experiencia profesional.
Dotación:
A bolsa inclúe os seguintes conceptos:
Matrícula do curso.
Gastos de aloxamento en residencia universitaria ou noutros aloxamentos.
Dotación de ata 1.600 euros, como axuda para o traslado desde España.
Seguro médico de cobertura internacional.
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 20
Achega anual de 4.600 euros para gastos persoais
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13 de febreiro 2017
Máis información:
http://www.fundacionico.es/fileadmin/user_upload/pdfs/Bases_de_la_Convocatoria
_2017-18.pdf
BOLSAS USA 2017 – FUNDACION IBERDROLA
A Fundación Iberdrola España convoca o seu
programa de bolsas para estudos de Máster en
Enerxía e Medio Ambiente en Estados Unidos,
para o ano académico 2017-2018.
O Programa Internacional de Bolsas vai dirixido a licenciados ou título de grao, de
nacionalidade española ou estadounidense que queiran realizar a súa
especialización en institucións académicas de excelencia estadounidenses nas
seguintes áreas de coñecemento: enerxías renovables, sistema enerxético
sustentable, medio ambiente, tecnoloxías limpas de carbón e xestión de emisións,
eficiencia enerxética, almacenamento de enerxía, vehículo eléctrico, redes de
distribución intelixentes, Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC),
Tratamento de datos (Big Data) e ciberseguridad.
Os aspirantes poderán optar polos centros: Binghamton University, Oregon State
University, Rochester Institute of Technology, University of Connecticut, University
of Maine, University of Rochester e Cornell University.
A duración da axuda será como máximo dun ano natural. No proceso de selección
valoraranse aspectos como as cualificacións académicas, o currículo, e as cartas de
referencia que presenten os aspirantes, valorándose especialmente as solicitudes
que acheguen o certificado acreditativo de admisión definitiva nalgunha das
universidades para o Fall Term do curso académico 2017-2018.
Requisitos:
Os aspirantes deberán atoparse en posesión dun título universitario recoñecido de
grao ou licenciatura no momento da presentación da solicitude. No caso de que o
solicitante atópese cursando o último ano de carreira no curso académico 2016-
2017, a concesión da bolsa quedará condicionada á obtención do título universitario
na convocatoria de xuño/xullo de 2017, coa mesma nota media ou superior á que
tiñan ata o momento da convocatoria.
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 21
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 17 de febreiro de 2016
Máis información:
https://www.fundacioniberdrolaespana.org/webfund/corporativa/iberdrola?IDPAG=ESFUNARESOSABUSA12
BOLSAS VULCANUS 2016-2017. PRACTICAS PROFESIONAIS EN JAPÓN.
Convocase unha nova edición das bolsas Vulcanus
2016-2017 para realizar prácticas profesionais en
Xapón. Busca ofrecer unha oportunidade e unha
proxección internacional ás persoas beneficiarias.
A bolsa consiste nunha estancia en Xapón para realizar prácticas nunha empresa
xaponesa durante oito meses de duración. Inclúe un seminario dunha semana no lugar
de destino e curso intensivo de xaponés durante catro meses.
O obxectivo é proporcionar aos estudantes europeos a posibilidade de coñecer as
tecnoloxías máis avanzadas que empregan as empresas líderes de Xapón, ademais do
idioma e a cultura xaponesa.
Requisitos:
Ser cuidadano da Unión Europea, Montenegro, Turquia, Macedonia, Islandia ou
Moldavia.
Estudante na rama de enxeñería ou ciencias nunha universidade europea e estar
matriculado polo menos no cuarto ano.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de xaneiro 2016
Máis información:
http://www.eu-japan.eu/events/vulcanus-japan
BOLSAS DELOITTE. GLOBAL INTERNSHIP PROGRAM
O Global Internship Program (GIP) ofréceche a oportunidade de ter
un primeiro contacto co mundo profesional nun ambiente tanto
nacional como internacional. Un pequeno paso nunha nova rede e
un paso xigante cara ao teu futuro.
Requisitos:
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 22
Estudantes de penúltimo ano de carreira universitaria en ADE, Económicas,
Dereito, Enxeñerías, Dobres titulacións, etc.
Vocación por unha carreira internacional
Interese por algunha das liñas de servizo nas que Deloitte desenvolve a súa
actividade (Auditoría, Fiscal e Legal, Consultoría e Asesoramento Financeiro)
Bo expediente académico
Bo coñecemento do idioma do país de destino da bolsa e bo dominio do inglés
Realizar a inscrición nas datas determinadas en cada convocatoria
Estar dispoñible durante as datas nas que se oferta a bolsa
Consultar co teu centro educativo a posibilidade de convenio de participación
Duración: Entre 5 e 6 semanas
Lugar: En calquera cidade pertencente á nosa rede global e España
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de xaneiro 2016
Máis información:
http://estufuturo.deloitte.es/candidato/ofertas/oferta/oferta.asp?Id_Oferta=1506940
MOZOS/AS PROFESIONAIS EN DELEGACIÓNS DA UNIÓN EUROPEA
2017
O programa de Mozos Profesionais en delegacións da Unión Europea está orientado
á formación profesional nos ámbitos de traballo da Unión Europea vinculados coa
cooperación para o desenvolvemento.
O Servizo Europeo de Acción Exterior (EEAS) e a Comisión Europea (EC) convocan
este programa de prácticas destinado a profesionais europeos altamente
cualificados para darlles a oportunidade de traballar nas delegacións que a Unión
Europea ten en todo o mundo. O obxectivo do programa é o de capacitar aos
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 23
mozos da Unión Europea e ofrecerlles a experiencia de traballar en en as
Delegacións e mostrarlles o importante papel destes órganos nas políticas
exteriores da UE.
Ofrécense dous postos para cada estado membro da UE. A Axencia Española de
Cooperación (AECID) realiza a preselección dos candidatos de nacionalidade
española.
Requisitos:
Ter a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
Estar en posesión de polo menos un Título universitario relacionado coas
actividades das Delegacións.
Ter un excelente dominio do Inglés ou/e do francés; tamén se valorará o
coñecemento doutras linguas.
Valorarase positivamente a experiencia profesional previa, así como
actividades extra-curriculares como o voluntariado.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de xaneiro de 2017
Máis información:
https://eeas.europa.eu/headquarters/headquarters-homepage/2463/junior-
professional-in-delegation-jpd_en
BOLSAS DE MOBILIDADE – PROGRAMA FARO 2015-2017
A nova edición do Programa FARO ten como finalidade a
realización de prácticas formativa en empresa no
estranxeiro para estudantes universitarios. O que se
pretende é un primer contacto coa realidade profesional
nun contexto internacional e contribúese a aumentar a empregabilidade dos futuros
estudantes.
As práctica formativas terán por obxectivo mellorar a cualificación profesional dos
estudantes universitarios, elevar o nivel de competencia en idiomas estranxeiros e
facilitar a internacionalización e inserción laboral posterior.
O numero de axudas a conceder será de 800. As empresas ou entidades de acollida
deberán ter súa sede en países de Europa, Estados Unidos e Canadá. Igualmente
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 24
poderán realizarse ditas prácticas en entidades e empresas españolas o
multinacionais con sede en Asia e Oceanía.
A Dotación económica da axuda variará en función do destino.
Requisitos:
Estudantes, españois e estranxeiros menores de 30 anos, con residencia
legal en España e que estén cursando estudos nunha universidade española.
Os solicitantes deberán estar matriculados en enseñanzas universitarias
conducentes a obtención dun título de Grao, Licenciatura, Enxeñaría,
Enxeñaría Técnica ou Arquitectura Técnica, e ter superado un mínimo do
70% dos créditos necesarios para a obtención de dito título. Asemesmo,
poderán participar no programa os estudantes que leven a cabo un proxecto
de fin de carreira establecido en planes de estudos universitarios
oficialmente recoñecidos.
Os candidat@s deberán cumprir cos requisitos de entrada e estancia esixidos
nos países de destino, previamente a súa incorporación.
Non poderán ter sido beneficiarios con anterioridade dunha bolsa de
mobilidade (Argo, Faro, Integrants) o calquera outra axuda financiada polo
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co mesmo obxeto ou finalidade.
Non serán susceptibles de participar nesta convocatoria os estudantes
doutro tipo de Enseñanzas Superiores como son as impartidas nos
Conservatorios Superiores de Música ou Escolas de Arte, os denominados
títulos propios ou títulos universitarios u homologacións cursadas noutros
países.
Período de inscrición: ata o 31 de Decembro 2017
Máis información:
http://www.boe.es/boe/dias/2014/09/08/pdfs/BOE-A-2014-9180.pdf
PRACTICAS DE TITULADOS EN EMPRESAS: PROGRAMAS DA FUE A Fundación Universidade Empresa
desenvolve diferentes programas de
prácticas en empresas para os recen
titulados de calquera universidade
española
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 25
PROGRAMA CITIUS
PROGRAMA OPTIMUS
PROGRAMA GAIA (Sedes de Empresas no estranxeiro)
A través destes programas poderás coñecer cómo funciona unha empresa de
primeiro nivel desde dentro, formando parte dela e sendo un mais, mentres
aprendes e pos en práctica os teus coñecementos.
Estes programas son retribuídos e gran parte da xente que os cursa, acaba
contratada pola empresa.
As convocatorias están abertas durante todo o ano.
Podes consultar as condicións destes programas, coñecer as empresas e as prazas
convocadas na páxina web da FUE
www.fue.es
http://www.fuenohaymasqueuna.com/022_titulados.asp
OUTRA INFORMACIÓN - PRÁCTICAS
Ultimas bolsas publicadas no BOE
http://www.boe.es/legislacion/enlaces/becas.php
Boletín quincenal de axudas, bolsas e subvencións
http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop/page/boletinQuincenal
Bolsas e Axudas - Rede Galega de Información Xuvenil
http://xuventude.xunta.es/
II Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/archivos/ficheros_estatica/3585F_14
46561812_Gu__a_de_pr__cticas_e_sa__das_laborais_na_UE_e_organizaci_
_ns_internacionais_WEB.pdf
EUROPA. Prácticas para titulados, universitarios, lingüistas e
estudantes
http://europa.eu/about-eu/working-eu-
institutions/traineeships/index_es.htm#students-tab
Bolsas do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
http://consellodacultura.gal/noticias.php?categoria=convocatoria
Boletín informativo Eurodesk. O boletín Eurodesk, editado polo Instituto
da Xuventude, presenta información actualizada sobre programas españois
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 26
e iniciativas europeas, así como novas relativas ás areas de educación,
formación e xuventude
http://www.juventudenaccion.injuve.es/
Bolsas da deputación da Coruña.
http://www.dicoruna.es/cultura/bolsas/
Bolsas da deputación da Pontevedra
http://bit.ly/1PkeZAf
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 27
FORMACIÓN ABERTA A MATRÍCULA DOS CURSOS DO CENTRO DE LINGUAS MODERNAS – USC PARA O SEGUNDO SEMESTRE
A matrícula para os cursos de idiomas do segundo semestre
no Centro de Linguas Modernas (CLM) pódese formalizara ata 7
de febreiro. As persoas interesadas que precisen realizar o test
de nivel previsto para os días 26 e 27 de xaneiro deberán
inscribirse nesta proba previamente, antes do día 24 de
xaneiro.
En Lugo ofértanse alemán, español como lingua estranxeira,
francés, galego para non galegofalantes, inglés e portugués. En Santiago poderán
cursarse alemán, catalán, checo, chinés, danés, español como lingua estranxeira,
francés, galego para non galegofalantes, inglés, italiano, portugués e xaponés.
Outras modalidades
Como novidades fronte á oferta doutros cursos, o CLM tamén contempla na súa
oferta docente a modalidade Speaking-Skills (B1-B) para persoas que xa teñen o
exame B1-A aprobado ou para aquelas que desexan practicas a destreza oral no
nivel B1, así como un curso de inglés (B1) en modalidade semiintensiva semestral e
o curso Advanced Speaking Skills for Tourism (C1).
(Fonte: Xornal USC 16/1/2017)
AXUDAS CURSOS LINGUA INGLESA NA UIMP PARA ESTUDANTES
Convócanse ata 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en
inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos ao 31 de
decembro de 2017
Que obtivesen a condición de bolseiro para cursar Ensinos Universitarios, Ensinos
Artísticos Superiores, Outros estudos Superiores, Formación Profesional de Grao
Superior ou segundo curso de Bacharelato nalgunha das seguintes convocatorias:
ACTIVIDADES/FORMACION/AXUDAS
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 28
Curso 2014-2015, convocadas por Resolución do 28 de xullo de 2014 da
Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades
(BOE do 7 de agosto), para estudantes que cursen estudos postobligatorios.
Curso 2015-2016, convocadas por Resolución do 30 de xullo de 2015, da
Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades,
(BOE do 6 de agosto), para estudantes que cursen estudos postobligatorios.
Os interesados deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible
por internet na dirección www.mecd.gob.es a través da sede electrónica do
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no apartado correspondente a "Trámites
e Servizos".
Quen resulte beneficiarios da axuda poderán participar nun curso de axilidade oral
en inglés cunha duración de cinco días e que se desenvolverá en réxime de
internado de domingo pola tarde a sábado ao mediodía nas sedes e datas que se
recollen no Anexo á convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 16 de febreiro 2017
Máis información:
https://www.boe.es/boe/dias/2017/01/17/pdfs/BOE-B-2017-2650.pdf
BOLSAS PARA ESTUDOS DE POSGRAO NA RAMA SANITARIA
O padroado da Fundación A.M.A. abriu o prazo da súa
undécima campaña nacional de bolsas para 50 médicos,
20 enfermeiros, 15 farmacéuticos e 10 psicólogos.
As axudas concédense por sorteo puro entre todos os
inscritos e abónanse para pagar os cursos de preparación
ás respectivas especialidades de internos residentes.
Ademais, a Fundación tamén abriu o prazo da súa quinta
convocatoria de 11 bolsas veterinarias, concedidas
tamén por sorteo puro para sufragar cursos de posgrao
realizados por licenciados e graduados en Veterinaria.
O sorteo para designar aos 106 gañadores finais efectuarase ante notario o 15 de
febreiro, e farase público o 17 do mesmo mes. A participación no sorteo é
totalmente gratuíta; basta con encher un formulario na páxina web da
mutua, http://www.amaseguros.com/, sen ningún requisito adicional.
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 29
Cada bolsa abonarase previa comprobación da titulación requirida e da
presentación de facturas do centro docente. Deberá indicarse o concepto de
matrícula ou cotas establecidas para o pago dos respectivos cursos de internos
residentes, ou de posgrao, oposición, doutoramento ou máster para as de
Veterinaria.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 13 de febreiro de 2017.
Máis información:
http://bit.ly/2h29Suo
BOLSA XOVE FUNDACIÓN AFIM
As bolsas son ofertadas a mozas de entre 18 anos a 35 anos,
de España, latinoamérica e hispanohablantes de todo o mundo.
Cada bolsa está formada por un curso de libre elección a
escoller polo bolseiro, de entre os máis de 100 dos que dispón
a plataforma de formación en www.formacionsinbarreras.com.
Unha vez seleccionado o curso e enviada a solicitude, non
poderá ser cambiado por outro distinto.
Cada bolsa ten unha duración de 3 meses naturais desde a data de concesión da
bolsa, tempo durante o cal, o bolseiro terá acceso á plataforma de formación On-
line para realizar o curso que seleccionase.
Unha vez finalizado cada curso, o bolseiro poderá imprimirse o diploma acreditativo
de Formación sen Barreiras do curso realizado. Se adicional ou opcionalmente, o
alumno desexa algún outro tipo de certificación ou diploma, leva unha taxa de 20
euros cada un. Deberá solicitalo directamente a Formación Sen Barreiras.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de decembro 2017
Máis información:
https://www.fundacionafim.org/convocatoria-beca-joven.php
OUTRA INFORMACIÓN -FORMACION
Másteres Oficiais. USC
http://www.usc.es/masteres/
Master – Cursos de especialización – Formación continua. USC
http://www.usc.es/cptf/Postgrado/CursosPostgrado/CpM2015-2016g.htm
Outros cursos da Universidade Santiago
http://www.usc.es/gl/cursos/
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 30
Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia – Consellería de Traballo e
Benestar (No que se imparte formación para as persoas que desenvolven ou
queren desenvolver o seu labor profesional no eido das novas tecnoloxías da
información e comunicación)
https://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion
Cursos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210#.VkBWp9I
ve70
Cursos do Centro Multimedia de Galicia
http://www.cmg.xunta.es/of_cursosonline.php
Servizo Publico de Emprego Estatal. Formación para o emprego.
http://www.sepe.es/contenidos/personas/formacion/cursos/buscador_cursos.html
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 31
AXUDAS COMPLEMENTARIAS ERASMUS+
A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade
complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do
programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de
Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2016/17.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de febreiro de 2017.
Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170102/AnuncioG0164-161216-0002_gl.html
V EDICIÓN JUMPING TALENT 2017
Nesta nova edición Universia segue apostando
polo mellor talento universitario. Nesta ocasión
grazas ao apoio de 12 grandes empresas como:
Banco Santander, EY, HILTI, INDRA, J&J Family
of Companies, KPMG, Leroy Merlin, LG, Mediaset España, Saint Gobain, Verallia e
Vodafone.
Requisitos:
Ter bo expediente académico
Ter bo nivel de inglés (Valorarase o coñecementos doutros idiomas)
Ter algunha experiencia internacional (académica ou profesional)
Ter ganas e ilusión para mostrarche fronte ás empresas dunha forma
diferente.
Qué perfís buscanse?
Perfís de Negocio: ADE, Económicas, Dereito, Márketing, Xornalismo,
RRHH, dobres licenciaturas (Dereito+ADE, Xornalismo+ADE,
ADE+Telecomunicación, etc.)
Perfís Técnicos: Telecomunicacións, Informática, Telemática, Organización
Industrial, Matemáticas, Estatística, Arquitectura, Farmacia, etc.
Máis información: https://jumpingtalent.universia.es/apuntate/
NOVAS
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 32
DELOITTE LANZA A 2ª EDICIÓN DE DELOITTE SUMMER EXPERIECE
Durante seis días, entre o 17 e o 22 de xullo, un centenar de
mozos procedentes do penúltimo curso de ADE, ADE e Dereito e
Enxeñería das principais universidades españolas conviviron na Universidade Camilo
José Cela de Madrid. O obxectivo: crear unha primeira experiencia
profesional intensiva co mundo empresarial da man de Deloitte.
Inscrición: http://estufuturo.deloitte.es/candidato/ofertas/oferta/oferta.asp?Id_Of
erta=1506875
Envio de CV e Expediente: [email protected]
Máis información:
http://bit.ly/2gRBW3S
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 33
MAIS INFORMACIÓN:
ÁREA DE ORIENTACIÓN LABORAL E EMPREGO
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega
Casas Reais nº 8. 15782 Santiago de Compostela
Tlf.: 881812850
Enderezo electrónico: [email protected]
BIP Xaneiro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 34