valentín paz andrade

3
VALENTÍN PAZ ANDRADE (1898-1987) LETRAS GALEGAS Naceu en Lerez, arrabalde de Pontevedra, e licenciouse en Dereito por Compostela. Exerceu a avogacía en Vigo desde 1921, vinculado ó mundo empresarial. Estivo de sempre relacionado co sector pesqueiro galego, ó que contribuíu con numerosos estudos. Dentro deste ámbito, desempeñou misións de asesoramento, participou en congresos e ditou conferencias. Galeguista desde moi novo, tivo desde cedo unha importante actividade política. Dirixiu o periódico "Galicia" [1922-26), foi candidato ás Constituíntes, substituíu a Castelao, desterrado en Badallousa, na Secretaría do Partido Galeguista, participou activamente na campaña do Estatuto do 36 dende as páxinas de "EI Pueblo Gallego". Triunfante en Galicia a rebelión militar, estivo desterrado en varios lugares de Ourense, ata o seu retorno definitivo a Vigo. O seu primeiro poemario,Pranto matricial , (un canto elexíaco á memoria do seu amigo admirado Castelao) data de 1955, publicado en Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, en edición bilingüe. De 1968 é o seu segundo libro de poemas, Sementeira do vento, publicado na colección Salnés da Editorial Galaxia. Inclúe poemas compostos en distintas épocas da súa vida, sendo un deles Pranto matricial, que ten así unha segunda edición. Antes do seu falecemento, Valentín Paz-Andrade aínda publicaría un terceiro libro de poemas, o máis persoal e libre de todos os seus textos poéticos editados: Cen chaves de sombra, que sae á luz, baixo o selo editorial de Ediciós do Castro, en 1979. Publicou tamén unha excelente biografía Castelao na luz e na sombra. CHORA, TERRA, teu pranto das augas e dos eidos e dos ares, as vivas páreas cósmicas da reza, en mantelo de brétemas envoltas que noso fin ao noso orixe ligan. Deita nas áurias leiras do hourizonte labradas de solpores e de abrentes, en adoas de luz a debullarse, as sementes feridas de túa door. Arpa de nobres cordas esquecidas, ceiba teu son no curazón retido, e fai acordes en total latexo almas, paxaros, rios e paisaxes. Chora terra teu pranto xeneroso. O que todo galego choraría, en roda de multánime silenzo e ollares abatidos sobor de longo corpo derrubado que fora vivo mastro en loita núa; perto daqueles beizos, seca fonte da verba nunca dantes máis belida; do peito petrucial, refrorecido de mapoulas pampeiras, que envexan a nacencia das chorimas; xunto das postas maos voltas ao xelo, onde a eito agromaron do seu arte, no cerne da galega patronía, vizosas primaveiras. Chora, Terra, teu pranto matricial. O que todo galego choraría, se inda chorar pudera, até cobrir de bágoas o mare. Pranto matricial, 1955

Upload: almuzara

Post on 23-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Reseña da biografía e obras de Valentín Paz Andrade

TRANSCRIPT

Page 1: Valentín Paz Andrade

VALENTÍN PAZ ANDRADE (1898-1987)

LETRAS GALEGAS

Naceu en Lerez, arrabalde de Pontevedra, e licenciouse en Dereito por Compostela. Exerceu a avogacía en Vigo desde

1921, vinculado ó mundo empresarial. Estivo de sempre relacionado co sector pesqueiro galego, ó que contribuíu con

numerosos estudos. Dentro deste ámbito, desempeñou misións de asesoramento, participou en congresos e ditou conferencias. Galeguista desde moi novo, tivo desde cedo

unha importante actividade política. Dirixiu o periódico "Galicia" [1922-26), foi candidato ás Constituíntes, substituíu a Castelao, desterrado en Badallousa, na Secretaría do Partido

Galeguista, participou activamente na campaña do Estatuto do 36 dende as páxinas de "EI Pueblo Gallego". Triunfante en

Galicia a rebelión militar, estivo desterrado en varios lugares de Ourense, ata o seu retorno definitivo a Vigo.

O seu primeiro poemario,Pranto matricial , (un canto elexíaco á memoria do seu amigo admirado Castelao) data de 1955, publicado en Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, en edición bilingüe.De 1968 é o seu segundo libro de poemas, Sementeira do vento, publicado na colección Salnés da Editorial Galaxia. Inclúe poemas compostos en distintas épocas da súa vida, sendo un deles Pranto matricial, que ten así unha segunda edición. Antes do seu falecemento, Valentín Paz-Andrade aínda publicaría un terceiro libro de poemas, o máis persoal e libre de todos os seus textos poéticos editados: Cen chaves de sombra, que sae á luz, baixo o selo editorial de Ediciós do Castro, en 1979. Publicou tamén unha excelente biografía Castelao na luz e na sombra.

CHORA, TERRA, teu prantodas augas e dos eidos e dos ares,as vivas páreas cósmicas da reza,en mantelo de brétemas envoltasque noso fin ao noso orixe ligan.Deita nas áurias leiras do hourizonte labradas de solpores e de abrentes,en adoas de luz a debullarse, as sementes feridas de túa door. Arpa de nobres cordas esquecidas, ceiba teu son no curazón retido, e fai acordes en total latexo almas, paxaros, rios e paisaxes. Chora terra teu pranto xeneroso. O que todo galego choraría, en roda de multánime silenzo e ollares abatidos sobor de longo corpo derrubado que fora vivo mastro en loita núa; perto daqueles beizos, seca fonte da verba nunca dantes máis belida; do peito petrucial, refrorecido de mapoulas pampeiras, que envexan a nacencia das chorimas; xunto das postas maos voltas ao xelo, onde a eito agromaron do seu arte, no cerne da galega patronía, vizosas primaveiras. Chora, Terra, teu pranto matricial. O que todo galego choraría, se inda chorar pudera, até cobrir de bágoas o mare. Pranto matricial, 1955

Page 2: Valentín Paz Andrade

Pranto matricial poemario escrito en 1954 e publicado en 1955 constituído por seis poemas: "O que todo galego choraría", "Door da paisaxe", "A terra e os sinos", "Ala lonxe", "Teu destino" e "Cando ti volvas", adicado a Castelao.

Cando ti volvas

Castelao na luz e na sombra

é unha obra, certamente monumental (en contidos, en profundidade, mais tamén en extensión) que Valentín Paz-Andrade dedicou á figura de

Castelao.Unha investigación minuciosa

e chea de rigor na que nos presenta un Castelao o máis completo posible e taménnos

explica unha época e as angueiras vitais de toda unha

xeración irrepetible.

Chamado á corresponsabilidade colectiva, a abandonar calquera tipo de conformismo retórico e

pasar á acción, a crear unha linguaxe nova sobre

problemas vivos, a traballar pola renovación constante das ideas e

dos xeitos de “facer e refacer todos os días o país” son hoxe

ideas imprescindibles para recuperar o pulo perdido no

proceso de construción nacional de Galicia.

Na matricial Galiza sempre túa, que dende a Torre de Hércules ao Miñoun facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte; cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino,cando ti volvas polo mare;o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare;luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol mariñeiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; veliñas á xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as perolas das bagoas derramadas, cando ti chegues polo mare; cando ti chegues polo mare...

Page 3: Valentín Paz Andrade

Este libro nace a partir dunha entrevista de

Tucho Calvo a Valentín Paz-

Andrade a comezos dos anos

oitenta, na súa casa de Pousa

Nova do Mar, a carón da praia

viguesa de Samil.

Fabricamos futuro, producimos galego

Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivo marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.

As cartas que escribiu aos amigos ao longo de tantos anos documentan o que significou e segue significando para Galicia Valentín Paz-Andrade.

vannos informar, emocionar, crónica

dunha profunda aventura vital que non debemos

esquecer.

A Antoloxía recolle o labor de Valentín Paz-Andrade como poeta, xornalista e ensaista.

Inclúe o texto íntegro de Pranto matricial, o seu

poemario máis coñecido; ademais

dunha biografía e unha introducción á obra

literaria.