unha xornada cientÍfica analiza a dor …...de atención primaria e desde os distintos colectivos...

2
UNHA XORNADA CIENTÍFICA ANALIZA A DOR CRÓNICA NO PACIENTE A Sociedade Galega de Fisioterapeutas organizou no Álvaro Cunqueiro as sesións de debate sobre tratamentos multidisciplinares da dor persistente A dor crónica é unha realidade social que consume inxentes recursos sanitarios e provoca unha elevada discapacidade Estudos demostran que se gasta máis que a suma dos tratamentos de cancro, colesterol, sida, Alzheimer, diabetes e enfermidades cardiovasculares, todos eles xuntos “Os programas de fisioterapia baseados no exercicio terapéutico e a educación na dor móstranse efectivos”, din os organizadores da xornada Vigo, 15 de febreiro de 2019. Unha xornada científica, organizada pola Sociedade Galega de Fisioterapeutas, analizou a dor crónica no paciente e a súa abordaxe multidiciplinar. As sesións de debate celebráronse onte no Hospital Álvaro Cunqueiro e forman parte do primeiro evento destas características que desenvolve a Sociedade. A xornada, baixo o título xenérico de “Aproximación interdisciplinar á persoa con dor”, abarcou a dor crónica desde todos os niveis asistenciais, tanto no hospitalario como no de Atención primaria e desde os distintos colectivos de profesionais sanitarios. A apertura da sesión estivo a cargo do xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial. No acto de clausura participou ademais o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. Nas sesións interviñeron expertos a nivel nacional en tratamentos multidisciplinares da dor crónica. Entre eles destaca o doutor Arturo Goicoechea, neurólogo vasco, que impartiu unha clase maxistral. Á conferencia foron invitados expresamente representantes de asociacións de pacientes. “Hai que ter en conta que a dor persistente é unha realidade social que alcanza niveis de pandemia, que consume inxentes recursos sanitarios e que provoca unha elevada discapacidade e mesmo morbilidade nas persoas que o padecen”, afirma Tirso Docampo, fisioterapeuta de Atención primaria, vocal da EOXI de Vigo na Sociedade Galega de Fisioterapeutas e membro do comité organizador, xunto co fisioterapeuta de atención hospitalaria do CHUVI, Antonio Chamorro.

Upload: others

Post on 09-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UNHA XORNADA CIENTÍFICA ANALIZA A DOR …...de Atención primaria e desde os distintos colectivos de profesionais sanitarios. A apertura da sesión estivo a cargo do xerente da EOXI

UNHA XORNADA CIENTÍFICA ANALIZA A DOR CRÓNICA NO PACIENTE

• A Sociedade Galega de Fisioterapeutas organizou no Álvaro Cunqueiro assesións de debate sobre tratamentos multidisciplinares da dor persistente

• A dor crónica é unha realidade social que consume inxentes recursossanitarios e provoca unha elevada discapacidade

• Estudos demostran que se gasta máis que a suma dos tratamentos decancro, colesterol, sida, Alzheimer, diabetes e enfermidadescardiovasculares, todos eles xuntos

• “Os programas de fisioterapia baseados no exercicio terapéutico e aeducación na dor móstranse efectivos”, din os organizadores da xornada

Vigo, 15 de febreiro de 2019. Unha xornada científica, organizada pola SociedadeGalega de Fisioterapeutas, analizou a dor crónica no paciente e a súa abordaxemultidiciplinar. As sesións de debate celebráronse onte no Hospital Álvaro Cunqueiro eforman parte do primeiro evento destas características que desenvolve a Sociedade.

A xornada, baixo o título xenérico de “Aproximación interdisciplinar á persoa con dor”,abarcou a dor crónica desde todos os niveis asistenciais, tanto no hospitalario como node Atención primaria e desde os distintos colectivos de profesionais sanitarios. Aapertura da sesión estivo a cargo do xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial. No acto declausura participou ademais o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.

Nas sesións interviñeron expertos a nivel nacional en tratamentos multidisciplinares dador crónica. Entre eles destaca o doutor Arturo Goicoechea, neurólogo vasco, queimpartiu unha clase maxistral. Á conferencia foron invitados expresamenterepresentantes de asociacións de pacientes.

“Hai que ter en conta que a dor persistente é unha realidade social que alcanza niveisde pandemia, que consume inxentes recursos sanitarios e que provoca unha elevadadiscapacidade e mesmo morbilidade nas persoas que o padecen”, afirma TirsoDocampo, fisioterapeuta de Atención primaria, vocal da EOXI de Vigo na SociedadeGalega de Fisioterapeutas e membro do comité organizador, xunto co fisioterapeuta deatención hospitalaria do CHUVI, Antonio Chamorro.

Page 2: UNHA XORNADA CIENTÍFICA ANALIZA A DOR …...de Atención primaria e desde os distintos colectivos de profesionais sanitarios. A apertura da sesión estivo a cargo do xerente da EOXI

Os estudos realizados avalan esa afirmación e demostran que o gasto sanitario paracombater a dor crónica é maior que a suma dos recursos que se utilizan paratratamentos de cancro, colesterol, sida, Alzheimer, diabetes e enfermidadescardiovasculares. “Isto dá unha idea da magnitude de gasto que se produce a causa dador crónica”, subliña Docampo.

Cambio de abordaxeAs últimas tendencias, tras os estudos científicos mencionados, pasan por unhaabordaxe multidisciplinar da dor crónica, é dicir aplicar tratamentos nos que a dor deixede ser o centro do problema, e que xa se están a expor na sanidade pública.

Así o enfoque tradicional, baseado principalmente no subministro de fármacos,evoluciona cara a outras prácticas clínicas e de recuperación do paciente, co obxectode recuperar a mobilidade e facer que a persoa con dor crónica poida convencerse deque é posible ser autosuficiente.

As novas formas de abordaxe multidisciplinar da dor crónica -baseadas na diminucióndo tratamento farmacolóxico fronte a un maior uso de técnicas rehabilitadoras epsicolóxicas- permiten tamén, segundo os ensaios realizados ata agora, un descensona frecuentación de asistencia do paciente ás consultas médicas. Deste xeito, “osprogramas de fisioterapia son os que recomendan hoxe en día as principais Guías dePráctica Clínica a nivel mundial como tratamento de primeira elección para a dorcrónica (The Lancet e NICE ano 2018)”, afirman os organizadores da xornada.

Incapacidade“A maioría dos fármacos que se usan para a dor crónica provocan un enorme gastofarmacolóxico para o sistema e moitos efectos secundarios adversos para ospacientes. Xeran moita incapacidade nas persoas e un incremento paulatino doconsumo que provoca adicción”, explica Tirso Docampo.

O fisioterapeuta da área sanitaria de Vigo incide en que hai casos nos que o pacientepode ver alterada a súa percepción real da dor. E, como consecuencia, a dor en semesma convertese en patoloxía.

Como exemplo, en países como Estados Unidos chegouse xa a decretar a emerxenciasanitaria pola adicción da poboación a opiáceos para combater a dor crónica.