unha baralla do s. xviiculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras...

21
1 Unha baralla do S. XVII FONTE: CULTURAGALEGA.ORG

Upload: others

Post on 08-May-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

1

Unha baralla do S. XVIIFONTE: CULTURAGALEGA.ORG

Page 2: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

2

Este documento foi elaborado a partir dos orixinais conservados naBiblioteca do Instituto Teolóxico Compostelano, radicada no convento de SanMartiño Pinario (Santiago de Compostela).

Page 3: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

3

Page 4: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

4

Page 5: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

5

Cun as na tapa

Son do século XVII e constitúen a baralla máis antiga atopada en Galicia.Os naipes foron feitos na comarca de Santiago por un descoñecido francéschamado Jean Volay de Thiers. Hoxe ven por primeira vez a luz pública,agachados durante máis de trescentos anos nas tapas dunha “Biblia”.

O achado produciuse durante unha actividade rutinaria nunha biblioteca con librosantigos. O director da Biblioteca de Estudios Teolóxicos de Galicia, radicada noInstituto Teolóxico de Galicia (ITC), Leonardo Lemos, encargou á bibliotecaria,Isabel Crespo, a restauración das tapas dunha Biblia do XVIII, que procedía doconvento do Carme, en Padrón. A encadernadora, Barca Cereijo, devolveu o libro abiblioteca cun sorprendente achado que atopara nas súas tapas, un conxunto depranchas de naipes aínda sen recortar.

Roberto, lentes de Castelao e chaleco negro, estaba acostumado a descubrir finascapas de papel entre as tapas dos incunables e atados. Moveu lixeiramente os finosdedos de tamborileiro -unha das súas afeccións- e examinou o achado con AnaPorto, a súa compañeira de investigación na biblioteca do ITC. Unha baralla denaipes case completa, tal e como saíra impresa dunha prancha xilográfica. Aspranchas xilográficas son tallas de madeira en negativo que, montadas nunhaestructura, permitían a impresión con tinta.

Unha baralla case completaEstaban sen recortar, algunhas das cartas pintadas só a medias. O encadernadordaquel libro, no XVIII, aproveitara posiblemente os materiais sobrantes eacantoados na súa imprenta ou no Convento do Carme. "O achado sorprendeunos",comenta Roberto, "Os naipes atopados non se separan para nada dunha tipoloxíabaixomedieval ou renacentista. Ao estar a baralla case completa, dáche unhacapacidade de análise que en Historia case nunca tes". Unha rápida comprobaciónfíxolles saber que os naipes máis antigos atopados en Galicia ata o momento erande primeiros do XIX. O erudito pontevedrés Xosé Filgueira Valverde atopara enrealidade as pranchas xilográficas coas que se imprimiran e hoxe están depositadosno Museo de Pontevedra.

Pero o achado da Biblioteca do Seminario era anterior. Como un século antes. Demediados do século XVII, o que os converte nun dos obxectos históricos do xogomáis antigos atopados no país. Os dous investigadores, Roberto e Ana,propuxéronse comprobalo. Enviáronlle copia do material a José Eguía, o director doMuseo Fournier, en Vitoria; posiblemente, unha das principais autoridades enbarallas históricas en Europa e xerente da principal colección de naipes do Estado.Eguía validoullo: "Non se coñece moito a Iehan Bolai. O que si se sabe é quefabricou máis barallas. Entre outras cousas, porque nós temos unha aquí no museo,que foi atopada no pazo de Quiñones de León en Valladolid".

Consultando catálogos, comezaron a ter claras algunhas cuestións. Por exemplo, asúa inspiración. Segundo Roberto Reigosa, "este é un modelo procedente deFrancia, posiblemente adaptado en Cataluña ou Valencia. Segue a tipoloxíacatalana, non a flamenca da época", aínda que dunha gran calidade no seu trazo ena representación dos motivos, dos paos e das cabalerías da baralla. Outras, senembargo, cambiaron ó longo da elaboración desta reportaxe. Pensábase que ascartas databan do século XV ou principios do XVI, polo estilo empregado. O autor,Iehan Bolai, era un descoñecido completo. Primeiro pensouse que era xudeu. Logoo abano abríuse. O cambio na súa datación deuna Ignacio Cabano, editor do libro

Page 6: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

6

"As orixes da imprenta en Galicia" e experto bibliógrafo, quen localizou ó misteriosoVolay -xa con "v"- en París, en 1640, realizando unha baralla "retro" para a época,feita con motivos e imaxes xa algo desfasadas para a súa época. Non é tan estrañoque un parisino chegara ata aquí: no século XVII, o xogo e a elaboración de naipesestaba prohibido polos reis españois. Numerosos franceses acudiron ós reinos daCoroa de Castela para montar negocios de xogo e fabricación de naipes. Nun delesen Sevilla, xestionado por un tal Pierre Papin, xogou e bebeu Miguel de Cervantes.

Detalles esclarecedoresReigosa repasa as copias da baralla e vai amosando a cabeza dun cabalo, o trazodunha espada, a caída das roupas da sota de bastos. "Este tío encantoume, vinlleunha serie de detalles que indican que controlaba moito. Hai cousas moi diferentes.Se por exemplo, noutras barallas da época unha figura coma o cabalo non entraba,cortábana directamente. O autor dos debuxos encáixaas dentro do límite econtrolaba moito: era un tallista da antiga escola xilográfica hispánica". Repasandoas cartas, hai pequenas pegadas, pequenos detalles só comprensibles para osbibliógrafos e investigadores. Nunha aparece a estrela de David, aínda que logoviuse que era un motivo que, a pesar da expulsión da comunidade xudía de Españaen 1492, repetiuse nos conservadores naipes ata xa empezado o XVIII. Pero nesespequenos detalles é onde se atopan as claves para situar o achado. O misteriosoJean Volay (asinou as cartas como Iehan Bolai) representou o pao de ouros conmoedas da época dos Reis Católicos. E na súa parte superior pódese apreciar, caseinvisible, un acueducto. Ao consultaren catálogos de numismática histórica -aciencia que se dedica ao estudio das moedas- descubriron que aquel era o logo daceca -a fábrica de moeda- de Segovia. Un detalle tan pequeno semellaba indicarque estaban do modelo de cartas case orixinal ou orixinal.

A arte de reciclar papelOs restauradores saben que, no pasado, as tapas dos libros adoitaban aproveitarpapel anterior. A materia prima era cara e para facer un cartón resistente ao tempoera preciso coller aqueles papeis inservibles da biblioteca. Así, por exemplo,atopáronse hai 50 anos as cantigas de Martín Códax coa súa partitura o queconstituíu un dos grandes descubrimentos da nosa literatura medieval.

No século XVIII, o encadernador da “Biblia” aproveitou material anterior,posiblemente acumulado no seu obradoiro. As pranchas de naipes eran boascandidatas. Como se pode ver no documento anaxo a esta reportaxe, o autor dabaralla non rematara o seu traballo. Mentres algunhas das pranchas estáncompletamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello,ou simplemente están sen cor, só coas siluetas ou os trazos. Este feito -o traballosen rematar- foi unha das suposicións que fixo pensar en que o traballo fora feitoen Galicia e abandonado por algunha razón descoñecida.

O traballo fora feito aquí, sen dúbida. Roberto Reigosa colleu unha das pranchas epúxoa a contraluz para buscar unha marca de auga -é así como lle chaman aossímbolos, case inapreciables, que os fabricantes de papel deixan nos pregos- eatopou unha especie de sagrado corazón cunha cruz dentro e coas iniciais I e Mabaixo. Roberto asegura que "atopamos outros libros no ITC que tiñan esa marca.En libros do 1500 empregábanse para facer as tapas. É un papel nada doutromundo, de aquí da zona". Comparouno con outros documentos da época na área deSantiago e atopou que ese símbolo, o do fabricante de papel, repetíase noutrosdocumentos da época conservados na biblioteca en que traballaba.

A biblioteca do ITC é unha descoñecida para o público xeral en Santiago. Senembargo, ten fondos sorprendentes: nos seus andeis atesóuranse sete incunables,case oitocentos volumes do século XVI, máis de mil cincocentos volumes do XVII emáis de dous mil cincocentos do XVIII. O seu fondo musical é impresionante: case

Page 7: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

7

seis mil partituras. Roberto e Ana tiñan onde comparar e buscar. E ás veces, narutineira vida dun investigador de bibliotecas, unha pequena morea de papel faique se abra unha fiestra cara ao pasado. Aínda que esa ollada estea pintada desotas, cabalos e reis.

Page 8: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

8

A chegada da imprenta a Galicia

35 anos despois da súa invención en Alemaña, a primeira imprenta de tiposmóbiles chegou a Galicia procedente de Castela. Os impresores da épocaeran foráneos, viaxeiros ambulantes de estraños apelidos e mesmoaventureiros, e o principal -ou case único- cliente era a Igrexa. Osprimeiros libros eran de uso moi frecuente: manuais e breviarios. Hoxe endía seguen a quedar moitas incógnitas sobre ese momento.

1455: Mainz, Alemaña. Johan Gutenberg inventa a imprenta de tipos móbiles epublica o primeiro libro impreso da historia de Occidente: a Biblia. A unhavelocidade de transmisión inusual para a época, tódolos reinos do continentedispoñen en menos de 50 anos de algunha imprenta de tipos móbiles. En Galicia, oinvento entra dende o Reino de Castela, no que comezan a funcionar pequenosobradoiros dende 1472, a cargo a súa maior parte de estranxeiros. Durante oséculo XV e XVI o oficio estará dominado por foráneos que traballaban por encargodo clero da época. Ourense, Monterrei e Mondoñedo son os primeiros núcleos deproducción, ós que despois se engadirían á metade do XVI Santiago deCompostela, que sería ata o século XIX a única cidade de Galicia na que existíanimprentas.

Encargos que veñen de fóraVolvamos ó século XV. Dous burgaleses, Juan de Bobadilla e Álvaro de Castro,chegan a Santiago de Compostela e entrevístanse con membros do Cabido -aAsemblea que regulaba o arcebispado de Santiago-. Chámanse a si mesmos"maestros en faser breviarios e escripturas de moldes" e convencen, despois dunhanegociación económica, ó Cabido para que lles encargue 120 Breviarios, pequenoslibros de oracións. Logo o Cabido os redistribuía entre as parroquias doarcebispado. O caso é que o goberno da catedral de Santiago colleulle gusto ámodernidade, porque en 1496 encargoulle a un alemán, Nicolás de Saxonia,residente en Lisboa, unha tiraxe de 1.000 exemplares: moitos máis que algunhastiraxes de libro galego de hoxe en día.

Cando os tipos se instalan en GaliciaPero á marxe dos encargos, o certo é que cando menos dende 1494 no complexomilitar e residencial que é o Castelo de Monterrei, nos dominios do Conde deLemos, Gonzalo de Zúñiga, comeza unha actividade de impresión bastante frenéticapara a época. Primeiro, un protexido do Conde: Gonzalo Rodríguez de la Pasera -asturiano, que colabora con outro impresor ambulante que se chama a Juan dePorras, e que chega ata Venecia cos seus negocios- e logo Juan Gherlinc, outroimpresor ambulante que provén de Barcelona e que se instala no castelo duranteun tempo, cubrindo un amplo territorio e recibindo encargos, por exemplo, dacatedral de Braga . De la Pasera edita en 1494 o Misal Auriense en colaboracióncon Juan de Porras. Naquela época, a xente chamáballes "escribáns de libros demolde". Pero, a diferencia do que se cría ata agora, non é o primeiro libro editadoen Galicia. Os expertos sitúan como primeiro libro galego o Breviario Auriense, unenigmático exemplar gardado na biblioteca da catedral de Ourense que despertou ointerese dos bibliófilos pola dificultade da súa ubicación. Escoitemos a Odriozola -uncoleccionista e investigador galego, coautor do libro "A imprenta en Galicia"- e undos principais coñecedores no Estado do mundo dos incunables: "O Breviario érealmente sensacional" -deixa anotado no texto que realizou para a GranEnciclopedia Gallega- "e considero que supera en interese ó famoso Misal Aurienseimpreso en Monterrei, pola súa maior antigüidade, por tratarse dun exemplar únicoe sobre todo, pola singularidade da súa tipografía, que non logrei identificar conningunha outra nin de España nin de Europa". Ignacio Cabano, editor do libro "As

Page 9: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

9

orixes da imprenta en Galicia" dá tamén por válido o Breviario coma o primeirolibro impreso en Galicia. As datas: contra 1485-1490. O impresor, descoñecido.

De emigrantes e aventureirosEn Ourense, outro asturiano asentado na cidade edita e imprime libros: é Rodrigode Lavandeira, cun apelido que xa galeguizara en 1490. Lavandeira é o editor doManual Auriense, en 1510. Un Manual era un libro que contiña os ritos deadministración dos sacramentos. Tiña contacto co resto do gremio de libreirosambulantes co cal ten débedas e mantén continuo contacto. Sen embargo, non é oúnico especialista da cidade: un tal "Mestre Ambrosio" tivo ó cargo, ata 1509,cando decide marchar para Santiago, os libros da catedral. Pouco se sabe del. Peroa nacente Universidade de Santiago había ser máis beneficiosa para o seu negocio,e algún investigador atribúe a isto a súa mudanza.

Pero Ourense é un dos lugares máis interesantes polos aventureiros impresores querecalan na cidade. O máis sorprendente é Vasco Díaz, un estremeño que deixaescrito no último libro que imprimíu, o Xardín da Alma Cristiá, algo da súa vida: "EnExtremadura, que é a miña patria, chámanme Vasco Díaz, e en Portugal e Galicianoméanme Frexenal, e nas Canarias o bacheler Tanco, e nos Reinos de Aragón eCataluña o licenciado Casero, e en partes de Francia e Italia o Doutor do Estanco, enas provincias de Sant Marco [de Venecia]o Mestre Clavedán e nos reinos de GreciaCleros tegnes. E non son máis que un". Vasco Díaz consegue do bispado deOurense o encargo de facer as Constitucións Sinodais -unha especie de actas dasxuntanzas da diócese-. E para iso péchase na torre da Catedral, póndolle candado,ata conseguir imprimilas en 1544. É un impresor xa máis tardío, pero indicador dotoque medio aventureiro destes textos iniciais.

PARA SABER MÁIS

Depende do que busques. Os libros sobre a aparición da imprenta en Galicia sonrealizados por bibliófilos empedernidos. Son apaixonados e están cheos de amorpolos libros, pero tamén moi técnicos. Recomendámosche tres publicacións.

-A voz "Imprenta" na Gran Enciclopedia Galega. O artigo, redactado por Antonio Odriozola,un dos bibliófilos máis importantes destes país, é máis un diario da súa busca de incunablese libros descoñecidos polos arquivos e bibliotecas deste país.

-BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R. e ODRIOZOLA, A. (1992) Historia de la imprenta en Galicia.Biblioteca Gallega. A Coruña.

-VV.AA. As orixes da imprenta de Galicia (1991) Recopilación, introducción e edición deIgnacio Cabano. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.

Page 10: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

10

As planchas orixinaisEd. Facsímile.Reducido do tamaño orixinal a un 30%

Page 11: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

11

Escudos do ReinoSon os escudos dascoroas de Castela eAragón

Page 12: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

12

A aguia de San XoánUn motivo tamén habitual na barallahispánica

O nome do autorIehan Bolai é o nomesimplificado de Jean Volayde Thiers un parisino doXVII

Page 13: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

13

Page 14: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

14

A estrela de DavidNun primeiro momento, a aparición do símbolo quedefine ó pobo xudeu fixeron pensar que o autor, JeanVolai, era hebreo. Logo veuse que a estrela de Davidera un motivo habitual nas barallas hispánicas ata oXVIII

Fidelidade nos modelosEsta moeda foi fabricadadurante o reinado dos ReisCatólicos. A fidelidade óorixinal apréciase polopequeño símbolo na partesuperior: é a marca, o logoda ceca de Segovia, é dicir,a fábrica de moeda.

Page 15: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

15

Page 16: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

16

Page 17: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

17

Page 18: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

18

Page 19: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

19

Page 20: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

20

Page 21: Unha baralla do S. XVIIculturagalega.gal/imaxes/docs/pdf_2466.pdf · completamente pintadas, outras só teñen unha pequena capa de azul, ou vermello, ou simplemente están sen cor,

21