un thriller de narcos nas rías galegas. unha terra …un thriller de narcos nas rías galegas. unha...
TRANSCRIPT
Un thriller de narcos nas rías galegas.Unha terra na que nada é o que parece e onde son
máis importantes as escamas que as agallas.
DOSSIERUnha película dirixida por Samuel Martín Mateos e Andrés Luque
Guión de Javier Félix Echániz e Juan Antonio Gil Bengoa
CONTINENTAL e ZEBRA presentan
SINOPSESebastián, un delincuente de pouca monta que acaba de saír da prisión, decide buscar traballo nunha empresa pequena de Galicia, “Isolina, Produtos do Mar”. Pero non por vocación desde logo, senón porque algo lle di que o dono da empresa, Regueira, non pagou o Jaguar con caranguexos. Mediante unha astucia, feise amigo do encargado, Raúl, e consegue que o contraten.
Ó pouco tempo, Sebastián consegue sacarlle a raúl a información que necesitaba: o peixe conxelado serve de tapadeira para outro negocio, infinitamente máis lucrativo. Acto seguido, Sebastián mata a Raúl e cóntalle a Regueira que o fixo porque “non tivo máis remedio”, aquela remesa de sepias recheas de coca, estaba a punto de acabar na comisaría de Vigo.
Regueira creo só a medias, pero comproba rapidamente que aquel mozo de dentes esportelados ten coraxe e decide convertelo no seu axudante. Pouco e pouco, Sebas cambia de aspecto, gaña roupa nova, dentes novos e
sobre todo a confianza do xefe. Cando Regueira elimina a súa man dereita, o ben curtido Antonio, Sebastián herda o posto.
Agora parece que chegou ó cume - ou case. Só lle falta cazar a filla do xefe e casar de penalti. E xa está. Terá seguro de vida. Pero, Sebastián, tan listo e tan desapiadado, ignora que forma parte dun xogo que o supera...
FICHA TÉCNICADirectores Samuel Martín Mateos Andrés Luque Pérez
Guión Javier Félix Echániz Juan Antonio Gil Bengoa
Produtores Pancho Casal Antonio Saura
Produtora executiva Carmen de Miguel
Director de fotografía Juan Carlos Gómez
Dirección de arte Marta Villar
Montador Guillermo Represa
Música Xabi Font Arturo Vaquero
Vestiario Ruth Pereira
Maquillaxe Cristina Couto Raquel Fidalgo
Perruquería Rosana Teijeiro
Director de produción Carlos Amoedo
Produtoras CONTINENTAL ZEBRA
Datas de rodaxe Agosto e septiembre, 2008Formato 35 mmLocalizacións Galicia
REGUEIRASCarmelo Gómez
SEBASHugo Silva
RAÚLCelso Bugallo
TÍA ELVIRAMabel Rivera
ANTONIOCarlos Sante
COUTOXavier Estévez
DOMINGOPepo Suevos
CHANTALIsabel Blanco
FICHA ARTÍSTICA
ROSAYoima Valdés
ISOLINARula Blanco
MANUTomás Lijó
SEVEROAlfonso Agra
TÍO PACOLois Lemos
BARMAN DISCOTECAJuanjo Guimarey
MATÓN ANTHRAX 1Lois Seoaxe
MATÓN ANTHRAX 2Roberto Suzuka
FICHA ARTÍSTICA
RUSOTheo Smeu
PATRÓN CARGUEROXosé Manuel Eiris
CONDUCTORA BUSMónica Lago
EXPENDEDOR BUSFran Santos
ROCKEROTonhito de Poi
MADURO HOMOSEXUALWilly Eter
MINIFALDERACristina Ramallal
SACERDOTEManuel Martín Mateos
CAMAREIROAndrés Luque Pérez
FICHA ARTÍSTICA
DIRECTORESSamuel Martín Mateos
Todo un veterano da TVE. A súa relación coa televisión foi sempre da man do cine. Actualmente é director-realizador dos programas Cartelera e Cartelera TVE, e foi realizador durante 4 anos do informativo cinematográfico Dias de Cine.
A súa experiencia no campo audiovisual tamén abarca traballos como deseñador gráfico e deseñador en 3D e realizou innumerables spots de televisión, publirreportaxes e vídeos institucionais.
Andrés Luque Pérez
Andrés Luque Pérez naceu en Madrid en 1958. É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense e desde 1982 traballa en Televisión Española como realizador.
Durante anos foi Director Adxunto do programa de cine Cartelera e desde o 2000 realiza reportaxes-documentais como guionista e realizador no programa En Portada dos Servizos Informativos.
Entre outros premios internacionais, recibiu as medallas de Prata e Bronce no Festival Internacional de Televisión de Nova York en 2005 e 2006, o premio Nacións Unidas ao Mellor Programa de Televisión sobre a Infancia e a Mocidade, dous Premios Cruz Vermella Intencional no Festival Internacional de Televisión de Montecarlo nos anos 2003 e 2004, o Premio Italia de Xornalismo e o Premio Mans Unidas de Televisión.
GUIONISTASJavier Félix Echániz
Recoñecido escritor cinematográfico, os seus traballos xa estreados van desde a comedia (Estrada e manta, con Carmen Maura e Eduardo Noriega) ata o thriller político (Mortos comúns, con Ernesto Alterio), pasando polo terror xuvenil (Skizo, con Oscar Jaenada e Eloy Azorín) ou a tv-movie inspirada en feitos reais (Carta mortal, con Aitana Sánchez Gijón).
Está ademais e por suposto, o trepidante guión de AGALLAS coescrito xunto a Juan Antonio Gil Bengoa.
Juan Antonio Gil Bengoa
Novelista, articulista e escritor cinematográfico, editou tres novelas ata a data (A pel do camaleón, Invernos e Os praceres tristes), ademais dun libro de poemas (Os desertos verdes).
Tras recibir varios premios en distintos concursos polos seus guións de curtametraxes, comezou unha relación profesional co tamén guionista Javier Félix Echániz, que lles levou a escribir varios guións de longametraxes (Fose de tempada, Julais, Bonequiñas rusas), todos eles adquiridos por diversas compañías produtoras para ser levados á pantalla.
Unha vez máis, non esquezamos AGALLAS.
ZEBRAZEBRA PRODUCIÓNS é unha produtora de cine e televisión de acreditada traxectoria na produción dun cine de calida-de cunha vontade comercial.
Fundada no ano 2001, ZEBRA PRODUCIÓNS foise consoli-dando como unha produtora de cine de calidade e pres-tixio. Empresa presidida por José Velasco quen xunto aos seus socios os produtores Antonio Saura e Natacha Kucic desenvolveron un volume de producións cunha vontade dobre de descubrir novos talentos e traballar con direc-tores consagrados. Desde o inicio da súa andaina, ZEBRA atesourou un importante recoñecemento nacional e inter-nacional
A partir de 2006 iniciou a súa andaina como produtora de contidos de televisión, departamento liderado por Emma-nuela Spinetta.
Filmografía
2007 El Pollo, el Pez y el Cangrejo Real, de José Luis López Linares, con Jesús Almagro, Alberto Chicote, Pedro Larumbe e José Mari Arzak. Festival de Cine de Berlín – sección oficial-, Tribeca (Nueva York), Guadalajara (Méjico), Jerusalén y Montreal -sección oficial-) Fados, de Carlos Saura, con Mariza, Caetano Veloso, Chico Buarco, Carlos do Carmo, Camané. Sección oficial Toronto, San Sebastián, Nueva York etc) Goya 2008 é Mellor Canción.2006 Miguel & William, de Inés París, con Elena Anaya, Juan Luis Galiardo, Will Kemp, José Mª Pou e Geraldine Chaplin. 2005 Oculto, de Antonio Hernández, guión de Antonio Hernández e Enrique Brasó (Goya ao Mellor Guión Orixinal 2003). Con Leonardo Sbaraglia, Laia Marull, Angie Cepeda, Joaquín Climent e Geraldine Chaplin.2004 Di que si, de Juan Calvo, con Paz Vega, Santi Millán, Santiago Segura, Pepe Viyuela. Síndrome, de Liberto Rabal, con Javier Albalá, Adriana Davidova e William Miller (Festival de Locarno, 2004, Festival de Mar del Plata 2005).
Retrato de Carlos Saura, documental dirixido por José Luis López Linares.2003 Buscando a Salomé (documental) de Saura Medrano Dos Tipos Duros, de Juan Martínez, con Antonio Resines e Elena Anaya (Premio do Público, Festival de Málaga. Maio 2003).2002 En la ciudad sin límites, de Antonio Hernández, con Leonardo Sbaraglia, Ana Fernández, Geraldine Chaplin e Fernando Fernán Gómez. (Festival de Berlín, Festival de Cine de Montreal, Mellor Película no Festival de Cine Español de Toulouse 2002; 2 Goyas 2003, Premios do Público Festival Internacional de Cine de Miami 2003 e Valenciennes 2003 etc) Rencor, de Miguel Albaladejo, con Lolita, Jorge Perugorría e Elena Anaya (un Goya 2003) Salome, de Carlos Saura, con Aida Gómez (Mellor Contribución Artística, Festival de Cine de Montreal 2002, Goya Mellor Canción 2003)2001 Gran Marciano, de Antonio Hernández.
CONTINENTAL é unha compañía con sedes na Coruña e Madrid dedicada á produción audiovisual desde 1982. Na actualidade desenvolve a súa actividade nas liñas de produción dos seus seis departamentos: cine, spot, televisión, animación, comunicación corporativa comercializada baixo o selo de Impulso TV e agora tamén Continental Games, o proxecto máis recente e ambicioso de Continental no que se introduce no mundo dos videoxogos.
Tras máis de vinte anos de actividade, CONTINENTAL CINE obtivo numerosos premios e galardóns en diferentes festivais e certames (entre os que se contan 6 Goya, 1 Concha de Ouro no Festival de San Sebastián, 29 nomeamentos aos Goya, 43 premios de audiovisual galego e presenzas e premios en festivais como os de Berlín, San Sebastián, Valladolid, Sitges, Nova York, A Habana, Miami, Toronto, Montreal, etcétera).
CONTINENTAL TV e CONTINENTAL SPOT ocupan un importante lugar no sector audiovisual español coa
produción de series de televisión, programas, tv-movies, documentais e spots para as máis importantes cadeas e institucións. CONTINENTAL ANIMACIÓN iniciou a súa andaina coa longametraxe De Profundis -obra do debuxante Miguelanxo Prado e o músico Nani García- e a curtametraxe A flor máis grande do mundo, baseado nun conto de José Saramago.
Ademais, CONTINENTAL acaba de lanzar IMPULSO TV (www.impulsotv.es), unha produtora de vídeos e canles corporativas especializada en novas tecnoloxías de comunicación
Na actualidade, CONTINENTAL participa como socio fundador na distribuidora de vídeo e DVD CAMEO (www.cameo.es), así como o consorcio de exportación de cine español e latinoamericano LATIDO (www.latidofilms.com), o que lle permite participar activamente nas distintas fiestras de explotación.
CONTINENTAL
Filmografía
2008 A crise carnívora, dirixida por Pedro Rivero (longametraxe en animación flash) Abrígate, dirixida por Ramón Costafreda2007 Unha muller invisible, dirixida por Gerardo Herrero Concursante, dirixida por Rodrigo Cortés A flor máis grande do mundo, dirixido por Juan Pablo Etcheverry (curtametraxe de animación) De Profundis, dirixida por Miguelanxo Prado, con música de Nani García (animación)2006 Días azuis, dirixida por Miguel Santesmases Os aires difíciles, dirixida por Gerardo Herrero2005 Un rei na Habana, dirixida por Alexis Valdés Heroína, dirixida por Gerardo Herrero Para que no me esquezas, dirixida por Patricia Ferreira2004 A vida que che espera, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón
2003 O misterio Galíndez, dirixida por Gerardo Herrero Trece baladadas, dirixida por Xavier Villaverde2002 O alquimista impaciente, dirixida por Patricia Ferreira Os luns ó sol, dirixida por Fernando León de Aranoa2000 Séi quién es, dirixida por Patricia Ferreira1999 Fisterra, dirixida por Xavier Villaverde Cando volvas o meu lado, dirixida por Gracia Querejeta1998 Frontera Sur, dirixida por Gerardo Herrero1997 Inés de Portugal, dirixida por Juan Carlos de Oliveira1989 Continental, dirixida por Xavier Villaverde