tríptico vi semana de teatro interior
DESCRIPTION
Información sobre a VI Semana de Teatro do CPI de Xanceda.TRANSCRIPT
O teat
ro esco
lar entendé
molo
como…
…unh
a ap
rend
izax
e,
de a
spect
os f
orma
tivos f
unda
mentais
no
desenv
olvem
ento glob
al do
s nenos e nena
s (ex
presión
ora
l, creat
ivida
de, e
sponta
neida
de,
trab
allo en equ
ipo,…)
…un
xogo,
onde
o im
portan
te é o p
roces
o e non
o re-
sulta
do f
inal, u
nindo
o lú
dico e o ed
ucativ
o
…unh
a fo
rma
de com
unica
rse,
pa
ra a
chegar
nos pr
ogresiv
amente a
s dis
tin-
tas ma
nifesta
cións a
rtíst
icas.
Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987) exerceu como xurista, político e escritor galego. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1921. Introduciuse no mundo da literatura por medio do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade. Este último presentoulle a Castelao, que influiría de forma relevante na súa obra. Canto á súa actividade política, pasou a formar parte do movemento galeguista e en 1919 participou na II Asamblea Nacionalista. Foi presidente do Grupo Autonomista Gallego (1930) e militante e secretario, desde 1934, do Partido Galeguista. Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e participou na redación do Estatuto de Galicia (1936). Xa na época da Restauración Borbónica fixo parte da Xunta Democrática, da Comisión dos 10 e da Plataforma de Organizaciones Democráticas. Asimesmo, foi senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Gallega nas Cortes Constituíntes (1977-1978). Grazas ao seu labor como xurista axudou, durante a Guerra Civil Española a moitos galeguistas a fuxir e defendeunos das penas que se lles imputaban. Foi desterrado a Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e finalmente a Badaxoz. Foi detido va-rias veces debido aos seus artigos e á súa orientación política. A respecto da súa actividade xornalística, cómpre mencionar que foi director do xornal Galicia (1922-1926), colaborador da Gaceta de Galicia, publicou tamén artigos políticos en El Pueblo Gallego, ademais de no Faro de Vigo e no xornal La Noche. Alén disto, foi director da revista Industrias Pesqueras (1942). Foi colaborador en O Ensino, Grial e Outeiro elaborando artigos literarios, nomeadamente sobre Castelao. Tamén redixiu artigos de carácter económico e político en El País, La Vanguardia e en Industrias Conserveras. Foi un dos principais promotores e logo vicepresidente do grupo industrial Pescanova. Exerceu tamén como técnico da FAO. Debido a isto publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera (1954). Cómpre destacar o seu papel de escritor polifacético pois escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, mostrando a súa preocupación polo progreso de Galicia, así como tamén redactou diversas obras especializadas en temas pesqueiros. Porén, non só se dedicou ao ensaio, pois Valentín Paz-Andrade formou parte, asemade, da Xeración poética de 1925 onde observamos unha importante orientación patriótica. Algunhas das súas obras poéticas son Pranto Matricial (1954), Sementeira do Vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979). Tamén fixo algunha incursión pola narrativa coa obra inédita Soldado da morte (1921). Como consecuencia de todo o seu labor, tanto xornalístico como literario foi galardoado en númerosas ocasións: en 1964 foi elixido membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias, recibiu o Pedrón de Ouro en 1975 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986), entre outros. Fonte: Web da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Luns 11 de xuño O
mago das cores. Cuarto.
Un m
undo sen cores é un mundo gris e triste. G
razas ao mago a vida da xente vaise
converter en alegre e marabillosa, pero antes han pasar unhas cantas cousas ... Xa
veredes! O
despiste do sol. Terceiro I. O
Señor Sol quedouse durmido e deixou o firm
amento totalm
ente desarranxado. Terá isto unha explicación? M
artes 12 de xuño Bruno e os seus am
igos. Infantil 3 anos. Bruno é un verm
e que non sabe o que é unha escola. A lenda de Robin Hood. Sexto. En N
ottingham, o m
alvado sheriff e o rei Xoan exprimen cos seus im
postos á poboa-ción. M
enos mal que aí está Robin H
ood, para quitarlles aos ricos e dárllelo aos pobres e para facer que o rei Xoan e o m
alvado sheriff paguen polas súas fechorías. Xoves 14 de xuño N
o circo. Infantil 4-5 anos. U
n circo especial chega ao cole. Benvido! Preséntanse uns personaxes moi divertidos.
A escola de Ceboliño. Quinto.
Unha m
estra e unha escola moi especial. Dous alum
nos. ¿Que dicir?
O despiste do sol. Terceiro II
O Señor Sol quedouse durm
ido e deixou o firmam
ento totalmente desarranxado. Terá
isto unha explicación? Venres 15 de xuño A liorta das cores. Prim
eiro. As diferentes cores teñen unha liorta para decidir cal é a cor m
áis fermosa do m
undo. Finalm
ente o xuíz intercede e conclúen que xuntas poden facer cousas marabillosas:
un fermoso arco da vella...
O pardal que non quixo estudar. Segundo.
Pardalete é o protagonista da historia, na que o simpático paxariño abandonou o niño
por non querer estudar. Pero ao final non estudar trae malas consecuencias e ...