tríptico familias 2012-2013
DESCRIPTION
Primeiro tríptico da Biblioteca Brea Segade para as familias no curso 2012-2013TRANSCRIPT
BOLETÍN INFORMATIVO DA
BIBLIOTECA BREA SEGADE Setembro 2012
Dicionarios e enciclopedias 0 Filosofía, psicoloxía e ética 1 Relixión 2 Ciencias sociais 3
Matemáticas 5 Ciencias aplicadas 6
Arte, música e deportes 7
Lingüística e literatura 8 Xeografía, biografía e historia 9
NA BBS ATOPARÁS
Primeiros lectores vermello
Lectores autónomos verde
Lectores expertos amarelo
DISTINTIVO DE IDADES NA SECCIÓN DE LITERATURA
INFANTIL E XUVENIL
Actividades da BBS
■ Recreos Lectores
■ Contacontos
■ Encontros con escritores/as
■ Mochilas viaxeiras
■ Clubs de lectura
■ Exposicións temáticas
■ As nosas publicacións coa BBS
Editora
■ Trípticos informativos
■ Axudantes de biblioteca
■ Hora de ler
■ Dinamización e formación de
usuarios/as
■ Dinamización do blogue
www.blogoteca.com/bbs
Apertura dúas tardes á
semana.
Máis de 10.000 volumes.
Carné de Soci@s.
Préstamo.
Recomendacións de lectura.
Sección para adultos (pais e
nais, instituto, pedagoxía,
etc.)
Cinco puntos de conexión a
Internet.
Blogue:
www.blogoteca.com/bbs
Páxina de Recursos
educativos Largando a rede
(accédese desde o blogue)
Biblioteca virtual: BVBS
(accédese desde o blogue)
Servizos da BBS A BIBLIOTECA
BREA SEGADE Un ano máis, ao chegar outubro
a Biblioteca Brea Segade abre as
súas portas a toda a comunidade
escolar. Queremos cont inuar
ofertando ao noso alumnado un
espazo acolledor de encontro cos
libros e coa información e queremos
tamén continuar compartíndoo con
vós, as súas familias.
O día 1 de outubro abriremos
as nosas portas sabendo que contaremos co voso apoio cada vez
que o necesitemos.
O curso pasado iniciamos unha
actividade que nos está a dar moitas
satisfaccións: Na BBS contamos
tod@s.
Este ano volveremos a pedirvos
que nos visitedes e contedes un conto
no recreo, ante un público, o noso
alumnado, sempre atento e
agradecido.
Tamén continuaremos cos préstamos interbibliotecarios entre a
B. M. Castelao de Rianxo e a nosa. As
familias poderedes pedir emprestados
libros da biblioteca municipal
depositados no noso centro, sen
necesidade de desprazarvos a Rianxo.
Visítanos os luns e xo-
ves de 3:30 a 5:30
da tarde.
Convidámosvos a facervos soci@s da
BBS, a visitala cos vosos fillos e fillas, a
levar libros, películas, ou CDs emprestados
para as vosas casas e a participar nas
actividades que organizamos.
Convidámosvos a compartir o
pracer da lectura en familia.
Ao longo do curso recibiredes
información das actividades que se vaian
desenvolvendo por medio de trípticos
informativos e fundamentalmente por medio do noso blogue:
Este curso a campaña da Biblioteca
Brea Segade tratará sobre a Banda
Deseñada. Agardamos contar coa vosa
colaboración.