traballos en beneficio da comunidadefademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2011.folleto...
TRANSCRIPT
Programa para persoas reclusas e ex-reclusas con discapacidade intelectual
COLABORASUBVENCIONA
Traballos en beneficio da comunidade
MÁIS INFORMACIÓNPrograma para persoas reclusas e [email protected] Telf: 981519650 www.fademga.org
Nos centros penitenciarios tamén hai persoas con discapacidade intelectual.
¿Qué queremos?Mellorar a calidade de vida das persoas reclusas e ex reclusas con discapacidade intelectual.
¿Qué facemos?• Actividades de atención directa nos Centros
Penitenciarios de Teixeiro, A Lama e Pereiro de Aguiar.
- Apoios en diversas áreas: habilidades sociais, comunicativas, funcionais, autocontrol, autoestima,…
- Saídas terapéuticas e saídas programadas
- Preparación para a saída en liberdade
• Seguimento e apoio a persoas en situación ex reclusa para previr o reingreso.
• Apoio e asesoramento a entidades, profesionais e familias.
• Actividades de coordinación cos axentes implicados no programa (equipo técnico dos centros penitenciarios, entidades,…)
Nembargantes, as características do medio penitenciario non son as máis axeitadas para a súa reinserción posto que, neste ámbito, estas persoas poden:- Ser especialmente vulnerables.
- Ter dificultades para adaptarse ao tratamento penitenciario.
- Ter respostas inadecuadas.
E ¿qué di a lei?O artigo 49 da Constitución española obriga aos poderes públicos á prestación de atención especializada ás persoas con discapacidade intelectual para o disfrute dos seus dereitos igual que o resto dos cidadáns.
A lei contempla a aplicación de medidas alternativas ao ingreso en prisión para persoas con discapacidade intelectual.As medidas alternativas son formas de cumprir a condena, pero evitando o ingreso no cárcere. Poden ser de diferentes tipos:-Traballos en Beneficio da Comunidade.
- Estancia en centros de réxime pechado ou aberto.
Traballos en Beneficio da Comunidade¿Qué son?Consisten na realización dunha actividade laboral de utilidade pública, de interese social e/o valor educativo coa finalidade de compensar á sociedade polo dano que o penado causou á mesma.Esta medida está dirixida á persoas que cometeron infraccións leves, moi frecuentemente relacionadas coa seguridade vial.
¿Qué vantaxes ten?Para a entidade: que aproveita o traballo realizado polo infractor ao proporcionar o lugar e os medios onde se desenvolve a actividade laboral.Para a persoa: que asume un papel activo ante a sanción imposta converténdose nun “traballador ao servizo de outros”.Para a sociedade: é unha medida exemplificante e integradora
¿Qué tipo de traballos se poden ofertar ?Non existe limitación algunha salvo a premisa de que a tarefa ofertada sexa un traballo digno e non remunerado.As tarefas a realizar virán dadas en función da entidade que as oferte e da formación académica e/ou profesional de quen presta o traballo.
“É máis fácil desintegrar un átomo que un prexuício” Albert Einstein