tk17

6
BIBLIO tk17 BOLETÍN TRIMESTRAL DA BIBLIOTECA DO CPI DE VEDRA XABIER P. DOCAMPO VISITOUNOS E CONTOU UNHA CHEA DE HISTORIAS. QUE DIVERTIDO! “Falaba con palabras que semellaban pombas” lecturas PRIMARIA 2 SECUNDARIA 4 BANDA DESEÑADA 6 o verán e os libros

Upload: almuzara

Post on 09-Mar-2016

213 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Revista da biblioteca do CPI Plurilingüe de VEDRA

TRANSCRIPT

BIBL

IOtk

17 BOLETÍN

TRIMESTRAL DA BIBLIOTECADO CPI DE VEDRA

XABIER P. DOCAMPO VISITOUNOS E CONTOU UNHA

CHEA DE HISTORIAS. QUE DIVERTIDO!

“Falaba con palabrasque semellaban pombas”

lecturasPRIMARIA 2

SECUNDARIA 4

BANDA DESEÑADA 6

o verán e os libros

O PRINCIPIO, PAULA CARBALLEIRAPRIMARIA INFANTIL

Cinco auténticos Rimbambini sempre en busca de problemas, protagonistas de

divertidísimas andanzas que farán que vos

esmendrelledes coa risa desde a primeira á

última liña.

Houbo unha vez unha guerra. Despois da guerra,

quedamos sen casa.

–Non importa –dixo miña nai–. Temos un coche.

Fomos vivir ao coche. Desde entón, vivir era viaxar…

Dez relatos sobre intrigas, amores, feitizos,

aventuras, perigos... Lecturas audaces para

traspasar as fronteiras da realidade.

Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

Tim Bowley (texto)Óscar Villán (ilustración)

Gatiño, que acaba de chegar a unha nova casa, aínda non venceu a súa timidez para facer amigos. Co achado fortuito dun balón perdido cre que poderá xogar só, pero a súa nai convénceo para buscar o seu verdadeiro propietario ante s de quedar con el . As í coñecerá a Parrula, Esquío, Coello e Ourizo.

Pereledi (Pere Tobaruela e Ledicia Costas) descóbrenos un mundo intrigante e misterioso

para nenos, nenas, mozos e mozas, que dunha maneira moi “visual” e cun ritmo trepidante

engancha desde un primeiro momento ó lector.

Arriba o telón! A Quico gustaríalle ser

actor, pero a súa familia é pobre...

Segundo acto: un día, ao atravesar o

bosque, atopa a Clotilde, unha bruxa moi,

moi especial.

Logo de ler esta divertida obra, cando

algún amigo diga que el teatro é tedioso,

saberás qué contestarlle.

En busca da sabia Olcanfor, que vive en Calistonia, viaxa desde Cantalia o desastroso Arkádipi o Poeta, acompañado da forza bruta brutísima de Robuchék o Atleta e

do furor guerreiro e os pinchacarneiros loucos de Sefiria a Walkiria. Sefi, Robu e Dipi: vaia

panda! O requetepoderoso e requetemalvado Don Pókten e todos

os seus esbirros, intentarán facerlles a vida imposible...

POESÍA

Antonio García Teijeiro.

Un muro diante dos ollos.Palabras coma fíos invisibles. Esas mans que escriben na terra.

Coitelos abandonados nos versos.Pombas que semellan bandeiras.e beizos que reclaman uns beixos.Xa alguén escribiu na parede:

Todos somos poetas.

Esta obra, fermosamente ilustrada,

é unha porta que se abre á poesía

de Rosalía de Castro

SECUNDARIA

As fronteiras do medoTodos sabemos da existencia de feitos que contradín toda lóxica e de realidades que estremecen as nosas crenzas por moito que pechemos os ollos a elas e nos neguemos a admitilas. Seis historias que sen dúbida manteñen o suspense e a tensión do lector para poder sorprendelo.

Unha novela de medo e fantasía, na liña das mellores historias de H. P. Lovecraft, sobre a estremecedora procura dun segredo aniñado nas tebras da noite.

Trampa de luz, Agustín Agra

Meu CantoOs “Premios de la Música Independiente”,premiaron o álbum de Uxía, como o mellor disco de música de raíz.“o premio serve para visibilizar un traballo moi coidado, pero tamén para romper prexuízos cos músicos de la periferia e prestar máis atención ao que pasa por aquí” explicou ao recibir o premio

C o n m o v e d o r a h i s t o r i a

autobiográfica, agora en DVD no noso centro, dunha nena iraní en pleno fundamentalismo islámico, desde a revolución islámica ata os nosos días.

Persépolis

LAURA

NO DESERTO

Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade.Unha novela intensa, que non abandona a quen a está a ler.

Os fillos do mar

O Enigma dos Nove SepulcrosMaría Acosta Díaz

Un mozo de Coruña que percorría a Cidade Vella, atopa un sumidoiro aberto nunha calella e descende por el para pescudar. Unha porta pintada na parede dálle acceso a un mundo fantástico, mais estrañamente familiar. Este mozo Sen Nome, xunto co seu amigo Brains, pasará unha chea de aventuras polas terras de Gapsiq na procura da solución do Enigma dos Nove Sepulcros.

Olga NovoPOESÍA

Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa

constantemente no tempo para atopar as claves dun

presente que o protagonista, un arquitecto que nunhas reformas atopa un cofre pecado, precisa desvelar.

Longa noite de pe!aFerreiro, Celso Emilio

Cráter

BANDA DESEÑADA

A historia dunha familia de superheroes que dará moito que falar

A historia dun home que chega embarcado nun veleiro de recreo a unha illa no medio do

océano. Esta é a primeira edición en galego da que probablemente sexa a BD máis

recoñecida do autor. En 1994 foi considerada no Salón de Barcelona a mellor obra do ano e

gañou, entre outros, o Premio Alph Art no festival de Angoulême daquel mesmo ano.

A obra narra os testemuños tanto gráficos como escritos do propio autor durante os anos 80 no país afgán acompañando á delegación francesa de Médicos Sen Fronteiras. A forma de vida que retratou Lefèvrè sérvelle de fío condutor para describir como afecta o conflito á sociedade afgá, isto convértea nunha obra de total actualidade.