titorial coggle
DESCRIPTION
Titorial para facer mapas conceptuais colaborativos coa ferramenta Coggle.TRANSCRIPT
Titorial CoggleUnha ferramenta web 2.0 para crear mapas conceptuais de xeito colaborati vo
Para acceder teclea www.coggle.it
Fai clic aquí para acceder ao servizo
Unha cousa boa deste servizo é que pode usar a mesma conta que temos de gmail
Aquí aparecerá o teu nome de usuario
Para crear un mapa conceptual novo, facemos clic aquí
Esta ventá é unha axuda para crear o mapa conceptual.
Unha vez que o dominemos (é moi sinxelo) pódese ocultar facendo clic en Hide ou nesta frecha
Para crear un mapa conceptual novo facemos clic aquí. Nós imos facer un sobre o Paleolítico
1. Se nos poñemos no lateral da etiqueta
aparece o signo +. Facendo clic aí engadimos unha liña e outra etiqueta
2. Se agora nos poñemos no lateral da
frecha volve aparecer o signo +. E podemos repetir a operación.
3. Repetimos o proceso: Clic sobre o signo + e outra etiqueta.
Podemos modificar a lonxitude das frechas. Poñémonos encima dunha liña e arrastrámola facéndoa máis longa ou curta, subíndoa ou baixándoa.
Podemos cambiar a cor das frechas. Poñémonos encima da frecha e facemos clic. Sae un círculo de cores e eliximos unha.
Podería quedar así:
Se queremos engadir máis ítems no mesmo nivel do esquema, facemos o seguinte:1. Unha vez escrito o texto da etiqueta, tecleamos conxuntamente
(no noso caso, ponte encima da etiqueta “caza” e fai dobre clic sobre ela antes de teclear maiúsculas+retorno simultaneamente)
Tenta agora facer isto.
Se queremos engadir outra ramificación principal (ou en calquera parte do
noso mapa conceptual) simplemente facemos clic de novo no + onde queiramos facelo. Asigna automaticamente outra cor.Tenta completar unha ramificación acerca da sociedade e outra sobre a cultura e arte.
Se queremos borrar algo do que fixemos, poñémonos outra vez no + e pulsamos as teclas
Observa que o + convértese en x
Listo. Agora soamente queda gardalo e/ou compartilo
Na parte superior dereita, aparecen estas iconas:
Para compartir o mapa conceptual
Para descargalo en formato de documento pdf ou de imaxe png
Para ver o historial do documento e ver cales foron as modificacións que se foron facendo
Para chatear con outros autores do documento(no caso de telo compartido)
Se compartes o documento abriráseche a seguinte ventá:
Aquí podes escribir os correos electrónicos das persoas coas que compartes o mapa conceptual
Este é o enderezo electrónico do teu documento. Podes enviarllo a quen queiras.Con este código podes incrustalo noutra páxina web.
Podes decidir se as persoas ás que invitas son só “lectoras” ou “coautoras” e poden escribir tamén no mapa.
FIN