tempos 155_44a49pp
DESCRIPTION
cristianismo. Falar de Prisciliano ria vital. lnfluíu ese teu compromiso no interese por esta figura? A Prisciliano matárono porque quería unha igrexa máis preto do evanxeo. Para ti Prisciliano é tamén símbolo da igrexa galega, incardinada no Este ensaísta, teólogo, Galizaeasíorecuperas galego era unha lingua inculta... Como se explica esa desafección da xerarquía eclesiástica co galego? go porque alguén dixo que a lingua deste país era o castelán, e que o (, no teu galega = c c) a 04,1 0 45 (ú F CD LTRANSCRIPT
ffiFd FffiffiM ENTREVISTA
VIGTORINO PEREZ PRIETOEnsaísta e teólogo
r ffi . *- .* ¡SgS- -.". ..ü. -- # #T S $s #ffi ffi ffiffi€sffiffi€ffi ss*s sgffis*-g$sfr s ña-*-.E dcñ a -&*¡**ffsrg,¿dg¡É'gt 38 &E *Hffis ry ,"66r e F6rsñ- ds I p*¡f 6mp&*ss E¡qdrES gs|ffis#,#FHsI Eild6'd&d W €dkSS¡&&A# ef,6.d# WEdñ**€,Ée(ú*(D
=E e^#w €ñtr mfursm*wfmsgm ffiiffitrs(D Str€Éa e*Érü*¡s *'rra.eáb g'¡tr.djtüS€¡S-ryñ' G€r*.# Atgg"Hg&pril &d ed&ps &#&tr* t$püFd *&de ñ E&F $Fdü,#F &,ü
tr "^_-€9tr8 fl _^ss_-# segffi$tr#R d^hg#Fffis#fss? s*ffis* tr&s€ edffiñwffiw &pff&sü s,F &##6,9#$6{dg,F gf&S## &ffiS# trM6&#
Belén PuñalY*xt* Carlos de Paz Fs¡t*s
Na súa casa conviven d par&s campaniñas budistas e acristiti, as figuras do após-tolo Santiago e de Exeria.Este ensaísta, teólogo,pdrroco durante 25 anos, éhome de fronteira, afoutonas cordas que tensan oslímites do poder. PérezPrieto vén de escribir sobrePrisciliano, condenado porherexe no s. IV e referentedunha igrexa galega e
renovadoru dende as buses.Os mesmos alicerces desaigrexa progresista e com-prometida co país queabrollou nos anos 60 enGalicia e que hoxe en díaexiste e resiste, mais nonsen dificultades.
onsideras a Prisciliano unmito necesario para
Galizaeasíorecuperasensaio, Prisciliano na cultura(Galaxia, 2010). Por que?
aos constantes ataques á iden-
galega, cómpre lembrar que
Galiza ten uns alicerces que son dos
máis antigos da Hispania. Ao redor de
Prisciliano, ben a favor, ben en contra,
xerouse un movemento cultural na
Gallaecia sen parangón na Hispania
daquel momento. O século lV é o de
Paulo Orosio, Exeria, Baquiario,...Prisciliano foi unha figura dese tempo,
historicamente incuestionable. O pris-
cilianismo persistiu en Galiza dous
séculos despois da súa morte.
Prendeu de tal maneira que chegou un
tempo en que a maioría dos bispos
galegos eran priscilianistas.
Para ti Prisciliano é tamén símbolo
da igrexa galega, incardinada nopaís e comprometida coa renova-
ción dende as bases, alicerces que
están moi presentes na túa traxecto-
ria vital. lnfluíu ese teu compromisono interese por esta figura?A Prisciliano matárono porque quería
unha igrexa máis preto do evanxeo.
Prisciliano é así un símbolo necesario
para a igrexa con identidade galega
que queira ser fiel aos alicerces do
cristianismo. Falar de Priscilianopode ser reivindicar un cristianismo
xenuinamente galego, comprometido
coa identidade antropolóxica galega.
O priscilianismo ten unha expresiónparticular no cristianismo renovador
que naceu a finais dos anos 60 do
pasado século, un cristianismo que
buscaba romper co divorcio suicida
co galeguismo. O cristianismo en
Galiza, se quere ser xenuíno, ten que
ser galeguista.
Por que?
Porque o mellor cristianismo é o que
pretendeu ao longo dos seus 2.000
anos de historia encarnarse nas distin-
tas culturas. Ese foi un esforzo dos
mellores misioneiros de todos os tem-
pos, particularmente dos xesuítas cos
seus ritos chinos condenados por
Roma. En Galiza iso foi tamén fonte
de conflito. O peor foi que cando, a
raíz dos cambios do Concilio Vaticano
ll, a liturxia deixou de ser en latín,
mentres que en Cataluña e en Euskadi
comezou a facerse en catalán e en
euskera, en Galiza non se fixo en gale-
go porque alguén dixo que a lingua
deste país era o castelán, e que ogalego era unha lingua inculta...
Como se explica esa desafección da
xerarquía eclesiástica co galego?
¡
I
I
II
I
I]'I
II
A(,no teugalega
Fronte
tidade
44 04.10
Non é só a loita Porqueos curas poidan casar,
ou porque as mullerespoidan ser curas. 0
verdadeiro problema é
a concepción do
mi nisterio sacerdotal,porque na lgrexa o
sacerdocio enténdese
como poder.
T(ú
Fa'=CDL
cc)
04,1 0 45
T(g
,(t)(DL
Lo)
En Cataluña, o catalán e o catalanismonon é patrimonio das esquerdas senónde todos os bos cataláns, e a burgue-
sía catalá foi catalanista. Desgraciada-
mente a burguesía galega, con honro-
sas excepcións, foi suicida e antigale-ga, e a lgrexa, que adoita ir no carro dopode¡ sumouse a iso. Por outra banda,
sobre todo a partir do rexurdir do gale-
gulsmo e do nacionalismo nos anos 60,
vencellouse cada vez máis galeguismo
con esquerdas, e iso fixo que a lgrexa
fose aínda máis crítica co galego. Cal-quera cura que falara galego era sos-peitoso de ser de esquerdas. Esquece-
ron o exemplo de galeguistas e cristiáns
conservadores como Otero Pedrayo ou
Risco. Realmente hai unha aversión por
parte de gran pafie dos curas e bisposgalegos contemporáneos contra o ga-
lego que eu estou por dicir que é peca-
do, porque significa odio.
Aversión, mais tamén poderiamosfalar de desleixo ou desinterese.Hai varios bispos neste momentoen Galiza que son de fóra...O de Rouco Varela non era desleixo,
semella terlle auténtico odio ao gale-
go. Desleixo tamén hai, porque é pre-
ciso facer un esforzo, aprender a dicir
a misa doutra maneira... Encima,
unha pequena minoría que está con-
tra o galego manifesta o seu cabreo e
imponse fronte a unha maioría que
non tería e non ten ningún problema
co galego.
Andado medio século dende os ini-cios daquel movemento renovadorda igrexa galega, como ves o cami-ño andado?
O Concilio Vaticano ll supuxo a posta
ao día da lgrexa, mais en poucos
anos veu un movemento involucionis-
46 04,10
A teoloxía é elaborar o
discurso sobre Deuspara cada momentoconcreto. 0 que hoxesabemos da orixe doun¡verso, da evolución,etcétera, ten que
condicionar a nosa
mane¡ra de facerteoloxía,
ta representado na figura de XoánPaulo ll e no seu sucesor. Algunhas
das persoas entón máis implicadas no
movemento renovador da igrexa gale-
ga que simboliza a asociación lrimia,
hoxe son vicarios, que se dedican areprimir persoas coma min. Monseñor
Arauxo apoiou as Romaxes deCrentes Galegos que organizamosdende hai 30 anos e mesmo, comobispo emérito da diocese Mondoñedo
Ferrol, ía presidir a eucaristía dunha
delas, mais tivo problemas con GeaEscolano, o bispo nese momento titu-lar da diocese. Fíxate que cambio,
dun bispo que aceptou presidir aeucaristía dunha romaxe a ser aseucaristías das romaxes, reprimidas,
condenadas pola lgrexa... Tivemos
Fe de vida
Naceu en León pero a materia daque está feito é porosa comoGaliza. Guíano o compromiso cogaleguismo e por unha igrexagalega, do que dan fe os seus
ensaios sobre galeguismo e
cristianismo ou o compromiso coas
revistas lrimia e Encrucillada. A súa
escrita testemuña unha teoloxíasempre aberta aos novos tempos:do ecoloxismo (Do teu verdorcinguido. Ecoloxismo e
cristianismo) ao diálogointerrelixioso (Más allá de lafragmentación de la teología elsaber y la vida: Raimon Panikkar e
Dios, hombre, mundo: La trinidaden Raimon Panikkar).
que deixar de celebrar a eucaristíanalgunha romaxe por non xerar máis
conflito. Pero a pesar de todo, a igre-xa galega existe e resiste, e segue aexistir todo ou case todo o que funda-
mos ao principio.
Queéoqueresiste?Existe a Asociación lrimia, asRomaxes de Crentes Galegos, que
seguen celebrándose de maneira inin-
terrompida unha vez ao ano, dendeunha perspectiva moi "priscilianista",
en lugares simbólicos da xeografíagalega e con moita forza telúrica.
Existe a revista lrimia, o vehículopopular de expresión desa igrexagalega, que xa superou os 800 núme-ros, e a revista de pensamento
Encrucillada. Fronte a esta lgrexagalega está a lgrexa en Galiza, esaigrexa universal que está aquí cos
seus bispos, mais non participa daidentidade propia de Galiza, e que, apesar de contar cos medios, mesmo o
Centro Teolóxlco, foi incapaz de ter
unha revista de pensamento comoEncrucillada.
Nalgún artigo teu dicías, con res-pecto a Encrucillada, que deixa-ches aí ilusión e desencantos.Cales foron os fracasos?Unha resposta moi pequena fronte a
un esforzo enorme produce cansazo.Malia a iso, sigo convencido de que,
se o cristianismo ten algo que dicir
aquí en Galiza, ten que ser dende arealidade e a identidade galega.
Sempre me sentín moi ben acollido,non só en sectores de lgrexa senónnoutros laicos e claramente ateos,porque vían a claridade da miña apos-ta e non tiñan que "perdoarmente" oser cristián, entendían que iso non me
T(ú
.u)CD
(D
impedía un compromiso real con
Galiza e os galegos. Pero houbo
outras persoas que, polas circunstan-
cias que fora, pola xente e polo peso
da institución, non tiveron esa respos-
ta e acabaron amargándose.
Seguides a notar o castigo daxerarquía na actualidade?A nivel numérico somos menos. Ese
castigo ten sempre un prezo. O com-promiso mantense nalgunhas parro-quias e, sobre todo nas comunida-des de base. Eu participo na euca-ristía aquí na Coruña coa comunida-de cristiá Home Novo, que fundouManuel Espiña hai 40 anos, e hai
outras comunidades por toda a xeo-grafía galega, agrupadas naCoordinadora de Crentes Galeg@s,coordinada a nivel do estado no
Colectivo Redes Cristiás.Existe un problema de relevoxeracional?Hai quen nos acusa en internet desermos "dinosauros" en extinción.Pero realidades como a revistalrimia ou as romaxes seguen vivasporque hai xente nova traballandonelas. Aínda que a porcentaxe decuras comprometidos co galeguismoen Galiza hoxe é menos ca antes.
habelos hainos, e eses poucosmóvense máis que todos os outrosque non fan nada.
Tamén en internet choveron as críti-cas contra ti, sobre todo dende quecasaches. O feito de seguires cele-brando despois a eucaristía na túacomunidade foi obxecto de polémi-ca mediática...Fíxenme cura por vocación, non por
buscar unha profesión laboral. Nun
momento dado namorei e a miñamuller mais eu decidimos casar. É
mentira que ninguén nos fixera presiónpor un presunto "escándalo", nin
sequera o que era daquela o meu
bispo. Sabía que coas normas actuaisda lgrexa non podía seguir sendo titu-
lar dunha parroquia. Pero iso non afec-ta á miña identidade como cura.Ordenáronme cura para sempre(sacerdos in aeternum) e sígome sen-tindo cura. Podería ter pedido unhadispensa canónica, o que se coñececomo "secularización"; mais para iso,
tería que renegar do que fora a miñavida de cura. lsto é vergoñento; máisaínda, empregan unha expresióndeplorábel: "redución ao estado laical".
Non es, por certo, o único curanesta situación...
En España, pode haber da orde de5.000 ou 7.000 curas casados que
celebran coas súas comunidades, e
no mundo máis de 100.000.Celebrando a eucaristía coas comu-nidades, continuando co encargo deXesús, aínda que cunha rebeldía anormas que consideramos inxustas.Xesús dixo aquilo de que son as leispara as persoas, non as persoaspara as leis.
Ti opinas, como o teólogo TorresQueiruga, que os curas poderán ca-sar antes que as mulleres oficiar?Que o celibato vai deixar de ser obri-gatorio para todo o clero católico non
ten volta a curto ou medio prazo. Queas mulleres reciban tamén o ministe-rio ordenado vai tardar, aínda que
tamén chegará. O patriarcado é moi
forte na lgrexa.
Cantos anos lle botas ao celibatoobrigatorio?Non sei" Pero na lgrexa católica existen
curas casados coa lei canónica apoián-doos. Ou porque pertencen ao rito
oriental ou porque, como ben difundiu aprensa no seu momento, forman parte
dos centos de curas anglicanos que sepasaron á lgrexa católica e non lles
pediron "descasarse".
04.10 47
T(s(t)'=(¡)
cct)
Por que tales reticencias se asmulleres, como tes dito, son asprincipais clientas da lgrexa?É patriarcalismo puro e duro. Xoán
Paulo ll argüía que as mulleres non
poden ser curas porque os curas son
os herdeiros dos apóstolos e os
apóstolos eran homes. No grupo de
Xesús había homes e mulleres, ao
igual que na última cea. O papel que
María Magdalena tivo no grupo dos
apóstolos foi fundamental. A nivel
teolóxico, non hai ningún impedimen-
to para que as mulleres poidan acce-
der ao sacerdocio. É unha pura cues-
tión de poder. Pero non é só a loita
porque os curas poidan casar, ou por-
que as mulleres poidan ser curas. O
verdadeiro problema é a concepción
do ministerio sacerdotal, porque na
lgrexa o sacerdocio enténdese comopoder. Sabes cal é a clave dos abu-
sos de pederastia?
Hai quen alude á represión sexual
debida ao celibato...Non só, porque tamén hai pais que
abusan dos seus fillos e das súas fillas.
Un cura ou un frade nun colexio pode
abusar dos nenos porque ten poder e
autoridade, e pode manipulalos. Aclave está na concepción do ministerio
como servizo ou como poder. Se écomo servizo, ten razón de ser que
haxa curas, bispos, e mesmo un papa
que podería actuar como elemento
unificador do cristianismo. Cos ortodo-
xos non habería problema, pero pedirí-
anlle que non fose a autoridade máxi-
ma, senón o primum inter pares acarón dos seus patriarcas,...
E a nivel parroquial, como se debe-ría entender esa concepción do
sacerdocio?
48 04.1 0
Cada vez má¡s
decatámonos de que,
se queremos ir ás
raíces do cristian¡smo,temos que abr¡rnos áperspectiva oriental.Temos que aprenderde oriente a non
reducir a relixiosidadea rezarlle a Deus.
Hoxe, nunha parroquia pódese facer
algo se o cura deixa; e non hai dereito
a que sexa así. Eu intentei que nas
parroquias onde estiven non fora así.
Había un consello parroquial no que
decidiamos as liñas a seguir e os feitos
que facer; cunhas comisións de pasto-
ral e de economía que se encargaban
de facer as colectas, recoller os cartos
e decidir o que se facía con eles. Eu
elaboraba un proxecto parroquial, que
lle propuña á parroquia. É a concepción
do ministerio como autoridade compar-
tida, non como autoridade exercida
despoticamente. O que se bota na
boeta non é meu, e se me quedo con el
róuboo; o que fan moitos curas é un
roubo, que incluso canonicamente non
está permitido. Estiven sempre en con-
tra de que o cura cobre un estipendio
da misa. Unha misa non vale polo que
se paga, iso é simonía.
A igrexa galega de base identifícase
como progresista, mais adoito, entre
esquerda e lgrexa, non existen boas
relacións. Fostes entendidos porpañe dos sectores progresistas e
nacionalistas da sociedade?Eu neste momento direi que si. Como
cura párroco busquei que a igrexa
estivera cada vez máis chea, pero con
liberdade, nunca manipulando a nin-
guén. Hoxe mesmo relativizo iso, por-
que a nivel de espiritualidade estou
convencido de que igual que hai unha
espiritualidade relixiosa "practicante"
hai unha espiritualidade laica. Onde
hai unha persoa que busque a profun-
didade do seu ser, o sentido profundo
do cosmos, eu poderei encontrarmeperfectamente con ela, e podemos
falar ou compartir en silencio...Levas o ecumenismo incluso ate o
ateísmo.Aprendino do f ilósofo e teólogoRaimon Panikkar, que se define cunha
cuádrupla identidade: cristián, budista,
hinduísta e secular. O pensamento
occidental contemporáneo dende o
XIX até hoxe é profundamente secu-
lar, e non se pode facer filosofía en
occidente sen ter en conta ese ele-
mento; sen ter en conta, por exemplo,
os grandes mestres da sospeita, aMarx, Nietzsche ou Freud. Se son
unha persoa abefta, debo estar aberta
ao que ti me dis, e pedirche que ti
esteas aberta ao que eu che digo,
nunha constante actitude de diálogo.
Eu non teño que convencerte a ti, nin
ti tes que convencerme a min, enri-
quecémonos mutuamente.
Por que consideras o diálogo interrelixioso e interconfesional unha
das necesidades máis urxentes?A relixión cristiá non ten futuro se non
vive o diálogo interrelixioso. Porque
as relixións, igual que as culturas,
son pólas dunha mesma árbore, e,
para que se manteña vizosa, as dis-
tintas pólas teñen que estar unidas aese tronco común que é a realidade
humana, á realidade do cosmos e árealidade do Espírito, chámeselleDeus ou non. É preciso non só un
diálogo interrelixioso senón tamén
intrarrelixioso: eu dialogo dende a
miña interioridade coa túa interiorida-
de. Dende a miña identidade cristiá
ou doutra relixión, non teño ningún
problema en abrirme á túa, porque
non che teño medo. Un dos proble-
mas máis graves das relixións é o
medo ao outro.
Entendo que o actual grao de con-flitividade internacional tamén urxeese diálogo...Hans Küng, ese gran teólogo tan ata-
cado polo Vaticano, di que non haberápaz entre as civilizacións se non hai
paz entre as relixións. O diálogo inte-
rrelixioso permite esa paz entre esas
distintas relixións, que teñen dereito aexistir. lsto cuestiona certo concepto
misioneiro: como cristián, non necesito
facer que ti sexas cristiá se non o que-
res ser. Torres Queiruga, outros teólo-gos e eu mesmo insistimos dende hai
tempo en que a salvación é un regalo
de Deus, que non depende de que eu
cumpra as normas desta ou doutra reli-
xión. E isto escribiuno o mesmo Joseph
Ratzinger, como teólogo.
En que medida impele a ese diálogointerrelixioso o que se deu en cha-mar o "conflito de civilizacións"?Hoxe, desgraciadamente, os conflitos
interrelixiosos teñen que ver, sobre
todo, coas relixións monoteístas;están causados ou por musulmáns,
ou por cristiáns ou xudeus. Unha con-
cepción estrita do monoteísmo seme-
lla levar en si o xerme de violencia: eu
teño que "converter o infiel", o que
leva en si mesmo á violencia.
Ese xerme violento tamén pode
estar na concepción dualista que
vai aparellada ao catolicismo: bo-malo, ceo-inferno, o Deus auténti-co-o deus falso...O cristianismo, na Trindade, ten a solu-
ción a ese conflito, porque o Deus trini-
tario é o oposto ao monoteísmo ríxido.
O Deus trinitario é relación, comuñón,
non é "o gran solitario", senón "o gran
solidario", como dixo alguén. A
Trindade é a expresión da comuñón na
diferenza. Como descubrín con
Raimon Panikkar, a trindade, ademais
de ser a realidade divina, Pai-Fillo-
Espírito Santo, é a estrutura da reali-
dade. Falar da "trindade da realidade"
é afirmar que nesta realidade está inti-
mamente relacionada a Divindade, aConciencia, que é o que representa o
serhumano,eoCosmos.Unha concepción da Trindade que
ten que ver moito co pensamentooriental. Que ten que aprender delo catolicismo?Os cristiáns, cadavez máis, decatámo-
nos de que, se queremos ir ás raíces
do cristianismo, temos que abrirnos á
perspectiva oriental, que está presente
no mesmo Xesús. O hinduísmo preten-
de ser a expresión da orde cósmica
(sanatana dharma). O cristianismo ten
que aprender de oriente a contempla-
ción da realidade en profundidade e onon reducir simplemente a relixiosidade
a rezarlle a Deus. A espiritualidade non
pode ser só a oración; falar con ese
Deus para pedirlle, e nin sequera para
dadle grazas e loalo. Debería supor
entrar en comuñón co máis profundo
do meu ser e da realidade, sabendoque nesa profundidade está Deus.
A que te refires cando dis que a
reflexión teolóxica se debe adaptarao cambio de paradigma?
A teoloxía é elaborar o discurso sobre
Deus para cada momento concreto.
Cando se lles critica a certos teólogos
utilizar a reflexión marxista-atea, para
analizar a realidade e elaborar a súa
teoloxía, esquecémonos de que
Santo Tomás optou por Aristóteles,que tamén era ateo, fronte ao plato-
nismo, máis relixioso. O que hoxe
sabemos da orixe do universo, da
evolución, etc. ten que condicionar anosa maneira de facer teoloxía.
En que medida, para cambiar deparadigma, cómpre ir máis aló dopensamento occidental?O cambio de paradigma significa des-
cubrir que o pensamento non é só oque vai de Sócrates ou Heráclito até
Heidegger. A historia da filosofía na
lndia é 3.000 anos anterior á euro-pea. O concepto filosófico máis com-plexo e mellor que eu coñecín é oconcepto hindú de advaita, a non-
dualidade da realidade. A mellor teo-
loxía, a máis creativa, é a que se fai
en clave interrelixiosa.
T(É
.(t)
ct)L
c(D
04.10 49